Problema 1. A neta de Lola

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

Síntesis da programación didáctica

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

ESCOLA ESTADUAL DR. JOSÉ MARQUES DE OLIVEIRA - ANO 2016 TRABALHO DE ESTUDOS INDEPENDENTES

a) Mr. Holmes is short and fat. He has got white hair and a big nose. He is unhappy.

Second Language Anxiety and Task Complexity

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Prova Escrita de Inglês

Na cama com Bruna Surfistinha (Portuguese Edition)

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

Paper Reference. Paper Reference(s) 4440/01 London Examinations IGCSE Spanish Paper 1: Listening

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

2ª ETAPA. x x G A B A R I T O 1. Matemática

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Evaluación final 4.º ESO CUADERNILLO. Competencia lingüística en inglés LA INFORMACIÓN DE ESTE RECUADRO DEBE SER CUMPLIMENTADA POR EL CENTRO

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Logaritmo do Número de Dígitos do Maior Primo Conhecido (Abril 2005) 8,00 7,00 6,00 5,00 4,00 3,00 2,00 1,00. 0, Ano

Compare Fractions with the Same Numerator. Since the numerators are the same, look at the denominators, 8 and 6.

Recepção de despedida do Embaixador Hiroshi Azuma

2) PREENCHA OS ESPAÇOS COM OS VERBOS ENTRE PARÊNTESES NO PAST TENSE:

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

O Software Libre nas Empresas de Galicia

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

Travel Getting Around

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Revista Galega de Economía Vol (2015)

Lista de exercícios Aluno (a):

QUESTÃO 5 CHANGE the underlined words. USE I YOU HE SHE IT WE THEY: a) Marcos and I are Brazilian.

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

COMPARISO I.COMPARI G & EMPHASI G QUALITIES & QUA TITIES II. EMPHASIZI G QUALITIES & QUA TITIES III. SPECIAL COMPARATIVE FORMS

CUESTIÓN TEMA 30/31O CICLO CELULAR. MITOSE E MEIOSE

LOS ANGELES CITY HALL

Facultade de Fisioterapia

ProSpanish. Vocabulary Course. made easy by ProSpanish. ProSpanish

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

Free cd bruno e marrone acustico. Free cd bruno e marrone acustico.zip

Casas De Campo Modernas / Modern Country Homes (Fat Lady) (Spanish Edition) READ ONLINE

Periódico # 14 Diciembre

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

2. PARTE INGLÊS NÃO DESTACAR A PARTE INFERIOR MARINHA DO BRASIL DIRETORIA DE ENSINO DA MARINHA INSTRUÇÕES GERAIS

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

I. The Preterit: used for past actions that are seen as. It is used for completed actions that can be viewed as single events.

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

ENGLISH REVISION P3 GERUND AND INFINITIVE. Colégio integral 2º ano 4 º bimestre A) Complete the sentences using Gerund or Infinitive.

PRACTICE EXERCISES. Grade META-PR Student Name:

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

INSTRUCCIONES. En esta actividad vas a escuchar y a leer una serie de textos y tendrás que responder a unas preguntas. Presta mucha atención.

2012 Molly Martin, MD. All rights reserved. docmolly.com

Disciplinas espirituales para la vida cristiana (Spanish Edition)

COLÉGIO SHALOM Ensino Médio 8ª Série. Profº: Viviane Marques Disciplina Inglês Aluno (a):. No.

DOWNLOAD VENTANAS DE MANHATTAN

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

NOTA: En la prueba de seguimiento entrará únicamente el punto 2 del tema 1 (2.1, 2.2, 2.3)

Lista de exercícios Aluno (a):

VALORACIÓN CONTINXENTE E FÚTBOL: A CUANTIFICACIÓN DA DISPOSICIÓN A PAGAR

THEY BOTH MEAN FOR, BUT SO MUCH MORE! You cannot use them interchangeably, you have the learn the rules, when to use PARA, when to use POR!

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

Welcome to Greenman and the Magic forest

REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC)

Lupe González. CEP Dr. Fleming

Guia de Pneumologia (Guias de Medicina Ambulatorial e Hospitalar da Unifesp-EPM) (Portuguese Edition)

Presentación do número

Liberacion Sobrenatural: Libertad para tu Alma, Mente y Emociones (Supernatural Deliverance: Freedom for Your Soul Mind And Emotions Spanish Edition)

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Questions: Who, What, When, Where, Which, Why, How

Segunda lingua estranxeira: inglés

DATA: 18 / 12 / 2017 VALOR: 20,0 NOTA: ASSUNTO: TRABALHO DE RECUPERAÇÃO FINAL SÉRIE: 8ºANO TURMA: A NOME COMPLETO:

COLÉGIO SHALOM Ensino Fundamental 9 ANO. Profº: Viviane Marques Disciplina Inglês Aluno (a):. No.

Plano de Recuperação 1º Semestre EF2

PRIME NUMBERS AS POTENTIAL PSEUDO-RANDOM CODE FOR GPS SIGNALS

O dilema dos prisioneros: valor dos paradoxos na clase de matemáticas

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Guia de Nutrição Clínica no Adulto (Guias de Medicina Ambulatorial e Hospitalar da Unifesp- EPM) (Portuguese Edition)

Transcription:

Problema 1 A neta de Lola A neta de Lola da Barreira estuda 6º de Educación Primaria na Escola da Grela. A súa mestra díxolle que escribira todos os números maiores ca cen e menores ca catrocentos, sempre que a suma das cifras de cada número dese como resultado 8. Respondede ás seguintes preguntas: 1ª) Cantos e cales son os números pedidos? 2ª) Cales deses números son pares? 3ª) Cantos e cales dos números son múltiplos de 4? 4ª) Explica porque ningún dos números solicitados pode ser múltiplo de 6?

Problema 2 O rocho Na casa de Amalia teñen un cuartiño pequeno no que gardan obxectos diversos: a fregona, produtos de limpeza, latas de conserva... A aboa de Amalia chámalle a este cuartiño o rocho. O rocho ten planta rectangular. O chan está cuberto por dezaoito baldosas cadradas, e mide de ancho a metade do que mide le largo. Velaquí vos mostramos un plano do chan do rocho: Sabendo que o perímetro do cuarto é de 4,5 m, contestade razoadamente as seguintes preguntas: a) Cales son as medidas do largo e do ancho do rocho expresadas en metros? b) Decide, expresando a resposta en cm, cal é a medida do lado de cada baldosa. c) Cantos cadrados diferentes, compostos por baldosas, se poden debuxar sobre o chan do rocho? Nota: Neste problema consideramos que dous cadrados son diferentes se teñen distinto tamaño ou se están colocados en distinto lugar do chan.

Problema 3 Xogando con dados Manuel está intentando ensinarlle a sumar á súa curmá Xoana. Pensou que, aínda que Xoana é moi pequena, poderá entendelo tirando dous dados á vez e ir contando os puntos que queden nas caras superiores. 2 + 5 = 7 5 + 2 = 7 Vosoutros, que de sumar xa hai tempo que sabedes, seguramente poderedes completar a seguinte táboa para logo contestar as cuestións que vos presentamos máis abaixo: 1. Cal é a menor suma que pode saír? 2. Cantas posibilidades hai de que a suma sexa 7? Escribídeas todas. 3. Completade estoutra táboa co reconto de todas as posibles sumas que se poden obter. Suman Nº de posibilidades 4. Tendo en conta os datos que obtivestes ao completar a táboa anterior e considerando a escala de probabilidade que se mostra a seguir, dicide razoadamente cal é o grao de probabilidade que se lle pode asignar a cada unha das seguintes afirmacións:

a) A suma é maior que catro. b) A suma é trece. c) A suma é menor que catro. d) A suma é un numero par. e) A suma é un número maior que un e menor que trece. f) A suma é igual ou maior ca dez.

Problema 4 O aniversario de Eva Non hai moitos días que foi o aniversario de Eva e, para celebralo, fixo unha festa á que convidou a todos os seus amigos. Eva naceu o día 13 dun mes que tivo tres domingos que caeron en día con número par. Respondede razoadamente ás seguintes preguntas: a) Naceu Eva no mes de febreiro? b) En que día da semana naceu Eva?

FASE ZONA Problema 5 As eleccións en Galicia Nas últimas eleccións celebradas en Galicia o pasado 21 de outubro, o censo de votantes (persoas con dereito ao voto) era duns 2 600 000 posibles electores. Destes, o 64% exerceron o seu dereito a votar e o resto abstivéronse. a) Dos catro gráficos que vos presentamos a continuación, saberiades dicir cal é o que representa a relación entre os votantes e as persoas que se abstiveron? b) Calculade agora o número de persoas que votaron e o de persoas que se abstiveron.

Problema 6 Ché do Leiteiro Ché do Leiteiro é dono dun terreo rectangular, dedicado a pasto, que mide 30 m x 20 m. Nel ten atadas con cordas a cadansúa estaca unha vaca, a Careta, (que pasta na superficie máis grande) e unha burra, a Sabrosona, (que pasta na superficie máis pequena). Pedímosvos que contestedes razoadamente ás seguintes cuestións: a) Canto mide a corda coa que está atada a vaca? b) Canto mide a corda coa que está atada a burra? c) Cantos metros cadrados mide a superficie de pasto da vaca? d) Cantos metros cadrados mide a superficie de pasto da burra? e) Que superficie do terreo, en metros cadrados, se rexenera mentres pastan a Careta e máis a Sabrosona?