Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

Silencio! Estase a calcular

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Facultade de Fisioterapia

Sede Electrónica Concello de Cangas

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Editorial CSIC. Guía de boas prácticas das publicacións periódicas e unitarias da Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Expediente: 5193/2017

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

plan estratéxico 2016 >> 2020

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

MANIFESTO DE LEIDEN SOBRE AS MÉTRICAS PARA AVALIAR A INVESTIGACIÓN

Problema 1. A neta de Lola

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Segunda lingua estranxeira: inglés

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Consellería de Sanidade

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Como atopar artigos de Arquitectura

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Avaliación da actividade investigadora e dereitos lingüísticos

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Concello de Castroverde

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Diffusion and use of Galemys (Spanish Journal of Mammalogy) by the scientific community: citations and recent impact

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

Año 8, No.27, Ene Mar What does Hirsch index evolution explain us? A case study: Turkish Journal of Chemistry

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

Transcription:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PRODUCIÓN DE INVESTIGACIÓN APLICABLES AOS MÉRITOS CORRESPONDENTES AO ANO 2016 INTRODUCIÓN A investigación é un dos eidos fundamentais da actividade na Universidade, e a súa axeitada avaliación pode ser unha ferramenta para a incentivación da devandita actividade e a definición e fortalecemento das liñas estratéxicas das institucións. Ao longo dos anos pasados empregáronse distintos baremos para a avaliación da produción científica, que foron adaptándose á situación xeral da Universidade e do contorno socioeconómico. O desenvolvemento da investigación no contexto autonómico, nacional e internacional, e a implantación e evolución dos indicadores das actividades de I+D+i aconsellan a continua revisión e actualización dos criterios de avaliación. Nesta revisión deben terse en conta os aspectos máis destacados na consideración actual da I+D+i, como son a relevancia das actividades de transferencia de coñecemento en tódolos ámbitos, o interese na internacionalización da investigación e o desenvolvemento de liñas de traballo multidisciplinares, ou a aplicación de criterios de calidade e excelencia como un requirimento para mellorar a competitividade da universidade. Por todo isto, a Universidade de Vigo formula a avaliación das actividades investigadoras de cada membro mediante dous tipos de indicadores, complementarios entre eles: por una banda, a produción de investigación e por outra a produción de transferencia. Nos dous conxuntos de criterios primarase a calidade, establecéndose políticas específicas para reforzar as actividades investigadoras e de transferencia. Nos criterios de avaliación da produción de investigación aquí presentados preténdese simplificar no posible o proceso avaliador, considerando os elementos máis significativos da difusión da actividade investigadora, primando a calidade e a excelencia, confirmada polo rigor e esixencia no proceso de selección das publicacións, e a difusión internacional. Preténdese utilizar criterios estandarizados, de aceptación xeneralizada, e o máis obxectivos posible. Tamén se terá en conta as particularidades dos diversos ámbitos de coñecemento, para que todos os ámbitos estean en condicións de igualdade para tender á calidade e á excelencia. Tenderase así mesmo a unha máxima transparencia no proceso de avaliación, garantindo a posibilidade de que os investigadores e investigadoras coñezan a valoración da súa produción, e poidan presentar as correspondentes reclamacións se fose necesario. 1

CRITERIOS XERAIS A) Avaliaranse os méritos correspondentes ao ano 2016. B) Os méritos avaliaranse sempre que no documento acreditativo (libro, artigo etc.) figure expresamente que a autora ou autor é da Universidade de Vigo, salvo que nese período non se incorporase a esta. Poderase ter en conta outra documentación acreditativa (p.ex. artigos de prensa), na que se indique expresamente e se faga visible a relación entre o mérito, os autores e/ou autoras do mesmo e a súa vinculación coa Universidade de Vigo. C) Avaliaranse méritos en distintos soportes (papel, electrónico, etc.) sempre que estes cumpran os criterios que se requiren para o seu recoñecemento (ISBN, ISSN ou equivalentes). D) Non se considerarán aqueles méritos dos que a documentación sexa insuficiente ou confusa ou recibida fora de prazo. E) Só se avaliarán os méritos daquelas persoas que sexan membros da Universidade de Vigo no momento da solicitude. Poderán solicitar a avaliación da produción de investigación: o profesorado fixo de cadro de persoal (catedráticos/as e titulares de universidade, catedráticos/as e titulares de escola universitaria, profesores/as contratados/as doutores/as, profesorado emérito), persoal investigador posdoutoral contratado con cargo a programas competitivos (Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, posdoutorais da Xunta de Galicia, Marie Curie, posdoutorais da Universidade de Vigo, persoal investigador distinguido do programa Oportunius da Xunta de Galicia), profesorado axudante, profesorado asociado, lectores/as e estudantes de doutoramento vinculados a un grupo de investigación da Universidade de Vigo. Non se considerarán, para os efectos de solicitude de avaliación da produción de investigación: o profesorado de listas de agarda, o profesorado invitado ou visitante e o persoal investigador contratado con cargo a proxectos que non estea cursando estudos de doutoramento na Universidade de Vigo. F) Os puntos asignados a cada mérito dividiranse entre o número total de autoras/es, e asignarase a cada investigadora ou investigador da Universidade de Vigo o que lle corresponda. Se o número de autores/as da Universidade de Vigo, é igual ou superior a un terzo do número total de autores/as, computarase o traballo como realizado na súa totalidade por autores/as da Universidade de Vigo, e dividirase a puntuación total do mérito entre estes. G) Os traballos asinados por varios autoras e/ou autores que pertenzan a distintos departamentos deberán ser solicitados por cada un dos departamentos implicados. O mérito será avaliado unha soa vez, e os puntos totais correspondentes ao mesmo serán repartidos de xeito proporcional entre todos os autoras e/ou autores. H) Non se poderá presentar un mesmo mérito en dous apartados distintos. Cando un mérito de investigación sexa presentado nun apartado que non corresponda, non será valorado. 2

I) Non será preciso que o departamento entregue aquela documentación que teña avaliación automática, agás que se solicite expresamente. A Vicerreitoría de Investigación e Transferencia levará a cabo unha comprobación por mostraxe da veracidade dos datos rexistrados. Para ese efecto poderá solicitar dos departamentos, no momento que considere oportuno, a xustificación correspondente a todos ou algúns dos méritos rexistrados, establecéndose un prazo para que os anteditos departamentos preparen e envíen, se procede, a referida documentación. En todo caso, unha vez avaliada a produción de investigación, a documentación requirida será devolta integramente ao departamento. Realizada a verificación, en caso de detectarse o rexistro de méritos non avaliables segundo os presentes criterios, ou méritos para os cales non exista a documentación xustificativa completa, a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia procederá a anular os méritos correspondentes, e a deducir ao persoal investigador implicado o 300% da puntuación que lle correspondería por cada ítem afectado na Produción de Investigación do mesmo ano, se os prazos marcados no procedemento o permiten, ou do ano seguinte en caso contrario. J) Os departamentos serán responsables de verificar a documentación acreditativa dos méritos presentados polos seus membros, e proceder á validación na aplicación informática soamente no caso que o mérito sexa avaliable segundo o indicado nos presentes criterios, e a documentación acreditativa sexa correcta. Non se avaliará ningún mérito que non fora validado polo departamento durante o prazo establecido para tal fin. A relación definitiva dos méritos solicitados deberá contar co visto e prace do Consello de Departamento. K) A Comisión de Investigación, delegada de Consello de Goberno, realizará a avaliación dos distintos méritos presentados, para o cal poderá solicitar o asesoramento que estime conveniente. Así mesmo, velará porque non se produzan duplicacións de méritos, e resolverá as dúbidas ou fará as aclaracións que sexan necesarias. 3

1. LIBROS CRITERIOS ESPECÍFICOS Documentación: No caso de obras completas presentarase o exemplar orixinal. No caso de capítulos poderase presentar a obra orixinal ou unha fotocopia do capítulo, e das páxinas onde se indique toda a información necesaria para a avaliación do mérito. Poderase presentar a documentación equivalente en formato dixital, sen prexuízo de que os orixinais poidan ser solicitados para o cotexo. Ademais, deberanse proporcionar os datos necesarios para a avaliación, tanto de obras completas como de capítulos, segundo os medios indicados pola Vicerreitoría de Investigación e Transferencia. - Consideraranse neste apartado os seguintes tipos de publicacións de investigación: libros, monografías, edicións críticas sempre que os textos figuren co seu aparato crítico e un estudo razoado previo, catálogos de exposicións, traballos audiovisuais, e traducións de libros que conteñan un estudo da obra, un xuízo crítico ou unhas anotacións que se deriven dunha investigación. - Só se considerarán aquelas obras que teñan ISBN, ou requisito equivalente, de acordo coas normas internacionais, e nos que a editorial teña utilizado un editor, editora ou comité editorial que supervise o proceso de creación e edición do libro. - A publicación de Teses de Doutoramento, Proxectos Fin de Carreira, Teses de Licenciatura, Mestrados ou Graos non se considerará neste apartado. - Non se valorarán os libros de divulgación, os libros de texto ou docentes, os casos ou os supostos prácticos que teñan como obxectivo prioritario servir de apoio na docencia, as publicacións relacionadas con cursos ou xornadas de formación, nin as publicacións derivadas de calquera tipo de evento. - Non se valorarán neste apartado as actas de congresos, nin no relativo á autoría nin á edición das mesmas. - Non se valorarán os libros que sexan editados polos propios autores, autoras ou por persoas físicas, ou por empresas de reprografía, copisterías, librerías, empresas de artes gráficas ou similares. - As distintas edicións dun mesmo libro non se valorarán. - Non se consideran prólogos de libros. - A avaliación farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional, o grao de esixencia e o rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados, o nivel de calidade do panel de editoras e/ou editores, a existencia de consello científico internacional, a práctica acreditada de revisión por pares, etc. A lingua de publicación non será considerada como factor determinante do ámbito no que se encadre unha editorial cara á avaliación. - A Comisión de Investigación establecerá conxuntos de editoriais nos que os méritos reciban puntuación fixa. No procedemento de avaliación da produción de investigación incluirase unha etapa inicial para a solicitude polo persoal investigador, a través dos departamentos, da inclusión de editoriais nas diversas categorías de puntuación. 4

- A suma dos capítulos dun mesmo libro non poderá superar a puntuación que correspondería polo libro completo. - No caso de catálogos de exposicións e traducións de libros, non se valorará o mérito neste apartado se é valorado na produción de transferencia. 1.1. Libros completos de investigación Editorial de ámbito internacional Editorial de ámbito estatal Editorial de ámbito autonómico ou local Editorial Como autor/a Como editor/a Tipo I1 24 puntos 8 puntos Tipo I2 18 puntos 6 puntos Tipo I3 12 puntos 4 puntos Tipo E1 16 puntos 6 puntos Tipo E2 12 puntos 4 puntos Tipo E3 6 puntos 2 puntos Tipo A1 10 puntos 3 puntos Tipo A2 6 puntos 2 puntos Tipo A3 4 puntos 1 puntos 1.2. Capítulo de Libro Editorial de ámbito internacional Editorial de ámbito estatal Editorial de ámbito autonómico ou local Editorial Tipo I1 Tipo I2 Tipo I3 Tipo E1 Tipo E2 Tipo E3 Tipo A1 Tipo A2 Tipo A3 Como autor/a 8 puntos 6 puntos 3 puntos 4 puntos 3 puntos 2 puntos 2,5 puntos 1,5 puntos 1 punto Non se valorarán os libros que sexan editados polas propias autoras, autores ou por persoas físicas, ou por empresas de reprografía, copisterías, librerías, empresas de artes gráficas ou similares. 5

2. ARTIGOS OU TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN PUBLICADOS EN REVISTAS Documentación: Achegarase no departamento o orixinal ou copia completa do traballo, no que debidamente impreso conste a data de publicación, o nome da revista e os autores e/ou autoras. Poderase presentar a documentación equivalente en formato dixital, sen prexuízo de que os orixinais poidan ser solicitados para o cotexo. Ademais, deberanse proporcionar os datos necesarios para a avaliación, tanto de obras completas como de capítulos, segundo os medios indicados pola Vicerreitoría de Investigación e Transferencia. Criterios de clasificación de revistas: En todos os casos, utilizaranse as bases de datos* do último ano dispoñible no momento da avaliación. Establécense as seguintes categorías: TIPO A: Revistas que aparezan no JCR SCI ou JCR SSCI, no SJR con índice de impacto, no grupo A da Clasificación CIRC, no A&HCI, no ERIH ou no grupo A do CARHUS. Distinguiranse catro subcategorías A1: aquelas revistas contidas no primeiro cuartil do índice de citas do JCR SCI ou JCR SSCI, no primeiro cuartil do SJR ou no Grupo de excelencia do CIRC. A2: aquelas revistas contidas no segundo cuartil do índice de citas do JCR SCI ou JCR SSCI, ou no segundo cuartil do SJR. A3: aquelas revistas contidas no terceiro cuartil do índice de citas do JCR SCI ou JCR SSCI, no terceiro cuartil do SJR, ou no subgrupo INT 1 do ERIH. A4: aquelas revistas contidas no cuarto cuartil do índice de citas do JCR SCI ou JCR SSCI, cuarto cuartil do SJR (sempre que teñan índice de impacto), e resto de revistas do tipo A non incluídas nas subcategorías anteriores. TIPO B: Revistas que non se atopen catalogadas como tipo A e que estean incluídas no Grupo B do CIRC, no grupo B do CARHUS, ou que aparezan en Scopus. TIPO C: Revistas que non se atopen catalogadas como tipo A nin B, e que estean incluídas no Grupo C do CIRC ou no grupo C do CARHUS. TIPO D: Revistas de investigación non incluídas en apartados anteriores. * Bases de datos: - JCR SCI (Journal Citation Reports, Science Edition) e JCR SSCI (Journal Citation Reports, Social Sciences Edition) - SJR (SCImago Journal Rank) - CIRC (Clasificación Integrada de Revistas Científicas) - ERIH (European Reference Index for the Humanities) - A&HCI (Arts and Humanities Citation Index) - CARHUS (Sistema de avaliación de revistas científicas dos ámbitos das Ciencias Sociais e Humanidades) - SCOPUS 2.1. Autoría de artigos en revistas O baremo será como sigue: 6

Revista TIPO A Nature, Science: 36 puntos A1: 30 puntos A2: 24 puntos A3: 18 puntos A4: 12 puntos Revista TIPO B: 5 puntos Revista TIPO C: 3 puntos Revista TIPO D: 1 punto No caso de notas breves: Revista TIPO A: Un terzo dos puntos que lle correspondería ao artigo extenso, agás no caso das publicadas en Nature ou Science, nos que se considera a puntuación completa. Revista TIPO B: 2 puntos Revista TIPO C: 0,5 puntos Revista TIPO D: 0,25 puntos En todos os casos, quedan expresamente excluídos os artigos en xornais de divulgación, os documentos de traballo e os resumos de congresos. Co obxecto de ter en conta as particularidades dos diversos ámbitos de coñecemento, e promover a investigación de calidade e de difusión internacional, os puntos obtidos por publicación de artigos en revistas do JCR SSCI (Journal Citation Reports, Social Sciences Edition) e Arts & Humanities Citation Index, e do primeiro cuartil do JCR SCI (Journal Citation Reports, Science Edition) serán multiplicados por un factor 2,0. 2.2. Edición de revistas Revista TIPO A Revista TIPO B Editor/a xefe/a: A1, 30 puntos; A2, 24 puntos; A3, 18 puntos; A4, 12 puntos Co editor/a, editor/a asociado/a, editor/a rexional: A1, 15 puntos; A2, 12 puntos; A3, 9 puntos; A4, 6 puntos Membro do consello de redacción, editor/a invitado/a: A1, 3 puntos; A2, 2,4 puntos; A3, 1,8 puntos; A4, 1,2 puntos Editor/a xefe/a: 5 puntos Coeditor/a, editor/a asociado/a, editor/a rexional: 2,5 puntos Membro de consello de redacción, editor/a invitado/a: 0,5 puntos 7

Revista TIPO C Editor/a xefe/a: 1 punto Revista TIPO D Editor/a xefe/a: 0,5 puntos 2.3. Censor/a de artigos de revistas Revista TIPO A: 1 punto por artigo, ata un máximo de 6 puntos por ano. 3. TESES DE DOUTORAMENTO LIDAS NA UNIVERSIDADE DE VIGO OU EN COTUTELA Documentación: Achegaranse os datos e documentación só no caso da dirección de teses non lidas na Universidade de Vigo. No caso de que o doutorando ou doutoranda non sexa membro da Universidade de Vigo para os efectos do reparto da produción de investigación, os puntos da realización sumaranse a quen dirixa a tese de doutoramento. Realización: 8 puntos Dirección 6 puntos Teses co dirixidas: de non seren lidas na Universidade de Vigo daranse 6 puntos pola dirección (a dividir entre as codirectoras e codirectores). 4. PUBLICACIÓNS DERIVADAS DE CONGRESOS Documentación: Deberá presentarse obrigatoriamente copia da comunicación publicada no libro de actas do congreso en papel, formato dixital ou enlace á páxina web do congreso onde se atope o traballo publicado. A documentación deberá reflectir o nome, tipo de congreso e datas de celebración. No caso de conferencias plenarias ou por invitación deberá acreditarse axeitadamente a invitación. Non se considerará como copia da comunicación o manuscrito a máquina ou ordenador enviado ao congreso para a súa aceptación. Valoraranse neste apartado: - as conferencias plenarias ou ponencias por invitación con publicación íntegra do texto en papel impreso ou en formato electrónico, recollidas en libros con ISBN ou requisito equivalente - as comunicacións extensas con publicación íntegra do texto en papel impreso ou en formato electrónico, recollidas en libros con ISBN ou requisito equivalente Exclúense expresamente os abstracts ou resumos, e as publicacións relacionadas con cursos ou xornadas formativas ou que non teñan carácter científico. O baremo será o seguinte: 8

- Conferencia plenaria ou ponencia por invitación en congresos internacionais con Comité Científico e Comité Organizador: 5 puntos - Comunicación extensa en congresos internacionais con Comité Científico e Comité Organizador: 3 puntos - Conferencia plenaria ou ponencia por invitación en congresos nacionais con Comité Científico e Comité Organizador: 2,5 puntos - Comunicación extensa en congresos nacionais con Comité Científico e Comité Organizador: 1,5 puntos Só se considerarán como conferencias plenarias ou ponencias por invitación aquelas contribucións para as que poida acreditarse axeitadamente a invitación. Considéranse congresos internacionais os que no comité científico e/ou organizador participen polo menos 3 países. Non se valorarán neste apartado as reunións derivadas de proxectos de investigación nin os eventos que non teñan un proceso aberto de presentación de comunicacións e selección das mesmas. Valoraranse só aquelas publicacións derivadas de congresos que presenten a estrutura dun traballo de investigación, e que teñan como mínimo unha extensión de 3 páxinas, tanto no apartado de Conferencias plenarias ou ponencias por invitación como no de Comunicacións extensas. As comunicacións extensas expresamente premiadas polo Comité organizador ou Científico do congreso, e sempre que se acredite axeitadamente o premio, valoraranse coa mesma puntuación que as Conferencias plenarias ou ponencias por invitación (5 puntos en congresos internacionais e 2,5 puntos en congresos nacionais). 9