DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

Concello de Castroverde

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Consellería de Sanidade

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Expediente: 5193/2017

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Sede Electrónica Concello de Cangas

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

NORMATIVA REGULADORA:

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Proposta de resolución provisional

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Ordenanzas fiscais Páxina 1

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

persoal, familiar e laboral

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

Silencio! Estase a calcular

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

Regulamento do cemiterio municipal do Barco de Valdeorras

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

A RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA NAS LEIS 39/2015 E 40/2015. ASPECTOS SUBSTANTIVOS

Facultade de Fisioterapia

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

Transcription:

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29711 I. Disposicións xerais Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ORDE do 9 de xuño de 2017 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece na súa disposición adicional sexta, punto 2, a facultade das comunidades autónomas para ordenar a súa función pública docente no marco das súas competencias, respectando, en todo caso, as normas básicas contidas no punto 1º da propia disposición. O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarias, establece no seu artigo 2, que cando unha praza docente de nivel non universitario queda vacante ou eventualmente non estea ocupada, poderá ser cuberta, en comisión de servizos de carácter voluntario, cun funcionario docente que reúna os requisitos para o seu desempeño. Por Orde do 28 de xuño de 2006 regulouse a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal dos corpos docentes en centros dependentes da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral. Esta orde foi modificada parcialmente polas ordes do 3 de maio de 2007 e do 14 de marzo de 2012. Procede agora aprobar unha nova orde que, ademais de refundir o contido das anteriores, estableza a posibilidade de que o profesorado interino solicite a adscrición temporal a outra praza en atención a estas mesmas situacións, en aplicación da cláusula 4 do Acordo marco sobre o traballo de duración determinada, que figura no anexo da Directiva 1999/70/CE, e se consideren as peculiaridades das familias conformadas por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou fillas menores ao seu cargo. Na súa virtude, co obxecto de fixar as condición e o procedemento administrativo da referida comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29712 laboral, no uso da autorización conferida pola disposición derradeira primeira do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto 1. Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de adscrición de forma temporal, en comisión de servizos, a tarefas propias do seu corpo en prazas distintas do destino que se ocupa e para as que estea habilitado, ao persoal funcionario de carreira e ao persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, por motivos de conciliación da vida familiar e laboral. 2. Tamén poderá solicitar esta adscrición o persoal funcionario de carreira en expectativa de destino, o persoal funcionario en prácticas e o persoal funcionario interino docente dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 3. Está adscrición temporal en comisión de servizos estará supeditada á existencia de praza vacante ou necesidade de profesorado para o curso académico correspondente e que lle corresponda a adxudicación dunha praza das solicitadas de acordo cos criterios establecidos na regulación da adxudicación de destinos provisionais para o curso académico que corresponda. 4. A adscrición provisional ao persoal funcionario interino docente realizarase despois da adxudicación de destinos provisionais ao persoal que ese ano superou o procedemento selectivo para ingreso no corpo correspondente e estará, ademais, supeditada a que lle corresponda prestar servizos en función do número de prazas ofertadas da especialidade e do número de orde na adxudicación da persoa funcionaria docente interina. Artigo 2. Solicitantes Poderán solicitar adscrición temporal a tarefas propias do seu corpo, en réxime de comisión de servizos por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, a distinta localidade, se é o caso, do seu centro de destino: a) O persoal funcionario dos corpos docentes regulados na Lei orgánica de educación, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que se

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29713 encontre en situación de servizo activo, de excedencia por coidado de familiares ou de excedencia por violencia de xénero no prazo de solicitude establecido no artigo 5. b) O persoal laboral docente dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que se encontre en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de familiares. Artigo 3. Requisitos 1. Ter un fillo ou filla menor de catro anos, ou ter e convivir cun fillo ou filla menor de seis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal, Tipo II) Ter dous fillos ou fillas menores de seis anos, ou ter e convivir con dous fillos ou fillas menores de oito anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal. Tipo III) Ter tres fillos ou fillas menores de doce anos, ou ter e convivir con tres fillos ou fillas menores de catorce anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal. A idade dos fillos ou fillas computarase o 31 de decembro do ano inmediatamente anterior ao que se efectúa a solicitude. Poderá, así mesmo, efectuarse a solicitude cando exista embarazo a termo final con anterioridade ao mes de marzo do ano seguinte no que se presenta a instancia. No caso de adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, a idade computarase desde a resolución xudicial ou administrativa. 2. Ter, se é o caso, destino definitivo a unha distancia superior a 60 km da localidade de residencia. 3. Ter solicitado, de reunir os requisitos, agás casos excepcionais que serán valorados pola comisión de valoración, praza no último concurso de traslados para a localidade ou localidades nas que se solicita a comisión de servizos.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29714 4. Cando ambos cónxuxes ou parella de feito sexan persoal funcionario docente, só unha das dúas persoas poderá solicitar a comisión de servizos. 5. Poderán solicitar esta comisión as dúas persoas proxenitoras nos supostos de custodia compartida en virtude de sentenza xudicial. Artigo 4. Solicitudes 1. O persoal funcionario docente interesado deberá cubrir unha solicitude pola internet ta través da páxina web da Dirección Xeral de Centro de Recursos Humanos, http://www. edu.xunta.es/cadp achegando a documentación xustificativa da situación que alegan e, en calquera caso, copia do libro de familia. 2. O domicilio xustificarase cunha certificación de empadroamento expedida polo concello e cunha declaración responsable da persoa interesada. 3. A situación de non convivir con outra persoa coa que se manteña unha relación análoga á conxugal, xustificarase cunha declaración responsable da persoa interesada. 4. A solicitude e a documentación sinalada no punto anterior, dirixidas á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, poderá presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 5. Na instancia deberán solicitarse: a) En primeiro lugar os centros da localidade de residencia ou, cando sexa o caso, o centro ou centros da localidade máis próxima á de residencia nas que se poidan ofertar prazas da especialidade ou especialidades polas que se participa. b) Poderán engadirse voluntariamente as peticións a centros ou localidades que se consideren convenientes, tendo en conta que é preceptivo dar prioridade aos centros ou localidades situadas nunha radio de 20 km da súa localidade de residencia.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29715 6. Aquelas persoas que soliciten esta comisión de servizos, en atención a situación de conciliación da vida familiar e laboral, non poderán efectuar outra solicitude na modalidade ordinaria para o concurso de adxudicación de destinos provisionais. Artigo 5. Prazo de presentación de solicitudes O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia. Nos anos que se convoque o concurso xeral de traslados de ámbito estatal e o concurso se resolva por corpos en distintas datas, o prazo será de quince días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do último concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia. Artigo 6. Comisión de valoración Unha vez recibidas as solicitudes na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, someteranse a informe preceptivo da comisión de valoración que se constituirá para o efecto como órgano consultivo na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, integrada por: A persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou persoa en quen delegue, que a presidirá. Ata un máximo de tres persoas funcionarias da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Unha persoa funcionaria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos que actuará como secretario/a. Todas elas serán designadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Na composición da comisión de valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29716 Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear unha persoa representante por sindicato para asistir ás sesións da comisión. Artigo 7. Resolución A comisión de valoración proporalle á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a resolución na que declarará a procedencia ou improcedencia da concesión da comisión de servizos por motivos da conciliación da vida familiar e laboral. A deformación dos feitos ou calquera falsidade consignada na solicitude ou na documentación achegada será causa de denegación ou revogación, se é o caso, e inhabilitan para solicitar a comisión de servizos no próximo curso académico. A resolución, que porá fin ao procedemento, será motivada cando se aparte do sentido do informe emitido pola comisión de valoración e publicarase no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Por esta publicación entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas solicitantes destas comisións de servizos. Contra a resolución ditada, o persoal interesado poderá interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14.2 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Artigo 8. Adxudicación de destino a. Terán prioridade na adxudicación de destinos as comisións de servizos por motivos de saúde sobre as comisións de servizos por razón de conciliación da vida familiar e laboral. b. Nas comisións de servizos por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, a prioridade virá determinada por os seguintes grupos: a) Tipo III. b) Tipo II. c) Tipo I.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29717 Dentro de cada grupo, a prioridade determinaraa por ser un único proxenitor, a antigüidade como persoal funcionario no corpo, a antigüidade no centro e a puntuación no concurso-oposición, sucesivamente. Artigo 9. Toma de posesión A toma de posesión será a que dispoña a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nas súas normas reguladoras do comezo do curso. Artigo 10. Vixencia A vixencia da comisión de servizos ou adscrición provisional por motivos de conciliación da vida familiar e laboral será dun curso académico, sen prexuízo da súa prórroga, que poderá concederse, logo de solicitude da persoa interesada, no suposto de seguir cumprindo os requisitos establecidos nesta orde. Disposición adicional primeira. Adscrición provisional Para os efectos desta orde serán tratadas como comisións de servizos as adxudicacións de destino ao persoal funcionario de carreira en expectativa de destino, ao persoal funcionario interino e ao persoal laboral docente. Disposición adicional segunda. Prazo de solicitude no suposto de non convocarse o concurso de traslados Se nun curso académico non chegase a convocar o concurso de traslados entre o persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, o prazo de solicitude será desde o 15 de abril ata o 30 de abril do ano correspondente. Disposición adicional terceira. Documentación xustificativa do domicilio O domicilio xustificarase cunha certificación de empadroamento expedida polo concello e cunha declaración responsable da persoa interesada. Disposición transitoria única. Prazo de solicitudes para o curso académico 2017/18 O prazo de presentación de solicitudes para o curso académico 2017/18 será para todos os interesados de 15 días naturais computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29718 Disposición derrogatoria Queda derrogada a Orde do 28 de xuño de 2006 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da interesada ou interesado, dos funcionarios dos corpos docentes en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, modificada polas ordes do 3 de maio de 2007 e do 14 de marzo de 2012, e aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido na presente orde. Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as normas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017 Román Rodríguez González Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria