DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Similar documents
GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Silencio! Estase a calcular

Síntesis da programación didáctica

Facultade de Fisioterapia

Problema 1. A neta de Lola

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Sede Electrónica Concello de Cangas

FASE II: TRABALLO DE CAMPO

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Programación orientada a obxectos

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Metodoloxía copyleft en educación

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

6. O proceso técnico. 1. Introducción. 2. Introdución ás fases da cadea documental ISABEL PEMÁN PÉREZ

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

VOCAIS FINAIS EN GALEGO E EN PORTUGUÉS: UN ESTUDIO ACÚSTICO

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Manual de inicio software libre

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

Como atopar artigos de Arquitectura

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

Recursos para a lingua

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

LaborHistórico. Lingüística Galega a contribución do Instituto da Lingua Galega. Volume 3 - Número 1 - jan./jun. 2017

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Territorios a examen III. Territorios a exame III

O Software Libre nas Empresas de Galicia

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

a) Mr. Holmes is short and fat. He has got white hair and a big nose. He is unhappy.

Emprender: Ti podes! Módulo 1

Segunda lingua estranxeira: inglés

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

SINTAXE José M. García-Miguel e Carmen Cabeza (Universidade de Vigo)

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN [Recibido, 9 marzo 2017; aceptado, 20 abril 2017]

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

Variación lingüística interxeracional na Illa de Ons (Bueu). Seseo

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

DE LOS MEDIOS A LOS METAMEDIOS. As orquestras da verbena galega e a publicidade exterior: un mercado por explotar

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

a r t i g o s NOVAS PAVIMENTACIÓNS: A COR POR DISTANCIA, RECURSIVAS Manuel Díaz Regueiro Centro de Formación e Recursos de Lugo

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Transcription:

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela http://dspace.usc.es/ Instituto da Lingua Galega X. Sousa Fernández (2004): A base de datos do Atlas Lingüístico Galego, en R. Álvarez / F. Fernández Rei / A. Santamarina (eds.): A lingua galega: historia e actualidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, vol. 2, 637-647. You are free to copy, distribute and transmit the work under the following conditions: Attribution You must attribute the work in the manner specified by the author or licensor (but not in any way that suggests that they endorse you or your use of the work). Non commercial You may not use this work for commercial purposes. http://ilg.usc.es/

A LINGUA GALEGA, HISTORIA E ACTUALIDADE. ACTAS DO I CONGRESO INTERNACIONAL: CONSELLO DA CULTURA GALEGA, INSTITUTO DA LINGUA GALEGA, 2004: 637-647 637 Xulio C. Sousa Fernández Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela Confeccionar un atlas lingüístico é unha empresa cobizada por calquera filólogo, pero é tamén unha tarefa custosa, de anos e que precisa de moita constancia e paciencia. Todos sabemos de proxectos de atlas sen rematar ou que levan décadas suspendidos, e non pola neglixencia dos investigadores, senón por causas que pouco teñen que ver cos seus azos. No caso do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), e a pesar de tódolos atrancos, xa hoxe se poden ve-los primeiros froitos do proxecto. No ano 1976 os investigadores encargados de realiza-las enquisas de campo remataban o seu percorrido polo territorio de fala galega con 167 cadernos de campo ateigados de información que a partir daquela comezou a ser empregada para fins moi diversos. Dos cadernos do ALGa tiráronse datos moi valiosos para a elaboración das normas ortográficas e morfolóxicas, tamén se aproveitou material das enquisas para a realización de traballos de dialectoloxía e lexicografía. Pero fóra desta porfillaxe menor, foi na década na que andamos cando apareceron os primeiros resultados propios do proxecto 1. A elaboración dos dous volumes xa publicados foi case artesanal 2. Para o primeiro volume a información dos cuestionarios pasouse ós mapas manualmente, para o segundo utilizouse un programa de deseño gráfico que alixeirou a corrección dos mapas e perfeccionou a súa aparencia. Durante a redacción do último volume publicado, e despois de ter noticia doutros proxectos semellantes, comezou a pensarse na necesidade de informatiza-lo ALGa. Por unha parte, cumpría automatiza-lo proceso de confección dos mapas para facelo máis áxil, mais tamén era tarefa urxente buscarlle un novo soporte á 1 Para unha descrición do proxecto inicial do ALGa pódese ver: Constantino García / Antón Santamarina / Rosario Álvarez Blanco / Francisco Fernández Rei / Manuel González González, O Atlas Lingüístico Galego, Verba 4, 1977, pp. 5-17. 2 Instituto da Lingua Galega, Atlas lingüístico galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1990; e Instituto da Lingua Galega, Atlas lingüístico galego. Vol. 2: Morfoloxía non verbal. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1995.

XULIO C. SOUSA FERNÁNDEZ 638 información das enquisas que asegurase a súa conservación e permitise un mellor aproveitamento. OS CUESTIONARIOS O material que se ía tratar estaba contido nos cuestionarios utilizados polos enquisadores. Os cuestionarios son os cadernos nos que se foron anotando as respostas dos entrevistados. De cada un dos 167 puntos que constitúen a rede do ALGa existe un caderno coa transcrición das 2712 respostas correspondentes. As preguntas repártense no cuestionario en catro grupos: fonética (1-148), morfoloxía (149-386), sintaxe (387-526) e léxico (527-2712). As respostas dos informantes transcribíronse utilizando o alfabeto fonético que se empregara no Atlas Lingüístico y Etnográfico de Andalucía, con algún engadido. Nas páxinas pares complementarias á pregunta: explicacións, debuxos, refráns, referencias a obxectos dos cadernos anotáronse informacións relacionados, contextos nos que se emprega a palabra, etc. Facendo unha cálculo simple, contabamos que a base de datos que contivese a información dos cadernos había de ter preto de medio millón de rexistros. O primeiro labor no desenvolvemento do proxecto foi procurar un programa de tratamento de datos que cubrise as nosas necesidades. Debía ter capacidade para tratar un número de rexistros non inferior ó medio millón, e permitir que a introducción e consulta de datos resultase doada. Ademais, tiña que ser posible que nos campos do rexistro se puidese varia-lo formato da fonte, de xeito que fose posible transcribir en alfabeto fonético as respostas dos cuestionarios. Esta última condición foi a que dificultou máis a busca do programa. En proxectos semellantes que daquela coñeciamos, adoptarase a solución de crear un alfabeto convencional propio, que nalgúns casos se asemellaba un pouco ó alfabeto fonético internacional 3. Hoxe calquera base de datos relacional que traballe co sistema Windows cumpre estes requisitos, pero naquel momento aínda eran moi poucos os programas deste tipo que funcionaban nun sistema gráfico, e menos os que deixaban deseñar un formulario de entrada de datos con distintos formatos de fonte. O programa que finalmente escollemos foi Microsoft Access. Este programa, amais de cumprir tódalas nosas esixencias, permite a organización da información en distintas bases relacionadas, polo que é posible separa-los datos constantes para cada cuestionario ou comúns para moitos rexistros (localización, número e texto das preguntas, caracterización semántica e gramatical das 3 Exemplos da complexidade deste labor poden verse en Roland Bauer / Silvio Gislimberti / Elisabetta Perini / Tino Szekely / Hans Goebl, Arbeitsbericht 3 zum ALD I, Ladinia, nº 12, 1988, pp. 17-56; W. A. Kretzschmar, Phonetic Display and Output, Journal of English Linguistic, 22.1, 1989, pp. 47-53; e Lawrence M. Davis / Charles L. Houck / Brian B. Kelly, Easily Manipulatable Databases for Linguistic Atlases: Using Intergraph, Journal of English Linguistic, 22.1, 1989, pp. 30-39.

preguntas, etc.) da información variable das respostas. Os dous compoñentes do programa sobre os que baseámo-la organización do proxecto son os que reciben o nome de táboa e formulario. A táboa é unha peza esencial da base de datos, nela determínase o número de campos e as súas características. Na táboa almacénase nun único formato toda a información dos rexistros. Calquera operación e aplicación do programa (buscas, ordenacións, substitucións, etc.) ten como orixe este módulo. O formulario é unha aplicación que serve para mostra-la información e tamén para realizar operacións ligadas a unha táboa (introducción e consulta de datos, apertura doutras aplicacións, etc.). Ó se-lo formulario esencialmente un módulo de presentación, as posibilidades de personaliza-lo deseño son moito maiores: podemos ordena-los campos segundo as nosas necesidades e mesmo definir un formato independente para cada campo. Nun mesmo formulario é posible ter á vista rexistros que pertencen a táboas distintas. 639 O DESEÑO DA BASE DE DATOS DO ALGA (BDALG) O deseño da base de datos actual, resultado xa de moitas modificacións e engadidos, xustifícase polos obxectivos iniciais para os que foi creada. O núcleo principal da súa estructura constitúese como soporte de toda a información dos cuestionarios. A outra parte é en realidade un engadido utilizado para tirar da base o seu primeiro e principal rendemento, a elaboración dos mapas do ALGa. No menú de entrada á base están distinguidas estas dúas partes. A principal está constituída por tres formularios, vinculados ás tres respectivas táboas. A cada un destes formularios déuselle un nome de acordo co seu contido principal: Puntos, Cuestionario e Respostas. Puntos e Cuestionario foron os que primeiro se crearon, por seren os máis pequenos e máis tamén por funcionaren como formularios de contido básico respecto de Respostas. Vexámo-las características de cada un deles. 1. Puntos No formulario Puntos introducíronse os datos da localización xeográfica de cada un dos lugares que forman a rede do ALGa: clave do punto (a letra ou letras iniciais da provincia separadas por un guión do número asignado), o nome do concello, o nome da parroquia e mailo nome do lugar en que se realizou a enquisa. Estes son os datos que identifican cada un dos cuestionarios. Unha vez introducida, revisada e corrixida, a información da táboa serve para identificar cada un dos puntos, e ó vinculala á táboa Respostas é posible coñece-la localización de cada resposta. A táboa correspondente a este cuestionario conta con dous campos máis, os das coordenadas que serven para situar no mapa os símbolos atribuídos ás respostas. En realidade existen catro pares de coordenadas asociadas a cada punto, un par por cada tipo de resposta diferente para a mesma pregunta (A, B, C e D). A utilidade destes datos aparece explicada máis abaixo. No

XULIO C. SOUSA FERNÁNDEZ 640 formulario vinculado a esta táboa non se mostran os dous campos que sinalan as coordenadas (Figura 1). 2. Cuestionario Figura 1, Formulario Puntos En Cuestionario fixouse o texto base dos cadernos: o número e o enunciado da pregunta. Inseríronse dous novos campos que non aparecen no cuestionario orixinal: un coa información sobre a categoría léxica da palabra e outro con información semántica. O número final de rexistros desta táboa non coincide co número total de preguntas dos cadernos de campo; en moitos casos foi preciso dispoñer novos rexistros para datos complementarios. Por exemplo, a partir de datos da pregunta 2508 Entroido, creáronse catro novos espacios para cada un dos días en que se celebran as festas do entroido (2508,1 domingo de entroido; 2508,2 luns de entroido, 2508,3 martes de entroido e 2508,4 mércores de entroido). O campo categoría non ten correspondente nos cadernos; a selección da categoría léxica de cada pregunta foi traballo dos manipuladores. O espacio reservado para a información semántica tampouco tiña un correlato exacto no caderno, aínda que si un antecedente. Como sinalei antes, as preguntas distribúense no cuestionario en catro seccións, e na sección do léxico distínguense dezasete grupos semánticos 4. Ó deseñármo-la base de datos coidamos conveniente conservar unicamente a división semántica, as outras son prescindibles, pois a información sempre sería recuperable a través da numeración das preguntas. As 2186 preguntas sobre léxico máis as 526 das primeiras seccións foron clasificadas semanticamente empregando un sistema máis sinxelo, o 4 As divisións desta sección teñen as seguintes cabeceiras: 1. O tempo; 2. Accidentes topográficos: o espacio e as súas relacións; 3. Agricultura; 4. Viño, aceite, fariña, panificación; 5. Plantas; 6. Insectos, aves, animais salvaxes. 7. Pesca e peixes, caza; 8. Vida pastoril; 9. Animais domésticos; 10. A casa, ocupacións domésticas; 11. O corpo humano; movementos e accións; 12. O vestido; 13. A familia, a vida humana; 14. O mundo espiritual; 15. Xogos e diversións; 16. Oficios; 17. Pesas e medidas.

mesmo que se estaba a seguir no proxecto do Ficheiro do léxico oral 5. Os campos nocionais que se distinguiron son: A-1 O ceo e a atmosfera A-2 A terra A-3 As plantas A-4 Os animais B-1 O home ser físico B-2 A alma e o intelecto B-3 O home ser social B-4 A organización social C-1 O apriori (calidades, existencia, etc.) Para a introducción dos datos nesta táboa deseñouse un formulario con controis de selección que axudaron a simplifica-lo labor de clasificación dos datos. (Figura 2). 641 3. Respostas Figura 2, Formulario Cuestionario A táboa Respostas é a principal da BDALG. O deseño desta táboa estableceuse considerando que o formulario dependente dela ía se-lo elemento da BDALG máis empregado polos manipuladores (Figura 4). Este formulario está vinculado ós anteriores: o campo número de punto está relacionado coa táboa Puntos e os campos número da pregunta e texto da pregunta están ligados á táboa Cuestionario. O resto das compoñentes son propias da táboa Respostas: resposta fonética, resposta ortográfica, notas, tipo, xénero e número (Figura 3). 5 Para unha descrición polo miúdo véxase Manuel González González, Os traballos lexicográficos no Instituto da Lingua Galega, Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas, vol. VIII, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1996, pp. 771-786.

642 PUNTOS XULIO C. SOUSA FERNÁNDEZ Número de punto Provincia Concello Parroquia Lugar Coordenada X Coordenada Y RESPOSTAS CUESTIONARIO Número de pregunta Texto da pregunta Categoría Campo léxico Número de punto Número de pregunta Texto da pregunta Tipo Resposta en alfabeto fonético Resposta ortográfica Notas Xénero Número Figura 3, Vínculos establecidos entre as táboas que compoñen a BDALG O formulario Respostas emprégase para introduci-la información dos cadernos na base de datos e mais para facer correccións (Figura 4). Os elementos que constitúen o formulario Respostas son os que seguen: Número de punto: este campo está vinculado á táboa Puntos e nel indícase de xeito abreviado o punto ó que corresponde a información do rexistro. Número da pregunta, Texto da pregunta e Tipo: estes campos están relacionados coa táboa Cuestionario, de xeito que ó teclea-lo número da resposta que se está copiando aparece automaticamente no recadro o texto da pregunta. O campo Tipo emprégase cando existen varias respostas para unha mesma pregunta: a primeira resposta é Tipo A, a segunda Tipo B, e así sucesivamente ata un máximo de catro respostas distintas. Cada resposta distinta é sempre un novo rexistro. Resposta fonética e Resposta ortográfica: nestes espacios recóllese o texto da resposta do cuestionario; en fonética cos caracteres da fonte IPA e en ortográfica con grafía convencional. A fonte tipográfica selecciónase automaticamente ó entrar no campo. Para a transcrición fonética os manipuladores dispoñen dun cadro de equivalencias entre o alfabeto utilizado nos cuestionarios e a fonte IPA. Notas: neste espacio fanse anotacións complementarias á pregunta principal que nos cadernos acostuman aparecer nas marxes ou nas páxinas pares.

Información gramatical: este último espacio está composto por catro campos de selección (masculino, feminino, singular e plural) que serven para clasificar gramaticalmente as categorías léxicas que na resposta presenten esas flexións. 643 Figura 4, Formulario Respostas A INTRODUCCIÓN DOS DATOS Para a introducción dos datos dos cuestionarios na BDALG acordouse distribuí-lo traballo por provincias. O método máis proveitoso e lóxico sería proceder pregunta por pregunta; aínda que nun principio foi considerado, axiña o rexeitamos polas dificultades que supoñía no manexo dos cadernos. Nestes momentos cada un dos manipuladores encárgase da transcrición de tódolos cadernos dunha provincia, ó remate desta fase engadiranse os datos dos 15 puntos situados fóra do territorio administrativo galego. O formulario que se emprega para a introducción de datos é o denominado Respostas. Para comeza-la transcrición dun caderno o manipulador debe abri-lo formulario desde o módulo principal (Figura 5). O primeiro campo que debe cubrir é o do número de punto; ó inicia-lo traballo cun cuestionario fíxase un valor predeterminado neste espacio, deste xeito nos seguintes rexistros non será preciso enchelo. A continuación debe escribi-lo número da pregunta, despois desta acción aparece no recadro inferior o texto da pregunta segundo reza no cuestionario. Os dous seguintes espacios que cómpre completar son os correspondentes á resposta. Se é pertinente deben cubrirse tamén os valores das categorías gramaticais. O valor tipo móstrase sempre por defecto coa letra A; no caso de que para a mesma pregunta se dea no cuestionario máis dunha resposta será preciso abrir un novo rexistro coa mesma numeración pero asignándolle un tipo

644 diferente (B, C ou D). No recadro notas apúntanse tódalas informacións adicionais que atanguen á pregunta, no primeiro rexistro se fan referencia a tódalas respostas ou no correspondente se pertencen a calquera das outras. Na actualidade aínda non se rematou o traballo de introducción dos datos. A distribución do traballo dos tomos do ALGa correspondentes ó léxico obrigou a introduci-las preguntas por grupos temáticos. Os redactores e directores do proxecto do ALGa dividiron as preguntas en tres grandes grupos: Terra, Agricultura e Home. As preguntas do grupo Terra están hoxe xa todas introducidas na BDALG, dos outros dous grupos introduciuse o 50%. A supervisión e revisión do traballo correspondente a cada grupo está da man dos coordinadores dos próximos tomos do ALGa, os profesores: Manuel González González, Rosario Álvarez Blanco e Francisco Fernández Rei. XULIO C. SOUSA FERNÁNDEZ O DESENVOLVEMENTO DA BDALG Como ben se pode observar na descrición precedente, o deseño da base de datos actual é moi elemental. A explicación desta sinxeleza está, como apuntei antes, na necesidade perentoria e primaria de asegura-la conservación dos datos que ata hoxe envellecían e perdían cor nos cuestionarios. Os encargados do proxecto esperamos no futuro arrequentar e completa-lo deseño da BDALG con novos engadidos que a perfeccionen: inclusión de campos gráficos para os debuxos e fotos, introducción de novos campos con información tirada da análise das respostas (segmentación morfolóxica, caracterización semántica detallada, vinculación de respostas relacionadas, etc.), desenvolvemento e engadido de informacións provenientes doutras fontes (etimoloxía, sinonimia, referencias bibliográficas, etc.), etc. Tamén forma parte do proxecto a automatización dos volumes publicados para a edición de toda a obra en CD-ROM e o desenvolvemento de aplicacións que permitan a consulta da DBALG e do ALGa a través das redes de datos 6. A CONFECCIÓN DE MAPAS DO ALGA Como exemplo do primeiro rendemento que se está a tirar da BDALG describirei de xeito breve as aplicacións desenvoltas para a confección dos mapas do ALGa. Na parte esquerda do menú principal da BDALG sitúanse catro botóns de comando (Figura 5). Os dous botóns superiores (Listado por punto e Listado por pregunta) utilí- 6 Un exemplo desta aplicación pode consultarse en The Empirical Linguistics and Linguistic Atlas Page (http://hyde.park.uga.edu/home.html), proxecto dirixido polo profesor William A. Kretzschmar, Jr. Nesta páxina poden examinarse os datos e os mapas de distintos atlas lingüísticos dos Estados Unidos (LANE, LAMSAS, LANCS, LAGS, LAUM, LAO, LAPW, LAPNW, LARMS).

zanse para crear informes impresos dos cuestionarios. Estes informes empréganse como borradores para corrección e como primeiras guías para a confección dos mapas (selección de formas que se van representar, cómputo das variantes de cada mapa, etc.). Se picamos Listado por punto conseguimos unha relación de tódalas respostas do punto escollido; ó seleccionarmos Listado por grupo obtemos un repertorio de tódalas respostas diferentes e ó seu carón o número de veces que aparecen; con Listado por pregunta temos como resultado un catálogo de tódalas repostas á mesma pregunta nos distintos puntos enquisados. 645 Figura 5, Menú principal Os outros dous botóns son os que se usan para confeccionar un mapa. Ó seleccionar Mapa aparece unha ventá na que se solicita o número da pregunta que se desexa cartografar. Despois de teclea-lo número e confirma-la acción execútase unha consulta que ten como resultado a creación dunha táboa. Esta nova táboa contén datos de dúas táboas descritas arriba: número da pregunta, clave do punto, resposta en alfabeto fonético, tipo da resposta e coordenadas de cada resposta (Figura 6). Puntos Respostas Punto Número de pregunta Texto IPA Tipo Coordenada X Coordenada Y O-05 562 now t Onte A 8291840 42418048 now"t On1te Figura 6, Táboa creada para a realización dun mapa. O formato do texto de tódolos rexistros da táboa é o mesmo; por iso no campo Texto IPA o que se le é a correspondencia na fonte Times New Roman da transcrición fonética anotada debaixo.

646 Automaticamente, esta relación de datos convértese a un formato compatible co programa que creará o mapa; para abrilo abonda con pica-lo botón inferior da columna esquerda. O motor que se encarga da asignación de datos a puntos xeográficos nun mapa é un programa de GIS (Geographic Information Systems), en concreto o sistema creado por MapInfo 7. Este é un programa de tratamento de datos xeográficos que converte a información dun campo da base de datos en elementos gráficos de representación sobre un fondo gráfico. Para realizar esta función precísase un espacio xeográfico delimitado por coordenadas (neste caso, o territorio lingüístico galego) e unha base de datos na que cada rexistro conteña a información correspondente ó par de coordenadas. O sistema de representación que nós utilizamos é o temático: a cada rexistro diferente do arquivo asígnaselle un símbolo gráfico diferenciado ben pola forma, ben pola cor. Unha vez aberto o programa, cárgase a base de datos, sitúanse os puntos no fondo gráfico e convértense as respostas en símbolos de representación. O resultado final é un mapa coa lenda das atribucións de cada un dos símbolos empregados. Tanto o mapa como a lenda poden ser editados para realizar correccións e modificacións (Figura 7). XULIO C. SOUSA FERNÁNDEZ Figura 7, Exemplo do mapa creado con MapInfo para a pregunta 661 Caer neve miúda O programa ofrece outras posibilidades de representación dos datos amais da temática. Por exemplo, cunha base de mapa en mosaico poligonal será posible crear mapas cos que realizar estudios de dialectometría 8 ; cambiando o símbolo de representación por unha lenda poden facerse mapas semellantes ós dos primeiros estudios de xeografía 7 Aínda que non coñecemos nin o deseño nin o desenvolvemento, sabemos da existencia doutros proxectos nos que se está a utiliza-lo mesmo sistema: o Atlas Lingüístico del Caribe, desenvolto na Universidade de Saint Rose, Albany, N. Y., e un atlas do inglés medieval dirixido por Keith Williamson dentro do Older Scots Project do Institute for Historical Dialectology de Edimburgo. 8 Un exemplo da aplicación deste tipo de estudios ó ALGa atópase en Bernhard Pöll, Zur Verbreitung zweier Analogiephänomene des galiscischen Verbums anhand des ALGa (Atlas Lingüístico Galego), in Sprache, Literatur und Kultur Galiciens, Serie 1, tomo IV, 1993, pp.35-52.

lingüística, nos que ó lado dos puntos se colocan as respostas en transcrición fonética. Tamén permite o programa que sobre o mapa dos datos lingüísticos se superpoñan mapas que conteñan outro tipo de informacións (divisións eclesiásticas, orografía, poboamentos, migracións, datos toponímicos, etc.). Nin a BDALG nin o ALGa son proxectos pechados. Cando se remate coa introducción dos datos poderase falar dunha etapa concluída, pero o traballo de aproveitamento e interpretación da información e o desenvolvemento de novas aplicacións continuarán por bastante tempo. 647