Expediente: 5193/2017

Similar documents
-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Concello de Castroverde

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Síntesis da programación didáctica

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Sede Electrónica Concello de Cangas

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Consellería de Sanidade

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Silencio! Estase a calcular

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Facultade de Fisioterapia

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Segunda lingua estranxeira: inglés

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

O Software Libre nas Empresas de Galicia

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Problema 1. A neta de Lola

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

Programación Proxecto empresarial

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

Transcription:

Expediente: 5193/2017 Asunto: BASES PARA A SELECCIÓN DE DÚAS/DOUS TÉCNICOS/AS DE PROSPECCIÓN LABORAL PARA O PLAN DE EMPREGO DE REDONDELA VII (PER VII), PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO FINANCIADO POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. Primeira- Obxecto da convocatoria. O obxecto da convocatoria é a selección de dous/dúas técnicos/as de Prospección Laboral, grupo A2, en réxime de funcionario/a interino/a ao abeiro do establecido no Estatuto Básico do Empregado Público no seu artigo 10.1.c) para colaborar no desenvolvemento do Plan integrado de emprego: Plan de emprego de Redondela VII (PER VII), financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que desenvolverá este Concello: Dende o nomeamento e ata que a xuízo do concello deixe de ser necesaria a intervención deste/a profesional, sendo a data límite de finalización do PER VII o 30/11/2018. 37,5 horas semanais (100%) xornada de traballo, a razón de 7,5 horas/día, de luns a venres e en horario variable segundo as necesidades do servizo. O sistema de selección que se empregará será o de concurso-oposición. As dúas persoas que superen o concurso-oposición e acaden a maior puntuación serán propostas para o seu nomeamento. As restantes persoas que superasen o concurso-oposición formarán parte dunha lista de reserva por orde de maior a menor puntuación, que será sometida polo tribunal á aprobación do sr. Alcalde e será empregada para o caso de que existan renuncias ou sexa necesario realizar novos chamamentos para desenvolver o Plan de emprego de Redondela VII (PER VII) cando a xuízo motivado do equipo técnico do proxecto así se considere. Todas as persoas que superasen o concurso-oposición formarán parte dunha bolsa de emprego que se poderá empregar para a execución de novos programas de carácter temporal que se encontren financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que respondan a desenvolver Plans Integrados de Emprego. A vixencia desta bolsa terá unha duración máxima de tres anos e quedará sen efecto para o caso de que se aprobe un novo procedemento de selección. Segunda- Funcións. Tendo en conta que este/a técnico/a terá como obxectivo esencial promover a inserción social e laboral dos/as beneficiarios/as do programa, mediante a prospección o desenvolvemento de itinerarios individualizados e integrais de inserción. As súas principais funcións serán:

- Deseño, seguemento e execución de accións de intermediación para as persoas do proxecto. - Accións de orientación e acompañamento. - Análise do mercado de traballo. -Captación e xestión de ofertas de emprego. -Apoio na selección dos/as candidatos/as con posibilidades de inserción sociolaboral. -Mantemento de relacións e contactos directos co tecido empresarial, creando unha rede estable de contactos entre o empresariado da área e o concello que facilite a incorporación das persoas beneficiarias do programa no mercado laboral, a través de: ofertas de emprego, convenios, etc. -Detección de necesidades formativas, así como deseño, programación, posta en marcha e seguimento das mesmas (cursos de formación, convenios de colaboración con empresas, etc...). -Colaboración na inserción laboral efectiva co equipo técnico de desenvolvemento local, na adecuación dos perfiles ás necesidades das empresas xestionando as ofertas e facendo a derivación das persoas candidatas ós postos ofertados. - Tarefas de seguemento nas prácticas e contratacións laborais do alumnado por parte das empresas. -Elaboración de informes, memorias, seguimento e xustificación de proxectos. -Mecanización no aplicativo informático de toda a información xerada e outras tarefas administrativas necesarias. -Realizar todas as actividades e accións que se consideren necesarias para acadar os obxectivos mínimos de inserción que esixe o proxecto. -Calquera outra relacionada co posto de traballo. Terceira- Requisitos dos/as aspirantes. Poderán solicitar tomar parte nesta convocatoria as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos: a) Ser español/a. As/os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e as/os estranxeiras/os residentes en España poderán acceder en igualdade de condicións que as/os españolas/españois a aqueles sectores da función pública aos que segundo o Dereito Comunitario sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Deberán acreditar a súa nacionalidade ou a súa residencia respectivamente e o cumprimento das condicións establecidas para todas/os as/os aspirantes, mediante tarxeta acreditativa orixinal ou fotocopia cotexada, da súa identidade, expedida polas autoridades competentes do seu país de orixe. b) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. c) Posuír unha titulación universitaria de diplomado/a ou equivalente aos efectos de acceso ao emprego público. Acreditarase mediante fotocopia do título ou no seu caso,

do resgardo de ter efectuado o depósito para obtelo, ou certificación oficial de ter superados os estudios conducentes para a súa expedición. d) Posuír a capacidade funcional así como a capacidade física necesaria para o desenvolvemento das tarefas. e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. f) Non estar incurso/a en causas de incompatibilidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. g) Posuír carné de conducir clase B e dispoñibilidade de vehículo para desenvolver as funcións. As/os aspirantes teñen que estar en posesión de todos os requisitos no intre en que remate o prazo de presentación de instancias. O feito de presentar a solicitude de participación implica que o/a interesado/a manifesta reunir todas e cada unha das condicións esixidas na convocatoria. Cuarta- Solicitudes. As solicitudes poderán presentarse no rexistro xeral do ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, no modelo normalizado de instancia no prazo máximo de SEIS (6) DÍAS HÁBILES, a contar dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Faro de Vigo. Será obrigatorio que na instancia se indique un correo electrónico de contacto. As bases publicaranse na páxina web do Concello (www.redondela.gal), na sede electrónica do así como no Taboleiro de Anuncios. O modelo normalizado de instancia que se utilizará para formular solicitude será facilitado no rexistro xeral do Concello e pode encontrarse no seguinte enlace: http://www.redondela.es/web/jupgrade/images/stories/files/modelos_de_formularios/in stanciaxeral2017.pdf

Tamén poderá descargase este modelo entrando na web do : www.redondela.gal; na pestaña de Descarga de Modelos, a continuación aparecerá Departamento de Rexistro e nun PDF modelo de instancia xeral. No caso de presentar a instancia fóra do Concello, o/a aspirante deberá dirixir ao correo electrónico: persoal@redondela.gal, unha copia da instancia e da documentación con anterioridade ao remate do prazo para os efectos de que poida ser incluído/a na relación de persoas admitidas. Por razóns de eficiencia e axilidade na tramitación do procedemento, a documentación só se compulsará ás persoas que sexan propostas polo tribunal para a contratación, as cales deberán achegar a documentación orixinal no intre en que llelo solicite o Concello. As persoas aspirantes acompañarán ás instancias a seguinte documentación: Fotocopia do DNI. Fotocopia do título universitario. Fotocopia do certificado do CELGA 4 ou equivalente. Fotocopia carné de conducir clase B. Tras rematar o prazo de presentación de solicitudes, o sr. Alcalde ou órgano no que delegue aprobará a lista provisional de persoas admitidas e excluídas dando publicidade tamén ao tribunal nomeado, que será exposta na sede electrónica, na páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello para os efectos de reclamacións, as cales poderán presentarse no prazo de 2 días hábiles. A lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva se non se presentan reclamacións. Na mesma resolución determinarase o lugar, data e hora da celebración da primeira parte da fase de oposición. Entre a publicación do anuncio de aprobación definitiva e o inicio da proba non poderán transcorrer menos de 3 días hábiles. Quinta- Tribunal cualificador. O Tribunal cualificador e avaliador deste procedemento de selección será designado polo Alcalde e estará integrado por: O/A Presidente/a: As/Os Vogais: O/A Secretaria/o: Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo. Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo. Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo.

As persoas integrantes do Tribunal deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior para o acceso á praza convocada. Todos os membros terán voz e voto. A composición do Tribunal tenderá á paridade caso de que sexa posible entre mulleres e homes. O Tribunal quedará integrado, ademais, polas/os respectivas/os suplentes que serán designadas/os coas/os titulares. A designación das/os integrantes do Tribunal farase na mesma Resolución do Alcalde que aprobe a lista provisional de persoas admitidas e excluídas e na que se fixará a data, hora e lugar na que se levará a cabo a defensa da programación en que consiste a primeira parte do proceso selectivo que se realizará seguindo a orde de apelido que comece pola letra que resulte do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia do ano en que se celebre o 1.º exercicio da fase de oposición. As persoas aspirantes serán convocadas para a realización da exposición nun único chamamento e quedarán decaídas no seu dereito as que non comparezan, salvo en casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal. O Tribunal actuará con suxeción ás bases de convocatoria e ao previsto na Lei 39/2015, quedando facultado para resolver cantas cuestións se susciten na súa interpretación. Os membros do tribunal cualificador teñen o deber de absterse no caso de que concorra neles algunha das causas establecidas no artigo 23.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. As persoas interesadas poderán recusar aos membros do Tribunal no prazo de tres días naturais desde a publicación da súa composición, cando, ao seu xuízo, concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo antes referido. Sexta- Sistema de selección. Establécese o concurso-oposición. O proceso constará de 2 fases: FASE DE OPOSICIÓN: 1) DEFENSA DUN PROGRAMA DE PROSPECCIÓN LABORAL Os/as aspirantes deberán desenvolver un programa de Prospección Laboral para a inserción das persoas usuarias do Programa Integrado de Emprego, que teña como ámbito de actuación o e os concellos da Área Metropolitana

de Vigo (totalmente inventado e deseñado por eles) cunha duración de 12 meses. Os colectivos para o que deberá estar destinado o Programa son: -persoas desempregadas en risco de exclusión social. -menores de 30 anos desempregados. -menores de 30 anos desempregados de baixa cualificación. -persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda activa de inserción (RAI). -persoas desempregadas maiores de 45 anos. A programación incluirá necesariamente: 1- Enumeración e descrición de cada unha das accións a desenvolver cos colectivos descritos e sectores de actuación. 2-Descrición dos recursos a utilizar nas distintas accións propostas. 3- Cronograma de execución do programa. 4- Sistema de avaliación e seguimento das distintas accións programadas. 5.- Medidas innovadoras. O programa a desenvolver adaptarase necesariamente aos colectivos e ao ámbito de actuación descritos. Esta programación, dun máximo de 6 folios a unha cara en letra Times New Roman 12, interliñado sinxelo e marxes 3,3,3 e 2, deberá ser entregada en 3 copias polas persoas aspirantes ao tribunal o mesmo día en que deban proceder á exposición desta. Ás persoas que non presenten a programación suporalles a non puntuación nesta fase de oposición e, por tanto, a eliminación do proceso selectivo. As persoas aspirantes disporán de 15 minutos para realizar a exposición e defensa da programación que non será pública. Trala exposición, o tribunal disporá de 5 minutos para realizar ás persoas aspirantes preguntas que versen acerca da programación por eles presentada así como acerca do funcionamento dos programas integrados en xeral. Este exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos sendo necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos, quedando eliminadas do proceso as persoas que non alcancen esta puntuación.

2) PROBA GALEGO: DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO, SOBRE COÑECEMENTO DO GALEGO PARA ASPIRANTES NON EXENTOS/AS: Estarán exentos de realizar esta proba os/as aspirantes que acrediten estar en posesión, como mínimo, do CELGA 4. A proba consistirá en comentar en galego, sen axuda de dicionario, un texto elixido polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio, no tempo establecido polo tribunal. A cualificación deste exercicio será de apto ou non apto. FASE DE CONCURSO: VALORACIÓN DE CURRÍCULO. As persoas que superen a primeira parte presentarán no prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación das cualificacións correspondentes á 1.ª parte na sede electrónica, na páxina web e Taboleiro de anuncios do Concello, as fotocopias ou os orixinais daqueles documentos que sexan necesarios para a valoración dos méritos da 2.ª parte, ordenados seguindo a orde establecida no baremo de méritos que constan nestas bases, acompañados dun currículo e indicando a relación de documentos que presenta para ser valorados. Tralo remate do prazo para presentar esta documentación, o tribunal pasará a baremar os méritos presentados por aquelas persoas que tiveran superado a proba. Nesta fase valoraranse exclusivamente os méritos específicos adecuados ás características da praza de conformidade coas bases. A puntuación máxima que se pode obter nesta fase é de 5 puntos, de acordo ao seguinte: A- Experiencia Laboral: Máximo 2,5 puntos. - 0,25 puntos por cada período de seis meses de experiencia en posto de igual contido profesional ou similar ao que aspira tanto na Administración Pública como noutras entidades, así como en empresas privadas, desbotándose os periodos inferiores. Os servizos prestados na Administración Pública acreditaranse mediante copia do certificado orixinal dos servizos prestados, con especificación do posto de traballo que desempeñou, o cómputo total de días, meses e anos traballados e as tarefas realizadas, expedido polo órgano de xestión de persoal da administración pública competente. A experiencia alegada noutras entidades distintas da Administración Pública así como nas empresas privadas, acreditaranse mediante copia do contrato laboral con especificación de categoría laboral ou alta no réxime de autónomos; certificación de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería da Seguridade Social, así como

unha certificación expedida polo órgano competente das devanditas entidades onde se prestou servizos na que figure de forma detallada as funcións desempeñadas e o tempo durante o cal as desempeñou. B- Titulación académica: Máximo 0,25 puntos Por posuír calquera titulación de grao ou superior, a maiores da alegada para acceder ao posto que teña relación coas funcións a desenvolver a xuízo do tribunal: 0,25 puntos. No caso de posuír titulación superior e media na mesma especialidade só se puntuará a superior. C- Formación complementaria: Máximo 1,25 puntos -Valorarase ter asistido a másters e cursos de formación en materias directamente relacionadas co contido do posto ofertado: 0,05 puntos por cada 20 horas formativas. Só se valorarán os cursos organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidades Autónomas e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración Pública, incluídos os organizados por sindicatos, entidades sen ánimo de lucro e organizacións empresariais no marco dos Acordos Nacionais ou Autonómicos de Formación Continua e sempre que teñan relación coas funcións propias do posto a xuízo do tribunal. Non se computarán cursos de menos de 20 horas nin xornadas, seminarios, congresos ou similares, nin os certificados ou diplomas nos que non se especifique o programa formativo e a duración en horas da correspondente acción formativa. Se a duración do curso estivese en créditos, deberá presentar a súa correspondencia oficial en horas para poder ser valorado. Só se valorarán cursos realizados nos 10 últimos anos. -Valorarase o goce de bolsas de colaboración ou práctica laboral en Administracións Públicas relacionadas co contido do posto convocado: 0,02 puntos por mes de prácticas, ata un máximo de 1,25 puntos. Acreditarase coa correspondente fotocopia do título do curso. No caso do goce dunha bolsa de colaboración, acreditarase coa correspondente certificación da Administración Pública competente na que se indique o posto e a duración desta. D- Informática: Máximo 0,5 puntos

Por cursos sobre coñecementos informáticos en: - Procesador de texto 0,10 puntos - Folla de cálculo 0,10 puntos - Base de datos 0,10 puntos - Xestión de presentacións mediante diapositivas 0,10 puntos - Manexo de internet 0,10 puntos No caso de que nun mesmo curso se impartira un paquete informático, que inclúa todos ou algúns dos anteriores, valoraranse por separado segundo o que se desprenda do programa do diploma acreditativo. Só se valorarán os cursos organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidades Autónomas e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración Pública, incluídos os organizados por sindicatos, entidades sen ánimo de lucro e organizacións empresariais no marco dos Acordos Nacionais ou Autonómicos de Formación Continua. Non se computarán cursos de menos de 20 horas nin xornadas, seminarios, congresos ou similares, nin os certificados ou diplomas nos que non se especifique o programa formativo e a duración en horas da correspondente acción formativa. Se a duración do curso estivese en créditos, deberá presentar a súa correspondencia oficial en horas para poder ser valorado. Só se valorarán cursos realizados nos 10 últimos anos. No caso de acreditar varios cursos en cada unha das categorías só se valorará un deles. Acreditarase coa correspondente fotocopia do título do curso. E- Galego: Máximo 0,5 puntos. Curso de perfeccionamento, Celga 4, Nivel C1 Escola Oficial de Idiomas...0,10 puntos Linguaxe administrativa nivel medio......0,30 puntos Linguaxe administrativa nivel superior...0,50 puntos No caso de acreditar varios cursos, só se puntuará o de maior puntuación. Só se concederá validez aos cursos ou titulacións das Escolas Oficiais de Idiomas ou homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Acreditarase coa correspondente fotocopia do título, diploma ou certificación expedida

para o efecto. Sétima- Cualificación. A orde de clasificación definitiva dos/as aspirantes será o resultado de sumar as puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso. Tras rematar a cualificación, o tribunal publicará no taboleiro de edictos, na páxina web do Concello e na sede electrónica a relación das persoas seleccionadas por orde de puntuación obtida. No caso de empate resolverase a favor dos/as aspirantes que obtiveran maior puntuación na primeira parte e de manterse a igualdade, os/ás aspirantes que obtiveran maior puntuación no apartado de experiencia profesional e de persistir o empate ás persoas que tiveran máis puntuación no apartado de formación complementaria. O tribunal propoñerá ao sr. Alcalde xunto coa acta da sesión o nomeamento das dúas primeiras persoas clasificadas na orde de puntuación obtida. Oitava- Lista de reserva e bolsa de emprego. As restantes persoas que superasen o concurso-oposición formarán parte dunha lista de reserva por orde de maior a menor puntuación, que será sometida polo tribunal á aprobación do sr. Alcalde e será empregada para o caso de que existan renuncias ou sexa necesario realizar novos chamamentos para desenvolver o Plan de emprego de Redondela VII (PER VII) cando a xuízo motivado do equipo técnico do proxecto así se considere. Todas as persoas que superasen o concurso-oposición formarán parte dunha bolsa de emprego que se poderá empregar para a execución de novos programas de carácter temporal que se encontren financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que respondan a desenvolver Plans Integrados de Emprego. A vixencia desta bolsa terá unha duración máxima de tres anos e quedará sen efecto para o caso de que se aprobe un novo procedemento de selección. -Funcionamento da lista de reserva Cando sexa necesario proceder aos correspondentes chamamentos ofertarase á primeira persoa da lista por orde de puntuación que estea pendente de chamar, comunicándoselle por correo electrónico e dándolle un prazo de 48 horas para que acepte ou renuncie por escrito ao ofertado, así mesmo tentarase comunicar por teléfono coa finalidade de acurtar os prazos. Se non contestase no prazo de 48 horas equivalerá á renuncia ao ofertado e procederase a chamar ao seguinte da lista. Cando unha das persoas incluídas na lista fose chamada para ocupar o posto, ao rematar o período de contratación recuperará o seu lugar inicial na lista, de xeito que pode ser chamado/a para unha nova contratación.

-Funcionamento da bolsa de traballo Respectarase a orde de puntuación e a efectos de chamamentos empregaranse as mesmas normas que para a lista de reserva. -Renuncias Con carácter xeral, a non aceptación ou renuncia a unha cobertura dará lugar ás seguintes medidas: Primeira renuncia: Seis meses de exclusión. Segunda renuncia: Exclusión definitiva da lista. A renuncia non será causa de exclusión da lista, nin temporal nin definitiva, cando se deba a algunha das seguintes situacións no momento do chamamento: Atoparse en situación de incapacidade temporal con alomenos dous días de antelación Ter unha relación laboral ou funcionarial vixente. Novena- Documentación a presentar. As persoas que se propoñan para o seu nomeamento presentarán, no prazo máximo de TRES (3) días hábiles a seguinte documentación: Fotocopia compulsada do DNI. Fotocopia compulsada da titulación esixida. Orixinais, no seu caso, dos documentos presentados na fase de concurso A cumprimentación do ANEXO I de declaración responsables de cumprir os requisitos sinalados na base 3.ª apartados d), e), f). Fotocopia compulsada do carné de conducir clase B. Declaración responsable sobre a dispoñibilidade de vehículo para desenvolver as funcións. Certificado ou informe médico oficial no que se faga constar que reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias para o desenvolvemento das tarefas obxecto da convocatoria. Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social. Certificación de conta bancaria, segundo o modelo que lle achegará o Concello. Décima- Normas de aplicación. O só feito de presentar instancia solicitando tomar parte nesta convocatoria constitúe sometemento expreso das persoas aspirantes ás presentes bases reguladoras do mesmo, que teñen a consideración de lei reguladora desta convocatoria.

Para o non previsto nestas bases estarase ao establecido no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia (LEG), Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local e Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Undécima- Impugnación da convocatoria. A convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven desta, así como das actuacións do Tribunal, poderán ser impugnadas polas persoas interesadas, nos casos e forma establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Contra as presentes bases, que son definitivas en vía administrativa, poderá interpoñerse alternativamente recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou o acto ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria do proceso de selección no Faro de Vigo. DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE Á MARXE.

ANEXO I As/os aspirantes teñen que estar en posesión de todos os requisitos no intre en que remate o prazo de presentación de instancias. Eu, don/dona con NIF e domicilio en achego esta declaración xunto coa solicitude para participar na selección para a contratación dun/ha Técnico/a de Prospección Laboral para o Plan de Emprego do : a) Que posúo a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. b) Que non fun separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin me atopo en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separada/o ou inhabilitada/o. No caso de ser nacional doutro Estado, non me atopo inhabilitada/o ou en situación equivalente nin teño sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. c) Que non estou incursa/o en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determinen as disposicións vixentes. Redondela, de de 2018.