DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

Similar documents
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Sede Electrónica Concello de Cangas

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Facultade de Fisioterapia

A relación mulleres e mar na normativa. Do visible ao invisible: da loita pola dignidade ao ejercicio da soberanía profesional

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Consellería de Sanidade

Silencio! Estase a calcular

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Problema 1. A neta de Lola

Concello de Castroverde

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

persoal, familiar e laboral

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

A REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN E AS SÚAS IMPLICACIÓNS PARA ESPAÑA

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Expediente: 5193/2017

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ORDENANZA FISCAL Nº II.2 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA PO- TABLE A DOMICILIO. ****************** NATUREZA E FUNDAMENTO NORMAS DE XESTIÓN

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

O Software Libre nas Empresas de Galicia

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Metodoloxía copyleft en educación

Transcription:

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12248 III. Outras disposicións Consellería do Mar RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2018 pola que se autoriza o Plan de pesca de anguía para as confrarías de pescadores da ría de Arousa. Feitos. O 1 de outubro de 2010, unha vez cumpridos os requisitos fixados no Regulamento (CE) nº 1100/2007, foi aprobado por Decisión da Comisión Europea o plan nacional español de xestión da anguía e os doce plans específicos de xestión da anguía, entre eles o de Galicia. Fundamentos técnicos de dereito. 1. O Regulamento (CE) nº 1100/2007 do Consello, do 18 de setembro de 2007, polo que se establecen medidas para a recuperación da poboación da anguía europea, establece no seu artigo 2.4 a obrigatoriedade de establecer plans de xestión para a recuperación da especie, cuxo obxectivo será reducir a mortalidade antropoxénica a fin de permitir, cunha elevada probabilidade, a fuga ao mar de, polo menos, o 40 % da biomasa de anguías europeas correspondente á mellor estimación do posible índice de fuga que se tería rexistrado no caso de que ningunha influencia antropoxénica tivese incidido na poboación. 2. O artigo 2.8 do Regulamento (CE) nº 1100/2007 establece que os plans de xestión da anguía poderán incluír entre outras determinadas medidas como redución da actividade pesqueira comercial, restrición da pesca deportiva, medidas de repoboación, medidas ambientais, loita contra os depredadores e medidas relativas á acuicultura. 3. A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, establece no artigo 6 que «A política da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia terá como obxectivos en relación coa conservación e a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, entre outros os de: 1. O establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación, a xestión e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos (...)». No Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, a nasa voitirón vén regulada nos artigos 89 a 93 e a nasa para a anguía nos artigos 94 a 98. Segundo o esta-

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12249 blecido nos artigos 92 e 97 «o seu uso deberá facerse sempre mediante plans de xestión aprobados pola consellería competente en materia de pesca marítima». Da discusión das medidas técnicas co sector, acórdase trasladar as recomendacións mediante un plan de xestión para toda Galicia con medidas técnicas específicas para cada ría. Polo exposto, esta consellería RESOLVE: Autorizar a citada pesca baixo os seguintes termos e condicións: 1. Participantes. Unicamente participarán no plan as embarcacións que teñan no seu permiso de explotación autorizada a arte de nasa voitirón ou a de nasa para anguía. Os tripulantes deberán estar debidamente enrolados e a bordo na embarcación en que desenvolven a actividade. 2. Período. O período autorizado será desde o 1 de febreiro ata o 31 de outubro de 2018. 3. Horario. a) Nasa para anguía: o uso de nasas para anguía será en horario exclusivamente diúrno. b) Nasa voitirón: a utilización de nasas voitirón será tanto diúrna como nocturna. As nasas non se poderán calar nin poderán permanecer no mar as fins de semana a partir das 12.00 horas do sábado, e non se poderán calar novamente ata as 12.00 horas do luns seguinte. 4. Arte. As artes que se usarán serán: a) A nasa para anguía, segundo as seguintes características técnicas: 1ª. A nasa para anguía ten forma case cilíndrica, con dúas aberturas nas caras opostas, unha de entrada en forma de funil e outra provista de tapadeira, que serve para retirar as capturas. 2ª. A lonxitude máxima será de 670 milímetros. 3ª. A altura ou diámetro máximo será de 350 milímetros.

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12250 b) A nasa voitirón, segundo as seguintes características técnicas: 1ª. A nasa voitirón consta dunha parte central rectangular de rede, chamada parada, ao extremo da cal e perpendicularmente a ela se sitúan tres funís concéntricos de rede que desembocan nunha última cámara, onde quedan atrapados os peixes. 2ª. A lonxitude máxima será de 6 metros. 3ª. A altura ou diámetro máximo será: Primeiro aro: alto 500 milímetros, largo 700 milímetros. Segundo aro: diámetro máximo 400 milímetros. Terceiro aro: diámetro máximo 350 milímetros. Cuarto aro: diámetro máximo 340 milímetros. 4ª. A dimensión de malla mínima será de 14 milímetros na parte dos funís e de 16 milímetros na da parada. 5. Número de nasas. Con base no establecido no plan de xestión da anguía en Galicia, ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas de anguía ou nasas de voitirón ao día, independentemente da zona de pesca. 6. Zonas de pesca. A zona de traballo autorizada é a ría de Arousa, segundo a carta mariña que acompaña esta resolución como anexo A. Para evitar a morte de capturas incidentais, prohíbese que os voitiróns queden en seco, polo que cómpre ter en consideración a influencia das mareas para adecuar á zona de traballo os puntos de calado das devanditas nasas. 7. Balizamento da arte. As artes deberán estar convenientemente balizadas segundo a normativa vixente, cunha boia nos extremos na cal irá pintado o folio e o nome do barco ao que pertencen, así como o tipo de arte, neste caso coa letra «N», de tal xeito que permita a súa identificación. As boias de cada embarcación serán todas da mesma cor e tamaño. 8. Especies. Anguía e acompañantes, que deberán estar en época de extracción e superar o tamaño mínimo. Evitarase a captura de anguías prateadas e todas as que se capturen deberán ser devoltas ao mar para asegurar a súa reprodución. Procurarase baleirar as nasas o máis axiña posible, para evitar a mortalidade das capturas accidentais, e queda prohibido ter máis dunha cacea sen baleirar na cuberta da embarcación.

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12251 9. Punto de control e venda. Zonas de pesca, lonxas e puntos de venda autorizados. 10. Control e seguimento da actividade pesqueira. a) Despachos telemáticos. Deberán despachar as embarcacións no apartado de adhesión a plan de explotación: [«NASA ANGUÍA (30A); NASA VOITIRÓN (15F) PLAN ANGUÍA 2018 (RÍA DE AROUSA)»]. Por tanto, as embarcacións que despachen a un plan de explotación só poderán traballar no mesmo día no ámbito do correspondente plan e non poderán usar ningunha outra arte que teñan no seu permiso de explotación. Por outra banda, advírtese que, ao remate da vixencia deste plan, se non se realiza un novo rexistro de actividade pesqueira, a embarcación pasaría á situación de «pendente de rexistro de actividade». b) Remisión de datos de capturas. Con periodicidade mensual a confraría deberá remitir datos de extracción por especie, utilizando como modelo o que como anexo B se acompaña, ao Servizo de Pesca da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, vía fax (981 54 47 40) preferentemente-, ou correo electrónico ao enderezo serviciopesca@xunta.es. No caso da anguía débese indicar a procedencia das capturas: (M) as capturadas na zona marítima, (F) as capturadas na zona fluvial. A non inclusión de datos dalgunha das embarcacións no período estipulado terá como consecuencia a súa baixa definitiva do plan. c) Mostraxes. Durante o período de vixencia do plan, técnicos da Consellería poderán realizar en calquera das embarcacións autorizadas mostraxes para control, seguimento e avaliación do plan; os armadores deben colaborar de tal xeito que se permita acadar os obxectivos propostos. A falta de colaboración neste eido ocasionará a baixa definitiva do plan. 11. Extracción e comercialización. O exercicio da actividade extractiva e comercial establecida neste plan está sometida ao estrito cumprimento da normativa vixente en materia de extracción e comercialización de produtos da pesca fresca. 12. Infraccións e sancións. O incumprimento das condicións establecidas neste plan poderá ser sancionado segundo o establecido na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ante a conselleira do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018 Rosa Mª Quintana Carballo Conselleira do Mar

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12252 ANEXO A Cartografía das zonas autorizadas para o Plan de pesca de anguía coas nasas para anguía e voitirón (ría de Arousa)-período 2018

ANEXO B DECLARACIÓN DE CAPTURAS DE EMBARCACIÓNS NOME DO PLAN: ANO: MES: HORARIO: Nº CFPO NOME DA EMBARCACIÓN MATRÍCULA E FOLIO T.R.B. NASAS (1) Nº TRIPULANTES Nº DÍAS TRABALLADOS ZONA EXTRACCIÓN (3) PLAN ESPECÍFICO ANGUÍA ESPECIE (2) (1) CUBRIR UNICAMENTE NAQUELES PLANS EN QUE SE EMPREGA ESTA ARTE. (2) CANDO UNHA EMBARCACIÓN CAPTURE VARIAS ESPECIES NO MESMO MES, DEBERÁ CUBRIRSE UN RECADRO POR CADA ESPECIE. (3) NO CASO DA ANGUÍA, DÉBESE INDICAR A PROCEDENCIA DAS CAPTURAS: (M) AS CAPTURADAS NA ZONA MARÍTIMA. (F) AS CAPTURADAS NA ZONA FLUVIAL. KG DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12253