DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Similar documents
GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Problema 1. A neta de Lola

Facultade de Fisioterapia

Soraya Domínguez Portela IES Pazo da Mercé

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

VOCAIS FINAIS EN GALEGO E EN PORTUGUÉS: UN ESTUDIO ACÚSTICO

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

EVOLUCIÓN ESTRUCTURAL DUNHA VARIEDADE MINORITARIA EN CONTACTO: A CONFORMACIÓN DUNHA IDENTIDADE LINGÜÍSTICA DIFERENCIADA NO GALEGO URBANO

Modelos matemáticos e substitución lingüística

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

A voltas coas contraccións: cun e con un

SINTAXE José M. García-Miguel e Carmen Cabeza (Universidade de Vigo)

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Aproximación ó funcionamento do suxeito na construción dos verbos de movemento: comportamento prototípico e singularidades construtivas

Variación lingüística interxeracional na Illa de Ons (Bueu). Seseo

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Os alófonos de /b, d, g/ en galego

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

Problemas na orixe da alternancia dos alófonos dos fonemas /b d / 0. Introdución1 1. Distribución e descrición dos alófonos dos segmentos implicados

Educación e linguas en Galicia

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

De mouras, tártalos e acompañamentos: un estudo da tradición oral da parroquia de Coruxo (Vigo)

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

AS INTERFERENCIAS NA FRASEOLOXÍA. María Álvarez de la Granja 1 Universidade de Santiago de Compostela

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

1. Take today s notes 2. En silencio, sientate 3. Vamonos! In English, escribe about why time is important. Use the questions to prompt you.

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Gödel, Escher, Bach By Hofstadter Second semester

ACTITUDES LINGÜÍSTICAS DE MOZOS E MOZAS GALEGOS: UNHA EXPLORACIÓN CON ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

action 8/ 8A action 15 / 15A action 12 / 12A action 118A action 218 / 218A action M12 / M12A action 215 / 215A action 18 / 18A

ESCOLA ESTADUAL DR. JOSÉ MARQUES DE OLIVEIRA - ANO 2016 TRABALHO DE ESTUDOS INDEPENDENTES

A MORFOLOXÍA VERBAL NA OBRA EN GALEGO DE MANUEL MURGUÍA Á LUZ DA DIALECTOLOX~A

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Grammar Appendix Grammar Review

Os rexistros e os niveis de lingua na fraseoloxía: unha aproximación descritiva das locucións nun corpus textual galego

Factores internos e externos nos cambios fonolóxicos no galego actual

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

MÁIS SOBRE O ROTACISMO DE /S/ EN GALEGO Francisco Dubert García Universidade de Santiago de Compostela

INFLUENTE OU INFLUÍNTE? PRESCRICIÓN E USO DA VOGAL TEMÁTICA VERBAL DA C-III NOS ADXECTIVOS EN -NTE NA LINGUA GALEGA*

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Recursos para a lingua

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

Fixación estrutural e desautomatización das locucións

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

C A D E R N O S D E L I N G U A

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

TRASTORNOS DA LINGUAXE NOS NENOS CEGOS DE NACEMENTO

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

FASE II: TRABALLO DE CAMPO

Transcription:

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela http://dspace.usc.es/ Instituto da Lingua Galega X. M. Pérez Sardiña (2004): "Os sistemas adverbiais referentes xerados sobre as bases léxicas riba e baixo en Irís (Cabanas-A Coruña)", en R. Álvarez / F. Fernández Rei / A. Santamarina (eds.): A lingua galega: historia e actualidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, vol. 4, 375-382. You are free to copy, distribute and transmit the work under the following conditions: Attribution You must attribute the work in the manner specified by the author or licensor (but not in any way that suggests that they endorse you or your use of the work). Non commercial You may not use this work for commercial purposes. http://ilg.usc.es/

A LINGUA GALEGA, HISTORIA E ACTUALIDADE. ACTAS DO I CONGRESO INTERNACIONAL: CONSELLO DA CULTURA GALEGA, INSTITUTO DA LINGUA GALEGA, 2004: 375-382 375 OS SISTEMAS ADVERBIAIS REFERENTES XERADOS SOBRE AS BASES LÉXICAS RIBA E BAIXO EN IRÍS (CABANAS-A CORUÑA) Xosé Manuel Pérez Sardiña Instituto da Lingua Galega.Universidade de Santiago de Compostela 1. INTRODUCCIÓN Na nosa lingua seguen existindo eidos de estudio sen unha sistematización pormenorizada. No marco que nos ofrece este Congreso, A lingua galega: historia e actualidade, procurarémonos achegar a un deses ámbitos aínda ermos cun relatorio que parte da lingua viva e que se relaciona por unha banda coa súa dialectoloxía e pola outra coa súa descrición gramatical. O tratamento heteroxéneo que reciben os adverbios relativos de lugar merece unha abordaxe específica dende a fala viva. Só con botarmos unha ollada ós distintos diccionarios e gramáticas xa nos damos conta de que as explicacións gramaticais achegan tanto uns usos pouco clarificados coma uns valores espaciais que precisan ser concretados e matizados. A nosa investigación comezou coa recollida de materiais de traballo nunha serie de enquisas concernentes á toponimia menor da parroquia de Irís, situada á beira do río Eume, próxima xa á súa ría. Nun contorno netamente rural, realizamos hai tres anos sete gravacións a persoas de entre corenta e noventa anos, que para esta exposición apoiaremos con outra serie de casetes realizada neste mesmo lugar máis recentemente e complementada a maiores con algunhas máis de parroquias adxacentes (Cabanas, Santa Cruz do Salto e mais Suaserra). Con isto pretendemos mellora-los resultados iniciais, que realmente non eran determinantes para os valores e a penas apuntaban un feixe de usos 1. OS SISTEMAS ADVERBIAIS REFERENTES XERADOS SOBRE AS BASES LÉXICAS RIBA E BAIXO EN IRÍS 1 En total xuntamos 19 informantes, dos cales 8 son de Irís. A depuración posterior do material proporcionounos un total de 634 ocorrencias, 307 pertencentes a Irís e o resto, 327, repártense entre Cabanas (35), O Salto (36) e mais Suaserra (253).

376 A descrición que se ofrece na gramática de R. Álvarez et alii verbo destes adverbios riba/baixo, arriba/abaixo, derriba/debaixo e enriba/embaixo enmarcará o noso traballo. As observacións concretas nas que baseámo-la análise sinalan, para o plano vertical desta clase de adverbios, tres aspectos (Álvarez et alii, 1992 3, pp. 426-430): 1º. A referencia precisa, no caso de de-, e extensa, no caso de a-. 2º. A dirección ascendente/descendente exprésase con a-, fronte á situación, que amosa unha expresión dobre: a-/en-. Pero ademais para esta deíxe espacial tamén se fai pertinente a distinción entre a situación de contacto, de-/en-/encima fronte a debaixo e mais a de non contacto, expresada a través de en-/encima fronte a debaixo. 3º. O adverbio enriba convértese nun elemento anómalo polo seu dobre papel (enriba de/debaixo de expresando contacto ou enriba/embaixo non contacto ). No seu conxunto indica que as diferentes formas poden intercambiarse libremente cunha certa liberdade (Álvarez (1992 3, p. 427). Trataremos de aclarar dende unha perspectiva dialectal esta apreciación, atendendo o uso individual e logo o uso representativo no conxunto da parroquia, iso si, contrastado no posible co doutras adxacentes. Daquela, fundamentarémo-la análise en tres variables: o informante, a forma adverbial relativa e mailo marco sintagmático desa forma, procurando deste xeito os posibles contextos opositivos. Ademais as combinacións dos adverbios relativos con frase preposicional derriba de/debaixo de ou arriba de/abaixo de non van ser consideradas puramente preposicionais, xa que as cremos máis próximas da deíxe adverbial. Hai que ter en conta que o sintagma preposicional introducido por de segue a facer explícito o referendo do adverbio, co que a posible elisión deste sintagma está condicionada por unha mención anterior no discurso. XOSÉ MANUEL PÉREZ SARDIÑA 2. VARIANTES FORMAIS As variantes formais dos adverbios que se nos ofrecen nas gravacións practicamente coinciden co estándar. Fóra as elisións e contraccións vocálicas ás que se poden ver sometidas estas formas, existen outros fenómenos como o da labialización esporádica: [do"riba], ou mesmo a maior ou menor palatalización da pretónica: [&"riba]. A principal diverxencia coa descrición gramatical estaría no emprego de novos adverbios con vocal pretónica alongada, sen xustificación contextual inmediata: [a; "riba]/[a; "B&jSo] 2, e que en varios falantes entra en competencia coas orixinarias arriba/abaixo. No plano consonántico pouco máis habería que notar á parte das realizacións máis ou menos palatais do estándar [S] nos adverbios que teñen como base baixo. 2 Para maior comodidade representarémo-las formas como àrriba e àbaixo, respectivamente.

3. ANÁLISE 377 A tipoloxía de contextos para analizar recolleuse a partir dunha síntese dos contornos sintácticos. Como ocorre coa maioría dos adverbios, as formas galegas poden desempeña-las funcións de modificador ou de núcleo de frase adverbial, pero pareceunos máis pertinente unha sistematización que considerase as clases de palabras adxacentes. Fundamentalmente, as distintas variantes distribúense segundo as preceda unha preposición, un adverbio de lugar absoluto, un substantivo, un pronome ou formen un sintagma supeditado directamente ó verbo principal da oración. 3.1. O uso con preposición Trátase, sen dúbida, do uso máis regularizado e menos anómalo, tanto a nivel individual coma de conxunto. A preposición para presenta riba e baixo como xerais en tódolos informantes desta parroquia. As formas principiadas por en- non participan en ningunha construcción e as ocorrencias de a- ou de- son moi minoritarias e esporádicas. (1) Seguindo para riba tes Os Currás (i1 3 ). (2) A billa tirábase por ela para riba e levantabas unha palanca (i2). (3) O camiño, desde aquí, colle para riba (i3). (4) Eu para riba subía, o malo era despois baixar (i4). (5) E para riba chámase As Funtiñas (i5). (6) Para baixo do murallón chámanlle O Penedo Grande (i6). (7) Estes montes todos que ves da estrada para riba (i7). (8) Do Cutiño para baixo todo é de Irís (i8). Os casos excepcionais que se reproducen en cadanseu exemplo de Cabanas e mais Irís a penas teñen relación. (9) no camiño que está feito novo, para abaixo, por alí é A Alaxe (i5). (10) Van para derriba da casa (para o alprende) de teu tío (ca). Non podemos constatar unha tendencia neste informante de Irís para as formas en a- como única expresión de estado o que nos fai interpretar o exemplo coma unha anomalía aparente e esporádica. Se observámo-lo corpus doutro informante, o i4, que expresa exclusivamente con a- a situación, constatamos que non propaga estas formas a este contexto preposicional. A outra forma excepcional, derriba, optamos por separala do conxunto porque o caso está recollido do corpus de apoio, en Cabanas, e coidamos que cun só exemplo non podemos dar conta dunha deíxe concreta e oposta pertinentemente á case xeral de riba/baixo en combinación con para, pois a práctica totalidade das ocorrencias rexistran esta última solución no resto dos informantes de apoio. OS SISTEMAS ADVERBIAIS REFERENTES XERADOS SOBRE AS BASES LÉXICAS RIBA E BAIXO EN IRÍS 3 De aquí para diante singularizarémo-los informantes cun número e mais cunha letra inicial das correspondentes parroquias: i= Irís, ca= Cabanas, sa= Salto e su= Suaserra.

378 Unha situación semellante tamén a temos en contextos coa preposición por. XOSÉ MANUEL PÉREZ SARDIÑA (11) E o outro pasa por riba (i2). (12) Algún leábase por aí por baixo cando as torzas do viño (i3). (13) Iamos por aquí por riba (i4). (14) A Costeira está por riba das casas de todo (i5). (15) Despois por baixo hai outro camiño (i6). (16) Por aí por baixo están estes montes, As Táboas (i7). (17) Amarra os zapatos por baixo (i8). Confírmase así mesmo o paralelismo de usos nun dos casos anómalos, a ocorrencia con formas principiadas por a-. Esta parece máis asentada na parroquia de Suaserra, onde teriamos unha alternancia entre a- e riba/baixo en tres informantes, sendo esporádica en Irís: (18) Non lle facía dano a ninguén unha pista por aí por abaixo (i4). (19) Deixabas por arriba un furadiño para poñerlle lume á foia (su1). (20) Entón despois hai uns cunqueiros que teñen uns furados por abaixo (su2). (21) Eles van vir por arriba, polo Cristo (su3). O caso concreto de Irís pódese atopar influído pola secuencia por+adverbio 4, contexto este que presenta como única opción as formas con a-. Por outra banda, varios informantes posúen unha oposición que se perfila como máis común 5, e que ten nos adverbios principiados por de- o seu segundo elemento: (22) Por debaixo da casa de Aurea (i1). (23) Coma se botaras cinza ó azúcar por derriba (i2). (24) A folla xa pasaba por derriba dun (i3). (25) Metíanse os gatos por debaixo da entrada da casa (i4). (25) Alí por debaixo do Paraíso mesmo teñen unha tenza de monte (i6). Esta oposición que se dá con por podería ser extensible ó caso de para, non sendo máis ca simples variantes circunstanciais as formas que teñen a- en ámbolos contextos. Conservaríase entón a pertinencia da oposición contacto / non contacto na metade dos falantes (5), expresando as formas riba/baixo o segundo dos trazos semánticos cun matiz engadido de precisión ; certamente a dirección (a-) non sería determinante. Daquela, a situación de non contacto, expresada noutros contextos por en- ou a-, ten nesta e nas outras concorrencias con preposición unha expresión propia. A preposición que indica orixe, procedencia, de, presenta anomalías a nivel individual. Os usos maioritarios das formas baixo/riba teñen nun mesmo falante interferencias coas variantes abaixo/arriba. 4 Vid. infra 3.2. 5 Estas formas non aparecen nos informantes de Suaserra que teñen en competencia arriba/abaixo con riba/ baixo, pai (su2) e fillo (su4).

(26) Hai Formarís de Abaixo e mais o de Arriba, como o Salto de Abaixo e mailo de Riba (i3). (27) Eses montes, como dixo Manuel, son de arriba das casas (i5). (28) Picaban o de baixo, que non se picaba namais có de abaixo (sa1). (29) Fixemos un cano desde alí de abaixo do cementerio (su5). Nos dous informantes de Irís, estes casos teñen un carácter diverxente. Para o primeiro prodúcese a irregularidade na toponimia maior, mesmo alternando coas formas simples, mentres na menor i3 fai uso exclusivo dos adverbios riba/baixo. A outra persoa enquisada, i5, caracterízase polo uso de formas a- para situación e dirección, e este feito coincide fundamentalmente co dos outros dous informantes veciños, de Suaserra e mais do Salto, nos que tamén se dá a dobre posibilidade xa no exemplo (28) ou en: (29) A columna de baixo e maila de riba xa eran dos vellos (i5). (30) Había un camiño por baixo, e outro polos montes de riba (su5). Con esta preposición non se recollen combinacións integradas polos adverbios debaixo/derriba. A súa ausencia non se pode afirmar con certeza, pero non se fai raro oír (31) e mais (32): (31) Bota o gato de debaixo (da cama). (32) Collín o pan de derriba (da mesa). O certo é que as formas baixo e riba son as únicas que atopamos na nosa investigación. Tanto encima coma as formas con a- pódense caracterizar como marxinais para este contexto, cun escasísimo número de exemplos. A preposición desde/dende tampouco non ten outras formas fóra de baixo/riba. (33) Vai desde baixo (i2). (33) É O Monte Cativo desde baixo (i3). (34) E entón dende baixo hai que ir tomando medida (sa). 379 OS SISTEMAS ADVERBIAIS REFERENTES XERADOS SOBRE AS BASES LÉXICAS RIBA E BAIXO EN IRÍS O outro contexto prepositivo do que temos datos amosa certa harmonía co que vimos observando. Trátase de combinacións con ata que admiten, segundo o falante, baixo ou arriba: (35) O Soutullo é ata baixo, ata Bolbís (i3). (36) Veña aló, ata arriba (su). 3.2. Os usos na posposición a adverbios absolutos, substantivos e mais pronomes Comezaremos analizando novamente a maior regularidade nos usos adverbiais. Tamén neste caso se ven implicadas dúas preposicións moi concretas, de e por, ás que temos que engadir un novo factor, a intercalación doutros elementos, que parece rexer unha solución morfolóxica case exclusiva. Coa preposición por a regularidade é absoluta, non se admiten formas distintas de abaixo/arriba, tanto se se trata de adverbios absolutos como de substantivos ou pronomes:

380 (37) (Estivemos) en Cervera, tirando cañonazos por alí arriba (i1). (38) Cantaban pola estrada abaixo que era unha marabilla (i3). (39) Salpicaba a tinta por ti abaixo, polas libretas O demo! (su5). XOSÉ MANUEL PÉREZ SARDIÑA Pola contra, de+adverbio absoluto presenta outro comportamento. Segue habendo casos de a-, pero tamén se empregan de- e en-. (40) O señor de aquí arriba tivo unha filla (i4). (41) É de aí derriba (i5). (42) Teu pai díxolle á veciña de aí abaixo que (ca). (43) Tirouse de aí embaixo (Su5). En todo caso só podemos acepta-la expresión da situación quer de contacto (de-) quer de non contacto (a-/en-) neste contexto. É lóxico que os trazos semánticos da preposición de esixan unha localización estática. O exemplo (41) do informante de Cabanas cadra en canto que expresa con a- tanto a situación coma o movemento 6. No caso de posposición a un adverbio absoluto ou substantivo non dependentes de preposición obsérvase un uso diferente. O substantivo, normalmente referido a accidentes xeográficos, implica a ocorrencia exclusiva de formas con a-: (44) Ías coto abaixo (i3). (45) Atravesabas monte abaixo (i5). se ben hai que ter en conta o paralelismo cos sintagmas de por+adverbio absoluto, o que debe determinar en grande medida esta escolla exclusiva. A situación tórnase máis complexa no caso de ir posposto a un adverbio de lugar non referente, xa que aquí si caben as tres posibilidades, a-/en-/de-, e parece que a triple oposición só ten como atranco a competencia entre a-/en- (i2) ou a simplificación que se produce en favor de a- (i8): (46) Aquí debaixo da Canteira é o Souto (i1). (47) A parroquia de Irís chega alí enriba ó marco do Salto. Alá abaixo, na casa de baixo, hai unha tinalla (i2). (48) Aquí derriba chamábanlle A Fraga do Rei. Aquí enriba hai unha fonte. Tes aquí àbaixo do Paso Cativo A Pena Chá (i3). (49) Está aí debaixo das leiras de Manuel (i5). (50) A Fraga da Pena é aí embaixo (i6). (51) Aquí àrriba desta casa é onde dividen a parroquia de Irís e a de Santa Cruz (i7). (52) Ese sitio que che dixen eu aí arriba (i8). 6 Cf. cos usos de para.

Non podemos afirma-la simplificación para en- ou de- por falta de contextos, aínda que si podemos constatar unha tendencia no i1 cara á simplificación en de- e no i5 a designación dobre de a- ( situación e mais dirección ). É nestes contextos onde se presenta à-, indicando dirección e mais unha referencia extensiva, seguido case sempre dun sintagma preposicional introducido por de, característica que o singulariza fronte a a-, co que compite en su1, sen que haxa posibles concorrencias nos outros casos: (53) Parte aquí no catro e medio, aquí xunta Funfría mesmo, aí àbaixo do corte ese. A árbore foi criada aí enriba de seixos ou Ves aquela árbore grande que está alí enriba (sa). (54) Estaban aquí àrriba do Ghaiteiro. Están alí embaixo no fondo. O torgo que queda aí debaixo, era o mellor, o que calla máis. (su). (55) Quixemos facer un banco alí àbaixo de Xabarís. Estivemos deitados aló embaixo. A fonte do San Roque estaba tan lonxe coma de aquí aí abaixo, ós Lamas. (su1). 3.3. Os usos condicionados polo verbo O factor máis importante que incide neste contexto, o verbo, pode determinar en certo grao a escolla dunha ou doutra opción adverbial, xa que, de principio, impón limitacións de tipo semántico. Deste xeito, estar e ser esixen unha situación, o que se relaciona directamente co predominio das formas en- e de-. (56) Os Reises xa están debaixo de Santa Cruz (i1). (57) Iso é a roda embaixo, hò (i2). (58) Ti estabas debaixo e ela derriba (i3). (59) O Chao do Monte tes razón ti que é arriba no coto (i5). (60) A Fonte escura é embaixo. Volve a ser àbaixo do camiño. Si, é debaixo da Caneta (i6). 381 OS SISTEMAS ADVERBIAIS REFERENTES XERADOS SOBRE AS BASES LÉXICAS RIBA E BAIXO EN IRÍS Pero o esporádico uso de formas principiadas por à- relaciónase concretamente coa localización dinámica dun lugar. Así é, tamén se dan as formas à-/de-/en- nun dos informantes de Suaserra: (61) Inda é àrriba do Seixo. Está debaixo da terra. Están embaixo, no fondo (su). O valor desas formas relaciónase coa dirección (e indirectamente coa situación de non contacto ), ademais de ser concreta, fronte a en- que só pode expresar situación de non contacto ou a de- que designa unha situación de contacto e ambas serían +concretas. Así mesmo, limítanse a unha dobre oposición a maior parte dos verbos recollidos: baixar admite a-/à- dirección (como vulgarismo) e en- situación ; caer en- ou de- ( situación de non contacto ou de contacto ); ter, chegar ou empezar en- ou a- co mesmo trazo de situación de non contacto ; en meter(se) e poñer(se) predomina claramente de- ( situación de non contacto ), aínda que non serían imposibles en-/a-.

382 Mais, si que concorren os tres trazos deícticos con haber (sendo posibles formas principiadas por à-), ir, botar, vir para os que, segundo os falantes, habería unha oposición formal a-/de- ou a-/de-/en-. XOSÉ MANUEL PÉREZ SARDIÑA 4. CONCLUSIÓN Coa descrición que vimos de facer cremos fixada, por unha banda, unha serie de patróns de comportamento para estes adverbios e, pola outra, unha serie de contextos opositivos. Deste xeito, podemos perfilar con bastante nitidez a existencia de dous sistemas adverbiais referentes, sendo elemento determinante a existencia ou non de en-, e en consecuencia, a asunción de dúas deíxes por parte de a-. Podemos apreciar ademais a natureza da deíxe; o xeito de designar destes adverbios móvese por lindeiros pouco marcados e difusos, o que podería ser un dos motivos para que se produza o avance de formas principiadas por a-. Esta precariedade pódese chegar a solucionar en falantes moi concretos coa sincretización dos valores de situación de non contacto e dirección en abaixo/arriba, mais o normal é que se manteña a oposición distintiva de tres elementos, con lixeiras interferencias, proposta por Álvarez et alii (1992, 427) 7. Nos contextos prepositivos, ós que tamén se expande a-, aparecen novas irregularidades, e de teren unha oposición binaria (riba-baixo/derriba-debaixo) poden pasar a unha de tres elementos, con dous deles (riba-baixo/arriba-abaixo) nun estado, aínda non xeneralizado, de competencia de usos. BIBLIOGRAFÍA Alarcos Llorach, E., Estudios de Gramática Funcional del español, Madrid, Gredos, 1980 3. ALGa = Instituto da Lingua Galega, Atlas Lingüístico Galego. Morfoloxía non verbal, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1995. Álvarez Blanco, R. et alii, Gramática Galega, Vigo, Galaxia, 1992 3. Bühler, K., Teoría del Lenguaje, Madrid, Revista de Occidente, 1950. Coseriu, E., Teoría del Lenguaje y Lingüística General. Cinco Estudios, Madrid, Gredos, 1967 2, pp. 282-323. Fernández Rei, F., Dialectoloxía da lingua galega, Vigo, Xerais, 1990. Porto Dapena, J. A., El gallego hablado en la comarca ferrolana, Anexo 9 de Verba, 1977. Santamarina Fernández, A., El adverbio gallego. Estudio basado en el habla del Valle de Suarna (Fonsagrada, Lugo), Verba, 2, 1975, pp. 59-106. 7 Os datos do ALGa (1995), que recollemos do mapa relativo a estas formas, indican para a combinación co verbo estar arriba, na Queira-Ares (C.8), e enriba, en Pontedeume (C.9) e mais Espiñaredo (C.6). En Ferrolterra rexístranse arriba-abaixo, que teñen como variantes enriba-embaixo en hablantes menos castellanizantes, e tamén derriba (encima) -debaixo- (Porto Dapena, J. A., 1977, p. 207).