-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Similar documents
BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Concello de Castroverde

Expediente: 5193/2017

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Síntesis da programación didáctica

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Sede Electrónica Concello de Cangas

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Consellería de Sanidade

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Facultade de Fisioterapia

Proposta de resolución provisional

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Segunda lingua estranxeira: inglés

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Regulamento do cemiterio municipal do Barco de Valdeorras

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

Problema 1. A neta de Lola

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

ORDENANZA FISCAL Nº II.2 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA PO- TABLE A DOMICILIO. ****************** NATUREZA E FUNDAMENTO NORMAS DE XESTIÓN

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

SESIÓN ORDINARIA DO Pleno DA CORPORACIÓN do 27 de xullo de 2017 ACTA Nº 10/2017

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

Transcription:

BASES DA CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A SELECCIÓN DE UN/A ARQUITECTO/A INTERINO/A PARA A PRAZA DE ARQUITECTO MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN, POR COMISIÓN DE SERVIZOS DO SEU TITULAR. 1ª) Obxecto da convocatoria. É obxecto desta convocatoria a selección, polo procedemento de concurso, dun/a arquitecto/a superior, encadrado na escala de administración especial, subescala técnica, pertencente ao grupo A, subgrupo A-1, cun nivel de complemento de destino 24, a xornada completa, de conformidade co disposto no art. 10.1.b) do RDL 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público e 23.2.b) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e consonte ás disposicións contidas nos seguintes textos normativos: -. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. -. RDL 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. -. RDL 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público. -. Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. -. Orde 1461/2002, do 6 de xuño, do Ministerio de Administracións Públicas, pola que se estabelecen as normas para a selección e nomeamento de persoal funcionario interino. 2ª) Sistema de selección. Concurso. 3ª) Requisitos dos aspirantes. Para ser admitido ás probas cómpre: a) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público. b)ter cumpridos 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa. c) Estar en posesión do titulo de arquitecto superior ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo para presentaren solicitudes. d) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza. e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os anteriores requisitos deberanse reunir con referencia ao último día da prazo de presentación de solicitudes e conservarase, cando menos, ata a data de nomeamento. 4ª) Solicitudes.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral deste concello no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. A anuncio será publicado igualmente xunto coas bases na páxina web do Concello de Brión: www.concellodebrion.gal e no taboleiro de anuncios municipal. As persoas que desexen tomar parte no proceso de selección deberán facelo constar en solicitude dirixida ao Sr. alcalde deste concello (segundo modelo do anexo I), na que farán constar que reúnen todos os requisitos sinalados na base terceira, e á que deberán xuntar os documentos acreditativos, orixinais ou copias compulsadas, dos méritos que aleguen. As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste caso, os/as aspirantes deberán comunicalo ao concello mediante telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias (número de fax do concello: 981 887431), ou ben mediante correo electrónico enviando un e-mail á dirección: secretaria@briondixital.org co fin de que, rematado o prazo de presentación de instancias, sen telas recibido, se pospoña a elaboración da relación de admitidos/as e excluídos/as provisional ata recibir a documentación remitida polo/a aspirante. Se conforme a ese precepto se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro Xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos. A non presentación da solicitude en tempo e forma suporá a exclusión do/a aspirante. Xunto coa instancia achegarán: -. Fotocopia do DNI. -. Xustificante de ter efectuado o pagamento dos dereitos de exame. -. Relación dos méritos que aleguen e xustificación documental, orixinal ou fotocopias compulsadas dos mesmos, para a súa valoración. Rematado o prazo de presentación de instancias ditarase resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos/excluídos que será publicada no taboleiro de edictos deste concello e na páxina web municipal concedéndose o prazo de dous días para reclamacións. Ditas reclamacións, se as houbera, resolveranse polo mesmo órgano que aprobou a lista provisional a través de resolución pola que se aprobará a lista definitiva. Esta resolución igualmente publicarase no taboleiro de edictos do concello e na web municipal. 5ª) Dereitos de inscrición. Dezaoito (18) euros, segundo o establecido na ordenanza fiscal núm. 6 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos. O ingreso realizarase na tesourería municipal ou mediante ingreso na conta xeral do concello na entidade Abanca: ES14-2080-0327-4731-1000-0016. A ausencia do abono dos dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do/a aspirante e non poderá ser obxecto de subsanación. 6ª) Desenvolvemento do concurso. Os aspirantes achegarán conxuntamente coa instancia para tomar parte no proceso selectivo unha relación dos méritos que aleguen, acompañando os documentos xustificativos dos mesmos, orixinais ou fotocopias compulsadas, xa que non se tomarán en conta nin serán

valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, dentro do prazo de presentación de solicitudes. No caso de estar redactados en lingua distinta do galego ou castelán deberán vir traducidas oficialmente a calquera destes idiomas para poder ser obxecto de valoración. Os méritos a valorar e a súa puntuación, serán os seguintes: 1. Experiencia profesional: Ata un máximo de 8 puntos. a) Por servizos prestados como funcionario de carreira ou interino, como arquitecto de entidades locais, desde a entrada en vigor da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia: 0,37 puntos/mes. Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días. A puntuación reducirase proporcionalmente polos prestados a tempo parcial. Requisitos e forma de acreditar o mérito de experiencia profesional: Acreditarase mediante orixinal ou copia compulsada da certificación expedida pola administración pública ao servizo na cal prestara servizos, na que se fará constar o nome do posto, clase de persoal, duración da prestacións dos servizos, a porcentaxe da xornada, escala, subescala, grupo e corpo. B 2. Formación: Ata un máximo de 4 puntos. -. Pola realización de cursos (só serán obxecto de valoración os cursos) de formación ou perfeccionamento en materia de urbanismo e/ou edificacións impartidos ou financiados por administracións públicas ou por centros ou organismos dependentes de administracións públicas, universidades ou por colexios profesionais, por cada un deles: -. De duración de ata 15 horas: 0,05 puntos. -. De duración entre 16 e 24 horas: 0,10 puntos. -. De duración entre 25 e 39 horas: 0,25 puntos. -. De duración entre 40 e 69 horas: 0,50 puntos. -. De duración entre 70 e 99 horas: 0,75 puntos. -. De duración entre 100 e 199 horas: 1,00 puntos. -. De duración de 200 ou máis horas: 1,50 puntos. Os diplomas, certificacións ou documentos que acrediten a realización de cursos deberán expresar a duración en horas e expresar con suficiente claridade o seu contido básico. Se non se indicara as horas de duración a puntuación que se outorgará será a mínima de 0,05 puntos por curso. 3. Coñecemento do galego: Ata un máximo de 1 punto. -. Curso de iniciación ou Celga 1: 0,25 puntos. -. Curso de perfeccionamento ou Celga 2: 0,50 puntos. -. Curso medio de linguaxe administrativa ou Celga 3: 0,75 puntos. -. Curso superior de linguaxe administrativa ou Celga 4: 1 punto.

A puntuación máxima por coñecemento do galego será 1 punto. Soamente se valorarán os de maior puntuación. Unha vez realizada a valoración de méritos, o seu resultado expoñerase no taboleiro de anuncios municipal e na páxina web do concello: www.concellodebrion.gal 7ª) Cualificación do concurso. A cualificación final do concurso será o resultado da suma das puntuacións obtidas na valoración de méritos. No caso de empate terá prioridade aquel aspirante que houbese tido máis puntos no apartado de experiencia profesional. De manterse igualmente o empate resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual, polo segundo, a partir da letra G, seguindo o resultado do sorteo feito público por Resolución do 17 de xaneiro de 2018 do Conselleiro de Facenda, publicado no Diario Oficial de Galicia, número 19, do 26 de xaneiro de 2018. No suposto de que non exista aspirante ningún co primeiro apelido que comece pola letra G pasarase á letra H e así sucesivamente. De persistir o empate, este resolverase por sorteo. 8ª) Tribunal cualificador. O tribunal encargado da cualificación das probas e da supervisión do proceso será nomeado pola alcaldía conforme ao estipulado nos artigos 60 do EBEP, 59 da Lei 9/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais lexislación de aplicación, e a súa composición farase pública xunto coa aprobación da lista definitiva de aspirantes. Estará composto polos seguintes membros e os seus correspondentes suplentes: - Presidente: un/a funcionario/a de carreira (titular e suplente). - Secretario: un/a funcionario/a de carreira, que actuará con voz e voto (titular e suplente). - Vogais: tres funcionarios/as de carreira (titulares e suplentes). O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, polo menos, a metade dos seus membros, e, en todo caso, sen asistencia do presidente e secretario. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente. Os membros do tribunal terán que absterse de intervir cando concorran algunha das causas previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias. Os membros do tribunal terán dereito ao abono de asistencias, de conformidade co previsto no anexo IV do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. 9ª) Relación de aprobados. Rematada a cualificación dos/as aspirantes o tribunal publicará a designación do aprobado. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados pode exceder o número de prazas convocadas, a relación definitiva de aprobados se confeccionará co aspirante que obteña a maior puntuación, ou, no seu caso, resulte gañador do desempate conforme ao estipulado na base sétima. O tribunal elevará a citada relación á alcaldía, a cal lle compete o nomeamento correspondente. 10ª) Lista de reserva. A lista coa totalidade dos presentados e a puntuación acadada quedará para poderen ser utilizada como reserva, tanto para substituír ao seleccionado por procesos de incapacidade temporal, renuncia, maternidade ou calquera outra circunstancia similar, como para calquera nomeamento que de un arquitecto superior interino se precise. Esta lista poderá ser utilizada,

respectando sempre a orde de puntuación, ata que se confeccione unha nova lista, tendo en todo caso unha duración máxima de dous anos contados a partir da publicación da relación de aprobados deste proceso selectivo. Cando cada un dos aspirantes incluídos na lista fose chamado para ocupar un posto, ao rematar o período de contratación recuperará o seu lugar inicial na mesma, de xeito que pode ser chamado para unha nova contratación. 11ª) Presentación de documentos. No prazo de tres días contados desde o día seguinte á publicación da designación do aspirante aprobado no taboleiro de edictos municipal, este deberá presentar no Rexistro Xeral do concello os documentos que seguidamente se relacionan: a) Fotocopia do seu DNI, que se deberá presentar co orixinal para compulsar. b) Fotocopia do título de arquitecto superior, que se deberá presentar co seu orixinal para ser debidamente compulsado, ou, no seu defecto, o xustificante de ter abonado os dereitos para a súa expedición. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión ás probas selectivas, deberán xustificar debidamente o momento de remate dos estudios correspondentes. c) Declaración xurada de que non foi separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública, nin acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. d) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ao momento da súa toma de posesión. e) Certificación oficial acreditativa de posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Os aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. Os que dentro do prazo sinalado, agás casos de forza maior, non presenten a súa documentación ou non reúnan os requisitos esixidos non poderán ser nomeados, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puideran incorrer por falsidade na súa instancia. Neste caso, igual que para o desistimento, será nomeado funcionario interino o seguinte candidato por estrito orde de puntuación, que houbese superado o proceso de selección. 12ª) Nomeamento e toma de posesión. O/A aspirante proposto/a que presente a documentación preceptiva será nomeado funcionario/a interino/a polo alcalde, e deberá tomar posesión no prazo de dous días contado desde o día seguinte ao que se lle notifique o citado nomeamento. 13ª) Incidencias. O tribunal queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e adoptar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases. 14ª) Impugnación.

Os interesados poderán impugnar a presente convocatoria e as súas bases, así como todos os actos administrativos que deriven dela nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro. Brión, 8 de marzo de 2018 O alcalde José Luis García García

ANEXO I MODELO DE INSTANCIA A persoa que asina abaixo solicita ser admitida no proceso de selección de persoal funcionario interino para o posto de: Arquitecto/a interino/a do Concello de Brión, DECLARANDO: 1º) Que son certos os datos consignados nesta instancia, e que reúno os requisitos sinalados na base 3ª da convocatoria publicada no BOP de A Coruña do... Achégase: -. Fotocopia do DNI, e xustificante de ter efectuado o pagamento dos dereitos de exame. -. Documentación orixinal ou copia compulsada dos méritos que se alegan consistente en: 1) 2) 3) DATOS PERSOAIS. DNI: PRIMEIRO APELIDO: SEGUNDO APELIDO: NOME: TELÉFONO DE CONTACTO: DOMICILIO: Código postal: 2º) Solicito tomar parte no proceso de selección da praza sinalada. Brión,... de... de 2018 (SINATURA) SR. ALCALDE DO CONCELLO DE BRIÓN.