DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

Similar documents
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Silencio! Estase a calcular

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Consellería de Sanidade

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

A relación mulleres e mar na normativa. Do visible ao invisible: da loita pola dignidade ao ejercicio da soberanía profesional

A REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN E AS SÚAS IMPLICACIÓNS PARA ESPAÑA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

TENDENCIAS E PROBLEMAS DA PESCA GALEGA NO CONTEXTO MUNDIAL E COMUNITARIO 1

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

Problema 1. A neta de Lola

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Sede Electrónica Concello de Cangas

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

2009 Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

ESTUDIO DOS AUTÓNOMOS DE OURENSE ANO 2011

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Ordenanzas fiscais Páxina 1

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Concello de Castroverde

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

PROPOSTA DE FISCALIZACIÓN DAS RENDAS PROCEDENTES DA PRIMEIRA VENDA DE FUNGOS SILVESTRES COMESTIBLES DE INTERESE SOCIOECONÓMICO

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Expediente: 5193/2017

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Transcription:

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18129 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DO MAR RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2017 pola que se aproba o Plan de xestión da sardiña con arte de xeito para o ano 2017 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Feitos. A actividade profesional pesqueira en Galicia constitúe un sector estratéxico, tanto pola súa dimensión social como polo seu peso económico, debido aos ingresos que proporciona ás comunidades costeiras, nas cales estas actividades constitúen o motor principal e, con frecuencia único, da súa economía. A sardiña (Sardina pilchardus) é unha das especies peláxicas máis importantes (quizais a que máis) das que habitan as capas superficiais das plataformas continentais do Atlántico ibérico. A maior parte das capturas realízanse en Galicia (sobre todo na súa fachada oeste) e no norte de Portugal. A maioría das capturas realízanse coa arte de cerco, e unha pequena cantidade coa do xeito. O xeito é unha arte de enmalle moi selectiva, coa que se pesca sardiña e anchoa fundamentalmente; o 85 % das capturas que se realizan coa arte do xeito corresponde á sardiña. A situación do stock ibero-atlántico da sardiña nas zonas CIEM VIIIc e IXa é coñecida. Así, ao longo da historia as oscilacións da produción desta pesqueira foron continuas e, moitas veces, con dramáticas consecuencias para o sector pesqueiro. Os numerosos estudos realizados sobre a sardiña permiten descifrar as causas da gran variación interanual da produción desta pesqueira. A flutuación é debida a que os recrutamentos teñen unha elevada dependencia das condicións ambientais e oceanográficas. O comportamento relativamente cíclico do recurso é ben coñecido polo sector e polos científicos que traballan nesta pesqueira. Con respecto aos datos de capturas desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia, cabe salientar o seguinte: o número de buques con despachos ao xeito en 2014 foi de 166, dun total de 427, o que supón o 38,40 %. As capturas de sardiña en Galicia de buques despachados ao xeito foi diminuíndo de 2011 a 2013, para volver incrementarse

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18130 en 2014 en arredor das 200 toneladas, volvendo diminuír en 2015 e incrementándose de novo en 2016. Un plan de xestión pesqueira que reúna as medidas técnicas necesarias para a conservación dos recursos pesqueiros nunha área determinada e que garanta o desenvolvemento socioeconómico da rexión é unha boa medida técnica de control do stock. O xeito é unha arte de pesca moi selectiva con que se captura fundamentalmente sardiña, e o seu plan deberá contar con medidas tales como a limitación de capturas, vedas temporais, límites aos horarios de capturas ou control dos tamaños mínimos. Para a elaboración do plan de xestión da sardiña con arte de xeito para o ano 2017 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia recibíronse propostas da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e foi consultado o sector. Foron solicitados os informes técnicos correspondentes. Fundamentos técnicos e xurídicos. A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, establece no artigo 6 que «A política da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia terá como obxectivos en relación coa conservación e a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, entre outros, os de: 1. O establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación, a xestión e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos (...)». A arte do xeito ven regulada no capítulo III, sección segunda, subsección novena, nos artigos 59 a 62 do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. A Resolución do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Pesca, establece disposicións de ordenación da pesqueira da sardiña ibérica (Sardina pilchardus) que se pesca en augas ibéricas da zona CIEM VIIIc e IXa (BOE núm. 53, do 3 de marzo). O punto segundo desta resolución establece que para a totalidade da campaña se reserva unha cantidade de 175 toneladas, non suxeita a topes de captura, para poder ser pescada exclusivamente por aqueles buques que usen o arte do xeito para pescar.

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18131 Polo anterior, RESOLVO: Autorizar o plan de xestión con arte de xeito para o ano 2017 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, baixo os seguintes termos e condicións: 1. Obxecto e ámbito de aplicación. Este plan ten por obxecto regular as capturas e desembarques das especies capturadas coa arte de xeito. O ámbito de aplicación son as augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Participantes. Todas aquelas embarcacións que teñan arte do xeito no seu permiso de explotación. Segundo a evolución dos consumos ao longo do exercicio, a comisión de seguimento poderá propoñer á Consellería do Mar que conceda autorizacións de cambios temporais de modalidade. 3. Arte. O xeito é unha arte de enmalle de deriva que está constituído por un pano rectangular estendido entre dúas trallas, a superior, que consta dun sistema de flotación por boias que permite o calamento a profundidade variable e a inferior que está lastrada con chumbos. Debe permanecer unido á embarcación mediante un cabo de lonxitude variable e co outro extremo libre. O xeito deberá ter as seguintes características técnicas: a) A dimensión de malla do xeito estará comprendida entre 23 e 40 milímetros. c) A altura máxima do xeito, logo de armada, entre trallas ou relingas, será de 16 metros. c) Cada unha das pezas de rede ou panos que compoñen o xeito terá unha lonxitude 70 metros, cunha lonxitude máxima de 100 metros co pano estirado.

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18132 d) A lonxitude máxima total do xeito autorizada por buque e día non poderá exceder, en ningún caso, 1.000 metros. 4. Vixencia do plan. A época de vixencia do presente plan abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2017. 5. Período de veda. O período de veda para o ano 2017 queda establecido entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2017. 6. Especies. A especie de captura obxecto deste plan será a sardiña (Sardina pilchardus). As demais especies acompañantes terán que cumprir cos tamaños mínimos exixidos, non estar en veda e cumprir coas disposicións legais que lles sexan de aplicación. 7. Tamaño mínimo de captura. O tamaño mínimo autorizado será de 11 cm. 8. Topes de captura mensuais. Tendo en conta a dispoñibilidade total de 175 toneladas, quedan establecidos uns topes máximos mensuais coas seguintes contías: Meses Toneladas (t) Totais (t) Xaneiro, febreiro e marzo 5 toneladas para o trimestre 5 t Abril, maio e outubro 8 toneladas por mes 24 t Xuño e setembro 25 toneladas por mes 50 t Xullo e agosto 48 toneladas por mes 96 t 9. Horario. O descanso semanal do uso do xeito estará comprendido entre as 12.00 horas do sábado e as 12.00 horas do luns.

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18133 10. Puntos de control e venda. Zonas de pesca, lonxas e puntos de venda autorizados. 11. Programa de seguimento e control. Mensualmente será feito un control interno da xestión do plan polas federacións e Opaga, para o que as confrarías de pescadores deberán remitir os datos mensualmente das vendas realizadas nas súas respectivas lonxas. Para aqueles desembarcos/vendas en lonxas que non son xestionadas polas propias confrarías, esas embarcacións deberán remitir os datos a través da súa confraría. 12. Mostraxes. Durante o período de vixencia do plan, técnicos da consellería poderán realizar en calquera das embarcacións participantes mostraxes para control, seguimento e avaliación do plan; os armadores deben colaborar de tal xeito que se permita acadar os obxectivos propostos. A falta de colaboración neste eido ocasionará a baixa definitiva do plan. 13. Comisión de seguimento. Créase a comisión de seguimento do Plan de xestión do xeito, que se reunirá cunha periodicidade mínima trimestral e estará composto por representantes da Consellería do Mar e as federacións. 14. Extracción e comercialización. O exercicio da actividade extractiva e comercial establecida neste plan está sometida ao estrito cumprimento da normativa vixente en materia de extracción e comercialización de produtos da pesca fresca. 15. Infraccións e sancións. O incumprimento das condicións establecidas neste plan poderá ser sancionado segundo o establecido na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ante a

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18134 conselleira do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017 Rosa Mª Quintana Carballo Conselleira do Mar