UNHA PROSPOSTA PARA GALIZA

Similar documents
Silencio! Estase a calcular

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Problema 1. A neta de Lola

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

REVOLUCIONAN A ECONOMÍA ACTUAL. Mostra bibliográfica con motivo do 8 de marzo, Día internacional das mulleres Marzo 2017

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Metodoloxía copyleft en educación

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Revista Galega de Economía Vol (2017)

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Facultade de Fisioterapia

Das orixes do marketing á súa orientación social

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

MULLERES, INSTITUCIÓNS E POLÍTICA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

DOAZÓN DE ÓRGANOS Factores sociais e propostas de acción

Sede Electrónica Concello de Cangas

O ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA DESDE A PERSPECTIVA HISTÓRICO-EDUCATIVA. PERFÍS POSÍBEIS PARA A INVESTIGACIÓN ACTUAL

plan estratéxico 2016 >> 2020

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Revista Galega de Economía Vol (2016)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

TRABALLO DE FIN DE GRAO

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

administración cidadanía. _02_NÚRIA BOSCH (IEB / Univ. de Barcelona), «Algunhas propostas para a ampliación das competencias dos gobernos

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

INFORME: ESTUDO EXPLORATORIO DA TRATA DE PERSOAS EN GALICIA

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

Inmigración e prostitución nos contidos mediáticos. Unha análise diacrónica ao redor da construción da Outra na prensa galega e estatal

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Coeducación. O alicerce do ensino

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

Dereitos humanos e cooperación ao desenvolvemento: perspectivas para a análise crítica do rol das ONG no eido da incidencia

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

ÉTICA PÚBLICA: DESAFÍOS E PROPOSTAS

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Participación feminina no mercado de traballo desde un enfoque interxeracional*

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Traballo de fin de grao

Roland Barthes dicía que "necesidade" é unha palabra de uso común, daquelas ás que se solicita e das que se obtén todo o que se quere.

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

A rehabilitación integral de barrios degradados fóra dos ámbitos dos cascos históricos: metodoloxía de análise na Memoria programa das ARI

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

PRECARIEDADE E PERFORMATIVIDADE. Introdución ao pensamento de Judith Butler Beatriz Hauser

Alba Lago Martínez Universidade da Coruña Recibido o 14/11/2013. Aceptado o 27/03/2014

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Educación e linguas en Galicia

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

O TURISMO SOSTIBLE COMO EXTERNALIDADE NEGATIVA DAS POLÍTICAS PÚBLICAS NO MEDIO RURAL

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

administración cidadanía. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública.

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Transcription:

PROSTITUCIÓN FEMININA: UNHA PROSPOSTA PARA GALIZA Sandra González Márquez

Unha muller liberada é a que ten confianza en si mesma e é feliz co que fai. É unha persoa que posúe razón de ser... Todo consiste en contar coa liberdade de elixir. Betty Ford, 1939 1

PROSTITUCIÓN FEMININA. UNHA PROPOSTA PARA GALIZA. 1. INTRODUCCIÓN... páx. 4 2. MARCO TEÓRICO DE REFERENCIA... páx. 8 Aproximación histórica. Enfoques. Estudos. Definición prostitución. Manifestacións do fenómeno. Marco legal. Os principais sistemas xurídicos-políticos. 1. Ámbito internacional. 2. Ámbito europeo. 3. Ámbito estatal. 4. Ámbito autonómico. 5. Outras modalidades xurídicas-políticas no plano internacional. 3. ACTORES IMPLICADOS... páx.72 Introdución. Muller prostituída. Características. Factores explicativos de entrada na prostitución. Necesidades e demandas. Prostituidores. Cliente. Características. Necesidades. Proxeneta. Características. Demandas. 2

4. CUANTIFICACIÓN DO FENÓMENO... páx. 97 5. CONCLUSIÓNS... páx. 111 6. PROPOSTA DE INTERVENCIÓN: Plan integral sobre a prostitución feminina en Galiza 2006 2011... páx. 119 Introdución. Liñas estratéxicas. Obxectivos xerais. Áreas. Prevención. Atención. Inserción. Coordinación e financiamento. Avaliación. 7. BIBLIOGRAFÍA...páx. 149 3

1. INTRODUCIÓN. A prostitución é un fenómeno do que se sabe a súa existencia dende moi antigo, evidencias desta afirmación son os escritos e documentos que datan do século V a.c. Estes escritos transmitiron á nosa sociedade a evolución secular e complexa do fenómeno, por suposto, dende unha perspectiva moi lonxana á de xénero ata tempos moi recentes. Na actualidade, a prostitución afecta a catro millóns de persoas en todo o mundo e ademais é o segundo negocio máis lucrativo do mundo por diante do tráfico de drogas e camiño de superar o tráfico de armas. A gran maioría das persoas afectadas e principais medios das inmensas ganancias derivadas da prostitución son mulleres. Ao longo dos anos todos os aspectos que inclúe a prostitución foron evolucionando, pero existe un factor que se mantivo inmune a eses cambios: o xénero da persoa prostituída. A anterior reflexión indica que a prostitución é unha cuestión de xénero, sen lugar a dúbidas, e dende esa perspectiva se debe tratar. Se nos baseamos nesta cuestión, este fenómeno resulta practicamente descoñecido. Dende que os movementos feministas tornaron a perspectiva de estudo respecto á prostitución no século XIX, a consideración, análises, intervención e debates fixéronse presentes na sociedade, aínda que os distintos aspectos tocados pola prostitución: económicos, culturais, educativos, sociais, políticos, éticos e xurídicos, fan que sexa moi difícil o seu estudo e por tanto quede moi lonxe unha solución total. Neste traballo preténdese como obxectivo xeral analizar unha parte importante da realidade da prostitución feminina e adulta, sobre todo centrada na comunidade autónoma de Galiza, para en segundo termo elaborar unha proposta de intervención. Os obxectivos específicos son: - Achega ao fenómeno, tanto a nivel internacional e nacional, pero sobre todo autonómico debido ao reducido número de estudos que sobre este tema existen en Galiza. 4

- Nunha segunda parte, redactar de forma subxectiva unhas conclusións derivadas da anterior análise. - Coas conclusións e en base á experiencia da práctica, preténdese a elaboración dun plan adaptado ao problema nunha zona moi concreta: Galiza. - Por último, expoñer exemplos prácticos e reais dalgunhas das liñas de acción incluídas no plan para que se vexa que son factibles e alcanzan unha solución parcial do fenómeno, que é a forma de afrontalo debido á súa complexidade. Ao meu entender son os pasos os que fan o camiño. Respecto á metodoloxía adoptada, centrouse en tres métodos: 1. Busca exhaustiva coa colaboración da titora de bibliografía e documentación nas diferentes fontes de información ao alcance: Centro de documentación da Dirección Xeral da Muller, Biblioteca de Alecrín, Centro de documentación do Servizo Galego de Igualdade, Internet, documentación propia e a aportada por outra persoas de contacto relacionadas co traballo directo en base ao fenómeno. 2. Aproveitar a experiencia diaria da profesión de coordinadora de proxectos europeos relacionados coa temática, e ampliada coa práctica no centro de día para mulleres prostituídas Vagalume de Santiago de Compostela. 3. Relacionar e combinar práctica e teoría, metodoloxía cuantitativa e cualitativa e expoñer unha idea de solución parcial subxectiva para o fenómeno da prostitución en Galiza. A busca de documentos e datos sobre a prostitución en Galiza reflexa a necesidade urxente de elaboración de estudos e análises dende todas as perspectivas, pero sobre todo dende a de xénero, para coñecer en profundidade a realidade oculta e difusa sobre este fenómeno. A Comisión non Permanente para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres, constituída o 26 de outubro de 1994, foi creada para estudar a situación das mulleres galegas co obxectivo de propoñer e adoptar medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres, eliminando obstáculos que impiden a súa plena participación social, cultural, económica, educativa e política. Esta Comisión na súa VI lexislatura propúxose como tema de estudo o fenómeno da prostitución feminina en Galiza, dadas as dimensións que está a alcanzar na sociedade actual e que o converten no obxecto prioritario de debate, non só no ámbito autonómico senón tamén no nacional, europeo e internacional. 5

Ao longo do 2003 tiveron lugar varias sesións informativas sobre a prostitución en Galiza a cargo de persoas expertas na materia procedentes de ámbitos diversos de actuación profesional: servizos sociais municipais, organizacións sindicais, administración autonómica, organizacións non gobernamentais e outras entidades de iniciativa social, forzas e corpos de seguridade do Estado, universidade... Deste xeito, foise dotando á propia Comisión de información coa cal obter unha visión de conxunto como primeira aproximación á situación actual na nosa Comunidade Autónoma do fenómeno da prostitución e máis concretamente da prostitución feminina. Finalizadas as comparecencias, o obxectivo da Comisión foi a elaboración dun ditame, resultado dun consenso entre os tres grupos parlamentarios, que fose tido en conta por parte dos poderes públicos e do Executivo. En coherencia coa case totalidade das persoas participantes e cos textos e normativa europea e internacional, a postura da Comisión é de: - Total condena de toda forma de violencia contra as mulleres, incluíndo de maneira especial a prostitución. - Total condena do tráfico internacional de mulleres e de menores, máis aínda cando ten como fin a explotación sexual. - Consideración de que o fenómeno constitúe unha violación dos dereitos e liberdades fundamentais. - A prostitución é un xeito de explotación das mulleres, un síntoma máis da desigualdade con respecto ao sexo masculino. A partir desta postura, proceden a elaborar as liñas básicas de reflexión á hora de establecer propostas de actuación. Paso a expoñelas xa que xustifican o deseño e elaboración do traballo presente: - Estase ante múltiples expresións do fenómeno e a información dispoñible neste momento resulta incompleta para obter unha verdadeira visión de conxunto, sen cometer o sesgo que pode provocar sobredimensionar ou magnificar a importancia dalgúns dos aspectos. Evidentemente, para poder tomar unha decisión seria relativa á prostitución, é necesario dispoñer de datos máis exactos das súas dimensións e das súas características. 6

- Non é posible abordar a prostitución sen desprenderse de formulacións éticas ou valorativas. Neste sentido, todo debate que se xere ao respecto debe ter moi en conta que, aínda partindo de posturas que difiren, en esencia ou en parte, mesmo nalgún aspecto contraditorias, perseguimos un mesmo fin. - Compre non esquecer que a única actividade que realmente a administración, co apoio de entidades de iniciativa social, está levando a cabo é basicamente asistencial. - Para finalizar, cabe sinalar que aínda cando existe consenso na idea da erradicación do problema, son moitas as medidas previas que haberá que adoptar; queda un longo camiño por percorrer. Estas reflexións debatidas e consensuadas por distintas persoas con ideoloxías diferentes en Galiza, fíxenas miñas para poder elaborar este traballo e que sintetizadas serían as seguintes: Debemos coñecer e visibilizar o fenómeno da prostitución aportando todos os datos posibles. Abordar a prostitución dende diferentes posturas ou ideoloxías non implica a consecución de distintos fins. A administración galega debe ampliar as súa actividade respecto ao fenómeno coa axuda das organizacións que traballan neste eido. Este traballo será un paso máis para percorrer o longo camiño que nos queda. 7

2. MARCO TEÓRICO DE REFERENCIA. Aproximación histórica. A orixe da prostitución é moi antigo. É difícil precisar unha data exacta da orixe da mesma, nembargante hai indicios que demostran a súa existencia dende fai máis de trinta séculos antes da era cristián (Marciani, 2002). Pero, a prostitución, tal coma hoxe se coñece, é un fenómeno relativamente recente, tanto coma o termo prostituta, que non conta con máis de dous séculos. A prostitución foi encarada dobremente ao longo dos anos, sendo simultaneamente centro de recriminacións e considerada útil. Asistiuse a movementos de tolerancia e de aceptación da prostitución intercalados con actitudes condenatorias e tentativas de abolición. (Bullough & Bullough, 1998). Esta posición dobre non sempre estivo presente. Houbo épocas e lugares nos que a prostitución tiña unha consideración diferente á actual xa que as mulleres que a exercían non tiñan obxectivos comerciais. Entre os antecedentes históricos cos que nos podemos encontrar, algúns de cuxos vestixios conserváronse en determinados pobos ata fai relativamente pouco tempo, poderíase citar os de algunhas sociedades primitivas. Nelas, baixo o prisma da libre disposición do corpo da muller por parte do varón, era costume ofrendar á esposa, filla, serventa, etc..., ao hóspede en sinal de estima. Esta especie de hospitalidade sexual non conlevaba obrigación pecuniaria por parte do hóspede (polo que non se pode falar dela como prostitución no sentido actual), pero si supoñía un servilismo sexual que toda muller estaba obrigada a cumprir, a requirimento do varón co que convivía. Os estudosos do tema coinciden en que é coa chamada prostitución sagrada de Babilonia e da India onde a figura da muller prostituída adquire connotacións diferentes, que a perfilan cara a concepción que dela se posúe na actualidade. Existía unha connotación sagrada asociada ao exercicio da prostitución que non supoñía unha carga pexorativa do termo prostituta e 8

considerábase un valor positivo, socialmente integrado e útil, respecto ao cal non existían condenacións nin estigmatizacións debido a que nestas sociedades a relixión ocupaba un papel prioritario. Esta, era unha práctica da que poucas trazas había en occidente, soamente na cidade grega de Corinto e as cidades caanitas da costa levantina. Trátase dunha das formas de culto a Ishtar, a deusa da cultura Sumeria que se converte na deusa da beleza e a sensualidade Babilónica, á que agradaban os actos de amor carnal. Para asegurar a súa veneración consagrábanse virxes ao servizo do templo de Ishtar, dedicándoas á prostitución sagrada, é dicir á prostitución selectiva e puntual, que se dedicaba exclusivamente ao servizo do templo. No gran templo de Ishtar, en Babilonia, moraban as sacerdotisas que se dedicaban ao servizo da deusa, a efectuar actos de fornicación cos que pagaban o prezo do rito, o cal se entrega na caixa do templo. As sacerdotisas tiñan horarios fixos de culto, non aceptaban senón a aquel que pagara o prezo á deusa, nin tampouco desviacións do acto sinxelo e directo. Estaban reputadas como relixiosas e acordábaselles un tratamento honorable cando saían ao exterior do seu templo. Igualmente dise que cada adolescente debía consagrar o seu primeiro acto sexual á deusa e que este acto debía ser efectuado dentro do templo na forma de rito, similar ao das sacerdotisas regulares do templo. Sobre esta forma de veneración carnal directa á deusa hai moi poucas referencias, téñense modelos de arxila cocida, representacións de órganos xenitais tanto femininos como masculinos, encontrados nos depósitos do templo, e algunhas referencias a Herodoto que foi o primeiro escritor que escribe sobre a prostitución no século V a.c., nas súas Historias cando describe o centro relixioso da gran cidade de Babilonia, -xa vida a menos- e anota este tipo de costumes pouco usuais para un grego. A cultura grega vai a asumir unha gran parte destas costumes na elaboración da súa mitoloxía, aínda que introducirá modificacións importantes co curso do tempo. Nas orixes da civilización grega, a prostitución pode considerarse como sagrada, e asóciase á unión de Deus coa sexualidade humana, indispensable para a renovación da vida terrestre. A Venus Pandemos era a que personificaba todas as prácticas da prostitución, e no seu honor celebrábanse festividades o cuarto día de cada mes. Durante elas, as mulleres que vendían o seu corpo en toda Grecia dedicaban o produto das súas transaccións a realizar ofrendas de diñeiro nos diversos templos erixidos á Venus. A súa entrega non estaba por tanto, forzada pola necesidade, senón polas ideas imperantes na época. 9

A Biblia fala das abominacións caananitas en termos de prácticas sexuais ofensivas porque eran efectuadas en honor de deuses locais. Non menciona as prácticas sagradas de Babilonia, ata o explícito episodio de María Magdalena, a prostituta que mencionan os Evanxeos. Co tempo, esta prostitución desacralízase, e o que nos seus inicios era un culto á fecundidade, á unión do humano co divino, transfórmase nun fenómeno social, obxecto de comercio e regulación. Neste momento é cando pode dicirse que aparece a prostitución profana. Foi na época de Solón (640 558 antes de Cristo), cando se estableceu en Atenas a primeira casa de tolerancia, e se ditou a regulamentación á que se ía someter a prostitución a partir deste momento. Creáronse recintos estatais e nomeáronse funcionarios especiais para levar a cabo o control dos prezos e do pago das contribucións debidas por este comercio ao Estado. Neste momento o exercicio da prostitución, que anteriormente era única, -prostitución sagradapasa a ser plural nas súas formas. De feito coñécense tres tipos principais de mulleres prostituídas: - Hetairas: mulleres prostituídas de luxo e as únicas mulleres cultas de Atenas. Só eran accesibles a persoas de relativa influencia coas que mantiñan relacións máis ou menos estables. - Dicteriadas: atopábanse nun nivel inferior de prestixio social. Participaban nas festas tocando instrumentos musicais para entreter aos concorrentes, cos que adoitaban manter despois contacto sexual. - Aulétridas: constituían a categoría máis baixa das mulleres prostituídas. Estas púñanse a disposición de calquera home por unha pequena compensación económica. A regulamentación de Solón, ven a coincidir co desenvolvemento das cidades e da economía nacional; a prostitución alcanza a categoría de asunto de Estado, buscándose nela un dobre fin: salvagardar a orde pública e crear novos recursos fiscais. Incluso tradicións tan populares como a fundación de Roma, polos xoves Rómulo e Remo, son asociadas á prostitución: na era pre-romana, Tito Livio sinálanos que a lenda de Rómulo e Remo fundadores de Roma-, ten como personaxe fundamental a Laurencia, en aqueles remotos tempos dábase ás mulleres prostituídas o nome de lobas. Ela serviu de ama de cría 10

a estes pequenos, salvándoos da morte e sobre todo, posibilitando o designio dos deuses no que respecta á formación do gran poder político que foi Roma. En Roma, a diferenza do que ocorreu en Grecia, non existiu unha prostitución sagrada. A desacralización iniciada en Grecia e a subseguinte regulamentación que introduciu Solón evolucionaron nun período aproximado de 400 anos- cara a ínfima consideración dun exercicio. Así, o edil romano Marcus (ano 180 antes de Cristo) dita as primeiras medidas regulamentarias coñecidas sobre a prostitución romana. Estas mulleres tiñan que inscribirse nun rexistro especial e posuían unha especie de cartilla ( licencia supri ) que lles permitía desenvolver o seu oficio na legalidade. A regulamentación do edil Marcus marxinaba totalmente á muller prostituída, á que se lle negaba todo tipo de dereito civil, e regulaba por primeira vez a escravitude legal da muller, marcando á muller prostituída para toda a vida. A condición social da muller prostituída pasou así, en non moito tempo, da máis alta consideración en Grecia ao máis baixo rango, prostituta-escrava, en Roma. Toda muller que exercía a prostitución era asignada a un propietario (lenons) a perpetuidade, e este tiña a potestade de vendela a outro individuo, coa condición única de que aquela seguira exercendo o seu oficio. Naceu así unha especie de proxenetismo legalmente autorizado, baixo os auspicios do Estado. Outro paso dos romanos cara a desvalorización da muller prostituída é o illamento ao que foron sometidas ao relegalas a zonas concretas dentro das cidades. No ano 1, en Roma, existe un rexistro con 32.000 mulleres prostituídas que estaban recollidas, habitualmente, en bordeis chamados lupanares, lugares con licenza municipal próximos aos circos e anfiteatros ou aqueles lugares onde o sexo era un complemento da actividade principal: tabernas, baños ou pousadas. As mulleres prostituídas tiñan que levar vestimentas diferentes, tinguirse o pelo ou levar perruca amarela, e inscribirse nun rexistro municipal. Catón o Vello, di que é bo que os xoves posuídos pola luxuria vaian aos bordeis en vez de ter que molestar ás esposas doutros homes. Os distritos do Esquilino e o Circo Máximo, tiñan unha maior densidade de bordeis humildes, mentres que os máis elegantes situábanse na cuarta rexión, habitualmente decorados con murais alusivos ao sexo e identificados na rúa cun gran faro que era iluminado pola noite. As mulleres prostituídas adoitaban exhibir os seus encantos nas aforas do prostíbulo e era habitual que nas portas das habitacións existise unha lista de prezos e de servizos. As mulleres prostituídas dividíanse en clases: - As meretrices, que estaban rexistradas nas listas públicas 11

- As prostibulae, que exercían onde podían, liberándose do imposto. - As delicatae, que eran prostitutas de alta categoría, tendo entre os seus clientes a senadores, negociantes ou xenerais. - As famosae, que tiñan a mesma categoría que as anteriores pero pertencían á clase patricia, dedicándose á prostitución ou por necesidades económicas ou por pracer. Entre elas destaca a famosa Mesalina, Agripina a xove ou Xulia, a filla de Augusto. - As ambulatarae, que recibían ese nome por traballar na rúa ou no circo. - As lupae, que traballaban nos montes próximos á cidade e atraían aos clientes imitando os ouvidos do lobo. - As bustariae, que traballaban nos cemiterios. A decadencia do Imperio Romano de Occidente (476 despois de Cristo) e a chegada dos bárbaros, coa instauración de novas costumes e leis, supuxo unha diminución numérica importante da prostitución. Descoñécese, sen embargo, a situación e consideración de que gozaban as mulleres prostituídas, debido á escasa documentación da época ao respecto. No tratamento da prostitución, como en moitas outras materias, o Imperio Romano de Oriente difería do de Occidente. Teodorico I Imperio de Oriente-, no século IV, loita contra a existencia dos lenons e doutro tipo de proxenetismo. Esta medida, que se podería catalogar como revolucionaria, pretende por vez primeira que a lei sancione aos explotadores e suprime o imposto extraordinario de Estado que, instituído por Calígula, gravaba o exercicio da prostitución. Posteriormente, no século V, e na mesma liña, Teodorico II castiga co exilio e o traballo nas minas aos pais que prostituían ás súas fillas e aos propietarios de escravas prostituídas. Justiniano, segundo a documentación coñecida, foi máis alá que os seus predecesores na regulación da prostitución; promulgou, no ano 531 despois de Cristo, a chamada lei De Lenonibus, que intentaba regulamentar novamente a prostitución, pero esta vez atacando aos lenons, proxenetas e traficantes do sexo de todo tipo. Ademais, coetaneamente, comezouse a favorecer a rehabilitación das mulleres prostituídas, chegándose ao feito de que a propia esposa de Justiniano, Teodosia, creou a primeira institución onde acoller e reinserir socialmente a estas mulleres, alonxándoas do seu oficio. 12

Chegado este momento, o exercicio da prostitución dista moito, na súa consideración, da existente no mundo helénico e aseméllase enormemente á que se atopa na nosa civilización occidental actual. De feito, El Digesto, -tratado xurídico da época de Justiniano- definía á muller prostituída como a muller que se ofrece publicamente por diñeiro e non por pracer. A medida que a civilización foi difundindo luz sobre os pobos, púidose observar que a prostitución sufriu permanentemente adaptacións dependendo das que cada entorno lle esixía. Así, a prostitución ocupou unha función de apoio para o mantemento da orde social. Esta función social, visualízase en estudos como La prostitución en el Medievo de Jacques Rossiaud. Nesta obra queda claro que tanto a muller prostituída e o espazo que a contén, o bordel, cumpren no século XV o papel de ser instrumentos de pracer, especialmente para os homes xoves. Co xurdimento do Cristianismo, a tolerancia á prostitución asociouse a unha actitude de control e a unha visión funcionalista (Jolin, 1994). Santo Tomás de Aquinocanonizado no século XIV-, por exemplo, defendía a tolerancia, unha vez que a prostitución, a pesar de ser un fenómeno social problemático, servía unha necesidade básica que, non sendo satisfeita provocaría aínda maiores danos sociais, levando ao aumento de actos de sodomía e doutros crimes graves. Da mesma opinión era San Agustín que, a pesar de atopar a prostitución moralmente condenable, a encaraba como unha necesidade, na medida en que salvagardaba os patróns de relación heterosexual. Xa Lutero, no século XVI, concibía as mulleres prostituídas como emisarias do diaño, enviadas para destruír a fe e, así, consideraba que a prostitución tiña que ser prohibida. Os estudos de Jean-Louis Flandrin fálannos da normalidade social do trato masculino coas mulleres prostituídas (especialmente para os solteiros) e da aplicación de medidas cada vez máis restritivas sobre as mesmas a partir do século XVI en adiante. O aumento da coacción faise evidente cara os séculos XVII e XVIII. En tempos máis próximos, a segunda metade do século XIX, estivo marcada por un debate vigoroso sobre a prostitución. Foi neste momento cando as diversas opinións levaron o debate cara a eventual prohibición de casas de toleradas (bordeis rexistrados, cuxas traballadoras estaban suxeitas a inspección sanitaria). No século XIX o exercicio da prostitución en moitos países estaba suxeito a varios regulamentos. Este réxime, chamado de tolerancia ou de regulamentación, baseábase por un lado, no presuposto dos efectos nocivos da abstinencia 13

sexual para os homes e, por outro, na asociación da prostitución a doenzas venéreas. O feito de que a prostitución fose exercida en casas e zonas ben definidas e controlables serviría á orde pública e as mulleres decentes non serían obxecto de asedio sexual, ao mesmo tempo que a saúde pública sería preservada e promovida. O sistema de regulación estatal tivo vigor ao longo de boa parte do século XIX en practicamente todos os países europeos, dando corpo, a través de múltiples e complexas restricións e controis impostos ás mulleres que vivían da prostitución, a preocupacións sociais dominantes na época, sobre todo no eido da moral e da saúde pública. O rexistro das mulleres, os exames vaxinais periódicos obrigatorios e case sempre pagados por elas mesmas, o internamento compulsivo en institucións con carácter mixto de hospital/prisión das que se presentasen infectadas con algunha doenza venérea, foron aspectos centrais e recorrentes das experiencias da regulación que, no século XIX, se repetiran por toda Europa (Roberts, 1996) A partir de finais do século XIX, o regulamentarismo foi colocado sobre o fogo cerrado dos abolicionistas e do movemento feminista que consideraban a práctica da prostitución como unha expresión, máis ou menos camuflada, de escravitude humana. Máis recentemente, a partir dos anos sesenta do século XX, o debate sobre a prostitución adquire unha nova visibilidade e importancia, coas feministas asumindo novamente unha posición relevante. Como argumentan Manita e Oliveira (2002), trátase dun debate marcado por contradicións e oposicións entre diversos segmentos do movemento feminista internacional: entre o abolicionismo e o regulamentarismo. A nivel internacional e xa entrados no século XXI, dada a diversidade de tradicións e mentalidades, de dispoñibilidade de recursos e sobre todo de condicionalismos sociais relacionados coa prostitución, non existe uniformidade nin harmonización na abordaxe e tratamento do fenómeno tanto en termos lexislativos e criminais, en termos de políticas sociais dirixidas ao control sanitario e á rehabilitación social. As distintas actitudes respecto ao fenómeno da prostitución, predominantes no tempo e lugar, foron emanando non só da igrexa senón dos diferentes sectores da sociedade, reflectíndose na lei que tanto regulamenta, como prohibe e despenaliza os actos de prostitución. 14

Existen, entón, diferentes actitudes en todos os eidos en relación co fenómeno da prostitución e as persoas que se prostitúen, e xa dende o século XIX, teñen sido de especial relevancia para o debate sobre estas diferentes actitudes, as teorías e correntes feministas, ao ofrecer diversas contribucións para a comprensión da evolución histórica e social da prostitución, así como dos factores sociais que alimentan este fenómeno e o papel da muller na sociedade coas súas problemáticas asociadas. En España, como noutras colonias do Imperio Romano, a prostitución tomou auxe tras a invasión e asentamento dos romanos, reproducíndose así na península esquemas similares aos mantidos na metrópole. Dita situación viuse modificada posteriormente co asentamento dos visigodos, sobre todo a partir do reinado de Recaredo. Este, vendo a importancia que na nación tiñan os católicos, e para lograr a fusión entre os hispano-romanos e visigodos, atendeu os consellos de San Leandro e no III Concilio de Toledo (587), abxurou do arrianismo, xuntamente coa súa esposa e os principais da Corte. Durante todo este período a prostitución seguiu vixente, aínda que se exerceu unha forte represión contra as mulleres que a practicaban sustentada en disposicións legais. A chegada dos árabes á Península, a comezos do século VIII, trouxo consigo unha variación no tratamento da prostitución. O mundo árabe, en contraposición co visigodo, supuxo unha maior tolerancia cara a prostitución. En efecto, os musulmáns prescindiron de calquera tipo de regulamentación e o exercicio da prostitución non esixía enclaves determinados. En Toledo, créase unha nova denominación da muller prostituída, chamándoselle caba, que en lingua latina significou rameira. Co avance e consolidación dos reinos cristiás renacen no noso país regulamentos e disposicións contra o fenómeno da prostitución e contra quenes a practican. Estas normas, de variada procedencia, unhas veces máis ríxidas e outras máis flexibles, prolongáronse nos séculos seguintes e incidiron, nalgunhas épocas, no aumento, e noutras, na diminución do exercicio da prostitución e no semiocultamento ou clandestinidade do fenómeno. En xeral, estas medidas foron máis teóricas que prácticas e a prostitución continuou o seu avance sen que reis nin gobernantes puxesen moito empeño na súa desaparición. 15

No século XIII o Fuero Juzgo, explicitaba medidas concretas encamiñadas á prohibición da prostitución pública, pero o que conseguiu foi que se exercera de forma clandestina. Xunto á tolerancia a nivel local cara a barraganería institución que podería definirse como a unión dun home e unha muller (lexítima) solteiros, co ánimo de vivir xuntos, aínda que dita unión era disoluble pola sola vontade das partes- existían casas de prostitución clandestina chamadas mosteiros, rexentadas por mulleres coñecidas como abadesas ou maioralas, que recrutaban a mozas para que exercesen como mulleres prostituídas. Durante o reinado de Alfonso X, regúlase a prostitución pretendéndose evitar o comercio sexual das persoas e por outra banda, controlar o existente, actitude que continúa durante o século XIV. En Valencia é onde existiu a maior e máis importante zona de prostitución da época e as máximas prohibicións foron contra a figura do Rey Arlot (un tipo de proxeneta). É destacable a creación dunha casa de reinserción para mulleres prostituídas, en 1345, proba do intento de acabar co problema que xeraban tales grupos humanos. A barraganería deixou de ser unha costume no século XV pero non sucedeu o mesmo coa prostitución pública que durante o reinado dos Reis Católicos, o dereito a rexentar lupanares repartíase como botín de guerra, dos que procedían ingresos vía tributos ou alugueres por parte das mulleres públicas. O cambio de ideas experimentado en Europa e España a partir da Reforma e a Contrarreforma non conseguiu eliminar a existencia dos prostíbulos públicos. O movemento de Contrarreforma en España, lonxe de eliminar ou intentar erradicar a prostitución, toléraa e circunscríbea, coa finalidade de evitar outros vicios maiores, manténdose as mancebías en practicamente a totalidade das cidades españolas. No século XVIII ditáronse severas medidas para controlar o exercicio da prostitución, recluíndo incluso á muller prostituída. Xa moi entrados no século, as correntes ilustradas trataron de levar a cabo algunhas reformas sociais como o restablecemento das mancebías por parte de Jovellanos. O século XIX, coñeceu un aumento importante no número de mulleres prostituídas, incremento que alcanzou tanto ás zonas urbanas como rurais. A industrialización, a explotación de grandes capitais, os salarios de fame, a escaseza de vivendas, etc..., orixinou unha explosión da 16

prostitución como única forma de supervivencia feminina. Neste século é cando se comeza a prestar atención a algúns aspectos ata ese momento desconsiderados ou esquecidos: un control hixiénico á muller prostituída e a sanción aos que fomentan a expansión deste tráfico sexual ou se beneficien del. A pesar de que a normativa estaba directamente encamiñada á penalización do proxenetismo, na práctica materializouse na persecución directa das vítimas, as mulleres prostituídas. Houbo, por outra parte tímidos intentos de reinserción social para este colectivo de mulleres da man de diversas institucións de carácter relixioso como por exemplo as Oblatas Redentoristas, creándose fundacións co carácter de casa-colexio-taller. Ante o feito de que a regulamentación era incapaz de erradicar a prostitución, no século posterior, iniciativas públicas e privadas intentaron coordinar accións nacionais e internacionais para a represión da trata de brancas e a creación de lugares onde reeducar, con carácter práctico, a estas mulleres. Destaca o goberno da II República que en xuño de 1935 derrogou a regulamentación que regulaba ata entón o exercicio da prostitución e declarou esta práctica como medio ilícito de vida. Finalizada a Guerra Civil volveuse a regular. O 3 de marzo de 1956, adheríndose á tese da Convención das Nacións Unidas de 1949, o goberno español promulga un decreto lei polo que se abole definitivamente a prostitución, pasando así o noso país a engrosar as filas dos países abolicionistas, aínda que esta decisión non axudou a resolver a problemática das mulleres que se vían na necesidade de seren prostituídas. Neste momento, en España a oferta de prostitución está moi diversificada e está constituída por unha maioría de mulleres inmigrantes segundo recentes estudos. Os lugares están invisibilizados e son máis modernos e especializados. A demanda transformouse e as figuras masculinas complicáronse. Por último, o debate no noso país sobre a prostitución, e por tanto trasladable ao ámbito autonómico- atópase incluído nos parámetros internacionais respecto á súa consideración social, pero non deixa de moverse entre a escravitude e a dun oficio ou traballo. 17

Enfoques Como se pode observar na aproximación histórica anterior, dende a antigüidade, a prostitución é unha problemática onde conflúen moi diversas e contrapostas visións que poñen en xogo as diferentes miradas que teñen os suxeitos sobre a súa orde social. A maior parte dos estudos coincide en sinalar que os enfoques máis recorrentes en relación ao tema da prostitución son os sustentados polo marxismo e o movemento feminista (este é tan só un intento por ordenar e clarificar discursos que sen embargo tiveron complementariedade de argumentos e por outra parte, é coñecido o feito de que unha parte importante do feminismo traballou en torno aos postulados de Marx co fin de explicar a situación e condición das mulleres). a) A perspectiva Marxista. Para o Marxismo, a prostitución é concibida como unha forma específica de intercambio e transacción que involucra a esfera da sexualidade. Máis que falar de prostitución, o Marxismo ocupa o concepto de comercio sexual, sendo este o proceso de transacción comercial polo cal unha persoa vende o seu corpo ou os seus servizos sexuais para satisfacer as necesidades sexuais doutra. Dende esta perspectiva, o termo prostitución sería esquivo e enganoso en virtude das connotacións morais, éticas e sociais que a el se asocian, encubriría a situación de explotación e xeraría un estigma para quen a practica (Skewes, 1995). En síntese, para o Marxismo, a prostitución forma parte da explotación laboral e a apropiación que o capitalismo fai da forza de traballo das persoas. A muller e o home que se prostitúen serían entón vítimas do sistema de opresión capitalista. b) A perspectiva Feminista. Pola súa parte, e sen deixar de lado os aspectos económicos que a prostitución involucra, as feministas elaboran un conxunto de enfoques que identifican e critican a existencia dun sentido común que xustifica social e culturalmente a existencia da prostitución. Entre os enfoques plantexados polo feminismo podemos identificar a existencia en primeiro lugar dunha perspectiva abolicionista. Esta refírese á necesidade de acabar coa prostitución, sen dar cabida a regulamentacións ou tolerancias de ningún tipo, o que supón en primeira instancia o fin da sociedade patriarcal: a escravitude sexual é un dos 18

fundamentos da sociedade patriarcal, polo que a súa desaparición só será efectiva cando sexa abolido a orde social que a produce (Hall, 1988) Este punto de vista será compartido amplamente polo movemento feminista durante gran parte dos anos setenta e oitenta (Pheterson, 1989) As feministas entraron neste debate no século XIX, co Movemento Abolicionista Internacional, creado por Josefine Butler, ao defender que se debía acabar co regulamentarismo e eliminar a prostitución, aínda que este movemento tiña tamén unha posición ambivalente ao considerar que as mulleres prostituídas tiñan que ter os mesmos dereitos cívicos que as restantes cidadás e por outro lado consideraban a prostitución como un gran mal social que se tiña que combater e erradicar. No século XX, o debate sobre a prostitución re-emerxe nos anos 60 xirando a preocupación feminista en torno dos dereitos das mulleres e da desigualdade entre os sexos. As feministas contemporáneas concordan unanimemente que a desigualdade é prexudicial para as mulleres, pero as opinións chocan en canto á forma de combater esa desigualdade e en canto ao papel da muller prostituída nesa loita, dando orixe a dous movementos distintos: o feminismo radical que defende a erradicación da prostitución e o feminismo liberal que xorde nas décadas dos 80 e 90 do século XX baixo a influencia das organizacións de mulleres prostituídas, e que tenta lexitimar a prostitución como expresión da sexualidade feminina, como unha libre elección da muller e non como un síntoma da subordinación da mesma. Esta é unha perspectiva contractualista que considera que a prostitución é un traballo como calquera outro, e que as mulleres prostituídas poden ser consideradas como traballadoras sexuais. Ambas perspectivas, teñen sido criticadas e acusadas de encerrar en si mesmas contradicións. A partir deste conflito e máis alá do abolicionismo e o contractualismo, desenvolverase unha perspectiva que apunta a mellorar os aspectos legais e condicións xurídicas en que se desenvolve a prostitución tomando sempre en conta as razóns e intereses das propias mulleres prostituídas. c) A perspectiva legal. Historicamente e dende o punto de vista da lexislación existiron tres posturas ou posicionamentos respecto á prostitución. Unha posición partidaria de 19

prohibila e castigala, outra de permitila e regulala e unha última que recoñece a súa existencia pero plantexa unha loita para que desapareza (Ballester & Gil, 1996). Estas posicións deron lugar a diversas estratexias dende as cales os Estados Nacionais e as súas institucións enfrontan o tema da prostitución. Estas estratexias son adoptadas tanto de forma separada, como de forma conxunta e complementaria, dando orixe aos sistemas prohibicionistas, regulamentaristas e abolicionistas. o O prohibicionismo oriéntase, basicamente, a sancionar a práctica da prostitución como un delito, penalizando polo tanto ás mulleres que a exercen, omitindo de paso a responsabilidade que cabe aos outros actores (clientes, proxenetas, familia, Estado...). o O regulacionismo que implica que non se prohibe a prostitución, se non que se regulamenta e condiciona a través do outorgamento de carnés, permisos, autorizacións, visacións periódicas, etc. o O abolicionismo que recoñece a existencia da prostitución, entendendo que constitúe un mal social, un ataque á dignidade das persoas e unha forma indesexada de explotación, polo que non castiga a prostitución pero si calquera actividade que a favoreza e toda explotación que se faga en si mesma (Ballester & Gil, 1996) As perspectivas anteriores foron as que guiaron a maior parte dos estudos sobre a prostitución durante os últimos 25 anos, sobre estas ideas é que se constituíron os máis importantes corpos de estudos e investigacións. Estes enfoques axudaron tamén a alimentar o activismo político e as intervencións que directa ou indirectamente implementaron diferentes actores interesados no fenómeno, tanto dende os puntos de vista epidemiolóxico, económico, legal e social. Esta perspectiva legal ampliarase nun punto posterior pola súa importancia respecto ao fenómeno. Sen embargo, todas estas perspectivas opóñense ata hoxe a unha corrente contraria que está na base da cultura e estruturas sociais, e que lle outorga á prostitución un papel central na regulación das relacións entre home e muller e que pola súa antigüidade e arraigo na maioría das culturas, pasou a ser un feito natural. 20

d) A perspectiva naturalista. De maneira oposta aos postulados do movemento feminista e as correntes marxistas de pensamento, existen un conxunto de ideas asentadas na cultura e o sentido común, que representan á prostitución dende unha perspectiva naturalista, considerando que ésta sempre existiu e sempre vai a existir, porque é necesaria para controlar a presión (sexual) dos machos sen parella e/ou para resgardar ás mulleres virtuosas que están reservadas para o matrimonio e a procreación. A visión da prostitución como fenómeno natural baséase en postulados ligados á cultura e hexemonía masculina, a que plantexa unha visión dicotómica da sexualidade humana: machos activos, fronte a femias pasivas (Magán 1994, Trapasso 1996). O reducionismo dicotómico desta visión, basearíase na difundida idea da existencia de mulleres boas e mulleres malas, unhas destinadas a cumprir cos seus roles naturais centrados no ámbito doméstico e a reprodución biolóxica, e as outras destinadas a satisfacer as necesidades e fantasías non cumpridas dos homes no interior do matrimonio. O doméstico estaría entón asociado ao campo dos afectos, mentres a prostitución ao campo das paixóns e o erotismo. A prostitución, sería entón parte da orde social, un mal necesario, oposto sen embargo, ao valor da familia, do matrimonio, da fidelidade, dos fillos, da sexualidade normalizada e controlada. Segundo as feministas (Hall, 1988; Petherson, 1992) esta postura sería sustentada e reproducida polas normas sociais imperantes, o Estado, as súas leis e os organismos encargados de controlar o seu funcionamento. Nesta mesma liña pero presentada como formalización teórica, encóntrase a perspectiva que interpreta a prostitución como forma de relacionamento social de antiga data, que cambiou a súa esencia relacional a partir da mercantilización e integración da prostitución aos circuítos capitalistas modernos. Un exemplo diso encóntrase no traballo de Maffesoli (1990), quen intenta mostrar, a través da prostitución como a relación co outro é o asunto primordial de toda a sociedade. Segundo o autor a circulación do sexo, como a circulación de bebidas fermentadas, arraiga ao estar xuntos no seu substrato natural. A prostitución constituiríase na rememorización do corpo colectivo primitivo e historicamente estaría cargada de certas virtudes sociais os prostíbulos tiñan unha 21

función de educación complementaria, a prostitución en sí mesma cumpriría un verdadeiro papel civilizatorio. O ritual social de prostitución, constituiría unha sorte de poligamia funcional, semellante intercambio é á vez causa e efecto do social, concretiza e sella lazos de parentesco que reenvían á noción de familia ampliada. Este proceso de socializade, como o chama Maffesoli, cambiaría a partir do século XIX, ao volverse produtiva a enerxía sexual, como toda enerxía. Deste modo o ingreso da prostitución ao modo de produción capitalista, transformaría o sexo en mercancía privatizándoo e quitándolle o seu sentido civilizatorio e colectivo. Estudos sobre prostitución. No século XIX xorde como pioneiro o estudo de Parent-Duchatelet, en Francia, en 1836 en relación coa explicación e comprensión da prostitución e das persoas que se prostitúen. As ciencias comezaron por intentar responder á cuestión de quen é a muller prostituída e que causas a levan a exercer esa actividade. A primeira resposta, xorde da anatomía e do psiquismo, investigando as diferenzas psicofisiolóxicas e individuais que confirmasen cientificamente o postulado de que as mulleres prostituídas non son mulleres coma as outras. As principais teorías deste século recolleunas Aurora Riviére (1994). Nun principio estas teorías centrábanse nos compoñentes biolóxicos. Así tiveron gran difusión durante a primeira metade de século as desenvolvidas polos frenólogos, con influencia directa de Franz Joseph Gall quen sinalou que as diferentes funcións mentais están localizadas en diferentes partes do cerebro, e así as facultades morais e intelectuais dos homes son innatas e a súa manifestación depende da organización do cerebro, o cal é o órgano responsable de todas as propensións, sentimentos e facultades, reflectindo a forma externa do cranio a forma interna do cerebro. A mediados do século XIX desenvolvéronse as achegas dos dexeneracionistas franceses. Así, en 1857, Morel definía o concepto de dexeneración asumindo que dita noción se transmitía hereditariamente, sobre todo ao tratarse das enfermidades mentais; esta visión apóiase nas teorías evolucionistas. Por medio destas teorías producíase a conversión da conduta das mulleres prostituídas en enfermidades dexenerativas. 22

Nas décadas finais do século, a escola positivista italiana agrupaba a distintos profesionais en torno á figura do psiquiatra e médico-legalista Cesare Lombroso, que na antropometría criminal dedicou algúns dos seus estudos a procurar as características específicas das mulleres prostituídas, comparándoas coas mulleres normais e coas mulleres criminais. Lombroso consideraba a prostitución a verdadeira dexeneración feminina e defendía a idea da prostitutanata, que sería o resultado dunha herdanza mórbida. Nalgúns artigos e libros aparecían as súas ideas sobre prostitución pero destacan os estudos sobre La mujer delincuente y prostituta (publicado en 1892) e La mujer criminal, la prostituta y la mujer normal (publicado en 1893), concluíndo que a prostitución é a forma de criminalidade propia da muller. O contexto español durante este século XIX caracterizouse pola miseria e as penosas condicións de vida dalgunhas persoas, fundamentalmente das mulleres, e as nenas e xoves, que atopaban como saída a esta situación o exercicio da prostitución. Constituían, pois, un tándem inseparable, pobreza e necesidade económica con prostitución. Algúns autores españois xa se plantexan nesta época os posibles factores sociais que incidían na prostitución; certo é que estaban influídos por algúns estudos sobre o tema procedentes de Francia que presentan ás mulleres prostituídas basicamente como fillas da pobreza, da miseria e a fame. Este tipo de consideracións foron amparadas posteriormente polos estudos da Escola Sociolóxica do Medio Social que capitaneaba o Dr. Lacassagne (1834-1924). O sociólogo francés non negaba as causas biolóxicas que puideran intervir nas condutas desviadas, pero nembargante, fronte ás teses lombrosianas, insistía na importancia primordial que, para a explicación de certas condutas, exercía o medio social. Frecuentemente, as teses do determinismo biolóxico aparecían compaxinadas coas teorías acerca da incidencia do medio social. Fernando de Vahillo foi o que máis fincapé puxo en recalcar os determinantes sociais que conducían á prostitución, e o que lanzou as máis duras críticas contra a hipocrisía dunha sociedade que conducía a multitude de mulleres a prostituírse e logo as condenaba. As causas para el eran a fame, miseria e escaseza. Rafael Eslava, ao finalizar o século, describía un conxunto de factores provocadores da prostitución, que facían simultaneamente referencia a carencias económicas, culturais e psicolóxicas nas mulleres prostituídas. En xeral, os estudosos españois que se ocuparon da 23

prostitución, foron conscientes de que as mulleres que a exercían proviñan das clases populares. Durante o século XX as Ciencias Sociais e Humanas empezan a ser recoñecidas na explicación dos comportamentos sociais e individuais, así a Medicina, ciencia que primou sobre as demais, xa non é a única. Dende a Socioloxía, atopámonos a metade de século o funcionalismo estrutural, especialmente a obra de Talcott Parsons, Robert Merton e os seus discípulos e seguidores, que durante moitos anos foi a teoría sociolóxica dominante, e cuxa principal alternativa foi a teoría do conflito de Ralf Dahrendorf. A primeira teoría refírese á prostitución como un feito social que aparece como mecanismo equilibrante dunha posible disfuncionalidade dentro do sistema familiar. A aparición da prostitución ten a función de manter os vínculos familiares-conxugais intactos. A segunda teoría considera a explotación do sexo feminino como produto da loita polo poder/control social e da estrutura socioeconómica, no que a muller está ao servizo do varón, prostituidor e proxeneta. Tamén hai estudos dende a Psicoloxía, a Psicoloxía Social con base na teoría do aprendizaxe. Aínda na perspectiva etiolóxica, moitos estudos procuraban atopar as causas psicolóxicas ou sociais, como, por exemplo Egaz Moniz (1906) ou Guimarães (1928). Case na totalidade do século XX, con excepción dalgúns traballos nos anos 80 e 90, as tentativas de explicar e comprender a prostitución e a persoa que se prostitúe non son moi diferentes das primeiras explicacións no século anterior, continuando a busca das causas dentro da lóxica determinista e máis tarde da determinista multicausal. Un exemplo destas explicacións multicausais é a teoría socio-psicolóxica de Benjamin & Masters (1964), McCaghy (1985), Schissel & Fedec, (1999), Widom (1984), entre outros. Algúns dos estudos máis recentes comezaron a dar atención ás traxectorias de vida das persoas que se prostitúen e a tomalas en consideración para comprender o seu comportamento: traballos que teñen en conta os distintos actores e as súas relacións como o de Welzer-Lang, Barbosa & Mathieu (1994) ou Hart (1998), que intentan abarcar o que pode haber de positivo na actividade como Hoigard & Finstad (1992), traballos relacionados coas enfermidades de transmisión sexual, toxicomanía, é dicir, centrados no campo da saúde, 24

Scambler & Scambler (1995), Cusick (1998), Porter & Bonilla (2000), Costa & Alves (2001), investigacións no ámbito xudicial Rey Martínez, Fernando & otros/as (2004),... Ao contrario que acontecía nos paradigmas tradicionais de investigación de cariz esencialmente positivista, os máis recentes modelos encadrados no paradigma constructivista- defenden que a investigación nunca é un acto de identificación ou produción da verdade obxectiva que a realidade comporta esa realidade e esa verdade non existen en si, son construcións sociais- senón que se trata dun proceso de construción resultante da interacción entre a persoa que investiga e os seus métodos de captura do real, as realidades propostas e os diferentes actores sociais envolvidos no proceso. Desta maneira, medir e predicir deixaron de ser as preocupacións centrais da investigación para entrar na chamada investigación de 4º xeración centrada na comprensión e na interpretación, ultrapasando a caracterización e descrición dos fenómenos, base de apoio para esta. A comprensión dos complexos fenómenos humanos, e máis aínda dos comportamentos que se afastan dos principios normativos dominantes da sociedade, esixe unha abordaxe máis complexa, que non se quede na superficie visible e cuantificable dos comportamentos senón que vaia máis lonxe intentando acceder ás dimensións máis subterráneas e aos procesos subxacentes ao fenómeno. Na metodoloxía a seguir nos máis recentes estudos e investigacións impera a necesidade de articular as dimensións cuantitativas e as cualitativas, que cada vez son menos vistas como opostas e cada vez máis como produtoras de visións complementarias da realidade. A nivel autonómico, en Galiza non contamos con gran amplitude de estudos coñecidos e podemos destacar tres estudos moi recentes: - Estudio sobre a prostitución no sur de Galicia (Servizo Galego de Igualdade, 1996) - Esquecidas pola historia: as mulleres compostelás entre finais do século XIX e o primeiro terzo do XX(Oroza, Herminia; 2003): estudo da situación social e historia da muller compostelá, a través de varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político, entre finais do século XIX e principios do XX, centrándose na formación de asociacións, a prostitución e o traballo. - A prostitución feminina na Comunidade Autónoma de Galicia (Servizo Galego de Igualdade, 2004) 25