Concello de Castroverde

Similar documents
-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Expediente: 5193/2017

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Síntesis da programación didáctica

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Sede Electrónica Concello de Cangas

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Consellería de Sanidade

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Proposta de resolución provisional

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Silencio! Estase a calcular

Facultade de Fisioterapia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

Segunda lingua estranxeira: inglés

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

XVI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS 17 de decembro de 2017

A RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA NAS LEIS 39/2015 E 40/2015. ASPECTOS SUBSTANTIVOS

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

SESIÓN ORDINARIA DO Pleno DA CORPORACIÓN do 27 de xullo de 2017 ACTA Nº 10/2017

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

Transcription:

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA A REALIZACIÓN DO SERVIZO DE INTERESE XERAL OU SOCIAL: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DAS VIVENDAS EXISTENTES NO CONCELLO DE CASTROVERDE. 1) OBXECTO DA CONVOCATORIA. É obxecto da convocatoria a contratación con carácter temporal, en réxime de dereito laboral e a xornada completa, dun/ha auxiliar administrativo/a, para a realización do servizo de interese xeral ou social: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DAS VIVENDAS EXISTENTES NO CONCELLO DE CASTROVERDE. A contratación está subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ó abeiro da Orde do 29 de agosto de 2017, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural). Serán funcións a desempeñar polo persoal contratado a colaboración directa co enxeñerio/a agrónomo, director dos traballos, as seguintes: - Baixas de vivendas inhabitables ou declaradas ruinosas. - Altas de vivendas de nova construción e de resultado de rehabilitacións. - Numeración das novas edificacións. - Formación dunha cartografía que recolla unicamente as vivendas existentes en cada núcleo de poboación. 1) MODALIDADE E DURACIÓN DOS CONTRATOS.- O modelo de contrato de traballo previsto será necesariamente mediante a modalidade de contrato de traballo temporal de interese social. A duración do contrato será de nove meses, tendo en conta que os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución concedente da subvención(número de expediente TR351G 2017/27-2) e de acordo coa orde reguladora da mesma. O réxime xurídico da relación será de carácter laboral, en réxime de dedicación a tempo completo. 2) REQUISITOS DOS ASPIRANTES.- Para ser admitido a esta convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas. c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa d) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. e) Figurar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego. f) Estar en posesión do título do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou título equivalente. 4) FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS CANDIDATOS. A selección do persoal a contratar levarase a cabo na forma prevista no artigo 14º da Orde do 29 de agosto de 2017, polo que se formulará oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Non se requirirá a presentación de instancias, xa que os candidatos deberán figurar na lista remitida polo Servizo Público de Emprego de Galicia, en contestación á correspondente oferta. As bases íntegras e a convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do e na súa páxina web (www.concellodecastroverde.gal). Os candidatos/as desempregados/as deberán acompañar no día sinalado pola Oficina de Emprego, para a súa presentación no, a documentación sinalada nas presentes bases (orixinais ou fotocopias compulsadas, non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos relacionándose no anexo II), obxecto de valoración no procedemento de selección, xunto co DNI ou documento similar que acredite a súa identidade e anexo I (modelo de declaración responsable). 4) FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS CANDIDATOS. A selección do persoal a contratar levarase a cabo na forma prevista no artigo 14º da Orde do 29 de agosto de 2017, polo que se formulará oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Non se requirirá a presentación de

instancias, xa que os candidatos deberán figurar na lista remitida polo Servizo Público de Emprego de Galicia, en contestación á correspondente oferta. As bases íntegras e a convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do e na súa páxina web (www.concellodecastroverde.gal). Os candidatos/as desempregados/as deberán acompañar no día sinalado pola Oficina de Emprego, para a súa presentación no, a documentación sinalada nas presentes bases (orixinais ou fotocopias compulsadas, non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos relacionándose no anexo II), obxecto de valoración no procedemento de selección, xunto co DNI ou documento similar que acredite a súa identidade e anexo I (modelo de declaración responsable). Os parámetros da sondaxe serán: a) Ámbito xeográfico: Concellos de Castroverde e Lugo. De non atoparse candidatos ampliarase ata os concellos limítrofes. b) Número de candidatos a remitir: Mínimo: 2 Máximo: 5 En función do establecido no artigo 14 da devandita orde, os traballadores e traballadoras que fosen contratados, por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería e Traballo e Benestar, no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas, non poderán participar na presente convocatoria. 5) PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.- 1. O sistema de selección será o concurso, valorándose a formación e a posesión do permiso de conducir B. 2. Méritos computables: 2.a) Formación: - Por ter superado o bacharelato superior ou formación profesional de segundo grado, rama de administrativo ou equivalente 1 punto. - Por ser diplomado ou licenciado universitario: 2 puntos De atoparse en ámbolos dous casos terase en conta a maior das puntuacións. Por asistencia a cursos que poidan gardar relación cos cometidos a desempeñar no posto de traballo obxecto desta convocatoria impartidos pola Administración Pública ou entidades delas dependentes ou homologadas: Cursos de 10 horas a 20 horas: 0,25 puntos. Cursos de 21 horas a 50 horas: 0,50 puntos.

Cursos de 51 horas a 100 horas: 1 puntos. Cursos de mais de 100 horas: 1,25 punto. A puntuación máxima para este apartado é de 5 puntos. Por coñecemento do idioma galego: Computándose unicamente o grao superior alegado e concedéndose validez tan so aos cursos ou titulacións oficiais ou que foran oficialmente obxecto de homologación: Celga 1: 0,25 puntos. Celga 2: 0,50 puntos. Celga 3 ou Grao de iniciación: 0,75 puntos. Celga 4 ou Grao de perfeccionamento: 1 punto. A puntuación máxima para este apartado é de 1 punto. 2.b) Colectivos con especiais dificultades de inserción laboral...3 Puntos. Con base a facilitar o acceso a postos de traballo de persoal afectado por diversas situacións estruturais, valorarase esta situación concedendo a seguinte puntuación: Muller: 1 punto; menores de 30 anos: 1 punto; persoas con discapacidade con minusvalía igual ou superior ao 33%: 1 punto; persoas desempregadas maior de 45 anos: 1 punto; mulleres vítimas de violencia: 1 punto; persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito: 1 punto; Persoas paradas de longa duración: - Ata seis meses de desempregado: 0,5 puntos. - De seis meses a un ano de desempregado: 0,75 puntos - Máis dun ano de desempregado: 1 puntos. Deberá acreditarse pola persoa interesada a súa condición de integrante do colectivo con especiais dificultades de inserción laboral. 2.c) Permiso de Conducir: Por estar en Posesión do Permiso de Conducir B: 1 punto. O resultado final do proceso será a suma de todos os méritos anteriores, de producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte: 1º.- Puntuación pola orde dos méritos anteriores. 2º.- Se persiste o empate, resolverase por sorteo público. 6) DESENVOLVEMENTO DA SELECCIÓN.- 6.1. Tribunal Cualificador: O Tribunal Cualificador estará constituída por:

Presidente/a.- Un empregado/a público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. Secretario/a.- Un empregado/a público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. Vogais.- Tres empregados/as públicos con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. Por cada membro do tribunal designarase un suplente cos mesmos requisitos e condicións. A abstención e recusación dos membros do tribunal será de conformidade cos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do secretario/a ou dos que legalmente os substitúan. O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para os supostos en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal. O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a valoración dos méritos. O nomeamento dos membros do tribunal e os seus suplentes, realizarase por resolución da alcaldía e publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Castroverde e na súa páxina web (www.concellodecastroverde.gal) así como a lista de admitidos e excluídos. Na devandita resolución indicarase un prazo de un día hábil para a emenda; este prazo de subsanación de defectos comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web. No caso de non existir candidatos excluídos nin que precisen do trámite de emenda, ditarase unha soa resolución coa lista definitiva de aspirantes admitidos, composición do tribunal e data e hora na que se constituirá. 6.2- Sistema de selección e desenvolvemento do proceso: Tendo en conta as especiais características do posto e a súa temporalidade, estimase, que o procedemento de selección dos aspirantes será o concurso debendo o Tribunal valorar os méritos presentados polos aspirantes, neste caso a selección dos candidatos será por orden decrecente atendendo á puntuación obtida. Respecto aos méritos computables, será de acordo ao establecido no artigo 14 da orde do 29 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Requisitos e criterios para a selección dos

traballadores e das traballadoras. 7) PROPOSTA DE SELECCIÓN. O Tribunal Cualificador publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web, a relación de aspirantes ao posto de traballo coa puntuación provisional acadada, por orden de puntuación. Os aspirantes disporán dun prazo de dous días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación, para efectuar as alegacións pertinentes. Rematado o prazo e tras resolver as alegacións efectuadas no seu caso, darase traslado ao Presidente da Corporación, precisándose que non poderá superarse o número de prazas vacantes convocadas. A selección recaerá nos aspirantes que obteñan maior puntuación. No suposto de que se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados antes da contratación, o órgano convocante poderá acudir á prelación de aspirantes. 8) RESOLUCIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- Á vista da proposta do Tribunal Cualificador e constatado que o/a aspirante acreditou os requisitos esixidos para acceder ao emprego que se convoca, o Alcalde-Presidente resolverá o procedemento selectivo e procederá á formalización do contrato laboral temporal, segundo o previsto na lexislación laboral aplicable. 9) INCIDENCIAS O tribunal está facultado para resolver as dúbidas e incidencias que se presenten, así como para adoptar os acordos necesarios para o bo desenvolvemento do proceso selectivo, en todo aquilo non previsto expresamente nestas bases. Asimesmo a xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato será a xurisdición social. As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, ou un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na súa páxina web (www.paradela.es), ante o alcalde do Concello de Paradela, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou un recurso contencioso - administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na súa páxina web (www.paradela.es), de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso - administrativa. Se optase por interpoñer un recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer un recurso contencioso -

administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente para o seu dereito. Tocante ao non previsto nas bases, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, o Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Emprego público, o Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, así como pola restante normativa estatal ou autonómica vixente que sexan de aplicación por razón da materia. O Alcalde-Presidente Asdo. : Xosé Mª Arias Fernández DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

ANEXO I (MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE) D./Dª, con DNI núm., e domicilio para efectos de notificación en, teléfono nº DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE PRIMEIRO: a) Que reúno os requisitos xerais desta convocatoria: 1) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Emprego Público. 2) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa. 3) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. A persoa que resulte seleccionada aportará antes da sinatura do contrato certificación médica ou equivalente, acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións (a non presentación con levará a perda do posto). No caso de que se teña condición de discapacitado/a, a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. 4) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin se atopar en estado de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que se desempeñaban no caso do persoal laboral, do que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos

termos, o acceso ao emprego público. 5) Cumprir os requisitos para exercer as funcións que lle poidan ser encomendadas, conforme ao previsto regulamentariamente. b) Que reúno os requisitos específicos desta convocatoria: -Permiso conducir B. SEGUNDO. Que reúne todas e cada unha das condicións esixidas nas bases que rixen o proceso de selección de 1 enxeñeiro agrónomo. TERCEIRO. Que declara coñecer as bases xerais que rexen a presente convocatoria., de de 20 O solicitante, Asdo.: En relación co establecido na L.O.P.D de carácter persoal o CONCELLO DE CASTROVERDE, procede a informarlle que os datos obtidos no noso formulario serán incorporados a un ficheiro de datos, do que é responsable o CONCELLO DE CASTROVERDE, con domicilio social na Praza do Concello, 2-27120.- CASTROVERDE.- LUGO. Sendo os datos obtidos co consentimento do interesado, Art. 6 L.0.P.D. o obxecto de dito tratamento será para a xestión das relacións contractuais establecidas entre o Concello e o solicitante. O interesado gozará en todo momento dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lei vixente.o titular dos datos comprométese a comunicar por escrito o CONCELLO DE CASTROVERDE, calquera modificación que se produza nos datos achegados.

ANEXO II.- MÉRITOS ALEGADOS FORMACIÓN ESTUDIOS OFICIAIS.- MARQUE A OPCIÓN CORRESPONDENTE, DE POSUÍR AMBAS ELIXIRASE A DE MAIOR GRADO FORMACIÓN RECIBIDA Bacharelato superior, ou formación profesional de segundo grado, rama de administrativo ou equivalente. Diplomado ou licenciado universitario SI SI NO NO Denominación FORMACIÓN POR ASISTENCIA A CURSOS OU XORNADAS Centro impartición Horas COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO Cursos ou titulacións oficiais (computárase unicamente o de maior grado) COLECTIVOS CON ESPECIAIS DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL ( Conforme á base 5.2c) ESTAR EN POSESIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR B Sinale a opción correcta: SI (Debe achegar copia compulsada do mesmo) NON