Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Similar documents
Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

Os colectivos migrantes ante o proceso de emprendemento en Galicia

Síntesis da programación didáctica

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Problema 1. A neta de Lola

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

CRISE ECONÓMICA E FLUXOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA: OS EFECTOS DA POLÍTICA SANITARIA NA POBOACIÓN

Facultade de Fisioterapia

DESPOBOAMENTO E AVELLENTAMENTO: GALICIA CARA AO ANO 2020

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

ANÁLISE DA POBOACIÓN DEPENDENTE EN GALICIA E DETECCIÓN DAS SÚAS NECESIDADES ASISTENCIAIS

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

ARCHIVOS DE ZOOTECNIA. EDITORIAL REPORT 2012

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

C A D E R N O S D E L I N G U A

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

ESTUDIO DOS AUTÓNOMOS DE OURENSE ANO 2011

ESTUD OS MIGR ATORIOS Revista Galega de Análise das Migracións Nova xeira

Revista Galega de Economía Vol (2017)

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 1º PARCIAL

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

O PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS: O PAPEL DOS ORGANISMOS PÚBLICOS

As mulleres subsaharianas en Galicia: diversidades fronte a estereotipos

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

Metodoloxía copyleft en educación

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

APROXIMACIÓN AO PERFIL E AO COMPORTAMENTO DO TURISTA SENIOR 1

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

Educación e linguas en Galicia

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

FACTORES DETERMINANTES EN MODELOS ECONOMÉTRICOS REXIONAIS DE MIGRACIÓN INTERNA

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide

DOAZÓN DE ÓRGANOS Factores sociais e propostas de acción

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Implantación dunha tenda online: venda de produtos de artesanía

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Participación feminina no mercado de traballo desde un enfoque interxeracional*

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

O GRAO DE URBANIZACIÓN EN GALICIA: DIFERENZAS SOCIOECONÓMICAS ENTRE AS DISTINTAS ZONAS

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

MULLERES, INSTITUCIÓNS E POLÍTICA

CAMBIO ESTRUCTURAL E EFICIENCIA PRODUCTIVA DA ECONOMÍA GALEGA

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

Sede Electrónica Concello de Cangas

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

Análise do sector da pesca

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

MERCADO DE TRABALLO, FORMACIÓN E EXCLUSIÓN SOCIAL: ANÁLISE DA SITUACIÓN DA POBOACIÓN RECLUSA DE GALICIA 1

Boloña. Unha nova folla de ruta

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Transcription:

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia. Primeiros pasos en investigación Editoras: Mª Isabel del Pozo Triviño Elisa Gómez López Universidade de Vigo

MONOGRAFÍAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO. HUMANIDADES E CIENCIAS XURÍDICO SOCIAIS ; 86 Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia : primeros pasos na investigación / editoras, Mª Isabel del Pozo Triviño, Elisa Gómez López Vigo : Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións, D. L. 2012 202 p. ; 17x24 cm. (Monografías da Universidade de Vigo. Humanidades e ciencias xurídico sociais ; 86) D.L. VG 78-2012 ISBN 978-84-8158-555-1 1. Traducción-Galicia 2. Interpretación (Traducción)-Galicia I. Pozo Triviño, María Isabel del II. Gómez López, Elisa III. Universidade de Vigo. Servizo de Publicacións, ed. 81 25(460.11) Edición: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo Edificio da Biblioteca Central Campus de Vigo 36310 Vigo Telf.: 986 812 235 sep@uvigo.es Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2012 Printed in Spain - Impreso en España ISBN: 978-84-8158-555-1 D.L.: VG 78-2012 Fotografía da cuberta, Rande desde San Simón : Rafael Sánchez López Deseño e impresión: Tórculo Artes Gráficas, S.A. Reservados tódolos dereitos. Nin a totalidade nin parte deste libro pode reproducirse ou transmitirse por ningún procedemento electrónico ou mecánico, incluídos fotocopia, gravación magnética ou calquera almacenamento de información e sistema de recuperación, sen o permiso escrito do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.

Si pronto non me levades, Ay! morrerei de tristeza, Soya n un-ha terra estraña, Dond estraña m alomean, Donde todo canto miro Todo me dic estranxeira! Cantares Gallegos Rosalía de Castro

Índice Prólogo... 7 Capítulo 1: Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia... 11 1.1. Introdución... 12 1.2. Inmigración en España... 13 1.3. Inmigración en Galicia... 16 1.4. Conclusións... 27 Capítulo 2: Situación da tradución e interpretación nos xulgados de Galicia... 31 2.1. Introdución... 32 2.2. Situación da interpretación nos xulgados en Galicia... 35 2.3. Conclusións xerais sobre a situación da tradución e a interpretación nos xulgados en Galicia... 88 Capítulo 3: A interpretación no ámbito policial... 93 3.1. Introdución... 93 3.2. Funcións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado... 94 3.3. O proceso de detención en España... 96 3.4. A interpretación no ámbito policial... 97 3.5. Estudo de campo sobre a tradución e a interpretación nas comisarías de Vigo...106 3.6. Conclusións...109 Capítulo 4: A interpretación nas notarías...115 4.1. Introdución...116 4.2. A figura do notario en España...117 4.3. A figura do notario no Reino Unido...118 5

4.4. A figura do notario nos Estados Unidos...118 4.5. Os documentos notariais en España...119 4.6. Os documentos notariais no Reino Unido...122 4.7. Os documentos notariais en Estados Unidos...123 4.8. Estrutura dos documentos notariais españois e galegos...124 4.9. Comparativa de documentos en galego e en inglés...126 4.10. Legalización de documentos notariais...129 4.11. O papel do intérprete nas notarías españolas...130 4.12. Estudo de campo: a situación da interpretación nas notarías galegas...132 4.13. Conclusións...137 Capítulo 5: A interpretación nos servizos sanitarios...141 5.1. Introdución...142 5.2. Situación sanitaria dos inmigrantes residentes en España...143 5.3. Lexislación sobre a asistencia sanitaria a inmigrantes e trámites precisos...144 5.4. Interpretación/mediación intercultural nos hospitais...146 5.5. Traballo de campo sobre a situación da tradución e a interpretación nos centros médicos galegos...161 5.6. Conclusións...163 Capítulo 6: A interpretación en ONG...167 6.1. Introdución...167 6.2. As ONG...168 6.3. Tradución e interpretación nas ONG...171 6.4. Conclusións...195 Conclusións finais...199 6

Prólogo Durante os últimos vinte anos a presenza de estranxeiros en España, e polo tanto tamén en Galicia, creceu enormemente. Este fenómeno leva asociada unha necesidade de comunicación entre os fornecedores de servizos públicos e os usuarios dos mesmos que non falan as linguas oficiais do Estado español. Ante esta nova situación, as universidades españolas comezaron, por unha banda, a ofrecer formación en Tradución e Interpretación nos Servizos Públicos (TISP) como parte dos seus programas de estudo, e por outra, a investigar este fenómeno desde a perspectiva da tradución e da interpretación. Na Universidade de Vigo introduciuse, no plano de estudos da Licenciatura de Tradución e Interpretación do 18 de agosto de 2001, unha materia denominada Interpretación nos servizos públicos que se imparte nas combinacións lingüísticas inglés-español, inglés-galego, francés-español e francés-galego. Neste volume preséntanse algúns dos traballos de investigación levados a cabo por un grupo de alumnas da Universidade de Vigo e por unha alumna galega do Máster Universitario Europeo en Comunicación Intercultural, Interpretación y Traducción en los Servicios Públicos da Universidade de Alcalá, baixo a dirección das profesoras Mª Isabel del Pozo Triviño e Elisa Gómez López. Trátase dunha serie de traballos cuxa finalidade foi analizar as características da tradución e a interpretación nos diferentes ámbitos dos servizos públicos e asistenciais e determinar, por un lado, as necesidades de tradución e interpretación nos servizos públicos galegos, e por outro, a resposta que están a dar en Galicia as administracións públicas. O primeiro capítulo, realizado por Mª Isabel del Pozo Triviño e Ana Lariño Ares, baixo o título de Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia, ofrece unha panorámica sobre a presenza de estranxeiros en España, e máis concretamente en Galicia, mediante a análise de datos numéricos e estatísticos. Esta panorámica sobre a situación da inmigración é unha boa introdución para realizar despois a análise das necesidades de tradución e interpretación nos diversos ámbitos dos servizos públicos e asistenciais da Comunidade Autónoma galega. O segundo capítulo é o máis extenso do libro. A súa autora, Ana Lariño Ares, presenta os resultados dun amplo estudo de campo realizado en todos os Tribunais de Primeira Instancia e Instrución galegos, así como nas catro Audiencias Provinciais e no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Os datos obtidos no traballo de campo son de gran valor, especialmente á hora de axudar ás administracións públicas galegas na 7

creación de políticas relacionadas coa provisión de servizos de tradución e interpretación no eido da Xustiza galega. A interpretación policial en Galicia é o tema do terceiro capítulo, realizado por Marta Estévez Grossi e Elisa Gómez López. As autoras fan unha revisión da lexislación vixente no tocante aos dereitos dos detidos e ao proceso de detención consonte á Constitución española e á Lei de axuizamento criminal. Así mesmo, describen as funcións correspondentes ás diferentes Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e describen as características principais do traballo de interpretación no ámbito policial. Finalmente presentan os resultados dun pequeno traballo de campo realizado nas comisarías da policía local e nacional da cidade de Vigo e do aeroporto de Peinador, que pretende botar algo de luz sobre a situación actual da tradución e a interpretación no eido policial en Galicia, e máis concretamente na cidade de Vigo. Como parte do estudo da tradución e a interpretación no ámbito legal, as autoras Lucía Fernández Cazás, Laura Linares Fernández e Alicia Vega Lamela realizan, no cuarto capítulo, un estudo sobre a situación da tradución e a interpretación nas notarías, comparando a figura do Notary Public no sistema anglosaxón e a figura do notario no sistema xurídico español. As autoras presentan, á súa vez, unha clasificación dos principais documentos notariais españois e galegos, e fan unha interesante comparativa cos principais documentos notariais británicos e americanos. Por último, amosan tamén os resultados dun traballo de campo levado a cabo nas notarías de Galicia. A situación da interpretación no sistema sanitario é o tema central do capítulo cinco. No seu traballo, Andrea Barreiro González céntrase nun eido no que a tradución e a interpretación resultan de vital importancia para que a comunicación entre o persoal sanitario e o paciente se produza sen ningún tipo de barreiras lingüísticas ou culturais. A autora fai unha revisión da lexislación sobre o dereito dos pacientes a unha sanidade de calidade, amosa as características da interpretación no eido sanitario e incide sobre a necesidade de formación para os intérpretes que levan a cabo o seu labor neste ámbito. Tamén se presentan neste capítulo as principais modalidades de interpretación que se empregan nos principais centros médicos a nivel mundial, incluíndo a interpretación telefónica e os soportes multimedia. Por último, a autora amosa os resultados dun traballo de campo realizado en centros médicos galegos. O último capítulo é obra de Diana Pereira Valverde, Sandra Rodríguez Reigosa e María Rodríguez Rodríguez. As autoras presentan as características da interpretación nas ONG. Trátase dun capítulo baseado en experiencias persoais, xa que dúas das autoras Diana Pereira Valverde e María Rodríguez Rodríguez traballan como intérpretes voluntarias nunha ONG galega. Neste traballo as autoras abordan algúns dos problemas aos que teñen que enfrontarse os intérpretes que traballan para ONG, e reflexionan 8

sobre as mellores prácticas neste eido e sobre a necesidade de creación dun código deontolóxico que sirva de guía para os intérpretes que traballan neste ámbito. A finalidade global do presente libro é presentar os primeiros pasos da investigación en tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais galegos onde esta modalidade de interpretación é algo novo. Agardamos que os traballos presentados aquí teñan, sobre todo, dous efectos: por un lado, abrir as portas a novas e máis amplas investigacións, e por outro, dar a coñecer ás administracións galegas a situación da tradución e interpretación nos principais ámbitos dos servizos públicos e asistenciais da comunidade, de modo que poidan servirse desta información para deseñar e mellorar as súas políticas de atención aos cidadáns. Mª Isabel del Pozo Triviño Elisa Gómez López 9

Capítulo 1 Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia Mª Isabel del Pozo Triviño Ana Lariño Ares Resumo Tras a instauración da democracia a finais dos anos 70, España comezou a recibir inmigrantes procedentes de diversos países estranxeiros que buscaban maiores oportunidades laborais e un ascenso social. Da mesma maneira, moitos dos españois que se estableceran no estranxeiro empezaron a regresar a un país no que se comezaban a recuperar as liberdades individuais. Ao igual que o resto de España, Galicia tamén experimentou estes fluxos migratorios pasando de ser unha comunidade claramente emigrante a acoller un gran número de inmigrantes. Este capítulo céntrase en analizar a historia e características da inmigración e o turismo co obxectivo de trazar as variacións rexistradas no mapa sociodemográfico e lingüístico de España e de Galicia. A elección da Comunidade Autónoma galega como obxecto do noso estudo vén motivada polo feito de ser esta unha das Comunidades Autónomas españolas que máis emigrantes enviou a outros países e que menos inmigrantes recibe. Co obxectivo de trazar o novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia realizouse unha análise dos movementos migratorios rexistrados nesta comunidade ao longo da historia, así como do turismo recibido. Das diferentes estatísticas e estudos realizados pódese tirar unha ampla lista de conclusións que permitirán definir mellor este novo mapa, de xeito que se poida axustar a formación de tradutores e intérpretes á nova demanda social e de xeito que as administracións poidan tomar as decisións correctas á hora de definir políticas lingüísticas en relación á inmigración. Abstract Palabras clave: inmigración, Galicia. Towards the end of the 1970s, when democracy had been established in Spain, the country experienced a migratory inflow of people from several foreign countries in search of better working conditions and social uplift. Many Spanish nationals living 11

Mª Isabel del Pozo Triviño ı Ana Lariño Ares abroad also returned home to a country where individual freedom was being reinstated. Galicia, just like the rest of Spain, experienced migratory flows wherein a notable change was observed, from a clearly emigrant status, to one that received a huge number of immigrants. This chapter analyses the history and characteristics of immigration and tourism with a view to outlining variations registered on the socio-demographic and linguistic map of Galicia and Spain. The Galician Autonomous Region has been selected for our study because it is one of the regions in Spain that sent out many emigrants in the past but which now receives fewer immigrants when compared to the rest of Spain. Migratory flows and number of incoming tourists in Galicia and Spain in time were analysed to plot the new socio-demographic and linguistic map. The several statistics and studies performed gave rise to a wide list of conclusions which enable us to better define this new map. This will contribute towards a) translator and interpreter training geared towards this new social demand and b) enabling administrations to make adequate decisions when defining linguistic policies for immigration. Keywords: immigration, Galicia. 1.1. Introdución Antes de analizar propiamente a situación da tradución e interpretación nos servizos públicos en Galicia é fundamental analizar a historia e características da inmigración e o turismo que rexistra esta Comunidade Autónoma e comparar estes datos cos rexistrados no resto do territorio nacional. A mellor maneira de entender o fenómeno migratorio que experimentou Galicia nos últimos anos será realizando unha análise dos movementos migratorios rexistrados nesta comunidade desde a época na que funcionaba como emisora de emigrantes a diferentes países do mundo ata a actualidade, na que se converteu nunha comunidade eminentemente receptora de inmigrantes. Tal e como sinalan Oso et alii (2007: 21-26), ao contrario do que sucede principalmente no resto do Estado español, a comunidade galega recibe maioritariamente inmigrantes dos países que tiveron relación coa emigración procedente da mesma. De feito, a maioría desta inmigración fórmana os propios emigrantes galegos que regresan aos seus lugares de orixe ou familiares destes que deciden trasladar a súa vida á terra dos seus antepasados, tivesen relación con ela anteriormente ou non. Como se analizará posteriormente, e tal e como detallan Oso et alii (2007: 81-86), os motivos desta inmigración serán múltiples e diversos e non só os económicos que facían que os nosos cidadáns abandonasen no pasado a súa terra de orixe. Os motivos desta chegada de inmigrantes, en moitos casos, en lugar de ser económicos son políticos 12

Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia e de procura dun maior benestar. De feito, a gran maioría dos emigrantes galegos abandonaban esta terra coa idea de facer fortuna e regresar. Isto queda patente na actitude da maioría destes cidadáns ao adquirir propiedades en Galicia que só gozarían nos meses de vacacións e nos anos de xubilación. Pola contra, a meirande parte da inmigración que recibe Galicia (sobre todo a procedente de América Latina) abandona o seu país de orixe coa intención de comezar unha nova vida nesta comunidade e de asentarse no noso país, co fin de proporcionar aos seus descendentes un futuro mellor, unha maior seguridade e un nivel de vida máis elevado. 1.2. Inmigración en España Desde a Idade Moderna, España converteuse nun dos principais países emisores de emigrantes. Os primeiros destinos destes emigrantes españois foron diferentes países de América Latina, entre os que cómpre destacar Venezuela, Uruguai, México, Cuba, Chile e Arxentina, países que naquel momento eran grandes potencias económicas a nivel mundial. Coa Guerra Civil e posterior ditadura acentuouse esta emigración cara América Latina, tendencia que continuou ata os anos 60, nos que, tras a construción dunha nova Europa, despois da II Guerra Mundial, os emigrantes españois decidiron cambiar de destinos e dirixirse cara países europeos máis próximos a súa terra natal como Francia, Alemaña, Suíza, Bélxica e o Reino Unido. Ata, aproximadamente, o ano 1973, miles de españois fuxían do noso país con destinos diversos na busca dun emprego digno e un salario superior ao que podían aspirar en España. Non obstante, no mencionado ano, e a causa da crise do petróleo, estas migracións españolas comezaron a diminuír e moitos dos que emigraran comezaron a retornar aos seus lugares de orixe debido ás maiores posibilidades de emprego e mellores condicións laborais que ofrecía España a finais da ditadura. Tras a instauración da democracia a finais dos 70, España comezou a recibir fluxos migratorios procedentes de diversos países estranxeiros que buscaban maiores oportunidades laborais e un ascenso social. Da mesma maneira, moitos dos habitantes que se estableceran no estranxeiro por diferentes motivos comezaron a regresar a un país no que se comezaban a recuperar as liberdades individuais. Outro dos factores que influíu enormemente no aumento da inmigración en España foi a súa entrada na Comisión Económica Europea no ano 1986. Esta entrada facilitou e facilita a circulación de cidadáns polos territorios dos diferentes Estados Membros e proporcionou certa estabilidade económica a un país moi castigado por unha Guerra Civil e unha posterior ditadura. A principios dos anos 90, España comezou a recibir os seus maiores fluxos migratorios ao tratarse xa dun país próspero no que florecían os postos de traballo e 13

Mª Isabel del Pozo Triviño ı Ana Lariño Ares estes eran remunerados cun salario digno e acorde coas condicións laborais. Cómpre destacar que, como xa sucedera coa reinstauración da democracia, neste momento moitos emigrantes españois regresaron ao seu país de orixe ao ter a posibilidade de atopar neste unha estabilidade económica e laboral. Desde o ano 2000, España presentou unha das maiores taxas de inmigración do mundo, potenciadas pola súa entrada no euro, o peso desta moeda e o seu atractivo para os cidadáns non comunitarios. Nos últimos anos, o noso país acolleu grandes fluxos de inmigrantes procedentes de países diversos e, de acordo cos datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), no ano 2009 o 12% da poboación española era de orixe estranxeira. Para observar claramente o incremento migratorio que sufriu España nos últimos anos, ofrécese a seguinte táboa na que se plasma a evolución no número de estranxeiros censados neste país desde o 1981 (o 0,52% da poboación) ata o 2010 (o 12,2%). Táboa nº 1. Número de estranxeiros censados en España nos últimos anos Ano Estranxeiros censados % do total da poboación 1981 198.042 0,52% 1986 241.971 0,63% 1991 360.655 0,91% 1996 542.314 1,37% 1998 637.085 1,60% 2000 923.879 2,28% 2001 1.370.657 3,33% 2002 2.977.946 4,73% 2003 2.664.168 6,24% 2004 3.034.326 7,02% 2005 3.730.610 8,46% 2006 4.144.166 9,27% 2007 4.519.554 9,99% 2008 5.220.600 11,3% 2009 5.598.691 12,0% 2010 5.708.940 12,2% Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1. Como se pode observar na táboa anterior e como xa se mencionou anteriormente, desde o ano 1981, coa consolidación da democracia e as maiores oportunidades de conseguir emprego e recibir un salario digno, a cifra de inmigrantes que chegan a este país foi aumentando progresivamente. A pesar deste aumento, pódese apreciar na táboa que o crecemento no número de persoas censadas descendeu drasticamente no 2010. Neste último ano o incremento de persoas estranxeiras censadas no noso país 1 Nótese que no momento no que se redactou este artigo os datos que posuía o INE en relación ao ano 2010 eran aínda datos provisionais. 14

Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia foi só do 0,2% mentres que na maioría dos anos anteriores este incremento superaba o 1%. Este descenso no incremento de estranxeiros censados en España débese, moi probablemente, á crise económica que afecta ao noso país e ás subvencións outorgadas polo goberno español para que os inmigrantes regresasen aos seus países de orixe. Cómpre tamén ter en conta que esta táboa recolle os datos dos estranxeiros censados en España, non os da totalidade de estranxeiros que chegan ao noso país debido á dificultade para coñecer a cantidade exacta de estranxeiros que poden residir en España en situación irregular e, polo tanto, con medo a ser expulsados no caso de censarse. Outra das características da inmigración en España é a súa diversidade no tocante a países de orixe. Non é de estrañar que se rexistre unha gran cantidade de inmigrantes latinoamericanos xa que, en primeiro lugar, os españois emigraron fundamentalmente a países de América Latina e, en segundo lugar, e quizais máis importante, a maioría destes inmigrantes escollen España como lugar para asentarse debido a que no noso país non atopan dificultades lingüísticas ou relixiosas, nin tampouco grandes barreiras culturais. No que respecta ás nacionalidades, pódese observar que, nos últimos anos, a maioría dos inmigrantes que chegan a España son de orixe romanés (debido á entrada de Romanía na Unión Europa no 2007 e, polo tanto, á libre circulación de cidadáns entre os países membros da Unión), marroquí (a causa da proximidade xeográfica existente entre as costas españolas e as de Marrocos) e ecuatoriana (xa que este tipo de inmigrantes non atopan grandes dificultades lingüísticas, culturais ou relixiosas á hora de asentarse e levar a cabo a súa vida cotiá en España). Na seguinte táboa amósanse as principais nacionalidades das que proceden os estranxeiros que chegan cada ano a este país e o incremento que se rexistrou dos mesmos nos últimos anos. Táboa nº 2. Número de estranxeiros censados en España por nacionalidade. Anos 2001, 2006 e 2009 País 2001 2006 2009 Romanía 31.641 407.159 796.576 Marrocos 233.415 563.012 710.401 Ecuador 139.022 461.310 413.715 Reino Unido 107.326 274.722 374.600 Colombia 87.209 265.141 292.971 Bolivia 6.619 139.802 227.145 Alemaña 99.217 150.490 190.584 Italia 34.689 115.791 174.912 Bulgaria 12.035 101.617 164.353 China 27.574 104.681 145.425 Arxentina 32.429 150.252 140.443 Portugal 47.064 80.635 140.424 15

Mª Isabel del Pozo Triviño ı Ana Lariño Ares Francia 51.582 90.021 120.246 República Dominicana 31.153 61.071 86.888 Polonia 13.469 45.797 84.823 Ucraína 10.318 69.893 81.132 Paraguai 928 28.587 80.467 Venezuela 16.549 51.261 60.751 Alxeria 18.265 47.079 51.145 Cuba 24.534 44.739 50.322 Uruguai 6.828 45.508 49.970 Países Baixos 23.146 39.484 49.222 Paquistán 8.274 42.138 46.649 Senegal 10.627 35.079 46.077 Chile 11.674 39.704 45.962 Rusia 10.047 39.904 43.615 Nixeria 7.598 31.588 36.943 Bélxica 19.869 29.526 33.827 Fonte: Elaboración propia. Datos obtidos do INE Cómpre destacar que, a pesar de que normalmente se asocia ao inmigrante cunha persoa de poucos recursos, que busca un maior nivel de vida no noso país, na táboa pódese observar que a cuarta nacionalidade máis presente en España é a británica. Isto débese a outro tipo de inmigración. Os británicos que se asentan en España son fundamentalmente xubilados que acoden ao noso país na procura dunha mellor calidade de vida para o seu retiro e tempo de ocio e un clima máis agradable que o do seu país de orixe. 1.3. Inmigración en Galicia Tras proporcionar unha breve visión sobre a inmigración en España, este apartado céntrase en describir as características da inmigración en Galicia. Considérase fundamental incluír este apartado dentro desta descrición ao ser inmigrantes a maioría dos estranxeiros que acoden aos servizos públicos galegos, a pesar de que tamén se pode tratar de turistas, estudantes estranxeiros ou persoas que se desprazan de xeito puntual a esta Comunidade Autónoma por razóns de traballo. Ao igual que sucede no resto de España, o volume de inmigración rexistrado en Galicia aumentou considerablemente nos últimos anos, como veremos nos próximos apartados. No tocante á emigración, dentro do marco nacional, Galicia é unha das Comunidades Autónomas españolas que máis emigrantes enviou ao estranxeiro xunto con Canarias e Andalucía. Como ben destacan Oso et alii (2007: 21-26), ao igual que 16

Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia sucedía coa emigración procedente de España, os fluxos de emigración procedentes de Galicia tiveron como destino primordial, nun primeiro momento, diferentes países de América Latina, principalmente, neste caso, Arxentina e Venezuela. De feito, rexistrouse tal cantidade de emigración de galegos nestes lugares que a poboación local aínda identifica como galegos a todas as persoas procedentes do Estado español, independentemente da Comunidade Autónoma da que proveñan. Nun segundo momento, ao igual tamén que a emigración do resto de España, a emigración galega mudará os seus destinos e optará por países europeos, reforzados despois da II Guerra Mundial, principalmente Reino Unido, Suíza e Francia. Outros dos lugares escollidos por estes emigrantes galegos nesa segunda etapa foron outras Comunidades Autónomas dentro de España nas que se rexistraban maiores ofertas de emprego e salarios superiores. Estes grandes fluxos migratorios procedentes de Galicia orixináronse debido a causas fundamentalmente económicas. Galicia é unha Comunidade Autónoma na que se vive principalmente do sector primario e terciario e na que escasea a industria. Polo tanto, en ningún momento da historia se crearon moitos postos de traballo nesta Comunidade. Ademais, os mecanismos de unión desta Comunidade co resto de España tampouco son moi avanzados, polo que queda bastante relegada e afastada da España industrial. Estas condicións ocasionaron unha gran fuga de cidadáns galegos que buscaban maiores ingresos para poder ofrecerlles un futuro mellor ás súas familias. As principais características desta emigración galega a América Latina eran a emigración fundamentalmente masculina e a ausencia de intención dos emigrantes de establecer a súa vida nos países aos que chegaban. Normalmente era o home o que emigraba e deixaba en Galicia a súa muller e os seus fillos, traballaba sen descanso e enviaba todo o diñeiro a Galicia para que a súa familia fose subsistindo e se administrase da mellor maneira posible. A pesar de que, nun principio, os emigrantes non abandonaban Galicia coa intención de establecer a súa vida no país de destino, en moitos casos isto acabou sucedendo debido, principalmente, ás unións matrimoniais entre emigrantes galegos e cidadáns do país de acollida. Posteriormente, xa sobre os anos 60-70, a emigración galega comezou a cambiar os seus países de destino. Como afirman Oso et alii (2007: 94-95), debido ás diversas crises producidas en América Latina, os cidadáns galegos decidiron escoller como destino países máis prósperos como Estados Unidos ou certos países europeos (como Suíza, Francia e Alemaña) que avanzaran de maneira notable despois da reconstrución europea que tivo lugar tras a II Guerra Mundial. Neste caso, a emigración galega xa non foi case exclusivamente masculina. Pola contra, os emigrantes galegos que decidiron buscar fortuna en Europa adoitaban emigrar coa súa esposa e mesmo algúns cos seus fillos, aínda que o caso máis habitual seguía a ser deixar aos fillos con algún familiar en Galicia, xa que, ao igual que sucedía anteriormente, a maioría dos emigrantes 17

Mª Isabel del Pozo Triviño ı Ana Lariño Ares abandonaban Galicia coa intención de regresar unha vez que os seus ingresos fosen os suficientes para establecer unha vida folgada na súa terra. Tanto a emigración galega a países de América Latina como a que se realizou a países prósperos de Europa influíu enormemente na inmigración que se rexistra actualmente nesta Comunidade. En primeiro lugar, moitos dos emigrantes que se viron obrigados a abandonar o seu fogar en busca de maiores posibilidades de obter ingresos, regresan na actualidade a Galicia, como xa tiñan planeado, en busca dun maior nivel de vida e para gozar do diñeiro aforrado na terra da que tanta morriña tiveron durante eses anos. As crises latinoamericanas de principios do século XXI inverteron os papeis e fixeron que moitos cidadáns latinoamericanos, descendentes ou non de galegos, acudan a Galicia en busca do nivel de vida do que xa non gozan nos seus países de orixe. En relación a isto, é importante mencionar un dato relevante que recollen Oso et alii (2007: 26-29) e é que non só se consideran inmigrantes as persoas que posúan nacionalidade estranxeira, senón tamén os españois que naceron noutro país. Inmigrante é tanto a persoa que se despraza dun lugar a outro como a persoa que non posúe a nacionalidade do país no que se estableceu, polo tanto, nesta liña, os descendentes de emigrantes galegos serán considerados inmigrantes procedentes doutros países no momento da súa chegada a Galicia a pesar de que algúns poidan posuír nacionalidade española. Ao igual que no resto de España, a cifra de inmigrantes censados na nosa comunidade aumentou considerablemente nos últimos anos. Non obstante, tal e como reflicten Oso et alii (2007: 23), a inmigración en Galicia amosa unha grande complexidade e difire en gran medida da do resto de España, como se explicará nos parágrafos que seguen. Entre o 1998 e o 2000 a maioría dos inmigrantes rexistrados en Galicia procedían doutras Comunidades Autónomas do territorio español, a diferenza da inmigración rexistrada na maioría das restantes Comunidades Autónomas españolas, que constaba principalmente de marroquís, ecuatorianos e británicos. Esta particularidade que se rexistra en Galicia débese a que a maioría da inmigración que se recibía nesa época estaba constituída polos propios emigrantes que saíran de Galicia en épocas anteriores, os seus descendentes ou persoas vinculadas a eles que buscaban en Galicia as raíces do seu pasado. No tocante á inmigración procedente do estranxeiro ata o 2003, a maioría da poboación inmigrante rexistrada en Galicia procedía de Europa, principalmente de Portugal, debido á gran proximidade xeográfica de Galicia con este país, ademais dos emigrantes retornados e familiares dos mesmos. Non obstante, a partir deste ano rexistrouse un descenso da inmigración europea que foi cedendo o paso á procedente de América Latina, formada tamén por unha maioría de descendentes de galegos, ou 18

Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia con algún vínculo cos mesmos, que fuxían da miseria e corrupción na que se vían sumidos os seus países de orixe. Polo que respecta á inmigración africana, Oso et alii (2007: 23) sinalan que, ao contrario do que sucede no resto de España, Galicia recibe un baixo índice de poboación africana. Isto pode deberse a que a inmigración procedente de África entra normalmente polas costas do sur de España, co cal adoitan asentarse noutras cidades antes de chegar a esta Comunidade Autónoma. Tamén é destacable o baixo índice de inmigración procedente de Europa do Leste en comparación co resto do territorio nacional, o que pode deberse a que, ademais de non ser unha Comunidade moi industrializada e con grandes posibilidades de emprego, se afasta xeograficamente dos principais puntos de entrada destes inmigrantes. Como se pode observar, os fluxos migratorios que recibe Galicia distan moito dos do resto do territorio nacional. A continuación preséntanse os cinco tipos de inmigrantes que segundo Oso et alli (2007: 26-29) residen na nosa comunidade: Os inmigrantes retornados. Aqueles que naceron en Galicia e emigraron a Europa ou América Latina. Teñen nacionalidade española. Os descendentes dependentes. Fillos de emigrantes retornados que naceron no estranxeiro pero teñen nacionalidade española e que dependen economicamente dos seus pais ou outros familiares. Acoden a Galicia arrastrados polo retorno dos familiares dos que dependen. Os descendentes autónomos. Fillos de emigrantes galegos nacidos no estranxeiro pero con nacionalidade española. Deciden emigrar a Galicia polos lazos familiares que os unen a esta Comunidade pero non acoden no marco dunha migración familiar. A inmigración por lazos con Galicia. Inmigrantes que non descenden de galegos nin teñen nacionalidade española pero que viviron en relación con esta Comunidade probablemente polo gran número de emigrantes galegos existentes nos ambientes nos que se movían. A inmigración sen lazos con Galicia. Inmigrantes que non descenden de galegos nin posúen a nacionalidade española no momento da súa chegada. Non tiñan ningún contacto con Galicia antes de chegar a esta Comunidade. Ademais destes cinco grupos, tamén se observa en Galicia o que Oso et alii (2007: 28) denominan inmigración fronteiriza. Este tipo de inmigración inclúe os fluxos migratorios procedentes de Portugal dada a proximidade xeográfica deste país coa Comunidade Autónoma galega. As tres primeiras categorías de inmigrantes que se describen son as que achegan máis poboación a Galicia. Ademais, estas tres categorías son os grupos de inmigrantes 19

Mª Isabel del Pozo Triviño ı Ana Lariño Ares que gozan de máis beneficios ao contar con nacionalidade española e ter completo coñecemento, entre outras cousas, da cultura. A razón de escoller Galicia no lugar doutras Comunidades, segundo explican Oso et alii (2007: 87), pode deberse a diferentes factores. O principal, como xa se viu, son os lazos familiares que manteñen a maioría dos inmigrantes con esta Comunidade ou o coñecemento de persoas vinculadas á mesma, pero, ademais destes, tamén existen outros factores decisivos que fan que os inmigrantes se decanten por Galicia en lugar de por outras zonas do territorio español. En moitas ocasións, segundo Oso et alii (2007: 90-93), os inmigrantes acceden a Galicia porque coñecen a alguén que se asentou nesta Comunidade e que funciona de ponte para a inmigración. Os pioneiros desta inmigración normalmente optaron por esta Comunidade porque se lles ofrecía emprego na mesma e son eles os encargados de buscar emprego ou facilitarlles as condicións ás persoas que acceden a esta por medio deles. É importante destacar que en Galicia, a diferenza do resto de España, non se rexistra un alto número de inmigrantes introducidos na Comunidade por diferentes tipos de mafias, é dicir, si que existe inmigración por mafias (caso da prostitución) pero esta non é tan significativa como no resto do territorio español. Outro dos factores que inflúen á hora de escoller Galicia como destino é a reagrupación familiar. As persoas con lazos familiares con esta Comunidade non teñen problemas, xa que posúen a nacionalidade española, mentres que os estranxeiros si que atopan grandes dificultades para reagrupar ás súas familias. Ademais, ao contrario do que sucedía coa emigración galega, os inmigrantes que chegan á nosa comunidade non veñen coa idea de aforrar o máximo posible para retornar algún día aos seus países de orixe, senón que na maioría dos casos as súas ideas son totalmente opostas. Estes inmigrantes acoden a Galicia non tanto por cuestións económicas senón para fuxir da inseguridade existente nos seus países ou para conseguir un maior estado de benestar para a súa familia e, polo tanto, o que pretenden é asentarse en Galicia e construír un futuro mellor nesta nova terra que, na maioría dos casos, foi a de orixe dos seus devanceiros. Segundo as enquisas realizadas polo grupo de Oso et alii (2007: 110-111) os inmigrantes mellor percibidos en Galicia son os arxentinos e os uruguaios ao ser estes países os destinos favoritos da emigración que se produciu desde Galicia e, os menos aceptados, os colombianos, marroquís e romaneses, ao ser relacionados pola poboación con mafias, drogas, prostitución, corrupción e violencia. Ademais, ao contrario do que sucedía cos galegos que emigraron, moitos dos inmigrantes que chegan á nosa comunidade posúen un nivel educativo alto. De feito, moitos destes inmigrantes contan con estudos superiores ou mesmo posgraos. Non 20

Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia obstante, a homologación dos títulos resulta difícil en España e as ofertas de emprego ás que poderán acceder serán, en ocasións, moi distantes do seu perfil académico, xa que a maioría das ofertas nas que se require a estes inmigrantes proceden da hostalaría, o servizo doméstico e a construción. 1.3.1. Análise dos datos sobre a inmigración en Galicia De acordo cos datos do INE, a poboación en Galicia, a data de xaneiro de 2009, era de 2.796.089 habitantes dos cales 209.998 eran inmigrantes, ben estranxeiros ou ben españois nacidos no estranxeiro. Desta cifra de inmigrantes, 106.129 censáronse na nosa Comunidade Autónoma, o que fai que a cifra de inmigrantes censados nesta comunidade supoña o 3,77% da poboación galega. Esta cifra é bastante significativa, a pesar de que, como xa se indicou anteriormente, se afasta considerablemente do 12,02% que rexistra a totalidade do Estado español. Tamén é significativo destacar que se estima que aproximadamente 25.000 inmigrantes se atopan vivindo en Galicia en situación irregular. Na seguinte táboa plásmase a evolución na cifra de inmigrantes rexistrada en Galicia desde o ano 1999 ao ano 2010. Táboa nº 3. Evolución da poboación inmigrante en Galicia Ano Número de estranxeiros en Galicia 1999 93.678 2000 101.980 2001 111.291 2002 123.340 2003 139.130 2004 146.858 2005 160.267 2006 168.397 2007 178.481 2008 196.082 2009 209.998 2010 214.238 Fonte: Elaboración propia. Datos procedentes do INE Como se pode observar, a cantidade de inmigrantes rexistrados en Galicia experimentou un aumento considerable nos últimos 10 anos. É significativo que esta cifra pasara dos 93.678 inmigrantes no 1999 aos 214.238 do 2010 2 e que durante os últimos 10 anos non deixara de crecer en ningún momento, a pesar da crise económica 2 Cómpre salientar que no momento no que se redactou este artigo, os datos rexistrados no INE relativos ao 2010 eran aínda provisionais. 21

Mª Isabel del Pozo Triviño ı Ana Lariño Ares na que se atopa España na actualidade. Os motivos deste aumento xa se explicaron anteriormente ao falar da historia da inmigración nesta Comunidade Autónoma. Como xa se mencionou en parágrafos anteriores, unha gran parte, por non dicir a maioría, dos inmigrantes que acceden a Galicia posúen nacionalidade española con anterioridade ao seu traslado a esta Comunidade por ser descendentes de cidadáns españois que emigraron a un país estranxeiro ou ser os propios cidadáns españois que emigraron a outro país e agora regresan ao seu país de orixe. Polo tanto, co fin de obter resultados fiables dos inmigrantes que acceden a Galicia, na seguinte táboa valoraranse as cifras de inmigrantes segundo o país no que nacesen e non de acordo coa nacionalidade. Pódese observar na seguinte táboa a evolución dos inmigrantes que chegan a Galicia segundo o seu país de nacemento. Cabe mencionar neste punto que só se amosan as cifras dos países de orixe que achegan máis inmigrantes a Galicia e non de todos os inmigrantes que chegan a esta Comunidade. Táboa nº 4. Evolución da poboación inmigrante en galicia por principais países de nacemento País de nacemento 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 Portugal 13.718 14.600 15.298 16.085 16.594 15.834 16.942 18.348 20.416 23.249 25.114 Venezuela 11.477 12.401 13.227 14.095 15.437 17.253 18.492 18.918 19.435 20.407 20.864 Brasil 4.249 4.072 5.193 5.739 6.413 7.144 8.918 10.926 12.897 15.428 17.029 Arxentina 6.771 7.237 8.119 10.339 15.288 16.661 17.511 16.952 16.490 16.576 16.790 Colombia 4.313 7.416 8.869 8.568 9.149 9.066 9.287 10.077 11.244 Uruguai 3.936 4.667 6.325 8.204 9.612 9.932 10.126 10.701 10.939 Francia 7.928 8.242 8.396 8.566 8.784 8.778 9.088 9.303 9.535 9.882 10.105 Alemaña 7.681 8.139 8.280 8.435 8.563 8.567 8.754 8.955 9.125 9.354 9.516 Cuba 4.809 5.171 5.489 5.658 5.886 5.838 6.074 6.104 6.207 6.482 6.822 Reino Unido 4.443 4.634 4.800 4.950 5.131 5.201 5.379 5.608 5.813 6.070 6.239 Marrocos 1.588 1.873 2.378 2.752 3.095 3.403 4.034 4.364 4.587 5.211 6.271 Fonte: Elaboración propia. Datos procedentes do Instituto Galego de Estatística, IGE Como se pode apreciar na táboa, a maioría dos inmigrantes que recibe Galicia na actualidade proveñen de Portugal, Venezuela, Brasil e Arxentina. Pódese observar tamén que a cantidade de inmigrantes procedentes de Portugal sufriu un descenso no 2004, pero se recuperou rapidamente no 2005. Tamén se aprecia un aumento meteórico do número de inmigrantes procedentes de Colombia e Uruguai desde o 2001 ata a actualidade. Como tamén se pode observar na táboa, o número de marroquís que se rexistra en Galicia é moi baixo e a cifra de romaneses non é significativa, nin sequera para ser incluída na táboa. Na seguinte táboa recóllense os datos relativos á cifra de inmigrantes que recibe Galicia por provincias. 22

Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia Táboa nº 5. Evolución da cifra de inmigrantes por provincias Ano A Coruña Lugo Ourense Pontevedra 2002 44.918 10.743 24.931 42.748 2003 51.531 11.880 26.276 49.443 2004 54.908 12.317 26.861 52.772 2005 60.090 13.735 28.335 58.107 2006 63.236 15.006 29.591 60.564 2007 67.418 16.209 30.080 64.774 2008 74.843 18.964 31.942 70.333 2009 80.494 21.102 33.770 74.632 Fonte: Elaboración propia. Datos procedentes do IGE Desta táboa pódense tirar as seguintes conclusións: as provincias que recibiron e seguen a recibir, con moita diferenza, un maior número de inmigrantes son A Coruña e Pontevedra, o que se debe en gran medida a que son as dúas provincias galegas nas que existe máis industria e, polo tanto, máis ofertas de emprego. Como é de supoñer, e tal e como se pode comprobar nos datos do IGE, os municipios nos que se sitúan os inmigrantes son os de maior volume de poboación e nos que existe unha gama máis ampla de ofertas de emprego, é dicir, por esta orde, Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra. Tamén é destacable a localización dos marroquís en municipios vinculados coa venda ambulante e a dos portugueses en municipios fronteirizos das provincias de Ourense e Pontevedra. A continuación recóllense diferentes táboas que amosan a localización dos inmigrantes por países de nacemento nas diferentes provincias galegas. Ao igual que a que se realizou anteriormente, a táboa elaborouse tendo en conta unicamente os países de orixe que ofrecen máis inmigrantes a cada provincia e omitindo totalmente os países menos representados en cada unha delas. Táboa nº 6. Evolución da poboación inmigrante na provincia da Coruña por principais países de nacemento País de nacemento 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 Venezuela 5.346 5.919 6.630 7.160 7.415 7.669 8.082 8.363 Arxentina 4.293 6.426 7.051 7.368 7.326 7.084 7.104 7.150 Brasil 1.911 2.171 2.358 2.943 3.581 4.426 5.525 6.239 Uruguai 2.348 3.118 3.962 4.526 4.642 4.729 5.077 5.242 Colombia 2.785 3.266 3.177 3.363 3.448 3.701 3.975 4.456 Reino Unido 3.643 3.747 3.810 3.912 4.013 4.130 4.243 4.343 Portugal 1.797 1.947 1.837 2.054 2.287 2.800 3.681 4.132 Francia 2.561 2.651 2.661 2.770 2.822 2.893 3.025 3.101 Cuba 2.117 2.213 2.237 2.329 2.368 2.428 2.586 2.783 Alemaña 2.225 2.282 2.283 2.373 2.441 2.528 2.683 2.745 Fonte: Elaboración propia. Datos obtidos do IGE 23

Mª Isabel del Pozo Triviño ı Ana Lariño Ares Como se pode apreciar na táboa, a maioría dos inmigrantes que se asentan na provincia da Coruña proceden de países de América Latina. Os países de orixe dos principais inmigrantes que chegan a esta provincia son Venezuela e Arxentina. Como xa se mencionou, estes países coinciden cos países que recibiron maior número de emigrantes procedentes de Galicia polo que, moi probablemente, estes inmigrantes que recibe A Coruña estean relacionados coa emigración galega a América Latina. Son tamén destacables as cifras tan baixas de inmigrantes procedentes de Portugal se as comparamos coas obtidas en provincias como Ourense ou Pontevedra, a pesar de que, como se pode apreciar na táboa, estas cifras aumentaron considerablemente nos últimos anos. Tamén é significativo o incremento, a pasos axigantados, na recepción de inmigrantes procedentes de Brasil. Táboa nº 7. Evolución da poboación inmigrante na provincia de Lugo por principais países de nacemento País de nacemento 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 Portugal 1.526 1.524 1.397 1.518 1.658 1.877 2.193 2.402 Colombia 823 1.072 1.088 1.169 1.243 1.264 1.459 1.716 Brasil 264 297 397 611 891 1.073 1.347 1.498 Romanía 16 36 89 198 290 460 1.115 1.427 Cuba 1.322 1.330 1.307 1.310 1.303 1.296 1.334 1.353 Arxentina 894 1.184 1.287 1.330 1.282 1.265 1.295 1.315 Rep. Dominicana 372 467 522 653 726 848 1.100 1.308 Marrocos 287 354 401 548 648 783 981 1.286 Venezuela 791 867 956 1.026 1.095 1.094 1.138 1.156 Francia 910 924 906 926 952 957 964 979 Fonte: Elaboración propia. Datos obtidos do IGE Pódese observar que a situación na provincia de Lugo é moi diferente á rexistrada na provincia da Coruña. Ademais de recibir un volume de inmigrantes considerablemente inferior, a maior parte da poboación inmigrante que se rexistra na provincia de Lugo provén de Portugal, Colombia, Brasil e Romanía. É curioso que sexan os portugueses os que ocupan o primeiro posto xa que a provincia de Lugo, ao igual que a provincia da Coruña, non linda xeograficamente con Portugal. Non obstante, o máis significativo que se pode apreciar na táboa é o incremento que sufriu o volume de poboación procedente de Romanía do 2005 en adiante, pasando de rexistrar 16 inmigrantes procedentes deste país no 2002 aos 1.427 do 2009. Este incremento probablemente se deba ás modificacións que comezou a realizar este país, xunto con Bulgaria para introducirse na Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007. De feito, pódese observar claramente que, aínda que se produciu un aumento significativo da presenza destes cidadáns en Europa desde o 2005, no 2008 o incremento foi de case o triplo, unha vez que este país xa se incluía dentro da Unión Europea e, polo tanto, os seus cidadáns gozaban de libre circulación entre os Estados Membros. Outro dato curioso que se pode deducir desta 24

Novo mapa sociodemográfico e lingüístico de España e Galicia táboa é que nela os países aos que se dirixía a emigración procedente de Galicia non son os países que máis emigrantes envían a esta provincia, ao contrario do que sucedía no caso da provincia da Coruña. Táboa nº 8. Evolución da poboación inmigrante na provincia de Ourense por principais países de nacemento País de nacemento 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 Portugal 5.917 5.912 5.802 6.085 6.444 6.902 7.525 8.019 Venezuela 2.965 3.191 3.488 3.711 3.786 3.736 3.921 4.030 Alemaña 2.608 2.615 1.609 2.633 2.658 2.670 2.653 2.691 Brasil 696 801 955 1.211 1.535 1.641 1.868 2.075 Francia 1.745 1.738 1.732 1.804 1.826 1.863 1.892 1.940 Arxentina 1.013 1.396 1.505 1.552 1.536 1.405 1.388 1.437 Colombia 1.149 1.274 1.150 1.182 1.213 1.084 1.177 1.314 Cuba 1.008 1.025 969 1.029 1.029 993 982 1.007 Romanía 23 43 111 237 354 445 696 879 Rep.Dominicana 398 403 411 441 484 523 617 756 Fonte: Elaboración propia. Datos obtidos do IGE Na provincia de Ourense pódese observar que os países dos que proveñen máis inmigrantes son Portugal, Venezuela, Alemaña e Brasil. Non obstante, Portugal rexistra un número moi superior ao do resto dos países debido á proximidade xeográfica entre o país luso e esta provincia galega. Os países que seguen inmediatamente a Portugal son os que recibiron emigración procedente de Galicia (Venezuela, Alemaña, Brasil, Francia e Arxentina). Outro dato que cómpre salientar desta táboa é o incremento sufrido pola emigración procedente de Romanía, que, ao igual que sucedía na provincia de Lugo, aínda que a menor escala, incrementou as súas cifras vertixinosamente nos últimos anos, en especial a partir da entrada deste país do Leste na Unión Europea. Táboa nº 9. Evolución da poboación inmigrante na provincia de Pontevedra por principais países de nacemento País de nacemento 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 Portugal 6.845 7.211 6.798 7.285 7.959 8.837 9.850 10.561 Venezuela 4.993 5.460 6.179 6.595 6.622 6.936 7.266 7.315 Brasil 2.868 3.144 3.434 4.153 4.919 5.757 6.688 7.217 Arxentina 4.139 6.282 6.818 7.261 6.808 6.736 6.789 6.888 Uruguai 1.990 2.747 3.679 4.384 4.520 4.609 4.809 4.859 Francia 3.350 3.471 3.479 3.588 3.703 3.822 4.001 4.085 Colombia 2.659 3.257 3.153 3.435 3.162 3.238 3.466 3.758 Alemaña 3.234 3.295 3.305 3.365 3.468 3.543 3.606 3.664 Marrocos 1.008 1.162 1.394 1.674 1.819 1.829 1.962 2.273 Romanía 114 306 455 675 825 1.057 1.725 2.133 Fonte: Elaboración propia. Datos obtidos do IGE Na provincia de Pontevedra, como se podería prever, a maior cantidade de inmigrantes proveñen de Portugal, seguidos directamente de Venezuela, Brasil, 25

Mª Isabel del Pozo Triviño ı Ana Lariño Ares Arxentina e Uruguai. Polo tanto, pódese apreciar a proximidade xeográfica que provoca que os portugueses accedan a esta Comunidade e tamén os rastros da antiga emigración galega a diferentes países de América Latina. Non obstante, ao contrario do que sucedía no resto das provincias, a evolución da poboación inmigrante en Pontevedra por principais países de orixe aseméllase máis á do resto de España, xa que entre os dez principais países de procedencia da inmigración que chega a Pontevedra inclúense Marrocos e Romanía. Con respecto aos marroquís non son un colectivo moi significativo nesta provincia pero a súa presenza foi aumentando progresivamente nos últimos anos. No tocante aos romaneses, cabe dicir o mesmo que se mencionara para o resto das provincias, e é que, tal e como se pode observar na táboa, o volume de cidadáns procedentes deste país incrementouse vertixinosamente nos últimos anos. 1.3.2. Turistas e outros estranxeiros A pesar de que os inmigrantes son o número de estranxeiros máis significativo e, moi probablemente, os que máis necesiten tradución e interpretación nos servizos públicos simplemente polo feito de ser residentes permanentes, tamén se considera interesante para este estudo facer unha breve mención a outros estranxeiros que acoden ao noso país por outra clase de motivos e que tamén se poden atopar con problemas de comunicación, como poden ser os turistas, os estudantes estranxeiros, as persoas que visitan o noso país por razóns de negocios, etc. Este apartado céntrase principalmente no turismo por ser, tras a inmigración, o fenómeno que máis estranxeiros con descoñecemento da lingua achega, xa que, moi probablemente, os estudantes estranxeiros xa posúen coñecementos lingüísticos antes de chegar a Galicia e o volume de persoas que visitan Galicia por negocios non resulta significativo se o comparamos coas cifras de persoas que visitan a nosa Comunidade Autónoma por razóns de ocio. España é un dos países máis turísticos do mundo debido, principalmente, ás súas excelentes condicións meteorolóxicas e á súa gran extensión de zonas de costa. Outro dos grandes atractivos turísticos dos que goza España é a súa gastronomía variada e natural e que, ata un pasado recente, o nivel de vida e os prezos neste país eran moi inferiores aos da maioría de países desenvolvidos do mundo. A pesar de que nos últimos anos a cantidade de turistas que visitan España resentiuse debido á crise económica que afecta á práctica totalidade dos países do mundo, segundo datos do INE, o noso país recibiu no 2009 ao redor de 52 millóns de turistas estranxeiros dos cales a maioría son de nacionalidade británica, seguidos moi de cerca por alemáns e franceses, é dicir, ningún deles de fala hispana. Vendo estas cifras, resulta bastante obvio que os turistas que acoden ao noso país buscan algo que no seu non teñen: temperaturas altas e praias onde gozar delas. 26