Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

A RAG suprime palabras ofensivas sobre a síndrome de Down

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Silencio! Estase a calcular

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Problema 1. A neta de Lola

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

III MEMORIA SOCIAL CLECE

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

Plan Estratéxico

plan estratéxico 2016 >> 2020

Sede Electrónica Concello de Cangas

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

Memoria de Actividades Ceesg

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

Segunda lingua estranxeira: inglés

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

Facultade de Fisioterapia

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

nº 52 - setembro 2011

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Hai varios aspectos e carencias neste documento que nos produciron desconcerto y preocupación

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

TRAXECTORIAS E RETOS

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Rede galega de TC. A Internet como un local social. Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

persoal, familiar e laboral

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

O pracer de xogar PROGRAMA. 20 ANIVERSARIO Asociación Galega. de Atención Temperá. 3 de xuño de 2017

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

Cristina González Abelaira

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Programación Percusión

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

Expediente: 5193/2017

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Transcription:

Mira o spot da nosa nova campaña! A REDE É INCLUSIVA E COLABORATIVA. DÁLLE AO PLAY! Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia Inconcibible rexeitamento do Constitucional Acordos con Política Social, Sanidade e Educación Número 3 - Xaneiro 2017

ÍNDICE Un calendario Down para un bo 2017 3 Contigo, Dani pode máis 5 Estreamos o OrientaConsello! 7 Política Social financia o mantemento de Down Galicia 9 Pacto educativo para favorecer ao Movemento Down 11 Inconcibible rexeitamento do Tribunal Constitucional 15 130 insercións laborais de Entidades Down en 2016 17 Éxito de emprego con apoio en Pontevedra 21 Acordo con Sanidade para potenciar as insercións 25 Los hosteleros modélicos, gañadores no Baristas Down 29 120 participantes na Xornada de Educación Inclusiva 33 Máis noticias? 35 Séguenos! 36 PÁXINAS 1-2 Nico, de Down Compostela, aprende a preparar unha tarta

UN CALENDARIO DOWN PARA UN BO 2017 A Federación Down Galicia e as súas entidades membro deséxante un feliz ano 2017. Para festexalo, que mellor que un calendario solidario para manter con enerxía e bo humor os próximos 365 días, apoiando ademais o traballo diario que se leva a cabo nas sete cidades do país. Aínda estás a tempo de facerte co teu Calendario Down. Como? Aquí as instrucións! Calendario Down Compostela Presenta momentos do cotiá baseados na filosofía SlowDown, que convida a tomar a vida con calma, respectando o tempo, os gustos e o ritmo de cada persoa. O seu prezo é de 5 e ten dous formatos, de parede e de mesa. Adquírese na entidade. Cabe destacar que conta co apoio de 12 empresas e organizacións locais. Calendario Down Ourense Instantáneas de usuari@s xunto ao corpo da Garda Civil da cidade. Hai dous formatos, de parede e de mesa e pódese adquirir por 5 na entidade, no comercio Angelo Milano e en downourense@downgalicia.org sendo o envío gratuíto! Fotografía do calendario de Down Ourense PÁXINAS 3-4

NOVA CAMPAÑA CON SPOT CONTIGO, DANI PODE MÁIS Down Galicia ven de lanzar, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a súa nova campaña de captación de doantes colaboradores. Baixo o lema Contigo podemos máis, pretende concienciar á sociedade galega da importancia dos apoio na inclusión das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. A campaña, que se difunde a través de varios medios de comunicación e da web e as redes sociais da Federación, xira en torno á evolución persoal de Dani, un mozo ferrolán de 20 anos coa síndrome de Down. A peza principal deste proxecto é un spot no que se pon en valor a importancia dos apoios para chegar a vivir unha vida sen barreiras nin límites. Esta iniciativa conta cunha dobre vertente. Por un lado, xerar interese sobre a labor e os programas que levan desenvolvendo Down Galicia e as súas entidades membro dende hai máis de 15 anos e, por outro, sensibilizar á poboación da importancia que para unha entidade sen ánimo de lucro ten a colaboración cidadá. A Federación busca captar máis fondos estables que faciliten a mellora do traballo en áreas como a atención temperá, a educación, a formación e o emprego e a vida adulta e independente, entre outras. Toda aquela persoa que o desexe poderá colaborar a través deste enderezo web onde poderán realizar unha achega puntual ou colaborar dun xeito máis periódico. Fai click na imaxe para ver o spot! Dani, membro de Teima, protagonista da campaña PÁXINAS 5-6

Se queredes coñecer de primeira man esta nova iniciativa, non perdas a seguinte gravación de Paula Fernández Suárez, a presentación do que a partir de febreiro será o OrientaConsello! Fai click na imaxe para ver o vídeo! POR UNHA REDE INCLUSIVA E COLABORATIVA ESTREAMOS O ORIENTACONSELLO! Down Galicia presenta neste inicio de ano un novo microespazo en Youtube dedicado á busca activa de emprego. Trátase de OrientaConsello, unha iniciativa da Federación que reivindica a inclusión e a filosofía colaborativa da rede, compartindo con todas aquelas persoas que o desexen consellos e trucos que as axuden na complicada tarefa que supón atopar un traballo. Desta maneira, persoas usuarias das distintas entidades Down de Galicia contarán a través de vídeos breves e divertidos como facer un currículum ou unha carta de presentación, como preparar unha entrevista de traballo ou de que xeito buscar ofertas de emprego, entre outros moitos temas. OrientaConsello terá unha periodicidade mensual e serán publicados na canle de Youtube e nas redes sociais da Federación Down Galicia. PÁXINAS 7-8

POLÍTICA SOCIAL FINANCIA O MANTEMENTO DE DOWN GALICIA E OS SEUS PROGRAMAS A Xunta de Galicia contribúe ó financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia desenvolve durante o finalizado 2016. Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación, promóvense os programas orientados especificamente a favorecer a autonomía e a integración socio laboral das persoas coa síndrome de Down, atendendo á experiencia, equipo humano e medios dos que dispón Down Galicia para desenvolver a atención requirida. O Servizo para a Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) de Down Galicia e as súas entidades membro está orientado a mellorar a autonomía das persoas con discapacidade intelectual e favorecer a súa plena inclusión e está organizado en diferentes áreas de atención, que comprenden todo o ciclo vital das persoas usuarias. O convenio asinado entre Política Social e a Federación contempla os seguintes obxectivos de intervención: Ofrecer intervencións de habilitación funcional co fin de potenciar as habilidades e o benestar das persoas usuarias, posibilitando a súa normalización no medio familiar e social. Proporcionar asesoramento e apoio ás familias, como un dos principais axentes activos no proceso de inclusión dá persoa con discapacidade. Desenvolver actuacións que permitan ás persoas con discapacidade acadar as máis altas cotas posibles de vida independente. Colaborar cos recursos comunitarios de formación, nos que estean integrados os usuarios, co fin de que así rendabilicen ó máximo os procesos de ensinanza-aprendizaxe e acaden a súa integración laboral. Promover a participación das persoas con discapacidade nas actividades de ocio e deporte normalizadas. Desenvolver accións de formación ocupacional e laboral que posibiliten a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades e coñecementos que lle faciliten a súa integración laboral. Garantir o dereito das persoas con discapacidade intelectual a expresar e vivir a súa sexualidade. Favorecer a difusión de información axeitada e positiva acerca das persoas con discapacidade intelectual. Promover proxectos de integración escolar, laboral, social, programas de saúde e todos aqueles que favorezan o desenvolvemento persoal e a plena inclusión das persoas coa síndrome de Down. A través da consecución destes obxectivos contribúese a alcanzar a misión da Federación, mellorando así a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. PÁXINAS 9-10

CONVENIO EDUCATIVO PARA FAVORECER AO MOVEMENTO DOWN Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asinaron un convenio para establecer as condicións da colaboración entre a Consellería e a Federación (xunto coas súas entidades membros) nas accións e actividades dirixidas á mellora da atención educativa ó alumnado coa síndrome de Down e/ou con discapacidade intelectual. Este pacto promoverá entre o profesorado a colaboración de Down Galicia e das súas entidades membros nas accións relativas á atención á diversidade e á formación docente. A Consellería comprométese a facilitar que os profesionais das entidades Down colaboren cos centros docentes en labores de asesoramento tanto do profesorado coma das familias, na orientación sobre as metodoloxías máis axeitadas, e na posta a disposición de información complementaria que lles poida servir de axuda no día a día, tanto a nivel escolar como familiar. Deste xeito, os profesionais das entidades Down poderán colaborar na orientación sobre metodoloxías axeitadas, proporcionar formación e información naqueles aspectos que o persoal dos centros docentes requira en relación co tratamento do alumnado con esta síndrome, e prestar asesoramento sobre recursos tecnolóxicos e estratexias didácticas e organizativas que favorezan a súa inclusión. O Conselleiro durante a sinatura do convenio PÁXINAS 11-12

Beneficiaranse deste acordo todo o alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de todas as etapas e niveis educativos que reciben apoio de Down Galicia e das súas entidades membros, así como o profesorado, o persoal dos servizos complementarios, os orientadores e orientadoras, os membros dos equipos de orientación específicos que atenden os procesos formativos, e as familias ou os representantes legais dese alumnado. Demandas no eido educativo A Federación entregou ó conselleiro unha serie de propostas de mellora necesarias no ámbito da inclusión educativa. Co obxecto de minimizar as incidencias detectadas neste eido, acordouse a realización dun documento onde se inclúan estratexias, pautas e recursos para favorecer a inclusión real do alumnado con necesidades educativas específicas. A educación, un piar fundamental A educación é un piar fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. As sociedades avanzadas deben estar dotadas de Institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo. A sociedade na que vivimos é plural e esa realidade ha de ser a bandeira da educación. Se se segrega ó alumnado, sexa cal sexa a causa, sobre todo nunha idade temperá, non se avanza na construción dunha sociedade tolerante e respectuosa coa diferenza e coa diversidade. A convivencia enriquece tanto a aquelas persoas que presentan algunha dificultade como ó resto. PÁXINAS 13-14 Sesión en Down Lugo

INCONCIBIBLE REXEITAMENTO DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL A RESTABLECER O VOTO A MOZA CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL Down Galicia expresou hoxe a súa indignación ante o rexeitamento do Tribunal Constitucional de admitir a trámite o recurso que a familia de Mara, unha moza galega con discapacidade intelectual, presentou para que se lle restablecese o seu dereito ó voto. Delmiro Prieto, Presidente da Federación, comentou esta mesma mañá que é unha sorpresa que a estas alturas de século sigan pasando cousas coma esta. Prieto achaca esta inconcibible decisión a unha notoria ausencia de capacidade nas altas esferas do Tribunal Constitucional, que avalou a anterior sentenza do Supremo por unha maioría de tres votos fronte a un. Referíndose a este voto particular, o presidente de Down Galicia indica que polo menos hai quen pon algo de lucidez neste camiño cheo de barreiras. O Presidente destaca tamén que xa é a segunda ocasión que o poder xudicial desperdicia para pronunciarse e posicionarse a favor do dereito ó voto das persoas con discapacidade. O voto contrario asínao a vicepresidenta do Tribunal, Adela Asúa, quen asegura nas súas declaracións que lle produce perplexidade que se rexeitaran as recomendacións do fiscal e considera que a exclusión do dereito de voto sobre a base dunha discapacidade intelectual constitúe unha discriminación por motivos de discapacidade. Segundo datos do CERMI, case 100.000 persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioro cognitivo están na mesma situación en España. O caso de Mara Mara é unha moza de 20 anos para a que os seus pais solicitaron unha incapacitación parcial, pero respectándolle os seus dereitos personalísimos, entre os que se atopa a posibilidade de votar. O 2 de setembro de 2014, o xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago ditou sentenza na que, entre outros aspectos, priva a Mara do dereito ao sufraxio activo. A familia recorreu á Audiencia Provincial da Coruña, que o 11 de marzo de 2015 ratificaba esta sentenza, do mesmo xeito que fixo a Sala do Civil do Tribunal Supremo en sentenza número 18/2016 do 17 de marzo pasado. O fallo do Tribunal Supremo produciuse en contra do criterio da Fiscalía quen solicitou, de acordo co que establece a Convención da ONU, que se facilitase a Mara os apoios necesarios e se lle permitise votar. Segundo a Fiscalía, tanto en primeira instancia como na Audiencia Provincial non se tivo en conta a importancia que para as persoas con discapacidade reviste a súa autonomía e independencia individual, incluída a liberdade de tomar as súas propias decisións. Hoxe é o Tribunal Constitucional o que avala esta vulneración de dereitos, tras non admitir o recurso de Mara. PÁXINAS 15-16

CASE 130 INSERCIÓNS EN EMPREGO CON APOIO EN GALICIA DURANTE O 2016 Un total de 127 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, contaron polo menos cun contrato de traballo en empresas ordinarias da súa contorna no pasado ano. Este dato supón que un 68% das persoas que conforman este programa tiveron acceso a un posto de traballo neste período. Grazas a estas experiencias, os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como presentador dun programa de televisión, auxiliar de masaxista, recepcionista, celador, técnico en educación infantil ou especialista na sección de electricidade dunha empresa de automoción, entre moitos outros. En canto á distribución por localidades, obsérvase que na zona de Vigo foron 50 as persoas que traballaron neste ano 2016, 16 en Pontevedra, 15 en Compostela e A Coruña, 12 en Ferrol e Ourense e 7 en Lugo. Non obstante, o principal escollo para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a inestabilidade e a temporalidade nas contratacións. Deste xeito, as 127 persoas que tiveron unha oportunidade laboral neste ano 2016 contaron cun total de 161 contratos, o que pon de manifesto a curta duración das contratacións en moitos dos casos. O contrapunto vén da man das contratacións indefinidas, xa que, nestes intres, 59 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual do programa de emprego das entidades Down gozan da tranquilidade que outorga este tipo de contrato grazas ó seu bo facer nos seus postos. Destaca tamén o elevado número de prácticas laborais realizadas polos usuarios e usuarias das entidades Down en Galicia (97), coas que reforzan a súa motivación cara o emprego e melloran as súas habilidades socio-laborais. O programa de Emprego con Apoio de Down Galicia contou no pasado ano con 191 persoas participantes. Cabe destacar que a Federación conseguiu nos últimos cinco exercicios que máis do 68% das persoas usuarias deste programa tivesen unha oportunidade laboral, demostrando deste xeito a utilidade e aceptación desta metodoloxía entre o tecido empresarial privado. Sen embargo, aínda que se constata que os datos seguen unha tendencia ascendente desde hai uns anos, o acceso a un posto de traballo de forma normalizada segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria. Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario. PÁXINAS 17-18

PÁXINAS 19-20 Rosalía, membro de Teima Down Ferrol

ÉXITO DE EMPREGO CON APOIO ENTRE AS EMPRESAS DE PONTEVEDRA Dende o pasado mes de outubro, 6 novas empresas de referencia en Pontevedra sumáronse a aquelas outras que, ó longo do ano, contrataron a traballador@s do Servizo de Emprego con Apoio de Down Pontevedra Xuntos. Unha destas compañías é Arume, presente nos comedores escolares dos centros de educación infantil e primaria, onde despois dunha formación teórico-práctica procederon á contratación dun traballador do Programa ECA (Emprego con Apoio) para o posto de monitor de comedor escolar. Así, dende o pasado 3 de outubro, Víctor traballa cos máis pequenos no CEIP Barcelos, levando a cabo as funcións que lle corresponden no seu traballo de xeito satisfactorio. Nesta mesma liña, outro mozo rematou este mes de novembro as súas prácticas de monitor de comedor escolar coa mesma empresa, neste caso no CEIP Manuel Vidal Portela, cunha valoración final moi positiva. Por outra banda, dende o pasado 17 de outubro e despois dun período de prácticas, o Coworking Espazo Arroelo non dubidou á hora de contratar a Cecilia, traballadora do Programa ECA de Down Pontevedra. As súas principais tarefas son a atención ó cliente e o mantemento do Espazo. Tamén en novembro, e despois dun período práctico, Diego e Cecilia convertéronse nos novos repartidores da publicidade da empresa Dolce Vita de Pontevedra. Ambos desempeñan o seu traballo con moita profesionalidade e entusiasmo, recorrendo as rúas e facendo chegar ós fogares a publicidade da compañía. Xunto a eles, e no mesmo mes, Serviocio (Piscinas Campolongo) incorpora na empresa a David para o posto de limpeza diaria dos vestiarios, traballo que compaxina co posto que desenvolve polas mañás en McDonalds. En tódolos casos, nas empresas contratantes contan co respaldo dun profesional da entidade Down quen, de xeito gratuíto, presta o apoio preciso ós traballadores e traballadoras da mesma. Finalmente, Francisco Villarreal, Director Comercial e de Expansión de Ucalsa, desprazouse en decembro desde a central da empresa en Madrid ata Pontevedra para afianzar e visibilizar o convenio de colaboración existente entre a compañía de restauración e o programa de Emprego con Apoio de Xuntos desde o ano 2010. Ucalsa conta de xeito habitual dende hai algúns anos con varias persoas usuarias da entidade para o desenvolvemento das súas tarefas. Agora conta xa con dúas persoas contratadas. Finalmente, Distribuciones Froiz, colaborador do programa de Emprego con Apoio de Xuntos desde o ano 2004, incorporou ó seu persoal a Diego e a Carlos, que elaboraron lotes navideños durante o último mes de 2016. PÁXINAS 21-22

PÁXINAS 23-24 Xiana, de Xuntos, traballadora en Ucalsa

ACORDO CON SANIDADE PARA POTENCIAR AS INSERCIÓNS Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade, asinaron un convenio de colaboración para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. O acordo fixa as condicións para comezar a desenvolver actividades que promovan e fortalezan as opcións de empregabilidade das persoas usuarias das sete entidades que conforman Down Galicia no SERGAS. A administración é a casa de todos e, como tal, debe cubrir as necesidades de todos os seus membros. Así valorou Delmiro Prieto o peche deste convenio, resaltando o apoio que debe establecer a consellería para a igualdade de todas as persoas que compoñen a sociedade. As persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual son persoas de pleno dereito, apostilou o presidente. Pola súa banda, o conselleiro agradeceu a Down Galicia e as súas entidades membro o traballo que veñen desenvolvendo desde hai máis de 25 anos. Queremos contribuír con apoios e oportunidades a que cada persoa con discapacidade intelectual e a súa familia poidan desenvolver o seu proxecto de calidade de vida, así como a promover a súa inclusión como cidadán, explicou o Vázquez Almuiña. O convenio é o punto de partida para o proceso de inserción e adaptación ao posto de traballo de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no SERGAS. Demandas sobre Atención temperá e Envellecemento Down Galicia entregou ao conselleiro unha serie de demandas no ámbito da Atención temperá e Envellecemento. A organización ve necesaria unha rede pública de atención temperá gratuíta e regulada para nen@s de entre 0 e 6 anos. Recentemente detectouse a derivación destes servizos a entidades privadas, cando isto corresponde á administración e as entidades non teñen financiamento específico nin estable para levalos a cabo. A Federación considera, en cambio, que a súa traxectoria e persoal cualificado deberíanlle permitir ser parte da Rede Galega de Atención Temperá. Doutra banda, as persoas coa síndrome de Down viviron un espectacular aumento da súa esperanza de vida, superando os 60 anos. Demándase identificar e protocolizar esta realidade, coñecendo as necesidades de atención e diagnóstico do Alzhéimer e outras demencias. Para iso, ve necesario lograr un marco de colaboración co SERGAS. 1ª oposición para persoas con discapacidade intelectual En marzo de 2015 a Xunta contemplou por primeira vez na súa historia na oferta de emprego público a reserva de prazas para persoas con discapacidade intelectual e a convocatoria dunhas oposicións dirixidas a este colectivo, neste caso para cubrir 6 prazas de ordenanza. Estas 6 prazas únense ás 33 que se inclúen na Oferta de Emprego Público para 2016 reservadas para este colectivo, nas que se inclúen 17 do SERGAS. Esta convocatoria contemplará a súa propia lista de contratación temporal. PÁXINAS 25-26

PÁXINAS 27-28 Membros de Down Vigo en Madrid para as oposicións

LOS HOSTELEROS MODÉLICOS, GAÑADORES NO CAMPIONATO DE BARISTAS DOWN O equipo Los Hosteleros Modélicos, da Fundación Down Compostela, proclamouse gañador do V Campionato de Baristas Down de Galicia, ó impoñerse aos seus compañeiros Los Veraniegos, de Down Vigo, na competición celebrada na terraza do Restaurante Porta Faxeira de Santiago. Promovido pola empresa Cafento, esta iniciativa pioneira no mundo, pretende demostrar a profesionalidade e calidades das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual no mundo do café, ademais de axudar á súa incorporación ao mercado laboral. Os dous xuíces profesionais que valoraron o campionato, José Ríos e José Soto, destacaron a excelente execución dos participantes, que tiveron que elaborar dous expresos, dous capuccinos e dous cócteles de café. Para min é un orgullo estar hoxe aquí. Fixéstelo demasiado ben, se temos en conta que só tivestes unha semana de formación, asegurou José Soto antes de dar a coñecer os gañadores. Pola súa banda, José Ríos, xuíz de concursos profesionais e profesor da Escola de Hostalería, asegurou que lle gustaría inculcar aos meus alumnos o que vós demostrastes hoxe aquí, díxolles aos doce participantes. Foi marabilloso ver o que se pode facer con traballo, engadiu. Ríos destacou a profesionalidade dos participantes. Xa me gustaría poder tomar en todas as cafeterías ás que vou cafés como os que probei hoxe, concluíu. Na terraza do Restaurante Porta Faxeira de Santiago, que se atopaba abarrotada de público, os participantes elaboraron dous cafés expresos, dous capuccinos decorados coa técnica do latte art e dous cócteles a base de café. O equipo de Down Compostela optou por un cóctel con chocolate, mentres o de Down Vigo apostou por un con cacao e nata. O xurado decidiu que o equipo Los Veraniegos, de Down Vigo, formado por Dani López, Dani Vila, Pedro, Adri, Rocío e Coral realizou o mellor expreso. Los Hosteleros Modélico, de Down Compostela, formado por Raquel, Paula, Patricia, Vanesa, Cristina e Miguel levaron o premio ao mellor capuccino e ao mellor cóctel, en opinión do xurado. Así mesmo, e por unha diferenza de só dous puntos, foron proclamados os gañadores absolutos do campionato. En palabras de Diego López, profesor barista de Cafento, os xuíces tivérono moi difícil. Utilizan o mesmo sistema de puntuación que nos campionatos profesionais e, neste caso, o equipo de Down Compostela, con 455 puntos, impúxose ao de Down Vigo por só dous puntos de diferenza. O certame, coorganizado por Cafento, Fundación Down Compostela e Asociación Down Vigo, contou coa colaboración de Pousadas de Compostela. PÁXINAS 29-30

PÁXINAS 31-32 Equipo compostelán (arriba) e equipo vigués (abaixo)

120 PARTICIPANTES NA XORNADA DE EDUCACIÓN INCLUSIVA Down Galicia celebrou en novembro a xornada Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva na que participaron profesionais docentes, de orientación e directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Consellería de Educación, así como técnicos de educación das entidades Down. Trátase dunha acción formativa homologada pola propia Consellería de Educación e que contou con 120 persoas inscritas. Esta formación tivo como obxectivo principal a contribución á mellora da sensibilización e formación dos participantes na utilización de metodoloxías inclusivas e boas prácticas como medida de atención e optimización do proceso de inclusión educativa do alumnado con maiores necesidades de apoio. A parte máis teórica correu a cargo de Cecilia Simón Rueda, Doutora en Psicoloxía Autónoma de Madrid. Na primeira mesa redonda, xa nunha liña máis práctica, analizouse o traballo realizado nos colexios de Castroverde, Valdoviño, Ponteareas e Cambados. Pola tarde, os relatorios estiveron centrados en experiencias en centros educativos. A mesa para finalizar a xornada foi Outras voces da inclusión. A finalidade das metodoloxías inclusivas e as boas prácticas é acadar unha escola con capacidade para responder ás necesidades individuais dos seus alumnos e alumnas, sexa cal sexa o seu grao de especificidade. Membros de Down Coruña PÁXINAS 33-34

MÁIS NOTICIAS? Accede a www.downgalicia.org para informarte de todas as novidades e publicacións da Federación e as súas entidades membro. Velaquí algunhas, fai click para lelas! A Denominación de Orixe Ribeiro colabora con Down Ourense a través dun ciclo de catas A terceira edición de Cata a arte, celebrada entre o 27 de outubro e o 1 de decembro, acolleu presentacións e degustacións de viños de seis adegas do C.R.D.O. Ribeiro. Esta celebración tivo carácter solidario xa que os donativos recadados foron destinados a favor de Down Ourense. SÉGUENOS! DownGalicia.org Facebook.com/DownGalicia Twitter.com/DownGalicia Youtube.com/DownGalicia Flickr.com/DownGalicia Grupo Cimd apoia a inclusión educativa do alumnado coa síndrome de Down en Galicia Grupo Cimd achega 17.000 euros ao proxecto Unha escola para tod@s que Down Galicia leva a cabo a través das súas entidades membro. Esta achega está encamiñada a alcanzar o maior grao de desenvolvemento e autonomía nos nenos e nenas coa síndrome e discapacidade intelectual. Fundación Mapfre aposta pola inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia Empresas de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa asistiron a un encontro empresarial da Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa Juntos Somos Capaces, co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual. O Departamento de Comunicación de Down Galicia é o encargado de confeccionar, publicar e difundir todo evento ou aspecto noticioso das entidades membro da Federación. Non dubides en poñerte en contacto co mesmo no e-mail comunicacion@downgalicia.org. PÁXINAS 35-36

Iván dalle de comer a Zori nunha sesión de Psicomotricidade en Down Compostela