REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC)

Similar documents
Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Silencio! Estase a calcular

Síntesis da programación didáctica

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

Problema 1. A neta de Lola

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

Revista Galega de Economía Vol (2015)

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Logaritmo do Número de Dígitos do Maior Primo Conhecido (Abril 2005) 8,00 7,00 6,00 5,00 4,00 3,00 2,00 1,00. 0, Ano

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Prova Escrita de Inglês

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

a) Mr. Holmes is short and fat. He has got white hair and a big nose. He is unhappy.

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Recepção de despedida do Embaixador Hiroshi Azuma

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Revista Galega de Economía Vol (2017)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

2ª ETAPA. x x G A B A R I T O 1. Matemática

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

Introdución. Páxina 2 de 19

XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL

ESCOLA ESTADUAL DR. JOSÉ MARQUES DE OLIVEIRA - ANO 2016 TRABALHO DE ESTUDOS INDEPENDENTES

Travel Getting Around

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

Welcome to Greenman and the Magic forest

Os alófonos de /b, d, g/ en galego

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

Effective: August 26, 2013 RED LINE BLUE LINE ORANGE LINE

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

CUESTIÓN TEMA 30/31O CICLO CELULAR. MITOSE E MEIOSE

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

2) PREENCHA OS ESPAÇOS COM OS VERBOS ENTRE PARÊNTESES NO PAST TENSE:

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

O PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS: O PAPEL DOS ORGANISMOS PÚBLICOS

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

2009 Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

AUDITORÍA, COMITÉS DE AUDITORÍA E NEUTRALIDADE NA INFORMACIÓN NARRATIVA

Free cd bruno e marrone acustico. Free cd bruno e marrone acustico.zip

What system of a down album is sugar on. What system of a down album is sugar on.zip

Presentación do número

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

11. A débeda da PIE con Galicia

A RIQUEZA E O SEU EFECTO SOBRE O CONSUMO NO CONTEXTO DA CRISE GLOBAL: O CASO DA UNIÓN ECONÓMICA E MONETARIA (UEM)

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Second Language Anxiety and Task Complexity

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

A XESTIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO NOS CONCELLOS GALEGOS 1

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Vida es adaptabilidad y diversión. Vida is adaptability and enjoyment.

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 1º PARCIAL

Segunda lingua estranxeira: inglés

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

School Year nd Partial 2nd Term. Click on Google Chrome and open CODE.ORG. Identify the left and the right to catch the character

A ENFERMIDADE PNEUMOCÓCICA INVASORA EN GALICIA:

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

action 8/ 8A action 15 / 15A action 12 / 12A action 118A action 218 / 218A action M12 / M12A action 215 / 215A action 18 / 18A

Transcription:

REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC) ANO 2014

Cláusula de responsabilidade no uso dos datos: Os datos aquí amosados son sometidos a distintas rutinas de validación sucesivas ao longo do tempo, polo que poden darse modificacións dos mesmos. Nin MeteoGalicia nin a USC asumen responsabilidade algunha sobre as diversas utilizacións ou interpretacións que o usuario poida facer dos datos subministrados. Rev.1.0 20150211

RESUMO EXECUTIVO A REDE: A Rede Galega de Medida do Brillo do Ceo Nocturno é unha das primeiras e máis extensas redes públicas existentes a nivel mundial para a monitorización dos niveis de brillo do ceo debido ás emisións artificiais de luz. É o resultado da colaboración entre MeteoGalicia e o grupo de investigación en Microóptica e Sensores de Frente de Onda da USC. Conta con 13 detectores instalados en estacións de MeteoGalicia en zonas fortemente emisoras de luz (áreas urbanas) e zonas de menor emisión lumínica (áreas rurais e de montaña, Parque Nacional das Illas Atlánticas). Recolle datos con periodicidade minutal durante as 24 horas do día. Resumes de datos dezminutais están dispoñibles en tempo real na web oficial de MeteoGalicia. Os detectores foron instalados progresivamente ao longo dos anos 2013 e 2014 estando actualmente completada a primeira fase da Rede. Os datos proporcionados pola Rede teñen unha importancia fundamental para coñecer o estado lumínico actual do brillo do ceo nocturno na nosa Comunidade e para detectar os cambios que se poidan producir no futuro. OS RESULTADOS: Durante o ano 2014 a Rede rexistrou máis de catro millóns e medio de medidas. As medidas efectuadas permiten comprobar o aumento do brillo do ceo en relación cos seus valores naturais, sobre todo nas zonas con forte iluminación urbana. Nas estacións rurais, de montaña e nas situadas no Parque das Illas Atlánticas, o brillo cenital típico do ceo en noites despexadas é entre 1.6 e 4 veces superior ao que se considera unha noite escura en condicións naturais.

Nas áreas urbanas o brillo cenital típico do ceo en noites despexadas é entre 10 e 40 veces superior ao correspondente a unha noite escura en condicións naturais. As nubes en lugares con baixas emisións de luz contribúen a unha maior escuridade do ceo, dado que atenúan ou impiden o paso da luz da Lúa e das estrelas. Pola contra, en zonas con forte emisión lumínica a cuberta de nubes amplifica o brillo do ceo ao reflectir a luz procedente das luminarias dos núcleos de poboación facendo que este chegue a ser até 25 veces superior ao brillo rexistrado no mesmo lugar en noites despexadas. A presenza habitual de nubes e a existencia de potentes fontes de luz artificial fan que nas áreas urbanas e periurbanas os patróns periódicos de brillo e escuridade do ceo nocturno asociados ao ciclo lunar mensual se vexan fortemente (e nalgúns casos totalmente) desdibuxados. Imaxe nocturna das Rías Baixas obtida desde a Estación Espacial Internacional o 5 de agosto de 2012 ás 22:13 horas (TU), orbitando a Terra a 396 km de altura. Credit: Earth Science and Remote Sensing Unit, NASA Johnson Space Center.

1. ESTACIÓNS, MEDIDAS E PERIODOS DE MEDIDA As medidas do brillo cenital do ceo nocturno son proporcionadas polos detectores SQM-LR instalados en diversas estacións de MeteoGalicia. Os datos tómanse a razón de un por minuto durante as 24 horas do día. Nos arquivos de datos figuran as medidas de brillo en bruto propocionadas polo sistema, en unidades logarítmicas inversas de magnitudes por segundo de arco ao cadrado (mag/arcsec 2, ou mpsas, magnitudes per square arcsecond). A estas medidas en bruto compre restarlles 0.1 mpsas para corrixilas das perdas de radiación que se producen por reflexión nas xanelas de vidro que protexen os detectores. As variables temporais están indicadas en Tempo Universal (UTC). Debido á instalación progresiva dos detectores nas estacións da rede, os periodos de toma de datos durante o ano 2014 foron en xeral diferentes para cada un deles: Estación Data inicio Data fin Areeiro 17/03/2014 31/12/2014 O Cebreiro 01/01/2014 31/12/2014 Illas Cíes 21/05/2014 31/12/2014 Fontaneira 10/04/2014 31/12/2014 Guisamo 17/03/2014 31/12/2014 Labrada 11/06/2014 31/12/2014 Lardeira 01/01/2014 31/12/2014 Manzaneda 15/04/2014 31/12/2014 Illa de Ons 24/09/2014 31/12/2014 Paramos 19/06/2014 31/12/2014 Porto de Vigo 08/04/2014 31/12/2014 Santiago Comp. 01/01/2014 31/12/2014 Xares 05/05/2014 31/12/2014

2. HISTOGRAMAS DE MEDIDAS EN CADA ESTACIÓN Histogramas absolutos das medidas minutais do brillo cenital do ceo obtidas en cada estación, durante os periodos de medida indicados no apartado anterior, agrupadas en intervalos de +/-0.25 mpsas con centros cada 0.5 mpsas, a partir dun valor mínimo de 13.5.

Aumento do brillo do ceo respecto ao seu valor natural e amplificación adicional debida á cuberta de nubes: Os histogramas anteriores mostran na maioría dos casos unha distribución bimodal, co pico de maior magnitude correspondendo á moda do brillo do ceo en noites despexadas e sen Lúa e o pico de menor magnitude correspondente ás noites anubradas. A altura relativa dos picos ten relación co número de noites despexadas e cubertas, mentres que a súa posición no eixo horizontal (mpsas) é reveladora da cantidade de luz emitida cara o hemisferio superior polas fontes existentes nas cercanías da estación. Os efectos amplificadores da cuberta de nubes, dados pola diferenza de mpsas entre os picos, son particularmente notables en áreas urbanas ou periurbanas fortemente iluminadas. O valor natural típico do brillo cenital do ceo en noites despexadas e sen Lúa estímase nunhas 22.0 mag/arcsec 2 [Johannes Puschnig, ThomasPosch, Stefan Uttenthaler, "Night sky photometry and spectroscopy performed at the Vienna University Observatory", Journal of Quantitative Spectroscopy & RadiativeTransfer 139 (2014) 64 75]. A táboa seguinte recolle estes efectos amplificadores: Estación mag/arcsec 2 (mpsas) Ratios luminancias=10^[-0.4(m 1 -m 2 )] Anubrado Despexado A/D=CAF D/N A/N Areeiro 16.5 19.5 15.8 10.0 158 O Cebreiro 19.0 21.0 6.3 2.5 16 Illas Cíes 21.0 21.0 1.0 2.5 2.5 Fontaneira 18.5 21.0 10.0 2.5 25 Guísamo 17.0 19.5 10.0 10.0 100 Labrada 18.0 21.0 15.8 2.5 40 Lardeira 19.0 21.0 6.3 2.5 16 Manzaneda 19.0 21.5 10.0 1.6 16 Illa de Ons 17.5 20.5 15.8 4.0 63 Paramos 21.0 21.0 1.0 2.5 2.5 Porto de Vigo 15.5 18.0 10.0 39.8 398 Santiago Comp. 15.5 19.0 25.1 15.8 398 Xares 18.5 21.5 15.8 1.6 25 Luminancias: A/D: Moda das luminancias en banda SQM nas noites anubradas vs moda nas noites despexadas (Cloud Amplification Factor, CAF); D/N: Moda nas noites despexadas vs brillo natural do ceo escuro; A/N: Moda nas noites anubradas vs brillo natural do ceo escuro.

3. DENSITOGRAMAS Os densitogramas (density plots) son histogramas do brillo do ceo con resolución temporal. Representan o número absoluto de medidas en cada intervalo de magnitudes para cada intervalo temporal ao longo da noite. Nos gráficos seguintes úsanse intervalos dezminutais no eixo horizontal, sendo cada columna o histograma das medidas do correspondente intervalo. Aínda que son figuras de baixa resolución en magnitudes pode aprezarse, sobre todo nos entornos urbanos, como decae o brillo no decurso da noite debido ao progresivo apagado das luces da cidade.

4. SQMGRAMAS Os SQMgramas porporcionan información da evolución do brillo do ceo ao longo das horas do día para os diferentes días do ano. Cada columna corresponde a un período correlativo de 24 horas, crecentes cara abaixo, centradas na medianoite (UTC), con resolución dezminutal. Cada dato individual corresponde á mediana dos valores das mpsas medidas cada minuto no intervalo dezminutal correspondente. Pode observarse a diferente duración dos períodos de luz e escuridade asociados ao día e á noite ao longo das estacións do ano. Tamén a contribución da Lúa ao brillo do ceo (bandas oblícuas de ton amarelo), sobre todo nas estacións instaladas en zonas escuras. Nas estacións de zonas urbanas o patrón de brillo debido á Lúa está fortemente desdibuxado Nótense as diferentes escalas de escuridade nas barras de cor que acompañan ás figuras.