ugt chama á cidadanía GaleGa a participar Nos actos do primeiro de maio para demandar un cambio radical das políticas destes últimos anos

Similar documents
Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Cristina Sánchez-Rodas Navarro Catedrática de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social Universidad de Sevilla

Lei de autonomía persoal e atención á dependencia (LAPAD), coñecida como lei de dependencia, é unha norma imprescindible; para CCOO é o

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Problema 1. A neta de Lola

Tarefas urxentes para a nova POBREZA, PRECARIEDADE, RECORTE DE LIBERDADES, VIOLENCIA MACHISTA. Número 72 - Novembro de 2016

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

O COLAPSO DO CAPITALISMO ESPAÑOL: LECCIÓNS E PREGUNTAS PARA DESPOIS DUNHA CRISE

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Galicia dille «non» á contrarreforma educativa do Goberno

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Revista Galega de Economía Vol (2017)

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

REVOLUCIONAN A ECONOMÍA ACTUAL. Mostra bibliográfica con motivo do 8 de marzo, Día internacional das mulleres Marzo 2017

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

ESTUDIO DOS AUTÓNOMOS DE OURENSE ANO 2011

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

A POLÍTICA DE COHESIÓN EUROPEA. EVOLUCIÓN E PERSPECTIVAS

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

A NOVA GOBERNANZA ECONÓMICA NA UE: AVANCES E CARENCIAS

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

Revista Galega de Economía Vol (2016)

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

O PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS: O PAPEL DOS ORGANISMOS PÚBLICOS

Plan Estratéxico

CRISE ECONÓMICA E FLUXOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA: OS EFECTOS DA POLÍTICA SANITARIA NA POBOACIÓN

Acordos no comercio de alimentación

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

C A D E R N O S D E L I N G U A

persoal, familiar e laboral

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Análise do sector da pesca

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Edita. Tradución. ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP) Rúa de Madrid, 2 4, Polígono das Fontiñas Santiago de Compostela

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

EDITA: CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COORDINACIÓN EDITORIAL: NOVA XESTIÓN CULTURAL S.L. E O CABLE INGLÉS S.COOP. GALEGA

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

TENDENCIAS E PROBLEMAS DA PESCA GALEGA NO CONTEXTO MUNDIAL E COMUNITARIO 1

GUÍA BÁSICA DE ESPAZOS PÚBLICOS E MOBILIDADE AMABLE

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Sede Electrónica Concello de Cangas

CAMBIO ESTRUCTURAL E EFICIENCIA PRODUCTIVA DA ECONOMÍA GALEGA

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

ICEDE Working Paper Series

Transcription:

ISSN 1989-3299 Nº 675 semana do 25 de abril ao 1 de maio de 2016 Nove manifestacións que se desenvolverán baixo o lema contra a pobreza salarial e social. traballo e dereitos ugt chama á cidadanía GaleGa a participar Nos actos do primeiro de maio para demandar un cambio radical das políticas destes últimos anos Redacción.- O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, presentou este martes en Santiago nun encontro cos medios de comunicación os actos convocados en Galicia por UGT, xunto con CCOO, para a celebración do Primeiro de Maio que nesta edición desenvolverase baixo o lema Contra a pobreza salarial e social. Traballo e dereitos. Son nove as manifestacións convocadas que transcorrerán polas principais cidades e vilas galegas, A Coruña (Praza da Palloza, 12.00 horas), Ferrol (Praza Inferniño, 12.00 horas), Santiago (Alameda, 12.00 horas), Lugo (Casa sindical, 11.30 horas), Viveiro (Edificio sindicatos, 12.30 horas), Ourense (Pavillón dos Remedios, 11.30 horas), Arousa (Praza de Ravella, 12.00 horas), Pontevedra (Praza da Ferrería, 11.30 horas) e Vigo (Cruce Vía Norte/Escultor Gregorio Fernández, 11.30 horas). José Antonio Gómez fixo un chamamento á cidadanía galega á participación nestes actos para alzala voz co fin de esixir un cambio radical das políticas destes últimos anos que só trouxeron desazón e pobreza para as familias. Porque as familias seguen a sufrir as consecuencias da crise e dos recortes impostos polos gobernos, os traballadores ven como día a día merman os seus dereitos e xa son moitos os que están sumidos nun círculo vicioso de temporalidade e precariedade e que a duras penas conseguen vivir con dignidade. E, nun contexto no que algúns aseguran que se está a producir unha tímida melloría, as familias seguen sen percibila. Ademais, xa son moitos os que auguran unha nova ameaza a nivel mundial de inestabilidade económica e, sobre todo, enorme incerteza. Acompañado isto das dúbidas que xurdiron nas últimas semanas sobre a situación real do sistema financeiro, especialmente, dalgunhas entidades sistémicas de Alemaña ou Francia. Pasou case unha década dende que no verán do ano 2007 comezaran a manifestarse os problemas no sector financeiro mundial e seguimos cos mesmos problemas de fondo. Así, a economía da eurozona saíu da recesión pero continúa enferma, cun crecemento raquítico, cunha inflación case en negativo e cunha taxa de desemprego nos niveis máis altos da súa historia. A crise do proxecto europeo é cada vez Continúa na páxina seguinte /... Galicia laboral, boletín dixital da ugt de Galicia nº 675

.../ Ven da páxina anterior máis fonda. A aplicación das medidas de austeridade e recortes sociais contra a maioría da clase traballadora están a ter efectos devastadores para o emprego e aumentaron a pobreza e a desigualdade. Galicia non é allea a esta realidade. De feito, o panorama require de medidas xa, insistiu o secretario xeral de UGT-Galicia. Nos últimos catro anos en Galicia destruíronse 72.000 empregos; a temporalidade segue medrando (unha de cada catro persoas asalariadas), así como, a parcialidade involuntaria (64 por cento), que afecta sobre todo ás mulleres; os máis mozos sofren taxas de desemprego que superan o 40 por cento; nos últimos catro anos o mercado laboral galego rexistrou 65.000 persoas activas menos e 16.200 inactivas máis. O lastre do paro de longa duración continúa, conducindo a situacións límite a moitas familias, incluso ao borde da exclusión social e da pobreza. Xa o 45,3 por cento dos desempregados levan máis de dous anos nesta situación, 19,4 puntos máis que hai catro anos. E o 60 por cento dos parados leva máis dun ano nesta situación, nove puntos máis que hai catro anos, xusto antes da aplicación da reforma laboral. Por outra banda, aqueles que si están traballando son vítimas constantes tanto da temporalidade como da precariedade. No período 2011/2015 a contratación temporal seguiu unha tendencia en ascenso difícil de frear, medrando nun 31,6 por cento esta modalidade de contratación. No 2015, o 92 por cento dos contratos rexistrados son temporais. Resulta, case que indecente, afirmar que, por exemplo, no mes de marzo o 34,2 por cento dos contratos asinados foron para un máximo de sete días. Que plantexamento de vida pode facer unha persoa cun contrato de sete ou menos días? Pero a crise non foi igual para todos. O peso da remuneración dos asalariados no total da renda en Galicia cada día é máis baixo, do 44,6 por cento. Se a perda das rendas salariais dende o 2011 foi de máis de sete puntos, no caso das rendas empresariais e mixtas a baixada é inapreciable, do 0,2 por cento. 1.865 millóns de euros fronte a tan só 46. Pero, para UGT-Galicia, hai un dato que resulta, cando menos, moi preocupante, un 31 por cento dos asalariados cobra igual ou menos do SMI (300.000 traballadores). Reiterou que os fogares son os que sofren directamente as consecuencias desta nefasta reforma. Xa hai en Galicia 75.100 fogares con todos os seus activos no paro, cifra que foi en progresivo aumento nestes últimos anos. E 32.800 fogares non teñen perceptores de ingresos. os datos non menten. menos emprego. máis precariedade. máis paro. con menos protección. caen os salarios. aumentan as desigualdades e a pobreza Os datos non menten. Hai menos emprego e o que hai é máis precario. Hai máis paro e con menos protección. Caeron os salarios e aumentaron as desigualdades e a pobreza. José Antonio Gómez, á vista da realidade que debuxan as estatísticas, pregúntase de que lle valeu a Galicia ser alumna avantaxada en materia de políticas de axuste e cumprimento do déficit?. Urxe un cambio que poña no centro a creación de emprego estable e con dereitos e a loita contra a pobreza e a desigualdade social e salarial. Para isto, haberá que incrementar o investimento público e por en marcha un cambio de modelo produtivo, sustentable e equilibrado. urxen cambios Para isto, UGT demanda impulsar un plan de choque para o emprego; realizar unha verdadeira reforma fiscal que aumente a recadación e a xustiza do sistema; fortalecer a negociación colectiva; aumentar os salarios de xeito coherente coa fase de crecemento económico co fin de reactivar o consumo das familias e a creación de emprego e reducir as desigualdades e a pobreza; recuperar a calidade dos servizos públicos; aumentar o SMI ata acadar o 60 por cento do salario medio, de xeito progresivo; reverter totalmente a última reforma das pensións, restablecer o Pacto de Toledo e asegurar o futuro do sistema público de pensións; mellorar o sistema de protección por desemprego; pór en marcha unha nova prestación de ingresos mínimos como propón a ILP promovida por UGT e CCOO co fin de garantir unha prestación económica a todas as persoas en disposición de traballar que carezan de emprego e ingresos suficientes; impulsar unha potente política industrial que contribúa a fortalecer o sistema produtivo e a xerar emprego máis estable e de máis calidade; e derrogar as reformas laborais que tanto dano fixeron. o contexto político non axuda en nada Gómez fixo fincapé en que é evidente que o contexto político actual non axuda en nada. Un contexto marcado pola incertidume e no que a clase política deste país demostrou non estar á altura. Os cidadáns demandan un proxecto de país xa. A xente xa non pode agardar máis, os problemas sociais acumúlanse, os poucos recursos que hai non se poñen en marcha e este país precisa xa dun proxecto inmediato. As forzas políticas deben mirar máis aos cidadáns, que hoxe piden un Goberno de cambio e progreso, e menos ao retrovisor electoral. Neste contexto a convocatoria de novas eleccións supoñería prolongar a situación de parálise na que nos atopamos ata completar practicamente un ano e sen ningún tipo de garantías respecto a que a celebración de novos comicios derive nunha representación parlamentaria máis favorable ás políticas progresistas. Urxe un auténtico proceso de rexeneración da vida pública española, dando prioridade aos intereses da cidadanía e os graves problemas de emprego e desigualdade que lles afectan. Galicia laboral, boletín dixital da ugt de Galicia nº 675 semana do 25 de abril ao 1 de maio de 2016.

28 de abril, día internacional da saúde e seguridade No traballo NuN contexto marcado polos recortes, a precariedade e reformas laborais restritivas, a sinistralidade increméntase en máis de Nove puntos en Galicia UGT celebrou concentracións e xornadas en varias comarcas para conmemorar esta data Galería de fotografías dos actos convocados por ugt en Galicia para conmemorar o 28 de abril Redacción.- Un ano máis, este 28 de abril vaise celebrar o Día internacional da saúde e seguridade no traballo. E un ano máis UGT-Galicia, nesta data, ten que denunciar que a protección da saúde dos traballadores, e da súa propia vida, non é unha prioridade nin para as empresas nin para as administracións. Así o amosa o repunte da sinistralidade nestes últimos anos de forma parella á imposición continua de recortes en todos os eidos, tamén no laboral, e a imposición de dúas reformas laborais que en nada contribuíron á mellora da prevención no eido do traballo. O Sindicato insiste en que a crise non pode servir como escusa para poñer en risco a saúde nin a vida de ninguén. Nesta data, UGT-Galicia alza a voz en lembranza e recoñecemento público de todos os traballadores que faleceron ou enfermaron por causas laborais e tamén denuncia e pon en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que as empresas e administracións teñen grandes responsabilidades na súa prevención. Neste senso, botando a vista cara atrás, o Sindicato ten que denunciar que, vinte anos despois da publicación da Lei de prevención de riscos laborais, constátase que gran parte dos seus obxectivos están aínda pendentes. E estes últimos anos estiveron marcados pola aposta por políticas de axuste, especialmente representadas nas reformas laborais que deterioraron de xeito grave a negociación colectiva e o exercicio efectivo de dereitos, elementos imprescindibles para a saúde e a seguridade no traballo. Continúa na páxina seguinte... Galicia laboral, boletín dixital da ugt de Galicia nº 675 semana do 25 de abril ao 1 de maio de 2016.

...ven da páxina anterior. UGT-Galicia denuncia que estas dinámicas determinaron unha regresión da prevención nas empresas durante a última lexislatura. Cales son as cifras? En Galicia nos últimos catro anos, coincidindo coa reforma laboral imposta polo PP, faleceron 212 traballadores. 61 no ano 2015, o que supuxo un incremento da sinistralidade mortal dun 3,39 por cento, en relación ao ano 2014, aumento que no caso de sectores como a industria e os servizos chega ata o 40 e o 43,75 por cento, respectivamente. Polo que respecta aos datos totais de sinistralidade, o Sindicato advirte sobre o alarmante repunte das cifras en Galicia durante o ano 2015, onde rexistráronse un total de 25.346 accidentes laborais con baixa, 2.125 máis que no 2014, o que supón un aumento do 9,15 por cento. É evidente, así o demostran as cifras, que a crise utilizouse como escusa para abandonar o investimento das empresas en políticas de prevención de riscos laborais. Ademais, a precariedade que se instalou no mercado de traballo é sinónimo de incremento da sinistralidade laboral. O número de sinistros entre os traballadores temporais medrou nun 15 por cento De feito, dos 61 traballadores falecidos durante o ano 2015, 23 eran traballadores temporais, colectivo no que o número de accidentes de traballo subiu un 15 por cento respecto ao 2014. Dos 61 traballadores falecidos, 11 tiñan unha antigüidade no posto inferior aos tres meses e 24 dos 61 que perderon a vida tiñan unha antigüidade no posto inferior ao ano. No relativo ao ano 2016, en Galicia a sinistralidade laboral medrou nun 7,01 por cento nos dous primeiros meses do ano, mentres que os accidentes mortais subiron nun 28,57 por cento e os graves nun 20,34 por cento. Á vista dos datos, urxe en Galicia dispoñer dunha política de seguridade e saúde no traballo que desenvolva coherentemente e de xeito coordinado as políticas e as actuacións en materia de prevención de riscos laborais que se exercen no territorio, de acordo co marco normativo e competencial nesta materia. Non obstante, e ante a conxuntura descrita e denunciada polo Sindicato, a Xunta repite, un ano máis, a redución constante dos orzamentos dedicados á prevención de riscos laborais. Concretamente, os destinados ás actividades desenvolvidas polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) a favor da seguridade e saúde no traballo pasaron dos 7.383.000 euros no ano 2011 aos 5.638.000 euros previstos para o ano 2016. Isto supón unha redución practicamente do 24 por cento nestes últimos anos. Estas reducións son incompatibles co aumento da sinistralidade e a situación dos traballadores (temporalidade, carga horaria...). O único que ocasionarán son dificultades para a posta en marcha e a execución de políticas preventivas eficaces, o que anuncia un panorama en materia de prevención de riscos en retroceso e amosa a falta de compromiso por parte da Xunta con esta materia. Para atallar as actuais cifras de sinistralidade laboral, UGT-Galicica insisten en que urxe: Derrogar as reformas laborais; Establecer normativamente criterios obxectivos para a cualificación dos accidentes no traballo; Incrementar o investimento en I+D+i en materia de saúde laboral e riscos emerxentes; Incrementar a vixilancia e control das actuacións en materia de prevención de riscos laborais por parte da Inspección de Traballo e Seguridade Social; Maior coordinación entre as diferentes administracións públicas para mellorar a resposta ante situacións de risco e a implantación da normativa actual sobre saúde laboral; A posta en marca da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2016-2020, incluíndo obxectivos precisos de redución da sinistralidade; * A recuperación dos investimentos públicos en materia de prevención de riscos laborais. españa Necesita políticas que axuden a xerar actividade e crear emprego, segundo álvarez Redacción.- O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez considera que nos últimos catro anos en España non se fixeron políticas para xerar emprego e a nosa situación derívase de políticas e conxunturas internacionais. Somos un país que se beneficia das desgrazas que ocorren no mundo en relación cos lugares onde se pode ir de vacacións; por tanto, o turismo crece porque en realidade é moi difícil atopar un país con sol a uns prezos alcanzables na contorna máis próxima a Europa onde poder ir. Somos un país que se beneficia da parálise que hai no mundo en relación coa localización por parte das multinacionais de novas factorías. Iso fíxonos, por exemplo, que o sector do automóbil estea nunhas condicións extraordinariamente positivas, declarou no programa Os Almorzos, de RTVE. Neste sentido, ademais de aproveitar as conxunturas internacionais, Álvarez considera que necesitamos un Goberno con políticas propias que nos axuden a xerar actividade e emprego por nós mesmos, ou continuaremos nesta situación por moito tempo. Álvarez, que confesou ter esperanzas de que as negociacións políticas para a formación dun Goberno de cambio e de progreso chegasen a bo porto e evitado a repetición das eleccións xerais, considera que perdemos un tempo extraordinario para abordar os problemas da xente, e de fronte ao futuro lembrou aos dirixentes dos partidos políticos que téñense que afacer a que non son eles os que deciden con quen negocian, decídeno os cidadáns cando votan. O problema que tivemos para constituír Goberno -engadiu- é que España ten moi pouca tradición de acordo, e desde o punto de vista dos dereitos dos cidadáns, a pluralidade do Parlamento é unha grandísima noticia. Eu quero que o meu país fuxa das maiorías absolutas que recortan dereitos de hoxe para mañá sen consultar con ninguén, e esta situación de pluralidade terana que ir asumindo e probablemente teremos gobernos moito máis ricos. Galicia laboral, boletín dixital da ugt de Galicia nº 675 semana do 25 de abril ao 1 de maio de 2016.

Galicia achega o 18 por cento da caída da ocupación de todo o estado. esta cae en todos sectores, salvo No primario máis paro, máis precariedade e menos protección por desemprego O número de fogares nos que todos os activos están no paro sube dende o ano 2009 un 79 por cento e as vivendas nas que non hai perceptores de ingresos increméntanse un 94,4 por cento Redacción.- Os datos da EPA feitos públicos este xoves evidencian, en grandes liñas, máis paro, máis precariedade e menos protección por desemprego. Ademais, en Galicia esta realidade é aínda máis acusada que no resto do Estado. A conxuntura creada, a xuízo de UGT-Galicia, é o resultado das políticas de recortes impostas polos gobernos nestes últimos anos, tanto en Galicia como no resto do Estado, as inxustas reformas laborais impostas e un modelo económico caduco e que non funciona. Así, UGT-Galicia advirte dos perigos que entraña seguir dirixindo a política económica baixo estas premisas e considera que urxe un cambio de orientación desta política que impulse o emprego de calidade e mellores remuneracións mediante un plan de choque polo emprego e políticas públicas, a ampliación da cobertura aos desempregados e o investimento en políticas activas. Todo elo é necesario para conseguir encarar unha recuperación sostible e duradeira, para todos, logrando a diminución dos niveis de desigualdade e pobreza. Continuando coa análise dos datos, estes arroxan unha caída da ocupación do 1,1 por cento no primeiro trimestre do ano en relación ao trimestre anterior. Unha baixada máis acusada que no resto do Estado, onde esta foi do 0,36 por cento. De feito, das 64.600 persoas ocupadas menos que se rexistraron no Estado, 11.400 proceden de Galicia, achegando esta Comunidade o 18 por cento da caída da ocupación. Por sectores, a ocupación contráese en todos, salvo no primario. Baixa dun xeito máis acusado na construción, nun 2,52 por cento, 1.900 persoas ocupadas menos neste sector. En relación a hai un ano a ocupación medra un 3,4 por cento, dun xeito similar ao resto do Estado, onde a suba foi do 3,29 por cento. Deste xeito, en Galicia hai, segundo a EPA, 1.021.100 persoas ocupadas, cunha taxa do 43,4 por cento, afastada dos valores do 50 por cento e superiores que se rexistraban antes da crise. o desemprego medra un 2,33 por cento. incremento máis acusado que no resto do estado O desemprego medrou un 2,33 por cento, 5.200 persoas máis. Dun xeito máis acusado que no resto do Estado, onde esta porcentaxe foi do 0,25 por cento. No ano o paro caeu o 17,35 por cento e no Estado nun 12 por cento. Hai en Galicia 227.900 persoas en situación de desemprego. UGT-Galicia insiste en que o mercado laboral galego está cada vez máis contraído. Os datos así o evidencian. Continúa a diminución da poboación de 16 ou máis anos, no ano 10.500 menos. Deste total, 3.700 son menores de 25 anos. Cada vez hai menos poboación e idade de traballar. Tamén caen as persoas que desexan incorporarse ao mercado laboral, en 14.200. Como xa se denunciou en reiteradas ocasións, as familias son as grandes vítimas desta conxuntura. As vivendas nas que todos os activos están no paro son 80.200 en Galicia, fronte ás 44.800 que se rexistraban no ano 2009, un 79 por cento máis. Pero é que as vivendas sen perceptores de ingresos xa son 38.300, fronte ás 19.700 que había no terceiro trimestre de 2009, cando se comeza a traballar con estas variables. Isto supón un 94,4 por cento máis. É indubidable que a protección por desemprego neste país está fallando, condenando a miles de familias a situacións límite próximas en moitas ocasións á exclusión social e pobreza. As administracións teñen unha responsabilidade neste senso que deben asumir xa. É insostible continuar con estas cifras de protección. Neste senso, UGT insiste en que urxe ampliar os criterios de acceso ao PAE, así como, facer efectiva a ILP por unha prestación de ingresos mínimos que UGT e CCOO están a impulsar en todo o Estado. a taxa de temporalidade xa está no 25 por cento Por outra banda, a taxa de paro queda no 18,2 por cento en Galicia e no 21 por cento rexistrado no resto do Estado. Entre os menores de 25 anos esta sube ata o 43,4 por cento. Hai en Galicia 14.700 persoas asalariadas menos que no trimestre anterior, baixando un 1,81 por cento. Caen tanto os asalariados con contrato indefinido como os temporais. En termos interanuais medran en ambos casos pero moito máis os temporais, un 9,21 por cento, que os indefinidos, un 1,14 por cento. De feito, a taxa de temporalidade volve a valores do 25 por cento. En canto á tan denunciada cronificación do desemprego, cabe subliñar que xa hai 126.700 desempregados que levan máis dun ano nesta situación pero é que 94.800 levan máis de dous anos. Galicia Galicia laboral, laboral, boletín dixital boletín da dixital ugt de da Galicia ugt de Galicia nº 268 nº 675 semana do do 425 ao de 10 abril de febreiro ao 1 de de maio 2008 de 2016.

ugt pide ao GoberNo o acceso ao pae para os parados de longa duración sen cargas familiares Redacción.- A Unión Xeral de Traballadores esixe ao Goberno flexibilizar os criterios de acceso ao Programa de Activación para o Emprego para que poida chegar a máis beneficiarios, xa que só chegou a 100.000 das 400.000 persoas estimadas. O Sindicato propón, entre outras cuestións, que os parados de longa duración sen cargas familiares poidan acceder a esta axuda. Ademais, expón estudar a posibilidade de que cada beneficiario poida reactivar o programa por outros seis meses, se non se incorporou ao mercado de traballo para realizar itinerarios de inserción máis completos. A Unión Xeral de Traballadores insiste en solicitar ao Goberno unha verdadeira avaliación desde o Diálogo social do Programa de Activación para o Emprego e lamenta que, na prórroga publicada no RDL 1/2016, do 15 de abril, non ampliase os criterios para que o Programa de Activación para o Emprego mellore a súa cobertura, ampliando a protección a máis beneficiarios (en 2015, só chegou a 100.000 persoas das 400.000 estimadas). A publicación da prórroga non exime ao Goberno de convocar aos interl o c u t o r e s sociais para avaliar o programa de forma conxunta e mellorar a cobertura das persoas en situación de desemprego. UGT segue pedindo a flexibilización dos criterios de acceso, entre eles: 1. Estudar a posibilidade de que cada beneficiario poida reactivar o programa por outros 6 meses en caso de non poder reincorporarse ao mercado de traballo, co fin de que poidan facer itinerarios de inserción máis completos. 2. Flexibilizar o requisito de estar inscrito como demandante de emprego. Para iso suxírese modificar a esixencia contemplada de estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego competente a determinada data e a esixencia de permanecer inscrito como demandante de emprego durante 360 días nos dezaoito meses inmediatamente anteriores á data da solicitude de incorporación ao programa. 3. Que se elimine ou reduza (actualmente está situado en 6 meses) o período que debe transcorrer desde o esgotamento de axudas ou prestacións por desemprego, rendas mínimas, salarios sociais ou axudas análogas concedidas por calquera Administración Pública. 4. Facer compatible con esta axuda, a percepción de rendas mínimas, salarios sociais ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas Administracións Públicas. 5. Suprimir o requisito de ter responsabilidades familiares. Incluír como posibles beneficiarios a parados de longa duración que necesitan mellorar a súa empregabilidade e protección ante situacións de necesidade, aínda que non teñan cargas familiares. Ademais, a Unión Xeral de Traballadores expón outras actuacións que non requiren a modificación da norma: 1.Recalcular o número de potenciais beneficiarios do programa. 2.É imprescindible que as persoas destinatarias do programa de activación, coñezan o Plan, os requisitos, a forma de solicitalo, etc. É necesario que os SPE contacten por escrito directamente con cada potencial beneficiario, non é suficiente con que haxa información nas oficinas de emprego e de prestacións, nas páxinas WEB dos SPE ou coas noticias que poidan xurdir nos medios de comunicación. 3.Tamén é importante que desde as comunidades autónomas, contando co traballo dos prospectores de emprego dos Servizos Públicos de Emprego, entre outros, contáctese cos posibles empregadores e infórmeselles das medidas que lles favorecen ao contratar ás persoas que participen neste programa. ugt e ccoo transmitiron ao GoberNo a Necesidade dun cambio de rumbo das políticas económicas e sociais Redacción.- Na reunión mantida esta semana coa Oficina Económica da Presidencia do Goberno por iniciativa sindical, ambas as confederacións manifestaron a súa preocupación ante a posibilidade de que o Goberno en funcións comprométase con reformas económicas e estruturais. Así mesmo, reiteraron as súas propostas acerca das prioridades que deberían orientar o PNR: a loita contra o desemprego, a pobreza e a desigualdade. UGT e CCOO consideran necesario un cambio de rumbo nas políticas deseñadas no marco do Semestre Europeo polas institucións da Unión Europea e o Goberno, cuxas nefastas consecuencias socioeconómicas admiten poucas dúbidas. Propoñen poñer fin ás políticas de austeridade fiscal e laboral que agravaron os efectos da crise, ao estimar que unha recuperación real da nosa economía non se pode producir sen aumento do consumo, o que pasaría fundamentalmente pola recuperación dos salarios, a corrección das desigualdades e o crecemento do investimento público. CCOO e UGT cremos que a rebaixa de impostos levada a cabo polo Executivo impediu unha política orzamentaria máis proactiva no impulso do crecemento económico, que permitise recortar máis rapidamente o paro e recuperar a protección das persoas en situación de pobreza. O Goberno baixou os impostos con claros fins electoralistas. Galicia Galicia laboral, laboral, boletín dixital boletín da dixital ugt de da Galicia ugt de Galicia nº 268 nº 675 semana do do 425 ao de 10 abril de febreiro ao 1 de de maio 2008 de 2016.

ugt reivindica unha influencia real do diálogo social No deseño das políticas europeas Redacción.- O secretario de Política Sindical de UGT, Gonzalo PIno, participou na apertura dun seminario organizado pola Confederación Europea de Sindicatos (CES) no que se debateu a estratexia para lograr unha maior influencia sindical na Unión Europea durante o próximo Semestre. Durante a súa intervención, Gonzalo PIno reivindicou a importancia da participación dos sindicatos no Semestre Europeo como un medio para tratar de forzar un cambio de rumbo nas políticas macroeconómicas europeas, acabar coa austeridade e modificar as reformas estruturais, especialmente as reformas laborais, as dos sistemas de negociación colectiva ou as dos sistemas de protección social. Pino denunciou que, na actualidade, máis que influír no deseño e ciclo anual de políticas macro e estruturais, asistimos a escenificacións de consulta, sexa por parte da Comisión Europea, sexa por parte dos Goberno nacionais e, neste sentido, defendeu a necesidade de conseguir unha participación máis efectiva focalizando o noso interese nos asuntos vertebrais do movemento sindical: salarios, precarización do traballo, extensión da pobreza, aumento das desigualdades económicas ou políticas macroeconómicas (como as relativas a investimentos públicos, financiamento do investimento, política industrial ou políticas de cohesión. Para terminar, o secretario de Política Sindical de UGT, subliñou a necesidade de que a CES adopte unha posición política forte no alicerce social. Posición que ten que formarse baseada no balance da perda de dereitos sociais e económicos que sufriron os traballadores e traballadoras de todos os países da Unión Europea, pola aplicación das políticas do semestre europeo. os traballadores de linorsa mobilízanse en demanda do cobro dos salarios que se lles adeudan Redacción.- Os traballadores de Linorsa mobilizáronse esta semana en varias cidades e vilas galegas en demanda do cobro dos salarios que se lles adeudan e para pedirlle ao administrador concursal que se faga cargo das nóminas ou que se abra a posibilidade de que sexan outras empresas as que asuman a xestión naquelas administracións afectadas. Polo menos, ata as datas nas que se acaben os actuais concurso e se convoquen os novos. Dende FES apuntan que a situación para moitas familias xa é insostible e hai que buscar unha solución xa. Neste senso, tamén se lle demanda ás administracións para as que Linorsa presta os seus servizos de limpeza que se impliquen e busquen solucións ao grave problema que se arrastra dende hai meses. Os traballadores informan que, mentres non haxa solucións, continuarán as mobilizacións. rescatar ás persoas, combater a desigualdade achégate e firma por unha prestación de ingresos mínimos Galicia Galicia laboral, laboral, boletín dixital boletín da dixital ugt de da Galicia ugt de Galicia nº 268 nº 675 semana do do 425 ao de 10 abril de febreiro ao 1 de de maio 2008 de 2016.