REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

Similar documents
(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

plan estratéxico 2016 >> 2020

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Silencio! Estase a calcular

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Expediente: 5193/2017

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

Consellería de Sanidade

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

Memoria de Actividades Ceesg

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

persoal, familiar e laboral

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Problema 1. A neta de Lola

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ACTA DA XUNTANZA ORDINARIA DO CONSELLO PARROQUIAL DE CABEIRO, QUE SE CELEBROU O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2014

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

CADERNOS DE PSICOLOXÍA DECEMBRO DE 2013

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

A RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA NAS LEIS 39/2015 E 40/2015. ASPECTOS SUBSTANTIVOS

Transcription:

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA PREÁMBULO A participación dos nenos/as fundaméntase nos dereitos descritos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, e na Declaración de Dereitos do Neno de Nacións Unidas de 1959. A Constitución Española no artigo 39.4 establece que Os nenos gozarán da protección prevista nos acordos internacionais que velan polos seus dereitos, así como a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código Civil e da Lei de axuizamento civil, modificada pola Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo do sistema de protección á infancia e adolescencia, que enumera os dereitos de participación dos/as menores. O Plan Estratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia, destaca entre os seus obxectivos: promover o coñecemento da situación da Infancia e a Adolescencia, o impacto das políticas de Infancia, sensibilizar á poboación xeral e mobilizar aos axentes sociais, así como a participación infantil na sociedade civil. No ámbito local a Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no seu artigo 69 disponse que as corporacións locais facilitarán a participación de toda a cidadanía na vida local. O Real decreto 2568/1986 do 28 de novembro polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, no seu artigo 130, outorga ao Pleno da Corporación a facultade de establecer consellos sectoriais, cuxa finalidade será a de canalizar a participación da cidadanía e das súas asociacións nos asuntos sociais. A función dos devanditos consellos será exclusivamente a de informar e, se é o caso, propoñer, en relación coas iniciativas municipais relativas ao sector ao que corresponda cada Consello. TÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Definición e natureza O Consello Municipal de infancia e adolescencia é un órgano sectorial de participación cidadá que serve de espazo específico de desenvolvemento da participación infantil e adolescente activa na vida do municipio. Trátase dun mecanismo para a colaboración entre os nenos, nenas, adolescentes e os adultos nas políticas municipais, e naqueles asuntos que afecten, de maneira directa ou indirecta á poboación infantil e adolescente, así como nos intereses que lles repercutan no seu normal desenvolvemento vital. 1

O Consello Municipal de infancia e adolescencia é un órgano participativo, de carácter consultivo e informativo, e de representación do conxunto da infancia e adolescencia dentro do municipio. Artigo 2. Funcións Ofrecer a nenos, nenas e adolescentes unha canle de participación institucional. Trasladar as opinións, necesidades, intereses e inquedanzas da infancia e adolescencia ás autoridades locais. Propor ao concello as medidas oportunas encamiñadas a favorecer o benestar e desenvolvemento dos dereitos da infancia no eido local. Ser informados e informadas das propostas ou resolucións municipais respecto a aqueles temas de interese para a infancia e adolescencia. Realizar seguimento da execución das propostas realizadas por nenos, nenas e adolescentes e/ou Administración. Informar ao concello sobre os problemas específicos da infancia e adolescencia. Propor solucións alternativas aos problemas máis característicos da infancia e adolescencia. Coñecer o programa anual de actuación e os recursos destinados a infancia e adolescencia. Favorecer a coordinación interinstitucional no referente á implantación de políticas orientadas á infancia e adolescencia. Colaborar no desenvolvemento do Plan Municipal de Infancia e Adolescencia, así como o seguimento deste plan, velando polo seu efectivo cumprimento e avaliación. Impulsar a unificación de criterios e formas de actuación e contribuír á sensibilización e formación dos profesionais que desenvolven a súa actividade con nenos, nenas y adolescentes. TÍTULO 2 - Composición, funcións e elección dos seus representantes Artigo 3 Composición do Consello municipal de infancia e adolescencia 3.1. O Consello Municipal da Infancia E Adolescencia estará composto polos seguintes membros: A. A Presidencia: que será exercida polo Alcalde/sa, podendo delegar o exercicio do cargo na concellaría que considere conveniente. B. A Secretaría: estará ocupada por persoal municipal e será designada pola Presidencia del Consello. C. Vogalías infantís: Dos nenos/as elixidos/as democreticamente por cada un dos colexios públicos e concertados do municipio, procurando unha distribución igualitaria de nenos e nenas, así como unha procedencia dos sectores poboacionais. Un/a adolescente de até 18 anos elixido/a democraticamente por cada un dos 2

institutos del municipio. D. Vogalías adultos (von voz pero sen voto): Dúas persoas en representación das asociacións de nais e pais. Un representante de cada grupo político con representación municipal. O persoal técnico das áreas municipais implicadas máis directamente no desenvolvemento do Plan de Infancia e Adolescencia. Solicitarase de UNICEF o nomeamento dunha persoa en calidade de asesor/a permanente deste órgano. Ademais, poderán asistir as persoas, asociacións, entidades e persoal técnico municipal das áreas afíns que se considere en cada momento segundo os temas a tratar, invitados/as polo Presidente/a ou a proposta e/ou requirimento do Consello. Artigo 4. Funcións 4.1. Son funcións da Presidencia: Representar o consello e dirixir a súa actividade. Convocar, presidir e moderar as reunións do consello. Fixar a proposta da orde do día. Garantir a participación dos nenos e nenas do consello. Coordinar a relación del consello cos órganos do Goberno e xestión municipal, e co resto de consellos municipais e/ou administracións. Exercer cantas outras funcións sexan inherentes á súa condición de Presidente do consello, ou lle sexan encomendadas polo mesmo. 4.2. Son funcións da Secretaría preparar e cursar a proposta da orde do día das sesións: Asistir ás sesións, con voz, levantando acta das sesións e, unha vez aprobadas, autorizalas rubricándoas. Autorizar coa súa firma os acordos aprobados polo consello e as modificacións que se introduzan. Facilitar aos vogais a información e asistencia técnica necesarias para o mellor desenvolvemento das funcións a eles asignadas. Velar pola rápida posta en coñecemento da Presidencia de todos os asuntos, informes, propostas e documentos que teñan entrada na Secretaría. Expedir, co visto e prace do presidente/a certificacións sobre actos e acordos do consello. Cantas outras lle sexan atribuídas pola Presidencia para a boa marcha dos asuntos do Consello ou das súas Comisións 4.2. Son funcións dos/as vogais: Recibir, cunha antelación mínima de sete días, a convocatoria coa orde do día das reunións, salvo as convocatorias de carácter extraordinario, que se poderán realizar con corenta e oito horas de antelación. 3

Asistir ás reunións e participar nos debates expoñendo a súa opinión e formulando as propostas que estimen pertinentes. Exercer o seu dereito ao voto, así como expresar o sentido do mesmo e os motivos que o xustifican. Propoñer á Presidencia, a través da Secretaría do Consello, a inclusión de puntos na orde do día das sesións ordinarias e formular rogos e preguntas. Achegar a información relativa ao seu ámbito de representación que o consello lle requira. Recibir información de canto aconteza no consello e que interese para o bo funcionamento do mesmo. Artigo 5. Elección, renovación e suplencia dos membros do Consello 5.1. O/a Presidente/a e Secretario/a serán elixidos en función do seu cargo, sendo o seu mandato coincidente por catro anos en función do mandato electoral. 5.2. Os nenos, nenas e/ou adolescentes vocais do consello serán elixidos democraticamente polos seus compañeiros/as nos distintos colexios ou institutos da localidade. O proceso electoral será organizado polos propios centros dducativos, considerando aspectos de xénero, equidade e inclusión social (recoméndase que a elección se realice entre nenos e nenas de ata 4 ou 5 de primaria e de 2 e 3 de ESO). Os requisitos para formar parte deste proceso son: residir no municipio, ter menos de 18 anos, voluntaridade e contar co consentimento de quen ostente a patria potestade ou a garda e custodia para participar no consello. O seu cargo terá unha duración de 2 anos, podendo ser reelixidos/as por 2 anos máis. 5.3. Para o resto de vogais, a elección responderá os criterios internos de cada órgano, entidade ou partido político ao que representan. 5.4. Cada representante terá un/a suplente elixido/a con o mesmo procedemento que a persoa titular. 5.5. En caso de ausencia ou enfermidade e en xeral cando concorra algunha causa xustificada, os membros titulares poderán delegar o seu voto noutro membro mediante a correspondente acreditación ou ser substituídos polos seus suplentes, previa acreditación ante a Secretaría do Consello. TÍTULO 3 Funcionamento do Consello municipal de infancia e adolescencia Artigo 6 Funcionamento e periodicidade de xuntanzas O consello municipal de infancia e adolescencia terá o seguinte funcionamento : 6.1. O Pleno do consello municipal de infancia e adolescencia reunirase con carácter ordinario polo menos dúas veces ao ano (unha delas no mes de novembro), podendo convocarse con carácter extraordinario por decisión da Presidencia, a petición dun terzo dos membros do consello, ou por acordo unánime do grupo de participación. As sesións ordinarias do Consello serán convocadas cunha antelación mínima de sete días e con corenta e oito horas, se é extraordinaria, acompañadas da orde do día, hora e lugar de celebración, e, se é o caso, da documentación suficiente. 4

Celebraranse en horario compatible coas actividades escolares, de maneira que se facilite a asistencia dos e as menores. O Consello considerarase validamente constituído en primeira convocatoria cando asista polo menos a metade máis un dos membros con dereito a voto e en segunda convocatoria, media hora despois, calquera que sexa o número de membros asistentes con dereito a voto, sempre que non sexa inferior a dez. En calquera caso é imprescindible a asistencia do Presidente/a e o Secretario/a. O consello adoptará os acordos por maioría simple, sendo o voto algo persoal e indelegable. En caso de empate decidirá o voto de calidade do Presidente. Os acordos e resolucións do consello serán difundidos pola Secretaría, sobre todo entre aqueles servizos municipais que se vexan afectados por eles. 6.2. Grupos de participación de infancia e adolescencia En caso que así se determine polo consello de infancia e adolescencia, poderanse conformar grupos de participación que serán dinamizados por persoal técnico. A información e as decisións tomadas por este grupo de participación trasladaranse ao Pleno do consello de infancia e adolescencia para a súa aprobación. O grupo de infancia e adolescencia, estará integrado por nenos e nenas que voluntariamente desexen formar parte do mesmo, coa única finalidade de facer efectivo o seu dereito para ser escoitados en relación con todos os asuntos municipais que lles afecten. O grupo de participación infantil reunirase exclusivamente durante os meses lectivos escolares, e de considerarse necesario, dividiríase en seccións para agrupar aos nenos e nenas en función da súa idade, lugar de residencia, etc. O concello realizará actividades de información para que pasen a formar parte deste grupo todos os nenos e nenas que o desexen sen ningún tipo de discriminación, considerando un enfoque de xénero, de equidade e inclusivo. Artigo 7 Motivos causantes de baixa Nenos, nenas e/ou adolescentes serán causantes de baixa: ao cumprir os 18 anos ou ben transcorrido o seu período electivo, por propia vontade. No caso dos representantes políticos, serán baixa cando cumprisen o seu período electivo. No caso do resto de membros do consello serán baixa cando así o manifesten por escrito á Presidencia e asegurando a súa suplencia DISPOSICIÓNS ADICIONAIS No non previsto no presente regulamento estarase ao disposto na normativa de réxime local e demais de aplicación pertinente. DISPOSICIÓN FINAL 5

O presente regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e tramitarase con arranxo ao procedemento establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. 6