A relación mulleres e mar na normativa. Do visible ao invisible: da loita pola dignidade ao ejercicio da soberanía profesional

Similar documents
GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

O Software Libre nas Empresas de Galicia

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Silencio! Estase a calcular

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Metodoloxía copyleft en educación

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Análise do sector da pesca

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

MULLERES, INSTITUCIÓNS E POLÍTICA

persoal, familiar e laboral

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

plan estratéxico 2016 >> 2020

Estudo fenomenolóxico na vivencia dunha ocupación: o marisqueo a pé

ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

C A D E R N O S D E L I N G U A

Cristina González Abelaira

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

Dereitos humanos e cooperación ao desenvolvemento: perspectivas para a análise crítica do rol das ONG no eido da incidencia

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Problema 1. A neta de Lola

Sede Electrónica Concello de Cangas

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Participación feminina no mercado de traballo desde un enfoque interxeracional*

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

TENDENCIAS E PROBLEMAS DA PESCA GALEGA NO CONTEXTO MUNDIAL E COMUNITARIO 1

A igualdade dos sexos no acceso ao emprego, en especial nas leis galegas de igualdade

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

JOSÉ LUIS TORTUERO PLAZA Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade Complutense de Madrid

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

A situación actual da lingua galega: unha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Boloña. Unha nova folla de ruta

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Transcription:

Documento distribuído por A relación mulleres e mar na normativa. Do visible ao invisible: da loita pola dignidade ao ejercicio da soberanía profesional Rosa Chapela Pérez Data de publicación: 15/12/2010 Comisión de Igualdade Pazo de Raxoi, 2º andar. 15705 Santiago de Compostela (Galicia) Tfno.: 981957202 / Fax: 981957205 / xenero@consellodacultura.org

A RELACIÓN MULLERES E MAR NA NORMATIVA. DO INVISIBLE AO VISIBLE: DA LOITA POLA DIGNIDADE AO EXERCICIO DA SOBERANÍA PROFESIONAL Rosa Chapela Pérez Coordinadora da Área de Socioeconomía da Pesca Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR A relación entre a muller do mar e a normativa acada toda a súa razón de ser na Comunidade Autónoma galega, onde, a través do seu ordenamento xurídico, podemos seguir a evolución do papel das mulleres no mar. Foi precisamente a lexislación, neste caso a galega, a ferramenta que veu a dar carta de natureza ao carácter profesional de moitas mulleres do mar, nomeadamente ás mariscadoras; unha lexislación que procura garantir a seguridade xurídica doutras moitas mulleres que traballan e viven do mar. Un labor lexislativo que é resultado dunha actuación administrativa de anos de formación, dinamización e sensibilización levada a cabo polas técnicas/os e axentes de extensión da consellaría competente en materia de pesca da Comunidade Autónoma galega na procura desa visibilidade e profesionalización das mulleres do mar. Mulleres de mar son as mariscadoras, pescadoras nas súas diferentes modalidades, acuicultoras, traballadoras nos centros auxiliares de acuicultura -depuradoras, centros de expedición, cetarias- redeiras, traballadoras da conserva ou procesado, comercializadoras, pescantinas, xestoras en agrupacións, patroas maiores, etc. En definitiva, un amplo abano de actividades onde a muller galega fai visible hoxe o seu traballo no mar. Non obstante, o reflexo desta realidade nunha lexislación apropiada non foi proporcional e paralelo ao grao de participación e visibilidade das mulleres nestas actividades. En moitos casos, a lexislación deu resposta e cobertura legal a unha profesión como foi co marisqueo, actividade eminentemente feminina, que conquistou o nivel de actividade profesional en virtude da normativa galega, e que foi creando unha cobertura xurídica dirixida a esta actividade, e polo tanto, ás mulleres.

Interésanos destacar como as mulleres teñen a súa vida determinada polo mar tanto nos aspectos visibles como nos invisibles ou invisibilizados. Os espazos visibles son a lonxa, o barco, as confrarías, as praias, as bateas. Pero hai outros menos perceptibles e que sustentan a os anteriores, así atopamos mulleres na infraestrutura pesqueira co coidado das artes, como as redeiras; mulleres cultivando o mar, no marisqueo e na acuicultura; mulleres coidando a familia e garantindo a cohesión social, familiar e da vila. Elas son as que toman as decisións importantes nunha sociedade que aínda valora máis o feito de saír de caza ou de pesca que quedar ao coidado dos nenos e da casa. A lexislación foi capaz de dar cobertura a esa parte visible da muller, pero aínda temos o reto de dar resposta legal a esa zona invisible na que ela se move, recoñecendo os dereitos e baixas laborais, por maternidade, etc. É moi difícil que unha norma legal de carácter sectorial, neste caso a pesqueira, estableza unha preferencia ou promova a profesión das mulleres nun determinado sector. Tales funcións do lexislador acostuman deixarse da man da lexislación de igualdade de xénero, lexislación laboral, etc. Non obstante, a Comunidade Autónoma de Galicia promoveu esa regulación para protexer e impulsar a profesionalización das mulleres no mar, concretamente das mariscadoras. Efectivamente, a realidade existente en Galicia provocou unha reacción do lexislador. O gran número de mulleres mariscadoras que realizaban o seu traballo sen ningún tipo de recoñecemento legal nin social foi camiño da visibilidade e profesionalización grazas á produción normativa da Xunta de Galicia. As mulleres mariscadoras foron capaces de liderar unha revolución que, neste caso, non foi tecnolóxica senón social, unha revolución no sistema de comercialización e organización apoiado no desenvolvemento dunha infraestrutura e dun saber-facer, dunha cultura do mar. En resposta a esa revolución xorden as agrupacións de mariscadoras na defensa dos seus intereses, comezan a facerse ouvir nas confrarías e iso forzou que as administracións tiveran que improvisar unha normativa reguladora da actividade do marisqueo. Este primeiro bloque normativo da Administración galega supuxo para a muller mariscadora unha revolución dunha magnitude maior do que parece porque afectou a múltiples dimensións: á capacidade de asociación, ás facultades de dirección, á organización do traballo, á capacitación profesional, á cobertura social, á

autoestima e autocapacitación como profesionais nun mundo laboral de gran presenza masculina. Todo comezou nos anos 50 e 60, tras a crise da sardiña, cando as conserveiras precisaban de produtos alternativos para continuar traballando. Aquí milleiros de mulleres exerceron unha tarefa importante exercendo xa de mariscadoras nas praias en épocas concretas do ano para vender o molusco ás conserveiras, que exercían un claro réxime de monopolio. Pero era unha actividade complementaria e sen recoñecemento. Así, para dar unha cobertura legal a estas mulleres xorde o primeiro texto normativo, que crea a figura do carné de mariscador (aínda que pensado para mulleres fundamentalmente, o lexislador non introduciu a denominación feminina de mariscadora) a través da Orde do 16 de abril de 1963, que pretende establecer un primeiro límite ao excesivo número de mariscadoras nas praias á vez que exercer un control sobre a actividade. Pero vai ser no comezo da década dos noventa cando o lexislador tome consciencia da necesidade dunha regulación para a profesionalización das mulleres mariscadoras. Dende o Decreto 59/1992, do 6 de marzo, sobre extracción de especies marisqueiras, que creaba os plans de explotación marisqueira, comezábase ese camiño da profesionalización. E foi a Administración galega a que se encargou de preparar ese camiño. Así a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, aínda que non fai referencia expresa ao papel da muller, reflicte que a vontade do lexislador é a de profesionalizar as miles de mulleres que se dedicaban a esta actividade. Mesmo reducir o número de permisos e concedérllelos só ás profesionais. Coincide no tempo a organización, por parte da Administración, dos Encontros de Mulleres Mariscadoras o primeiro deles en 1995, en Vilagarcía de Arousa, que foron unha ferramenta fundamental para o traslado dos intereses das mariscadoras á Administración e para que esta fose plasmando e recollendo na lexislación progresivamente todas estas reivindicacións das mulleres. Co Decreto 423/1993, do 17 de decembro, que refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, xorde o permiso de explotación marisqueira, o permex, que vai ser unha ferramenta legal importante en mans das mulleres e que, xunto cos plans de explotación, vai dar entrada ás mulleres no proceso

de coxestión dos recursos marisqueiros no litoral galego. Introdúcese o sistema de planificación que, baseado na coxestión, vai supor o inicio da corresponsabilidade das mulleres na planificación da súa actividade e na asunción do cambio que as leva a pasar dunha mentalidade simplemente extractiva a converterse en cultivadoras, comercializadoras, xestoras e representantes ante a Administración e outros foros. Mais alá da actividade extractiva, este Decreto veu facer visible o traballo das mulleres na vixilancia das praias; nas actividades de limpeza, sementes e rareos; na participación na xestión e elaboración dos plans de explotación, etc. E con esta nova regulación veu a recoñecerse outro cambio legal importante para a consolidación da profesionalización da muller do mar, neste caso mariscadora: a obrigatoriedade de estar de alta no Réxime Especial da Seguridade Social das Traballadoras do Mar, que se converteu en requisito esencial para poder ser titulares do permiso de explotación. A partir de aí viñeron a asumir conceptos xurídicos como o do dominio público marítimo-terrestre, atribuído aos espazos onde exercen a súa actividade. Pasaron a asumir este tipo de conceptos que levan a recoñecer un uso ou explotación dun espazo común, de dominio público, que pertence a todos pero que, en determinadas condicións, a Lei permite o seu uso e explotación de xeito intensivo e incluso en exclusiva a través dos permisos, das autorizacións e das concesións. Títulos administrativos dos que elas son titulares e que xestionan. Houbo que esperar até a década seguinte para que o traballo da muller no mar tivese recoñecemento expreso na lexislación na súa condición feminina. Así, a nova Lei de pesca, a Lei 11/2008, modificada pola Lei 6/2009 (LPG), xa inclúe esta referencia na súa exposición de motivos, aínda que só para o seu papel de representación e xestión: fomentarase a participación da muller na toma de decisións dentro das organizacións do sector pesqueiro. Esta Lei tamén fai referencia explícita ás esixencias derivadas da lexislación en materia de igualdade, como é o caso da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, de igualdade efectiva entre homes e mulleres; a Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de homes e mulleres, ou a Lei 2/2007, do 28 de marzo, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Esta idea recóllese no título VII da Lei, que dispón medidas para o establecemento de criterios de igualdade na configuración dos órganos de dirección das confrarías de pescadores (arts. 85 e 86 da LPG). A Lei de pesca insiste na aplicación do principio de igualdade no seu articulado, concretamente con respecto ás profesionais da comercialización, transformación e promoción de produtos

pesqueiros, tal e como recolle o artigo 97.a) referido a subsectores que tradicionalmente estiveron presididos polas mulleres. Xa no artigo 2 da Lei de pesca, que establece os seus obxectivos, déixase clara cal vai ser a filosofía que preside esta nova xeira da política pesqueira galega: a do recoñecemento das mulleres do mar. Así, no art. 2.4 establécese a integración da perspectiva de xénero na aplicación do principio de igualdade no acceso ao emprego na pesca, incidindo no fomento do acceso e promoción da presenza e incorporación das mulleres nos sectores da actividade e profesións nos que están infrarrepresentadas, especialmente nos das actividades extractivas a bordo. Vese aquí un impulso da normativa á pesca marítima na que, efectivamente, as mulleres non teñen unha ampla representación por tradición ou cultura e o lexislador pretende impulsar a súa maior participación. Esta é a primeira vez que se fai este recoñecemento a través dunha normativa de superior rango como é unha lei. Outro exemplo de recoñecemento da muller profesional na Lei contense no artigo 74.4, que prevé como obxectivo da Administración, á hora de regular a flota galega de pesca, o de establecemento dunhas condicións ou niveles de equipamento a bordo que garantan a igualdade de oportunidades por razón de xénero. Isto da entrada por vez primeira á adaptabilidade das embarcacións de pesca para que poidan levar mulleres a bordo. A promoción da muller tamén se fai no establecemento dunha preferencia do acceso á titularidade das concesións e autorizacións de marisqueo ou explotacións en bancos naturais para as cooperativas integradas maioritariamente por mulleres (art. 32.4 LPG). Con este artigo estáselle dando unha clara prioridade ás mariscadoras para ser titulares de concesións ou autorizacións e pasar así da pesca ao cultivo do mar. E o art. 92, relativo ás cooperativas do mar, aínda que remite á Lei de cooperativas, recorda á consellaría competente en pesca que debe promover a constitución de cooperativas de produtores de base integradas maioritariamente por mulleres. Outra das novidades importantes desta nova Lei de pesca, tamén vencellada a elementos semánticos de grande importancia, é a que fai referencia ao recoñecemento legal do concepto de patroa maior equiparado ao de patrón maior, dando así cobertura e impulso ás mulleres do mar para cubrir estes postos que xa teñen nome propio para elas (art. 87 LPG).

Até aquí, a visibilidade das mulleres na lexislación. Pero entre estas actividades menos visibles aínda están as redeiras, as que reparan embarcacións, as que cultivan marisco nas bateas, etc., unha serie de actividades que foron cualificadas pola Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia como actividades feminizadas (art. 36), que son, segundo a lei, as realizadas sen remuneración nin recoñecemento profesional. A Lei obriga ás administracións competentes en materia de traballo a promover a revisión e mellora da lista de cualificacións profesionais, incorporando a perspectiva de xénero co fin de incluír estas actividades como profesionais. No anexo da Lei aparece a lista de actividades denominadas feminizadas, entre as que se encontran, dentro do sector pesqueiro e marisqueiro as redeiras ( ), as reparadoras de embarcacións e aparellos de pesca de baixura, cuxa actividade consiste en reparar, manter, pintar, conservar e pór a punto aparellos e embarcacións de pesca de baixura, ( ) as cultivadoras de marisco en batea. E no punto 4 do anexo, no sector vendas inclúense as vendedoras non regularizadas de produtos do mar, cuxa actividade consiste na venda non formal de mariscos e peixes do día. Estes traballos están, segundo a Lei, caracterizados polo alto grao de irregularidade ou por ser realizados sen remuneración ningunha ou calquera tipo de recoñecemento profesional. A lei apela ao recoñecemento e promoción destas actividades, situándonos así ante un novo reto para as administracións. No caso específico das redeiras, mulleres do mar, a lei silencia a súa actividade ao non ter un recoñecemento profesional, o que lles impide loitar contra unha das principais dificultades que ameazan o futuro desta actividade de mulleres: o intrusismo profesional. Falta, pois, un recoñecemento legal que garanta os seus dereitos laborais e recoñeza a cualificación profesional para o seu desempeño. E tamén aquí, como ocorrera coas mariscadoras anos atrás, as redeiras están a vivir un proceso de formación, capacitación e organización promovido tamén pola figura dos Encontros de Mulleres Profesionais dirixidos ás redeiras dos peiraos de Galicia, postos en marcha pola Administración pesqueira galega e que xa contribuíron a crear once asociacións profesionais nos peiraos galegos e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, que está a desenvolver un importante papel na defensa dos dereitos das traballadoras.

Todo este proceso de legalización profesional, recoñecemento legal e promoción da muller a través do ordenamento xurídico e no sistema formativo trazado pola Administración deu lugar a que as mulleres do mar de Galicia estean máis organizadas que os homes, teñan unha maior capacidade de xestión e para emprender novas actividades, ou achegar ideas e debatelas conxuntamente entre elas. Todo iso grazas á organización e ao camiño percorrido. Isto vai ser un valor positivo para a nova filosofía que establece o dereito comunitario e a normativa reguladora das axudas para a pesca. Así, o novo Fondo Europeo da Pesca, que establece un novo eixe 4 para o desenvolvemento das comunidades costeiras, fai tamén especial mención á participación da muller para recibir as axudas. E nos primeiros anos da súa posta en marcha podemos comprobar que son xustamente as mulleres as máis proclives a presentar proxectos de diversificación que contribúan a mellorar as súas economías e a economía do litoral galego. Temos exemplos nas percebeiras de Baiona e A Guarda, cos proxectos de diversificación de novos produtos; as mariscadoras de Cambados, que crearon Guimatur para a dinamización e difusión das actividades de marisqueo aos visitantes e turistas; as mariscadoras de Lira, creadoras dunha cooperativa para comercializar o ourizo; as mariscadoras de Carril; e tantas e tantas mulleres emprendedoras no mar. Agora xa non esperan a ninguén, nin esperan por un produto que teñen que vender ou transformar na fábrica. Agora son visibles para controlar todo o proceso da actividade: planifican, capturan o produto, deciden canto se vende e teñen unha relación especial co mar onde traballan: coñecen os seus dereitos de explotación, saben que, aínda que o mar é de todos e é un dominio público, elas teñen uns dereitos de explotación exclusiva que lles garanten unha permanencia e lles outorgan uns privilexios para traballar nas praias, nas zonas intermareais ou no mar. Tratan o mar dun xeito intelixente, o que lles permite ir un paso máis alá da actividade extractiva e realizar actividades de cultivo do mar. E todo este cambio encontra o seu paralelo reflexo na lexislación galega de pesca. Rosa Chapela Pérez Vigo, 5 de novembro de 2010