Cortaderia selloana (Schult. & Schult. f.) Asch. & Graebn.

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Facultade de Fisioterapia

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Problema 1. A neta de Lola

Sede Electrónica Concello de Cangas

Fichas das especies. Egeria densa Planch. Familia: Hydrocharitaceae

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

plan estratéxico 2016 >> 2020

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 1º PARCIAL

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

Revista Galega de Economía Vol (2016)

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Segunda lingua estranxeira: inglés

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

ICEDE Working Paper Series

Módulo I: Introdución

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

BANCO DE BOAS PRÁCTICAS

XESTIÓN AMBIENTAL EN JEALSA-RIANXEIRA, S.A.

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Metodoloxía copyleft en educación

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Programación Percusión

O PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS: O PAPEL DOS ORGANISMOS PÚBLICOS

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

administración cidadanía. _02_NÚRIA BOSCH (IEB / Univ. de Barcelona), «Algunhas propostas para a ampliación das competencias dos gobernos

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

A situación actual da lingua galega: unha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

Transcription:

A xestión dunha invasión biolóxica en Galicia: Cortaderia selloana (Schult. & Schult. f.) Asch. & Graebn.

ÍNDICE Introdución... 3 Cortaderia selloana (Schult. & Schult. f.) Asch. & Graebn.... 4 Identificación... 4 Área de distribución orixinal... 4 Vías de introdución... 5 Área de distribución en Galicia...6 Bioloxía e ecoloxía... 6 Efectos sobre os ecosistemas... 7 Posibilidades de xestión da especie en Galicia... 8 Control cultural... 10 Control físico... 10 Control químico... 10 Control biolóxico... 11 Bibliografía... 13 ANEXO I Deseñando un plan de acción para Cortaderia selloana... 14 2

Introdución Os problemas derivados da naturalización de especies animais ou vexetais exóticas con comportamento invasor están adquirindo nos últimos anos unha maior consideración por parte tanto de investigadores como das administracións públicas responsables da xestión da conservación da natureza. Esta resposta é consecuente coa consideración deste fenómeno como a segunda causa de extinción de especies e o segundo problema ambiental, por orde de magnitude, que afecta á biosfera a escala global, só por tras da perda e destrución de hábitats (Baillie et al., 2004). Existen especies exóticas invasoras (EEI) en todos os grupos de seres vivos, así como nos medios mariño, terrestre e acuático continental. A problemática que ocasionan non ten consecuencias unicamente ecolóxicas, senón que atinxe enormes danos económicos en sectores tan relevantes como a agricultura, a pesca, o sector forestal ou a sanidade (Wilcove & Chen 2002). Finalmente, certas EEI tamén supoñen unha ameaza sanitaria para a humanidade, por exemplo, a través da introdución de animais que serven de vectores de transmisión de axentes patóxenos. O impacto sobre a biodiversidade tradúcese tanto en efectos sobre a estrutura e funcionamento dos ecosistemas como en impactos directos sobre poboacións nativas, a través de fenómenos de competición, depredación, contaminación xenética e introdución de patóxenos, que provocan procesos como a diminución de poboacións e do crecemento dos individuos, redución do éxito reprodutor, cambios no uso do hábitat ou nos patróns de actividade. As EEI ameazan coa homoxeneización da biota, xa que o seu efecto negativo se ten multiplicado perigosamente nos últimos anos en paralelo aos procesos de globalización, debido ao incremento do comercio internacional, o transporte e das viaxes turísticas intercontinentais, que constitúen as principais canles de introdución destas especies. En Galicia se teñen citado 154 especies exóticas de plantas superiores con comportamento invasor e 89 especies con comportamento invasor potencial. A maior parte destas especies invasoras proceden de América, tanto de América do Norte (Neártico, dentro do reino Holártico) como de América do Sur (Reino Neotropical). No que respecta ao modo de introdución, predominan as plantas introducidas polo seu valor ornamental en labores de xardinería (44%), seguidas por aquelas introducidas involuntariamente (42%), nas que se inclúen aquelas derivadas da actividade agrícola (malas herbas). As especies introducidas por mor do seu interese agrícola e silvícola son minoritarias. A herba da Pampa é unha destas especies invasoras presentes na nosa comunidade, catalogada como unha das 20 especies exóticas invasoras máis daniñas presentes en España (GEIB, 2006) e con serios efectos perxudiciais sobre os ecosistemas autóctonos de diferentes rexións do N da península Ibérica. A elaboración dun material de referencia para a xestión das accións de control e eliminación desta especie invasora en Galicia faise, polo tanto, moi necesaria, de xeito que unha actuación coordinada e ben planificada, impida que se agraven os efectos negativos do recente establecemento desta especie nos ecosistemas naturais da nosa comunidade. 3

Cortaderia selloana (Schult. & Schult. f.) Asch. & Graebn. Identificación - Herba robusta de ata 3,5 m de diámetro, con talos florais de ata 4 m de altura. As follas, de cor verde azulada e base branca, son principalmente basais e acadan dous tercios da altura das espigas florais. Estas follas acadan os 2 metros de longo, son arqueadas, liñais, coriáceas e teñen unha sección transversal en v. As súas beiras son duras e cortantes. As flores agrúpanse en inflorescencias plumosas de cor branco-grisácea ou lixeiramente purpúrea en panícula de 60 x 15 cm, con numerosas espiguiñas moi pequenas con 3-6 flores. Existen individuos hermafroditas e femias diferenciados, sendo unha especie xinodioica pero considerándose dioica a nivel funcional. Mentras que unhas plantas producen tan só flores femininas, existen plantas hermafroditas que producen ao mesmo tempo flores masculinas e femininas. A floración prodúcese desde finais do verán ata o inverno, variando según as condicións climáticas e edáficas da zona onde se desenvolva a planta. Esta especie produce unha gran cantidade de froitos, que son pequenos aquenios plumosos dispersados moi facilmente polo vento. As sementes das plantas femininas son transportadas máis facilmente a grandes distancias, posto que presentan longos e finos pelos. Pola contra, as sementes das plantas hermafroditas tenden a caer directamente ao chan a consecuencia de que os seus pelos están menos desenvolvidos. O nome de Cortaderia ven da palabra cortadera = cortante, e fai referencia a esta característica das súas follas, selloana fai referencia ao botánico H. L. Sello (1800-1876) que describiu a especie. Por outra banda, o seu nome común refírese ás praderías sudamericanas (pampas) onde se distribúe de xeito natural. Área de distribución orixinal - A herba da Pampa é orixinaria de certas rexións subtropicais de Sudamérica, entre os paralelos 30º e 40º de latitude sur, ocupando territorios de clima temperado de Arxentina, 4

Uruguai e sur de Brasil, así como en zonas costeiras e vales internos con clima mediterráneo de Chile (Herrera & Campos, 2006). Actualmente, froito da súa importante comercialización como especie ornamental, converteuse nunha planta exótica invasora en diversas zonas do planeta, principalmente entre os paralelos 30º e 51º de latitude norte (España, Portugal, Francia, Italia, Gran Bretaña, Illas Canarias, Madeira, Azores, Hawai, EEUU) e 30º e 40º de latitude sur (Nova Celanda, Australia, Tasmania, Illas Cook, Illas Kermadec, Sudáfrica, Swazilandia) (Herrera & Campos, 2006). Practicamente só se naturaliza en áreas de clima oceánico, tanto de macrobioclima temperado como mediterráneo, sendo neste último onde xeralmente ten que compensar o déficit hídrico estival ocupando solos máis húmidos. Na Península Ibérica, Cortaderia selloana ten unha tendencia poboacional invasora posto que se atopa plenamente naturalizada en Cataluña, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia, feito que xa motivou a preocupación de institucións do eido da conservación, gobernos autonómicos e autoridades locais (Sanz-Elorza et al. 2004, Domènech 2006). Vías de introdución - Esta especie foi introducida en Europa por un agricultor escocés entre 1775 e 1862. A súa produción comercial comezou en 1874 en EEUU e Europa, e desde entón popularizouse o seu uso como planta de xardiñeiría por todo o mundo. A primeira referencia da súa presencia escapada do cultivo en España rexistrouse no ano 1969 (Sanz-Elorza et al. 2004). Ademais da xardiñeiría, na introdución e dispersión desta especie nun territorio teñen un importante papel as vías de comunicación (autoestradas, estradas, vías de ferrocarril, camiños, etc), que ademáis de ofrecer grandes superficies de solo sen vexetar ou moi alterado nos seus noiros, favorecen a dispersión das sementes desta especie. 5

Área de distribución en Galicia - Se ben a distribución actual da especie en Galicia non se coñece con detalle, sábese que é moi común no sistema de autoestradas, fundamentalmente na Autoestrada AP-9, onde ocupa a mediana e os noiros con elevada frecuencia. Ademais, obsérvanse naturalizacións puntuais en diferentes lugares do trazado da autoestrada, medrando a partir destas zonas en matogueiras, pasteiros ou sotobosques próximos, así como en hábitats costeiros, areais algo alterados ou marxes de zonas húmidas. Por outra banda, esta especie é común como ornamental en gran parte da nosa comunidade, aparecendo tanto en zonas urbanas axardiñadas como en forma de pés illados nas proximidades de vivendas unifamiliares. Tamén se dá en zonas ruderais e en zonas próximas a poboacións existentes alteradas por incendios ou outras perturbacións. Debido á súa naturalización e expansión incontrolada, esta planta comeza a orixinar graves problemas de conservación en certos lugares da rede Galega de Espazos Naturais, como nos LIC Costa Ártabra (comezando a ocupar o sistema dunar de Valvoviño) ou Encoro de Abegondo-Cecebre, ambos no norte da provincia da Coruña. Bioloxía e ecoloxía - Esta especie é cultivada frecuentemente como ornamental en xardiñeiría, plantada de xeito illado ou en sebes, a consecuencia da gran vistosidade das súas inflorescencias. Ademais da función estética de zonas axardiñadas urbanas ou particulares, emprégase principalmente como barreira visual e de protección contra o vento en vías de comunicación, asi como en paisaxes industriais e comerciais. Tense empregado, ademais, para estabilizar os solos de áreas degradadas. Unha vez se naturaliza a partir dos exemplares introducidos voluntariamente, aparece principalmente en medios perturbados como os noiros, beiras de camiños, eriais, e beiras das estradas e vías férreas. Así mesmo está presente na proximidade de numerosos hábitats de interese, como as zonas húmidas (beiras de cursos pluviais, marismas), medios areosos (dunas), praderías e formacións preforestais. En xeral prefire terreos fértiles e ben drenados. Unha vez instalada, soporta unha ampla gama de condicións de radiación e humidade, tolerando temperaturas elevadas no verán e unha seca moderada (Bossard et al. 2000), aínda que aprecia unha boa insolación e evitan as zonas enchoupadas permanentemente. As plantas adultas toleran condicións de certa salinidade e resisten incluso -20º C, a pesar de que as plántulas son sensibles ás xiadas, o que limita a capacidade de colonización a medida que diminúen as temperaturas mínimas invernais (Knowles & Ecroyd 1985, Herrera & Campos 2006). Como consecuencia das beiras serradas das follas, as plantas non están sometidas a excesiva presión por parte dos herbívoros (Sanz-Elorza et al. 2004). 6

Os exemplares teñen un crecemento moi rápido, acadando un metro de altura aos dous anos de idade. A súa biomasa soterrá pode ser tanto ou máis importante que a aérea, posto que os rizomas laterais pódense estender 4 metros en diámetro e máis de 3 metros de profundidade. O forte crecemento vexetativo obsérvase tamén despois dos incendios, momento no que as plantas reabrollan vigorosamente. Especie funcionalmente dioica, con exemplares hermafroditas e femininos, sendo necesaria a presencia de ambos sexos na mesma zona para que se produzan sementes. As flores da herba da Pampa son polinizadas polo vento. Esta planta produce un gran número de sementes (ata 10 millóns por pé) que son a maioría dispersadas polo vento nun radio de máis de 25 km, e máis raramente pola auga ou os automóbiles das vías de circulación onde se distribúe preferentemente. O gran número de sementes producidas facilita a dispersión e invasión de novas áreas alonxadas da zona de distribución orixinal (Lambrinos 2001). Florece a finais do verán e principios do outono. No medio natural, esta especie pódese reproducir sexualmente producindo flores ao cabo de 1-3 anos desde a súa xermolación. A medida que aumenta a densidade de poboacións de Cortaderia selloana, aumenta a frecuencia e a variedade de hábitats non artificiais que coloniza (Herrera & Campos, 2006). Efectos sobre os ecosistemas - Por non ser moi esixente respecto ás condicións edáficas, esta especie pódese establecer nunha gran variedade de ambientes. En xeral coloniza hábitats abertos e terreos que sufrifon cambios de uso do solo, establecéndose como especie dominante. A colonización por esta especie provoca o desprazamento da vexetación autóctona coa conseguinte perda de biodiversidade, podendo chegar a formar unha cobertura vexetal monoespecífica que exclúe case totalmente calquera outra especie na súa zona de colonización. O seu rápido crecemento e a acumulación de biomasa aérea e soterrá permítenlle adquirir luz, nutrientes e humidade que doutro xeito estarían dispoñibles para outras plantas (Sanz-Elorza et al. 2004). Ao mesmo tempo, o crecemento rápido e formación de colonias densas fai que compita coas outras plantas pola luz, a auga e os nutrientes. A súa instalación masiva conleva modificacións importantes da estrutura e composición dos hábitats invadidos, e tende a aumentar a súa capacidade de invasión ao longo do tempo (Lambrinos 2001). Cortaderia selloana xera un forte impacto visual, posto que as súas grandes dimensións fan que a súa presencia sexa moi clara, alterando fortemente a paisaxe. Ademais, as follas afiadas poden danar a pel e mesmo realizar profundos cortes, polo que pode limitar o uso de áreas de esparcimento. A xeito de resumo, os efectos principais da naturalización e desenvolvemento de poboacións significativas de Cortaderia selloana son os seguintes: 7

1. En zonas con vexetación natural de interese, fundamentalmente ecosistemas dunares e proximidade de cursos fluviais, compite coas especies nativas, pudendo chegar a desprazar a algunhas especies ameazadas. 2. Altera visiblemente a calidade da paisaxe, diminuíndo a súa naturalidade. 3. A acumulación de follas e inflorescencias secas aumenta o risco de incendios. 4. Diminúe a calidade forraxeira e a biodiversidade dos pastos que invade, reducindo o valor económico dos terreos e dificultando as labores de manexo e aproveitamento destes ecosistemas seminaturais. 5. En bosques xoves e plantacións forestais compite coas plántulas e árbores xoves pola auga e os nutrientes, pudendo dificultar o seu establecemento e ralentizar o seu crecemento. 6. Provoca unha profunda alteración da secuencia sucesional, ralentizando a evolución natural cara as fases forestais e preforestais. 7. Reduce o valor estético e de uso recreativo de moitas áreas naturais. 8. A súa gran produción de pole durante o final do verán e principios do outono, pode producir problemas alérxicos en aquelas zonas próximas a poboacións de gran tamaño. Posibilidades de xestión da especie en Galicia - Unha vez establecida, a erradicación total de Cortaderia selloana é unha tarefa moi complexa. A detección rápida é fundamental para a súa erradicación, sobre todo en áreas de elevado valor natural (Timmins & Braithwaite, 2002). A herba da Pampa é relativamente facil dea topar cando está en flor ou permanecen aínda os talos florais ao longo do inverno. A detección precoz, o cartografado, o control e a sensibilización pública continuados son necesarios para previr grandes naturalizacións. O espallamento de exemplares de Cortaderia selloana e o aumento da súa densidade na nosa comunidade durante os últimos anos supón que a especie ten unha dinámica invasiva, e que serán necesarias medidas de xestión para contrarrestar o fluxo contínuo de propágulos das zonas nas que a especie se introduciu (e continúa a ser introducida) de xeito voluntario. 120 De xeito xeral, o establecemento dunha EEI sigue un patrón teórico estándar, caracterizado por unha etapa de escasa dispersión, seguida por un desenvolvemento exponencial e unha meseta posterior (modificado de Hobbs & Humphries 1995). Rango potencial ocupado (%) 100 80 60 40 20 0-20 0 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 Tempo ata a ocupación total (%) 8

Existen gran cantidade de medidas diferentes para tratar de controlar a naturalización e espallamento dunha especie invasora, sen embargo o obxectivo principal de calquera estratexia de xestión debe ser a prevención da invasión. A carencia de recursos materiais e económicos para afrontar o desenvolvemento de sistemas de prevención en todas as vías de penetración das especies invasoras, así como os erros no sistema de detección e actuación precoz ou as melloras no coñecemento científico e tecnolóxico, fan que en numerosas ocasións sexa necesario actuar sobre unha especie invasora unha vez que se ten producido o seu establecemento nunha zona concreta. A elección dun ou outro tipo de actuación dependerá en gran medida do tempo que transcurriu desde o establecemento da especie invasora e da superficie afectada pola introdución. A realización dunha intervención temperá ou tardía vai a condicionar seriamente o custo total das actuacións emprendidas para controlar unha invasión biolóxica, cun exceso de custos iniciais da actuación temperá, pero un beneficio significativo desta fronte á actuación tardía a medio e longo prazo. Polo tanto, as decisións sobre as medidas de xestión prioritarias en cada momento deberán ter en conta tanto a abundancia e área de distribución da especie invasora como os recursos necesarios para desenvolver a actuación con garantías de éxito. Capacidade de carga Abundancia do invasor Etapa de corentena prioritaria Invasión Etapa de erradicación prioritaria Etapa de control prioritario Control efectivo pouco probable sen inversión masiva de recursos Tempo A mellor estratexia para actuar fronte a calquera especie invasora dependerá, polo tanto, do grao de establecemento nunha zona concreta. Deberase deseñar, entón, un plan de acción atendendo ás metodoloxías contrastadas en numerosas ocasións (ver Apéndice I) que sirva de documento básico para guiar as actuacións de control/erradicación desta especie. A modo de orientación recóllense a continuación as diferentes ténicas empregadas na execución dos plans de control/erradicación de Cortaderia selloana en diferentes rexións e momentos na súa dinámica de invasión. 9

Control cultural - O público xeral e as institucións correspondentes deberían ser informado sobre os efectos perxudiciais da herba da Pampa, de xeito que non se continúe co seu cultivo como especie ornamental ou como barreira visual e protección do vento, sendo reemplazado por outras especies sen potencial invasor, preferiblemente autóctonas. Control físico - O control físico da especie é complexo e costoso, posto que consiste en arrincar as plantas de xeito manual e, cando o volume da planta é excesivo, empregando maquinaria axeitada. A eliminación manual pode ser unha medida de control efectiva se se realiza empregando as técnicas e ferramentas axeitadas. Os exemplares pequenos poden ser arrincados a man, se o solo é moi solto. Moito máis dificil é eliminar as plantas adultas, que poden ser arrincadas con maquinaria pesada. Para isto é recomendable cortar o máximo posible das follas cunha motoserra, o que facilita en gran medida o acceso ao sistema radical da planta. A herba da Pampa non se ve afectada por cortes sucesivos, polo que se deben eliminar todos os rizomas para que non se restableza. Os traballadores deberanse protexer cando eliminen manualmente esta especie, xa que no caso contrario as follas serradas poden producir cortes profundos. Débense tomar precaucións, ademais, para recoller todas os talos florais e as sementes, disposto sen bolsas axeitada se eliminados sen que exista a posibilidade de dispersión posterior. Un tratamento preventivo, cando os medios son máis escasos ou a área é demasiado extensa como para permitir a erradicación mecánica da totalidade dos exemplares, consiste en cortar as panículas florais antes da maduración das sementes, para evitar deste xeito a súa dispersión. Control químico - O control químico emprégase en poboacións de herba das Pampas que non se poden retirar mediante os métodos físicos, ou en combinación con eles. As aplicacións de Roundup (solución 4%) ou Rounup Pro (solución 2%) son efectivas para controlar esta especie. As plantas deberían ser rociadas pero non ata o punto de que o producto escurra pola superficie foliar. Se os exemplares permanecen no lugar despois deste tratamento elimínanse as perturbacións e podríase favorecer a reducción da xermolación de sementes en tempadas futuras. O control químico con herbicidas ofrece unha ampla gama de posibilidades. Tecnicamente os herbicidas poden ser clasificados en dous grupos: selectivos (afectan, por exemplo, a plantas de folla longa pero non a herbas) ou non-selectivos (afectan a calquera planta). Tal e como se describe nas fichas técnicas, o control químico é moi efectivo contra algunhas 10

plantas; porén, é perigoso, xa que se corre o risco de afectar a especies nativas que cómpre protexer. A mellor maneira de utilizar o control quí- mico é como complemento do control mecánico para evitar que reabrollen. A pesar dos fortes prexuízos existentes en contra dos pesticidas, estes poden ter unha grande eficacia para preservar a biodiversidade. Para que o uso dun herbicida sexa aceptado pola Unión Europea, ten que pasar durante anos por estritos tests e demostrar que é totalmente inocuo contra microorganismos, invertebrados, mamíferos, organismos acuáticos, etc. Non obstante, un herbicida está deseñado para o control de plantas e, polo tanto, existe a posibilidade de que teña efectos nocivos nas plantas que se queren protexer. Para evitar estes danos, pódense seguir certas medidas de mitigación: Débese escoller un praguicida que sexa efectivo contra o tipo de planta que se quere controlar e que estea rexistrado para ese uso. Cómpre escoller un praguicida sen efectos residuais a longo prazo. A forma pr eferente de aplicar o produto é untando a planta con el (cunha vasoiriña ou pincel para aplicación de fitosanitarios). Se hai que pulverizar, debe facerse por tratamentos puntuais ou dirixidos (spot). En caso de ter que pulverizar grandes superficies, é mellor facelo ata que a folla estea mollada, non ata que escorra. Ademais, haberá que tomar medidas clásicas para evitar a deriva por vento do herbicida. Débense escoller as condicións climáticas de aplicación que, segundo o principio activo que esteamos usando, reduzan o risco de que se danen as plantas nativas. Cómpre escoller o momento do ano en que a aplicación reduza o impacto noutras especies. Non é recomendable aplicar produtos fitosanitarios na proximidade da auga (ríos, lagos, quenllas), agás que estean autorizados para estes usos. Control biolóxico - Non existe, na actualidade, nengún axente de biocontrol de Cortaderia. Sen embargo, dado o estado de naturalización en Galicia e o potencial suficientemente contrastado dos métodos de control físicos e culturais, non semella necesario o desenvolvemento de técnicas biolóxicas de control desta especie. Xestión integrada - A combinación de métodos normalmente proverá o mellor e máis aceptable método de control. A integración de métodos baseándose no coñecemento científico, regularmente seguido, e coordinación case sempre acadará os mellores resultados na xestión de especies exóticas invasoras e o obxectivo principal. Este enfoque integrado necesita dunha valoración 11

da situación e probablemente unha parte experimental para as mellores prácticas para establecer protocolos para a xestión de especies invasoras. O proceso de control pode ser complicado, implicando varias tácticas diferentes en combinación ou en secuencia, ou pode ser que na forma máis simple sexa só un método aplicado nunha regra de decisión pode ser dabondo para acada o obxectivo fixado. Un método sinxelo de combinación de dous enfoques é comunmente empregado fronte a malas herbas leñosas emprega control mecánico e químico. As plantas maduras se cortan e un herbicida sistémico é inmediatamente aplicado na parte superior da capa interna da cortiza do tocón. Glifosato e Triclopir con os herbicidas máis comunmente empregados para este método. Desenvolver un sistema de xestión integrada depende nun gran número de variables, de xeito que non se pode facer unha recomendación xeral para un grupo taxonómico concreto. O sentido común convencional da xestión integrada na agricultura di que a pesar de que se pode recomendar unha liñas xerais dun sistema de xestión integrada, as variacións locais nestes factores queren dicir que o programa detallado rematará sendo específica dunha localidade, e evolucionará co tempo. Polo tanto, calquera programa de xestión integrada para unha especie exótica invasora ten que evolucionar en base ao coñecemento dispoñible sobre a especie exótica, o ecosistema invadido, as condicións climáticas, e outras especies invasoras que conviven no mesmo hábitat. 12

Bibliografía AME (Agence Méditerranéenne de l'environnement). 2004. Cortaderia selloana. Ficha nº 8 en Plantes Envahissantes de la Region Mediterraneenne. Agence Méditerranéenne de l Environnement. Agence Régionale Pour l Environnement Provence-Alpes-Côte d Azur. 48 páxinas. Bossard, CC., Randall, JM. e Hshousky, MC. 2000. Invasive plants of California s Wildlands. University of California, Berkeley, Los Angeles. Domènech, R. 2006. Cortaderia selloana invasion in the Mediterranean region: invasiveness and ecosystem invasibility. Tese Doutoral, Centre de Recerca Ecològica i Aplicacions Forestals, Universitat Autonoma de Barcelona, 160 páxinas. Domènech, R., Vilà, M., Pino, J. e Gesti, J. 2005. Historical land-use legacy and Cortaderia selloana invasion in the Mediterranean region. Global Change Biology 11: 1054-1064. GEIB (Grupo de Especialistas en Invasiones Biológicas). 2006. Top 20. Las 20 especies exóticas invasoras más dañinas en España. GEIB Serie Técnica Nº 2, 116 páxinas. Herrera, M. e Campos, JA. 2006. El carrizo de la Pampa (Cortaderia selloana) en Bizkaia. Guía práctica para su control. Universidad del Pais Vasco/Instituto de Estudios Territoriales de Bizkaia, 43 páxinas. Accesible en: http://ietb.bizkaia.net/agerkariak/cortaderiaselloana/cortaderiaselloana_cas.pdf Knowles, B. e Ecroyd, C. 1986. Species of Cortaderia (pampa grasses and toetoe) in New Zealand. FRI Bulletin Nº 105, New Zealand. Lambrinos, JG. 2001. The expansion history of a sexual and asexual species of Cortaderia in California, USA. Journal of Ecology 89: 88-98. Moragues, E. e Rita, J. 2005. Els vegetals introduits a les illas Balears. Documents Tècnics de Conservació. II Época, Nº 11, 126 páxinas. Sanz Elorza, M., Dana, E. e Sobrino, E. 2004. Atlas de las plantas alóctonas invasoras en España. Dirección General para la Biodiversidad. Madrid, 384 páxinas. Starr, F., Starr, K. e Loope, L. 2003. Cortaderia spp. Pampa grass. Poaceae. United States Geological Survey: Biological Resources Division, Haleakala Field Station, Maui, Hawai'i. Timmins, SM. e Braithwaite, H. 2002. Early detection of invasive weeds on islands. Páxinas 311-318 en Turning the tide: the eradication of invasive species. Veitch, CR. and Clout, MN.(eds). IUCN SSC Invasive Species Specialist Group. IUCN. Gland. Switzerland and Cambridge. UK. 13

ANEXO I - DESEÑANDO UN PLAN DE ACCIÓN PARA Cortaderia selloana (Schult. & Schult. f.) Asch. & Graebn. Analizando a experiencia adquirida en proxectos de erradicación/control previos, tanto con resultados satisfactorios como negativos, diferentes institucións chegaron a establecer unhas directrices mínimas que deberían cumprir os plans de erradicación/control, recollidos no seguinte cadro. FUNDAMENTOS DUN PROGRAMA DE ERRADICACIÓN/CONTROL AXEITADO O programa debe estar baseado no coñecemento científico. As poboacións pequenas e xeograficamente limitadas son máis fáciles de eliminar, polo que se debe dar prioridade á erradicación inmediata ás especies detectadas en programas de seguimento temperá, polo que debe existir financiamento para a rede de vixilancia. Débese conseguir apoio da opinión pública e todos os dirixentes relevantes de xeito previo ás accións de erradicación. Promover o emprego da análise de riscos que considere os impactos, reversibilidade dos efecto se risco de reinvasión da área xestionada (a taxa de inmigración da especie exótica que está sendo erradicada necesita ser cero). É necesario asegurarse de que o marco legal e institucional é axeitado para xestionar o problema. É necesario asegurarse de contar con financiamento suficiente. Débense crear expectativas realistas en termos do procesos requiridos para os programas de erradicación con éxito (baixas recompensas para inversións elevadas ao final do programa). É necesario que existan unha xestión e motivación do equipo de traballo axeitadas. Ningunha persoa soa pode acadar o éxito nun programa de erradicación, sempre é necesario traballar en equipo. É necesario ter gran experiencia en traballo de campo e investigación para dirixir a erradicación desde o principio á fin para maximizar a eficiencia. Isto é particularmente importante para manter o apoio político e administrativo ata a fin do programa. Débense definir claramente os métodos para non comprometer os obxectivos de erradicación, e deberíanse poñer en marcha procedementos de control da calidade no traballo de campo. O desenvolvemento e uso de métodos de campo será case sempre un proceso iterativo. O funcionamento terá que ser controlado, seguido de investigación e 14

adaptación do método a condicións cambiantes a medida que a erradicación está máis próxima. É importante facer un seguimento do esforzo, custos e resultados para permitir correccións e identificar mecanismos para previr invasións futuras. É necesario asegurarse de que a erradicación de todos os individuos é alcanzable. Hai que decatarse de que é progresivamente máis difícil e custoso localizar e eliminar os últimos individuos ao final do programa, cando a poboación está desaparecendo. É necesario asegurarse de que as metodoloxías/técnicas son ambiental, social e eticamente aceptables. Se é posible, débense combinar diferentes métodos para asegurarse de que os individuos que sobreviven á campaña primaria son destruídos. Unha proba de erradicación pode ser unha ferramenta útil para recoller información de cara á valoración (por exemplo, aceptación e preferencia de cebos por parte da especie obxectivo, risco de destrución de especies non obxectivo, vías para minimizar os riscos, etc.), que deberían determinar a probabilidade de éxito e considerar os escenarios da peor situación posible. Débese incluír unha fase posterior de seguimento para asegurarse de que a erradicación foi alcanzada, detectar os últimos superviventes no seu caso e para previr a reinvasión. É necesario asegurarse, a través de medidas de prevención, de que a inmigración da especie obxectivo na área é cero. Débense controlar as vías de penetración para previr novas invasións e establecer un sistema de detección temperá da especie erradicada. Débese facer un seguimento das poboacións de animais e plantas nativos e proporcionar, cando sexa necesario, medidas de conservación. Débense tomar todas as medidas necesarias para recuperar os ecosistemas despois da erradicación. 15

Por outra banda, pódese deseñar un esquema de traballo xenérico para a elaboración dun plan de erradicación/control dunha EEI, que deberá ser adaptado ás condicións particulares de cada especie concreta ou zona determinada. ETAPAS DO DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ERRADICACIÓN/CONTROL 1. Valoración inicial 2. Obxectivos do plan 3. Sistema de xestión do proxecto 4. Financiamento e planificación temporal 5. Participación pública 6. Formación 7. Métodos de erradicación/control 8. Restauración 9. Seguimento e análise 10. Informes e difusión da información Valoración inicial.- Despois dunha consideración adecuada, debería ser posible establecer que é o que se vai acadar con un proxecto concreto respecto ás especies invasoras, e como isto contribuirá aos obxectivos globais de xestión na área de interese. A área de xestión, como veña definida nos obxectivos de xestión, ten que ser estudada respecto ás especies exóticas así como ás nativas para valorar a perda potencial de hábitats naturais. Este inclúe unha busca bibliográfica, recollida de rexistros, e mostraxes reais na área. A documentación ten que incluír o mellor coñecemento dispoñible sobre a abundancia e distribución da especie invasora, o seu impacto no hábitat, e cando este xustificado (por exemplo, baseándose na experiencia dun área veciña) unha predición da dispersión e impacto futuro se non se controla. Débense recoñecer as deficiencias no coñecemento. Se hai datos previos dispoñibles, unha comparación entre a composición de especies presente e pasada, e da distribución da especie invasora pode revelar o estado e propagación da especie nesa área. As accións de control pasadas, o seu éxito ou fracaso, e os riscos ecolóxicos que supón a EEI e o plan de erradicación/control tamén deberían ser recopilados. 16

O proceso de establecemento de prioridades pode ser complexo, en parte porque se necesitan considerar moitos factores. Atopouse que axuda agrupar eses factores en catro categorías, que se poden interpretar como filtros deseñados para identificar as EEI de efectos máis graves. As categorías pódense usar en orde, pero de todas maneiras é importante coñecer a distribución actual da especie, e suxírese que se empregue como este como primeiro factor. A longo prazo, é xeralmente máis eficiente destinar os recursos a previr novos problemas e centrarse de xeito inmediato en infestacións incipientes. Finalmente, as EEI cuxas poboacións están decrecendo ou aquelas que só colonizan áreas degradadas e non se desprazan (relativamente) a hábitats non perturbados ou afectan á recuperación de perturbacións poden ser asignadas ás prioridades máis baixas. Obxectivos do plan.- Débense definir claramente uns obxectivos cuantificables de xeito previo ao inicio das actuacións. Sempre convén lembrar que a xestión dunha especie exótica non é o obxectivo de xestión en si mesmo, senón a vía para conseguir obxectivos superiores. Estes obxectivos superiores deben ser claramente definidos e cuantificados, e cando se planifique un programa de control é de valor establecer unha escala de tempo para acadar estes obxectivos, con fitos e se é posible indicadores. Estes obxectivos deberán ser realistas e axustarse aos recursos económicos e de persoal dispoñibles. Pódese facer unha distinción entre programas centrados en especies e programas centrados en sitios. Identificar que programa é o adecuado para a situación á que nos enfrontamos pode axudar para centrarse nos obxectivos reais. Os programas centrados en sitios están encamiñados a protexer un área específica de todas ou a maioría das invasoras. Os programas centrados en especies buscan minimizar o dano por unha ou poucas especies invasoras clave, normalmente en toda unha rexión ou illa. Sistema de xestión do proxecto.- Esta sección é inevitablemente xenérica, e restrinxida a principios xerais que deberían guiar aos xestores de proxectos. Facer recomendacións concretas e detalladas sobre o lado humano da xestión do proxecto no sería moi útil, na medida en que os aspectos humanos son moi específicos do proxecto e dependen das circunstancias locais. É imprescindible desenvolver unha serie de prioridades de actuación empregando un marco lóxico de decisión. Débense definir as asuncións, indicadores e medios de verificación axeitados para comprobar o correcto funcionamento do plan. Tamén deben quedar claros os papeis e responsabilidades de cada participante no proxecto. 17

Financiamento e planificación temporal.- Este é un problema xenérico para moitos tipos de actividades e que non se restrinxe á prevención e manexo de especies invasoras. Asegurarse de dispoñer de recursos suficientes será normalmente unha actividade moi específica dunha localidade, polo que é complexo xeralizar de xeito que teña sentido na maioría das rexións. Pódense esbozar algúns aspectos xerais, incluíndo certos puntos destacables que merecen consideración no traballo de conservación, particularmente na xestión de especies exóticas invasoras. Na maioría dos casos un programa será xerado como o resultado dun xestor presentando unha proposta para financiar, ben internamente ou ben externamente a un departamento da administración, unha axencia patrocinadora, unha fundación, unha organización non gobernamental ou outra fonte de recursos. Unha boa proposta debe: Describir os beneficios claramente. Maximizar as oportunidades de capacitación. Buscar e implicar aos socios adecuados para obter financiación. Ser clara nas necesidades de presuposto e na distribución temporal das actividades. Ser sincera acerca do incertidume asociado á acción. Ser revisada para asegurarse de que está completa antes da súa remisión. Se o problema da xestión das especies exóticas invasoras pode ser directamente vinculado a asuntos económicos ou sociais, é posible facer máis atractivo a financiación e apoio do goberno. Uso de voluntarios O control de EEI, particularmente para malas herbas, require a miúdo moita man de obra e polo tanto, dependendo dos custos locais, ser moi caro. Nalgúns casos, resultados obvios unha sensación de ter acadado pequenas contribucións cara un mellor mundo- pode ser unha recompensa para moita xente, de xeito que a participación se promova na xestión de ecosistemas. En moitos casos, os residentes locais poden estar interesados, pero a posibilidade de recrutamento externo non debería ser descartada, especialmente se pode ser autofinanciada. Certas localidades poden ser atractivas para os voluntarios de zonas desenvolvidas con poboacións sensibles ao medio ambiente e peores condicións climatolóxicas. Por outra banda, a formación, persoal e custos de viaxe, pode exceder os beneficios dun grupo de voluntarios mal xestionado. Polo tanto, os grupos teñen que ser dirixidos a través dunha iniciativa con éxito. De todas maneiras, débese lembrar que a utilización de voluntarios e o mantemento de adecuado control de calidade é a miúdo difícil e require dunha supervisión por parte de xente con experiencia. A capacidade de xestionar os recursos humanos en xestores profesionais do hábitat e as especies silvestres non ten necesariamente que ser igual aos seus coñecementos técnicos. 18

Obtención doutros recursos - O perfil dun proxecto de xestión de especies invasoras pode ser elevado na opinión pública, por exemplo seleccionando unha especie popular que se beneficie do proxecto, e vincular esta especie ao proxecto. Especies agradables que sufran os efectos dunha bioinvasión son, por suposto, as máis efectivas (na mesma medida en que o control de especies similares cando son invasoras é especialmente difícil). A prensa, radio e televisión necesitan ser influídas positivamente para gañar unha maior audiencia e un interese no proxecto. As compañías comerciais poden agradecer as oportunidades para subvencionar certos proxectos de prestixio. As compañías químicas poden proporcionar pesticidas gratuítos para iniciativas especiais, mentres que outras compañías poden proporcionar equipamento e ferramentas gratuítas. Pódense producir doazóns por parte do público e certas organizacións, incluíndo ONG. A imaxinación na procura de recursos pode ser de moito proveito proveito e se pode atopar patrocinio a través de vías insospeitadas. Por outra banda, pasar demasiado tempo na procura de recursos pode distraer do traballo principal e diminuír o esforzo de xestión da especie invasora. Participación pública.- Un actor (axente implicado) é calquera persoa ou organización que será afectada, ou pensa que se pode ver afectada, positiva ou negativamente pola especie ou lugares suxeitos a planificación na proposta. Este podería incluír axencias subvencionadoras, propietarios, corpos de conservación, empregados potenciais, goberno nacional e local, ONG relevantes, grupos de presión, membros do público... Mentres os obxectivos e indicadores do proxecto se desenvolven, os axentes implicados deben ser identificados e integrados no proceso desde o comezo. Deberían ser consultados sobre os obxectivos do proxecto e as actividades que necesitan ser desenvolvidas para acadar os obxectivos. O proceso debería ser aberto e todas as preguntas e preocupacións que expresen os axentes implicados deberían ser tidas en consideración. Na medida en que as opinións difiran, e o acordo con ou entre algúns grupos non poda ser acadado, algunha modificación do programa debería ser considerada se isto levará a un acordo que proporcione cooperación saudable. Se os axentes non se implican no proceso desde o principio, máis adiante certos grupos poden alegar que non coñecían o proxecto e incluso paralizar o proxecto en marcha. A xente ou organizacións implicada non necesitan ser de especial importancia para propoñer alternativas. algúns intentos de erradicación foron freados despois da intervención de organizacións pouco coñecidas, especialmente cando se trata de controlar a mamíferos e árbores atractivas. 19

É de axuda que a especie invasora se poda retratar como mala, causante de danos serios ao medio natural. A miúdo isto é fácil, pero plantas con flores ou follas bonitas, ou certas especies de mamíferos, poden ter un maior apoio social. Será necesario un esforzo con determinación e mantido a través dos medios de comunicación, posiblemente ao longo de varios anos, enfatizando a outra cara da historia. A educación do público e o apoio dos medios de comunicación é crucial para acadar un programa de xestión dunha especie exótica invasora con éxito. Se unha campaña de sensibilización empregando os medios de comunicación ten éxito, o programa recibirá a atención e o respeto do público. Se o público pode estar involucrado, a xente comezará a identificarse co proxecto, axudar a solucionar o problema, e estar orgulloso de formar parte dunha campaña exitosa. Esta é a base para o uso de voluntarios, que pode ser crucial para un proxecto no que se necesite un importante esforzo humano. O público tamén pode ser educado sobre os efectos negativos das especies invasoras na biodiversidade nativa e o funcionamento dos ecosistemas. A xente pódese implicar eliminando pequenos brotes de malas herbas, sempre regulando esta actividade xa que danar as especies silvestres está prohibido. Formación.- Para levar adiante un axeitado plan de erradicación/control xeralmente son imprescindibles diferentes accións formativas: Formación en métodos de control de especies invasoras Existen moitos programas de control de especies invasoras no planeta. Informes escritos de numerosos destes programas exitosos están dispoñibles (revistas, libros, informes gobernamentais) e poden ser empregados como exemplos en cursos de formación. Os rexistros escritos de programas que non tiveron éxito tamén son ferramentas moi útiles de formación, a pesar de que lamentablemente non se chegan a redactar de xeito habitual. A consulta con expertos externos é especialmente útil cando teñen desenvolvido programas exitosos noutras rexións, e é recomendable en situacións difíciles ou pouco coñecidas (en certas ocasións a especie invasora é pouco coñecida para a comunidade científica e pode que non se coñezan métodos de control). En calquera caso, se se repiten obxectivos ou situacións previamente non controladas, deberanse desenvolver e comprobar a medida que se realiza o programa. Formación en planificación e xestión Dirixida a persoal con responsabilidade dentro e fóra da administración (por exemplo, propietarios de terreos afectados por EEI), que se beneficiarían de participar nun exercicio de redacción dun plan de control dunha especie con outros axentes implicados. 20

Métodos de erradicación/control.- Débense considerar as opcións de xestión para cada especie obxectivo, empregando o coñecemento local, información de bases de datos, e fontes publicadas e non publicadas. As circunstancias locais, como as condicións culturais e socioeconómicas da área poden afectar á viabilidade das diferentes opcións. Débense avaliar as alternativas para a erradicación, contención e control, as necesidades de seguimentos posteriores, investigacións experimentais, e outras investigacións, valorándoas en termos custobeneficio, incluíndo posibles impactos sobre outras especies non obxectivo, outros efectos negativos potenciais, e a probabilidade de éxito, antes de que se tome ningunha decisión. O primeiro paso para o desenvolvemento dunha estratexia de control exitosa para unha especie invasora é, polo, tanto, unha revisión bibliográfica e das bases de datos para acumular tanta información como sexa posible sobre as alternativas de xestión para esta especie. Os métodos exitosos en condicións similares (climas e hábitats) deberían ser probados. O uso de métodos subóptimos non é recomendable. O control de especies invasoras con máis éxito empregou metodoloxías específicas para o taxón en cuestión, que ademais teñen os menores impactos sobre as especies non obxectivo. Nalgúns casos, como en hábitats altamente degradados sen ningunha especie nativa, é máis aceptable un método máis xeral. Neses casos, un herbicida de amplo espectro, escavadoras no terreo... teñen efectos limitados sobre a diversidade nativa. Sen embargo, en áreas menos perturbadas, en particular en áreas protexidas, o uso de métodos específicos é altamente recomendable. Os efectos potenciais de reducir ou erradicar a especie exótica invasora nun hábitat deberían ser avaliados de antemán e débense tomar medidas para que estes efectos sexan unicamente positivos. Por exemplo, a eliminación dunha planta invasora agresiva dun sitio podería necesitar ser acompañado da plantación de especies nativas para encher os ocos, e para previr que eses ocos se enchan con plantas non desexadas. Un baixo nivel de mortalidade non obxectivo pode ser tolerable para acadar os obxectivos, pero non se deben sobrepasar os límites inaceptables. Cando o control ou a erradicación teñen éxito, o impacto reducido da especie invasora debe compensar significativamente as mortalidades non obxectivo. En moitos casos, as poboacións da especie nativa que sufriu perdas durante as actuacións, recuperaranse despois da eliminación da especie invasora. En cada país existe unha normativa diferente respecto ao uso de certas medidas, por exemplo pesticidas, períodos de corentena e marco legal. Existen numerosos métodos para controlar as especies exóticas invasoras. Estas ferramentas pódense empregar individualmente ou en varias combinacións. Na maioría dos casos a mellor práctica para xestionar unha especie invasora pode implicar un sistema de xestión integrada deseñado especificamente para o taxón e a área obxecto de xestión. Polo tanto, é importante acumular a información dispoñible, valorar todos os métodos potenciais, e empregar o mellor método ou combinación de métodos para conseguir o nivel de control establecido. Dada a complexidade da ecoloxía das especies e hábitats afectados, é necesario aplicar medidas de control no marco do coñecemento científico máis completo. 21

Control mecánico: implica retirar directamente a especie a man ou con máquinas apropiadas como vehículos recolectores (por exemplo, para o xacinto de auga) ou armas (por exemplo, para os grandes mamíferos) ou trampas (para animais). Control químico: implica o emprego de herbicidas, insecticidas ou rodenticidas que afectan principalmente ás especies obxectivo, son liberadas de xeito que evita o problema potencial da resistencia desenvolvida ao longo do tempo, e non se acumulan na cadea alimentaria. O desenvolvemento de variedades da peste resistentes aos pesticidas, enfermidades e malas herbas poden reducir a efectividade da alternativa de control químico para a especie invasora. Control biolóxico: implica o uso intencionado de poboacións de inimigos naturais na especie exótica invasora ou outros métodos, que inclúen, por exemplo, a liberación en masa de machos estériles da especie invasora, a indución da resistencia no hóspede fronte á especie exótica que a está atacando, ou a liberación dun inimigo natural que controle á especie invasora. É esencial asegurarse de que a especie empregada no control biolóxico non se converte así mesmo nunha especie exótica invasora. Xestión do hábitat: implica medidas como o emprego de lumes controlados, inundacións, pastoreo e outras actividades. Xestión integrada: implica a combinación destes métodos, baseándose na investigación ecolóxica, seguimento regular e coordinación coidadosa. A xestión integrada acada os mellores resultados en moitas situacións de xestión. Os plans de erradicación poden incluír un único método de control ou ben unha combinación deles. Hai poucas situacións nas que un único método é un erradicador comprobado dunha especie invasora. Polo tanto, é intelixente planificar e empregar todos os métodos posibles, sempre variando dependendo da especie invasora. Restauración.- A perturbación do solo ou da biomasa arbórea pode facilitar o establecemento e expansión de especies exóticas invasoras. As políticas de uso do territorio e aproveitamento dos recursos necesitan, polo tanto, considerar os riscos da invasión e apoiar prácticas que minimicen e restauren calquera dano. Débese promover o uso de especies nativas en deseño da paisaxe, revexetación, plantación na rede de estradas, control da erosión, xestión de áreas e hábitats protexidos e desenvolvemento de programas de asistencia, a menos que non estean dispoñibles, que non se axusten aos propósitos do programa e/ou que a análise de riscos indique que é difícil que as especies exóticas invasoras teñan efectos negativos. A pesar de que os métodos de erradicación deben ser o máis específicos posible, a natureza dos esforzos de erradicación concentrados nun punto infrinxirá a miúdo mortalidade en especies non obxectivo. Na maioría dos casos estas perdas poden ser 22

consideradas inevitables, e custos aceptables para acadar o obxectivo de xestión, e poden ser equilibradas fronte aos beneficios económicos e ambientais a longo prazo. A erradicación con éxito dunha mala herba tamén pode levar asociada efectos negativos na comunidade vexetal, se é reemplazada por outra especie alóctona. Algúns destes efectos poden non ser anticipados, polo que o seguimento das accións realizadas é crucial para os esforzo de mitigación. Neste caso será necesario explorar oportunidades para reintroducir especies nativas despois de programas de erradicación, o que pode ser unha medida adecuada de xestión, pero tan só debe ser levada a cabo de acordo coas guías de mellores prácticas (por exemplo, as Guías para Reintrodución da IUCN/SSC). Débese poñer especial coidado en evitar introducir unha subespecie diferente da especie nativa implicada (por exemplo, un xenotipo non nativo da planta), debido ao risco de contaminación xenética. Seguimento e análise.- Para valorar o éxito ou fracaso dos esforzos de xestión, será necesario facer un seguimento de aspectos como a poboación da especie invasora, a condición da área en consideración, e cambios na composición e importancia das especies. Un programa de xestión non se pode dar por completado a menos que se basee nunha preparación coidadosa, esforzos persistentes durante o programa e estudios de seguimento. As actividades de control, ben se implican esforzos de erradicación, actuacións de control ou non desenvolver ningún tipo de acción, teñen que ser monitorizadas ao longo da duración do programa. Os obxectivos marcados ao inicio axudarán a avaliar o éxito ou fracaso do programa. Para avaliar o progreso, un subgrupo de obxectivos debería ser marcado no camiño cara o obxectivo final. Estes obxectivos para o éxito poden ir desde a eliminación da especie invasora se a opción escollida foi a erradicación, pero se se escolleu o control os criterios para o éxito poden ser medidos doutro xeito, como o regreso dunha especie determinada de planta. Estes criterios para o éxito axudarán a decidir se o programa está tendo éxito no control da invasión e na conservación ou recuperación das especies e comunidades planificada. Informes e difusión da información.- Como parte fundamental do proceso de transmisión e almacenamento de información sobre a xestión das EEI, débense elaborar informes completos do programa levado a cabo, incluíndo os motivos das diferentes decisións tomadas na planificación e o desenvolvemento do plan. Procurarase darlle a maior difusión a estes documentos, de cara a mellorar os programas de xestión de EEI e a sensibilización pública. 23