Territorios a examen III. Territorios a exame III

Similar documents
O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Silencio! Estase a calcular

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Facultade de Fisioterapia

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

Problema 1. A neta de Lola

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

FASE II: TRABALLO DE CAMPO

Sede Electrónica Concello de Cangas

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Implantación dunha tenda online: venda de produtos de artesanía

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

O sector lácteo en Galicia: especialización, crise e reestructuración do sector.

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Grao de urbanización 2016 (GU 2016)

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

ESTADO DAS AUGAS FLUVIAIS EN ZONAS GANDEIRAS DE VACÚN DE LEITE EN GALICIA. NIVEIS DE NITRATOS E FÓSFORO

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

Pedestrian survey and analysis of Rock Art in San Cristovo de Cea (Ourense): a G.I.S. approach

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

plan estratéxico 2016 >> 2020

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Programación Proxecto empresarial

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Análise do sector da pesca

Educación e linguas en Galicia

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC)

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

CAMBIO ESTRUCTURAL E EFICIENCIA PRODUCTIVA DA ECONOMÍA GALEGA

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

AUDITORÍA, COMITÉS DE AUDITORÍA E NEUTRALIDADE NA INFORMACIÓN NARRATIVA

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

Arte rupestre galaica: unha achega dende a estatística espacial e os SIX

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Inferencia estatística

Revista Galega de Economía Vol (2015)

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

2009 Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

O TURISMO SOSTIBLE COMO EXTERNALIDADE NEGATIVA DAS POLÍTICAS PÚBLICAS NO MEDIO RURAL

DESPOBOAMENTO E AVELLENTAMENTO: GALICIA CARA AO ANO 2020

GUIDELINES FOR SUBMITTING PAPERS TO REVISTA DE TRABAJO SOCIAL (RTS)

Como atopar artigos de Arquitectura

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

Transcription:

Territorios a examen III Territorios a exame III

CURSOS E CONGRESOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Nº 233

Territorios a examen III Análisis comparado de la gestión territorial Territorios a exame III Análise comparada da xestión territorial Edición a cargo de URBANO FRA PALEO FRANCISCO JAVIER LÓPEZ GONZÁLEZ Presentación de INÉS SANTÉ RIVEIRA 2016 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Territorios a exame III : análise comparada da xestión territorial / edición a cargo de Urbano Fra Paleo, Francisco Javier López González. Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2016 327 p. : il. ; 24 cm. (Cursos e congresos da Universidade de Santiago de Compostela ; 233) D.L. C 300-2016. ISBN: 978-84-16533-61-9 1. Ordenación do territorio 2. Urbanismo 3. Solo, Utilización do I. Fra Paleo, Urbano, 1961-, ed. lit. II López González, Francisco Javier, ed. lit. III. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed. 504 630*6:711.14 711.14 Universidade de Santiago de Compostela, 2016 Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Campus Vida 15782 Santiago de Compostela http://www.usc.es/publicacions Imprime Librería Troll Dep. Legal C 300-2016 ISBN 978-84-16533-61-9

Índice Prólogo 7 Presentación Inés Santé Riveira 9 PLANEAMENTO E XESTIÓN URBANÍSTICA Entre el amanecer y el atardecer. Gestión urbanística en Salamanca y Lugo Kristel Rodríguez, José María Tubío y Rafael Crecente La ordenación del territorio en Asturias y Galicia. Por qué la divergencia? Beatriz Suárez Sánchez, José María Tubío Sánchez y Rafael Crecente Maseda Quién se beneficia del crecimiento urbano? Málaga y A Coruña en los años del boom inmobiliario Rocío J. Domínguez Gómez, Jose María Tubío Sánchez y Rafael Crecente Maseda Análisis y validación de OpenRULES como herramienta de apoyo en la planificación de usos de suelo en el Ecuador. Aplicación en el Cantón La Troncal, Provincia del Cañar Natalia Pacurucu Cáceres, Andrés García e Inés Santé Análisis de los obstáculos institucionales para el desarrollo de la agricultura urbana en la ciudad de Lugo 15 31 53 71 101 Ana Salgueiro Aquinoy Andrés Manuel García Lamparte XESTIÓN DE TERRAS E CAMBIOS DE USO Movilidad de tierras en Galicia. Estudio de dinámicas de uso del suelo en transacciones de compra-centa de parcelas Luis Díaz Castro, Eduardo Corbelle Rico y Francisco J. Onega López Demanda e oferta de terras nas explotacións gandeiras: quen dá máis? Estudo de caso nos concellos de Castroverde e Baleira (Lugo) David Vila García, Eduardo Corbelle Rico e Francisco José Ónega López 127 143

Recuperar a terra esquecida: Identificación de terras abandonadas con potencial produtivo en Galicia Manuel Carballal Fernández, Eduardo Corbelle Rico e Francisco Ónega López 165 CONFLITOS AMBIENTAIS E XESTIÓN DE RISCOS Estudio del incendio de O Barco de Valdeorras de agosto de 2012 Estela Paradelo Fernández y Urbano Fra.Paleo Geometría de las coladas de la erupción del volcán Teneguía (La Palma) de 1971 Jorge Peña López y Urbano Fra.Paleo Morfología interpretativa de alta resolución usando datos LiDAR en la cuenca hidrográfica del río Paute en Ecuador Chester Sellers, Eduardo Corbelle, Sandra Buján y David Miranda 179 205 225 El conflicto socioambiental en la laguna A Frouxeira 259 Natalia Cosmo da Silva y Urbano Fra.Paleo PAISAXE E RURALIDADE Elección e aplicación de variables para unha posible caracterización rural dos concellos da provincia de Ourense Javier Feijoo Cortizo e Francisco Javier López González A xestión das paisaxes culturais. O caso dos Camiños de Santiago Eliska Farkova, Juan Mario Crecente Maseda, Rafael Crecente Maseda, Francisco Javier López González e José María Tubío Sánchez 285 307

Prólogo Continuando coa labor iniciada hai algún anos de difundir os traballos realizados polo alumnado ao finalizar os estudos do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela, presentase unha nova entrega que recolle nos distintos capítulos os resultados máis relevantes dos mellores traballos fin de máster (TFM) defendidos nos cursos 2012-2013 e 2013-2014. Anteriormente, editáronse dous volumes co título xenérico de Territorios a exame, un no ano 2012 co subtítulo Traballos de Ordenación Territorial, recollendo os mellores TFM do curso 2010-2011, e outro no ano 2013 co subtítulo Interpretando os procesos de cambio, cos do curso 2011-2012. Nesta ocasión, combínanse dous cursos nun mesmo libro con catorce capítulos, correspondentes a outros tantos traballos fin de máster e agrupados en catro apartados atendendo á temática tratada en cada caso: planeamento e xestión urbanística, xestión de terras e cambios de uso, conflitos ambientais e xestión de riscos, e paisaxe e ruralidade. Responde esta estrutura aos contidos académicos do Máster e son mostra do coñecemento que se transmite. A traslación das ideas e coñecementos adquiridos á práctica profesional e á vida cotiá, é unha constante e un dos sinais de identidade do Masterterra, como xa se ten manifestado nas anteriores edicións, e por iso apostamos por que estes traballos, recollidos como capítulos deste libro, saian á luz unha vez máis. Sen dúbida, estes traballos recollen o esforzo de todos, do profesorado da USC e do profesorado visitante, dos expertos invitados, e, por suposto, do alumnado que se interesa por estes contidos ano tras ano. E seguiremos en novas edicións con este labor de transmisión do coñecemento sobre a terra e o territorio, reflictido nese esforzo de interpretación, revisión, colaboración, intercambio de experiencias e emprego de metodoloxías aprendidas que recolle este Máster. Como se apuntaba nunha das publicacións anteriores, a terra é o elemento aglutinador das dimensións sociais, ambientais, económicas e tecnolóxicas do territorio, sendo éste o obxecto de planificación. Esta idea aflora tamén nesta obra, coa pretensión de que se manteña nas futuras edicións do Masterterra. Urbano Fra Paleo Fco. Javier López González Coordinadores da edición 7

Recuperar a terra esquecida: identificación de terras abandonadas con potencial produtivo en Galicia. Manuel Carballal Fernández 22,a, Eduardo Corbelle Rico b, Francisco Ónega López b a Grupo de Assentamentos, Departamento de Economia Rural, Universidade Federal de Viçosa b Laboratorio do Territorio (LaboraTe), Universidade de Santiago de Compostela Resumo O tamaño das explotacións agrarias en Galicia é considerablemente inferior á media europea, o que con frecuencia supón unha eiva para a súa competitividade no contexto europeo. Un caso particular neste sentido é o das explotacións de produción de leite, moitas das cales aumentaron o tamaño da súa cabana sen un aumento acorde da superficie xestionada, e acusan como consecuencia unha excesiva dependencia de fontes externas para a alimentación dos seus animais. Ao mesmo tempo, existen en Galicia case un millón de hectáreas cubertas por mato de diferentes tipos, das que boa parte foron obxecto de utilización máis ou menos intensiva no pasado recente. É neste contexto no que se sitúa este traballo, que pretende responder á pregunta "existen áreas do territorio galego que poidan ser postas en produción en condicións satisfactorias para as explotacións actuais? E de ser así, onde se localizan?". O traballo está enfocado, polo tanto, á localización das áreas do territorio galego que se atopan actualmente en estado de abandono desde o punto de vista produtivo, e que cumpren cos requisitos teóricos do sector de vacún de leite. Estes inclúen unha produtividade mínima para o cultivo de millo forraxeiro, unha superficie contigua mínima, e unha distancia máxima desde as principais áreas de produción na actualidade. Con estas condicións, neste traballo lévase a cabo unha análise de localizacións posibles a través do sistema de información xeográfica libre GRASS. O resultado permite coñecer a localización das áreas que cumpren diferentes versións dos requisitos mencionados, e esperamos que sirva como primeiro paso no camiño de asegurar a viabilidade futura do sector agrario en Galicia. 1.Introdución O tamaño medio das explotacións do sector agrario galego é, con carácter xeral e especialmente no subsector de produción de leite, inferior ao das súas equivalentes do resto de España ou outros países da Europa 22 e-mail: wmanumanu@gmail.com 165

occidental. Isto non foi obstáculo para que durante o pasado recente a cabana gandeira aumentase de xeito apreciable. Se ben no mesmo período a superficie agrícola utilizada media da explotación aumentou, fíxoo fundamentalmente como consecuencia da desaparición das explotacións máis pequenas, e en todo caso, non ao mesmo ritmo que o número de animais. Isto resultou nun incremento progresivo da cargas gandeira media e, como consecuencia, nunha crecente dependencia respecto de insumos externos para a alimentación do gando (Sineiro et al., 2012). Dispoñer de máis terra para a produción de pasto ou forraxe, de xeito que permita reducir a dependencia dun mercado con prezos á alza, é cada vez máis unha estratexia necesaria para a viabilidade do sector. Ao mesmo tempo, a superficie agrícola utilizada diminuíu en Galicia nun 15% no período 1985-2005, polo que existen na actualidade arredor de 100.000 ha de mato que tiveron algún uso agrícola ou gandeiro no pasado recente (Corbelle e Crecente, 2014). É neste contexto no que un grupo de organizacións relacionadas co sector agrario en Galicia decidiron iniciar en 2013 o proxecto MobilízaTe, que ten como obxectivo a mobilización produtiva de superficies potencialmente aproveitables por explotacións agrarias existentes ou de nova creación. O alcance do proxecto, que aínda se atopa nunha fase de definición, vai máis aló do problema da viabilidade das explotacións, e ten implicacións para o mantemento do tecido social e produtivo nas áreas de interior de Galicia, ou para a redución do risco de incendios forestais. As organizacións integrantes do proxecto ao momento de escribir este traballo son a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (a través do Banco de Terras de Galicia), as cooperativas Irmandiños (Ribadeo), COOGASAR (Sarria), CAP Coruña (A Coruña), MELISANTO (Melide) e SERAGRO (Ames), as explotacións gandeiras Herdanza S.L. (Mesía) e Finca a Devesa S.L. (Ponteceso), Caixa Rural e o grupo de investigación Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de Santiago de Compostela. 2. Obxectivos Este traballo supón unha primeira aproximación ao problema da identificación de áreas abandonadas do territorio galego que puideran ser atractivas para o sector de vacún de leite desde o punto de vista produtivo. En particular, trátase de identificar, se existen, a localización xeográfica e contía das áreas actualmente non utilizadas polo sector agrario que cumpran os requisitos establecidos polos participantes do proxecto MobilízaTe: 166

Unha produtividade de millo superior a 9 toneladas de materia seca por hectárea e ano. Unha superficie mínima continua de 2 hectáreas (se ben 1 ha podería ser aceptable). Unha superficie mínima acumulada, nun radio de 2 quilómetros, de 50 hectáreas. Unha distancia máxima desde as explotacións participantes no proxecto de 150 quilómetros. No contexto deste traballo, interpretamos como terra non utilizada aquela que está cuberta por mato na actualidade. 3. Materiais As fontes cartográficas empregadas neste traballo consistiron no Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia escala 1:200.000 (Díaz- Fierros e Gil, 1984), e o Mapa de Cultivos e Aproveitamentos (escala 1:50.000) na súa edición de 2000-2010, publicado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. En particular, o Mapa de Capacidade Produtiva foi utilizado na súa versión dixitalizada polo Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela (Sarmiento e Corbelle, 2009). As ferramentas de análise espacial empregadas incluíron os sistemas de información xeográfica libres GRASS (GRASS Development Team, 2014), e QGIS (QGIS Development Team, 2014). 4. Métodos O proceso seguido para identificar as áreas do territorio de Galicia que cumprían cos requisitos de produtividade, área mínima contigua, área mínima (non necesariamente contigua) nun radio determinado, e distancia, establecidos polos socios do proxecto MobilízaTe, é un exercicio clásico de determinación da localización óptima, e neste sentido constitúe unha forma simple de sistema de axuda á decisión espacial (Makowski e Wierzbicki, 2000). O procedemento seguido utiliza expresións simples de lóxica booleana, de xeito que as áreas finalmente identificadas son aquelas que cumpren de xeito separado os catro criterios mencionados. A totalidade das operacións de análise espacial foron realizadas nun modelo de datos ráster con tamaño de cela de 50 metros, como compromiso entre un nivel de detalle aceptable para unha análise que ten a totalidade de Galicia (29.700 km²) como área de traballo e un 167

volume de datos (arredor de 12 millóns de celas en total) que permitise certa axilidade e rapidez cunha computadora convencional. Neste apartado detallamos o proceso seguido ata chegar ao mapa final, dividíndoo en catro fases: a determinación das áreas que cumpren o criterio de produtividade, a comparación destas coa información sobre uso actual da terra, a comparación cos criterios de superficie mínima contigua e superficie mínima nunha área determinada, e a combinación de toda a información no mapa final. 4.1. Aptitude da terra para millo Para determinar a capacidade produtiva da terra recorremos ao mapa de Díaz-Fierros e Gil (1984). O mapa orixinal contempla unha serie de categorías complexas que resultan de considerar diferentes aspectos que inflúen na capacidade de produción do solo, relacionados con características edáficas dificilmente modificables (profundidade, textura, pedregosidade, reserva de auga...), aspectos climáticos, de fertilidade, e de posibles toxicidades, o que resulta nun código de dúas letras e dous números para cada clase de solo de difícil aplicación na práctica. En previsión desta dificultade, os autores incluíron na publicación orixinal unha interpretación das diferentes clases en termos de aptitude para tres tipos de produción (millo, prados e piñeiro), segundo as recomendacións da Organización para a Agricultura e a Alimentación das Nacións Unidas (FAO, 1976). Seguindo estas recomendacións, estableceron unha equivalencia entre cada clase orixinal do mapa e 5 categorías de aptitude que van desde as máis aptas (A1, A2), ás marxinais (A3) e as non aptas para o cultivo de que se trate (N1 e N2). Neste traballo empregamos a estimación de aptitude para millo (Figura 1). De acordo coa publicación orixinal, estas corresponden aproximadamente a 12-13,6 Tm/ha-ano (A1), 9-10,2 Tm/ha-ano (A2) e 6-6,8 Tm/ha-ano (A3). De acordo cos valores de produtividade indicados, as áreas que cumprirían cos requisitos deste proxecto serían as correspondentes ás dúas primeiras categorías de aptitude (A1 e A2), que supoñen arredor de 566.000 ha en Galicia. De tódolos xeitos, e aínda que a categoría A3 (que supón arredor de 481.000 ha) non cumpra cos requisitos, decidiuse incluíla na análise de forma independente, para ampliar a información resultante do traballo con información que podería chegar a ser de interese para os integrantes do proxecto, sobre todo para aquelas superficies que se encontren máis próximas ás explotacións. 168

Figura 1. Aptitude da terra para a produción de millo en Galicia. Fonte: Elaboración propia a partir de Díaz-Fierros e Gil, 1984. 4.2. Terra potencialmente utilizable O obxectivo deste segundo paso é a identificación da terra que non é obxecto de utilización no momento actual e que podería ser incorporada á produción agraria, asimilándoa (sabedores da simplificación da realidade que implica) ás áreas clasificadas como mato no Mapa de Cultivos e Aproveitamentos (917.873 ha). 4.3. Criterios de área Os requisitos de área mínima establecidos nos obxectivos deste traballo corresponden en realidade a dous tipos diferenciados: o tamaño da mancha continua de terra que cumpre coa aptitude para millo establecida e presenta unha cuberta de mato no momento presente (a mancha considérase de interese se supera as 2 ha); e por outra parte o requisito de que sexa posible identificar unha ou varias manchas independentes que sumen non menos de 50 ha nun radio de 2 km. O primeiro dos requisitos é facilmente acadable pola vía de realizar unha consulta de selección daquelas manchas que, cumprindo os criterios de aptitude e cuberta actual, igualen ou superen as 2 ha de superficie. Unha vez realizada esta 169

operación, o segundo criterio correspóndese cun cálculo da densidade local de manchas de 2 ha ou máis superficie, nun radio de 2 km, que pode ser realizado mediante un filtro de suma que empregue unha matriz cadrada de 81 píxeles de lado (81 píxeles * 50 m/píxel = 4050 m). O filtro aplicouse sobre un mapa reclasificado no que os píxeles que cumprían tódolos requisitos anteriores recibiron o valor 1, e o resto, o valor 0. As áreas que cumprirían o requisito de concentrar 50 ha en 2 km de radio serían as que presentasen valores resultantes do filtrado iguais ou maiores a 200 (50 ha * 10.000 m²/ha / 2500 m²/píxel = 200 píxeles). O proceso tamén se realizou relaxando os criterios de produtividade, o que na práctica supuxo ter en conta as áreas con clase A3 de aptitude para millo. 4.4. Distancia ás explotacións e mapa final A distancia ata as explotacións e cooperativas integrantes do proxecto MobilízaTe foi calculada como distancia euclídea, empregando unha área de influencia no espazo ráster de 150 km de radio a partir dos puntos onde aquelas se localizan. Adicionalmente, calculáronse tamén áreas de influencia de 50 e 100 km de radio. Figura 2. Áreas que cumpren tódolos requisitos do proxecto. Fonte: Elaboración propia. A lenda indica a área identificada nun radio de 2 km 170

A información resultante do proceso inclúe a identificación das áreas que cumprirían estritamente os criterios establecidos no inicio, e mapas con información adicional sobre áreas de menor produtividade que a proposta, ou situadas a menor distancia da requirida. 5. Resultados O resultado da metodoloxía descrita obtivéronse diferentes mapas, sobre os que se realizaron consultas que achegan información relevante sobre a localización, contía, e características das áreas identificadas como potencialmente utilizables para o sector de vacún de leite. A superficie de terra ocupada por cubertas de mato e que cumpre coa produtividade esixida (9 Tm/ha-ano de millo) sitúase arredor das 46.129 ha para a totalidade de Galicia. A superficie de terra que ocupada por mato con produtividade menor de 9 pero maior de 6 Tm/ha-ano suporía unhas 67.526 ha adicionais. Figura 3. Áreas que cumprirían con tódolos criterios establecidos agás coa capacidade produtiva. Fonte: Elaboración propia. A lenda indica a área identificada nun radio de 2 km. A produtividade destas áreas estaría entre as 6 e 9 Tm/ha-ano A incorporación de criterios de área mínima continua (2 ha) e área mínima de 50 ha nun radio de 2 km supón reducir a superficie elixible 171

(dados os obxectivos iniciais do proxecto) a 33.596 ha (Figura 2). Á inversa, as áreas que cumpren os requisitos de superficie continua e superficie no radio de 2 km pero terían unha produtividade inferior a 9 Tm/ha-ano, suporían 54.111 ha (Figura 3). Por outro lado, a distancia de 150 km ata as explotacións ou cooperativas participantes no proxecto é un límite máximo, pero a área que cumpre coas condicións establecidas e está situada a menos distancia non é desprezable (Táboa 1): ata 25.348 ha estarían situadas a menos de 50 km. Táboa 1. Superficie de terra en función da distancia aos puntos de orixe. Produtividade do millo Superficie (ha) que cumpre as condicións do proxecto 0-50 km 50-100 km 100-150 km > 9 Tm/ha-ano 25.348 32.885 33.596 6-9 Tm/ha-ano 36.178 50.993 54.111 Táboa 2. Superficie e produtividade estimada nun radio de 50, 100 e 150 km. A unha distancia ao punto de orixe de 50 km Categoría da terra Produtividade (Tm/ha-ano) Superficie (ha) Mínima Máxima A1&A2 25.348 240.771 272.874 A3 36.178 217.069 246.012 A unha distancia ao punto de orixe de 100 km Categoría da terra Produtividade (T/m.s x ha) Superficie (ha) Mínima Máxima A1&A2 32.885 310.576 351.986 A3 50.993 305.961 346.755 A unha distancia ao punto de orixe de 150 Km Categoría da terra Produtividade (T/m.s x ha) Superficie (ha) Mínima Máxima A1&A2 33.596 317.216 359.511 A3 54.111 324.666 367.954 172

Unha vez coñecidos o valor numéricos das diferentes áreas identificadas como potencialmente utilizables para o sector de vacún de leite, calculouse a estimación da produtividade de millo. Os resultados pódense observar na Táboa 2. Comprobando os datos da Táboa 2, pódese afirmar que o incremento da produción de 100 a 150 km, é pequeno en relación ao total da produtividade total estimada. 6. Discusión Os resultados deste traballo, tanto no referente á localización como á superficie total das áreas identificadas, deben ser tomados como valores de partida, como resultado dunha primeira aproximación ao problema para traballos posteriores. Son varios os motivos que poden afectar á calidade das estimacións realizadas, e que polo tanto aconsellan non realizar unha interpretación dos resultados demasiado confiada. O primeiro e obvio é o relativo á calidade das fontes cartográficas empregadas no traballo, ben sexa por aspectos de calidade xeométrica ou temática. Isto é particularmente aplicable ao mapa de capacidade produtiva, non só polo feito de que a escala de publicación sexa a menos detallada das fontes empregadas neste traballo, ou polo feito de tratarse dunha cartografía realizada moito antes da era dixital, senón tamén debido ao proceso de dixitalización ao que foi sometido posteriormente e que permitiu a súa incorporación a este proxecto. Polo contrario, a calidade do mapa de cultivos e aproveitamentos é probablemente moi superior, debido á súa maior escala e á súa elaboración integramente en formato dixital, pero iso non supón que estea exento de erros. Un exemplo da influencia destes factores pódese observar nas Figuras 4 e 5. A Figura 4 mostra un recorte da ortofotografía aérea do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) 2010-2011, sobre o que se presentan sombreadas, nun ton máis escuro, as superficies de terra que cumpren con tódolos requisitos. Como se pode observar, dentro desa zona sombreada inclúense diferentes tipos de cuberta actual, entre elas varias estradas. A Figura 5 é similar a Figura 4 pero mostra aquelas superficies de terra que cumpren con tódolos requisitos excepto a produtividade. Pódese observar a presenza de estradas e na parte superior,tamén unha lámina de auga. 173

Figura 4. Superficie que cumpre tódolos requisitos sobre ortofoto PNOA 20102011 Galicia. Fonte: Elaboración propia Figura 5. Superficie que cumpre tódolos requisitos excepto a produtividade, sobre ortofoto PNOA 2010-2011. Fonte: Elaboración propia 174

7. Conclusiones Tras tódalas operacións realizadas, obtívose un mapa coas superficies de terra que cumprían con tódolos criterios establecidos polos integrantes no proxecto. O valor numérico da superficie obtida é de 33.596 ha. A pesar de tratarse dunha primeira aproximación, hai que ter en conta a importancia deste traballo, xa que serve como punto de partida e permite achegar unha visión xeral sobre a localización das terras non utilizadas con alto interese para o sector agrario de Galicia. En todo caso, resulta evidente a necesidade de estudos de maior detalle e visitas sobre o terreo no caso de empregar a información aquí presentada para a mobilización produtiva da terra en Galicia. Os autores confiamos en que este e outros traballos sexan unha contribución á viabilidade do sector agrario e o medio rural en Galicia. Bibliografía Corbelle Rico, E., Crecente Maseda, R. 2014. Urbanización, forestación e abandono. Cambios recentes na paisaxe de Galicia. Revista Galega de Economía, 23(1), en prensa. Diaz- Fierros, F, Gil Sotres, F. 1984. Capacidade productiva de los suelos de Galicia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. FAO. 1976. A framework for land evaluation. Food and Agriculture Organization of the United Nations. Soils Bulletin, 32. GRASS Development Team. 2014. Geographic Resources Analysis Support System (GRASS) Software. Open Source Geospatial Foundation Project. http://grass.osgeo.org Makowski, M. & Wierzbicki, A.P. 2000. Architecture of decision support systems. En: Wierzbicki, A.P., Makowski, M. e Wessels, J. (eds.), Modelbased decision support methodology with environmental applications. Dordrecht: Kluwer. pp. 47 70. QGIS Development Team. 2014. QGIS Geographic Information System. Open Source Geospatial Foundation Project. Sarmiento Prieto, D.I.; Corbelle Rico, E.J. 2009. Mapa dixital de capacidade produtiva do solo de Galicia. Laboratorio do Territorio, Universidade de Santiago de Compostela (non publicado). Sineiro García, F.; Lorenzana Fernández, R.; Vázquez González, I. 2012. Situación actual y cambios previstos en la estructura y en el sistema productivo de las explotaciones de leche en Galicia. Pastos: Revista de la Sociedad Española para el Estudio de los Pastos, 42(1): 67-92. 175