ESTADO DAS AUGAS FLUVIAIS EN ZONAS GANDEIRAS DE VACÚN DE LEITE EN GALICIA. NIVEIS DE NITRATOS E FÓSFORO

Similar documents
Acceso web ó correo Exchange (OWA)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Silencio! Estase a calcular

Síntesis da programación didáctica

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Problema 1. A neta de Lola

FERTILIZACIÓN DE PRADOS, PRADEIRAS E FORRAXES ANUAIS

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA

2009 Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

ESTUDIO DOS AUTÓNOMOS DE OURENSE ANO 2011

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Pedestrian survey and analysis of Rock Art in San Cristovo de Cea (Ourense): a G.I.S. approach

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Revista Galega de Economía Vol (2017)

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

O sector lácteo en Galicia: especialización, crise e reestructuración do sector.

Coa colaboración de:

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

Facultade de Ciencias Departamento de Ciencias da Navegación e da Tierra Área de Edafoloxía e Química Agrícola. Grao en Bioloxía

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL

Módulo I: Introdución

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 1º PARCIAL

A ATMOSFERA. materia Fundamentos Químicos da Enxeñaría. titulación. Esther Gómez Fórneas - Laura Rodríguez Silva. Enxeñaría Técnica Agrícola

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

Grao de urbanización 2016 (GU 2016)

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Análise do sector da pesca

A ENCEFALOPATÍA ESPONXIFORME BOVINA ( MAL DAS VACAS TOLAS ) EN GALICIA ATA 2011

Facultade de Fisioterapia

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

Revista Galega de Economía Vol (2016)

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

O cambio climático. Os conceptos que se desenvolven nesta ficha teñen como obxectivo. Distribuír cadansúa ficha ás/aos alumnas/os.

REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC)

Territorios a examen III. Territorios a exame III

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade?

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

UN ENSAIO SOBRE A HISTORIA ECOLÓXICA DE GALICIA: O APROVEITAMENTO DO SOLO DÚAS SINGRADURAS NA CONSTRUCCIÓN DUN IDIOMA PARA UNHA PATRIA

Management Control Systems, Innovative Capability Performance, and ISO Certification: Modelling their Effects on Organizational Performance

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

action 8/ 8A action 15 / 15A action 12 / 12A action 118A action 218 / 218A action M12 / M12A action 215 / 215A action 18 / 18A

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

A RECOLLIDA SELECTIVA EN GALIZA EN 2008.

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

3. VALORACIÓN ECONÓMICA DOS CAMBIOS AMBIENTAIS

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

RITUALIDADE FESTIVA E PROCESO SOCIAL. A ROMARÍA DE SAN RAMÓN DE SILLOBRE

A RIQUEZA E O SEU EFECTO SOBRE O CONSUMO NO CONTEXTO DA CRISE GLOBAL: O CASO DA UNIÓN ECONÓMICA E MONETARIA (UEM)

CAMBIO ESTRUCTURAL E EFICIENCIA PRODUCTIVA DA ECONOMÍA GALEGA

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

C A D E R N O S D E L I N G U A

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

TENDENCIAS E PROBLEMAS DA PESCA GALEGA NO CONTEXTO MUNDIAL E COMUNITARIO 1

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

Educación e linguas en Galicia

Cómo conseguir unha composición do leite de maior calidade e san: o ácido linoleico conxugado (cla)

Á Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao Peirao de Curuxeiras s/n Ferrol

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

AS ENERXÍAS RENOVABLES E A SOSTIBILIDADE: CLAVES DE ACCESO AO BENESTAR?

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

Transcription:

90 Nas zonas gandeiras de vacún de leite estudadas, localizadas nas cuncas do Xallas e alta do Miño, non se detectaron problemas de contaminación por nitratos nin por fosfatos ESTADO DAS AUGAS FLUVIAIS EN ZONAS GANDEIRAS DE VACÚN DE LEITE EN GALICIA. NIVEIS DE NITRATOS E FÓSFORO Presentamos os resultados dun estudo realizado polo CIAM sobre o grao de contaminación das augas nas cuncas hidrográficas do Xallas e alta do Miño, que son as que maior intensificación teñen de gando vacún leiteiro, co obxectivo de avaliar a influencia dos sistemas gandeiros galegos na calidade química das augas fluviais. M.I. García Pomar, J. Castro Insua, D. Báez Bernal, J. López Díaz Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Ingacal INTRODUCIÓN A utilización intensiva de medios de produción na agricultura leva a situacións de sobreexplotación dos recursos naturais e pode converter a produción agrícola nunha fonte de contaminación, fundamentalmente de tipo difuso cos contaminantes procedendo de fontes distribuídas ao longo dun espazo. O exceso de nutrientes utilizados na agricultura, como son o nitróxeno e o fósforo, pode causar efectos perniciosos nos ecosistemas fluviais, pois moitos organismos fluviais están adaptados a baixas concentracións de nutrientes. O exceso produce a eutrofización das augas: as augas diminúen a eficiencia na captación de nutrientes, satúranse e perden gran parte da súa capacidade de autodepuración, aumentando a biomasa de algas, macrofitas ou outros organismos, contendo clorofila e caendo os niveis nocturnos de osíxeno ata valores letais para peixes e outros animais. A normativa europea promove alcanzar unha boa calidade para as augas. A Directiva Marco de Augas (2000/60/ CE), cuxo obxectivo é protexer os ríos e encoros, establece que a contaminación química das augas superficiais representa unha ameaza para o medio acuático. A Directiva Nitratos (1991/676 EEC) ten como obxectivo reducir ou previr a contaminación directa e indirecta das augas por nitratos utilizados na agricultura.

91 Figura 1. Cuncas de orde 3 na cunca do río Xallas e na cunca alta do Miño Choiva (mm) Temperatura media do aire (Cº) Figura 2. Choiva e temperatura media do aire na cunca do Xallas e na cunca alta do Miño Dende o proxecto financiado pola Xunta de Galicia Implementación dun Sistema de Información Xeográfico (SIX) para a avaliación da contaminación das augas pola actividade agraria en cuncas hidrográficas, avaliáronse nas dúas cuncas hidrográficas galegas cunha maior intensificación de gando vacún leiteiro a influencia que teñen os sistemas gandeiros galegos sobre a calidade química (niveis de nitratos e fósforo) das augas fluviais. As cuncas obxecto de estudo foron a do río Xallas e a alta do Miño. En cada unha destas cuncas establecéronse as subcuncas de rango 3 segundo as clasificacións de Horton (1945) e Strahler (1964). Sobre estas cuncas de orde 3, cun total de 13 no Xallas (figura 1) e de 6 na cunca alta do Miño (figura 2), realizáronse mostraxes mensualmente no Xallas (dende setembro de 2006 ata decembro de 2008) e trimestralmente no Miño (dende novembro de 2006 ata decembro de 2008). Durante o tempo que duraron as mostraxes recolléronse os datos climáticos de precipitación (mm) e temperatura media do aire (0C) das estacións de Fontecada (Santa Comba), na cunca do Xallas, e das estacións da Pontenova e Pol, na alta do río Miño (figura 2).

92 NIVEL DE NITRATOS A contaminación das augas polo nitróxeno prodúcese en forma de nitratos; estes están no solo e son moi solubles e facilmente lixiviados por debaixo da zona radicular dos cultivos, e en ocasións tamén poden ser arrastrados pola escorrentía superficial das augas. Por outro lado, outras formas de nitróxeno no solo, como os amonios e o nitróxeno orgánico, permanecen adsorbidos ás partículas do solo e nalgúns casos poden ser arrastrados por erosión cara ás augas. Dende o punto de vista ambiental, a agricultura é unha das principais responsables do aumento da concentración de nitratos nas augas subterráneas e superficiais, e as actividades agropecuarias achegan unha parte importante deste nitróxeno. En Galicia, a actividade agropecuaria é fundamentalmente gando vacún leiteiro cunha produción asociada na maioría dos casos ao uso na alimentación de concentrados comprados e de forraxes producidas na propia explotación (pradería e millo forraxeiro). Segundo a Directiva Nitratos (1991/676 EEC), os niveis de nitratos nas augas por enriba das 50 ppm indícannos problemas de contaminación importantes, sendo o nivel máximo recomendado de 25 ppm. Neste estudo encontrouse que, en contra da situación xeral de alta contaminación por nitratos en zonas agrícolagandeiras, en Galicia este feito non se cumpre. Os niveis encontrados na cunca do Xallas (figura 3) mostran niveis por debaixo de 16-18 ppm (mg/l) de nitratos, cunha media por mes de todas as cuncas xuntas que varía entre 4 e 9 ppm, e un descenso dos niveis de nitratos nos meses de outubro de 2006, febreiro de 2007, xuño de 2007 e abril de 2008 debido a un efecto de dilución, pois na semana anterior a estas mostraxes as precipitacións superaron os 100 mm. En liñas xerais, todas as cuncas seguen a mesma tendencia. Figura 3. Evolución do contido de nitratos na cunca do río Xallas Figura 4. Evolución do contido de nitratos na cunca alta do río Miño OS NIVEIS DE NITRATOS OBSERVADOS NAS DÚAS CUNCAS ESTÁN POR DEBAIXO DAS 50 PPM QUE NOS INDICAN PROBLEMAS DE CONTAMINACIÓN IMPORTANTES E POR DEBAIXO DAS 25 PPM, QUE É O NIVEL MÁXIMO RECOMENDADO SEGUNDO A DIRECTIVA NITRATOS A superficie dedicada a praderías ten efectos beneficiosos sobre as augas As cuncas cun maior contido en nitratos (figura 5) foron a do río Maroñas (C7), cunha media 12.6 ppm, e a do río Chancela (C8), cunha media de 16.2 ppm, zonas localizadas no concello de Mazaricos, que presentaban a maior densidade gandeira e a maior porcentaxe de superficie de millo. Os puntos limpos (PL1 e PL2), tomados como referencia do contido en nitratos normal das augas en zonas de pouca actividade humana, dan contidos medios de nitratos de 2.6 ppm, contidos de nitratos que teriamos que tomar de referencia como valor 0. Os niveis encontrados na cunca alta do Miño (figura 4) mostran niveis por debaixo de 14-16 ppm de nitratos, cunha media por mes de todas as cuncas xuntas que varía entre 5 e 9 ppm. O contido de nitratos nas cuncas do nacemento do Miño (C4) e do Riolongo (C5) mantense ao longo do ano nos niveis máis baixos, e nas cuncas do río Madanela (C3) e do río Torneiros (C6), nos máis altos. As cuncas cun maior contido en nitratos (figura 5) foron a cunca do río Madanela, cunha media de N de 8.9 ppm, localizada no concello da Pastoriza, e a do río Torneiros, cunha media de 8.4 ppm, localizada nos concellos de Castro de Rei e Pol. Neste traballo estudouse a relación dos contidos de nitratos das cuncas de orde 3 coa densidade gandeira e a porcentaxe de superficie de millo e encontrouse unha correlación entre a superficie de millo e o contido en nitratos e unha correlación bastante alta entre a densidade gandeira e o contido de nitratos, sobre todo na cunca do Xallas. Obsérvase unha relación dos datos coas precipitacións, pero non coas épocas de aplicación de fertilizantes minerais (de marzo a maio) e orgánicos (outubro-novembro e de marzo a maio).

94 Toma de mostras de auga NA CUNCA ALTA DO MIÑO, OS NIVEIS DE FÓSFORO ENCONTRADOS SON MÁIS ALTOS QUE NA CUNCA DO XALLAS, CHEGANDO O FÓSFORO SOLUBLE NA PRIMEIRA A APROXIMARSE NALGUNHAS MOSTRAXES AO NIVEL DE 0.03 PPM, A PARTIR DO CAL PODEMOS TER PROBLEMAS DE CONTAMINACIÓN FOSFÓRICA Figura 5. Contido de nitratos medios das cuncas de orde 3 Os niveis de nitratos observados están por debaixo das 50 ppm que nos indican problemas de contaminación importantes e por debaixo das 25 ppm, que é o nivel máximo recomendado segundo a Directiva Nitratos. A xustificación hai que buscala en que o clima e a clase de solos determinan a drenaxe e a dilución de nutrientes (altos caudais posteriores a elevadas precipitacións no Xallas dilúen a concentración de nitratos) e que os usos forestais do solo, elevados en Galicia, determinan a diminución das achegas de nitróxeno dos terreos agrícolas fertilizados, segundo indica un estudo do estado das augas feito no proxecto Interreg Green Dairy (Pflimlin et ál., 2006). Así mesmo, no devandito estudo constatouse que os sistemas baseados en praderías teñen moi poucas perdas de nitratos ao actuar como zonas buffer, e o sistema gandeiro de vacún de leite en Galicia utiliza as praderías como unha das principais fontes de alimentación. Nun estudo feito sobre 478 explotacións de vacún de leite en Galicia atopouse que un 77% da SAU é ocupada por prados ou praderías (Fernández Lorenzo et ál., 2009). As praderías e os usos forestais do solo en Galicia actúan como zonas buffer de retención de nitróxeno e fósforo

96 NIVEIS DE FÓSFORO A contaminación das augas polo fósforo prodúcese en forma de fosfatos. O fósforo, en comparación co nitróxeno, non é particularmente móbil en solos. Os fosfatos non son lixiviados porque están fixados á arxila e á materia orgánica e maioritariamente pérdense cara ás augas superficiais por procesos erosivos que os arrastran unidos ás partículas do solo. Este elemento que en principio é arrastrado na escorrentía superficial mediante os procesos de erosión tamén pode ser arrastrado mediante lavado cando as cantidades presentes no solo son elevadas, contribuíndo á eutrofización das augas superficiais. En solos ingleses detectouse que por enriba de 60 ppm de P (Olsen) os solos lixiviaban unha elevada cantidade de fósforo (Heckrath et ál., 1995). Dende o punto de vista ambiental, a principal fonte do aumento da concentración de fósforo nas augas superficiais é o uso urbano da terra, mentres que o uso agrícola da terra é a segunda fonte de contaminación fosfórica. O fósforo soluble representa a porción do fósforo das augas que está facilmente dispoñible para a planta, aínda que o resto de fósforo pode chegar a estar dispoñible por procesos de desadsorción. Os niveis de referencia utilizados foron 0.03 mg/l para o fósforo soluble e 0.1 mg/l para o fósforo total (English Nature, 1997), niveis por enriba dos cales hai problemas de eutrofización das augas. Na cunca do Xallas (figura 6), a media por mes de todas as cuncas xuntas sitúase entre 0.0018 ppm e 0.0190 ppm de fósforo soluble e entre 0.0040 ppm e 0.0338 ppm de fósforo total, cun incremento moi claro dos niveis de fósforo nos meses de outubro de 2006, xuño de 2007 e abril de 2008 con algunhas cuncas por enriba dos niveis de referencia, pois na semana anterior a estas mostraxes as precipitacións superaron os 100 mm, o que provocou unha escorrentía superficial cun arrastre de fósforo unido ás partículas de solo cara ás augas. O fósforo soluble e o total seguiron as mesmas tendencias. Figura 6. Evolución do contido de fósforo soluble na cunca do río Xallas Figura 7. Evolución do contido de fósforo soluble na cunca alta do río Miño As cuncas cun maior contido en fósforo soluble (figura 8) foron a C9 e a C10, e en fósforo total foron as cuncas C6, C7, C8 e C10, das cales as C7, C8, C9 e C10 están dentro do concello de Mazaricos. O punto limpo (PL) tomado como referencia do contido en fósforo normal nas augas recollidas en zonas de pouca actividade humana dan contidos medios de fósforo soluble de 0.0014 ppm e de fósforo total de 0.0021 ppm, contidos de fósforo que teriamos que tomar de referencia como valor 0. Fósforo soluble Fósforo total Figura 8. Contido de fósforo soluble e total nas cuncas de orde 3 Na cunca alta do Miño (figura 7), os niveis de fósforo encontrados son máis altos que na cunca do Xallas, chegando o fósforo soluble a aproximarse nalgunhas mostraxes ao nivel de 0.03 ppm, a partir do cal temos problemas de contaminación fosfórica. Así, o valor por mes de todas as cuncas xuntas varía entre 0.0061 ppm e 0.0211 ppm de fósforo soluble e entre 0.0190 ppm e 0.0369 ppm de fósforo total. O fósforo soluble e o total seguiron as mesmas tendencias. En liñas xerais, todas as cuncas se manteñen en niveis semellantes ao longo do ano, exceptuando a C3, cunha maior variabilidade. As cuncas cun maior contido en fósforo soluble e total (figura 8) foron a do río Madanela (C3), localizada na zona da Pastoriza, e a do río Torneiros (C6), localizada nos concellos de Castro de Rei e Pol. Encontrouse correlación entre o fósforo e a densidade gandeira e coa porcentaxe de superficie de millo, se ben con esta última a correlación foi moi baixa. Obsérvase unha relación dos datos de fósforo soluble e total coas precipitacións, pero non coas épocas de aplicación de fertilizantes minerais (de marzo a maio) e orgánicos (outubro-novembro e de marzo a maio). Na cunca do Xallas, os niveis de fósforo soluble e de fósforo total observados están bastante por debaixo das 0.03 ppm e das 0.1 ppm, respectivamente, niveis que nos indican problemas de contaminación. Os usos forestais en Galicia actúan como zona buffer, diminuíndo a chegada de fósforo cara ás augas por escorrentía (Sharpley e Rekolainen, 1997). Na cunca do Miño, os niveis nas cuncas C3 e C6 aproxímanse ao nivel de 0.03 ppm de fósforo soluble, o que pode ser debido aos altos contidos de fósforo encontrados nos solos das parcelas das explotacións gandeiras (García Pomar et ál., 2012), unido a que se trata dunha zona cunhas características hidroxeolóxicas que fan que as texturas do solo sexan franco-areentas e francas cunha alta permeabilidade, o que pode incrementar as perdas de fósforo cara ás augas por procesos de lavado.

98 CONCLUSIÓNS En resumo, nas zonas gandeiras de vacún de leite estudadas non se detectaron problemas de contaminación por nitratos nin fosfatos, estando os valores por debaixo dos niveis tomados como referencia. Non obstante, isto non quere dicir que non haxa que tomar medidas preventivas contra a contaminación das augas en zonas gandeiras, pois, como vimos, os contidos de nitratos nas augas gardan unha relación coa densidade gandeira e coa porcentaxe de superficie de millo forraxeiro e o contido de fósforo soluble na cunca alta do Miño aproxímase nalgunhas subcuncas ao nivel de 0.03 ppm. Algunhas medidas que poden tomar os gandeiros para manter e mellorar a calidade das augas en Galicia son: tando aplicar fertilizantes químicos onde non sexa necesario. Con este obxectivo, no CIAM desenvolveuse un programa de recomendación de fertilización baseado nos xurros: programa RAX (www.ciam.es). e ben dimensionadas que eviten lixiviacións durante o inverno e que permitan a aplicación do xurro en épocas axeitadas, á vez que se reduce o uso de fertilizantes minerais. cesidades dos cultivos, o nitróxeno presente no solo e o cultivo precedente, pois no caso de enterrado de chícharo ou cultivo previo de praderías pódense reducir as doses de N recomen- de solo para ver a cantidade de fósforo presente e ter en conta as necesidades dos cultivos neste nutriente, e nos casos de contidos superiores a 70 ppm de fósforo non aplicar fertilización fosfórica. do así a entrada de fósforo e de nitróxeno a través dos pensos, tendo sempre presente que sería necesario incrementar o contido de proteína na ración mediante a introdución do cultivo de leguminosas. das cantidades de proteína, e por conseguinte de nitróxeno, na alimentación do gando (Vázquez Yáñez e González Rodríguez, 2006). efecto buffer. tan procesos de lixiviación de nitratos e de escorrentía e erosión que arrastre o fósforo cara ás augas. tando a base territorial, indo cara a sistemas de produción máis sostibles. cas que impidan o acceso do gando e plantando especies autóctonas de ribeira. A vexetación de ribeira actúa como un filtro verde que intercepta o paso de sedimentos e nutrientes BIBLIOGRAFÍA English Nature. 1994. Water Quality for Wildlife in Rivers. En- Fernández-Lorenzo, B.; Flores, G.; Valladares, J.; González- dución das explotacións de vacún de leite de Galicia, 82, 12-20. López, A. 2012. Axuste das recomendacións de fertilización no millo forraxeiro para as condicións galegas. Afriga, nº 97, 130-136. Filtros verdes e peches para o gando para mellorar a calidade das augas superficiais. Afriga nº 95, 36-42. tions in the Broadbalk experiment. Journal of Environment Quality, 24, 904-910. Horton, R. 1945. Erosional development of streams and their drainage basins: hidrophysical approach to quantitative morpho- dairy herd to nitrogen and phosphorus surplus at regional scale and - Johnson. CAB International. - Applied Hydrology. New York, McGraw-Hill. contido de urea no leite e o seu uso na alimentación do gando leiteiro. Afriga, nº 65, 29-34.