Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

Similar documents
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Síntesis da programación didáctica

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Consellería de Sanidade

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Concello de Castroverde

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Expediente: 5193/2017

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Sede Electrónica Concello de Cangas

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Proposta de resolución provisional

O Software Libre nas Empresas de Galicia

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Silencio! Estase a calcular

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

Transcription:

BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE 3 BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NO SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (2015 2016). A Deputación é consciente que dentro das actuacións fundamentais que deben desenvolver os gobernos locais atópase a cooperación e coordinación no fomento do desenvolvemento económico e social da provincia de modo que se logre a máxima efectividade mobilizando e optimizando todos os recursos dispoñibles, e como parte de esas actuacións contempla o impulso, apoio e desenvolvemento de actos que amplíen a formación de mozos para o seu posterior acceso ao mundo laboral. Diversos factores adicionais afectaron ao mercado de traballo nestes anos: a evolución demográfica, primeiro coa presión exercida polos novos no acceso ao seu primeiro emprego, e posteriormente, co envellecemento da poboación activa; o fenómeno inmigratorio, coa conseguinte chegada de importantes recursos humanos procedentes do exterior ao noso mercado de traballo; de outra parte, o desenvolvemento fulgurante das tecnoloxías da información e da comunicación, e sobre todo a crise actual. Neste sentido, durante os últimos anos realizamos unha aposta decidida polas novas tecnoloxías, o que contribuiu a un crecemento exponencial das infraestructuras tecnolóxicas adaptadas ás novas necesidades da entidade. Esta situación, xunto ca posta en marcha de proxectos tecnolóxicos de gran envergadura como o InnovaTe, fixeron da Deputación de Lugo un referente no ámbito das TIC. Coa finalidade de frear os efectos da crise e incidir na recuperación económica da provincia, a Deputación pretende seguir traballando no desenvolvemento do Servizo de Novas Tecnoloxías, e convocar 3 bolsas para realizar 12 meses de prácticas formativas na Excma. Deputación Provincial de Lugo. Primeiro. Obxecto. O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, 2 bolsas destinadas a técnicos en sistemas microinformáticos e redes, e 1 bolsa destinada a técnicos superiores de Secretariado que desexen ampliar a súa formación práctica no Servizo de Novas Tecnoloxías, nalgunha das materias que son da competencia da Deputación Provincial de Lugo. Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes. Segundo. Requisitos dos solicitantes. Para optar á axuda convocada pola presente resolución, serán necesarios os seguintes requisitos, que deberán cumprirse á data de peche do prazo de presentación de solicitudes: 1. Posuír a nacionalidade española, ou ser nacional dun país membro da Unión Europea. 2. Estar empadroado nalgún Concello da provincia de Lugo. 3. Estar en posesión da titulación académica requirida. 4. Será requisito indispensable dominar o castelán e a lingua galega. 5. Durante o período de goce da bolsa, o beneficiario/a no poderá ser titular de ningunha bolsa ou axuda económica de outro organismo. 6. Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario. 7. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poda impedir a realización normal da

actividade formativa obxecto das axudas que se convocan. 8. Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 14 da citada lei. Os anteriores requisitos deberán cumprirse no momento da presentación das solicitudes. Terceiro. Características e duración da axuda. O número de bolsas convocadas será de 3, cunha duración de 12 meses cada unha, que se contarán a partir da data de incorporación do bolseiro/a Servizo de Novas Tecnoloxías, extinguíndose polo transcurso deste tempo máximo. O prazo do apartado anterior se verá incrementado, no caso de interrupción autorizada conforme ao apartado Quinto da presente resolución, polo tempo máximo que abarque dita interrupción. En todo caso, a Resolución que autorice a interrupción temporal do goce da bolsa, establecerá os novos prazos a efectos da duración máxima da axuda. A data de incorporación será a data na que se lle notifique ao adxudicatario/a da bolsa. A non incorporación no prazo establecido implicará a perda automática dos dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada e acreditada de atraso na incorporación. Neste caso requirirá autorización expresa do Servizo de Novas Tecnoloxías para o aprazamento ata un máximo de 15 días naturais na incorporación á bolsa. Cuarto. Dotación e pagamento da axuda O importe das bolsas non excederá, en ningún caso, a cantidade de 44.564,04, correspondentes ao pagamento das bolsas formativas e á cotización ao Réxime Xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, de acordo co RD 1493/2011, de 24 de outubro de desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social. Para o gasto que se proxecta existe crédito axeitado e suficiente na aplicación orzamentaria 2410.481 por importe de 43.308,00 euros e na 2410.16000 por importe de 1.256,04 euros do vixente orzamento provincial para anualidade 2.015, contemplado no Plan Estratéxico de Subvencións desta Deputación, na liña de actuación 11.1 Fomento do emprego. O pagamento da axuda farase mediante relación mensual, en función do número de días que o bolseiro/a estea de alta, baseándose no informe expedido polo titor do bolseiro, conformado polo responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías, que se pechará o día 27 de cada mes, observándose que as alteracións que se produzan con posterioridade a esta data terán efecto no mes seguinte, agás a derradeira mensualidade. As axudas comezarán a ser efectivas a partir da data de incorporación do bolseiro ó Servizo de Novas Tecnoloxías. Ao bolseiro/a poderáselle requirir a documentación necesaria para proceder ao pagamento da bolsa. Asemade, estará obrigado/a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos competentes de conformidade coa lexislación aplicable, no exercicio das funcións de fiscalización e control de destino da axuda. O bolseiro antes do último pagamento, presentará unha memoria descritiva sobre o proxecto formativo que estivo realizando. Quen acceda á condición de beneficiario como consecuencia das renuncias previstas no apartado décimo cuarto

da presente resolución, gozarán igualmente de 12 meses de axuda desde a data da súa incorporación ó Servizo de Novas Tecnoloxías, con independencia dos meses que houbesen gozado o anterior ou anteriores beneficiarios, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan. Quinto. Suspensión das axudas. Durante o período de bolsa, o bolseiro/a terá dereito á interrupción temporal da mesma, unicamente nos supostos de baixa por incapacidade temporal (enfermidade ou accidente), risco durante o embarazo, descanso por maternidade ou paternidade, risco durante a lactación e adopción ou acollemento, nos mesmos termos que se establecen na normativa laboral. En todo caso, o/a bolseiro/a terá dereito a cubrir a totalidade do período formativo de 12 meses concedido nesta bolsa, incluso se se realiza unha vez superada a data límite establecida para a finalización da bolsa, no suposto de que concorra algunha das circunstancias previstas no paragrafo anterior e sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan. Sexto. Presentación das solicitudes e prazo. A solicitude, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme ao modelo oficial que figura nos anexos I e III, dirixíndoa ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa, preferentemente no Rexistro Xeral da Deputación ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro e a Lei 4/99 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. As solicitudes presentadas fóra de prazo, en ningún caso, serán admitidas para participar na convocatoria. Sétimo. Documentación a achegar en cada solicitude Toda a documentación deberá ser achegada en soporte orixinal ou copia autenticada, compulsada ou cotexada. 1. A solicitude deberá achegarse no modelo normalizado (Anexo I) deberá ser acompañada por fotocopia do NIF do interesado, ou documento que regulamentariamente o substitúa. 2. Certificado de empadronamento no que se acredite que a data de empadronamento é anterior á publicación das bases no BOP. 3. Curriculum Vitae actualizado. 4. Expediente académico actualizado. 5. Memoria descritiva a través da que se acredite o cumprimento dos obxectivos previstos nesta convocatoria. 6. Na solicitude será necesario cumprimentar un teléfono de contacto (fixo ou móbil) e un correo electrónico. 7. Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas polo solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas (nacionais ou estranxeiras) para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención (Anexo III). 8. No caso de ter sido beneficiario de subvencións anteriores, declaración responsable de acreditar o cumprimento das súas obrigas inherentes á mesmas (Anexo III). 9. Acreditación, mediante declaración xurada, de non atoparse incurso nos supostos establecidos no artigo 13 da lei 38/2003, Xeral de Subvencións (Anexo III). 10. Certificación de estar ao corrente das obrigas coa Axencia tributaria estatal e coa Facenda Autonómica así como certificación de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social. 11. A unidade administrativa recadará de oficio da Recaudación Provincial a información de atoparse ao

corrente nas súas obrigas tributarias. O interesado deberá cubrir o modelo que autoriza á Deputación de Lugo a solicitar do Servizo de Recadación do Organismo Provincial os datos relativos ao cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación (Anexo IV). 12. Fotocopia compulsada da titulación académica requirida para a bolsa, expediente académico coas cualificacións obtidas nas diferentes materias (nota media do expediente), currículum vitae e cantos documentos oficiais podan avalalo. 13. Documentación acreditativa dos méritos alegados. Só contabilizarán os que se acheguen coa proba documental correspondente. No caso de esixir aos solicitantes a presentación dos orixinais ou fotocopia compulsada dos méritos alegados, estes deberán achegarse no prazo máximo de tres días, contados a partir do momento do seu requirimento. 14. Fotocopia compulsada da acreditación do curso de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega/ou Celga4. 15. Si se dispón dos mesmos, certificados de outros idiomas estranxeiros. Para que o interesado poda exercer o seu dereito a obter copia selada da solicitude e documentos que entregue, deberá achegar unha copia de dita solicitude e documentos orixinais, ao obxecto de que se lle devolva co selo do rexistro de entrada da oficina de Rexistro. Serán causas de exclusión a demostración de falsidade documental, a non correspondencia dos orixinais e a incorrección na documentación presentada. Oitavo. Criterios de valoración Como criterios obxectivos en orde á determinación do beneficiario da subvención rexerán os seguintes criterios: 1. Expediente académico: ata un máximo de 1 puntos. 2. Currículum vitae da persoa solicitante: ata un máximo de 2 puntos. 3. Memoria descritiva a través da que se acredite o cumprimento dos obxectivos previstos nesta convocatoria: ata un máximo de 2 puntos. 4. Entrevista persoal: ata un máximo de 5 puntos. A Comisión de Valoración Técnica non terá en conta aqueles méritos alegados polas persoas solicitantes que non estean acreditados documentalmente. Noveno. Procedemento. Recibidas as solicitudes no Rexistro da Deputación, remitirase ó Servizo de Novas Tecnoloxías quen procederá en función do obxecto e finalidade da bolsa solicitada. No Servizo de Novas Tecnoloxías se revisarán as solicitudes e maila documentación presentada. As solicitudes presentadas en prazo pero que sufran algún defecto subsanable polos interesados, poderán ser admitidas de forma condicional. Os interesados terán un prazo de 3 días naturais para mellorar ou subsanar a súa solicitude. Se transcurrido dito prazo non se producira a subsanación, quedarán excluídos do procedemento. En calquera caso, o prazo de subsanación expresado non suspenderá a realización do resto de trámites. Calquera requirimento ou notificación posterior á convocatoria, que se faga no presente procedemento selectivo publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación de Lugo. A avaliación das solicitudes se efectuará por unha Comisión de Valoración Técnica constituída para o efecto e

que terá a seguinte composición: Presidente/a: Un funcionario do Servizo de Novas Tecnoloxías. Vogais: Dous funcionarios da Deputación que se designen para tal fin. Secretario: O Secretario Xeral da Deputación. Os devanditos poden delegar a súa representación nas persoas que consideren. A Comisión poderá estar asistida por expertos técnicos. Corresponde á comisión de valoración formular a proposta de resolución. A proposta, que non terá carácter vinculante, deberá expresar o solicitante para o que se propón a concesión da subvención, e a súa contía, e fará constar, no seu caso, de xeito expreso, o nome dos solicitantes que queden na condición de posibles suplentes, así como a desestimación do resto das solicitudes. En canto ao funcionamento da comisión de valoración técnica aplicaranse as disposicións contidas no artigo 22 e seguintes da Ley 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e ademais o establecido no Estatuto Básico do Empregado Público lei 7/2007 do 12 de abril. Décimo. Resolución Será competente para resolver as solicitudes de subvención a Xunta de Goberno da Deputación. O prazo máximo para resolver as solicitudes de subvención será de dous meses, contados a partir do día da conclusión do prazo establecido na convocatoria para presentalas e o silencio da administración terá carácter desestimatorio. Se a xuízo do órgano competente ningunha das solicitudes achegadas reúne o interese suficiente, a convocatoria poderá declararse deserta, comunicando a devandita decisión aos participantes. A resolución da convocatoria, ou ben será publicada no BOP de Lugo, ou ben poderá ser consultada polos interesados no taboleiro de anuncios da Deputación que estará a disposición dos interesados no enderezo: san Marcos 8, (27001) Lugo. Ou tamén poderá ser consultada a través da páxina web: www.deputacionlugo.gal. Contra a indicada resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o mesmo órgano que adoptou a resolución, ou ben directamente recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, perante o Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo, computados tanto este como aquel a partir do día seguinte ao da súa publicación. Undécimo. Obrigas do beneficiario /a. Os perceptores da subvención están obrigados a: Aceptar a subvención. No caso de que os beneficiarios non comuniquen á Deputación, no prazo máximo de cinco días, a partir da notificación do outorgamento, a renuncia, entenderase que a subvención é aceptada. Realizar a actividade tanto na súa parte práctica como na teórica para a que foi concedida a subvención, axustándose aos termos destas bases. Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar os datos que se lle requiran. Comunicar, tan pronto como se coñeza, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de outras administracións e entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais. Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontra ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social.

A aceptación da axuda por parte do solicitante implica á das normas fixadas nas presentes bases reguladoras, así como as sinaladas na lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, para a xustificación dos fondos públicos percibidos. Duodécimo. Incumprimento A constatación do incumprimento dos requisitos necesarios ou das obrigas asumidas como consecuencia da concesión da axuda, así como a falsidade documental, poderá dar lugar á extinción do dereito ao seu goce ou a modificación da resolución de concesión, ao reintegro das cantidades percibidas e, no seu caso, á incoación do correspondente expediente sancionador, conforme ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, así como a cantas responsabilidades de todo orde que puidesen derivarse. Procederá o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bolsa e a esixencia de xuros de mora dende o momento do aboamento, na contía fixada polo artigo 38 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 37 do dito texto legal. Decimo terceiro. Desenvolvemento da bolsa. Os bolseiros/as realizarán a súa actividade baixo a dirección de quen coordine e titorice os seus proxectos formativos. Os bolseiros/as desenvolverán o seu labor a través dos medios técnicos dos que dispón o Servizo de Novas Tecnoloxías. Para a utilización do material resultante das actividades deberán contar coa autorización expresa e previa do responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías ou da persoa en quen delegue para esta función. As bolsas non implicarán relación funcionarial nin laboral coa Deputación Provincial de Lugo, nin compromiso que se estenda máis alá do seu ámbito de duración. Decimo cuarto. Renuncias No caso de que o interesado renuncie á axuda deberá comunicalo por escrito no prazo de 5 días hábiles contados a partir da notificación do outorgamento, de non presentarse a renuncia no prazo establecido, quedará sen efecto o seu nomeamento e será motivo de exclusión nas próximas 3 convocatorias. Se se houberan xerado percepcións indebidas, se iniciará de oficio o procedemento de reintegro da subvención previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. Si o/a bolseiro/a causara baixa ou renuncia, os suplentes poderán acceder á condición de titular respectando a orde establecida na lista de suplentes, no caso de que así o considere oportuno a Deputación Provincial de Lugo. Decimo quinto. Normativa aplicable A presente convocatoria rexerase polas normas específicas contidas nesta resolución e nas súas correspondentes bases e, en concreto, está baseada nas normas que se citan a continuación: a) A Lei estatal 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións b) R. D. 887/06, de 21 de xullo, polo que se aproba ou Regulamento de Subvencións. c) Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia d) Ordenanza xeral de subvencións da Excma. Deputación Provincial de Lugo, aprobada por acordo do Pleno de data 28 de febreiro de 2005. e) O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo.

f) Bases de Execución do orzamento, o Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación para a anualidade 2015 e a normativa sobre delegación de competencias e atribucións dos órganos de goberno da Deputación vixentes no momento da concesión. g) Lei 30/1992 de 26 de novembro e a Lei 4/1999 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Autorizase ao órgano competente da Deputación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde e o inicio da presente convocatoria. As disposicións aquí contidas entrarán en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo. En Lugo, a 12 de febreiro de 2015.- O SECRETARIO XERAL, Don José Antonio Mourelle Cillero.

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVASNO SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (2015 2016). BOLSA Á QUE OPTA APELIDOS E NOME NIF/NIE ENDEREZO A EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS MUNICIPIO PROVINCIA C.P TELÉFONO ENDEREZO ELÉCTRÓNICO BREVE DESCRICIÓN DOS DATOS CURRICULARES Quen abaixo asina DECLARA QUE: Presta expresamente o seu consentimento á Deputación de Lugo para que, de acordo co establecido nos puntos 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta resolución no BOP, na páxina web e no rexistro público da Deputación, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a súa finalidade, na forma que determine o órgano competente. SINATURA, do/a solicitante ou persoa que o/a representa: En a de de 2015

ANEXO II CONDICIÓNS DA CONVOCATORIA BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (2015 2016). Estas bolsas teñen como finalidade a promoción, o desenvolvemento e o fomento do emprego na provincia de Lugo e están destinada a 2 bolsas destinadas a técnicos en sistemas microinformáticos e redes, e 1 bolsa destinada a técnicos superiores de Secretariado, para realizar 12 meses de prácticas formativas no Servizo de Novas Tecnoloxías da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Requisitos específicos da convocatoria para as persoas solicitantes Para solicitar as bolsas ás que se refire esta convocatoria é necesario e obrigatorio, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base segunda, os seguintes: Para as 2 bolsas de técnico en sistemas microinformáticos e redes estar en posesión, alomenos, iclo Medio en Sistemas Microinformáticos e Rede. Para 1 bolsa de técnico superior en Secretariado estar en posesión, alomenos do título do Ciclo Superior en Secretariado. Ter dispoñibilidade inmediata Ter coñecementos acreditados no idioma galego. Cantos outros estime oportunos a Comisión de Valoración para a mellor valoración da idoneidade (aptitude e actitude) do/a bolseiro/a a seleccionar.

ANEXO III DECLARACIÓNS RESPONSABLES BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (2015 2016). APELIDOS E NOME NIF/NIE ENDEREZO A EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS MUNICIPIO PROVINCIA C.P TELÉFONO ENDEREZO ELÉCTRÓNICO DECLARO: Non estar incurso/a en prohibición para obter a condición de beneficiario/a da subvención conforme ao disposto no artigo 13 da 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. Ter outras subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención. Non ter outras subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención. E para que así conste a todos os efectos, asino as presentes declaracións, SINATURA, do/a solicitante ou persoa que o/a representa: En a de de 2015

ANEXO IV MODELO DE AUTORIZACIÓN PARA SOLICITUDE DE CERTIFICADO DE DÉBEDAS COA DEPUTACIÓN DE LUGO A persoa abaixo asinante autoriza á Deputación de Lugo a solicitar do Servizo de Recadación do Organismo Provincial os datos relativos ao cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación, co obxecto de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 13.2.e da lei 38/2003, Xeral de Subvencións, para poder acceder á bolsa formativa no Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación provincial de Lugo (2015 2016). A presente autorización outórgase exclusivamente para o procedemento mencionado anteriormente e en aplicación do disposto no artigo 95.1 k da lei 58/2003, Xeral Tributaria que permite, previa autorización do interesado ao que se refiren os datos solicitados, a cesión dos datos tributarios que precisen as AA.PP para o desenvolvemento das súas funcións. A.- Datos do beneficiario: D/Dª NIF ENDEREZO FISCAL MUNICIPIO VÍA PÚBLICA Nº SINATURA En... a...de... de 2015 NOTA: A autorización concedida polo asinante pode ser revocada en calquera momento mediante escrito dirixido á Deputación Provincial de Lugo.