Introdución Requisitos técnicos para acceder ao curso O CMLA en liña Navegación polos contidos do curso...

Similar documents
Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Sede Electrónica Concello de Cangas

Silencio! Estase a calcular

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Facultade de Fisioterapia

Segunda lingua estranxeira: inglés

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

1º ESO CARMEN QUINTANA, ELBA NIEVES, MARGARITA ALFONSO

Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

3º ESO ESTHER VÁZQUEZ, ELBA NIEVES. Editorial BURLINGTON AutorMARKS/DARBY. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

SECUENCIACIÓN DIDÁCTICA: ÁMBITO DA COMUNICACIÓN MÓDULO 3 y 4 (ESA) 2017/2018

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Recursos para a lingua

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE INGLES

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Fonética e fonoloxía da língua galega

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

I.E.S. ORTIGUEIRA ÁREA DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Programación Percusión

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

PROGRAMACIÓN CURSO DEPARTAMENTO : INGLÉS. IES Ramón Menéndez Pidal

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Programación do Departamento de Inglés da EOI de Lugo Curso

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

CURSO PROGRAMACIÓN DE 2º ESO

C A D E R N O S D E L I N G U A

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

PRESENTACIÓN DA MATERIA/MÓDULO

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

Metodoloxía copyleft en educación

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

Curso Os labores de asesoramento nun SNL/SL: novas propostas de traballo

Problema 1. A neta de Lola

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º BACH - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO: 4º E.S.O MATERIA: LATÍN

A voltas coas contraccións: cun e con un

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

Como atopar artigos de Arquitectura

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

CURSO DE ESPECIALISTA EN VALORACIÓN DE DANOS E PERDAS CAUSADOS ÁS PERSOAS EN ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 1º BAC CURSO ACADÉMICO PROFESORA Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA LINGUA INGLESA CURSO 1º ESO A CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª MONTSERRAT VILLAPÚN CASTRO

Transcription:

GUÍA DE USO (adaptada) Curso medio de linguaxe administrativa en liña CMLA

ÍNDICE Introdución... 3 1 Requisitos técnicos para acceder ao curso... 4 2 O CMLA en liña... 5 2.1 Obxectivos... 5 2.2 Estrutura e contidos... 6 3 Navegación polos contidos do curso... 9 3.1 Elementos gráficos dos contidos teóricos... 12 3.2 Elementos gráficos das prácticas... 13 3.3 Elementos gráficos dos casos prácticos...14 3.4 Observacións xerais....14 Guía de uso do CMLA Páxina 2 de 15

0 Introdución Esta vesión que se ofrece en aberto é unha adaptación dalgúns contidos básicos que forman parte do contorno de aprendizaxe integrado na plataforma de teleformación da EGAP. Estas páxinas inclúen información básica sobre como navegar pola plataforma e como ver os contidos correctamente. Antes comezar a navegar, recomendámosche que leas detidamente as instrucións que se recollen nesta guía. Guía de uso do CMLA Páxina 3 de 15

1 Requisitos técnicos para acceder ao curso Neste apartado atoparás toda a información para poder navegar sen problemas polos distintos elementos do curso. O primeiro que has de comprobar é que o teu computador reúne todos os requisitos técnicos axeitados para realizares o curso. Verifica que o teu equipo dispoña das seguintes especificacións: Resolución de pantalla 1204 x 768 ou superior. Conexión a internet, preferentemente de banda larga, e un antivirus actualizado. É recomendable que empregues o navegador Mozilla Firefox. Tamén podes acceder con outros navegadores como Internet Explorer, Chrome ou Opera; en calquera caso, asegúrate de usar as versións máis recentes. Debes ter Javascript e cookies activadas no navegador. Para ver os documentos en.pdf necesitas ter instalado Acrobat Reader; se non o tes, podes obtelo de forma gratuíta en: http://www.adobe.es/products/acrobat/readermain.html Para que funcionen algúns elementos correctamente necesitarás ter instalado o Adobe Flash Player (versión 10.1.52 ou superior). Podes obtelo neste enderezo: http://www.adobe.com/es/products/flashplayer/ Guía de uso do CMLA Páxina 4 de 15

2 O CMLA en liña Os cursos de especialización teñen como finalidade darlles formación específica aos traballadores e traballadoras das distintas administracións públicas na súa lingua de especialidade. Con ese mesmo fin, e como alternativa á formación presencial, os cursos na modalidade de teleformación ofrecen novas posibilidades para xestionar os recursos e o tempo dedicado á capacitación lingüística. 2.1 Obxectivos Os obxectivos xerais desta formación perseguen: Aumentar a presenza do galego nas administracións públicas, tanto nas relacións internas coma nas relacións coa cidadanía. Asegurarse da galeguización dos documentos, tanto nas relacións interadministrativas coma cos administrados. Optimizar os recursos para contribuír á normalización lingüística. Actualizar e formar o persoal para que incremente a competencia técnica nesta lingua. Desbotar os prexuízos que o persoal da Administración amose cara á lingua galega. Tentar que na formación do persoal ao servizo da Administración se conxugue a calidade, a estandarización e a funcionalidade. Achegarlles a lingua aos distintos sectores da Administración e asentar a variedade estándar da lingua. Dar a coñecer os recursos materiais e en formato electrónico que existen na lingua galega para que sexan utilizados polo persoal da Administración. Capacitar o persoal para usar na actividade profesional, tanto no plano oral coma no escrito, esta lingua con fluidez e corrección. Orientar o persoal para que busque asesoramento e resolva as dúbidas que lle xurdan no desenvolvemento do traballo. Guía de uso do CMLA Páxina 5 de 15

Os obxectivos específicos deste nivel pretenden que o alumnado: Reflexione sobre o uso do galego no seu ámbito laboral e aplique as técnicas de elaboración do discurso oral en distintas situacións profesionais. Redacte con corrección e adecuación ao tecnolecto administrativo. Coñeza e empregue léxico básico de ámbitos directa e indirectamente relacionados coa administración. Aplique con rigor as convencións e regras de estilo aos seus documentos. Redacte eficazmente os documentos de transmisión propios da administración. Reflexione sobre a situación sociolingüística do galego. Coñeza os trazos históricos da linguaxe administrativa galega e a lexislación básica sobre o uso do galego. Elabore un número determinado de documentos de nova redacción cun comentario de texto a partir das indicacións feitas no curso. Coñeza e manexe os recursos de apoio á aprendizaxe analizados no curso. 2.2 Estrutura e contido O curso estrutúrase en 12 módulos didácticos. Cada módulo divídese á vez en bloques temáticos de contidos: oralidade, gramática, redacción e estilo, léxico, contorno e documentación. Terminoloxía básica: Módulo: unidade didáctica que está composta por distintos bloques de contidos. Neste curso hai 12 módulos didácticos e mais un módulo 0 que contén información xeral e básica. Bloque: unidade temática que agrupa contidos comúns. Neste curso hai 6 bloques: oralidade, gramática, redacción e estilo, léxico, contorno, documentación. Guía de uso do CMLA Páxina 6 de 15

Contido: unidade específica de teoría que se trata en cada bloque. Práctica: exercicio de autorresolución que aparecen asociados aos contidos dos bloques de gramática, léxico e redacción e estilo. Distribución da parte teórica: MÓDULO BLOQUE CONTIDO Oralidade Análise da comunicación oral A elaboración do discurso oral A relación coa cidadanía Caracterización léxica da linguaxe administrativa 1 Historia: O galego emerxe, tamén na Administración Lexislación: Constitución española A carta A estrutura substantivo + a + infinitivo 2 Redacción e estilo Os signos de puntuación Elaboración do léxico administrativo Historia: O recoñecemento da xustiza Lexislación: Estatuto de autonomía de Galicia A circular O pronome pleonástico de CI 3 Redacción e estilo Os recursos tipográficos Interferencias e calcos doutras linguas Historia: O galego entra na Corte de Castela Lexislación: Lei de normalización lingüística I O fax O adxectivo identificador mesmo/a Redacción e estilo As maiúsculas e as minúsculas Vacilacións frecuentes (aborar, *adeudar, *adxuntar, *aforo, aleivosía) 4 Historia: A consideración de lingua de prestixio Lexislación: Lei de normalización lingüística II O correo electrónico O adxectivo determinado dito/a Redacción e estilo O tratamento persoal 5 Vacilacións frecuentes (*aluguer, aportar, *apremio, asemblea, celebrar) Historia: A consciencia dun idioma de seu Lexislación: Decreto que regula as competencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística O oficio externo O oficio interno O adxectivo identificador presente 6 Redacción e estilo A concordancia A ordenación sintáctica Vacilacións frecuentes (cesar, suborno, contemplar, custo, contía, cumprimentar) Sociolingüística: Lingua habitual en Galicia Lexislación: Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do Guía de uso do CMLA Páxina 7 de 15

7 8 9 10 11 12 Redacción e estilo Redacción e estilo Redacción e estilo Redacción e estilo Redacción e estilo Redacción e estilo procedemento administrativo común A citación A colocación do adxectivo Indicacións de lugar Vacilacións frecuentes (cota, comisar, derrogar, desafiuzar, desenrolar, *desglosar) Sociolingüística: Usos lingüísticos da cidadanía coa Administración Lexislación: Decreto polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia O anuncio A construción previo/a + substantivo Indicacións de tempo Vacilacións frecuentes (devengar, dieta, *disfrutar, emprazar, allear) Sociolingüística: Actitudes cidadás e comportamento lingüístico da Administración Lexislación: Lei orgánica reguladora do dereito de petición O aviso O artigo As indicacións de cantidade Vacilacións frecuentes (*encauzar, emendar, *entablar, *entorno, axuizar, financiamento) Sociolingüística: Comunicacións externas da Xunta de Galicia Lexislación: Lei de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos O requirimento O indefinido na dobre negación As construcións absolutas: o participio e o xerundio As abreviacións Vacilacións frecuentes (*finca, xuro, interesar, investir, ostentar, *personarse) Sociolingüística: Comunicacións internas da Xunta de Galicia Lexislación: Lei de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega O certificado O uso dos pronomes de acusativo e de dativo cos verbos da Administración O circunloquio A nominalización Vacilacións frecuentes (prexuízo, *plantexar, *plantilla, *ponencia, ratear, *recabar) Sociolingüística: Opinións e actitudes lingüísticas do persoal da Xunta de Galicia Lexislación: Carta xeral de servizos da Xunta de Galicia A dilixencia Construcións verbais Os adverbios en -mente Denominacións procedentes doutras linguas Vacilacións frecuentes (*recargo, poxa, *suministro, *subsanar, suxestión, taxa) Sociolingüística: Os desequilibrios territoriais Lexislación: Estatuto de autonomía de Castela e León O saúdo A invitación Guía de uso do CMLA Páxina 8 de 15

3 Navegación polos contidos O CMLA componse de doce módulos didácticos divididos en bloques temáticos de contidos. Para acceder a eles, só debes premer sobre o seu nome e a ventá co contido abrirase automaticamente. Cada bloque de contido está identificado polas cores e polos elementos gráficos seguintes: Cor morada: introdución (contidos básicos) Cor vermella: bloque de comunicación oral Cor azul: bloque de gramática Cor laranxa: bloque de redacción e estilo Cor gris: bloque de léxico Cor verde: bloque de contorno Cor rosa/maxenta: bloque de documentación Guía de uso do CMLA Páxina 9 de 15

Dispós de dúas posibilidades para ver os contidos do curso: 1 De forma secuencial, realizando os módulos segundo a programación establecida. No CMLA prima a autonomía na aprendizaxe e non estás obrigado/a a navegar secuencialmente, aínda que é a opción máis recomendable. 2 Ou seleccionando os bloques de contidos no menú lateral esquerdo (oralidade, gramática, léxico, redacción etc.). Para poder ver as páxinas de cada contido só tes que premer sobre o botón avanzar. Non obstante, algúns contidos, pola súa complexidade, permítenche facer unha navegación personalizada: á parte dos botóns de avanzar e retroceder podes acceder directamente aos contidos premendo nas palabras subliñadas. Exemplos prácticos de navegación: Botóns de avanzar e retroceder Acceso directo aos contidos Guía de uso do CMLA Páxina 10 de 15

Acceso directo aos contidos Botóns de avanzar e retroceder Guía de uso do CMLA Páxina 11 de 15

3.1 Elementos gráficos dos contidos teóricos Nas pantallas que te guiarán polos contidos teóricos do curso poderás atopar os seguintes elementos gráficos: Inicio: preme no botón inicio para ir ao inicio do curso. Glosario: preme no botón glosario para ir a este recurso. Exercicios: preme no botón exercicios para alternar entre a teoría e as prácticas. Apuntamentos: preme no botón apuntamentos para facer as túas anotacións. Recursos: preme no botón recursos para acceder ás obras de consulta xeral, vocabularios, linguaxe, apéndices e lexislación. Correo: preme no botón correo e abrirase o formulario para contactar co teu titor ou titora. Axuda: preme no botón axuda para ler as recomendacións sobre a navegación ou a realización das prácticas. Máis información: preme no botón máis información para ampliar os contidos teóricos. Índice: preme no botón índice para regresar á pantalla principal do contido no que te atopas. Botóns de avanzar e retroceder: preme sobre as frechas para avanzar ou retroceder na túa navegación. Botóns de numeración: o primeiro botón de numeración indícache o número de ventá na que te atopas; o segundo botón indícache o número total de ventás dese contido ou tarefa. Guía de uso do CMLA Páxina 12 de 15

3.2 Elementos gráficos das prácticas Práctica: preme nos lapis para acceder aos exercicios prácticos de autoresolución. Comprobar: preme no botón comprobar para coñecer os teus acertos e erros no exercicio. Repetir: preme no botón repetir para borrar as túas respostas e repetir o exercicio. Solución: preme no botón solución para obter o resultado correcto do exercicio. Acertos e intentos: indícache o número de acertos e intentos nesa pantalla. Correcto: este símbolo indica que a túa resposta é correcta. Incorrecto: este símbolo indica que a túa resposta é incorrecta. Marcador de respostas: este marcador constará de tantos cadros coma pantallas que haxa para traballar. En cor gris aparecen as ventás que non realizaches; en cor intensa aparecen as ventás que xa realizaches e en cor intermedia indícache a ventá na que te atopas nese momento. Guía de uso do CMLA Páxina 13 de 15

3.3 Elementos gráficos dos casos prácticos Aumentar ou diminuír o zoom para ver o documento Información sobre o documento destacado: orixinal ou corrixido Intercambiar entre documento orixinal e documento corrixido Número de comentarios que contén cada apartado de contidos. Lembra que cada contido se corresponde cunha cor. As frechas seguinte e anterior permítennos avanzar ou retroceder nos comentarios. Botóns que indican o contido dos comentarios. Neste caso o comentario está relacionado coa estrutura do documento. Preme nos botóns para ver todos os comentarios. Preme sobre algunha das tres ventás para poder vela como principal. As barras de desprazamento permiten ver o documento e os comentarios na súa totalidade. No documento corrixido atoparás sombreadas as partes que se corresponden con cada un dos comentarios. Guía de uso do CMLA Páxina 14 de 15

3.4 Observacións xerais Á hora de realizar o curso debes ter en conta as seguintes recomendacións para un bo manexo do curso: Axudas: é moi importante ler as axudas que acompañan tanto a explicación teórica como as prácticas (atoparalas na parte esquerda da pantalla). Cómpre ter sempre en conta as indicacións que aparezan no botón de axuda, especialmente para realizar as prácticas. Prácticas: ao longo do curso vas poder realizar unha serie de exercicios de autorresolución. Ao rematar o exercicio, sempre na última das pantallas, atoparás o resultado con todos os acertos e intentos. A funcionalidade de envío dos resultados está desactivada nesta versión. Vídeos: na plataforma, á parte da sección de videoteca, atoparás dous vídeos no bloque de comunicación oral. Para poder ver correctamente estes vídeos, sen cortes nin pausas, é preciso que se descarguen completamente antes de comezar a velos (non é posible ver o vídeo mentres se está a descargar). Guía de uso do CMLA Páxina 15 de 15