14N: folga histórica e medio millón de persoas nas rúas

Similar documents
R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

Acordos no comercio de alimentación

Silencio! Estase a calcular

O Software Libre nas Empresas de Galicia

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Problema 1. A neta de Lola

Tarefas urxentes para a nova POBREZA, PRECARIEDADE, RECORTE DE LIBERDADES, VIOLENCIA MACHISTA. Número 72 - Novembro de 2016

Galicia dille «non» á contrarreforma educativa do Goberno

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Lei de autonomía persoal e atención á dependencia (LAPAD), coñecida como lei de dependencia, é unha norma imprescindible; para CCOO é o

ugt chama á cidadanía GaleGa a participar Nos actos do primeiro de maio para demandar un cambio radical das políticas destes últimos anos

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

Cristina Sánchez-Rodas Navarro Catedrática de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social Universidad de Sevilla

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

A XESTIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO NOS CONCELLOS GALEGOS 1

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

C A D E R N O S D E L I N G U A

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

DESPOBOAMENTO E AVELLENTAMENTO: GALICIA CARA AO ANO 2020

Sede Electrónica Concello de Cangas

EDITA: CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COORDINACIÓN EDITORIAL: NOVA XESTIÓN CULTURAL S.L. E O CABLE INGLÉS S.COOP. GALEGA

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

O PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS: O PAPEL DOS ORGANISMOS PÚBLICOS

III MEMORIA SOCIAL CLECE

Educación e linguas en Galicia

CARACTERÍSTICAS DO PARO REXISTRADO NA COMARCA TERRA DE SONEIRA. Ano 2016

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Apuntamentos sobre a lingua galega na empresa no século XX

CRISE ECONÓMICA E FLUXOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA: OS EFECTOS DA POLÍTICA SANITARIA NA POBOACIÓN

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

plan estratéxico 2016 >> 2020

Ao longo deste artigo realizaremos unha reflexión xeral sobre

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

ESTUDIO DOS AUTÓNOMOS DE OURENSE ANO 2011

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

ICEDE Working Paper Series

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

A situación actual da lingua galega: unha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

administración cidadanía. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública.

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Saúdos da Delegación de Alumnos. Unha perspectiva dende o PAS

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

TRAXECTORIAS E RETOS

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

A RAG suprime palabras ofensivas sobre a síndrome de Down

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Transcription:

dun 15% as insercións laborais de asociados. Conversamos con el neste número do GALICIA SINcon Discapacidade (CODICAL para coñecer máis GAMI). A crise, que tamén afecta os discapacitados, conseguise aumentar nes- do labor que realiza esta non impediu que COGAMI tes últimos anos en máis confederación./ PÁX. 8 nxo Queiruga preside desde 2007 a ConfedeA ración Galega de Persoas Número 30-1.ª quincena de Novembro de 2012 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO 14N: folga histórica e medio millón de persoas nas rúas n O 90% dos traballadores e traballadoras de Galicia secundaron a folga xeral / PÁXS. 5-7

GaLicia SiNdicaL N.º 30 - Novembro 2012 (1.ª quincena) 2 EDITORIAL Goberno e troica: tomen nota En menos dun mes, a maioría social galega retoma o seu protagonismo e relega a un segundo plano a maioría electoral do PP. Por riba de resignacións e lamentos, e coa vista posta nun horizonte de cambio, de freo dos recortes, de restitución de dereitos sociais e laborais, o 14-N viviuse en Galicia unha xornada de folga xeral exemplar, lexítima e democrática. Foi secundada masivamente, a pesar dos piquetes patronais vestidos de policía e de garda civil, tamén maila a delincuentes empresariais que amezan co despedimento a quen desexa exercer o dereito constitucional de facer folga. E non só se implicaron na defensa dos dereitos sociais e laborais quen, afortunadamente, conserva o seu emprego: estudantes, persoas desempregadas, pensionistas, e tamén pequenos empresarios e traballadores autónomos saíron ás rúas das cidades galegas de maneira masiva, e só a necidade anima a uns poucos a negar a evidencia de máis de medio millón de persoas manifestándose nun ambiente unitario, plural e esperanzador. Falamos de persoas que deixaron de cobrar un día de salario, co que isto supón de esforzo nun momento en que os soldos non cobren os trinta días de gasto do mes. Falamos, en defintitiva, de xente que non están disposta a ser computada como «maioría silenciosa», senón ruidosa, loitadora, reivindicativa e comprometida, capaz de encher as rúas do ánimo de cambio fronte ao pesar da crise e dos que se aproveitan desta para seguir especulando e mantendo os seus privilexios. O futuro é de quen fixemos folga, de quen nos manifestamos e presentamos alternativas, de quen pedimos a gobernos e troicas que se nos consulte e respecte. Aos especuladores acábaselles o tempo. Parabéns á clase traballadora e á cidadanía mobilizada! O RETROVISOR por Benxamín Rocha Folga xeral de Vigo en 1972 Amobilización obreira principiou na empresa automobilística Citroën o sábado 9 de setembro. [...] realizouse un paro parcial [...] en demanda da semana laboral de 44 horas. Esa mesma tarde a dirección [...] despediu nove empregados [...]. O domingo 10, nunha asemblea dunhas catrocentas persoas [...], acordouse que non se volvería ao traballo mentres non fosen readmitidos os despedidos. [...] os cadros de persoal de case todas as grandes empresas da cidade [...] fóronse sumando a partir do luns 11 a unha folga de solidariedade en apoio dos seus compañeiros [...]. Como re- Asemblea nos estaleiros Barreras sultado, chegouse á práctica paralización dos sectores produtivos [...]. Nas seguintes xornadas, o conflito ampliouse a toda a cidade e a súa bisbarra [...]. A reivindicación laboral inicial, chispa do conflito, derivou axiña cara a outras de marcado carácter sociopolítico. Así, a medida que o movemento de folga ía en aumento, a readmisión dos traballadores despedidos e a reclamación das liberdades sindicais e políticas convertéronse nas demandas centrais Texto extractado da obra A folga xeral de Vigo no ano 1972, de Mario Domínguez Cabaleiro, José Gómez Alén, Pedro Lago Peñas e Víctor Santidrián Arias. EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normalización Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: Benxamín Rocha (O Retrovisor), X. Antón G. Ferreiro (entrevista), X. Rodríguez (opinión) e fotos de B. Rocha, Ó. Sánchez, R. Segade, D. González, A. Manteiga, C. Botana, J. A. Cabo, Y. Quintiá e V. Pazos / CONTACTO: galiciasindical@galicia.ccoo.es / PECHE: 16/11/2012 SINDICATO NACIONAL DE CCOO Rúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8 (Santiago de Compostela) 981.551.800 A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol (sede comarcal) Rúa María, 42-44 981.369.300 Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre 981.958.200 Local sindical de Ribeira Rúa de Correos, n.º 5, baixo dereito 981.872.413 Viveiro (sede comarcal) Rúa García Doriga, s/n 982.561.001 Local sindical de Burela Rúa de Emilia Pardo Bazán, 5 (Entrechán; Edificio Porches 2) 982.585.732 Local sindical de Ribadeo Avda. de Galicia, s/n, 3.º 982.130.506 Lugo (sede comarcal) Rolda da Muralla, 58 982.231.975 Local sindical de Monforte de Lemos Rúa de Roberto Baamonde, s/n 982.401.518 Ourense (sede comarcal) Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º 988.391.727 Local sindical do Barco de Valdeorras Praza de España, 2 - Baixo esquerdo 988.322.034 Local sindical de Verín Avda. de Portugal, 3-5 988.410.641 Local sindical de Xinzo de Limia Rúa Toural s/n 988.462.510 Local sindical do Carballiño Rúa de Martínez Avellanosa, 14-1.º 988.275.360 Pontevedra (sede comarcal) Rúa Pasantería, 1-2.º 986.866.276 Local sindical de Lalín R/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán 986.782.437 Vilagarcía de Arousa (sede comarcal) Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º 986.502.000 Local sindical do Grove Rúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq. 986.732.618 Vigo (sede comarcal) As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia) 986.246.800 Local sindical da Guarda Rúa Concepción Arenal, 44 986.611.186 Local sindical de Ponteareas Rúa Esperanza 13 entreplanta 36860 986.661.043 Local sindical do Porriño Rúa Atarela, 2. Casa Sindical 986.331.962

N.º 30 - Novembro 2012 (1.ª quincena) GaLicia SiNdicaL Os datos do paro de outubro danlle a razón a CCOO n A Xunta e o Goberno central deben cambiar as súas políticas en favor doutras que teñan no seu centro a creación de emprego Os datos do paro rexistrado de outubro sinalan que hai 8.439 parados e paradas máis ca o mes anterior, o que supón un aumento do 3,25%, superior en 0,52 puntos á suba estatal. Este ascenso leva ligado un descenso da afiliación á seguridade social de 6.702 persoas. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, afirma que o remate do período estival demostra que os descensos de meses anteriores «foron só estacionais», como tamén se conclúe da variación do desemprego respecto de outubro de 2011. Por esta razón, desde o sindicato esixen que a Xunta abandone os «inútiles» recortes e centre os esforzos no investimento produtivo para favorecer a recuperación económica, a comezar polos orzamentos autonómicos de 2013. O paro na industria incrementouse o 0,95% no último mes No mes de outubro había 267.812 persoas paradas (137.473 mulleres e 130.339 homes); os mozos e mozas menores de 25 anos en paro son 19.555 e representan o 7,30% do total. En comparación co mes anterior, o paro medrou un 3,70% nos homes e un 2,83% nas mulleres (4.652 parados máis fronte a 3.787 paradas máis). Entre os menores de 25 anos, a caída do desemprego foi dun 0,60% (118 persoas paradas menos) e nos maiores de 25 anos aumentou nun 3,57% (8.557 persoas paradas máis). Análise por sectores O paro aumentou en todos os sectores, agás no colectivo sen emprego anterior que baixa un 2,32% (549 parados e paradas menos). Os sectores en que máis sobe o paro son a agricultura (1.723 persoas paradas máis, o 25,12%) e os servizos (6.497 parados e paradas máis, un 4,36%). Na construción hai 425 persoas paradas máis e na industria 361, incrementos do 1% e 0,95%, respectivamente. En comparación cos datos de outubro de 2011, incrementouse o desemprego na comunidade en case todas as ramas de actividade, especialmente nos servizos (22.996 persoas, o 17,42%) e na agricultura (2.139 persoas, que supoñen un 33,19%). 3 Comisións e Esquerda Unida, contra o desmantelamento do Estado do benestar O pasado 5 de novembro tivo lugar na sede nacional de Comisións Obreiras unha xuntanza entre membros das comisións executivas do sindicato e de Esquerda Unida. A Comisión Executiva Nacional de CCOO estivo representada polo secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión, a secretaria de Emprego, Maica Bouza, o secretario de Acción Sindical, Daniel Costas, e o secretario de Comunicación, Juan Martínez. A delegación de EU encabezouna a coordinadora nacional, Yolanda Díaz, que estivo acompañada por Carlos Portomeñe, Ramón Vázquez e Graciela Rojo. Tras a reunión, Xosé Manuel Sánchez Aguión e Yolanda Díaz compareceron conxuntamente diante dos medios de comunicación para denunciar o desmantelamento do Estado do benestar a chamar a participar na folga Un momento da xuntanza entre representantes das comisións executivas das dúas organizacións, na sede do Sindicato Nacional de CCOO

GaLicia SiNdicaL N.º 30 - Novembro 2012 (1.ª quincena) Ana Barrios, reelixida como secretaria xeral de CCOO de Ourense Baixo o lema «Loitaremos por un futuro con dereitos», a Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense celebrou o pasado día 10 o seu VII Congreso, reelixindo cun apoio practicamente unánime a Ana Barrios como secretaria xeral. Forman parte da nova Comisión Executiva Lola Panero, Áurea Pérez, Purificación Paradela, Julio González, Benxamín Vences e José Gómez. A Unión Intercomarcal destaca o amplo consenso de todas as estruturas federais, o que implicou a que se presentase unha única candidatura tanto á Secretaría Xeral como á Comisión Executiva. Na fotografía, Ana Barrios nunha infervención do congreso Doce delegados e delegadas Neste proceso congresual elixíronse tamén os doce delegados e delegadas que, en representación da afiliación de CCOO de Ourense, asistirán ao X Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, os días 24 e 25 de xaneiro de 2013. No congreso participaron sesenta delegados e delegadas en representación da afiliación das distintas ramas e sectores produtivos da provincia que, amais de elixir o novo equipo que coordinará a organización en Ourense nos próximos catro anos. Debatéronse tamén os documentos de acción sindical que rexerán a actuación de CCOO ante a gravísima crise que tan inxusta e brutalmente está gravando á clase traballadora e aos sectores más desfavorecidos da sociedade. Resolucións Por último, o Plenario do Congreso aprobou por unanimidade unha resolucións de apoio á folga xeral do 14 de novembro e outra rexeitando o proxecto de Lei de taxas xudiciais. 4 Xosé Luís García Pedrosa repite á fronte da Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra Xosé Luís García Pedrosa foi reelixido o pasado día 9 de novembro como secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra, no que será o seu terceiro mandato. Para este novo período, Pedrosa anunciou tres eixos de actuación: facer un sindicato máis participativo, potenciar o compromiso dos militantes e mellorar a organización. Coa ollada posta no «negro horizonte», Pedrosa denunciou que a dereita económica ten como un dos seus obxectivos a destrución dos sindicatos. Fronte a isto, o secretario comarcal pontevedrés ten clara a necesidade de «formar mellor os sindicalistas, sobre todo ideoloxicamente» Este argumento, xunto á «agudización da loita de clases», centrou boa parte dos discursos dos Xosé Luís García Pedrosa nun momento do congreso comarcal participantes no congreso comarcal das CCOO de Pontevedra. Unidade de acción Tamén se falou sobre a «imprescindible» unidade de acción para afrontar os problemas dos traballadores e das traballadoras A dereita ten como obxectivo a destrución dos sindicatos A MARIÑA Reelixido Francisco Cazón Francisco Cazón foi reelixido como secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO da Mariña para os próximos catro anos. Con el, na nova Executiva comarcal estarán Rosa M.ª López Expósito, Dulce M.ª López Gasalla, Francisco Javier Pérez Vázquez, Manuel Guillén Menéndez e Mercedes Vilacoro Laviña. AROUSA Bao é o novo secretario xeral Juan Fernando Bao Hernández foi elixido novo secretario xeral de CCOO de Arousa. Na Executiva comarcal estarán tamén Beatriz Gómez Santiago, Carlos Romero Guillán, Dolores Santamaría Prado, Xan Caneda, Dolores Cuevas Rivas, Eduardo Dorrío, Paco Cuba Couzo, Ricardo Álvarez Otero, Carlos González Argibay e Mercedes Galeano Otero.

N.º 30 - Novembro 2012 (1.ª quincena) GaLicia SiNdicaL A folga xeral foi un éxito incontestable n Foi secundada polo 90% dos traballadores e traballadores de Galicia e máis de medio millón de persoas saíron ás rúas do país Para Comisións Obreiras, a folga xeral do pasado 14-N, convocada conxuntamente con UGT e CIG, foi un éxito incontestable, pois secundárona o 90% dos traballadores e traballadoras de Galicia. O colofón desta xornada histórica foron as manifestacións que tiveron lugar por toda a xeografía galega, que lograron sumar máis de medio millón de persoas. Xa os primeiros datos da folga, recollidos ás sete da mañá, evidenciaban o éxito da convocatoria: servizos como a recollida do lixo pararon totalmente; os portos da Coruña, Vigo, Ferrol, Vilagarcía e Marín; así como, as lonxas de Vigo, Marín, Burela, Coruña, Celeiro e Ribeira. Ademais, as principais empresas de diferentes sectores tamén pararon totalmente. Foi o caso do sector da automoción en Vigo, Santa Bárbara, Megasa, Navantia, Factoría Naval de Marín, Ferroatlántica, Televés, Castrosúa, Maessa, Estrugasa, Alcoa, Galfor, Crown Cork Ibérica, Faurecia, GKN-Indugasa, Maderas Iglesias, Viza Automoción, Frinsa, Dalphi Metal, Rodman-Polyships, Frigolouro, Cespa, Repsol Petróleo, Leche Celta, Leite Río, Adolfo Domínguez, Lonza Biologics, Lantero, Fri- Cómpren medidas para relanzar a economía, non austeridade nova, Begano, Conservas Calvo, ENCE, Gamesa Eólica, Zara Loxística, Pull&Bear ou Indipunt, entre outras. Xa contra o mediodía, as traballadoras e traballadores galegos percorreron as rúas de A Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Lugo, Pegatina situada ás portas dun establecemento comercial que se sumou á folga xeral Unha das constantes nesta xornada foi o desproporcionado operativo policial Burela, Ourense, Pontevedra, Vigo e Arousa baixo o lema «Non ao saqueo do pobo. Hai culpables. Hai solucións», mentres que pola tarde ocorreu outro tanto en Monforte de Lemos. Vigo acolleu o acto central, no que participaron os secretarios xerais de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez, da CIG, Suso Seixo, e de UGT, José Antonio Gómez. Na cidade olívica foron máis de 180.000 as persoas que saíron as rúas convocadas polos tres sindicatos. Desde as tres organizacións coincidiron ao salientar que se tratou dun «día histórico», e atribuíron o mérito ao compromiso dos traballadores e traballadoras que fixeron súa a proposta de CCOO, UGT e CIG. O traballo sindical realizado, a través dunha ampla campaña informativa e o traballo empresa a empresa, deu un resultado que se reflictiu no seguimento que tivo a folga tanto a nivel xeral como naquelas empresas galegas que se atopan nestes momentos nunha situación delicada. Agora, CCOO, CIG e UGT instan os gobernos español e galego a un cambio radical nas súas políticas para que estas aposten polo crecemento económico, a creación de emprego, a restitución dos dereitos laborais eliminados pola reforma laboral, así como, dos servizos e prestacións públicas. Insisten en que a forza de sementar a austeridade só se recolle recesión, aumento da pobreza e angustia social. Cómpre adoptar solucións de xeito urxente para relanzar a economía e non asfixiar coa austeridade. «Se non escoitan a cólera dos que se manifestan nas rúas, os dirixentes equivócanse», afirmaron as tres organizacións nun comunicado 5

GaLicia SiNdicaL 1 N.º 30 - Novembro 2012 (1.ª quincena) 2 4 3 5 6 7 6 8

GaLicia SiNdicaL N.º 30 - Novembro 2012 (1.ª quincena) 9 10 11 12 7 13 14 1-3. Intantáneas da manifestación da Coruña. / 4-5. Imaxes da manifestación de Ourense. / 6. A praza de Armas de Ferrol, ateigada. / 7. Pancarta da Alianza Social Galega en Santiago de Compostela. / 8. Cabeceira da manifestación da capital de Galicia. / 9-12. Imaxes da manifestación de Vigo. Na número 11, no centro, os secretarios xerais da CIG, UGT e CCOO. / 13. Pancarta da manifestación que tivo lugar en Burela. / 14. A manifestación de Lugo no seu paso a carón da muralla.

Número 30-1.ª quincena de Novembro de 2012 Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO DANDO A CARA por Xosé Antón G. Ferreiro «Persisten prexuízos sobre a rendibilidade de contratar persoas discapacitadas» Famoso pola súa capacidade de diálogo e de dinamización do movemento asociativo, o sonense Anxo Queiruga preside desde 2007 a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). A crise, que tamén afecta os discapacitados, non impediu que COGAMI conseguise aumentar nestes últimos anos en máis dun 15% as insercións laborais de asociados. Como afecta a crise ao colectivo que representa? A discapacidade non é un elemento alleo á sociedade: todas as dificultades que están a sufrir os nosos veciños, repítense en nós, aumentadas polo efecto multiplicador do factor discapacidade. Pensen que se as persoas con discapacidade aínda estaban comezando a reivindicar os seus dereitos de cidadanía, se aínda comezabamos a ter recoñecidos certos dereitos na educación, na sanidade, no traballo, etc., os recortes inevitablemente vanse sentir en maior medida nun grupo social que estaba en perpetuo estado de fraxilidade. Isto preocúpanos moito xa que é moi difícil conxugar o verbo reducir co verbo recoñecer necesidades e apoios nunca solventados para un grupo social sempre marxinado. Cumpren as empresas con máis de cincuenta traballadores a obriga legal de que o 2% sexa persoal con discapacidade? A inmensa maioría, non. Vaise mellorando coas campañas que fai a inspección de traballo, e tamén polas esixencias legais para participar en concursos de contratación pública. Hoxe en día temos un problema engadido, que é a utilización fraudulenta das medidas alternativas. Dáse unha fraude xeneralizada de lei por parte das grandes empresas, que utilizan centros especiais de emprego con ánimo de lucro, ou créanos elas mesmas para cumprir as medidas alternativas. As empresas, sobre todo as PEME, coñecen as vantaxes que ten a contratación dun traballador con discapacidade? Nos últimos dez anos temos feito un importante traballo de sensibilización e información; temos visitado miles de micro, pequenas e medianas empresas; temos visitado moitos autónomos e grandes empresas. Pode que algúns se nos teñan escapado pero, en xeral, penso que si teñen a información, pero aínda Nos últimos dez anos temos feito un grande esforzo teñen vixentes prexuízos sobre a rendabilidade por contratarnos. En que consiste o seu servizo de intermediación laboral e o de Galega de Economía Social? O servizo de intermediación laboral de COGAMI é basicamente unha axencia de colocación especializada na inserción laboral de persoas con discapacidade. Un servizo altamente profesionalizado que pon a disposición dos posibles empregadores unha ampla base de demandantes de emprego (28.000) co compromiso de que en 48 horas lle presentará dúas persoas candidatas que cumpran co perfil. Galega de Economía Social, (GES), é un grupo de empresas de economía social, no que o cadro de persoal está constituído nun 94 % por persoas con discapacidade. GES é o resultado da necesidade das persoas con discapacidade de atopar un traballo que a empresa ordinaria non foi quen de ofertarlle. Son as dúas caras da mesma moeda, son o resultado do esforzo das persoas con discapacidade para atopar un traballo que lles permita vivir a súa vida dun xeito máis o independente posible. É dicir, a mesma necesidade que ten toda a cidadanía, pero coa peculiaridade de que con nós non contaban e tivemos que traballar pola nosa conta. O PUNTO XE Policía da patronal Por X. Rodríguez Estase a converter xa nun hábito. Desde que o PP chegou ao poder en Galicia e no Estado, cada vez é máis difícil exercer liberdades civís, dereitos constitucionais. Seguindo a mesma pauta de recorte de dereitos laborais e sociais, cada vez é máis frecuente o uso das forzas de orde pública para dificultar o exercicio de dereitos fundamentais como son o de folga e o de manifestación. Na folga xeral do 14-N, a presión policial volveu ser abafante, e houbo moitos casos en que se lles impediu aos piquetes informativos realizar o seu labor, que non é outro que o de informar os traballadores e traballadores sobre cales son os seus dereitos. A policía foi instrumentalizada polos gobernantes para defender os intereses patronais. Houbo un exceso de celo para perseguir os piquetes, non así para garantir que os traballadores e traballadoras non sufran represalias por parte dos empregadores se decidían secundar a convocatoria de folga. O problema nas folgas xerais non son os piquetes informativos, senón os empresarios e empresarias sen escrúpulos que ameazan e coaccionan o persoal para que vaia traballar se non quere acabar na rúa. O movemento sindical é un problema para os que nos queren roubar os nosos dereitos. Todo vale para atacar os sindicatos. Fixeron cambios legais ao seu antollo, abusando da maioría absoluta, e agora non dubidan en instrumentalizar a policía ou en converter as protestas laborais en problemas de orde pública. Non poderán!