Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

Similar documents
Ordenanzas fiscais Páxina 1

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Síntesis da programación didáctica

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

ORDENANZA FISCAL Nº II.2 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA PO- TABLE A DOMICILIO. ****************** NATUREZA E FUNDAMENTO NORMAS DE XESTIÓN

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO. 2. Será obxecto deste tributo:

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

Sede Electrónica Concello de Cangas

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

TAXA POLA APERTURA E VERIFICACIÓN DE ESTABLECEMENTOS

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

Silencio! Estase a calcular

Consellería de Sanidade

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Expediente: 5193/2017

Concello de Castroverde

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

A RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA NAS LEIS 39/2015 E 40/2015. ASPECTOS SUBSTANTIVOS

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Regulamento do cemiterio municipal do Barco de Valdeorras

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

administración cidadanía. administración cidadanía. administración cidadanía. Revista da Escola Galega de Administración Pública.

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

5451 LEI 3/2003, do 14 de marzo, sobre a orde

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Información precontractual Cuenta Corriente Triodos Pag. 2

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

SESIÓN ORDINARIA DO Pleno DA CORPORACIÓN do 27 de xullo de 2017 ACTA Nº 10/2017

Facultade de Fisioterapia

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

ARTIGO 1º. NATUREZA, OBXECTO E FUNDAMENTO. ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE REALIZADA POLO CONCELLO PLENO EN DATA 20 DE FEBREIRO DE 2013

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Transcription:

Regulamento do Tribunal Económico-Administrativo Capítulo primeiro: Disposicións xerais Artigo 1.- Obxecto 1. Constitúe o obxecto do presente regulamento, regular o réxime xurídico de aplicación á tramitación e resolución das reclamacións económicoadministrativas interpostas contra os actos de xestión, inspección, recadación de tributos de competencia municipal e demais ingresos de dereito público do Concello de Ourense e os seus organismos autónomos dependentes, que se acomodarán ó establecido no presente regulamento, de acordo, en todo caso, co establecido na Lei xeral tributaria e na normativa estatal reguladora das reclamacións económico-administrativas, sen prexuízo das adaptacións que sexa preciso realizar en consideración ó ámbito de actuación e funcionamento do órgano de resolución das mesmas. 2. O disposto no apartado anterior enténdese así mesmo, sen prexuízo dos procedementos especiais de revisión, regulados no capítulo II do título V da Lei xeral tributaria, así como do recurso de reposición regulado no artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 14 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3. Quedan fóra do ámbito do presente regulamento, as reclamacións e recursos económico- administrativos promovidos contra os actos de xestión dos tributos locais cando non fosen ditados polo Concello de Ourense, nos que se seguirá a normativa xeral. Artigo 2.- Tribunal Económico Administrativo Municipal 1. O órgano especializado para o coñecemento e resolución das reclamacións económico- administrativas denominarase Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense. 2. O tribunal ó que se refire o apartado anterior, quedará adscrito á Alcaldía Presidencia, e actuará baixo os criterios de independencia técnica, celeridade e gratuidade. Capítulo segundo: da súa composición e funcións Artigo 3.- Competencias Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións: a) O coñecemento e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, liquidación, recadación e inspección de tributos e ingresos de dereito público, que sexan de competencia municipal. b) O ditame sobre os proxectos de ordenanzas fiscais. Este ditame deberá ser emitido nun prazo máximo de dez días e con carácter previo á elevación do proxecto á Xunta de Goberno Local. c) A elaboración de estudos e propostas nesta materia, para o suposto de ser requiridos polos órganos municipais competentes en materia tributaria. Artigo 4.- Composición 1

1. O Tribunal Económico-Administrativo estará formado por un número impar de membros, e integrado, ó menos, polo presidente e dos vocais, un dos cales actuará, ó mesmo tempo, como secretario do órgano, todos eles con voz e voto. 2. O presidente e os vocais serán nomeados e separados polo Pleno, co voto favorable da maioría absoluta dos membros que legalmente o integren e a proposta do Alcalde, de entre persoas, con titulación superior universitaria e recoñecida competencia técnica en materia económica, xurídica ou financeira, valorándose especialmente, a súa condición de funcionario con habilitación de carácter nacional e a súa experiencia no ámbito da facenda municipal. 3. O pleno nomeará un membro máis co carácter de substituto, cos mesmos requisitos que para os membros titulares, que entrará en funcións, a requirimento do presidente ou de quen o substitúa, nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal dos membros titulares e que cesará automáticamente cando desapareza a causa que motivou a substitución. 4. Os membros do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense poderán ter dedicación plena ou parcial, segundo o determine o Pleno do Concello de Ourense no seu nomeamento. 5. No suposto de dedicación plena, percibirán as retribucións correspondentes o seu posto de traballo previstas na Relación de Postos de Traballo do Concello de Ourense. 6. No suposto de dedicación a tempo parcial, poderán manter a súa adscrición ó organismo ou departamento de orixe, sempre que a natureza das súas funcións non sexa incompatible co seu deber de imparcialidade e obxectividade, percibindo únicamente as indemnizacións que por asistencia a órganos colexiados se establezan nas bases de execución do presuposto. 7. A designación para o cargo de membro do Tribunal Económico-Administrativo será de catro años prorrogables por idénticos períodos de tempo. 8. O cese dos membros do Tribunal poderá producirse por algunha das seguintes causas: a) A petición propia b) Cando o acorde o Pleno coa mesma maioría que para o seu nomeamento. c) Cando sexan condenados mediante sentencia firme por delito doloso. d) Cando sexan sancionados mediante resolución firme pola comisión dunha falta disciplinaria moi grave ou grave. e) Por finalizar o prazo para o que foron designados se non se renova o seu nomeamento. 9. Soamente o Pleno poderá acordar a incoación e a resolución do correspondente expediente disciplinario, que se rexerá, en tódolos seus aspectos, pola normativa aplicable en materia de réxime disciplinario ós funcionarios do Concello. Capítulo terceiro: do funcionamento Artigo 5.- Organización 2

1. O Tribunal funcionará en Pleno ou de forma unipersoal. 2. O Pleno estará formado polo presidente, o vocal ou vocais e o vocal que actúe de secretario, todos eles con voz e voto, sendo necesario para a súa válida constitución a efectos de celebración de sesións, deliberacións e adopción de acordos, de ó menos tres membros. No caso de ausencia ou vacante do Presidente será substituído polo vocal que actúe de secretario e no seu caso de ausencia ou vacante deste último, será substituído polo outro vocal. 3. O Tribunal decidirá o réxime da súas sesións, pudendo actuar con carácter unipersoal, a través de calquera dos seus membros, nos casos previstos na Lei xeral tributaria e no presente regulamento 4. Para o desenvolvemento das súas funcións, tódolos órganos de goberno e persoal ó servizo do Concello de Ourense, estarán obrigados a prestar apoio ás tarefas administrativas e de asistencia ó Tribunal, cando este así o requira. 5. De modo particular, o tribunal poderá así mesmo solicitar informe ó órgano que ditou o acto impugnado, ó obxecto de aclarar as cuestións que precise. Do informe deberá dar traslado ó reclamante para que poda presentar alegacións ó mesmo. Artigo 6.- Do Presidente Corresponderá ó Presidente: a) Convocar e presidir as sesións do tribunal, asegurando o cumprimento das leis, a regularidade das deliberacións e a xefatura superior de todo o persoal adscrito ó tribunal, decidindo os empates con voto de calidade. b) Fixación da orde do día. c) Acordar a distribución entre os vocais dos expedientes para a redacción dos relatorios, sen prexuízo de redactar os relatorios que lle correspondan. d) Autorizar as comunicacións con outros órganos. e) Convocar ás sesións a funcionarios que non ostenten a condición de vocais, a fin de que informen sobre os extremos que se estimen convenientes. Artigo 7.- Do Secretario Corresponderá ó Secretario: a) Recibir os escritos que inicien as reclamacións económico-administrativas e reclamar os expedientes o que os mesmos se refiren dos órganos e dependencias nas que se haxan. b) Poñer de manifesto ditos expedientes ós reclamantes para que formulen os escritos de alegacións, contribución e proposición de probas. c) Acordar ou denegar a práctica de probas. d) Remitir ó vocal o expediente ou as actuacións ó obxecto de que se redacte o correspondente relatorio, practicar as citacións para as reunións do tribunal, previa convocatoria do seu presidente e facer chegar a este e ó vocal o índice e os relatorios dos asuntos que haxan de examinarse en cada sesión. 3

e) Dar conta nas sesións que se celebren dos asuntos sometidos a coñecemento do Tribunal. f) Redactar, copiar e cursar tódalas comunicacións e ordes que acorde o Tribunal. g) Notificar as resolucións ós interesados que compareceron nas reclamacións así como dar traslado das mesmas ós departamentos interesados no expediente, incorporando unha copia da resolución adoptada. h) Vixiar o cumprimento dos fallos, adoptando ou propoñendo ó Presidente, segundo proceda, as medidas pertinentes para remover os obstáculos que se opoñan á execución. i) Propoñer ó Presidente as providencias que, no seu caso, haxan de ditarse no expediente, tanto polo mesmo, como polo órgano económico- administrativo. j) Asesorar, verbalmente ou por escrito, ó Presidente nos asuntos nos que este someta a súa consideración. k) Dirixir a tramitación dos expedientes. l) Participar nas deliberacións do Tribunal e asesorar, en xeral, a este en cuanto a cuestións de dereito se susciten. m) Levar os libros de rexistro e ordenes de comunicación, así como os de actas e arquivar as testemuñas das resolucións ditadas polo Tribunal. n) Aquelas outras que atendendo á natureza das súas función podan serlle encomendadas pola Presidencia. Artigo 8.- Dos vocais Corresponderá ós vocais: a) Redactar os relatorios de resolucións e a dos fallos, una vez recaia o acordo do tribunal. b) Asistir ás sesións do tribunal para as que sexan convocados e participar nas deliberacións necesarias para a adopción de acordos ou resolucións. Capítulo cuarto: da constitución e formación de vontade Artigo 9.- Dos acordos 1. Os acordos serán adoptados pola maioría dos asistentes, e dirimirá os empates o voto do presidente. 2. Ningún dos membros do tribunal poderá absterse de votar, e o que disinta da maioría, poderá formular voto particular por escrito, no prazo de corenta e oito horas, que se incorporará ó expediente sen que se faga mención algunha na resolución, nin na notificación da mesma. Artigo 10.- Das actas. 1. De cada sesión que celebre o Tribunal en Pleno levantarase acta, que contenderá a indicación dos asistentes, lugar e tempo da reunión, mención dos expedientes vistos, resultado das votacións e sentido dos acordos. 4

2. As actas aprobaranse na mesma ou posterior sesión, firmaranse polo Secretario, co visto e prace do presidente, e conservaranse correlativamente numeradas na Secretaría do Tribunal. Capítulo quinto: do procedemento Artigo 11.- Procedemento 1. O procedemento para a tramitación e resolución das reclamacións económicoadministrativas interpostas contra os actos de xestión, inspección, recadación de tributos de competencia municipal e demais ingresos de dereito público do Concello de Ourense e os seus organismos autónomos dependentes, así como as cuestións relativas ós interesados no procedemento e actuacións en xeral, rexeranse polas normas que regulan as reclamacións económicoadministrativas a que se refire a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e no previsto na mesma, polas normas de desenvolvemento contidas no Regulamento regulador das reclamacións económico- administrativas. 2. O procedemento será gratuíto. Non obstante, se a reclamación ou o recurso resulta desestimado e o órgano económico-administrativo aprecia temeridade ou mala fe, poderá esixirlle ó reclamante que sufrague as costas do procedemento, segundo os criterios que se fixen regulamentariamente polo Estado. Artigo 12.- Lexitimados 1.- Poderán promover reclamacións económico- administrativas: - Os obrigados tributarios. - Calquera outra persoa cuxos intereses lexítimos e directos resulten afectados polo acto administrativo. 2.- Non estarán lexitimados: - Os funcionarios e empregados públicos, agás nos supostos en que inmediata e directamente se vulnere un dereito que en particular lles estea recoñecido ou resulten afectados os seus intereses lexítimos. - Os particulares, cando obren por delegación da administración ou como axentes ou mandatarios desta. - Os denunciantes. - Os que asumen obrigas tributarias en virtude de pacto ou contrato. Artigo 13.- Actos susceptibles de impugnación 1. A reclamación económico-administrativa, será admisible en relación cas materias a que se refire o artigo 3.1 deste regulamento, contra os actos seguintes: a) Os que provisional ou definitivamente recoñezan ou deneguen un dereito ou declaren unha obrigación. b) Os de trámite que decidan directa ou indirectamente o fondo do asunto ou poñan termo á vía de xestión. c) De xeito particular, no eido da aplicación dos tributos, son impugnables: 5

- Os actos administrativos seguintes: - As liquidacións provisionais ou definitivas. - As resolucións expresas ou presuntas derivadas dunha solicitude de rectificación de autoliquidación. - As comprobacións de valor dos bens e dereitos así como os actos de fixación da base impoñible, cando procedan á práctica da liquidación. - Os que con carácter previo deneguen ou recoñezan réximes de exención ou bonificación tributarias. - Os que establezan o réxime tributario aplicable a un suxeito pasivo, en canto sexan determinantes de futuras obrigacións, incluso formais, o seu cargo. - Os que impoñan sancións tributarias independentes de calquera clase de liquidación. - Os orixinados pola xestión recadatoria. - Os que, distintos dos anteriores, considéranse expresamente impugnables por disposicións ditadas en materia tributaria. - As seguintes actuacións tributarias: - Os actos de repercusión tributaria previstos legalmente. - As retencións efectuadas polo substituto do contribuínte ou polas persoas obrigadas pola lei a practicar retención. - As derivadas das relacións entre o substituto e o contribuínte. - Outros supostos previstos na lei. 2. Non se admitirá reclamación económico- administrativa: - Os actos administrativos que impoñan sancións non tributarias, aínda que podan selo os ditados na xestión recadatoria seguida para o cobro en período executivo das débedas derivadas de ditas sancións. - Os ditados en virtude da lei que os exclúa de reclamación económicoadministrativa. Artigo 14.- Prazo de interposición A reclamación económico-administrativa interporase no prazo improrrogable dun mes a contar dende o seguinte ó da notificación do acto que se pretenda impugnar ou dende que se producira a desestimación presunta, por silencio do recurso de reposición. Malia ó anterior, tratándose de débedas de vencemento periódico e notificación colectiva ó aludido prazo computarase a partir do día seguinte ó da finalización do período voluntario de cobranza. Artigo 15.- Escrito de iniciación O escrito de iniciación deberá conter, como mínimo, os seguintes extremos: 6

a) Nome e apelidos ou razón social completa, número de identificación fiscal e domicilio del interesado. En caso de que se actúe por medio de representante, deberase incluír a identificación completa do mesmo. b) Órgano ante quen se formule o recurso ou reclamación. c) Acto administrativo ou actuación que se impugne, data en que se ditou, número do expediente, e demais datos relativos ó mesmo que se consideren convenientes, así como a pretensión do interesado. d) Domicilio no que o interesado sinala a efectos de notificacións. e) Lugar, data e firma do escrito. Artigo 16.- Suspensión do acto impugnado 1. A mera interposición dunha reclamación económico-administrativa non suspenderá a execución do acto impugnado, coas consecuencias legais conseguintes, incluíndo as relativas á recadación de cotas ou dereitos liquidados, xuros e recargas, salvo que se interpuxera previamente recurso de reposición no que se acordara a suspensión coa contribución de garantías cuxos efectos alcancen á vía económico- administrativa. 2. Se a impugnación afectase a unha sanción tributaria, a execución da mesma quedará suspendida automaticamente sen necesidade de achegar garantías, de acordo co disposto no apartado 3 do artigo 212 da Lei xeral tributaria. 3. A falta de pago das liquidacións non paralizará a reclamación interposta. 4. Cando non se acordara a suspensión no recurso de reposición con efectos na vía económico- administrativa, a suspensión debe solicitarse ó interpoñer a reclamación económico-administrativa ou nun momento posterior, ante o órgano que ditou o acto obxecto da reclamación. 5. Quedará automaticamente suspendida a execución do acto impugnado cando o interesado garante o importe do dito acto, os intereses de demora que xere a suspensión e as recargas que puideran proceder, mediante a achega dalgunha das seguintes garantías: a) Depósito de diñeiro ou valores públicos. b) Aval ou fianza de carácter solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución. c) Fianza persoal e solidaria doutros contribuíntes de recoñecida solvencia para os supostos que se establezan na normativa tributaria. 6. Con carácter excepcional, o Tribunal poderá suspender a execución do acto con dispensa total ou parcial de garantías cando a dita execución puidera causar prexuízos de difícil ou imposible reparación. 7. As resolucións do Tribunal Económico-Administrativo Municipal que afecten á suspensión da execución dos actos impugnados, comunicaranse inmediatamente ó órgano que ditou o acto e ó órgano competente para a recadación. Capítulo sexto.: das resolucións e recursos Artigo 17.- Resolucións 7

1. O Tribunal Económico-Administrativo Municipal, non poderá absterse de resolver ningunha reclamación sometida o seu coñecemento sen que poida alegarse dúbida racional ou deficiencia nos preceptos legais. 2. As resolucións ditadas deberán conter os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito nos que se base e decidirán tódalas cuestións que se susciten no expediente, fosen ou non presentadas polos interesados. 3. A resolución poderá ser estimatoria, desestimatoria ou declarar a inadmisibilidade. A resolución estimatoria porá anular total ou parcialmente o acto impugnado por razóns de dereito substantivo ou por defectos formais. Cando a resolución aprecie defectos formais que diminúan as posibilidades de defensa do reclamante, producirase a anulación do acto na parte afectada e ordenarase a retroacción das actuacións ó momento no que se produzo o defecto formal. 4. Declararase a inadmisibilidade nos seguintes supostos: a) Cando se impugnen actos ou resolucións non susceptibles de reclamación ou recurso en vía económico- administrativa. b) Cando a reclamación se presentara fóra de prazo. c) Cando falte a identificación do acto ou actuación contra o que se reclama. d) Cando a petición contida no escrito de interposición non garde relación co acto ou actuación recorrida. e) Cando concorran defectos de lexitimación ou de representación. f) Cando exista un acto firme e consentido que sexa o fundamento exclusivo do acto obxecto da reclamación, cando se recorra contra actos que reproduzan outros anteriores definitivos e firmes ou contra actos que sexan confirmatorios doutros consentidos, así como cando exista cousa xulgada. Para declarar a inadmisibilidade o Xurado Tributario poderá actuar de forma unipersoal. 5. A resolución que se dite terá plena eficacia respecto dos interesados a quen se houbese notificado a existencia da reclamación. 6. A doutrina que de forma reiterada estableza o Tribunal Económico Administrativo Municipal a través das súas resolucións, vinculará ós servizos municipais de xestión tributaria e recadación. Artigo 18.-Recursos 1. As resolucións ditadas polo Tribunal Económico-Administrativo Municipal poñen fin á vía administrativa e contra elas só caberá a interposición do recurso contencioso-administrativo ante os órganos xurisdicionais, de acordo cás normas reguladoras da dita xurisdición. Artigo 19.- Recurso de revisión 1. Non obstante o anterior, os interesados poderán interponer o recurso extraordinario de revisión contra os actos firmes da Administración tributaria e 8

contra as resolucións firmes dos órganos económico- administrativos cando concorra alguna das seguintes circunstancias: a) Que aparezan documentos de valor esencial para a decisión do asunto que foran posteriores ó acto ou resolución recorridos o de imposible entrega ó tempo de ditarse os mesmos e que evidencien o erro cometido. b) Que ó ditar o acto ou a resolución influísen esencialmente documentos ou testemuñas declarados falsos por sentenza xudicial firme anterior ou posterior a aquela resolución. c) Que o acto ou a resolución se houbese ditado como consecuencia de prevaricación, suborno, violencia, maquinación fraudulenta ou outra conduta punible e se declarase así en virtude de sentenza xudicial firme. Declararase a inadmisibilidade do recurso cando se aleguen circunstancias distintas ás previstas no apartado anterior. 2. Será competente o Tribunal, constituído en Pleno, para coñecer o recurso extraordinario de revisión contra as resolución firmes da mesma, salvo para a declaración de inadmisibilidade que actuará de forma unipersoal. Disposición adicional Facultase á Alcaldía- Presidencia para ditar as instrucións que sexan precisas en aplicación do presente regulamento. Disposición transitoria Este regulamento aplicarase ás reclamacións ou recursos que se interpoñan a partir da data de entrada en vigor do mesmo. Ós recursos ou reclamacións interpostos con anterioridade aplicaráselle a normativa anterior á dita data ata súa conclusión. Disposición derogatoria Quedan derrogadas tódalas normas municipais en todo aquilo que se opoñan ó previsto no presente regulamento. Disposición final O presente regulamento entrará en vigor, unha vez aprobada definitivamente polo Concello Pleno e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril; manterase vixente ata que non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa. 9