A RAG suprime palabras ofensivas sobre a síndrome de Down

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Silencio! Estase a calcular

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Sede Electrónica Concello de Cangas

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Problema 1. A neta de Lola

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Expediente: 5193/2017

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Facultade de Fisioterapia

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

TRAXECTORIAS E RETOS

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

III MEMORIA SOCIAL CLECE

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Segunda lingua estranxeira: inglés

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

nº 52 - setembro 2011

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

Memoria de Actividades Ceesg

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e socios. Becas y vacantes. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Qué facemos: ónde estamos

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

plan estratéxico 2016 >> 2020

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Rede galega de TC. A Internet como un local social. Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Cristina González Abelaira

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Transcription:

Esquecíasenos que Santi ten discapacidade OBXECTIVO CONSEGUIDO! O GALEGO, RESPECTUOSO E INCLUSIVO A RAG suprime palabras ofensivas sobre a síndrome de Down Así é a Tarxeta de Grao de Discapacidade Colabora con nós cas túas compras sen pagar máis! Número 2 - Outubro 2016

ÍNDICE Así é a Tarxeta de Grao de discapacidade 3 Colabora con Down Galicia facendo a compra! 7 Alianza con FAGAL polo envellecemento activo 9 A RAG suprime palabras ofensivas sobre Down 13 80% de aprobados nas oposicións estatais 15 Esquecíasenos que Santi ten discapacidade 17 A Xunta financia a contratación de dúas persoas 21 Verán de éxitos na área laboral 25 Xornada de Educación Inclusiva en novembro 27 Máis noticias? 29 Séguenos! 30 Publicación da Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down Textos e deseño realizados polo Departamento de Comunicación PÁXINAS 1-2 Saúl, membro de Down Lugo, no seu posto en Feuvert

A TARXETA DE GRAO DE DISCAPACIDADE Que vantaxes ten? A tarxeta acredita de forma sinxela que unha persoa ten algunha discapacidade. Tamén terá outras vantaxes que a Consellería de Política Social publicará todos os anos no apartado de Benestar da súa páxina web. Quen pode obter a tarxeta? Aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Quen pode utilizar a tarxeta? É persoal e intransferible. Só a poden utilizar o titular ou a persoa que o representa. É válida en toda España. A tarxeta substitúe para certas xestións ó documento en papel (resolución). Nalgúns trámites seguirá sendo necesaria a presentación da resolución que se viña empregando. Para utilizala, deberase presentar tamén o DNI ou documentos correspondentes como o pasaporte, o certificado literal de nacemento (se o titular é menor de 14 anos) ou o número de identificación do estranxeiro. PÁXINAS 3-4

Como se obtén? Hai dúas maneiras de obter esta tarxeta: 1. De oficio: A tarxeta expedirase de oficio para aquelas persoas cuxa resolución de recoñecemento ou de revisión do grao de discapacidade teña lugar a partir do 5 de agosto. 2. Por solicitude: É recomendable solicitar a tarxeta por vía electrónica neste enderezo web. Unha vez dentro, debe indicarse no buscador o código de procedemento: BS611B. A tarxeta expedirase a todas aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 33% e que a soliciten a partir do 5 de agosto por petición expresa (Modelo ANEXO II). Tamén se pode solicitar en caso de perda ou roubo (Modelo ANEXO III). Documentación necesaria para a solicitude: (no caso de autorizar a consulta dos datos non é preciso presentar ningún documento. Só a solicitude cuberta). 1. Fotocopia compulsada do DNI do solicitante ou do representante legal para a consulta dos datos de identidade. Tamén é posible autorizar ó órgano que tramita a solicitude o acceso a eses datos. 3. De ser o caso, Autorización de representación (Anexo IV) debidamente cumprimentado. 4. Fotocopia compulsada do recoñecemento do grao de discapacidade para a consulta dos datos. Tamén é posible autorizar ó órgano que tramita a solicitude o acceso a eses datos. 5. Nos casos de perda ou roubo da tarxeta, presentarase a copia da denuncia presentada ante a autoridade competente. Onde entregar a solicitude? Por vía electrónica a través do formulario electrónico Por correo á Consellería Política Social - Dirección Xeral de Maiores e persoas con Discapacidade En calquera Rexistro (Xunta, subdelegación do Goberno, Deputación ) Cal é a vixencia da tarxeta? A tarxeta pode ser definitiva ou temporal. A súa vixencia aparece na propia tarxeta. 2. Certificado de empadroamento do concello de residencia do solicitante para a consulta dos datos de residencia. Tamén é posible autorizar ó órgano que tramita a solicitude o acceso a eses datos. PÁXINAS 5-6

COLABORA CON NÓS FACENDO A COMPRA! A partir de agora tes unha forma rápida e sinxela de colaborar con Down Galicia. Trátase de Wapsi.org e de Helpfreely.org, dúas plataformas mediante as que, ademais de facer as túas compras online, poderás destinar unha porcentaxe das mesmas á ONG que ti elixas entre as que se atopan dadas de alta nos seus servizos. O funcionamento é moi sinxelo. Estas dúas plataformas teñen acordos asinados con moitas empresas, que destinan parte das compras ás ONG que o comprador escolla. É dicir: 1. Ti compras ó prezo de sempre na túa tenda habitual. 2. Wapsi.org ou Helpfreely.org reciben unha porcentaxe da túa venda. 3. E estas plataformas destinan unha parte desa porcentaxe á ONG que ti escollas. Poñamos un exemplo: teño pensado comprar uns billetes de avión para as miñas vacacións. Como fago? 1. Entro en Wapsi.org ou en Helpfreely.org 2. Busco a compañía aérea coa que quero viaxar (Iberia, Vueling,...) e comprobo se está entre as empresas coas que estas plataformas teñen acordo. 5. A propia plataforma xa me redirecciona á páxina da compañía aérea escollida. 6. Unha vez alí, fago a miña compra de xeito normal. Non hai que pagar máis. Son as empresas as que doan parte do seu beneficio para cumprir coas súas políticas de Responsabilidade Social Corporativa. Invitámosvos a comprobar a multitude de empresas adheridas a estas plataformas. Aquí vai algún exemplo: Wapsi.org: Amazon, Atrapalo, Just Eat, Viajes El Corte Inglés, MediaMarkt, Groupon, Sarenza, Fnac, Toysrus, Barceló, Pull & Bear, Asos, Logitravel, Halcón Viajes, etc. Helpfreely.org: Ebay, Booking, Zalando, Vueling, Europcar, Rumbo, edreams, Nike, El Corte Inglés, AliExpress, etc. E así ata máis de 300 tendas online de alimentación, mascotas, bebés, hoteis, electrónica, automóbil, deportes, fotografía, xoguetes, etc. Anímate a probar e comparte esta información cos teus amigos e coñecidos. Entre todos podemos colaborar con Down Galicia sen que nos custe nada! 3. Escollo a compañía aérea. 4. Selecciono a ONG á que quero que vaia destinada parte da miña compra (Down Galicia). PÁXINAS 7-8

ALIANZA ENTRE DOWN GALICIA E FAGAL POLO ENVECELLEMENTO ACTIVO O alzhéimer estase a converter xa no principal problema médico das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. A necesidade de abordar medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable deste colectivo é o obxectivo fundamental do convenio de colaboración asinado en setembro polo presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e polo presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez. A través deste acordo ambas entidades se comprometen a participar e colaborar activamente nas actividades e proxectos que se acorde establecer e que irán encamiñados ó intercambio de información sobre o perfil e as necesidades do colectivo de persoas con discapacidade intelectual e cunha demencia neurodexenerativa. Acórdase, ademais, o asesoramento e traballo compartido no deseño e posta en marcha de programas de envellecemento activo e saudable; a busca de recursos, estratexias e metodoloxías para mellorar o proceso de envellecemento dos colectivos; a promoción de accións que contribúan a unha maior visibilización, participación e inclusión das persoas maiores con discapacidade intelectual e cunha demencia neurodexenerativa en programas e servizos da comunidade; e a colaboración nas actividades/xornadas de formación, sensibilización e información que se poñan en marcha, entre outros. PÁXINAS 9-10 Down Galicia en acción de apoio a FAGAL

Na actualidade estímase que viven en Galicia 2.720 persoas coa síndrome de Down e preto de 12.000 persoas con algún tipo de discapacidade intelectual que necesitan que se estuden as súa situación de envellecemento. Un dos cambios máis significativos das persoas coa síndrome de Down nas últimas décadas é o notable incremento da súa esperanza de vida, que pasou de ser de aproximadamente 9 anos a comezos do pasado século aos 60-64 anos da actualidade. Neste sentido, o presidente de Down Galicia, indica que a traxectoria vital das persoas coa síndrome de Down cambiou, xa que agora van vivir moitos máis anos, e tamén van envellecer. É un fenómeno novo que aínda está invisibilizado. A súa capacidade para envellecer con calidade e benestar vai depender das estratexias que se adopten para que poidan adaptarse aos cambios que leva consigo esta nova situación persoal, familiar e social do envellecemento. Xunto co incremento da esperanza de vida, obsérvase a aparición de manifestacións propias dun envellecemento precoz comezan a envellecer a partires dos 40 anos aproximadamente- así como unha asociación importante entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzhéimer. Atendendo a estes datos, Rodríguez Bernárdez resaltou a importancia de que colectivos que traballan no mesmo ámbito procuremos a posta en marcha de estratexias conxuntas que axuden a mellorar a situación, especialmente no relacionado coas demencias neurodexenerativas. Sinatura do convenio Down Galicia - FAGAL PÁXINAS 11-12

A RAG SUPRIME PALABRAS OFENSIVAS SOBRE A SÍNDROME DE DOWN Tomando como punto de partida unha petición de Down Galicia, a Real Academia Galega decidiu, tras unha reunión do seu Seminario de Lexicografía, suprimir ou modificar varias palabras ou acepcións pexorativas referidas á síndrome de Down. Trala análise en profundidade destes termos, Down Galicia decidiu que a primeira reclamación se centrase na definición de síndrome de Down, xa que esta asociaba a alteración cromosómica con acepcións como debilidade mental ou deficiencias físicas. A nova proposta é: Alteración xenética producida pola triplicación total ou parcial do cromosoma 21, que se caracteriza por un certo grao de discapacidade intelectual e un conxunto variable de trazos físicos. Ademais, a Federación propuxo a eliminación completa do termo mongolismo e a modificación da observación da palabra mongólico, que quedaría redactada da seguinte maneira: "Non debe utilizarse esta palabra para referirse ás persoas coa síndrome de Down. Tras estes cambios, que xa se atopan reflectidos na versión online do Dicionario, Down Galicia púxose de novo en contacto coa RAG para solicitar a modificación ou eliminación da palabra mongoloide. A institución aprobou retirar a acepción vinculada á síndrome de Down que figura actualmente e que, en pouco tempo, será eliminada. O presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, considera que a terminoloxía que se emprega na linguaxe ten moita importancia polas connotacións que leva asociadas e cre que é vital que entidades de relevancia coma a Real Academia Galega avancen neste senso. Así mesmo, insta á Real Academia Española a que esta iniciativa sexa extensible a todo o territorio nacional. Pola súa banda, a RAG agradece a Down Galicia a súa colaboración para lograr entre todos unha lingua máis digna, máis integradora e máis respectuosa para con todos os membros da nosa sociedade. PÁXINAS 13-14

O 80% D@S MOZ@S DE DOWN GALICIA APROBAN AS OPOSICIÓNS ESTATAIS Un total de 31 persoas pertencentes ás entidades Down en Galicia aprobou o exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual, o que supón un 77,5% de aprobados en relación ó total de presentados (40). Esta proba, que se celebrou o pasado 11 de xuño na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, correspondía á primeira fase do proceso selectivo para ingreso como persoal laboral fixo coa categoría de Axudante de Xestión e Servizos Comúns (ordenanza). Esta convocatoria corresponde ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, e no ámbito autonómico galego contempla 6 prazas nas catro provincias galegas. As persoas que superaron este primeiro exame, procedentes das sete entidades Down galegas, quedan á espera de que se publiquen as listas definitivas tras a valoración de méritos. Ademais desta convocatoria estatal, en marzo de 2015, a Xunta de Galicia contemplou por primeira vez na oferta de emprego público a reserva de prazas para persoas con discapacidade intelectual e a convocatoria dunhas oposicións dirixidas a este colectivo, con 6 prazas de ordenanza. Ademais, estas 6 prazas únense a outras 33 que se inclúen na Oferta de Emprego Público para este ano 2016. Destas 33 prazas, 17 son para celadores do Sergas, 12 para funcionarios subalternos e 4 para o corpo auxiliar. PÁXINAS 15-16 Moz@s de Down Galicia, antes das probas en Madrid

LIDIA ENRICH, DA LANZADEIRA DE EMPREGO DE OURENSE ESQUECÍASENOS QUE SANTI TEN DISCAPACIDADE, A INTEGRACIÓN FOI TOTAL O acceso ó mundo laboral é un dereito básico, ademais dunha das formas máis positivas de favorecer a plena integración socio-laboral e a vida autónoma das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Down Galicia e as súas entidades membro traballan no desenvolvemento das capacidades das persoas usuarias para a súa inserción laboral e/ou a mellora da súa empregabilidade. O programa de Formación para o emprego levado a cabo polas entidades Down facilita ós seus usuarios e usuarias a consecución das maiores cotas de autonomía posibles para a súa participación na sociedade como membros de pleno dereito, e dótaos dos instrumentos necesarios para ampliar a súa formación técnica mellorando así as súas posibilidades de inserción laboral. Analizaremos a continuación o proxecto Lanzadeiras de Emprego e Empredemento Social, que representa unha nova filosofía na intervención social do desemprego. As primeiras Lanzadeiras comezaron no ano 2013 en Palencia e en catro municipios de Cantabria, e os bos resultados facilitaron a extensión do modelo a outros territorios, entre eles, Galicia. Para ampliar este tema, entrevistamos a Lidia Enrich, coordinadora da I Lanzadeira de Emprego na cidade de Ourense. Agradecemos que comparta este intre con nós. Lidia, cóntanos un pouco en que consisten as Lanzadeiras de Emprego e cal é o seu obxectivo. Unha lanzadeira de emprego defínese como un equipo heteroxéneo de persoas desempregadas con espírito dinámico, comprometido e solidario que acceden de forma voluntaria a esta iniciativa e que, coordinadas por un coach, reforzan as súas competencias, xeran coñecemento colectivo, fanse visibles e colaboran na consecución dun fin común: conseguir emprego, xa sexa por conta propia ou allea. En que se basea a súa metodoloxía de traballo? A metodoloxía das lanzadeiras baséase no traballo colaborativo. Todos os participantes achegan aos demais o que saben e mediante o traballo en equipo axúdanse entre todos a conseguir un emprego, ben sexa por conta propia ou por conta allea. Cal é o teu papel nestas sesións? O meu papel na lanzadeira é acompañar, orientar o traballo que se realiza. En calquera caso, o técnico non é un profesor. Que contidos se traballan nunha Lanzadeira de Emprego? Hai varios paquetes de traballo, desde intelixencia emocional, traballo en equipo, empregabilidade,... ata asistencia a eventos profesionais, formacións puntuais e organización dun evento solidario e un foro de emprego profesional. PÁXINAS 17-18

O técnico tamén traballa con cada participante en sesións individuais de coaching e orientación laboral. Cal é a duración dun taller deste tipo? A lanzadeira dura cinco meses. Os participantes acoden a sesións en grupo de luns a xoves, catro horas cada día. Que balance fas do proxecto agora que vés de rematar a primeira edición na cidade de Ourense? Cumpríronse as expectativas? O balance é moi positivo. Independentemente da porcentaxe de inserción laboral, que foi bo, creo que os participantes saíron coa súa autoestima reforzada e adquiriron competencias que melloran a súa empregabilidade. Que perfil posuían as persoas que participaron nesta primeira edición? Era un grupo moi homoxéneo? As lanzadeiras son, por definición, un equipo heteroxéneo de persoas. A razón é que desta maneira as achegas que se poden facer os compañeiros e compañeiras entre si son moito máis enriquecedoras. Sabemos que un dos integrantes da Lanzadera H2Ou de Ourense foi Santiago, un mozo coa síndrome de Down membro de Down Ourense. Como foi traballar con el? Que che aportou a ti como formadora? E ó resto do grupo? Santiago integrouse perfectamente no equipo desde o primeiro día. Sentiuse desde o principio como un máis, e os compañeiros tamén o trataron así a el. Achegounos moito sentido común e a min persoalmente, a oportunidade de interactuar cunha persoa con discapacidade, cousa que non fixera nunca. A verdade é que en moitas ocasións esquecíasenos que Santi ten discapacidade; creo que a súa integración foi total. Cres que está capacitado para traballar nunha contorna ordinaria? Absolutamente. De feito, dous días antes de terminar a lanzadeira comunicáronlle que fora seleccionado para entrar nun obradoiro de albañilería do Concello de Ourense e aí está agora mesmo. Algo máis que queiras contarnos? Só dicir que a Asociación Down Ourense foi unha interlocutora excelente. En todo momento os seus profesionais estiveron dispoñibles para calquera dúbida ou incidencia. Foi un pracer colaborar con eles. Lidia, moitas grazas polas túas respostas. Lanzadeira de Emprego de Ourense PÁXINAS 19-20

A XUNTA FINANCIA A CONTRATACIÓN DE DÚAS PERSOAS DESEMPREGADAS EN TEIMA DOWN FERROL E EN PONTEVEDRA XUNTOS A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiou a contratación de dúas persoas no marco do Programa de activación para o emprego 2015-2016. Estes dous técnicos, que desempeñaron o seu traballo na área de emprego dos centros de traballo que Down Galicia ten en Ferrol e Pontevedra, foron contratados a xornada completa durante un período de seis meses entre finais do pasado ano e comezos deste. Mediante estas contratacións deuse cobertura ó Programa de promoción da formación e emprego de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.. Este programa ten por obxectivo proporcionar ós usuarios e usuarias das distintas entidades Down os recursos axeitados que permitan a súa participación da forma máis autónoma e independente posible na comunidade, mediante a súa preparación e incorporación efectiva ó mercado laboral ordinario a través da metodoloxía de Emprego con Apoio Por un lado, a técnico contratada no centro de traballo de Ferrol desempeñou diferentes actividades de formación en competencias clave para o emprego, actividades de prospección do mercado laboral e actividades de formación sociolaboral como o acompañamento nas sesións de formación, a elaboración de material de apoio para as sesións ou o fomento da participación na dinámica da aula con apoios individualizados dentro da mesma. Pola súa parte, a técnico contratada no centro de traballo de Pontevedra centrouse na execución de actuacións como o apoio e adestramento no posto de traballo en empresas do mercado laboral ordinario, a adaptación das tarefas e o seguimento dese posto, a mediación cos compañeiros e compañeiras de traballo e a coordinación coas familias, entre outras. En total, 38 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual maiores de 16 anos puideron beneficiarse deste programa de promoción da formación e emprego. PÁXINAS 21-22

PÁXINAS 23-24 Miguel, membro de Xuntos, trabllando

13 NOVOS CONTRATOS E 7 PRÓRROGAS VERÁN DE ÉXITOS NA ÁREA LABORAL O verán de 2016 será recordado, ademais de polo seu bo tempo, polas boas novas na área de emprego de Down Galicia. Nestes tres meses, os que van entre xullo e setembro, 26 persoas pertencentes ás distintas entidades membro da Federación conseguiron ou prorrogaron un contrato de traballo ou melloraron as condicións do que xa tiñan. Toni é un dos 6 mozos e mozas que puideron comprobar que o tesón e o esforzo teñen recompensa e viron como o seu contrato se convertía en indefinido. Tras varios anos traballando como operario de almacén en Narón, o pasado setembro pasou a ser persoal fixo da empresa. Ademais dos indefinidos, 13 persoas asinaron un novo contrato e a outras 7 prorrogáronlles o que xa tiñan. para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual atopan á hora de tentar acceder ao mercado laboral ordinario. Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción sociolaboral e asegurar a súa correcta incorporación ó posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural. Repsol, Eroski, Decathlon, Alcampo ou Aludec son algunhas das empresas que neste período estival apostaron pola incorporación de persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual ás súas plantillas. A estas oportunidades, hai que sumar a formación laboral recibida por outras 3 persoas a través de prácticas formativas e de obradoiros de emprego. Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado PÁXINAS 25-26 Toni, de Teima, xa é fixo despois de 6 anos

XORNADA DE EXPERIENCIAS E METODOLOXÍAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA A Federación Down Galicia organiza o vindeiro sábado 5 de novembro Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva, unha xornada de aprendizaxe para profesionais docentes, de orientación e equipos directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Galicia. O obxectivo desta formación, homologada pola Xunta de Galicia, é contribuír á mellora da sensibilización e formación dos participantes na utilización de metodoloxías inclusivas e boas prácticas como medida de atención e optimización do proceso de inclusión educativa do alumnado con maiores necesidades de apoio educativo. A xornada estará centrada, na súa maior parte, na presentación de testemuños e experiencias de profesionais da educación, entre os que destaca Cecilia Simón Rueda, Doutora en Psicoloxía e Mestra Titular do Departamento Interfacultativo de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) e membro do grupo de investigación "Inclusión/exclusión educativa: procesos interpersonales" da UAM e do equipo que coordina o Consorcio para a educación inclusiva. PÁXINAS 27-28 A finalidade das metodoloxías inclusivas e as boas prácticas é acadar unha escola con capacidade para responder ás necesidades individuais dos seus alumnos e alumnas, sexa cal sexa o seu grao de especificidade. Un tipo de escola que debe ser capaz, polo tanto, de adecuar recursos e metodoloxías ás características de todo o alumnado.

MÁIS NOTICIAS? Accede a www.downgalicia.org para informarte de todas as novidades e publicacións da Federación e as súas entidades membro. Velaquí algunhas, fai click para lelas! Down Pontevedra asina un novo convenio con Saraiva Xuntos asinou en agosto un novo convenio de colaboración cos centros de día Saraiva, dedicados a ofrecer servizos de atención a persoas maiores e/ou dependentes. Mediante este acordo, as persoas maiores que sexan membros da entidade terán descontos nos servizos que alí se prestan. SÉGUENOS! DownGalicia.org Facebook.com/DownGalicia Twitter.com/DownGalicia Youtube.com/DownGalicia Flickr.com/DownGalicia A lenda da NBA Glen Rice visita Down Ourense dentro do BBVA Day que se realizou na cidade A lenda da NBA Glen Rice visitou, da man de BBVA, a Asociación Down Ourense. Mozos e mozas da entidade recibiron ao ex-xogador con gran emoción ao ritmo dos pasos de baile e a música da mascota dos Phoenix Suns, The Gorilla Phoenix Suns. Fundación Iberdrola España apoia a inclusión sociolaboral de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual Fundación Iberdrola España, a través da súa Convocatoria 2015 de Axudas Sociais, aporta 40.000 ao proxecto Talento profesional: Emprego con apoio para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual que Down Galicia desenvolve nas súass 7 entidades membro. O Departamento de Comunicación de Down Galicia é o encargado de confeccionar, publicar e difundir todo evento ou cuestión noticioso das entidades membro da Federación. Non dubides en poñerte en contacto co mesmo no e-mail comunicacion@downgalicia.org. PÁXINAS 29-30

Despedida á nosa compañeira Ana Martínez Ata sempre!