MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Similar documents
O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Facultade de Fisioterapia

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Problema 1. A neta de Lola

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Programación Proxecto empresarial

Sede Electrónica Concello de Cangas

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

plan estratéxico 2016 >> 2020

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Expediente: 5193/2017

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Programación Percusión

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Segunda lingua estranxeira: inglés

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

ANÁLISE ECONÓMICA E FINANCEIRA DAS EMPRESAS PÚBLICAS ESTATAIS. EFECTOS DO PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DE 1996

TRAXECTORIAS E RETOS

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Inferencia estatística

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO I (JAZZ - PIANO)

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

ICEDE Working Paper Series

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

PROGRAMACIÓN DE INGLÉS CURSO º ESO

CRISE ECONÓMICA E FLUXOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA: OS EFECTOS DA POLÍTICA SANITARIA NA POBOACIÓN

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Transcription:

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS CORRESPONDENTE AO EERCICIO 2016. CURSO: 1597 ADGD0208 ESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS.

TÁBOA DE CONTIDOS INTRODUCIÓN 3 METODOLOÍA DO PROCESO ACTUACIÓNS DE AVALIACIÓN 5 VALORACIÓNS DO ALUMNADO 8 1.Perfil do alumnado 9 2. Valoración das accións formativas 15 VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE 25 1. Valoración sobre o alumnado 26 2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso 27 3. Valoracións da forga como entidades organizadora do curso 28 4. Valoracións sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos 29 5. Valoración da propia labor como docente 31 CONCLUSIÓNS DAS VALORACIÓNS 32 PUNTOS DÉBILES DETECTADOS DURANTE A FORMACIÓN E O SEU AFRONTAMENTO 35 RECOMENDACIÓNS DE MELLORA 37 ANEOS 39 2

INTRODUCIÓN O presente documento recolle os resultados do proceso de avaliación do curso de formación 1597-ADGD0208 ESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS, concedido e executado pola Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza (en adiante forga), no marco da convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para o exercicio 2016. Esta iniciativa de avaliación responde, por un lado, ás esixencias da Orde do 29 de decembro de 2015, publicada no DOG nº 248 do mércores 30 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas. Concretamente a Orde recolle no seu artigo 29, apartado 1, sobre calidade, avaliación, seguimento e control dos cursos que Os centros e entidades deberán realizar unha avaliación e control de calidade da formación que executen. Deberán destinar a esa finalidade ata un 5% do custo xustificado nos apartados de custos directos e asociados da acción formativa. Por outro lado, a avaliación responde á aplicación dun novo enfoque da organización forga, apostando nos últimos anos por incrementar os procesos de avaliación da calidade implantando e desenvolvendo na Fundación, de xeito transversal, un Sistema integral de calidade na xestión e especialmente na avaliación da súa actividade prioritaria, a formación. forga implantou o Sistema de Avaliación da calidade na formación da norma UNE ISO 9001:2008 Sistemas de estión de Calidade á data actual está constituído o Comité de Calidade, implantado o Manual e a Política de Calidade, así como vixentes dez dos quince procedementos de xestión. Como resultado final, e seguindo as indicacións da convocatoria, elabórase este informe estruturado en dúas partes fundamentais, coincidentes co conxunto de actuacións de avaliación aplicadas e ultimado cos principais resultados e recomendacións de mellora: 3

VALORACIÓNS DO ALUMNADO VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE PUNTOS DÉBILES E AFRONTAMENTO RECOMENDACIÓNS DE MELLORA 4

METODOLOÍA DO PROCESO ACTUACIÓNS DE AVALIACIÓNS CONSIDERACIÓNS METODOLÓICAS Como se indicou na introdución, para efectuar a avaliación desta actividade formativa, tivéronse en conta dous actores principais, o alumnado e o persoal docente participante na formación. FASES DO PROCESO DESENVOLTO: 1º PLANIFICACIÓN DA AVALIACIÓN Nesta primeira fase, determináronse os criterios da avaliación e o conxunto de actuacións a desenvolver. A Equipa de Avaliación da Calidade, determinou os instrumentos de recollida de información, configurados para a autocumprimentación. Os instrumentos que se consideraron oportunos para cada actuación foron os seguintes: VALORACIÓNS DO ALUMNADO - ENQUISA DE AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DO ALUMNADO. O cuestionario empregado, é o recollido na Resolución de 27 de abril de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, polo que se publican os cuestionarios de avaliación da calidade das acciones formativas para o emprego. A análise dos datos obtidos preséntase neste documento estruturados en varios apartados que se configuran seguindo a estrutura do propio cuestionario. No primeiro capítulo descríbese o perfil do alumnado participante no curso, elaborado a partir dos datos de clasificación que inclúe o cuestionario no apartado do mesmo nome. No capítulo II expóñense os resultados da avaliación propiamente dita divididos en varios apartados: 1) A valoración dos aspectos organizativos, de infraestrutura e de equipamento, a que se refiren as preguntas 1, 3 e 6 do bloque III do cuestionario. 2) A valoración de aspectos propios da formación: contidos, medios didácticos, formadores/as e sistema de avaliación, cuestións sobre as que se pregunta nos puntos 2, 4, 5 e 8 do bloque III do cuestionario. 3) A valoración xeral da acción formativa, que se corresponde coa pregunta nº 9 do cuestionario. Por último, mídese o grao de satisfacción xeral, cuxos datos se obteñen a través do ítem nº 10. 5

VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE. CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN PARA O PERSOAL DOCENTE. Este cuestionario, foi deseñado e elaborado pola Equipa de Avaliación da Calidade, co obxecto de coñecer as valoracións dun dos principais actores da formación, o persoal docente. A análise dos datos preséntanse coa seguinte estrutura, coincidente coa estrutura do cuestionario: Valoracións sobre o alumnado Valoracións sobre o desenvolvemento do curso Valoracións da forga como entidade organizadora do curso Valoracións sobre as condicións, espazo-tempo e recursos disponibles Valoración da propia labor como docente Outras opinións ou suxestións de mellora Para facilitar a lectura deste informe achéganse os modelos de enquisas e cuestionarios empregados nas distintas fases de avaliación, no apartado de Anexos ACCIÓN FORMATIVA AVALIADA AVALIACIÓN DA SATISFACCIÓN DO ALUMNADO. Neste caso, o número de enquisas analizadas do curso 1597-ADGD0208 ESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS é de 10. Táboa 1. Datos acción formativa: Nº CURSO DENOMINACION CURSO Nº ENQUISAS 1597 ESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS. 10 AVALIACIÓN DO PERSOAL DOCENTE. Tivéronse en conta as enquisas cumprimentadas por un docente que impartiu formación na actividade, correspondente á materia específica. Unha vez establecido o plan de traballo, determinados os instrumentos a utilizar e seleccionado o curso, planificouse e púxose en marcha a recollida da información, organizando a distribución temporal da recollida. 6

2º ELABORACIÓN DO INFORME/MEMORIA DE AVALIACIÓN A Equipa de Avaliación da Calidade é a responsable da elaboración da memoria final de avaliación da calidade. Por este motivo, entre as actividades realizadas para a xestión e tramitación da memoria durante todo o proceso foron: Recepción e supervisión das enquisas Codificación Gravación no programa estatístico SPSS. Depuración. Explotación estatística. Redacción do informe de resultados. 7

VALORACIÓNS DO ALUMNADO 8

1.PERFIL DO ALUMNADO Analízase no primeiro punto o perfil do alumnado para determinar o/a alumno/a tipo da acción formativa: ALUMNADO SEGUNDO A IDADE Táboa 2. Alumnado segundo a idade Frecuencia Porcentaxe De 25 a 35 anos 3 30 De 36 a 45 anos 6 60 Maior de 45 anos 1 10 n/c 0 0 Total 10 100,0 Base: total da mostra (10) Gráfico 1. Alumnado segundo a idade Máis de 45 anos 10% De 36 a 45 anos 60% De 25 a 35 anos 30% Atendendo á primeira das variables do perfil do alumnado que figura no cuestionario de avaliación, a idade, pódese concluír que é o intervalo de entre 36 e 45 anos o que concentra a maior porcentaxe de alumnado 60% seguido do intervalo de 25 a 35 anos co 30%. 9

ALUMNADO SEGUNDO O SEO Táboa 3. Alumnado segundo o sexo Frecuencia Porcentaxe Muller 8 80 Home 2 20 Base: total da mostra (10) Gráfico 2. Alumnado segundo o sexo Home 20% Muller 80% Respecto ao sexo das persoas enquisadas, cabe destacar que no curso participou un 80% de mulleres. 10

ALUMNADO SEGUNDO A TITULACIÓN: Táboa 4. Alumnado segundo a titulación actual Título de Técnico Superior / FP grao Superior E. Universitarios 1ª Ciclo (Diplomatura-Grao) E. Universitarios 2ª Ciclo (Licenciatura,Master-Grao) Frecuencia Porcentaxe 4 40 2 20 4 40 Total 10 100,0 Gráfico 3. Alumnado segundo a titulación actual 40% 20% 40% Título de Técnico Superior / FP grao Superior E. universitarios 1º ciclo (Diplomatura- Grao) E. Universitarios 2º ciclo (Licenciatura- Máster) En relación ao nivel de estudos cabe salientar que o 40% do alumnado participante ten estudos de FP Técnico Superior e a mesma porcentaxe de E.Universitarios de 2ªciclo, Licenciados Master-Grao, e o 20% restante, resposta que ten un título de técnico en FP grao superior. 11

ALUMNADO SEGUNDO A SITUACIÓN LABORAL Atendendo á situación laboral, como resulta obvio tendo en conta a programación de formación á que se refire a convocatoria (accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas), a totalidade do alumnado atopábase nesta situación. Táboa 5. Alumnado segundo a situación laboral Frecuencia Porcentaxe Desempregado/a 10 100,0 Gráfico 4. Alumnado segundo a situación laboral 100% desempregados 12

ALUMNADO SEGUNDO A SÚA RESIDENCIA: Tendo en conta que o alumnado é desempregado, todos residen na provincia onde cursan a acción formativa, neste caso na provincia da Coruña, dado que o curso se realiza no centro de forga situado en Narón polo que alumnado è residente na comarca de Ferrolterra. Táboa 6. Lugar (provincia) residencia do alumnado Frecuencia Porcentaxe A CORUÑA 10 100 Total 10 100,0 Base: total da mostra (10) Gráfico 5. Lugar (provincia) residencia alumnado A Coruña 100% 13

COÑECEMENTO DA EISTENCIA DO CURSO O seguinte apartado recolle o modo en que o alumnado coñeceu a existencia do curso. O 100% fíxoo a través do Servizo Público de Emprego. Táboa 7. Como coñeceu a existencia do curso? Frecuencia Porcentaxe Servizo Público Emprego 10 100,0 Total 10 100,0 Base: total da mostra (10) Gráfico 6. Como coñeceu a existencia do curso 100% Dos ítems da enquisa co número 7, 8 e 9 (categoría profesional, horario do curso, e tamaño da empresa participante) non procede a súa avaliación, dado que están recollidos so para persoas traballadoras ocupadas. 14

Como conclusión de todos os datos reflectidos neste capítulo, pódese dicir que o alumnado tipo é unha muller de entre 36 e 45 anos, con estudos de de FP Técnico Superior ou Licenciatura/Grao, no desemprego, residente na provincia de A Coruña. Ademais, todas as persoas participantes tiveron coñecemento da existencia do curso a través do Servizo Público de Emprego. O perfil do alumnado, no caso da formación obxecto de estudo, ven predeterminado pola propia orde de convocatoria e a concesión do curso, ao tratarse de formación dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para os que se esixe unha formación previa mínima de FP Técnico Superior, e aprobada na provincia de A Coruña, para a comarca de Ferrol-Terra. 2.VALORACIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS Este capítulo recolle os resultados das opinións do alumnado sobre determinados aspectos da acción formativa, que se detallan no epígrafe III do cuestionario. A opinión sobre cada aspecto realízase utilizando unha escala de valoración de catro niveis/graos, que van do 1 ao 4, onde o 1 é a valoración/puntuación mínima e o 4 a máxima. Coa fin de recoller dun xeito sistemático, agrupado e clarificador estes resultados establecéronse varios apartados na análise de datos: 2.1. Valoración dos aspectos organizativos, de infraestrutura e de equipamento. 2.2. Valoración de aspectos propios da formación. 2.3. Valoración xeral da acción formativa. 2.4. Grao de satisfacción xeral. 2.1. VALORACIÓN DOS ASPECTOS ORGANIZATIVOS, DE INFRAESTRUTURA E DE EQUIPAMENTO Para avaliar a organización e a dotación en canto á infraestrutura e equipamento do curso en termos xerais, utilízanse varios aspectos da mesma sobre os que, propostos en forma de afirmacións, o alumnado debe manifestar o seu grao de acordo/desacordo a través da escala anteriormente descrita. Eses aspectos refírense á organización do curso, a súa duración, as instalacións onde tivo lugar e aos medios técnicos utilizados no seu desenvolvemento. Os resultados obtidos están reflectidos na táboa 8, que mostra as porcentaxes acadadas en cada nivel da escala para cada aspecto sometido a valoración, así como a puntuación media obtida da medida aritmética de todas as respostas obtidas en cada ítem. 15

As puntuacións medias están reflectidas no gráfico 7, que permite visualizar máis rapidamente os resultados permitindo unha comparativa entre os ítems/aspectos considerados. Táboa 8. Valoración do alumnado dos aspectos organizativos de infraestrutura e equipamento ORGANIZACIÓN DO CURSO 1 2 3 4 MEDIA O curso estivo ben organizado (información, cumprimento datas e de horarios, entrega material). O número de alumnado foi axeitado para o desenvolvemento do curso. 20 10 50 20 2,70 0 0 30 70 3,70 DURACIÓN E HORARIO 1 2 3 4 MEDIA A duración do curso foi suficiente segundo os obxectivos e contidos do mesmo. 20 50 30 0 2,10 O horario favoreceu a asistencia ao curso. 60 20 10 10 1,70 INSTALACIÓNS E MEDIOS TÉCNICOS 1 2 3 4 MEDIA A aula, o taller ou as instalacións foron axeitadas para o desenvolvemento do curso. Os medios técnicos foron axeitados para desenvolver o contido do curso. 0 20 50 30 3,10 0 30 40 30 3,00 Base: total da mostra (10) Escala de valoración 1 Completamente en desacordo 2 En desacordo 3 De acordo 4 Completamente de acordo 16

Gráfico 7. Valoración do alumnado dos aspectos organizativos, de instalacións e de medios técnicos. O curso estivo ben organizado (información, cumprimento datas e de horarios, entrega material). 2,7 Os medios técnicos foron axeitados para desenvolver o contido do curso. 3 3,7 O número de alumnado foi axeitado para o desenvolvemento do curso. A aula, o taller ou as instalacións foron axeitadas para o desenvolvemento do curso. 3,1 1,7 2,1 A duración do curso foi suficiente segundo os obxectivos e contidos do mesmo. O horario favoreceu a asistencia ao curso. As valoracións analizadas nos tres bloques, acadan os resultados especificados a continuación. A. Organización do curso En canto á valoración que se fai deste bloque mediante os dous ítems referidos, o primeiro, á organización en xeral e o segundo ao número de alumnado por curso, compre sinalar que en termos de puntuación media, acadan no primeiro caso 2,70 e un 3,70 sobre 4. B. Duración do curso e horario Respecto á duración e ao horario do curso avaliado, o nivel de satisfacción chega ao 2.10 e 1.70 de media respectivamente. Analizando as porcentaxes de cada valor da escala o 70% amosaron non estar satisfeitos coa adecuación da duración do curso aos obxectivos e contidos deste, namentres o 60% están completamente en desacordo coa afirmación de que o horario do curso favoreceu a asistencia ao mesmo. C. Instalacións e medios técnicos empregados Sobre as instalacións e medios técnicos, considéranse dous ítems; o primeiro relativo a adecuación da aula/taller/instalacións e o segundo aos medios técnicos utilizados para desenvolver o contido do curso. A puntuación media acada o 3.10 e o 3 respectivamente. 17

2.2. VALORACIÓN DE ASPECTOS PROPIOS DA FORMACIÓN: CONTIDOS, MEDIOS DIDÁCTICOS, FORMADORES/AS E AVALIACIÓN A valoración realizouse sobre unha escala de catro niveis. Os resultados reflíctense táboa 9 (porcentaxe e puntuacións medias) e no gráfico 8 (só puntuacións medias). no Exceptuase neste caso a pregunta referida aos mecanismos para a avaliación da aprendizaxe (pregunta 8), xa que se trata dunha pregunta dicotómica, é dicir, con dúas posibles respostas (si/non). Por esa razón teñen un tratamento diferenciado, por non seguir a escala de valoración de catro niveis que caracteriza ao cuestionario utilizado, senón que se mostran na táboa 10 e no gráfico 9. Táboa 9. Valoración do alumnado dos aspectos propios da formación: contidos, medios didácticos e formadores/as CONTIDOS DO CURSO 1 2 3 4 MEDIA Os contidos do curso responden as miñas necesidades formativas. Houbo unha combinación axeitada da teoría e aplicación práctica. 0 20 60 20 3 20 20 30 30 2.70 MEDIOS DIDÁCTICOS 1 2 3 4 MEDIA A documentación e materiais entregados son comprensibles e axeitados. 0 30 50 20 2.90 Os medios didácticos están actualizados. 0 30 60 10 2.80 FORMADORES 1 2 3 4 MEDIA A forma de impartir ou titorizar o curso facilitou a aprendizaxe 10 10 60 20 2.90 Coñecen os temas impartidos en profundidade 0 20 50 30 3.10 Base: total da mostra (10) 18

Gráfico 8. Valoración do alumnado dos aspectos propios da formación: contidos, medios didácticos e formadores/as. Puntuación media Os contidos do curso responden as miñas necesidades formativas. 3,0 Coñecen os temas impartidos en profundidade 3,1 2,7 Houbo unha combinación axeitada da teoría e aplicación práctica. A forma de impartir ou titorizar o curso facilitou a aprendizaxe 2,9 2,8 2,9 A documentación e materiais entregados son comprensibles e axeitados. Os medios didácticos están actualizados. As valoracións analizadas nos tres bloques, acadan resultados que roldan entre o 2.70 (houbo unha combinación axeitada da teoría e aplicación práctica) e o 3.10 (os formadores coñecen os temas impartidos en profundidade). A. Contidos do curso En relación aos contidos das accións formativas, tanto no seu aspecto de dar resposta ás necesidades de aprendizaxe como de combinación axeitada de teoría e práctica, sitúase a puntuación media de 3 e 2.70 respectivamente. B. Medios didácticos No relativo aos medios didácticos, tanto no referido á súa comprensión como actualización, as puntuacións medias acadadas son de 2.90 para o primeiro caso e 2.80 para o segundo caso. C. Formadores Un aspecto de especial relevancia propio da formación é a función docente. Así, para coñecer a opinión do alumnado respecto do persoal docente que impartiu o curso obxecto de sondaxe utilizouse novamente a escala de valoración de catro niveis segundo o grao de acordo/desacordo con dúas afirmacións: - A forma de impartir o curso facilitou a aprendizaxe 19

- Coñecen os temas impartidos en profundidade Así, no referente á forma de impartir a formación, acadouse un nivel medio de satisfacción do 2.90, estando o 60% de acordo e o 20% totalmente de acordo coa afirmación. No referente ao coñecemento dos temas impartidos a puntuación media acada: 3.10 sobre 4. Neste caso tamén o 80% manifesta estar de acordo/totalmente de acordo coa afirmación. Mecanismos para a avaliación da aprendizaxe O 100% do alumnado afirma que se realizaron probas de avaliación/auto avaliación para coñecer o nivel de aprendizaxe acadado nos cursos de formación correspondentes; así mesmo tamén unha porcentaxe do 100% afirma que o curso lle permitiu obter unha acreditación onde se lle recoñece a súa cualificación. Ambos datos constatan o cumprimento por parte da forga no que se refire aos mecanismos de avaliación que dita a propia convocatoria. Táboa 10. Valoración do alumnado dos mecanismos para a avaliación da aprendizaxe MECANISMOS PARA A AVALIACIÓN DA APRENDIZAE SI NON NS/NC Foron dispostas probas de avaliación e autoavaliación que me permiten coñecer o nivel de aprendizaxe acadado. 100% 0 0 O curso permíteme obter unha acreditación onde se recoñece a miña cualificación. 100% 0 0 Base: total da mostra (10) 20

Gráfico 9. Valoración do alumnado dos mecanismos para a avaliación da aprendizaxe 100% 100% Foron dispostas probas de avaliación e autoavaliación que me permiten coñecer o nivel de aprendizaxe acadado. O curso permíteme obter unha acreditación onde se recoñece a miña cualificación. 2.3. VALORACIÓN ERAL DA ACCIÓN FORMATIVA No cuestionario de avaliación, ademais de incluír un ítem específico sobre a satisfacción xeral, que se trata no seguinte apartado, enuméranse unha serie de afirmacións que responden ao grao de cumprimento das expectativas do alumnado. Son as seguintes: 1. Pode contribuír á miña incorporación ao mercado de traballo. 2. Permitíronme adquirir novas habilidades/capacidades que podo aplicar ao posto de traballo. 3. Melloraron as miñas posibilidades para cambiar de posto de traballo na empresa ou fóra dela. 4. Ampliei os coñecementos para progresar na miña carreira profesional. 5. Favoreceu o meu desenvolvemento persoal. As expectativas dunha acción formativa condicionan de maneira importante a súa valoración, polo que constitúe un indicador máis de valoración da calidade. Neste caso concreto, todos os ítems mencionados aluden ao papel do curso de formación realizado na vida laboral/profesional do alumno ou alumna; é dicir, refírense ás expectativas puramente laborais, aínda que nalgúns casos parecen estar pensados máis ben para persoas que están a traballar e compatibilizan a formación co seu desempeño profesional. 21

Táboa 11. Valoración xeral do alumnado da acción formativa VALORACIÓN ERAL 1 2 3 4 NS/NC MEDIA Pode contribuír a miña incorporación ao mercado do traballo 0 30 70 0 0 2.70 Permitíronme adquirir novas habilidades/ capacidades que podo aplicar ao posto de traballo 0 0 80 20 0 3.20 Melloraron as miñas posibilidades para cambiar de posto de traballo na empresa ou fora dela Ampliei os coñecementos para progresar na miña carreira profesional 10 10 70 10 0 2.80 0 0 80 20 0 3.20 Favoreceu o meu desenvolvemento persoal 20 0 70 10 0 2.70 Base: total da mostra (10) Cabe destacar que este grupo de ítems reflexa unha distribución porcentual que se recolle na táboa 11, aspectos que acadan niveis de satisfacción cuxas medias oscilan entre 2.70 de mínima e o 3.20 de máxima. Gráfico 10. Valoración xeral do alumnado sobre a acción formativa. Pode contribuír a miña incorporación ao mercado do traballo Favoreceu o meu desenvolvemento persoal 2,7 2,7 3,2 Permitíronme adquirir novas habilidades/ capacidades que podo aplicar ao posto de traballo Ampliei os coñecementos para progresar na miña carreira profesional 3,2 2,8 Melloraron as miñas posibilidades para cambiar de posto de traballo na empresa ou fora dela 22

2.4. GRAO DE SATISFACIÓN ERAL No ítem 10 do cuestionario pídese ao alumnado que emita unha puntuación como manifestación da súa satisfacción en termos globais, na mesma escala de valoración do 1 ao 4 utilizada no resto do cuestionario. A finalidade desta pregunta é obter unha valoración global por parte do alumnado da acción formativa na que participou nun centro forga. A puntuación media acadada é do 2.80. A porcentaxe de alumnado que manifesta estar de acordo e puntuou cun 3, é do 70%. O 30% restante corresponde ao alumnado que puntuou a partes iguais o resto das opcións de satisfacción. Táboa 12. Grao de satisfacción xeral do alumnado GRAO DE SATISFACCIÓN ERAL PUNTUACIÓN MEDIA Grao de satisfacción xeral do curso 2.8 valoracións % Completamente en desacordo 10 En desacordo 10 De acordo 70 Completamente de acordo 10 Ns/Nc 0 Base: total da mostra (10) Gráfico 11. Grao de satisfacción xeral do alumnado Completamente de acordo 10% De acordo 70% En desacordo 10% Completamente en desacordo 10% 23

2.5 SUESTIÓNS Do total de alumnado participante na acción formativa, cinco persoas fan uso do último apartado do cuestionario, SUESTIÓNS onde se solicita que indiquen calquera observación referida ao curso que acaban de rematar, cabe destacar que manifestan a curta duración de horas do curso e a inconformidade co horario, o que incide negativamente no desenrolo do curso. Táboa 13. Suxestións do alumnado Frecuencia Porcentaxe Maior duración do curso 1 10 Mellorar horarios e datas de realización dos cursos 2 20 Valoracións negativas sobre o curso: conciliación, horarios, prácticas, etc 1 10 Valoracións negativas sobre a utilidade dos cuestionarios 1 10 Nc 5 50 Total 10 100 Gráfico 12. Suxestións Nc 50,0 Valoracións negativas sobre a utilidade dos cuestionarios 10,0 Valoracións negativas sobre o curso: conciliación, horarios, prácticas, etc 10,0 Mellorar horarios e datas de realización dos cursos 20,0 Maior duracion do curso 10,0 24

VALORACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE 25

A actuación docente é un dos factores fundamentais da calidade nun centro de formación. Por este motivo, a equipa de avaliación da calidade da forga considera as valoracións e apreciacións das accións formativas que imparte o persoal docente unha parte transcendental no marco da avaliación que se está a realizar. A estrutura que se establece para a proxección dos resultados, coincide coa estrutura do cuestionario deseñado: 1. Valoracións sobre o alumnado. 2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso. 3. Valoración da forga como entidade organizadora do curso. 4. Valoración sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos dispoñibles. 5. Valoración da propia labor como docente. 6. Outras opinións ou suxestións para mellorar a formación impartida en forga. 26

1.VALORACIÓN SOBRE O ALUMNADO Obsérvase neste primeiro punto, que o nivel de satisfacción do persoal docente sobre o alumnado é moi alto en canto á atención prestada e participación; satisfacción alta en canto a aprendizaxe, adquisición de novos coñecementos e habilidades, puntualidade e motivación e interese polo curso; o ítem menos puntuado (3 sobre cinco) é o referido aos coñecementos previos do alumnado. Táboa 14. Valoración do persoal docente sobre o alumnado VALORACIÓN SOBRE O ALUMNADO 1 2 3 4 5 Coñecementos previos do alumnado Motivación e interese polo contido do curso Participación: formulación de cuestións e colaboración nas actividades programadas Puntualidade do alumnado Atención prestada Aprendizaxe, adquisición de novos coñecementos e habilidades Base: total da mostra (1) Gráfico 13. Valoración do persoal docente sobre o alumnado Coñecementos previos do alumnado Aprendizaxe, adquisición de novos coñecementos e habilidades Motivación e interese polo contido do curso Atención prestada Participación: formulación de cuestións e colaboración nas actividades Puntualidade do alumnado 27

2. VALORACIÓNS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO CURSO En canto á valoración que ten o persoal docente sobre o desenvolvemento do curso, advírtese como os ítems relacionados coa valoración do número total de horas do curso e co acompañamento por algunha persoa da entidade o día da presentación, acadan a puntuación máxima de 5. A valoración da afirmación relacionada co número de horas por módulo e o cumprimento dos obxectivos marcados ao inicio do curso, acadan unha puntuación de 4. Táboa 15. Valoración do persoal docente sobre o desenvolvemento do curso VALORACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO CURSO Cumprimento dos obxectivos marcados ao principio do curso Valoración do número total de horas do curso Valoración do número de horas por módulo Acompañamento do/a docente na presentación do curso dalgunha persoa da entidade participante (representante de forga, CIG, Consellería ) 1 2 3 4 5 Base: total da mostra (1) Gráfico 14. Valoración do persoal docente sobre o desenvolvemento do curso. Cumprimento dos obxectivos marcados ao principio do curso Acompañamento do/a docente na presentación do curso dalgunha persoa da entidade participante (representante de Valoración do número total de horas do curso Valoración do número de horas por módulo 28

3. VALORACIÓN DA FORGA COMO ENTIDADE ORGANIZADORA DO CURSO No cuestionario valórase a labor de forga como entidade organizadora, en canto á resolución de problemas, o trato recibido e o apoio polas persoas responsables do centro, así como a facilidade de acceso ás instalacións e a información proporcionada das características do alumando antes do inicio do curso. Pódese observar como en todas as valoracións excepto unha, as puntuacións acadadas son de 5, nunha escala do 1 ao 5, o que denota un nivel de satisfacción moi elevado. Táboa 16. Valoracións do persoal docente da forga como entidade organizadora VALORACIÓN DA FORGA COMO ENTIDADE ORGANIZADORA O centro respondeu de forma eficaz e áxil ás túas peticións e aos imprevistos 1 2 3 4 5 Trato recibido polo persoal do centro Apoio por parte das persoas responsables da formación no centro Facilidade para o acceso ás instalacións, materiais, equipos Información sobre as características do alumnado antes do curso Base: total da mostra (1) Gráfico 15. Valoración do persoal docente da forga como entidade organizadora O centro respondeu de forma eficaz e áxil ás túas peticións e aos imprevistos Información sobre as características do alumnado antes do curso Trato recibido polo persoal do centro Facilidade para o acceso ás instalacións, materiais, equipos Apoio por parte das persoas responsables da formación no centro 29

4.VALORACIÓNS SOBRE AS SÚAS CONSDICIÓNS ESPAZO-TEMPORAIS EN RECURSOS DISPOÑIBLES Neste bloque composto de tres ítems os docentes valoran nunha escala que vai dende: moi pouco adecuado, 2. Pouco adecuado, 3. Regular, 4. Adecuado, 5. Moi adecuado. Aspectos relacionados coas instalacións, calendario e recursos dispoñibles para o curso. Táboa 17. Valoración do persoal docente sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos dispoñibles VALORACIÓN SOBRE AS SUAS CONDICIÓNS ESPAZO TEMPORAIS E RECURSOS DISPOÑIBLES Instalacións (aulas, talleres ) nas que tivo lugar o curso Medios técnicos utilizados (ferramentas, ordenadores, pantallas, hardware ) Horario do curso 1 2 3 4 5 Base: total da mostra (1) Gráfico 16. Valoración do persoal docente sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos dispoñibles Instalacións (aulas, talleres ) nas que tivo lugar o curso Horario do curso Medios técnicos utilizados (ferramentas, ordenadores, pantallas, hardware ) Obsérvase neste punto, que as instalacións e medios técnicos obteñen a valoración máxima de cinco; o ítem referido ao horario obtén unha valoración de tres 30

5.VALORACIÓN DA PROPIA LABOR COMO DOCENTE Avaliando a propia labor como docente, obsérvanse en todos os termos avaliados valores de 4 e 5. Táboa 18. Valoración da propia labor como docente VALORACIÓN DA PROPIA LABOR COMO DOCENTE Realización dunha avaliación dos coñecementos previos do alumnado Preparación previa dos contidos e adaptación dos mesmos ao alumnado Afondamento nos contidos expostos Calidade do material elaborado Consideración do contexto sociolaboral/saídas laborais Estimulación da participación do alumnado Estimulación do interese pola materia Base: total da mostra (1) 1 2 3 4 5 Gráfico 17. Valoración da propia labor como docente. Realización dunha avaliación dos coñecementos Estimulación do interese pola materia Preparación previa dos contidos e adaptación dos mesmos ao Estimulación da participación do alumnado Afondamento nos contidos expostos Consideración do contexto sociolaboral/saídas Calidade do material elaborado 31

CONCLUSIÓNS DAS VALORACIÓNS 32

Este capitulo ten como obxectivo resumir os resultados acadados na avaliación da formación impartida ao abeiro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas para o exercicio 2016. A seguinte síntese recolle para cada unha das variables analizadas os principais resultados, de maneira que a súa lectura permita ter unha visión de conxunto do informe de resultados, que se presenta neste documento. NOTAS METODOLÓICAS AVALIACIÓN ALUMNADO: Os datos correspóndense coas opinións de 10 alumnos/as. AVALIACIÓN PERSOAL DOCENTE: o 100%, do total do persoal docente participante na formación específica. PERFIL DO ALUMNADO Atendendo aos datos de clasificación o alumnado conclúese que o alumna/o tipo é unha muller de entre 36 e 45 anos, con titulación de Técnico Superior ou Licenciatura/Grao, en situación de desemprego, residente na provincia de A Coruña, comarca de Ferrol-Terra que tivo coñecemento da existencia do curso a través do Servizo Público de Emprego. VALORACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA POR PARTE DO ALUMNADO 1. Valoración dos aspectos organizativos, infraestrutura e de equipamento. Organización do curso. A organización xeral do curso e a adecuación ó número de alumnado por curso obteñen resultados cunha puntuación media de 2,70 e 3.70. Duración do curso e horario. No tocante á duración do curso e aos horarios deste, o nivel de satisfacción chega ao 2.10 e 1.70 de media respectivamente. Instalacións e medios técnicos utilizados. A adecuación das instalacións e dos medios técnicos utilizados son positivamente valorados en ambos casos cunha puntuación media de 3.10 e 3 respectivamente. 2. Valoración de aspectos propios da formación: contidos, medios didácticos, formadores/titores, e avaliación. Contidos. En relación aos contidos das accións formativas, tanto no seu aspecto de dar resposta ás necesidades de aprendizaxe como de combinación axeitada de teoría e práctica, a puntuación media sitúase no 3 e 2.70 en ambos casos. Medios didácticos. A comprensión e a adecuación da documentación e dos materiais entregados e a actualización dos medios didácticos obteñen niveis de satisfacción similares, acadando unhas puntuacións medias de 2.90 para o primeiro caso, e de 2.80 para o segundo caso. Formadores. Sobre o persoal docente obtéñense resultados, satisfactorios. A forma de impartir o curso como facilitadora da aprendizaxe, acada unha puntuación 33

media de 2.90 Igualmente a valoración sobre se o persoal docente coñece os temas en profundidade acada unha moi boa media de 3.10. Mecanismos para a avaliación da aprendizaxe. O 100% do alumnado afirma que realizaron probas de avaliación para coñecer o nivel de aprendizaxe. Así mesmo o 100% afirma que a formación permítelle obter unha acreditación onde se recoñece a cualificación. 3. Valoración xeral da acción formativa Neste apartado, as puntuacións acadadas nos cinco ítems avaliados presentan valores similares con pouca diferenza na distribución porcentual. As puntuacións medias acadadas en tódolos ítems superan o 2.70 sobre 4. 4. Grao de satisfacción xeral O valor acadado de puntuación media é do 2.80. VALORACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA POR PARTE DO PERSOAL DOCENTE 1. Valoración do persoal docente sobre o alumnado. Conclúese neste apartado que os aspectos mellor valorados son os relacionados coa participación e a atención prestada cunha valoración de 5. 2. Valoración sobre o desenvolvemento do curso. Os ítems relacionados co acompañamento por algunha persoa da entidade o día da presentación e a valoración do número total de horas do curso, acadan puntuacións de 5. Pola contra a afirmación relacionada co número de horas por módulo e o cumprimento de obxectivos marcados ao principio do curso valóranse cun 4. 3. Valoración da forga como entidade organizadora do curso. No cuestionario valórase a labor de forga como entidade organizadora, en todos os ítems cun valor de 5 sobre 5, excepto no ítem relacionado coa información sobre as características do alumnado antes do curso que a valoración é de 4. 4. Valoración sobre as súas condicións espazo-temporais e recursos dispoñibles. Os medios técnicos e as instalacións son os aspectos avaliados neste apartado que acadan o valor máximo de 5. O horario do curso é valorado cun 4. 5. Valoración da propia labor como docente. Conclúese que é o apartado cun nivel de valoración superior, é dicir de valores de 4 e 5 en todos os apartados. En consecuencia, pódese afirmar que a acción formativa desenvolvida pola forga nesta convocatoria ten acadado os obxectivos para os que foi deseñada e programada. 34

PUNTOS DÉBILES DETECTADOS DURANTE A FORMACIÓN E O SEU AFRONTAMENTO 35

PUNTOS DÉBILES DETECTADOS E O SEU AFRONTAMENTO: A Orde de convocatoria recolle no seu artigo 29.1 que as actuacións realizadas en materia de avaliación polas entidades, deberán comunicarse á Dirección eral no momento en que se efectúen, dando traslado de copia da documentación e dos resultados obtidos a través dun informe no que queden reflectidas, así como da verificación das condicións de impartición do curso e as actuacións de mellora que se teñan realizado a raíz dos resultados das accións de avaliación e control. Deberán facer un seguimento continuo que permita a identificación de áreas de mellora e elaboración de plans de mellora, detectando debilidades que puideran ser subsanadas dentro do período de realización do curso, e quedando reflectidas as levadas a cabo para tal fin na memoria final. Para dar resposta a esta esixencia, forga realiza un seguimento estrito da acción formativa que permite detectar debilidades referidas a unha serie de indicadores (contidos, instalacións, material, docente e desenvolvemento xeral do curso); o obxectivo deste seguimento é detectar as debilidades e subsanalas na medida do posible dentro do desenvolvemento do curso. No seguimento intermedio realizado no curso 1597 ADGD0208 estión Integrada de Recursos Humanos, e comunicado por rexistro á Consellería o 22 de xullo de 2016, recolléronse as seguintes suxestións: - As suxestións do alumnado sobre os contidos concéntranse no exceso de horas diarias (7,5) dedicadas a formación, coas repercusións, matizan, sobre a calidade da aprendizaxe polo esforzo que supón manter a atención, tanto tempo, para unha boa asimilación dos contidos. A actuación de mellora é a explicación sobre a necesaria obrigatoriedade de cumprimento, por unha banda dos contidos, e por outra, o axuste aos prazos de remate estipulados na programación. - A consideración xeral durante o primeiro período do curso é satisfactoria, mantendo o inconveniente do alto nivel de presión que exerce, o que consideran, exceso de horas diarias e o curto período de tempo para a total asimilación dos contidos. - Faise notar neste apartado a baixa cuantía da axuda para o transporte en vehículo propio. Por parte de forga remíteselle a revisión da normativa recollida na orde de axudas, artigo 8.2 da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa en bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2016. - Outro bloque de suxestións van dirixidas a propor unha duración do curso mínima de 6 meses, para favorecer ente outras cousas a conciliación familiar. 36

RECOMENDACIÓNS DE MELLORA 37

RECOMENDACIÓNS DE MELLORA: Co obxecto de paliar os puntos débiles detectados nesta formación de cara a mellorar futuras convocatorias, as recomendacións recollidas sinteticamente, son as seguintes: - Dende forga e de xeito transversal en todos os cursos, seguir informando ao alumnado detalladamente da importancia da formación, nomeadamente dos certificados de profesionalidade, a súa importancia e normativa. - Mellorar a selección de participantes para evitar ao alumnado con motivación exclusivamente económica. - Adoitar o compromiso por parte da forga de trasladar á administración competente, a necesidade de flexibilizar o período de execución das accións formativas, adaptando á data de resolución e ao número de horas do curso. 38

ANEOS 39

MODELO ENQUISA ALUMNADO 40

41

MODELO ENQUISA PERSOAL DOCENTE 42

43

44