Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Similar documents
Concello de Castroverde

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Síntesis da programación didáctica

Expediente: 5193/2017

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Sede Electrónica Concello de Cangas

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

Consellería de Sanidade

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

Ordenanzas fiscais Páxina 1

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Facultade de Fisioterapia

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Silencio! Estase a calcular

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Segunda lingua estranxeira: inglés

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

Proposta de resolución provisional

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

Transcription:

Resolución do 21 de setembro de 2016 pola que se convoca proceso selectivo para a provisión mediante contrato laboral temporal dunha praza de titulado/a superior de xestor de proxecto para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), creada polo Decreto 112/2015, de 31 de xullo, conta dentro dos seus obxectivos estratéxicos, co de xestionar e coordinar proxectos e programas de investigación en materia sanitaria desenvolvidos pola Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e outras institucións. A Axencia de Coñecemento en Saúde, en colaboración co Servizo Galego de Saúde e coa Consellería de Sanidade, asume a coordinación do proxecto europeo EMPATTICS (Empowering Patients for a BeTTer Information and improvement of the Communication Systems) A Lei 12/2015 do 24 de Decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016, no seu artigo 15, prevé a contratación de persoal laboral temporal para a realización de obras ou servizos concretos e dotados de orzamento. Polo exposto, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 112/2015, de 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos (DOG nº 157 de 19.08.2015), esta xerencia RESOLVE: Anunciar a convocatoria dun proceso selectivo para a provisión mediante contrato laboral temporal de 1 praza de titulado/a superior de xestor de proxecto para a execución e xestión do proxecto europeo EMPATTICS (Empowering Patients for a BeTTer Information and improvement of the Communication Systems) e aprobar as bases que rexerán o proceso. As bases reguladoras do indicado proceso inclúense como anexo I desta resolución. Para participar nesta convocatoria os/as interesados/as utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

ANEXO I Bases da convocatoria Bases da convocatoria para a provisión mediante contrato laboral temporal dunha praza de titulado/a superior de xestor de proxecto para a Unidade de desenvolvemento e innovación sanitaria, da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde De conformidade co establecido no artigo 7.5.b) do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, a xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, no exercicio das competencias atribuídas, dispón publicar as seguintes bases para a selección dun efectivo de persoal laboral temporal do grupo I do V convenio colectivo único para persoal laboral da Xunta de Galicia para traballar na execución e xestión do proxecto europeo EMPATTICS (Empowering Patients for a BeTTer Information and improvement of the Communication Systems). Primeira.- Normas xerais 1.1.- Número e características das prazas. Convócase proceso selectivo para a contratación, ao abeiro do artigo 7.5. b) do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia dun efectivo persoal laboral temporal do grupo I do citado convenio colectivo cunha das seguintes titulacións de grao (ou licenciado) en Ciencias Sociais o en Ciencias da Vida: Economía, Dereito, Ciencias Políticas, Empresariais, Ciencias Químicas, Farmacia, Ciencias Biolóxicas ou Medicina. A persoa seleccionada vai traballar na execución e xestión do proxecto europeo Empattics (Empowering Patients for a BeTTer Information and improvement of the Communication Systems). Trátase dun proxecto que pretende desenvolver tecnoloxías encamiñadas a incrementar a adherencia aos tratamentos e o fomento de hábitos de vida máis saudables. O proxecto utiliza mecanismos de compra pública precomercial para aliñar as necesidades dos servizos de saúde e as capacidades técnicas e de desenvolvemento do

sector privado. En Empattics, baixo a coordinación de ACIS participan seis organizacións europeas (máis información en http://empattics.eu/). En concreto a persoa seleccionada contrátase para a realización das seguintes funcións: Realizar a xestión e coordinación do proxecto EMPATTICS levando a cabo as tarefas de actividades administrativas e de xustificación económica asociadas ao proxecto; 1. Preparar organizar e dinamizar reunións de traballo co resto dos socios do proxecto e outros axentes implicados. 2. Preparar informes, publicacións e comunicacións de actividades e resultados do proxecto. 3. Analizar e priorizar tecnoloxías susceptibles de ser incorporadas ó proxecto. Desenvolver metodoloxías de control do proxecto, así como indicadores de seguimento do mesmo. 4. Aplicar os modelos de compra pública precomercial durante a execución do proxecto. 5. Representar a ACIS nos diferentes foros, redes e organismos, e a interlocución con outros axentes públicos e privados relacionados con proxecto 6. Calquera outra función non definida aquí e considerada dende ACIS relacionada coa execución e coordinación do proxecto EMPATTICS. * Número de efectivos: 1 * Centro directivo: O centro directivo é a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde adscrita a Consellería de Sanidade a través do Servizo Galego de Saúde, en Santiago de Compostela, aínda que terá que facer desprazamentos a países de Europa, por mor do seu traballo. * Duración: Dende a súa formalización ata o 30 de abril do 2019. De acordo co artigo 15 da lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, a duración do contrato queda

condicionada a que exista crédito axeitado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda, computado sempre na súa proxección anual. 1.2.- Retribucións: As retribucións serán as establecidas para o grupo correspondente de acordo a estrutura salarial definida nos artigos 25 e 26 do mencionado V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 e desenvolvida na orde do 14 de xaneiro de 2016 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2016. 1.3.- Modalidade de contrato A persoa seleccionada asinará un contrato de traballo de obra ou servizo determinado seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do RDL 2/2015 do 23 de outubro polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, ao abeiro do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, e demais lexislación vixente que resulte de aplicación. 1.4.- Incompatibilidades As persoas contratadas estarán sometidas ao réxime xeral de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e demais disposicións complementarias. Segunda. Requisitos dos aspirantes Para ser admitidos no proceso de selección os/as aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como persoal laboral temporal os seguintes requisitos, agás o certificado médico referente ao recollido no punto 2.1.4, que deberá acreditarse no momento da contratación.

2.1.1. Nacionalidade a) Ter a nacionalidade española. b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea. c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores. d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados/as de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes. e) Ter residencia legal en España, no caso de tratarse de estranxeiros non incluídos nos puntos anteriores. 2.1.2. Idade Teren cumpridos dezaseis anos de idade. 2.1.3 Titulación académica Estar en posesión da titulación de grao (ou licenciado) en ciencias sociais ou en ciencias da vida: economía, dereito, ciencias políticas, empresariais, ciencias químicas, farmacia, ciencias biolóxicas ou medicina. Ademais da titulación antes indicada requírese a titulación de master en Desenvolvemento Económico e Innovación, master en Innovación, master en Xestion de Políticas Públicas ou master en Xestión e Administración de empresas. Finalmente solicitase Formación especializada en Xestión de proxectos e Nivel de inglés B2 ou equivalente de acordo coa táboa de equivalencia de certificados e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas MCER.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá acreditar que está en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non será de obrigación aos aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea. 2.1.4. Capacidade funcional Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. 2.1.5. Habilitación: Non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder a mesma categoría profesional a cal se pertencía. No caso de nacionais doutros estados, non ser inhabilitado/a, ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores. Terceira.- Presentación de solicitudes De conformidade co establecido no artigo 7.5.b) do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, ademais dos/as posibles candidatos/as seleccionados polo Servizo Público de Emprego, ao que cursará oferta xenérica do posto obxecto desta convocatoria, todas aqueloutras persoas que desexen formar parte no presente proceso selectivo, deberán presentar a documentación que a continuación se sinala, tendo en conta que no suposto de que os documentos sexan fotocopias, estas terán que estar debidamente compulsadas: a. Instancia. Segundo modelo contido no Anexo II que acompaña a estas bases.

b. Currículo vitae pormenorizado e debidamente xustificado, onde se acredite a súa traxectoria, e experiencia profesional así como os títulos, cursos e diplomas obtidos que se valorarán, no seu caso, no proceso de selección. c. Fotocopia compulsada da ou das titulacións académicas obtidas, que no caso de obterse no estranxeiro deberá estar homologada en España. d. Copias compulsadas de certificados de asistencia a cursos ou similares relacionados coa avaliación de tecnoloxías sanitarias. e. Cando se trate de aspirantes nacionais doutros países, deberán presentar fotocopia compulsada dos certificados de estudios cursados de castelán, que acrediten suficientemente os seus coñecementos deste idioma. f. Fotocopia compulsada do titulo acreditativo de superación do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa Disposición Adicional Segunda da Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Diario Oficial de Galicia número 146, de 30 de xullo). g. Fotocopia das publicacións relacionadas coa avaliación de tecnoloxías sanitarias. No caso das publicacións monográficas aportarase fotocopia das cubertas e da portada onde apareza o depósito legal e a autoría do documento. En canto aos artigos científicos, fotocopiarase a totalidade do documento. O enderezo que figura nas instancias considerarase o único válido a efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do/a candidato/a tanto os erros na consignación do mesmo como a comunicación de calquera cambio de dito domicilio. Para que teñan validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia (Galego ou Castelán); no caso de documentos expedidos noutras comunidades autónomas, para que teñan validez deberán estar redactados en castelán ou traducidos por titulado/a ou polo organismo correspondente. Tratándose de documentos expedidos

nun país estranxeiro, deberán estar debidamente traducidos, validados e apostilados pola oficina diplomática española. Loxicamente este parágrafo non fai referencia ás publicacións. A presentación da solicitude farase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia as presentes bases estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (http://www.acis.sergas.es) e no taboeiro de anuncios da mesma. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte da súa publicación oficial. Na mesma data da publicación das presentes bases, presentarase na Oficina do Servizo Público de Emprego á presenza de desempregados segundo o disposto no artigo 7.5 b) do V Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Para calquera aclaración ou información adicional os/as interesados/as poderanse por en contacto telefónico co Servizo de Xestión da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde no número de teléfono 981-555-103. Cuarta.-Baremo de méritos. Acreditación de méritos e desempates Baremo Para establecer a orde de prelación na puntuación dos/as aspirantes que corresponda a acreditación de méritos establecida nas presentes bases, aplicarase o seguinte BAREMO : 4.1.-Servizos prestados: ata un máximo de 5 puntos 4.1.1- Por cada mes de servizos prestados na Xunta de Galicia na mesma categoría a que se pretende acceder: 0,15 puntos/mes. 4.1.2-Por cada mes de servizos prestados noutras administracións públicas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,10 puntos ao mes. 4.1.3- Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,05 puntos ao mes.

A suma da puntuación dos apartados 1, 2 e 3 non poderá exceder de 5 puntos. Os méritos relativos á experiencia profesional na Xunta de Galicia ou noutras administracións públicas deberán acreditarse por calquera destes dous medios: -Certificado expedido polos órganos competentes en materia de persoal da correspondente Administración onde veñan desempeñando os servizos incluíndo a categoría e o período (con data de inicio e remate do contrato) nos que estivo traballando o/a aspirante. -Fotocopia cotexada dos documentos orixinais xunto con informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social (que recolla o/os período/os de tempo alegado/os). 4.2- Formación: ata un máximo de 5 puntos. Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta organizado e impartido directamente pola Escola Galega de Administración Públicas, Fegas, Academia Galega de Seguridade Pública, INAP, escolas oficiais de formación das restantes comunidade autónomas, universidades, Inem, Dirección Xeral de Formación Ocupacional da Consellería de Traballo, cursos de formación contínua do AFCAP, segundo a relación de materias que se establece na convocatoria: Cursos de ata 25 horas: 0,1 puntos Cursos de máis de 25 horas e menos de 75 horas: 0,2 puntos Cursos de 75 horas ou máis: 0,3 puntos 4.3.- Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado) e que sexa superior ao establecido como requisito de acceso. En grao de perfeccionamento/celga 4: 0,75 puntos Outro grao superior ao anterior: 1 punto. Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, aos cursos ou titulacións homologados polo órgano competente en materia lingüística da Xunta de Galicia.

De producirse empate na puntuación, acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados segundo a orde establecida neste anexo e de persistir, a favor da primeira letra do primeiro apelido, segundo a orde establecida anualmente na resolución da consellería de Presidencia, administracións públicas e Xustiza pola que se publica o resultado do sorteo o que se refire o regulamento de selección de persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia. No obstante o anterior, no suposto de infrarrepresentación do sexo feminino nos termos establecidos no artigo 49 do Decreto Lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro, que aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, o primeiro criterio de desempate será o de ter a condición de muller. Quinta.- Tribunal de selección O tribunal cualificador deste proceso noméase, pola Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, conforme ó previsto no artigo 11 do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Sexta.-Admisión dos/as aspirantes e baremación dos méritos 6.1.- Expirado o prazo de presentación de solicitudes, comprobado polo tribunal que os/as aspirantes reúnen os requisitos exixidos segundo o disposto nas bases da presente convocatoria, e valorados os candidatos/as presentados, en base a os méritos por eles alegados, conforme ao baremo establecido, o tribunal de selección ditará resolución declarando aprobada a relación provisional de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión. Dita resolución farase pública na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no taboeiro de anuncios da mesma. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de 5 días hábiles, por razón da urxencia na cobertura do posto, a partir do día seguinte ao da súa publicación, para poder emendar, se é o caso, as causas da súa exclusión. 6.2- A estimación ou desestimación das ditas emendas entenderase implícita na publicación da relación definitiva de admitidos e excluídos coas puntuacións provisionais

dos méritos alegados polos aspirantes. A relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as coas puntuacións provisionais dos méritos alegados polos/as aspirantes farase pública na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboeiro de anuncios. Os/as aspirantes admitidos/as disporán dun prazo de 5 días hábiles, por razón da urxencia na cobertura do posto, a partir do día seguinte ao da súa publicación, para facer as reclamacións que estimen oportunas sobre estas. O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos interesados/as a posesión dos requisitos esixidos na presente convocatoria. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algúns dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento. 6.3.- Finalmente o Tribunal dita unha resolución que se publicará na páxina web da Axencia (www.acis.sergas.es) e no taboeiro de anuncios da Axencia, aprobando a relación definitiva de puntuacións dos méritos alegados polos/as aspirantes admitidos/as. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de 5 días hábiles, por razón da urxencia na cobertura do posto, a partir do día seguinte ao da súa publicación, para facer as reclamacións que estimen oportunas sobre estas. 6.4.-Rematado o proceso selectivo, o Tribunal proporá a Xerencia da Axencia como aspirante a contratar para a cobertura da vacante obxecto desta convocatoria a aquel que tivera alcanzado o primeiro posto na orde de prelación de resultados das puntuacións definitivas. 6.5.- O/A primeiro/a aspirante da lista definitiva publicada será o/a candidato/a seleccionado/a para a cobertura da praza obxecto desta convocatoria, que deberá presentar no prazo de cinco días hábiles, desde que se faga pública dita lista, a seguinte documentación perante a Axencia: -Tarxeta Sanitaria e/ou número de afiliación á Seguridade Social. -Certificado médico oficial ou informe de saúde no que se acrediten os extremos sinalados na base 2.1.4 -Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse

inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas a efectos de acreditar os extremos sinalados na base 2.1.5. 6.6.- Se o/a candidato/a seleccionado/a non presentase a documentación no plazo establecido, ou presentase a súa renuncia á súa contratación para o posto para que foi seleccionado/a (caso no que se fará mediante solicitude expresa ao respecto, no mesmo prazo sinalado no punto anterior), resultará, en calquera caso, automaticamente seleccionado o seguinte aspirante segundo a orde de prelación da lista, que deberá presentar nun novo prazo de 5 días hábiles desde o remate do anterior, a documentación reseñada no punto 6.5. Procederase desta forma ata que un candidato/a presente en prazo e validamente a súa documentación. 6.7.- Logo de seleccionado/a o/a candidato/a e presentada a súa documentación, segundo o establecido nos puntos anteriores, comprobado o cumprimento dos requisitos esixidos, procederase á formalización da contratación obxecto da convocatoria. Sétima.- Norma derradeira 7.1.- Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela ou da actuación do tribunal, co carácter de definitivos ou que sendo de trámite decidan sobre o fondo do asunto, poderán ser impugnados polos/as interesados/as no prazo e na forma establecidos pola lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO II.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN: DATOS PERSONAIS: PRIMEIRO APELIDO: SEGUNDO APELIDO: NOME: DNI/PASAPORTE: NACIONALIDADE: ENDEREZO: TELÉFONO: CORREO ELECTRÓNICO: DATA NACEMENTO: SOLICITO: 1º.- Ser admitido/a na convocatoria para a provisión de 1 praza de titulado/a superior como Xestor de proxecto para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación, da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, mediante contrato laboral temporal 2º.- A tal efecto presento a seguinte documentación: (relacionar dita documentación) Lugar, data e sinatura Santiago de Compostela, a de de 2016 XERENCIA DA AXENCIA GALEGA PARA A XESTIÓN DO COÑECEMENTO EN SAÚDE AVDA. FERNANDO DE CASAS NOVOA Nº 37, 1º A (Edificio CNL). SAN LÁZARO 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)