Léxico e terminoloxía do galego

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Fonética e fonoloxía da língua galega

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Silencio! Estase a calcular

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo I ITINERARIO CURSO 1º CRÉDITOS ECTS 3

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Grao en Química. 1 o Curso FÍSICA II. Guía Docente

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Facultade de Fisioterapia

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

FACULTADE DE FILOLOXÍA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Curso Monográfico de Estudos Grecolatinos 1

1.7. Número de créditos / Credit allotment

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO I (JAZZ - PIANO)

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

1.9. Requisitos mínimos de asistencia a las sesiones presenciales / Minimum attendance requirement:

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Inferencia estatística

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

4º curso. DOCENTES: NOME E APELIDOS /TEL/WEB TITORÍA Luis Miguel Sobrevela Romaguera Martes 17:30 a 18:30

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

LaborHistórico. Lingüística Galega a contribución do Instituto da Lingua Galega. Volume 3 - Número 1 - jan./jun. 2017

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

UNIVERSIDADE DE VIGO. Faculdade de Filoloxía e Tradución e Interpretación PROXECTO DE FIN DE LICENCIATURA

Programación Proxecto empresarial

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Teorías contemporáneas da literatura e da cultura

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

UNIVERSIDADE DE VIGO. Faculdade de Filoloxía e Tradución e Interpretación PROXECTO DE FIN DE LICENCIATURA

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Fisioterapia Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 2 2c

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

1. ASIGNATURA / COURSE TITLE

Grao en Matemáticas TOPOLOXÍA XERAL

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

Problema 1. A neta de Lola

Guía docente. Cibercultura e Redes Sociais. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Modalidade presencial

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO B CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Introdución Requisitos técnicos para acceder ao curso O CMLA en liña Navegación polos contidos do curso...

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

Boloña. Unha nova folla de ruta

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

LINGUA INGLESA CURSO

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

COORDINACIÓN DO GRAO EN DEREITO

Programación Percusión

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Transcription:

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Léxico e terminoloxía do galego Ernesto Xosé González Seoane GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA AUTOR: Ernesto Xosé González Seoane Edición electrónica. 2017 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Denominación: Léxico e terminoloxía do galego Tipo de materia: Obrigatoria Código: G5051424 Titulacións: Grao en Lingua e Literatura Galegas Curso: 4º curso Semestre: 1º semestre Créditos: 6 créditos ECTS Lingua da docencia: Galego Horario semanal de clases: Sesións expositivas: venres de 12:00 a 14:00 (aula C05) Sesións interactivas: xoves de 12:00 a 13:00 (aula D06) Calendario de exames: Primeira oportunidade: 19 de xaneiro de 2018, 9:30 horas (aula C07) Segunda oportunidade: 27 de xuño de 2018, 9:30 horas (aula C07) PROFESORADO Profesores responsables: Ernesto Xosé González Seoane (despacho 221). ernestoxose.gonzalez@usc.es. Teléfono: 881 811 904. Horario de titorías: Xoves e venres de 9:00 a 12:00 1

SENTIDO DA MATERIA NA TITULACIÓN A materia Léxico e terminoloxía do galego (4º curso, 1º semestre) forma parte do módulo denominado "Gramática Galega" (24 créditos ECTS), conformado tamén polas materias Fonética e fonoloxía do galego (2º curso, 1º semestre), Morfoloxía do galego (3º curso, 2º semestre) e Sintaxe do galego (4º curso, 1º semestre), todas elas cunha carga de 6 créditos. As materias do módulo "Gramática Galega" son obrigatorias para os alumnos que cursan o Maior en LINGUA E LITERATURA GALEGAS, pero non se ofertan como Módulo Complementario nin como Optativo para estudantes doutras titulacións, de tal xeito que o alumnado que as cursa pertence sempre ao Grao en Lingua e Literatura Galegas. O obxectivo do módulo é afondar no coñecemento do sistema gramatical da lingua galega por medio da descrición avanzada dos seus diversos planos: fonético-fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e léxico. Como é deducible a partir da súa denominación, a materia Léxico e terminoloxía do galego aborda o plano léxico, e faino desde perspectivas diversas e complementarias: semántica léxica, lexicografía, estandarización e planificación do léxico, e terminoloxía. 2

OBXECTIVOS De acordo cos catro bloques temáticos que constitúen a materia, pódense sinalar outros tantos obxectivos xerais que, de súa vez, son realización do obxectivo máis xenérico de "adquirir unha visión global das características e do funcionamento do léxico e da terminoloxía do galego, así como da lexicografía e terminografía galegas": 1. Comprender o concepto "significado", as relacións de significado e os procesos de cambio semántico. 2. Coñecer as principais tarefas implícitas na elaboración da variedade estándar do galego no ámbito léxico. 3. Coñecer a estrutura e a tipoloxía dos dicionarios, así como os aspectos fundamentais da historia da lexicografía galega. 4. Coñecer as particularidades das unidades terminolóxicas así como do traballo terminolóxico e terminográfico, con especial atención ao desenvolvido sobre o galego. 3

CONTIDOS, LECTURAS, ACTIVIDADES E BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA BLOQUE I. SEMÁNTICA LÉXICA Contidos 1. A disciplina lingüística 1.1. A semántica fronte a outras disciplinas que estudan o significado. O obxecto de estudo da semántica 1.2. A semántica léxica, a semántica gramatical e a semántica composicional 2. O concepto de significado 2.1. A natureza conceptual do significado 2.2. O significado, o referente e o denotatum 2.3. O significado na Lingüística Estrutural 2.4. O significado na Lingüística Cognitiva. A teoría dos prototipos 3. As relacións de significado 3.1. As relacións semánticas paradigmáticas 3.1.1. A hiperonimia-hiponimia. O nivel básico de categorización 3.1.2. A holonimia-meronimia 3.1.3. A sinonimia. O significado conceptual e outras dimensións do significado 3.1.4. A oposición 3.1.5. As estruturas léxicas. As lagoas léxicas e as lagoas conceptuais 3.2. As relacións semánticas sintagmáticas 3.2.1. As posibilidades combinatorias das palabras 3.2.2. O concepto de colocación 4. O cambio semántico 4.1. Concepto e causas 4.2. Tipoloxía 4.2.1. As metáforas e as metonimias. A teoría cognitiva da metáfora e a metonimia 4

4.2.2. As etimoloxías populares 4.2.3. As elipses 5. A polisemia 5.1. A polisemia e a homonimia. Definición 5.2. Criterios para a delimitación entre polisemia e homonimia. A motivación Lectura obrigatoria Lakoff, George / Mark Johnson (1980): Metaphors We Live By. Chicago: University of Chicago Press (capítulos 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10 e 11). Tradución ao español: Metáforas de la vida cotidiana. Madrid: Cátedra, 1991 2 [1986], pp. 39-56 e 63-95. Traballo non-presencial I Neste traballo, os alumnos, de maneira individual, deberán resolver un cuestionario relacionado co papel xogado polos recursos figurativos (esencialmente a metáfora) na linguaxe e no pensamento humanos e particularmente no galego. Previamente, os alumnos deberán ler o texto que se menciona no punto precedente. Bibliografía recomendada Coseriu, E. (1981): Principios de semántica estructural. Madrid: Gredos, 2ª ed. Croft, W. / A. Cruse (2004): Cognitive Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press (Tradución ao español: Lingüística cognitiva. Madrid: Akal, 2008). De Miguel, E. (2009): Panorama de la lexicología. Barcelona. Ariel. Escandell Vidal, Mª Victoria (2007): Apuntes de semántica léxica. Madrid: UNED. Freixeiro Mato, X. R. (1999): Gramática da lingua galega III. Semántica. Vigo: A Nosa Terra. Hurford, James R. / Brendan Heasley / Michael B. Smith (2007 2 ): Semantics: a coursebook. Cambridge: Cambridge University Press. Kövecses, Z. (2010): Metaphor: a practical introduction. Oxford: Oxford University Press (2ª ed.). Lopes, A. C. Macário / G. Rio-Torto (2007): Semântica. Lisboa: Caminho. 5

BLOQUE II. LEXICOGRAFÍA Contidos 1. A lexicografía e as obras lexicográficas 1.1. A disciplina lingüística. A lexicografía teórica e a lexicografía práctica 1.2. O concepto de dicionario 1.3. Os tipos de dicionarios 2. A estrutura dos dicionarios de lingua 2.1. A macroestrutura 2.1.1. A lematización 2.1.2. Os criterios de ordenación e disposición das entradas. O tratamento da homonimia 2.1.3. A selección do léxico. Os criterios de selección e as fontes do lexicógrafo 2.2. A microestrutura 2.2.1. A información recollida no dicionario monolingüe e no dicionario bilingüe 2.2.2. A definición. Condicións para unha boa definición e tipos de definición 2.2.3. Criterios para a ordenación das acepcións 3. Panorama da lexicografía galega 3.1. Os primeiros dicionarios 3.2. Os dicionarios modernos Lecturas obrigatorias González Seoane, E. (2003): "A lexicografía galega moderna", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III: Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello da Cultura Galega, 165-227 [Consultable en liña en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/normalizacion_iii.pdf] Santamarina, A. (dir.) (2003 3 ): Introdución, Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, 2000. 6

Estas dúas lecturas están pensadas para que os alumnos preparen en horario nonpresencial o punto 3 deste bloque ( Panorama da lexicografía galega ). Traballo non-presencial II Neste traballo, os alumnos analizar o tratamento dun aspecto macro ou microestrutural nun ou en varios dicionarios. Bibliografía recomendada González Seoane, E. (2014): "La lexicografía gallega premoderna (1863-1985)", en F. Córdoba/E. González Seoane / D. Sánchez Palomino (eds.): Lexicografía de las lenguas románicas. I. Perspectiva histórica. Berlin: De Gruyter, 171-189. Haensch, Gunter et alii (1982): La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica. Madrid: Gredos. Medina Guerra, Antonia M. (coord.) (2003): Lexicografía española. Barcelona: Ariel. Porto Dapena, José-Álvaro (2002): Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco Libros. Santamarina, A. (dir.) (20033): Introdución, Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, 2000. 7

BLOQUE III. PLANIFICACIÓN E ESTANDARIZACIÓN DO LÉXICO Contidos 1. A marxinalidade e o contacto lingüístico. As súas repercusións sobre o léxico 1.1. O préstamo léxico 1.1.1. Tipos de préstamos desde o punto de vista da funcionalidade 1.1.2. Tipos de préstamos desde o punto de vista da forma 1.1.3. O castelán como lingua de interposición 1.2. A mediatización das escollas léxicas 1.3. O purismo e o diferencialismo 2. A estandarización do léxico 2.1. Variedade estándar e código normativo 2.2 A selección do léxico do código normativo 2.3. A innovación léxica e terminolóxica 2.2.1. A neoloxía de creación propia 2.2.2. O préstamo léxico: criterios de aceptabilidade. Lectura obrigatoria Santamarina, A. (2003): "O Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG). Criterios de elaboración", en M. Álvarez de la Granja / E. González Seoane (eds.): A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: ILG / CCG, 53-92 (accesible en liña en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/estandarizacion.pdf). Exposición Haberá unha sesión interactiva na que os alumnos deberán realizar unha exposición tras realizar a lectura arriba indicada. 8

Bibliografía recomendada Álvarez de la Granja, M. / E. González Seoane (2003): A estandarización do léxico. Santiago: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega (dispoñible en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/estandarizacion.pdf). Gómez Capuz, J. (1998): El préstamo lingüístico: conceptos, problemas y métodos. València : Universitat. Gómez Clemente, X. M. / A. Rodríguez Guerra (2003): Neoloxía e lingua galega: teoría e práctica. Vigo: Universidade. González Seoane, E. (1994): Variedade e empobrecemento do léxico, Cadernos de lingua 10, 89-102. (accesible en liña en http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/b34d7a0b-c312-417e- 8cf4-39ec50eb3d44) Kabatek, J. (2000): Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencias no galego actual. Vigo: Xerais. Santamarina, A. (2003). Vid. Lectura obrigatoria. 9

BLOQUE IV. TERMINOLOXÍA E TERMINOGRAFÍA Contidos 1. Terminoloxía, terminografía e unidade terminolóxica 1.1. As linguas de especialidade e as unidades terminolóxicas 1.2. Obxectivos e especifidades da terminoloxía fronte a outras disciplinas 1.3. Terminoloxía e terminografía 2. O traballo terminolóxico e terminográfico 2.1. Materiais e métodos de traballo 2.2. A terminoloxía sistemática e a terminoloxía puntual 2.3. Principais organismos e recursos para a terminoloxía 2.4. O traballo terminolóxico e terminográfico en Galicia Lectura obrigatoria Rodríguez Río, Xusto A. (2003): Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega (dispoñible en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/metod_terminoloxia.pdf). Exposición Haberá unha sesión interactiva na que os alumnos deberán realizar unha exposición tras a lectura do libro arriba indicado Titorías programadas Dedicarase unha hora de titorías programadas á resolución de dúbidas xurdidas tras a lectura da obra de Rodríguez Río e tras a preparación da exposición que deberán realizar na sesión interactiva. No momento de realizar esta titoría programada os alumnos deberán fornecerlle ao profesor un esquema da súa exposición, que será tido en conta na avaliación da actividade. 10

Bibliografía recomendada Barros, L. Almeida (2004): Curso básico de terminologia. São Paulo: EDUSP. Cabré, M. Teresa (1992): La terminologia: la teoria, els mètodes, les aplicacions. Barcelona: Editorial Empúries (trad. ao castelán La terminología. Teoría, metodología, aplicaciones. Barcelona: Antártida / Empúries, 1993). Finatto, M. J. B. / M. G. Krieger (2004): Introdução à terminologia: teoria e prática. São Paulo: Contexto. Galanes Santos, I. (2003): "A terminoloxía en Galicia", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III: Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello da Cultura Galega, 229-288. Pavel, S. et al. (2011): Tutorial Pavel de Terminología. Oficina de Traducións do Ministerio de Obras Públicas e Servizos Gubernamentais de Canadá [dispoñible en http://www.btb.termiumplus.gc.ca/didacticiel-tutorial/lecon-lesson-1/indexspa.html (última actualización 06 / 06 / 2011)] Rodríguez Río, Xusto A. (2003). Vid. Lectura obrigatoria. 11

METODOLOXÍA DO ENSINO O proceso de ensino / aprendizaxe vehicularase a través das seguintes vías: Sesións expositivas.- O profesor introducirá conceptos e saberes relacionados coa temática da materia. Aínda que se procurará, mediante a participación do alumnado, que as clases teñan sempre unha dimensión interactiva (as explicacións apoiaranse con frecuencia na lectura e comentario de textos, na realización de pequenos exercicios...), será o profesor o que teña un peso máis importante, cuantitativa e cualitativamente, na presentación da información. Sesións de seminario.- Utilizaranse para traballar de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas, para solucionar dúbidas e fixar coñecementos, así como para introducir de maneira práctica algúns conceptos do programa. Serán desta volta os estudantes os que desempeñen o papel preponderante á hora de presentar / extraer a información. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo, empregando técnicas grupais, individuais e cooperativas e sempre baixo a supervisión do profesor. Algúns dos materiais de traballo atoparanse dispoñibles nas aulas virtuais. Titorías en grupo.- Como o resto das actividades, serán de asistencia obrigatoria. Estarán destinadas a preparar e facer un seguimento dalgúns dos traballos e lecturas obrigatorias que debe realizar o estudante. Actividades de curso: Trátase de exposicións realizadas polos estudantes nas aulas interactivas, así como de exercicios, traballos ou comentarios que serán recollidos polo profesor. Algúns destes terán parcialmente carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen, mentres que outros se desenvolverán exclusivamente nas sesións interactivas. Lecturas: Ao longo do curso o profesor encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais. Estas lecturas serán precisas para a realización de traballos, para a realización de exposicións ou simplemente para a adquisición de contidos incluídos no programa da materia. 12

AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE A avaliación da consecución das competencias realizarase a partir dos seguintes ítems: 1. SISTEMA PRESENCIAL OPORTUNIDADE ORDINARIA (XANEIRO) Actividades do curso (40% da cualificación global): ao longo do curso, os profesores cualificarán diversos traballos, exposicións e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo. Valorarase a calidade dos contidos presentados e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño, a corrección lingü.stica e a presentación (formato, redacción ou claridade expositiva...). Dos 4 puntos atribuídos a este apartado, 2 corresponden a dous traballos non presenciais (1 punto cada traballo). O resto da nota obterase calculando a media dos exercicios e exposicións realizados na clase. En todos os traballos entregados que requiran un mínimo de desenvolvemento escrito, reservarase 1 punto (sobre 10) para avaliar aspectos de redacción e, de ser o caso, de formato. A este último respecto, estará depositado na plataforma virtual un documento con indicacións sobre o estilo apropiado para un traballo académico escrito (presentación de bibliografía, formas de citar...). Os estudantes que non presenten ou realicen estas actividades no día ou prazo indicado polos profesores serán cualificados cun 0, agás que documenten unha causa xustificada. Nesta última circunstancia, marcarase, de ser o caso, un novo prazo. Exame escrito dos contidos da materia (60% da cualificación global): realizarase un exame escrito na data oficial indicada no calendario. Valorarase o dominio dos contidos teórico-prácticos, pero tamén do código normativo e da coherencia e cohesión textual. Cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 4 no exame para superar a materia. Para poder presentarse a este exame, é requisito imprescindible ter presentados os dous traballos non-presenciais e cando menos ter cualificacións nun 50% das outras actividades avaliadas. 13

o Asistencia e participación: farase unha valoración cuantitativa e cualitativa da participación e intervencións dos alumnos nas clases (comentarios, dúbidas, preguntas, respostas...). Os estudantes que destaquen neste ítem poderán beneficiarse dun incremento de como máximo o 10% da nota obtida entre probas e actividades de curso. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (XULLO): Actividades do curso (40% da cualificación global): o estudante poderá decidir que actividades vai repetir (ou realizar de novo, no caso de que non o fixera previamente) de entre aquelas nas que obtivo unha cualificación inferior a 5 (ou non obtivo cualificación ningunha). Todas as actividades terán que ser realizadas por escrito e deberán ser entregadas o día do exame oficial. As actividades que non se entreguen este día serán valoradas coa mesma nota obtida na primeira oportunidade. A porcentaxe de valoración de cada un dos traballos coincide co indicado para a oportunidade de xaneiro. Exame escrito dos contidos da materia (60% da cualificación global): deberán presentarse aqueles estudantes que non obtiveron un 4 na oportunidade de xaneiro. De novo, é preciso obter un mínimo de 4 para alcanzar o aprobado global. Os estudantes suspensos na materia que non se presenten a este exame serán cualificados neste ítem coa mesma nota que alcanzaron na primeira oportunidade. Para poder realizar o exame, é requisito imprescindible ter presentados ou presentar ese mesmo día os dous traballos non presenciais e cando menos ter cualificacións nun 50% das outras actividades avaliadas (ou presentalas ese día). Asistencia e participación nas clases: é aplicable o indicado para a primeira oportunidade. 2. SISTEMA NON-PRESENCIAL Os estudantes que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da Xunta de Facultade e a acrediten debidamente (tamén os estudantes repetidores que así o desexen ou aqueles que non poidan asistir a clase por razóns debidamente xustificadas sobrevidas ao longo do curso) rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na oportunidade de xaneiro como na de xullo: Exame escrito dos contidos da materia (70% da cualificación global): no exame escrito os parámetros de valoración coinciden cos indicados para os estudantes que 14

asisten ás clases. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia. Para poder presentarse a este exame, é requisito imprescindible a presentación das actividades a que se fai referencia no seguinte ítem. Actividades (30% da cualificación global): os estudantes que opten por este sistema extraordinario deberán concertar unha cita cos profesores antes do 30 de outubro para que estes lles indiquen os traballos que deben realizar, así como os prazos de entrega. Os parámetros xerais de valoración do exame e das actividades coinciden cos indicados para os estudantes que asisten ás clases. OBSERVACIÓNS 1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, os estudantes que conten con tres ou máis cualificacións non serán avaliados como Non-Presentados, independentemente de que non asistan ao exame final. Isto tamén é aplicable aos estudantes que seguen un sistema non-presencial e teñan entregados tres ou máis dos traballos requiridos. 2. Para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o dominio do código normativo. Daquela, na cualificación tanto dos exames como dos traballos e exposicións repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico...). 3. No caso de que os estudantes superen algunhas das partes da materia obxecto de avaliación (asistencia e participación / actividades de curso), pero obteñan no exame escrito unha cualificación inferior a 4, é posible que o resultado numérico que se obteña ao sumar a cualificación das distintas partes sexa igual ou superior a 5. Non obstante, dado que para superar a materia é requisito imprescindible obter un mínimo de 4 no exame, o estudante non terá aprobada a materia. En tales casos, a nota que se asignará na acta correspondente será 4,9. 15

CALENDARIO XERAL DE ACTIVIDADES (SESIÓNS EXPOSITIVAS E INTERACTIVAS) reviaacividades formativas con su contenimno 14 de set. 15 de set. 21 de set. 22 de set. 28 de set. Semántica Semántica Semántica Semántica Semántica 29 de set. 5 de out. 6 de out. 13 de out. 19 de out. Semántica Semántica Semántica Semántica Lexicografía 20 de out. 26 de out. 27 de out. 2 de nov.. 3 de nov. Lexicografía Lexicografía Lexicografía Lexicografía Lexicografía 9 de nov. 10 de nov. 16 de nov. 17 de nov. 23 de nov. Lexicografía Lexicografía Planificación Planificación Planificación 24 de nov. 30 de nov. 1 de dec. 7 de dec. 14 de dec. Planificación Planificación Planificación Terminoloxía Terminoloxía 15 de dec. Terminoloxía 16

DISTRIBUCIÓN DO TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL HORAS PRESENCIAIS Sesións expositivas: 32 Sesións interactivas: 16 Titorías programadas: 3 Sesións de avaliación: 3 TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 54 HORAS NON PRESENCIAIS Lecturas: 15 Preparación directa de contidos: 47 Preparación de traballos, exposicións e exercicios: 34 TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 96 TOTAL HORAS: 150 17