VINTE ANOS DE GALICIA NA UNIÓN EUROPEA

Similar documents
Silencio! Estase a calcular

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

Síntesis da programación didáctica

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

CAMBIO ESTRUCTURAL E EFICIENCIA PRODUCTIVA DA ECONOMÍA GALEGA

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

O Software Libre nas Empresas de Galicia

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

O COLAPSO DO CAPITALISMO ESPAÑOL: LECCIÓNS E PREGUNTAS PARA DESPOIS DUNHA CRISE

Análise do sector da pesca

A RIQUEZA E O SEU EFECTO SOBRE O CONSUMO NO CONTEXTO DA CRISE GLOBAL: O CASO DA UNIÓN ECONÓMICA E MONETARIA (UEM)

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

Revista Galega de Economía Vol (2017)

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

ESTUDIO DOS AUTÓNOMOS DE OURENSE ANO 2011

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade de Santiago de Compostela. Grao en Administración e Dirección de Empresas Xuño 2015

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

Cristina Sánchez-Rodas Navarro Catedrática de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social Universidad de Sevilla

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

DESPOBOAMENTO E AVELLENTAMENTO: GALICIA CARA AO ANO 2020

O PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS: O PAPEL DOS ORGANISMOS PÚBLICOS

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

ICEDE Working Paper Series

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

ANÁLISE DA POBOACIÓN DEPENDENTE EN GALICIA E DETECCIÓN DAS SÚAS NECESIDADES ASISTENCIAIS

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Problema 1. A neta de Lola

Revista Galega de Economía Vol (2016)

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

ICEDE Working Paper Series

AS ENERXÍAS RENOVABLES E A SOSTIBILIDADE: CLAVES DE ACCESO AO BENESTAR?

11. A débeda da PIE con Galicia

CONTRASTE EMPÍRICO DO MODELO CAPM: APROXIMACIÓN A NON LINEARIDADE PARA O MERCADO ESPAÑOL DE CAPITAIS

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

PATRÓNS DE DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO: UNHA ANÁLISE POR COMARCAS

TENDENCIAS E PROBLEMAS DA PESCA GALEGA NO CONTEXTO MUNDIAL E COMUNITARIO 1

TRANSMISIÓN VERTICAL DE PREZOS NO MERCADO DE PRODUTOS PESQUEIROS: O CASO DA PESCADA EUROPEA EN PORTOS DE GALICIA 1

FACTORES DETERMINANTES EN MODELOS ECONOMÉTRICOS REXIONAIS DE MIGRACIÓN INTERNA

O GRAO DE URBANIZACIÓN EN GALICIA: DIFERENZAS SOCIOECONÓMICAS ENTRE AS DISTINTAS ZONAS

UN MODELO EXPLICATIVO DAS CAUSAS DO ENDEBEDAMENTO AUTONÓMICO. O IMPACTO DOS LÍMITES DA LEI ORGÁNICA DE FINANCIAMENTO DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Revista Galega de Economía Vol (2015)

A industria cultural galega no horizonte As artes escénicas (Resume) 1

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

La industria maquieira de exportacion mexicana hai 40 anos

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

Revista Galega de Economía Vol (2015)

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

PROPOSTA DE FISCALIZACIÓN DAS RENDAS PROCEDENTES DA PRIMEIRA VENDA DE FUNGOS SILVESTRES COMESTIBLES DE INTERESE SOCIOECONÓMICO

Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade?

Edita. Tradución. ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP) Rúa de Madrid, 2 4, Polígono das Fontiñas Santiago de Compostela

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

CRISE ECONÓMICA E FLUXOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA: OS EFECTOS DA POLÍTICA SANITARIA NA POBOACIÓN

AS EMPRESAS GALEGAS NO MERCADO MUNDIAL DO GRANITO: CARACTERÍSTICAS E FACTORES DE COMPETITIVIDADE

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

O sector lácteo en Galicia: especialización, crise e reestructuración do sector.

ANÁLISE ECONÓMICA E FINANCEIRA DAS EMPRESAS PÚBLICAS ESTATAIS. EFECTOS DO PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DE 1996

RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E RESILIENCIA

ugt chama á cidadanía GaleGa a participar Nos actos do primeiro de maio para demandar un cambio radical das políticas destes últimos anos

Bosques sostibles e Gastronomía Galega PEFC,

ANÁLISE ECONÓMICA 55

Facultade de Fisioterapia

Educación e linguas en Galicia

Factores determinantes do prezo da vivenda da cidade de Ourense. Unha aplicación econométrica baseada no método dos prezos hedónicos

O TURISMO SOSTIBLE COMO EXTERNALIDADE NEGATIVA DAS POLÍTICAS PÚBLICAS NO MEDIO RURAL

A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN GALEGA E DAS SÚAS DENSIDADES ( )

ASPECTOS SOCIOECONÓMICOS DOS ACCIDENTES DE TRÁFICO EN GALICIA 1

Transcription:

VINTE ANOS DE GALICIA NA UNIÓN EUROPEA ALBINO PRADA BLANCO / SANTIAGO LAGO PEÑAS Universidade de Vigo Recibido: 19 de setembro de 2008 Aceptado: 25 de setembro de 2008 Resumo: Neste traballo facemos unha revisión polo miúdo dos agregados de produción e ocupación da economía galega desde o seu ingreso na Comunidade Económica Europea no ano 1986. En conxunto, os resultados acadados son discretos, cunha lixeira mellora de Galicia nos indicadores per cápita no conxunto de España grazas á forte perda de peso poboacional, e cun mellor comportamento de Galicia respecto da media da UE-15 por ese mesmo factor demográfico e polo forte ciclo expansivo e asimétrico no escenario europeo que experimentou a economía española desde o ano 1995 e que, cun diferencial negativo respecto da media das comunidades autónomas, tamén favoreceu a Galicia. Tamén se avalía a transformación do crecemento da produción nun desenvolvemento social que poida considerarse sostible. Palabras clave: Economía de Galicia / Unión Europea / Emprego / Crecemento / Desenvolvemento sostible. TWENTY YEARS OF GALICIA IN THE EUROPEAN UNION Abstract: This paper offers an in-depth review of Galician production and employment macroaggregates since 1986, when it became an EEC member. As a whole, the balance shows a fairly average performance. With respect to the Spanish average, per capita GDP has slightly improved due to a shrinking population share. Regarding the EU-15 average, results are better. Both the demographic crisis and the asymmetric Spanish economic boom between 1995 and 2007 have fuelled convergence. The paper also analyzes the relationship between GDP growth and sustainable development. Keywords: Galician economy / European Union / Employment / Economic growth / Sustainable development. 1. INTRODUCIÓN O obxectivo deste traballo é analizar a dinámica macroeconómica da economía galega desde o seu ingreso na CEE no ano 1986 ata a actualidade. A atención céntrase na evolución do produto interior bruto (PIB), poboación e emprego, así como noutros indicadores de benestar social complementarios. As comparacións referiranse ao espazo da chamada UE-15 para evitar as distorsións estatísticas motivadas polas sucesivas incorporacións de países á Unión Europea. Xa que logo, desbotamos facer unha análise sectorial do impacto da integración de Galicia na actual Unión Europea (UE). Contamos xa con traballos que teñen analizado polo miúdo este impacto nalgúns dos sectores máis afectados, coma o agrogandeiro (Colino et al., 1999), o pesqueiro (Varela et al., 2001) e o naval (Prada e Teixeira, 2004); con panorámicas sobre a incidencia da política rexional europea neste mesmo monográfico (Armesto, 2008); e con análises recentes da apertura comercial e financeira da economía galega, coma os que aparecen no recente monográfico de Papeles de Economía Española dedicado á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (FUNCAS, 2007). Así mesmo, tamén deixamos a un lado as cuestións normativas que atinxen á definición da política económica no escenario actual. Un 41

escenario que, en comparación co do ano 1986, vén definido por máis integración económica; máis apertura, da man do fenómeno da globalización; e máis autogoberno, pola consolidación do Estado das autonomías nos últimos vinte e cinco anos. Neste sentido, permitímonos remitir ao lector a varios proxectos editoriais recentes nos que temos participado (Prada e Álvarez Corbacho, 2006; Prada, 2007; Lago Peñas e Álvarez Corbacho, 2008). A estrutura do artigo é a seguinte. No segundo epígrafe falamos da evolución do PIB e da poboación; no terceiro, doutros indicadores de benestar complementarios e no cuarto, de emprego. Rematamos cun breve apartado de conclusións. 2. PIB, POBOACIÓN E PIB POR HABITANTE Nas gráficas 1 e 2 representamos a participación de España e de Galicia no PIB, medido en paridades de poder de compra, e na poboación da UE-15. Ofrecemos os datos para os anos 1985 e 2005. En termos de PIB, a economía española pasou de representar o 8% ao 10,2%, mentres que Galicia pasou do 0,48% ao 0,52%; o avance é significativamente máis forte no caso de España. Unha asimetría semellante dáse no caso da poboación: mentres que España incrementa o seu peso en cinco décimas pasa do 10,7% ao 11,2%, Galicia perde nove centésimas pasa do 0,79% ao 0,70%. Gráfica 1.- Dimensión produtiva e demográfica de España na UE-15 nos anos 1985 e 2005 12 10 8 6 4 2 0 1985 2005 FONTE: Elaboración propia a partir de Elcano (2006), INE e Eurostat. PIB Poboación Gráfica 2.- Dimensión produtiva e demográfica de Galicia na UE- 15 nos anos 1985 e 2005 0,9 0,8 0,7 0,6 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 0,0 1985 2005 FONTE: Elaboración propia a partir de Elcano (2006), INE e Eurostat. PIB Poboación 42

A combinación dos dous indicadores dá lugar ao resultado que reflicte a gráfica 3: Galicia e España converxen de xeito notable cara á media da UE-15 desde o ano 1985. Porén, a vía da converxencia é moi diferente nos dous casos. Con carácter xeral, a ratio de converxencia en PIB per cápita dunha economía rexional A integrada noutra máis extensa B pode descompoñerse do seguinte xeito: PIB A POB PIB B POB A B = PIB PIB A B 1 POB POB A B No caso que nos atinxe, a economía B sería a UE-15, tanto para Galicia coma para España. De feito, para Galicia España tamén sería B. A expresión anterior amosa que A pode converxer con B por dúas vías: aumentando o peso do seu PIB ou reducindo o seu peso poboacional. España tomou a primeira vía para converxer coa UE-15 e Galicia optou, sobre todo, pola segunda. Sendo 100% PIB per cápita comunitario en termos de paridades de poder de compra nos anos 1985 e 2005, España pasou do 75% ao 91% e Galicia do 61% ao 75%. En definitiva, Galicia converxe menos ca España e faino, sobre todo, pola vía pasiva da converxencia: a perda de peso demográfico. Pola contra, España converxe exclusivamente polo incremento do peso do PIB e a pesar dunha dinámica demográfica expansiva. Gráfica 3.- PIB per cápita da UE-15, de España e de Galicia nos anos 1985 e 2005 (UE=100) 120 100 80 60 40 20 0 1985 2005 FONTE: Elaboración propia a partir de Elcano (2006), INE e Eurostat. Galicia UE-15 España Xa en termos dinámicos, unha ollada panorámica ao período que vai desde a incorporación de Galicia á daquela chamada CEE ata a actualidade (1986-2006) ofrécennola as taxas medias de crecemento. Aínda que a economía galega ten medrado moito, fíxoo a unha velocidade inferior á de España en todos os subperíodos (lustros) considerados (táboa 1). E cando chega a recuperación dos anos noventa, na segunda metade da década, Galicia vai ser menos beneficiada por esta. A implicación inmediata deste menor crecemento amósase na primeira fila da táboa 2: a perda continua de peso económico de Galicia no conxunto do Estado. 43

Táboa 1.- Taxas medias de crecemento anual do produto en Galicia e en España PERÍODO 1986-1990 1991-1995 1996-1999 2001-2006 Galicia 2,7% 1,1% 2,8% 3,1% España 4,4% 1,3% 3,5% 3,4% FONTES: Cancelo (2006, p. 71) para o período 1981-1999, e Contabilidade rexional do INE 2000-2006. Táboa 2.- Porcentaxe que supón Galicia sobre o total español en PIB, poboación e PIB per cápita de Galicia (España=100) PERÍODO 1986-1990 1991-1995 1996-1999 2006 PIB 5,8% 5,7% 5,5% 5,1% Poboación 7,1% 7,0% 6,9% 6,2% PIB/Poboación 81,9% 81,3% 80,7% 83,0% FONTES: Cancelo (2006, p. 71 e p. 106) para o período 1981-1999, e Contabilidade rexional do INE 2000-2006 e Padrón municipal para o ano 2006. Do 5,8% de media nos anos 1986-1990 chegamos ata o 5,1% no ano 2006. Poderíamos deternos na análise das diferentes velocidades ás que se ten producido esta perda, pero a nota que hai que subliñar é máis a dimensión da perda: desde o noso ingreso na UE a economía galega perdeu máis dun 10% de peso relativo no conxunto de España. Coa poboación ocorre algo semellante: cae de xeito continuado ao longo do período, pasando do 7,1% no segundo lustro dos anos oitenta ata o 6,2% no ano 2006 (táboa 2, segunda fila). Desde o ano 1986 o peso da poboación e do PIB galego no conxunto estatal evolucionan de xeito acompasado. Como resultado, o indicador PIB per cápita vaise manter preto do 80% desde aquela (táboa 2, terceira fila), mellorando marxinalmente nos últimos anos. En conxunto, Galicia atópase hoxe nunha posición relativa semellante á do momento no que España ingresou na CEE. Como fonte estatística alternativa, Eurostat ofrece datos rexionais 1 para a década 1995-2005 tanto de valor engadido coma de emprego. Na riqueza xerada o peso de Galicia é semellante ao que vimos no PIB: pasamos neses dez anos dun 5,6% a un 5,1%, case o 10% de caída en termos relativos. Mais en termos de emprego, a evolución foi moito máis negativa: pasamos dun 7,2% a un 5,6%, caída que supón un descenso do 22% en apenas dez anos. 3. INDICADORES DE DESENVOLVEMENTO E SUSTENTABILIDADE SOCIAL O valor do PIB ou mesmo o PIB per cápita ofrecen unha información parcial sobre o benestar e a calidade de vida dun país. Por ese motivo, a ONU ten desenvolvido índices que analizan de xeito complementario outros aspectos. Entre eles salientan o índice de desenvolvemento humano (IDH), o índice de desenvolvemento 1 http://epp.eurostat.ec.europa.eu 44

de xénero (IDX) e o índice de pobreza humana para países escollidos da OCDE (IPH-2). No caso do IDH, combínanse tres indicadores parciais: a esperanza de vida, a educación e a renda per cápita. O seu valor atópase normalizado entre 0 e 1. A maior valor do índice, maior nivel de desenvolvemento humano. O IDH aproximaría unha cuantificación de como un país é quen de transformar crecemento económico e produción de riqueza en desenvolvemento social. Para o ano 2003 presentamos na gráfica 4 os resultados deste índice. Gráfica 4.- Índice de desenvolvemento humano no ano 2003 0,94 0,935 0,93 0,925 0,92 0,915 0,91 0,905 UE-15 España Galicia FONTE: Elaboración propia a partir de PNUD (2005) e Reig (2007, p. 104). Como ben se observa, a posición de Galicia está por baixo dos espazos de referencia, mais cabe subliñar que a desviación respecto da media europea é moi inferior á que temos en termos de produción de riqueza. Dito doutro xeito: Galicia ascende posicións nun ranking do IDH internacional con respecto á posición que ocuparía ordenada polo seu PIB per cápita. En termos dinámicos e dentro de España, Galicia era no ano 1981 a quinta Comunidade Autónoma menos desenvolvida de España, segundo o valor do IDH, só por diante de Canarias, Castela-A Mancha, Andalucía e Estremadura. Porén, a súa posición vai mellorando no tempo entre os anos 1981 e 2000, de xeito que converxe cara á media española (gráfica 5) adiantando a Murcia e á Comunidade Valenciana. Gráfica 5.- Evolución do IDH en Galicia respecto da media estatal (1981-2000) 0,000-0,005-0,010-0,015-0,020-0,025-0,030 1981 1983 FONTE: Bancaja (2004). 1985 1987 1989 1991 1993 1995 1997 1999 2000 45

En resumo, a posición de Galicia no concerto autonómico mellora significativamente. Aínda que se sitúa por baixo da media e da mediana, adianta a comunidades autónomas con PIB per cápita superiores cando, ademais, se contemplan outras dimensións individuais relevantes para o benestar e vencelladas á saúde, á educación, á discriminación entre sexos ou á polarización social. Noutras palabras, a nosa diverxencia en desenvolvemento é menor ca en crecemento económico. Exposto o anterior, importa analizar se ese crecemento e ese desenvolvemento son sostibles temporal, ambiental e socialmente. Para avaliar a sustentabilidade económica dun país no tempo adoitan analizarse os recursos que supoñen sementar un esforzo no presente para obter un maior crecemento no futuro. Son de tres tipos: de innovación en procesos e produtos, de cualificación dos recursos humanos, e de alfabetización e desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Con respecto aos primeiros, aos que nos imos limitar aquí 2, pode avaliarse a situación relativa dunha economía como a galega segundo tres perspectivas complementarias: de esforzo, de resultados ou con índices sintéticos. Nos indicadores de esforzo, a situación galega estaría aínda hoxe por baixo da metade da media europea tanto en I+D (gastos privados ou públicos internos) como na innovación (i) empresarial con gastos externos (compras de permisos, maquinaria, formación, investimentos en márketing, etc.). Nos gastos internos é dobremente preocupante a súa asimetría: insuficiente pero notable na compoñente pública, moi defectiva na compoñente privada. Como exemplo, o País Vasco cuadriplica o noso esforzo. Na compoñente de innovación externa das empresas abonde con dicir que, malia non semellar escaso respecto da media española, non chegamos á terceira parte dos referentes europeos. Se do esforzo pasamos aos resultados obtidos con el, a nosa situación, lonxe de mellorar, empeora tanto se medimos exportacións ou emprego en empresas de alta compoñente tecnolóxica como se medimos o número de patentes conseguidas. Neste caso non é só que esteamos moi lonxe da media española. É que a situación española en xeral e das comunidades autónomas líderes amosan unha fenda enorme coa media europea, e xa non digamos cos países líderes neste eido. Dun xeito sistemático, a Comisión Europea ten calculado indicadores de síntese rexionais usando simultaneamente variables tanto de esforzo coma de resultados. Nos primeiros, á parte do esforzo público e privado téñense en conta os gastos en innovación, a porcentaxe de empresas que innovan, as actividades de formación permanente, etc.; e dentro dos segundos, á parte das patentes conseguidas, cuantifícase o emprego en actividades intensivas en tecnoloxía ou as vendas de produtos novos no mercado. A situación de Galicia, á vista dos resultados que recollemos na táboa 3, non só é mediocre no conxunto español senón que no conxunto das 203 rexións da UE-25 2 Desenvolvemos isto máis devagar en Lago Peñas (2007) e no libro A economía de Galicia na Unión Europea (Galaxia, no prelo). 46

avaliadas ocuparíamos a posición 140. Non semella, daquela, que o noso crecemento económico poida ser sostible no tempo, porque os índices sintéticos analizados evidenciarían ás claras as nosas debilidades competitivas nos mercados globais. Táboa 3.- Índices de síntese sobre innovación da Comisión Europea (2003) RNSII REESCALADO RSII REESCALADO RRSII Madrid 1,00 0,45 0,72 País Vasco 0,79 0,38 0,58 Navarra 0,77 0,37 0,57 Cataluña 0,75 0,33 0,54 Aragón 0,56 0,32 0,44 Comunidade Valenciana 0,43 0,21 0,32 Castela e León 0,37 0,24 0,30 Murcia 0,37 0,23 0,30 Galicia 0,34 0,23 0,28 Cantabria 0,27 0,24 0,25 Asturias 0,21 0,20 0,20 Canarias 0,23 0,16 0,20 A Rioxa 0,17 0,21 0,19 Andalucía 0,18 0,17 0,17 Castela-A Mancha 0,06 0,13 0,10 Baleares 0,02 0,11 0,07 Estremadura 0,00 0,12 0,06 FONTE: Comisión Europea. Polo que respecta á sustentabilidade ambiental, un indicador sintético sobre as potencialidades e os impactos derivados do noso modelo alimentario e de consumos enerxéticos (neste caso, como superficie forestal que absorba as emisións derivadas) é a pegada ecolóxica 3. Para Galicia, a estimación máis recente do Ministerio de Medio Ambiente para o ano 2005 sitúa a pegada ecolóxica en 6,6 hectáreas, lixeiramente por riba da media española (6,4), moi por riba da media mundial, que é aproximadamente da metade, e lixeiramente por riba da pegada ecolóxica media da Europa occidental. E xa, finalmente, con respecto á sustentabilidade social da nosa economía, podemos manexar dous indicadores: o índice de dependencia e a taxa de paro. O índice de dependencia cuantifica canta poboación maior (de 65 anos) existe por cada cen persoas en idade de traballar (entre os 15 e os 64 anos). Á vista da gráfica 6 para o período 1981-2001, a situación é dunha crecente insustentabilidade. Se no ano 1981 superabamos en 3,5 persoas a media española, vinte anos máis tarde superamos esa media en máis de 6 persoas. Este feito traduciríase, entre outros efectos, nun non doado financiamento dos servizos públicos decisivos para os maiores, como son as pensións e a asistencia sanitaria. 3 Consultar www.rprogress.org ou os informes do noso Ministerio de Medio Ambiente sobre a cuestión. 47

Gráfica 6.- Índice de dependencia 35 30,9 30 24,8 25 21,3 20 17,8 15 10 5 0 1981 2005 FONTE: Elaboración propia a partir de Elcano (2006). Galicia España De feito, o avellentamento xúntase coa menor capacidade fiscal de Galicia para dar lugar a un forte desequilibrio estrutural entre ingresos públicos xerados en Galicia e gastos públicos imputables. Ese desequilibrio o chamado saldo fiscal aparece reflectido na gráfica 7. Para o conxunto do período 1991-2005, Galicia é unha das comunidades autónomas fiscalmente máis dependentes, só claramente por detrás de Estremadura e de Asturias e a un nivel semellante a Andalucía e a Castela-A Mancha 4. Gráfica 7.- Saldos fiscais e PIB per cápita para o conxunto da Administración Pública central (en euros 2005). Media 1991-2005 4.000 Melilla I Ceuta Estremadura II Asturias Castela-A Mancha Andalucía Canarias GALICIA Castela e León Murcia Cantabria A Rioxa Aragón 0 C. Valenciana Baleares 3.000 2.000 1.000-1.000-2.000 IV España III II II País Vasco Navarra Cataluña Madrid -3.000 10.000 12.000 14.000 16.000 18.000 20.000 22.000 24.000 PIB per cápita FONTE: Uriel e Barberán (2007). Unha perspectiva diferente da sustentabilidade social do noso crecemento económico viría cuantificada pola taxa de paro, definida coma a porcentaxe das persoas dispoñibles para traballar e que buscan activamente emprego (paro estimado en España pola EPA) sobre o conxunto da poboación activa. Tampouco desde esta APC 4 O caso de Canarias é especial. A súa balanza fiscal está moi condicionada polo réxime económico e fiscal que posúe. 48

perspectiva a nosa situación presenta un balance positivo ao longo do período analizado, como pon de manifesto a táboa 4. De termos no pasado unha situación mellor cá media española, rematamos tendo unha taxa de paro lixeiramente superior (nun punto) e máis aínda con respecto á media europea (dous puntos). É, loxicamente, a outra faciana do noso menor crecemento económico durante todo ese período, mais tamén do comportamento do emprego, asunto do que nos ocupamos deseguido. Táboa 4.- Taxas de desemprego 1986 2006 UE-15 9,3 8,1 España 21,5 9,1 Galicia 13,6 9,9 FONTES: Eurostat 5 e INE. 4. EMPREGO Como víamos na táboa 1, a economía galega tería anotado un menor crecemento económico que, en xeral, se tería transformado nunha menor xeración de emprego e nunha perda de peso relativo nun período no que o conxunto de España aumentou en seis millóns o número de empregos. Cos datos de afiliados á Seguridade Social (gráfica 8) comprobamos esa menor xeración de emprego da economía galega e podemos secuenciar o ciclo económico 1991-2008 da forma seguinte: 1991-1994 crise e recesión, 1995-1998 reactivación, 1998-2006 prosperidade, 2007-2008 crise, e xa no 2009-2010 poderíamos entrar en recesión. Desa gráfica despréndese que se a creación de emprego nas fases de crecemento vai por baixo do ritmo deste, nas fases de desaceleración ou de crise a destrución de emprego tende a ser maior. Gráfica 8.- Taxas de variación interanual dos cotizantes á Seguridade Social (1991-2008) 6,00 4,00 2,00 0,00-2,00-4,00-6,00 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 FONTE: Ministerio de Traballo (no mes de xuño de cada ano). 2008 Galicia España 5 O dato da UE-15 con 9,3 corresponde ao ano 1993. 49

Doutra banda, e cunha serie temporal trimestral das taxas de variación interanual para os catro últimos anos dos afiliados á Seguridade Social e do PIB, podemos comprobar como esa transformación de crecemento en emprego se produce sempre cunha elasticidade inferior á unidade (gráfica 9). A fenda entrambas as dúas series mediría a evolución da produtividade aparente do traballo na economía galega. Gráfica 9.- Transformación de crecemento en emprego en Galicia (2004-2008) 5,0 4,0 3,0 2,0 1,0 0,0 2004 2004 2004 2004 2005 2005 2005 2005 2006 FONTE: Elaboración propia a partir do IGE. 2006 2006 2006 2007 2007 2007 2007 2008 tvi PIB tvi cotizantes Xa desde a perspectiva da distribución primaria da renda, paga a pena observar conxuntamente as gráficas 10 e 11. Entre un avance dun 40%-50% da taxa de emprego en Galicia e a oscilación dun 46%-45% na participación dos salarios dos ocupados no PIB, agóchanse sen dúbida procesos de subemprego, de emprego parcial, de mileurismo, de emprego eventual e inestable e de contratos temporais, que teñen segmentado o mercado de traballo en Galicia en dous submercados: o dos antigos empregados estables e con certas garantías de revisión dos seus salarios e o dos acabados de chegar afeitos a unha precariedade á baixa. Dúas circunstancias extremas que non son boas parceiras dos aumentos da competitividade en calidade, diferenciación e innovación. 55 50 45 40 35 30 Gráfica 10.- Evolución da taxa de emprego (1986-2006) 1996TIV 1997TIV 1998TIV 1999TIV 2000TIV 2001TIV 2002TIV 2003TIV 2004TIV 2005TIV 2006TIV FONTE: Elaboración propia a partir da Enquisa de poboación activa. España Galicia 50

Gráfica 11.- Evolución da participación da remuneración dos asalariados no PIB 50,0 49,0 48,0 47,0 46,0 45,0 44,0 43,0 FONTE: Elaboración propia a partir do INE-CRE. 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004(P) 2005(P) 2006(A) España Galicia Para a correcta interpretación destes comportamentos agregados, é aconsellable facer tamén unha lectura sectorial. Para iso imos servirnos do concepto de fenda de produtividade sectorial, que compara a produtividade media dun sector coa produtividade media para o conxunto da economía. Para o caso de Galicia e con datos de Eurostat para a década 1995-2005, pasamos a comentar os resultados do sector primario e das manufacturas. No caso do primeiro (gráfica 12), teríase reducido o peso da súa produción no total da economía galega, pero máis aínda o peso do seu emprego. Consecuentemente, de estar situada a súa produtividade nun 36% da media galega no ano 1995, tería pasado a situarse nun 63% dez anos máis tarde. A fenda seguiría a existir, mais a ese ritmo de axuste podería acadarse un equilibrio nunha década. Gráfica 12.- Evolución da fenda de produtividade no sector primario 25 20 15 10 5 0 1995 2005 FONTE: Elaboración propia a partir de Eurostat. VEB Emprego Un caso moi distinto sería o do sector industrial (gráfica 13). De entrada, porque, malia dos teóricos da desindustrialización ou desmaterialización da economía, a importancia das manufacturas na economía galega vén aumentando nos últimos anos. E véno facendo en compaña dunha non menos interesante creación de emprego (88.000 neses dez anos) que faría aumentar o seu peso no emprego total. Neste caso, a fenda de produtividade sería positiva, pois o VEB supón un peso maior ao do emprego (dun 119% no ano 1995 e dun 108% no ano 2005), aínda que decrecente. 51

Gráfica 13.- Evolución da fenda de produtividade no sector industrial 35 30 25 20 15 10 5 0 1995 2005 FONTE: Elaboración propia a partir de Eurostat. VEB Emprego Mais é nos servizos na terciarización onde pola súa importancia absoluta o peor comportamento galego se traduce nun moi inferior dinamismo do emprego agregado da nosa economía. Non vai ser nos servizos públicos onde se asente esa menor terciarización senón nos destinados á venda. Con todo, este resultado sectorial presenta unha faciana en termos de xénero que nos parece moi importante visualizar. Trátase da masiva nova demanda de traballo feminino nos servizos e do seu devalo no mundo rural (gráfica 14). 400 350 300 250 200 100 50 0 Gráfica 14.- Evolución da demanda de traballo feminino 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 FONTE: Elaboración propia a partir da EPA (en miles de persoas). Servizos Agricultura Rematamos presentando unha visión sintética destas asimetrías no comportamento sectorial do emprego, diferenciando a súa evolución cíclica total nunha partición moi reveladora: a da ocupación no sector primario e a do resto da economía (gráfica 15). 10,0 5,0 0,0-5,0-10,0-15,0-20,0 Gráfica 15.- Comportamento cíclico do emprego 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 tvi non agrarios tvi agrarios FONTE: Elaboración propia con datos do INE-EPA (2002) (IV trimestre). 52

Contemplada así, a relación entre crecemento económico e emprego amosa en Galicia importantes matices. O primeiro é que a transformación de crecemento económico en emprego non agrario é especialmente intensa (moitas veces preto dun positivo 5% interanual); o segundo é que xoga en contra a permanente destrución de emprego no sector primario en taxas negativas que superan o 5%. Xa que logo, o resultado agregado que comentabamos ao comezo desta análise obedece a esa contraditoria tendencia. É importante destacar, polo tanto, o carácter contracíclico do emprego agrario: faise especialmente negativo nos anos de maior crecemento do emprego non agrario (1990, 1997, 2001), pois os activos agrarios abandonan a súa actividade se hai oportunidades fóra do sector, e modérase o seu comportamento negativo cando o resto da economía crea menos emprego (1987, 1992, 1993). Para analizar este fenómeno dun xeito máis preciso fixemos un sinxelo exercicio econométrico cos datos para o período 1976-2000 6. A gráfica 16 clarexa a existencia dunha correlación negativa entre as taxas de crecemento de ambas as dúas categorías de emprego: primario (DLP) e non primario (DLNOP). O coeficiente de correlación lineal correspondente é de -0,44. Gráfica 16.- Correlación entre as taxas de crecemento do emprego primario e non primario DLP 0,05 0,00-0,05-0,04-0,03 Coeficiente de correlación lineal = -0,44-0,02-0,06-0,04-0,02 0,00 0,02 0,04 0,06 DLNOP FONTE: Elaboración propia. Así pois, para explicar a dinámica do emprego primario hai que artellar cando menos dous mecanismos: a caída tendencial do emprego como resposta aos profundos cambios estruturais no agro, e o comportamento inverso ao do emprego non primario ao longo do ciclo de negocios. Neste sentido, na primeira columna da táboa 5 estímase econometricamente unha ecuación na que aparece como variable explicada o logaritmo do emprego agrario (LP) por medio dunha tendencia temporal (TEMPO), que toma o valor 1 no ano 1976 e o 25 no ano 2000. Os resultados da estimación en niveis virían confirmar o signo negativo de ambas as dúas variables explicativas e a validez da interpretación que temos feito no 6 Os datos de emprego utilizados nos recadros proceden da Enquisa de poboación activa (EPA) e os do VEB do IGE. 53

texto. O sector primario actuaría a modo de refuxio da poboación activa cando a conxuntura económica é mala, e en sentido inverso proporcionaría man de obra nas conxunturas boas. Porén, os baixos valores dos estatísticos DW e ADF apuntan a probable non cointegración das series. Este resultado confirmámolo mediante a aplicación do test de cointegración de Johansen. Dado o carácter integrado de orde 1 I(1) de LP e de LNOP, optamos por aplicar diferenzas sobre os niveis das series. Teríamos así dúas novas series: DLP e DLNOP, que serían diferenzas logarítmicas. Polo tanto, o que facemos en realidade na segunda columna é traballar con taxas de crecemento. Ao diferenciar, a tendencia temporal convértese nunha constante e a constante desaparece. Os resultados amosan unha taxa media de crecemento tendencial do emprego no sector primario ao longo do período dun -4% anual, que é complementada por un comportamento cíclico inverso ao do emprego nos sectores non primarios. Cada punto de crecemento do emprego non primario tradúcese de media en 0,9 puntos menos no crecemento do emprego primario, e viceversa. Poñamos algúns exemplos: un ano no que o crecemento do emprego non primario fose do 0%, o emprego primario caería o 4%; se o emprego non primario medra o 4%, o emprego primario faríao ao -7,6%; se o emprego non primario cae o 2%, o non primario caería tan só o 2,2%. Táboa 5.- Relación entre emprego primario e non primario LNOP ESTIMACIÓNS EN NIVEIS Variable explicada LP -1,25 (-4,38) ESTIMACIÓNS EN PRIMEIRAS DIFERENZAS Variable explicada DLP DLNOP -0,90 (-2,30) TEMPO -0,04-0,04 (-10,50) (-3,17) Constante 30,1 (7,90) R 2 0,96 0,20 ADF -2,24 D-W 0,53 1,61 Observacións 25 24 NOTAS: R 2 é o coeficiente de determinación, DW é o valor do estatístico de autocorrelación serial de primeira orde dos residuos proposto por Durbin e Watson, e ADF é o test de raíces unitarias ampliado de Dickey-Fuller aplicado sobre os residuos da estimación. 5. CONCLUSIÓNS O balance macroeconómico de Galicia na Unión Europea contén aspectos positivos e negativos. O PIB galego medrou de xeito salientable en termos absolutos e 54

produciuse unha necesaria e atinada transformación da estrutura produtiva de Galicia. Pero medramos claramente menos ca o resto de España e só algo máis cá media da UE-15. Polo tanto, os avances que se teñen producido en termos de converxencia do PIB per cápita débense, sobre todo, á perda de peso demográfico de Galicia en España e en Europa. Tamén medra de xeito significativo o emprego, pero de novo menos ca en España; a taxa de paro mellora de xeito importante, pero seguimos por riba da taxa media de paro da UE-15. Ademais, hai que salientar a perda de peso dos salarios na distribución primaria da renda, o que estaría reflectindo o empeoramento en termos comparativos da calidade dos postos de traballo en termos de estabilidade e salarios. Doutra volta, salienta a mellor posición de Galicia no indicador de desenvolvemento humano ca no PIB per cápita tanto en termos estáticos coma dinámicos. Pola contra, é rechamante que cunha menor capacidade produtiva teñamos unha pegada ecolóxica máis forte cá media española e mesmo cá media da Europa occidental. En último termo, é preocupante o proceso de avellentamento da poboación galega que incrementa a taxa de dependencia, eleva o custo da provisión dos servizos públicos e, dado o potencial fiscal de Galicia, agrava tamén a nosa dependencia fiscal. BIBLIOGRAFÍA ARMESTO, J. (2008): O impacto da política rexional comunitaria en Galicia: Unha panorámica, Revista Galega de Economía, vol. 17, núm. extraord., pp. 57-74. BANCAJA (2004): Capital humano y desarrollo humano en España, sus CC.AA. y provincias. CANCELO, J.R. [dir.] (2006): La economía de Galicia. Un análisis cuantitativo. A Coruña: Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza. COLINO, J.; NOGUERA, P.; RODRÍGUEZ, M. (1999): La agricultura gallega en la Unión Europea. Balance del primer decenio. A Coruña: Fundación Caixa Galicia. ELCANO (2006): 20 años de España en la Unión Europea (1986-2006). Madrid: Real Instituto Elcano. ESPAÑA. MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE (2007): Análisis preliminar de la huella ecológica en España. Informe de síntesis. Madrid. FUNCAS (2007): Papeles de Economía Española. Comunidades Autónomas, núm. 22: Galicia-Norte de Portugal. LAGO PEÑAS, S. (2007): Capital tecnológico y sistema de innovación de la eurorregión Galicia-Norte de Portugal, Papeles de Economía Española. Comunidades Autónomas, núm. 22: Galicia-Norte de Portugal, pp. 65-74. LAGO PEÑAS, S.; ÁLVAREZ CORBACHO, X. [coord.] (2008): Territorio, financiamento e control de gasto. Chaves da economía pública galega II. Vigo: Galaxia. PNUD (2005): Informe sobre desarrollo humano, 2005. Madrid: Mundi-Prensa. 55

PRADA, A. [coord.] (2007): Globalización, competencia e deslocalización. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda. PRADA, A.; ÁLVAREZ CORBACHO, X. [coord.] (2006): Chaves da economía pública galega. Vigo: Galaxia. PRADA, A.; TEIXEIRA, J.F. (2004): Construcción naval: sobre estrategias en un sector estratégico, Economistas, núm. 104, pp. 101-109. REIG, E. [dir.] (2007): Competitividad, crecimiento y capitalización de las regiones españolas. Bilbao: Fundación BBVA. URIEL, E.; BARBERÁN, R. (2007): Las balanzas fiscales de las comunidades autónomas con la Administración Pública central (1991-2005). Bilbao: Fundación BBVA. VARELA, M.; SURÍS, J.; GARZA, D.; IGLESIAS, C. (2001): Galicia e o mar. Estudios de economía pesqueira. Vigo: Galaxia. 56