XIX ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DEREITOS LINGÜÍSTICOS, UNHA GARANTÍA PENDENTE? RESUMOS

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Sede Electrónica Concello de Cangas

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Silencio! Estase a calcular

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Traballo de fin de grao

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

Análise académica das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

plan estratéxico 2016 >> 2020

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

C A D E R N O S D E L I N G U A

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Problema 1. A neta de Lola

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

LINGUA INGLESA CURSO

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

A situación actual da lingua galega: unha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Coeducación. O alicerce do ensino

Educación e linguas en Galicia

INDICE. Un click nos capítulos enlaza coa páxina correspondente PÁX A confidencialidade: beneficio social PÁX

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Programación 3º de EP LINGUA INGLESA

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Cristina González Abelaira

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Boloña. Unha nova folla de ruta

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

TRABALLO DE FIN DE GRAO

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

PROGRAMACIÓN ÁREA DE INGLÉS 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP DE AGOLADA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

O Software Libre nas Empresas de Galicia

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS

How about see with the others in a globalized and intercultural era

Metodoloxía copyleft en educación

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Recursos para a lingua

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

Plan Estratéxico

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

A EDUCACIÓN CÍVICA NUNHA SOCIEDADE GLOBALIZADA

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

ESTUDOS DE COMUNICACIÓN

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Transcription:

XIX ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DEREITOS LINGÜÍSTICOS, UNHA GARANTÍA PENDENTE? 20 e 21 de abril de 2017 Consello da Cultura Galega Santiago de Compostela RESUMOS PAUL BILBAO SARRIA O recoñecemento dos dereitos lingüísticos como dereitos subxectivos foi foco de non poucos debates en canto á súa clasificación como dereitos fundamentais, en contraposición da idea de que sexa máis efectivo que o seu recoñecemento sexa a través da perspectiva ou contido lingüístico doutros dereitos humanos e fundamentais. Unha excepción a esa tendencia deuse hai agora 20 anos cando Barcelona acolleu a ratificación da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, documento onde os dereitos lingüísticos eran recoñecidos como dereitos subxectivos. Despois de vinte anos da súa aprobación e dentro da Capitalidade da Cultura Europea que ten Donostia este ano, Kontseilua (axente que aglutina 40 entidades que traballan a favor da lingua vasca) decidiu poñer en marcha un proxecto que dese o seguinte paso na garantía dos dereitos lingüísticos: a definición das medidas que se deberían implementar para a garantía dos ditos dereitos, tomando como punto de partida as necesidades expostas pola sociedade civil organizada. O Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos consistiu na apertura dun proceso entre axentes sociais, organizacións e expertos para a elaboración dun documento destinado a garantir a igualdade entre as linguas. O citado Protocolo foi froito dun proceso de acordo combinando os enfoques científico, académico e social, de cara a 1

construír unha ferramenta que permita reverter a situación das linguas minorizadas e construír unha Europa baseada na igualdade. Esta comunicación tratará o proceso de elaboración deste documento así como os seus contidos. Analizaranse tanto as medidas como os seus correspondentes indicadores de avaliación consensuados pola sociedade civil que deberían adoptarse para a garantía real dos dereitos lingüísticos. MARCOS MACEIRA A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc. que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos para garantir o dereito a vivir en galego. Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar, porque cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un déficit democrático que cómpre corrixir. A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos. Coa Liña do Galego quérese fortificar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país. Cando unha persoa chama, escribe ou envía unha queixa a través da App, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. A Liña do Galego garante a completa confidencialidade das persoas que a utilicen, mais en ningún caso tramita queixas anónimas. Alén de tramitarmos cada queixa ante as institucións, entidades ou empresas pertinentes, son a base de gran parte das denuncias públicas que facemos desde a Mesa. Así mesmo, as denuncias recibidas serviron 2

para a elaboración en anos anteriores de informes e relatorios presentados a diversos organismos, entre os que destacaron o Consello de Dereitos Humanos da Organización das Nacións Unidas ou os respectivos comités de expertos do Consello de Europa para a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias ou o Convenio marco para a protección das minorías nacionais. As queixas presentadas neste informe son unha mínima parte das discriminacións e vulneracións de dereitos que acontecen todos os días e que en moitos dos ámbitos sinalados son sistemáticas. Esta normalidade da exclusión do galego é mostra da consideración de inferioridade do galego e das persoas que o utilizan. Convértese a nosa lingua nun accesorio prescindíbel e obrígasenos literalmente a prescindir dela para acceder a servizos básicos. Este informe pretende contribuír á eliminación deste prexuízo tan estendido e amparado pola propia Administración (Xunta de Galiza, Administración xeral do Estado ou Administración local). É alarmante que quen ten obriga de garantir o respecto dos dereitos lingüísticos da cidadanía encabece a lista de queixas, sendo non só cómplice destas actitudes senón promotora directa. O galego é a lingua das galegas e galegos, temos dereitos e queremos vivir nela. XESÚS M. COSTAS ABREU O tema encomendado, que se desenvolverá cos seguintes elementos: Lexislación lingüística: CE, EAG e normativa galega. Competencias municipais, obrigas lingüísticas dos poderes públicos locais e mandato normalizador. A xurisprudencia sobre criterios de usos lingüísticos e ordenanzas de normalización. 3

ALICIA PAULA OTERO GONZÁLEZ e MARÍA DEL CARMEN PAZOS AREA [ ] los destinatarios del Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones (SNPS) son todos los ciudadanos, y para que se cumpla el principio de transparencia la información debe ser comprensible por todos. La lengua común es el español o castellano. Todos los ciudadanos tienen la obligación de conocerla y el derecho a usarla. Si la información de aquellas regiones donde existen lenguas cooficiales se registrara solo en estas últimas, se estaría privando a los ciudadanos del resto de comunidades del conocimiento e información al que tiene derecho. En segundo lugar, los usuarios de la Base de Datos Nacional de Subvenciones (BDNS) están presentes en todas las administraciones públicas: local, autonómica y estatal. La lengua común constitucional de todos ellos es el español o castellano. Si solo se registrara en lenguas cooficiales, se estaría oscureciendo el contenido de una parte de la BDNS e imposibilitando el cumplimiento de sus fines (la lucha contra el fraude, y la mejora de los procedimientos de gestión de subvenciones). Este é un extracto do documento elaborado pola Intervención Xeral da Administración do Estado Respuestas a preguntas frecuentes, no que se argumenta dese xeito tan pouco acaído a exixencia de remitir en castelán determinada documentación á antedita base de datos. As obrigas de publicidade e transparencia na actividade do sector público, unidas á transformación dixital das administracións, deron lugar á implementación de medidas e á aparición de plataformas electrónicas e instrumentos informáticos que permiten dar cumprimento ao deber de informar a cidadanía da acción dos poderes públicos. Falamos por exemplo da Base de Datos Nacional de Subvencións, da Plataforma de Contratación do Sector Público ou do Taboleiro Edictal Único, entre outras. A posta en marcha destas medidas coincide no tempo cunha etapa de recesión económica. Estas plataformas de información son ferramentas indispensables para mellorar a xestión das entidades públicas pero, ao seren xestionadas pola Administración Xeral do Estado, non teñen suficientemente 4

desenvolvido o emprego de linguas oficiais distintas do castelán e poden desatenderse aspectos relativos ao uso normal da lingua galega nas corporacións locais. Nas intervencións previstas expoñeranse brevemente as liñas básicas desta transformación e como inflúe o emprego destas ferramentas da información na lingua do procedemento administrativo. Mª MONTSERRAT CASTRO RODRÍGUEZ A modo introdución, faremos unha breve aproximación ao artigo 27 da Constitución, que establece o dereito de toda a cidadanía á educación, para o pleno desenvolvemento da súa personalidade. Na Carta dos dereitos do neno, secundada polo Estado español, fálase de protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole. Estes son algúns dos documentos nacionais e internacionais que avalan a necesidade de que todos os nenos e nenas poidan asistir a unha escola que lles favoreza acadar o pleno desenvolvemento persoal. Evidentemente, tendo en conta que a diversidade é unha característica inherente ao ser humano, xorde a necesidade de adaptar os procesos de ensino aprendizaxe ás necesidades e potencialidades individuais e colectivas de todos e todas as estudantes. Un dereito que non sempre está garantido, especialmente no caso daquelas persoas que presentan unhas necesidades específicas no eido educativo/escolar, que son diferentes ao resto do alumnado ou á maioría. Esta desatención afecta diferentes dimensións, que van dende as digresións que presenta a propia lexislación educativa, o non desenvolver unha práctica educativa dende unha perspectiva metodolóxica adecuada á individualidade e colectividade que convive nunha aula, até a carencia de recursos humano e materiais. A continuación, reflexionaremos sobre a importancia de garantir os dereitos lingüísticos do alumnado como base fundamental para a atención á diversidade dende unha perspectiva inclusiva. Segundo as achegas das distintas perspectivas pedagóxicas, para facilitar o acceso ao coñecemento, é imprescindible partir do contexto natural e social do 5

alumnado, no que acada especial relevancia a comunicación como instrumento clave de acceso ao coñecemento. É evidente que temos máis facilidade para aprender se comprendemos o que se está estudando; polo que, partir da lingua propia, parece unha necesidade. Xorden aquí aspectos sobre os que reflexionar para deseñar e planificar o proceso de ensino aprendizaxe para superar as barreiras de acceso de todo o alumnado, con ou sen necesidades específicas: Cal é a lingua propia nun contexto social no que conviven dúas linguas? É o mesmo no caso de que as linguas teñan base común ou que sexan con raíces diferentes? Como entendemos as interferencias lingüísticas nun contexto de convivencia de dúas linguas?, etc. A isto engadimos as achegas dos estudos que falan da contribución da adquisición de linguas ao desenvolvemento intelectual: Que ocorre co alumnado que non acada competencia lingüística que lle permita comunicarse con solvencia de acordo coas súas características en ambas as linguas? Estamos limitando os dereitos de todo o alumnado? Para rematar abordaremos o rol dos recursos e materiais didácticos no proceso de ensino aprendizaxe, debido a que son instrumentos que facilitan o accesibilidade ao coñecemento. En consecuencia, é relevante contar con materiais de características adecuadas ao alumnado co que se traballa, pois, de non ser así, aquelas persoas para as que non se axeiten verán limitadas as súas posibilidades de acceder ao coñecemento e á formación. MARÍA CARMEN TEIJIDO LÓPEZ, CARLOS BLANCO ARCA, MANEL OLIVEIRA OZORES e MARINA QUELLE CUADRADO Analizarán a experiencia docente nas súas áreas profesionais en canto ao uso do galego para impartir as aulas e a problemática que isto lles supón. 6

ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL Aulas sen paredes é un proxecto derivado da tese de doutoramento de Rosalía Fernández Rial no que pretende e aplica unha nova metodoloxía didáctica para o ensino e aprendizaxe de linguas. Esta consiste no uso da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica para desenvolver a competencia comunicativa do alumnado así como para favorecer certas actitudes e valores asociados ao plurilingüismo, á interculturalidade e aos principios dunha sociedade democrática. Esta metodoloxía é extrapolable na súa esencia a outros ámbitos de uso, ensino e aprendizaxe da lingua galega, pois permite crear contextos de emprego do idioma dun xeito lúdico e vencer prexuízos mediante a posta en rol, en personaxe e outros recursos dramáticos e teatrais. Nese senso, a identidade é outra das posibilidades de traballo mediante este método xa que se reforza o sentido de pertenza a un grupo e cultura determinados. A iso súmase, asemade, a escenificación de textos da nosa literatura, que reforza o anteriormente anotado e abre novas vías de experimentación. CARLOS NEGRO Na poesía, a lingua nunca constitúe unha chousa; máis ben significa dinamita fonética, ritmo que rompe medos e prexuízos, lugar de encontro da voz coa memoria individual e colectiva, do xogo lúdico coa reflexión transcendente; en cada poema, lido ou escrito, abrimos mil portas á lingua, non como purgatorio de culpas, senón como lanzadeira espacial que leva o idioma até o infinito e máis alá; por suposto, un verso non pode salvar unha cultura enteira, pero se cadra é quen de desatar a lingua de quen recita e de quen escoita, de quen atopa unha palabra tan necesaria como auga da fonte para unha gorxa seca; porque o poema, ese animal escondido en selvas ignotas, pode despezar a lingua en mil anacos, remoela e revivila, desatala de todos os prexuízos, ceibala en liberdade. E niso estamos. 7

MARTA MARIÑO MARTÍNEZ e ÁLVARO LAMAS BAÑOS Dous médicos en formación achegaremos unha fotografía da situación lingüística e do uso do galego no ámbito da Atención Primaria na área sanitaria de Vigo, dende a perspectiva do profesional sanitario e do doente. 8