OS HABITANTES DA NOITE. UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADE CON EGAGRÓPILAS - I: DESEÑO

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Silencio! Estase a calcular

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

OS HABITANTES DA NOITE UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADE CON EGAGRÓPILAS - II: PRIMEIROS RESULTADOS NA AULA.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

Problema 1. A neta de Lola

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

TRABALLO DE FIN DE GRAO

Facultade de Fisioterapia

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

O Software Libre nas Empresas de Galicia

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Inferencia estatística

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

Programación Percusión

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

PRÁCTICAS DE CAMPO NO ESTUDO DA ECOLOXÍA DE COMUNIDADES VEXETAIS. Manuel Antonio Fernández Domínguez, IES Arcebisbo Xelmírez I, de Santiago de

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Unha experiencia docente na materia: "Resolución de problemas en matemáticas" Carlos Soneira Calvo Depto. de Pedagoxía e Didáctica, Univ.

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PROCESOS INFERENCIAIS E RESOLUCIÓN DE ENUNCIADOS MATEMÁTICOS. Ricardo Pereira Villar y Pilar Vieiro Iglesias Universidade da Coruña

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

LLP PT-KA3-KA3MP. ecity Guías Pedagóxicas

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

Grao de urbanización 2016 (GU 2016)

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Boloña. Unha nova folla de ruta

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

27 Técnicas de persuasión: Estrategias para convencer y ganar aliados (Spanish Edition)

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Subdirección de Educación Departamento de Educación Contratada Colegio CAFAM Bellavista CED GUIA DE APRENDIZAJE. Pensamiento: Comunicativo Expresivo

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Welcome to Greenman and the Magic forest

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

LINGUA INGLESA CURSO

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

Emprender: Ti podes! Módulo 1

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Este é o meu plano; quere axudarme a realizalo? Pero, naturalmente, vostede quere, aínda máis, debe axudarme. Franz Kafka, Na colonia penitenciaria

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL PARA TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Traballo de fin de grao

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Transcription:

OS HABITANTES DA NOITE. UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADE CON EGAGRÓPILAS - I: DESEÑO Sofía Leis Palacios e Joaquín Díaz de Bustamante Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais Universidade de Santiago de Compostela 1. Introdución Abórdase neste traballo o deseño da actividade Os habitantes da noite. O caso das egagrópilas, tomando como modelo de aprendizaxe o Construtivismo, dende o que a ciencia se entende como construción de coñecemento e no que afrontamos a interpretación do mundo mediante modelos (marco conceptual que posúa o individuo) que conlevan a modificación dos modelos preexistentes no individuo, afróntase o deseño dunha actividade aberta para realizar tanto no terceiro ciclo de Primaria como na ESO. Esta actividade plantéxase como un problema auténtico (Jiménez, 1998) a través do cal favorecer a creación de novo coñecemento dende a perspectiva da cooperación en grupo, promovendo a interacción e o clima de diálogo na aula e a discusión de ideas, a fin de que podan darse as condicións para a devolución (Tiberghien, comunicación persoal, 2006), entendida como a responsabilidade que o alumno toma na construción do coñecemento. Segundo Vince e Tiberghien (2002), desde a perspectiva epistemolóxica pódese establecer unha relación entre o mundo teórico, onde se encadraría todo o saber teórico dunha disciplina (modelos, conceptos, teoría ), e o mundo observacional correspondente ao mundo dos obxectos e sucesos ou do saber cotián. A maior dificultade que atopan os alumnos é precisamente o lograr establecer significativamente as relacións entre ambos dominios, e consecuentemente, a construción do coñecemento viría dada ao lograr establecer pontes entre os diferentes elementos de coñecemento e as distintas representacións dun mesmo concepto. Driver (1986), destaca o papel activo de quen aprende e destaca a importancia dos coñecementos previos, das crenzas e da motivación dos alumnos. Coa actividade Os habitantes da noite. O caso das egagrópilas, tentamos conseguir unha tarefa motivadora, na que os estidiantes sexan protagonistas do seu proceso de construción de coñecemento e na que pensen, fagan e falen ciencia no senso que sinala Pujol (2003).

O problema que se plantexa nesta actividade consiste en descubrir e coñecer algúns dos animais que se moven de noite nos montes galegos, utilizando para este fin, unha técnica adaptada e simplificada basada no método de identificación de restos en egagrópilas de aves rapaces nocturnas. Durante a realización da actividade e como parte da mesma, propónselles aos alumnos que asuman o rol de científicos forenses, basándonos nunha serie de televisión actual coñecida por eles. No deseño desta actividade perséguese que os alumnos sexan quen de realizar indagacións, realizando deste xeito un traballo de achegamento á metodoloxía da ciencia, neste caso concreto, da ecoloxía de poboacións. Pretendemos achegar ás aulas a relación predador-presa no ecosistema, un feito ecolóxico pouco coñecido pero próximo, xa que a curuxa é un ave bastante común en Galiza que adoita vivir moi preto dos núcleos humanos. Confiamos en que, despois da realización en pequeño grupo da actividade, os alumnos teñan adquirido coñecementos sobre a bioloxía das rapaces nocturnas, que sean quen de dar conta do importante papel que xogan no mantemento do equilibrio do ecosistema como depredadoras, que saiban diferenciar micromamíferos Roedores e Insectívoros, e que saiban recoñecer, nunha saída ao campo, as egagrópilas como algo que pode aportar moitos datos sobre a vida presente nese entorno. Tendo en conta as capacidades dos alumnos, a actividade plantéxase como unha investigación (Woolnough e Allsop, 1985) cun nivel de indagación baixo, xa que partindo da cuestión-problema que plantexamos e do método a utilizar, son os estidiantes os que deben establecer aunha conclusión baseándose nas evidencias achadas e contrastándoas coas ideas previas que teñan, o que corresponde ao nivel 1 de indagación do ILI de Herron (1971). Ao mesmo tempo, seguindo a Hodson (1994), tentamos que os alumnos estén motivados durante a realización da mesma, ao pretender que resulte unha actividade novidosa e coa que se sintan detectives promovendo a súa curiosidade, pois descoñecer que é o que van atopar supon un desafío cognitivo e promove o desenvolvemento de procesos cognitivos que se dan nun contexto científico, como a observación e descrición de restos, a súa seriación e clasificación, a emisión e valoración de hipóteses relativas á orixe dos achados, a avaliación de resultados... Preténdese, ademais, que adquiran destreza no manexo de materiais sinxelos de laboratorio como pinzas, agullas enmangadas, lancetas e lupa binocular. Outro aspecto relevante é que os alumnos teñan que facer inferencias empregando datos e métodos indirectos, isto é, preténdese amosar como gran parte do traballo de campo de

zoólogos e ecólogos se reduce a ter constancia da presencia dunha especie polos rastros que atopan, debido a que a súa observación directa é, na maior parte dos casos, moi difícil (hábitos esquivos, baixa densidade de poboación ). Neste caso en concreto, pretendemos que os rapaces se decaten de como o estudio das egagrópilas pode ofrecer datos da presencia ou abundancia dalgunhas especies (presa da curuxa) nun territorio dado. Durante a realización desta actividade con egagrópilas, os estidiantes realizan observacións, utilizan aparatos con ese fin e fan anotación de resultados, ao tempo que extraen conclusións ou relacións e formulan novas preguntas. 2. Deseño da actividade Esta actividade presenta notables diferencias coa maior parte das actividades prácticas levadas a cabo de xeito rutinario na Educación Primaria e incluso en Secundaria. O deseño da actividade responde a unha modificación da técnica empregada polos científicos, que adaptamos para estidiantes de 10 a 14 anos. O que perseguimos é que nesta actividade os alumnos, no seu rol de científicos forenses, realicen a tarefa (figura 1) participando dalgunhas das fases que se desenvolven habitualmente no estudo e disección de egagrópilas, como a disgregación das mostras, estudo e identificación dos restos e elaboración de conclusións. Como xa mencionamos con anterioridade, nesta actividade pártese dun problema auténtico, entendendo como tal (Jiménez, 1998) aquel que se sitúa nun contexto próximo aos alumnos, é creíble e a solución non está definida a priori, podendo non ser única. Seguindo esta definición, entendemos que a nosa proposta é unha tarefa auténtica, logo que constitúe una actividade práctica que, levada a cabo na aula ou fóra dela, permite traballar contidos procedimentais, conceptuais e actitudinais en relación con un suceso ou problema situado nun contexto real e próximo aos alumnos: Que animais se moven de noite nos nosos montes? De que se alimentan as curuxas? Que papel cumplen no ecosistema? O material utilizado é auténtico, é dicir, as mostras obxecto de estudio que van ser manipuladas polos estidiantes son reais e recollidas nun entorno de características ecolóxicas similares ao entorno próximo dos alumnos.

Figura 1: Diagrama de fluxo da tarefa levada a cabo na aula polos alumnos. Accións Tarefas Recopilación de documentación Realizada polo profesorado e ofrecida como material de consulta ou polos estudiantes dirixidos polo profesorado. Mostraxe de campo Realizada polo profesorado sen a intervención dos estudiantes ou polos estudiantes dirixidos polo profesorado. Trátase de egagrópilas de curuxa (Tyto alba) e moucho (Athene noctua). Disgregación das egagrópilas Disgregación das egagrópilas, seguindo o método de disección en húmido. Realizado polos estudiantes. Separación dos restos Separación dos restos contidos nas egagrópilas para a súa posterior identificación. Implica destreza manipulativa no uso de instrumental de laboratorio requerido (pinzas e agullas ou lancetas). Realizado polos estudiantes. Estudo dos restos achados nas egagrópilas Observación dos restos con características significativas (mandíbulas e cráneos), a simple vista e coa lupa binocular. Implica a seriación e agrupamento dos restos.

Comporta a discriminación de rasgos finos: distinción de caracteres morfolóxicos a pequena escala (mandíbulas de micromamíferos), apreciación da presencia ou ausencia de diastema, aparición de cúspides dentarias coloreadas, identificación de restos quitinosos pertencentes a insectos, etc. Realizado polos estudiantes Identificación das presas da curuxa Identificación de Roedores e Insectívoros baseada nos rasgos da dentición. Os alumnos realizan a comparación dos exemplares que atopan cos debuxos presentados nas fichas e toman decisións e negocian entre eles as conclusións. Realizado polos estudiantes Conclusións Realización da ficha entregada ao final da actividade, na que os estidiantes dan conta dos exemplares atopados e identificados, ademáis de contestar ás cuestións relacionadas co papel das aves de presa nocturnas no ecosistema e a incidencia que a súa presencia ten no noso agro. Realizado polos estudiantes A mostraxe de campo, consistente na recollida das egagrópilas de egagrópilas de curuxa (Tyto alba) e moucho (Athene noctua), pode ser realizada polo profesorado con anterioridade ou ben polos propios alumnos cando as condicións o permitan.

Emprégase unha técnica de estudio adaptada aos niveis de terceiro ciclo de Primaria ou primeiro ciclo da ESO, basada na técnica de disección de egagrópilas, e determinación dos restos que nelas aparecen, usada en estudios de diversas disciplinas da Bioloxía (véxase por exemplo, Cerviño Eiroa, 1973). Co fin de tentar facer máis fácil a tarefa, optamos por empregar o método de disección húmido, que pese a resultar máis engorroso que o método seco, esixe menor destreza manipulativa e permite obter os restos cun menor risco de ruptura. No esencial, esta técnica supón megullar en auga as egagrópilas e, cando comenzan a amolecer, desfanse con moito coidado sobre nuha placa Petri coa axuda de pinzas e agullas enmangadas, con tino de non romper os osos e demais restos atopados. A tenor do nivel cognitivo dos alumnos aos que orientamos a actividade e tendo en conta as dificultades que supoñen para eles as tarefas de clasificación formais (Shayer e Adey,1984), evitamos o uso de claves de identificación de especies, utilizando para o mesmo fin unhas fichas e láminas con información menos complexa que se describirán e reproducirán máis adiante. Prescindindo dos aspectos cuantitativos típicos dos tratamentos estatísticos que se utilizan habitualmente nos estudios de ecoloxía de poboacións, transformamos a tarefa nun estudo cualitativo e descriptivo, tomando nota do tipo de restos aparecidos e o seu número co fin de suliñar a diversidade de presas que pode ter a curuxa e poder facernos unha idea aproximada dos animais que poden cazar nunha noite. A partir desta traballamos na aula para tentar descubrir parte da vida que se desenvolve no entorno próximo, nos montes galegos. Para tentar que os alumnos expliciten as conclusións ás que chegaron, entregaselles unha ficha na que deben anotar os restos atopados e respostar ás cuestións relacionadas coa actividade. Do mesmo xeito, pretendemos que os conceptos que presentamos durante a actividade, e cuxas relacións fanse explícitas no mapa conceptual de referencia (figura 2), sexan incorporados ao seu discurso polos estudiantes, en diferente medida segundo o nivel de coñecementos de partida que sobre o tema teñen os estudiantes e o grado de abstracción, formalización e complexidade que presentan ditos conceptos así como as relacións propostas entre eles, especialmente as relacións establecidas entre diferentes liñas conceptuais que se mostran como relacións cruzadas no mapa conceptual.

Figura 2: Mapa conceptual de referencia para a actividade Os habitantes da noite. O caso das egagrópilas Durante o transcurso da realización da actividade introdúcense conceptos relativos á ecoloxía, hábitos e presas das rapaces nocturnas, precisando que debido a súa dieta, estas aves producen egagrópilas de forma e contido característicos, de xeito que poderemos atopar egagrópilas con restos de insectos, anfibios ou aves, ademáis de micromamíferos (para este fin ensínanselle como exemplo egagrópilas de moucho, Athene noctua). A partir do concepto de egagrópila tecemos as relacións entre os restos atopados e a caracterización, basada na dentición, das presas máis frecuentes das curuxas: Insectívoros e Roedores, incidindo nas súas particularidades e rasgos distintivos. O instrumental que se lles proporciona para a disección e estudo das mostras inclúe instrumentos e aparatos sinxelos que requiren un grao de habilidade manipulativa que xa deberían ter os alumnos e que non supoñen risco para os rapaces destas idades: - Pinzas, agullas enmangadas e lancetas para a disección e separación dos restos.

- Placas Petri de tamaño grande para agrupar os restos atopados (unha placa por cada dous alumnos). - Lupas binoculares de 20x aumentos con fonte de iluminación, para a observación das estructuras dentarias nas mandíbulas dos micromamíferos e apreciación dos caracteres distintivos de Roedores e Insectívoros. É preciso saber se os alumnos están habituados a utilizar este instrumento, debendo, en caso contrario, dar as indicacións precisas para o seu correcto manexo, xa que o seu uso por parte dos alumnos implica: saber colocar a mostra, axustar o campo visúal e manter a mostra dentro do mesmo, manipular e enfocar a mostra e identificar os rasgos distintivos dos restos a determinar. A documentación e material de consulta entregado aos alumnos durante a realización da actividade inclúe unha ficha introductoria da actividade e, se non se opta por que eles mesmos busquen a información necesaria, fichas explicativas que se elaboran como material de consulta para entregar a cada equipo de traballo. A ficha introductoria (figura 3) titulada Os habitantes da noite. O caso das egagrópilas, ten como finalidade contextualizar a realización da actividade. Figura 3: Os habitantes da noite. O caso das egagrópilas Os habitantes da noite. O caso das egagrópilas En moitas series de TV adoitan aparecer uns personaxes, os científicos forenses, que resolven os casos a partir dos restos e probas atopados na escena do crime. En base a ditos restos, chegan a conclusións que lles permiten reconstruir toda a secuencia de acontecementos. Na natureza, a existencia de moitos animais pasa totalmente desapercibida aos nosos ollos e de feito son moi poucos os animais que se deixan ver, aínda que se poñemos atención e contamos con un pouco de sorte podemos atopar pistas que delaten a sua presencia: pegadas no chan, plumas, sons, restos de comida, excrementos Igual que os C.S.I., nós imos tentar averiguar que sucede pola noite nos bosques galegos, fixándonos nun rastro en particular: as egagrópilas. Analizando o seu contido saberemos que animais desenvolven unha actividade nocturna e son presa habitual das curuxas. Que tipo de restos aparecen na egagrópila? Poderías dicir a que animais pertencen? Atoparemos o mesmo tipo de restos se analizamos as egagrópilas doutras aves, como por exemplo unha gaivota ou un merlo? Existe a crenza de que as rapaces nocturnas son paxaros de mal agoiro que anuncian cos seus berros a morte inminente dalgún veciño da redonda e que non reportan beneficio algún; sen embargo, á vista dos resultados obtidos trala disección das egagrópilas, crees que a presencia das curuxas pode resultar beneficiosa para o home? Por que?

A lámina Micromamíferos (figura 3) onde se ilustran as principais diferencias que permiten distinguir as mandíbulas de Roedores e Insectívoros. Esta lámina, elaborada pola investigadora, dividese en dúas partes onde se comparan os rasgos característicos de ambos tipos de mandíbulas, tanto en debuxos como verbalmente. Esta ficha está deseñada para identificar os restos que se espera que saian, eliminando deste xeito o ter que manipular a excesiva información que aportarían as claves e guías conveccionais. Nesta lámina, a partir do concepto central de micromamífero chégase ás opcións Roedores e Insectívoros, situados a sendos lados da lámina. Debaixo da etiqueta de cada categoría, cítanse algúns exemplos dos animáis máis coñecidos de cada grupo, para o que só se utiliza o nome común (Ex: ratos, esquíos, toupas ). Os exemplos van seguidos, en sentido vertical, dunha representación esquemática da mandíbula correspondente: trátase do debuxo dunha mandíbula inferior no que se sinalan os rasgos máis chamativos, como pode ser a ausencia de pezas dentais (diastema) en Roedores en contraste coa presencia de tódalas pezas dentais en Insectívoros. Figura 3: Lámina Micromamíferos As características identificativas de cada tipo de mandíbula volven suliñarse en tres ou

catro frases breves que resaltan os rasgos máis importantes: no caso de Roedores, a información verbal resalta como características a presencia de incisivos poderosos, non presentan caninos e a ausencia de pezas dentais ou diastema. No caso dos Insectívoros, as características resaltadas son pezas dentais de menor tamaño, dentes de aspecto aserrado, presentan caninos e non hai diastemas, polo tanto isto implica a presencia de tódalas pezas dentais. As láminas Insectívoros e Roedores (figura 4), elaboradas pola investigadora, onde se ilustran mediante debuxos de mandíbula inferiores e cráneos, dous exemplos representativos de cada grupo: Croccidura russula (Furaño común) e Sorex granarius (Furafollas ibérico) como representantes dos xéneros máis abundantes de Insectívoros e Apodemus sylvaticus (rato de campo) e Microtus agrestis (Trilladeira dos prados) como exemplos de Roedores, baseados ambos na información ofrecida na Guía de los mamíferos de la Península Ibérica de Purroy e Varela (2005). Estas fichas elabóranse co pretexto de representar a característica dentición de cúspides vermellas presente nalgúns furaños que son presa común das curuxas e en previsión da súa posible aparición entre os restos. Ao mesmo tempo, ofrécese nestas representacións algunha información a maiores da ofrecida coa ficha anterior referida a cada especie. Figura 4: Lamina Insectívoros e lámina Roedores.

A inclusión dos esquemas dentarios non presupón a súa utilización por parte dos alumnos, senón que se dispuso como información complementaria. Elaboráronse fichas descriptivas das principais rapaces nocturnas que poden atoparse en territorio galego. Trátase das descricións da Curuxa (Tyto alba), da Avelaiona (Strix aluco), do Bufo real (Bubo bubo), do Bufo pequeño(asio otus), do Moucho (Athene noctua) e do Moucho de orellas (Otus scops). Supoñen información complementaria da actividade e entregáronselle a tódolos alumnos para que puideran consultalas fóra da aula en caso de sentir curiosidade ou considerar necesario facelo no momento de levar a cabo a actividade ou incluso en posteriores ocasións, co fin de dar a coñecer un pouco as especies de rapaces nocturnas galegas. Deseñadas como fichas de identificación, incorporan unha ou dúas fotos representativas da morfoloxía do animal ou tamén do seu hábitat, e a información que ofrecen é sinxela e breve, incluíndo os rasgos ou caracteres máis chamativos que referidos á morfoloxía, hábitat, costumes, dieta e distribución; tentouse asimesmo prescindir de tecnicismos e datos innecesarios, sustituíndo por exemplo datos numéricos referidos ao porte, por comparacións con aves máis coñecidas polos rapaces. Así, por exemplo, en referencia ao moucho de orellas, Otus scops: é a rapaz nocturna de menor tamaño da península, aproximadamente como un merlo. Neste caso, a comparación co merlo, ave abundante en Galicia, facilita facerse unha idea do seu tamaño, en lugar de dicir que mide uns 11 cm de longo. Para a súa elaboración utilizouse información atopada en Internet e nas guías de identificación de aves consultadas. Como exemplo reprodúcese (figura 5) a ficha da avelaiona (Strix aluco). Empregouse ademais unha ficha coa descrición dos diferentes tipos de egagrópilas, extraída da obra El pájaro y su nido, de David Burnie (1994), que non se reproduce. Inclúe representación fotográfica con texto explicativo de egagrópilas de diferentes aves, tanto rapaces nocturnas e diurnas como exemplos menos coñecidos de córvidos, zancudas e túrdidos. Tamén ofrece en fotografía a seriación dos restos atopados na disección dunha egagrópila de avelaiona (Strix aluco). Tamen empregouse unha ficha extraída de Internet ( Cuidado que quema!, Web de Daniel Burón), con representacións en blanco e negro das egagrópilas características de cada especie de rapaz nocturna. Con esta lámina ofréceselles aos estidiantes información visúal sobre as diferencias de tamaño, forma e textura das egagrópilas das rapaces nocturnas, información que se ve complementada coa aportación real de egagrópilas de moucho (Athene noctua), que poden manipular e comparar coas de curuxa.

Figura 5: Fichas descriptivas Avelaiona (Strix aluco), unha das principais rapaces nocturnas que poden atoparse en territorio galego Avelaiona (Strix aluco). Castelán: Cárabo Descrición: de tamaño mediano, destaca nel a ancha e forte cabeza e os ollos moi grandes e negros. Ten as patas cubertas de plumas e a cor da plumaxe, aínda que variable, soe ser parda ou gris moteada. Hábitat: é un ave de bosque e campiña ben arbolada. Costumes: é unha especie estrictamente nocturna e moi territorial. Permanece inmóbil durante o día, pousada nas polas dás árbores ou dentro de vellos troncos, onde pasa desapercibida gracias á sua camuflaxe. Dieta: moito máis variada que outras aves nocturnas: as suas presas son fundamentalmente micromamíferos, pero tamén paxaros, lagartos, ras, vermes e grandes cantidades de insectos. Produce egagrópilas de cor gris e o seu tamaño varía en función das presas inxeridas. Esta actividade se ten implementado e analizado a súa realización en aulas de sexto de Primaria, amosando resultados satisfactorios. Agradecementos: Proyecto financiado polo MEC, con financiación parcial dos fondos FEDER, código SEJ2006-15589-C02-01/EDUC

Bibliografía BURNIE, D. (1994). El pájaro y su nido. Madrid: Altea CERVIÑO EIROA, A. (1973). Contribución al estudio de micromamíferos de Galicia por medio de egagrópilas de rapaces nocturnas Tesiña de licenciatura. Departamento de Zooloxía e Fisioloxía Animal. Universidade de Santiago de Compostela. DRIVER, R. (1986). Psicología cognoscitiva y esquemas conceptuales de los alumnos. Enseñanza de las Ciencias, 4 (1), pp. 3-15. HERRON, M. D. (1971) The nature of scientific inquiry. School Review, 79, pp. 141-212 HODSON, D. (1994) Hacia un enfoque más crítico del trabajo de laboratorio. Enseñanza de las Ciencias, 12(3), pp. 299-313. JIMÉNEZ ALEIXANDRE, M. P. (1998) Diseño curricular: indagación y razonamiento con el lenguaje de las ciencias. Enseñanza de las Ciencias, 16, pp. 203-216. PUJOL, R. M. (2003). Didáctica de las ciencias en la educación primaria. Madrid: Ed. Síntesis PURROY, F. J. e VARELA, J.M. (2005) Mamíferos de España : Península, Baleares y Canarias. Barcelona: Lynx/SEO/Birdlife SHAYER, M. e ADEY, P. (1984) La ciencia de enseñar ciencias. Madrid: Narcea VINCE, J. e TIBERGHIEN, A. (2002) Modeling in teaching and learning elementary physics. In: P. BRNA; M. BAKER; K. STENNING & A. TIBERGHIEN. The role of communication in learning to model. Mahwah, New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates WOOLNOUGH, B. E. e ALLSOP, T. (1985) Practical work in science. Cambridge: Cambridge University Press