Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Expediente: 5193/2017

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Segunda lingua estranxeira: inglés

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Concello de Castroverde

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Silencio! Estase a calcular

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Sede Electrónica Concello de Cangas

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Facultade de Fisioterapia

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Fonética e fonoloxía da língua galega

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: INSTRUMENTO I (JAZZ - PIANO)

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

Traballo de fin de grao

Consellería de Sanidade

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Transcription:

BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER PROVISIONAL OU TEMPORAL, A TRAVÉS DO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE BARALLA DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI 1.- OBXECTO. As presentes bases específicas complementan as bases xerais. Ámbalas dúas bases establecen as normas para a selección de persoal provisional ou temporal. 2.- FUNCIÓNS: Aquelas que corresponden á categoría profesional de Persoal de Apoio do PAI, conforme ao establecido no artigo 7.2 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Punto de Atención á Infancia do (BOP nº 32, 08/02/ 2018). 3.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. a) Xerais: Ademais dos requisitos xerais expostos no número 6 das Bases xerais que rexen esta convocatoria de proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgunha das titulacións para o persoal de apoio das escolas infantís, conforme ao que se recolle no artigo 7.1 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Punto de Atención á Infancia do (BOP nº 32, 08/02/ 2018): - Calquera das titulacións habilitantes para o persoal de atención educativa. - Técnico/a en atención sociosanitaria. (titulación substituída polo de Técnico/a en Atención a persoas en situación de dependencia, regulada no Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembro- BOE nº 301, de 15/12/2011) - Técnico/a superior en animación sociocultural e turística (engadido derivado do RD 1684/2011). -Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería (equivalente a Auxiliar de Clínica). - Diplomado/a en puericultura, recoñecido pola Consellería de Sanidade. b) Específicos: - Ter coñecemento do idioma galego que se acreditará co certificado do curso de perfeccionamento, Celga 4 ou equivalente. No caso de non ter documentación acreditativa esixida, deberase superar unha proba de coñecemento de lingua galega, nos termos que se recollen na Base 5 destas bases específicas. 1

4.- SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO - OPOSICIÓN. 4.1. Fase de oposición As probas a realizar na fase de oposición serán as seguintes: 4.1.1. Proba teórica de coñecementos xerais e específicos. Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que as persoas aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa (base específica 6). A proba poderá consistir, segundo determine o Tribunal, en: Primeira opción: A) Exame tipo test sobre os temas incluídos no apartado de materias común do programa. B) Exposición por escrito dun tema, ou dunha parte deste, das materias específicas do programa, determinado por sorteo diante das persoas participantes. Segunda opción: Nun exame tipo test que abranga á totalidade do programa (materias comúns e específicas). O Tribunal determinará: O número de preguntas do exame tipo test. O tempo para a realización da proba. Os criterios de corrección, podendo penalizar no exame tipo test as respostas erróneas ou establecer outros criterios obxectivos de corrección. A lectura pública polos aspirantes dos seus exercicios escritos sobre o tema específico, así como a realización de preguntas ou aclaracións necesarias que versarán sobre a materia obxecto da proba. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria. Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos. 2

4.1.2. Proba práctica. Esta proba consistirá nun suposto de carácter práctico sobre as funcións que se sinalan na base específica 2. O Tribunal determinará: O contido do suposto práctico podendo incluír probas materiais ou simulacros, contestación a preguntas de forma oral, contestación de probas tipo test, determinación de itinerarios a seguir (fases, trámites, solucións a problemas,...). A lectura pública polas persoas aspirantes (sempre que o contido da proba o permita) así como a realización de preguntas ou aclaracións necesarias que versarán sobre a materia obxecto da proba para formar unha opinión máis precisa dos coñecementos práctico de cada aspirante. Os criterios obxectivos de corrección. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria. Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos. 4.2. Fase de concurso. Baremo de méritos (puntuación máxima 10 puntos). Criterios xerais para todos os apartados do baremo: Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean acreditados conforme se sinala na base 9.2. das Bases Xerais. Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións sinaladas na base específica 2 a excepción do apartado de idioma Galego que se puntuará en todos os casos. 4.2.1 Experiencia profesional (puntuación máxima de 3 puntos). Criterios xerais: O cómputo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados no informe de vida laboral. A experiencia nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público puntuarase se a relación de servizos é funcionarial, laboral ou, se é o caso, autónoma. No suposto de ser autónomo a puntuación realizarase segundo o tempo certificado polas Administracións Públicas ou polas Entidades do Sector Público que corresponda. 3

A puntuación da experiencia profesional en entidades privadas realizarase en atención a denominación dos servizos prestados que figuren no contrato de traballo ou na nómina. Criterios de puntuación: a) Experiencia profesional nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público: Desempeño nas mesmas prazas/postos/empregos que se convoca: Valorarase a razón de 0,084 puntos por cada 30 días de traballo. Desempeño da prazas/postos/empregos con funcións similares: Valorarase a razón de 0,063 puntos por cada 30 días de traballo. b) Experiencia profesional en Entidades Privadas: Desempeño do mesmo posto/emprego: Valorarase a razón de 0,042 puntos por cada 30 días de traballo. Desempeño de postos/empregos similares: Valorarase a razón de 0,022 puntos por cada 30 días de traballo. 4.2.2. Formación Complementaria (puntuación máxima 3 puntos). Criterios xerais: Non se puntuarán as asignaturas ou materias que formen parte dunha titulación académica, nin de masters propios. Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que son necesarios para realizar as tarefas do posto. Non se puntuarán as accións formativas que non acreditan as horas de duración. Criterios de Puntuación: a) Cursos, xornadas, seminarios, congresos, masters propios e similares: TIPO DE CURSOS PUNTUACIÓN POR HORA Asistencia. 0,005 Aproveitamento. 0,010 Impartir cursos. 0,020 4

b) Publicacións, proxectos ou similares puntuaranse a criterio do Tribunal en función da relevancia para o desempeño do posto. 4.2.3. Idioma Galego (puntuación máxima 1 punto). Criterios xerais: Non se puntuará o nivel de Galego esixido na base específica 3.2. O Tribunal poderá puntuar, en función da relevancia para realizar as funcións do posto convocado, os niveis ou cursos con puntuación superior ao outorgado ao B1. No suposto de acreditar varios documentos acreditativos do coñecemento de lingua galega dos reflectido na táboa seguinte só se puntuará un deles. Criterios de puntuación: NIVEIS DE COÑECEMENTO DE LINGUA GALEGA Marco Europeo de Referencia para os idiomas cooficiais Escola Oficial de idiomas Plan novo Plan vello CELGAS C2 CELGA 5 CURSOS DE LINGUAXES ESPECÍFICOS Cursos/ titulacións convalidables Curso Medio de Linguaxe Administrativa galega ou Curso Medio de linguaxe xurídica galega ou cursos que teñan a mesma validez Curso Superior de Linguaxe Administrativa galega ou Curso Superior de linguaxe xurídica galega ou cursos que teñan a mesma validez -Licenciatura en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección de galegoportugués). Puntuación 0,90 0,95 Puntuación 1,00 5

4.2.4.- Entrevista curricular (puntuación máxima 3 puntos). A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez, grao de formación xeral e técnica, formación e experiencia acreditadas no currículo, en relación coas funcións que se sinalan nas bases específicas da praza/posto/emprego ao que se opta. Valorarase principalmente a aptitude e actitude para a praza/emprego que se convoca. A entrevista será obrigatoria, sendo eliminados do proceso selectivo aquelas persoas aspirantes que non se presenten a súa realización. 5.- PROBA DE GALEGO. O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que: [ ], para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.. Aquelas persoas aspirantes que non acrediten o nivel de galego sinalado na base especifica 3.b) deberán realizar esta proba que consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto. 6.- PROGRAMA PRAZA/POSTO/EMPREGO DE PERSOAL DE APOIO DO PAI MATERIAS COMÚNS. Tema 1.- A Constitución Española de 1978. O título preliminar da Constitución. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. Tema 2.- O Municipio: organización e competencias. Tema 3.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. MATERIAS ESPECÍFICAS. Tema 1.- Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia. Principios Xerais dos Servizo Sociais. Obxectivos dos Servizos Sociais de Galicia. Dereitos das persoas en relación aos servizos sociais. Tema 2.- O ingreso da/o menor no centro infantil. A adaptación. Pautas de xestión da relación familia escola. 6

Tema 3.- Alimentación e nutrición. Necesidades nutricionais dende o nacemento ata os 3 anos. Trastornos e dificultades da comida. O desenvolvemento de hábitos para a alimentación equilibrada. Tema 4.- Adquisición de hábitos de autonomía persoal. Adquisición de hábitos de limpeza e hixiene. Alteracións relacionadas coa hixiene. Tema 5.- O descanso. Necesidades e ritmos de sono. Tema 6.- As enfermidades máis frecuentes da infancia. Os accidentes infantís. A prevención dos accidentes infantís. Primeiros auxilios. Tema 7.-.O desenvolvemento motor. A psicomotricidade. Alteracións e trastornos motores no neno e na nena. Baralla, de.. de 2018. O ALCALDE, Asdo.: Manuel Jesús González Capón. DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE Á MARXE 7