A perspectiva sistémica da teoría dos imaxinarios sociais aplicada á comunicación política Paloma Prado Pichel 1

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

Silencio! Estase a calcular

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Este é o meu plano; quere axudarme a realizalo? Pero, naturalmente, vostede quere, aínda máis, debe axudarme. Franz Kafka, Na colonia penitenciaria

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Problema 1. A neta de Lola

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

plan estratéxico 2016 >> 2020

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

Facultade de Fisioterapia

Revista Galega de Economía Vol (2017)

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Sede Electrónica Concello de Cangas

Alba Lago Martínez Universidade da Coruña Recibido o 14/11/2013. Aceptado o 27/03/2014

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Roland Barthes dicía que "necesidade" é unha palabra de uso común, daquelas ás que se solicita e das que se obtén todo o que se quere.

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo I ITINERARIO CURSO 1º CRÉDITOS ECTS 3

Das orixes do marketing á súa orientación social

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

MULLERES, INSTITUCIÓNS E POLÍTICA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

A comunicación externa nas organizacións

Educación e linguas en Galicia

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

O ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA DESDE A PERSPECTIVA HISTÓRICO-EDUCATIVA. PERFÍS POSÍBEIS PARA A INVESTIGACIÓN ACTUAL

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Revista Galega de Economía Vol (2016)

administración cidadanía. _02_NÚRIA BOSCH (IEB / Univ. de Barcelona), «Algunhas propostas para a ampliación das competencias dos gobernos

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Dereitos humanos e cooperación ao desenvolvemento: perspectivas para a análise crítica do rol das ONG no eido da incidencia

C A D E R N O S D E L I N G U A

Cristina González Abelaira

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Programación Percusión

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

Consello Editorial. Comité Científico 4 _

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN [Recibido, 9 marzo 2017; aceptado, 20 abril 2017]

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

UNIVERSIDADE DE VIGO. Faculdade de Filoloxía e Tradución e Interpretación PROXECTO DE FIN DE LICENCIATURA

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Teatro galego e construción nacional: os Cadernos da Escola Dramática Galega ( ) by David García Vidal

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

A EDUCACIÓN CÍVICA NUNHA SOCIEDADE GLOBALIZADA

Passion for concepts and emotions: historicism and populists ABSTRACT

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

How about see with the others in a globalized and intercultural era

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

TRABALLO DE FIN DE GRAO

a investigación social participativa e o urbanismo de rehabilitación no centro histórico de Vigo

UNIVERSIDADE DE VIGO. Faculdade de Filoloxía e Tradución e Interpretación PROXECTO DE FIN DE LICENCIATURA

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

UNHA PROPOSTA PARA MELLORAR A MADUREZA VOCACIONAL DOS ADOLESCENTES

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Sarmiento. A aprendizaxe-servizo en perspectiva. John Dewey como referente histórico

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

A rehabilitación integral de barrios degradados fóra dos ámbitos dos cascos históricos: metodoloxía de análise na Memoria programa das ARI

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Transcription:

TEORIAS DA COMUNICAÇÃO 103 A perspectiva sistémica da teoría dos imaxinarios sociais aplicada á comunicación política Paloma Prado Pichel 1 1. A introducción do funcionalismo na investigación comunicativa O estudio científico dos procesos comunicativos que acontecen de xeito continuo no contexto comunmente denominado sociedade non se explicita, dentro do abano das ciencias sociais, ata a década dos anos trinta (século XX). No período de entreguerras xorde a mass communication research norteamericana 2 como resposta ás necesidades estatais de coñecer as características comportamentais e configuracionais da opinión pública. Na xénese desta corrente, que nese momento non acada a categoría de disciplina, sitúase o incipiente nacemento dos denominados medios de comunicación de masas, instrumentos xeradores de procesos sociais que en adiante definirían o advenemento dun novo modelo de sociedade 3. Dende este primeiro momento se evidencian dúas características inherentes a toda a investigación comunicativa: a necesaria pluridisciplinariedade e as dificultades de carácter epistemolóxico, na orixe das cales radica a complexa variedade dos fenómenos de comunicación. A posterior evolución destes estudios 4, agrupados baixo denominacións diversas como teorías da comunicación ou simplemente investigación en comunicación (communication research), pódese tamén situar en torno a dúas perspectivas contradictorias: unha de rexeitamento do sistema social imperante a través da crítica á cultura de masas e a dependencia cultural e outra de aceptación do sistema dende un eloxio á función social, participación e cohesión que posibilita o fenómeno comunicativo (Moragas, 1981: 10), que se identificarían coa denominación xa clásica de apocalípticos e integrados (Eco, 1968). 1.1. O estructural-funcionalismo como superación das primeiras teorías conductistas Os primeiros estudios relacionados coa comunicación de masas refírense á teoría hipodérmica; sen embargo Harold Lasswell, coa formulación do seu paradigma 5, convírtese precozmente no primeiro autor en delimitar os distintos campos de investigación do fenómeno comunicativo. A partir do seu establecemento, as teorías elaboradas nesta primeira época pola mass communication research centran a súa atención no estudio dos efectos, principalmente co obxectivo de establecer fórmulas óptimas de penetración na sociedade dunha determinada mensaxe política de carácter propagandístico. Historicamente, o primeiro chanzo na superación destes estudios constitúeo a teoría funcionalista aplicada á comunicación de masas: a focalización desvíase do efectos e pasa ás funcións. Segundo a síntese de Mauro Wolf, no desenvolvemento xeral do estudio das comunicacións de masas que foi acentuando progresivamente a relación entre fenómenos comunicativos e contexto sociala teoría funcionalista ocupa unha posición moi precisa, que consiste en definir a problemática dos media a partir do punto de vista da sociedade e do seu equilibrio, dende a perspectiva do funcionamento global do sistema social e da contribución que os seus compoñentes (incluídos os media) achegan á mesma (Wolf, 1987: 69). O funcionalismo xorde no ámbito da socioloxía e posúe o gran valor de ter construído un modelo teórico perdurable e de aplicación transdiciplinaria, neste caso no ámbito comunicativo. Posteriormente, o estructural-funcionalismo de Talcott Parsons conclúe que a construcción de estructuras sociais se realiza en forma dun sistema apoiado sobre a acción weberiana. Carlos Cañeque explica que o funcionalismo

104 ACTAS DO III SOPCOM, VI LUSOCOM e II IBÉRICO Volume II se cuestiona a función que cumpre un elemento dentro do sistema, como diminúe ou acrecenta determinados conflictos e en que medida tende a conservar os valores predominantes (Cañeque, 1994: 95). O sistema social é pois concebido como unha estructura composta de subpartes cuxa función é garantir a adherencia ós modelos institucionalizados. É doado deducir que unha destas subestructuras sociais, e como se verá a máis importante, constitúena os medios de comunicación de masas. 1.2. O achegamento sociolóxico de Niklas Luhmann A aplicación do paradigma funcionalista ás teorías da comunicación non constitúe un feito puntual, senón que esta liña foi desenvolvida e perfeccionada por algúns autores dos que cómpre salientar que proceden de ámbitos non estrictamente comunicativos (principalmente sociolóxicos). Unha obra pioneira neste senso é a elaborada por Abraham Moles; o teórico francés establece unha dupla base de apoio para as ciencias da comunicación: a teoría de Shannon e Wiener (matemático-comunicativa) e o achegamento á teoría xeral de sistemas (Moles, 1975). Moles considera imprescindible para a análise comunicativa o estudio do seu contexto ou continente, e desta forma outórgalle maior relevancia á compoñente social e afástase da liñalidade e causalidade dos primeiros estudios norteamericanos 6. Outra proposta neste eido é a que ofrece o sociólogo xermano Niklas Luhmann dende a da teoría xeral de sistemas, unha perspectiva que logra superar a distinción clásica entre materialismo e idealismo para propoñer un novo modelo de construcción da realidade. Luhmann desenvolve, ó longo da súa vida académica de case catro décadas, o funcionalismo sistémico como unha superación do estructural-funcionalismo de Parsons, que incluía (...) unha limitación seria: non se podía preguntar pola función da estructura mesma (Luhmann, 1996: 28). Dunha maneira xeral, a teoría de sistemas considera a sociedade como unha estructura formada por subestructuras e as conexións que entre elas se establecen. Este modelo teórico posúe unhas inmensas posibilidades transdisciplinarias, sobre todo na súa aplicación ó ámbito comunicativo (en especial á comunicación política), como podemos comprobar de maneira clara na interpretación de Cañeque: as informacións que resultan da acción entre o sistema e o medio son recibidas pola colectividade. Esta asimílaas, reflexiona e critica especialmente a través dos medios de comunicación- chegando a sedimentar unha «opinión pública» que, dado o caso, volverá formular demandas ó sistema (Cañeque, 1994: 98). Outra das principais características do achegamento de Luhmann é a substitución do principio da identidade polo da diferencia (distinción entre relevancias e opacidades ), de forma que os elementos velados que forman parte da realidade poidan ser convertidos en relevancias, coa posibilidade de incluilos na investigación empírica, como veremos no capítulo 3. 2. Concreción disciplinaria da comunicación política O home, como animal cívico / ser social segundo a concepción aristotélica, convírtese asimesmo en actor político considerando o seu protagonismo na acción política, fenómeno base da ciencia política pero tamén doutras disciplinas. É o caso da denominada comunicación política, perspectiva de carácter interdisciplinario que aúna diversas nocións de ciencia política, socioloxía e teoría da comunicación. María José Canel interprétaa como o intercambio de signos, sinais, ou símbolos de calquera clase, entre persoas físicas ou sociais, co que se articula a toma de decisións políticas así como a aplicación destas na comunidade (Canel, 1999: 23). Un dos principais obstáculos que a disciplina tivo que superar, dende a súa xénese a mediados do pasado século, foi a súa escasa lexitimación académica ó ser cuestionada a súa independencia (moitos autores a consideraron unha corrente enmarcada dentro doutras disciplinas

TEORIAS DA COMUNICAÇÃO 105 tradicionalmente asentadas). Asemade, ó centrarse os primeiros estudios de comunicación política principalmente nas campañas e na recepción das mensaxes electorais, algúns investigadores tenderon a desprestixiala ó considerala un mero estudio das técnicas de persuasión social dirixidas dende lobbies e grupos de presión. Esta última actividade - de evidente carácter propagandístico - correspóndese sen embargo co obxecto de estudio do marketing político, un conxunto de técnicas destinadas sintéticamente á persuasión do electorado ou conxunto ecléctico e interdisciplinario de coñecementos (...) que se sirve de todas aquelas técnicas e saberes que contribúan ó seu obxectivo (Martín Salgado, 2002: 58). O marketing político orixínase en Estados Unidos 7 e na actualidade a súa práctica desmesurada se restrinxe esencialmente a ese país, ocasionalmente exportada. 2.1. Ámbitos de estudio O obxecto de estudio da comunicación política estructúrase en torno a un esquema básico formado por tres eixes: os políticos, o electorado e o sistema mediático; sinteticamente, a comunicación política preocúpase polo papel dos medios de comunicación de masas nun proceso concreto de carácter político: Cadro 1. Obxecto de estudio da comunicación política Así pois, a comunicación política está centrada en narrar, estudiar e analizar como a política é comunicada e presentada polos políticos e os medios de comunicación ós cidadáns (Rospir, 2003: 21). A tal efecto a recente tradición investigadora centrou os seus ámbitos de estudio en cinco puntos principais (Canel, 1999: 24-25): 1. Análise da mensaxe (para o que se utiliza a retórica ou a lingüística). 2. Procesos políticos (a xestión da comunicacion das institucións políticas), entre os que destaca por cantidade o tema das eleccións. 3. Accións de comunicación (formas que pode adoptar a mensaxe). 4. Mediación da mensaxe (atendendo á relación entre xornalistas e políticos principalmente). 5. Efectos da mensaxe (influencia dos medios de comunicación na cidadanía e procesos de formación da opinión pública). O crecente interese dos investigadores do ámbito das diversas ciencias sociais nesta disciplina conleva no día a día novas propostas interdisciplinares enriquecedoras, como as que reivindican o papel da historia na comunicación política (Ryfe, 2001) ou a súa consideración como práctica cultural (Schudson, 2001). 2.2. Novas perspectivas: o estudio cualitativo dos procesos Os métodos de investigación a aplicar no estudio dos procesos de comunicación política atópanse condicionados tanto polo ámbito no que se inscriben como polo paradigma e a teoría dende os que se abordan. Nos estudios máis exitosos das últimas décadas se observa unha tendencia a inscribirse nunha perspectiva crítica da comunicación, entendendo por este termo aquela concepción que parte ante todo dunha consideración complexa da realidade social. O criticismo, ó que se adscribe a postura comunicolóxica dos apocalípticos, non pode considerar o papel dos medios de comunicación de masas como meros instrumentos xeradores de relacións causa- -efecto entre os políticos e o electorado. As teorías comunicativas que se aplican ó estudio da comunicación política abarcan dende o modelo conductista ata a teoría de

106 ACTAS DO III SOPCOM, VI LUSOCOM e II IBÉRICO Volume II usos e gratificacións, se ben as últimas tendencias se reducen practicamente á teoría da agenda-setting (no seu primeiro e segundo nivel), á teoría da espiral de silencio e á teoría de sistemas. Estes últimos modelos conseguen ter en conta a complexidade da realidade social dunha forma máis nítida. En canto ás técnicas de investigación, as circunstancias académicas e paradigmáticas estableceron nun primeiro momento os métodos cuantitativos (principalmente sondaxes) como os máis axeitados para comprender os procesos comunicativopolíticos. Sen embargo, estas técnicas reveláronse dende moi cedo insuficientes para abarcar unha investigación cuns obxectivos concretos (coñecer o rol dos medios de comunicación de masas como productores / transmisores de mensaxes na configuración dos procesos políticos). O paso á aplicación da metodoloxía cuantitativa debeuse a que a disciplina [sociolóxica] estivera preocupada por construír e asegurar as súas institucións e posteriormente o movemento dirixíase cara á aplicación da disciplina ós conflictos sociais profundos que se daban fóra do marco académico (Jankowski e Wester, 1993: 64-65). En todo caso, o coñecemento da sociedade e dos procesos políticos esixe a revisión cualitativa dos contidos mediáticos (mensaxes), nocións históricas, opinións de expertos, etc. 3. Consideración sistémica dos medios de comunicación de masas. Os imaxinarios sociais O achegamento máis específico da teoría xeral de sistemas á estructura dos medios de comunicación de masas foi establecido por Niklas Luhmann ó longo da súa obra, se ben é ó final da mesma cando o sociólogo lle adica un estudio exclusivo que constitúe toda unha síntese do pensamento luhmanniano: La realidad de los medios de masas. Como xa comentamos no epígrafe 1.2., de maneira xeral o funcionalismo sistémico xira en torno á estructura social, na que conviven as informacións negativas (críticas) e as positivas (conservadoras). Esta visión propón un abandono das teorías tradicionais da mass communication research (de tipo liñal, ás que se lle foron engadindo nocións como retroalimentación, ruído ou entropía) e unha reconsideración radical baseada en que o coñecido como intercambio comunicativo non é tal, non se produce unha transmisión da información de conciencia a conciencia; as tecnoloxías expansivas da comunicación non só aforran que haxa comunicación entre presentes, senón que expresamente, para a comunicación específica dos mass media, exclúena (Luhmann, 2000: 23). Para Luhmann, os medios de comunicación integran un sistema social con entidade propia, que actúa como substrato da realidade social. A comunicación é o mundo social que existe previamente a que o individuo ou os grupos humanos introduzan valores, o que nega toda idea de transmisión informativa entendida segundo o esquema clásico da comunicación (mensaxe transmitida emisor-receptor); a comunicación sería segundo Luhmann unha forma que se autodesenvolve (aplicación das teorías da forma do matemático Spencer Brown) á que os individuos están acoplados mediante as súas conciencias. O papel dos medios de comunicación de masas, todas aquelas disposicións da sociedade que se serven (...) de medios técnicos de reproducción masiva, é o de dar a coñecer o que sabemos sobre a sociedade (...) e sobre o mundo (Luhmann, 2000: 1-2). Kepplinger, influído pola obra de Luhmann, diferencia nembargantes un duplo modelo sistémico no campo da comunicación política: o sistema da norma política e o sistema de fabricación da decisión política (Kepplinger, 1996). A tese principal de La realidad de los medios de masas é a diferenciación por funcións da sociedade (Luhmann, 2000: 2), pois o fenómeno comunicativo se establece en base a dous guarismos que revelan o código información / non información da subestructura mediático. Aplicado este mesmo principio ó ámbito da estructura social na que esta se engloba atopamos os imaxinarios sociais. A teoría dos imaxinarios sociais xorde no derradeiro cuarto do século XX, e serían aqueles esquemas construídos socialmente que nos permiten percibir, explicar e intervir operativamente no que en cada sistema social se considere como realidade. O sociólogo Juan-Luis Pintos 8 adica gran parte da súa obra ó establecemento dos imaxinarios sociais en

TEORIAS DA COMUNICAÇÃO 107 ámbitos concretos da sociedade galega, e afirma que unha das características dos imaxinarios é que o seu modo de ser non é o da presencia senón o da ausencia: os imaxinarios nunca están aí, dispoñibles, patentes, observables, senón que forman parte dos supostos, aquelo «natural» (ou «naturalizado») que se supón como existente e cuxa realidade non se cuestiona (Pintos e Galindo, 2003: 118). A realidade producida socialmente está constituída por elementos materiais e simbólicos, nunha mestura interactiva que só a efectos analíticos é separable (Beltrán, 2000: 43-44). Os imaxinarios forman parte das sociedades policontexturais (termo empregado nos últimos traballos de Luhmann para referirse á complexidade sistémica da sociedade) e son entes empiricamente perceptibles só a través dunha metodoloxía determinada. Residen nas conciencias como elementos configuradores da realidade creada socialmente, como dispositivos formais de tipo simbólico a través dos cales se constrúen as grandes representacións sociais (Imbert, 2000: 606); pero é difícil a súa comprobación, que precisa do coñecemento do marco funcionalista sistémico. A conversión destas opacidades sociais en relevancias permitirá, na investigación en comunicación política, desentrañar procesos nun principio ocultos que forman parte da vida política e inflúen en diversas tomas de decisión tanto por parte do electorado como dos políticos. 3.1. Elaboración do estudio (aplicación práctica): establecemento das relevancias e opacidades Á hora de abordar unha investigación que permita dende o prisma da comunicación política a revelación dos imaxinarios sociais latentes (establecemento das relevancias e opacidades) nun determinado proceso, cómpre comezar polo cumprimento de tres requisitos básicos: 1. Acotamento do sistema ou subsistema social no que acontece o proceso políticocomunicativo 2. Coñecemento e descrición dese subsistema social (nocións históricas, culturais, sociolóxicas, antropolóxicas...) 3. Definición da estructura de medios de comunicación que opera no subsistema social Estes requisitos esixen que o investigador en comunicación política posúa unha certa cercanía ó subsistema social elixido (sobre todo cultural : debe coñecer a/s lingua/s na/ s que se desenvolven os procesos, amén doutros elementos inherentes). A partir deste primeiro momento, o investigador pode comezar a definir o estudio do sistema político (que abarca varios campos: descrición das institucións e cargos representativos, partidos políticos, lexislación electoral, historia electoral, comportamento electoral, etc.), o estudio do sistema mediático (cabeceiras, liñas editoriais, análise de contidos das informacións, análise das informacións de citas electorais anteriores, etc.) e o estudio da cidadanía (historia, configuración do estado, acontecementos representativos, características xeográficas, administración, demografía, etc.). A metodoloxía a aplicar no estudio é, como xa esbozamos, de corte cualitativo e extraída principalmente da tradición investigadora sociolóxica, comunicolóxica e textual. Trátase de técnicas variables segundo os autores pero cun denominador común: a procura de análises da mensaxe que conteñan unha mínima representatividade social. Os soportes analizados son en todo caso abertos e variables; ademais dos medios de comunicación de masas téñense en conta outros mecanismos xeradores de símbolos (obras literarias, cinema, obras artísticas e/ ou outras manifestacións culturais). Juan-Luis Pintos desenvolveu unha metodoloxía propia de análise mediante unhas técnicas comúns (análise do discurso segundo Van Dijk, análise retórica segundo Durand, a tejné rhétoriké de Barthes, as funcións narrativas de Vladimir Propp, o estudio do punto de vista e a análise da narración de Cassetti e Di Chio) e dunhas técnicas específicas, o establecemento e crítica da evidencia mediante un eixo de coordenadas espacio-temporais e a redacción dun informe final (Pintos, 1995). 4. Conclusións O estudio da comunicación política, disciplina que analiza o papel dos mass media nos procesos de carácter político que se dan

108 ACTAS DO III SOPCOM, VI LUSOCOM e II IBÉRICO Volume II nunha sociedade complexa, revélase incompleto se se restrinxe á aplicación das teorías comunicativas clásicas de corte conductista. Co progreso social, a elaboración de novas propostas que vaian máis aló das teorías coñecidas e investigacións realizadas contémplase xa como unha necesidade. A comunicación política continúa a principios do século XXI sendo dependente do desenvolvemento mediático e a complexidade social das realidades nacionais en que se presenta e investiga (Rospir, 2003: 52). A teoría xeral de sistemas, importada dende o eido sociolóxico e aplicada ó comunicativo, permite superar os cinco ámbitos clásicos de estudio da comunicación política e ofrece novos camiños de estudio, ó centrarse no establecemento dos imaxinarios sociais existentes nun determinado proceso de carácter político -cuestión transcendental para a comprensión da realidade social, estructura máis complexa do que as teorías da comunicación pretenderon establecer no século pasado.

TEORIAS DA COMUNICAÇÃO 109 Bibliografía Beltrán, Miguel (2000): Cinco vías de acceso a la realidad social, en García Ferrando, Manuel, Ibáñez, Jesús e Alvira, Francisco (comps.), El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (3ª ed. rev.), pp. 15-55, Madrid, Alianza. Canel, María José (1999): Comunicación política. Técnicas y estrategias para la sociedad de la información, Madrid, Tecnos. Cañeque, Carlos (1994): Teorías y métodos, en PASTOR, Manuel (coord.): Fundamentos de ciencia política, Madrid, McGraw-Hill. Eco, Umberto (1968): Apocalípticos e integrados, Barcelona, Lumen. Imbert, Gérard (2000): Construcción de la realidad e imaginarios sociales en los mass medias: la hipervisibilidad moderna, en García Ferrando, Manuel, Ibáñez, Jesús e Alvira, Francisco (comps.), El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (3ª ed. rev.), pp. 605-624, Madrid, Alianza. Jankowski, N.W. e Wester, Fred (1993): La tradición cualitativa en la investigación sobre las ciencias sociales: contribuciones a la investigación sobre la comunicación de masas, en Jensen, K.B. e Jankowski, N.W. (eds.): Metodologías cualitativas de investigación en comunicación de masas, pp. 57-91, Barcelona, Bosch. Kepplinger, H.M. (1996): Toward a System Theory of Political Communication, en Paletz, D.L. (ed.), Political Communication Research (vol. II), pp. 3-25, New Jersey, Alex Publishing Corporation. Lasswell, H.D. (1985): Estructura y función de la comunicación en la sociedad, en MORAGAS, Miquel de (ed.): Sociología de la comunicación de masas (vol. II), pp. 50-68, Barcelona, Gustavo Gili. Luhmann, Niklas (1996): Introducción a la teoría de Sistemas, México, Universidad Iberoamericana, Iteso e Anthropos. Luhmann, Niklas (2000): La realidad de los medios de masas, Rubí (Barcelona), Anthropos e Universidad Iberoamericana. Martín Salgado, Lourdes (2002): Marketing político. Arte y ciencia de la persuasión en democracia, Barcelona, Paidós. Moles, Abraham (1975): Teoría de la información y percepción estética, Madrid, Júcar. Moles, Abraham (1978): Sociodinámica de la cultura, Barcelona, Paidós. Moles, Abraham (1983): Teoría estructural de la comunicación y sociedad, México, Trillas. Moragas, Miquel de (1981): Teorías de la comunicación. Investigaciones sobre medios en América y Europa, Barcelona, Gustavo Gili. Pintos, J.L. (1995): Los imaginarios sociales. La nueva construcción de la realidad social, Maliaño (Cantabria), Sal Terrae. Pintos, J.L. e Galindo, F. (2003): Comunicación política e imaginarios sociales, en Berrocal, Salomé (coord.): Comunicación Política en televisión y nuevos medios, pp. 111-133, Barcelona, Ariel. Ryfe, D.M. (2001): History and Political Communication: An Introduction, en Political Communication, vol. 18, nº 4, pp. 407-420. Rospir, J.I. (2003): Introducción a la comunicación política, en BERROCAL, Salomé (coord.): Comunicación Política en televisión y nuevos medios, pp. 21-54, Barcelona, Ariel. Schudson, Michael (2001): Politics as Cultural Practice, en Political Communication, vol. 18, nº 4, pp. 421-431. wolf, Mauro (1987): La investigación de la comunicación de masas. Crítica y perspectivas, Barcelona, Paidós. 1 Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela/ Asociación Galega de Investigadores en Comunicación. 2 Estes primeiros estudios, fundamentalmente centrados nos efectos da propaganda na configuración da opinión pública, influenciaron durante moito tempo (practicamente ata a década dos sesenta) a investigación no campo comunicativo. De entre eles cómpre destacar os elaborados polos sociólogos fundadores da mass communication research (Harold Lasswell, Paul Lazarsfeld, Robert King Merton ou Walter Lippmann, principalmente). 3 Referímonos ó nacemento da sociedade de masas na concepción de Ortega y Gasset. A

110 ACTAS DO III SOPCOM, VI LUSOCOM e II IBÉRICO Volume II aparición dos medios de comunicación de masas non supón un mero salto cuantitativo (aumento do número de receptores dunha mensaxe) senón cualitativo, pois afectará ó funcionamento e reconversión das estructuras sociais. De tódolos xeitos, a mass communication research posúe o gran mérito de terse anticipado na detección dos procesos propagandísticos á aparición e difusión da televisión, punto a partir do cal moitos autores establecen o inicio dos procesos de comunicación de masas. 4 Segundo o catedrático de Comunicación Miquel de Moragas, a investigación sobre comunicación de masas é, propiamente, un conxunto de investigacións aplicadas que [...] son o resultado de irregulares e descompensadas aproximacións a un obxecto que, de feito, é común a diversas ciencias sociais. (Moragas, 1981: 10). 5 Unha maneira convinte de describir un acto de comunicación tende a concentrarse nunha ou outra de tales preguntas: Quen / di que / en que canle / a quen / e con que efecto? (Lasswell, 1985: 51) [O modelo foi inicialmente proposto en 1948, a referencia bibliográfica sinalada constitúe a edición española do artigo]. A principal crítica tanto á teoría hipodérmica que considera que cada individuo integrante da masa asimila directamente a mensaxe recibida como ó paradigma de Lasswell dirixiuse ó seu conductismo e á ausencia de retroalimentación no modelo proposto. 6 Para unha panorámica satisfactoria da obra de Moles en relación co eido comunicativo, vid. os seguintes títulos: Sociodinámica de la cultura (1978) e Teoría estructural de la comunicación y sociedad (1983). 7 O primeiro caso de planificación dunha campaña por unha consultoría privada, segundo as técnicas do marketing político, acontece nas eleccións de 1933 en California. 8 GCEIS (Grupo Compostela de Estudios sobre Imaxinarios Sociais), Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Admnistración da Universidade de Santiago de Compostela.