Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Expediente: 5193/2017

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Sede Electrónica Concello de Cangas

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Concello de Castroverde

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Silencio! Estase a calcular

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

O Software Libre nas Empresas de Galicia

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Consellería de Sanidade

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Facultade de Fisioterapia

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

Segunda lingua estranxeira: inglés

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

persoal, familiar e laboral

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Problema 1. A neta de Lola

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Transcription:

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS Introdución. En virtude do acordó adoptado pola Xunta Directiva na reunión do 17/09/09, e de conformidade co Convenio asinado entre AGADER e a Asociación o día 21 de xaneiro de 2009, e as bases da convocatoria LEADER 2007-20013, convócase o proceso selectivo para a contratación de persoal en réxime laboral de duración determinada (contrato por obra ou servizo), para postos de técnicos/as que a Asociación precise para determinados traballos. Dadas as características do territorio pretendemos contar cun equipo interdisciplinario, móbil e dinámico que viaxe constantemente polo territorio e manteña unha interlocución constante coa poboación, achegandolle información útil e asesorando individualmente aos promotores dos proxectos. O seu horario será flexíbel en función das necesidades de cada momento e situación. BASES DA CONVOCATORIA. PRIMEIRA. DEFINICIÓN DOS POSTOS QUE SE PRETENDEN CUBRIR. Convócanse probas selectivas para prover, polo procedemento de concurso - oposición, de dúas prazas de Técnico/a no réxime de persoal laboral da Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares Courel, e para conformar unha lista de agarda para futuras contratacións nesta categoría. Os/as candidatos/as que non fosen seleccionados para as prazas a cubrir durante outubro de 2009, quedarán na lista de agarda para posibles contratacións futuras. Alomenos ata fins de 2010 convocarase por orde da lista de agarda, salvo que ditas contratacións requiran algún perfil ou proba determinada (por motivos das esixencias das subvencións que dean financiamento ás contratacións, por motivos de esixencia particular dalgún posto por motivos de competencias 1

profesionais, e similares), e por tanto sexa preciso establecer unhas bases de contratación específicas. As primeira praza a cubrir durante o mes de outono, equiválese cun posto de técnico/a para dar apoio á xestión do programa Leader durante os inicios do mesmo, e aos proxectos de cooperación nos que a Asociación participa. A duración máxima deste contrato será ata a finalización do Programa Leader de Galiza 2007-13, en decembro de 2015. O outro posto débese a un servizo de apoio para os traballos de dinamización social nos proxectos de cooperación nos que traballa a Asociación, e para o apoio á xestión do programa Leader sobre todo durante os inicios, para os traballos máis intensos de difusión do mesmo. A duración deste contrato terá unha duración mínima de 2 meses e máxima igualmente ata a finalización do Programa Leader de Galiza 2007-13. SEGUNDA. CARACTERÍSTICAS DA CONTRATACIÓN. A) O/A técnico/a será contratado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares Courel mediante un proceso selectivo que respectará os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade. B) Natureza da prestacións de servicios: A relación entre os adxudicatarios das prazas e a Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel terá carácter laboral, formalizándose a tal efecto o contrato correspondente. C) Tipo de contrato: A contratación laboral, limitada no tempo, terá unha duración vinculada ás actuacións de xestión dos proxectos de cooperación, proxectos piloto, xestión do programa Leader, e farase a través do contrato para obra ou servicios determinado, previsto e regulado no art. 15 do Estatuto dos Traballadores e o art. 2 do Real Decreto 2720/1998. D) A Asociación establece un periodo de proba para tódolos postos de traballo xerados na categoría de técnico/a (con xornada parcial ou completa), que será en xeral de 2 meses, salvo para postos de traballo de duración inferior, nos que será de 2 semanas. E) A xornada de traballo será de 40 horas semanas no horario de funcionamento actual da equipa técnica: luns a venres polas mañás, e tres tardes, coordinadas co resto da equipa para que a oficiña se manteña aberta alomenos catro tardes á semana. Se permitirá certa flexibilidade horaria mentras se cumpra coas necesidades de traballo e de mantemento da oficiña aberta ao público; sen embargo, esíxese ter dispoñibilidade para mudar o horario de forma puntual en función de 2

necesidades de axentes externos, para asistencia a reunións coa pobaoción en xeral, cos diferentes colectivos, axentes sociais, etc., do territorio. F) O salario bruto anual inicial será de 24.000 euros. TERCEIRA. FUNCIÓNS. A) FUNCIÓNS COMÚNS PARA TODO O EQUIPO: - A función prioritaria é a xestión do programa Leader 2007-2013 que ten que desenvolver o GDR5. - Información e asesoramento a poboación sobre os fondos LEADER e outras posibilidades de desenvolvemento e recursos, tendo en conta que este esforzo de información debe ter unha maior incidencia nas zonas mais desfavorecidas. -Dinamización de todas as posíbeis iniciativas que poidan xurdir no territorio. -Asesorar e informar á poboación do territorio Ancares Courel sobre o desenvolvemento do Programa Leader e particularmente a Estratexia de Desenvolvemento Rural do GDR5. -Todas cantas actividades, relacionadas co seu cargo, acorde a Xunta Directiva da Asociación para acadar os obxectivos do PDR do GDR5. B) FUNCIONS ESPECIFICAS PARA OS/AS TECNICOS/AS: - Colaboración coa coordinadora-técnica para promover a dinamización territorial e a mobilización social de cara a acadar unha efectiva participación da poboación, para o desenvolvemento de novas iniciativas, en especial as derivadas da aplicación do programa Leader, Proxectos de Cooperación Interterritorial ou Proxectos Piloto. - Xeración de ideas sobre proxectos a desenvolver, metodoloxías de execución, comunicación coa poboación, etc. - Apoio técnico para a selección dos proxectos e acompañamento dos promotores na evolución e implantación do proxecto. - Realización de informes, analisis de viabilidade, e seguimento de proxectos. - Realización de tarefas en diferentes fases do procedemento de xestión dos fondos Leader (Informes, xustificacións, realización de actas, visitas aos proxectos, etc.). - Coordinación e execución de actividades de proxectos que se lle sean encomendados. - Dinamización social e interlocución coa poboación para axudar a que esta defina propostas de actuacións a realizar por parte do propio Grupo, a equipa técnica, etc. - Formulación de proxectos do GDR. 3

- Realización de estudos de mercado, plans de viabilidade das iniciativas vinculadas ao Programa LEADER. - Organización e asistencia técnica nas asembleas, xuntas directivas e outras reunións. - Desenvolver accións, tarefas ou ferramentas para a dinamización e difusión do Programa e do GDR (seminarios, xornadas, folletos, paxina web, accións de formación, etc.), cumprindo coa normativa europea en materira de información e publicidade.. - Calquera outra que lle sexa encomendada pola Asemblea Xeral, Xunta Directiva, Presidencia do GDR ou pola coordinadora. CUARTA. REQUISITOS MÍNIMOS DOS ASPIRANTES. Requisitos que haberá que comprobar documentalmente: - Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea, ou estranxeiro con residencia legal en España. - Formación reglada mínima: diplomatura universitaria / enxeñería técnica - Non desenvolver cargos electos na asociación nin en ningunha outra asociación xestora de fondos do Programa Leader de Galiza 2007-13. - Carné de conducir e vehículo propio. - Non estar incursas nas causas de incompatibilidade aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade Autónoma galega, así como no caso de que cambien as circunstancias que poidan afectar a compatibilidade, o cal se validará mediante declaración xurada. Os requisitos establecidos nos apartados anteriores deberán cumprirse o derradeiro día do prazo de presentación de instancias e manterse durante o proceso selectivo e a vixencia do contrato, no seu caso. QUINTA. FORMA DE SELECCIÓN. A selección realizarase en función da puntuación acadada no procedemento. Este constará de tres controis: unha proba escrita, unha valoración de méritos e unha entrevista, podendo sumar unha puntuación máxima de 100 puntos: - 1º CONTROL: PROBA ESCRITA. Poderanse obter ata 50 puntos e a proba consistirá nun exame escrito de 50 preguntas tipo test e dúas preguntas a desarrollar nun tempo e espacio limitado. 4

A parte do exame tipo test sumará como máximo 30 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 15 para ser continuar no proceso. As preguntas a desarrollar terán unha puntuación máxima de 10 puntos cada unha. No apartado 4.2, detallanse algúns aspetos relativos á proba. O temario é o descrito na citada base. - 2º CONTROL: ENTREVISTA. Ata un máximo de 25 puntos. Os entrevistadores procuraran atopar as persoas máis axeitadas para os postos tendo en conta as motivacións, experiencias anteriores, actitudes, desexo de aprender... A entrevista será dirixida, preparada e desenvolverase principalmente en galego por ser a lingua vehicular coa poboación. Poderase realizar algunha consulta en lingua inglesa, para valorar a fluidez na conversación e dominio na mesma. No apartado 4.3 detállanse algúns aspectos relativos a esta proba. - 3º CONTROL: VALORACIÓN DE MÉRITOS. Poderase obter ata un máximo de 25 puntos. No apartado 4.1 detallanse os criterios de valoración de méritos. 5.1-Proba escrita A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles consistirá nun exame de 50 preguntas tipo test. Por cada pregunta contestada correctamente outorgarase un punto, e cada resposta incorrecta restará un terzo dun punto. O test sumará como máximo 30 puntos sobre o total do proceso, e será preciso obter un mínimo de 15 puntos neste exercicio para que se corrixa o segundo. A segunda parte consistirá en desenvolver dúas preguntas nun espazo físico limitado, no que se deberá usar obrigatoriamente o idioma galego. Cada pregunta poderá sumar 10 puntos. Valorarase para a puntuación destas últimas preguntas: a claridade expositiva, o dominio da lingua galega, a capacidade organizativa e de síntese, a calidade técnica e coñecementos sobre o territorio, e a madurez de opinións ou xeración de discurso propio. Os enunciados da proba escrita axustaránse ao seguinte temario: Tema 1: Estratexia do GDR5. A Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel. Tema 2: O territorio do GDR 5. 5

Tema 3: O Programa LEADER. Cadro orzamentario para o GDR-5. Bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013 (Resolución do 30/maio / 2008 da AGADER, DOG nº 115 de 16 de xuño de 2008). Tema 4: Análise de viabilidade técnica, económica, financeira, social, ambiental... de proxectos. Tema 5: Contidos dun proxecto. Obxectivos, resultados, accións, orzamentos, sistemas de avaliación, etc. Tema 6: Asociacións. Funcionamento e obrigas ante as Administracións. Tema 7: Informática, Ofimática, Internet. Nivel usuario-avanzado. Tema 8: Elaboración de documentos oficiais. Procedementos administrativos. No blog da asociación poderase descargar algunha documentación citada no temario do exame. 5.3-Entrevista As persoas que aspiren á praza terán que responder ás preguntas expostas polo tribunal, valorándose o seguinte: - Coñecemento profundo do territorio: físico e técnico (problemática...). - Capacidade de traballo en equipo. - Capacidade para comunicar e de escoita para recoller dos veciños/as, dos grupos e das asociacións os problemas e necesidades que formulen. - Disposición e capacidade para aprender do rural. - Empatía e capacidade para animar. Carácter positivo e optimista. - Defensa do currículum vítae e calquer aspecto relacionado co temario indicado no apartado 7 das presentes bases de selección de persoal. - Valorarase que fale inglés con soltura. 5.4 Valoración de méritos Consistirá na avaliación por parte do tribunal dos méritos que concorran en cada unha das persoas aspirantes, relacionados no currículum vítae (segundo anexo I), consonte ao seguinte baremo: A) TÉCNICO/A: I.- Outras titulacións regradas distintas á titulación requerida (ata 4 puntos): 6

1,5 puntos por doutoramento. 1 punto por cada titulación universitaria superior. 0,5 puntos por cada titulación universitaria media e por cada ciclo superior ou FP II. II.-Formación non reglada (ata 3 puntos): a) Pola asistencia a cursos, xornadas e congresos realizados por calquera Administración Pública, Universidades e Colexio Oficial (relacionados coa actividade que vai desenvolver): Ata 20 horas: 0,25 puntos por curso. De 21 a 50 horas: 0,5 puntos por curso. De 51 a 100 horas: 0,75 puntos por curso. De máis de 100 horas: 1 puntos por curso b) Pola asistencia a cursos, xornadas e congresos realizados por outras entidades (asociacións, sindicatos, etc): Ata 20 horas: 0,15 puntos por curso. De 21 a 50 horas: 0,25 puntos por curso. De 51 a 100 horas: 0,5 puntos por curso. De máis de 100 horas: 0,75 puntos por curso c) Idiomas foráneos: inglés, portugués e francés. Outorgaranse 0,5 puntos por cada ciclo da Escola Oficial de Idiomas, ata un máximo de 1 punto. Os cursos, dos anteriores apartados que non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcions propias da praza, non serán puntuados. III.-Experiencia laboral (ata 10 puntos): a) 0,3 puntos por mes traballado por conta allea ou conta propia, demostrable, en labores relacionadas coa formulación, xestión e execución ou avaliación de proxectos, ou noutras labouras relacionadas co desenvolvemento rural. 7

b) 0,2 puntos por mes traballado como técnicos ou como investigadores na Universidade (contratados, bolseiros...), sempre e cando o traballo teña relación directa coas funcións especificadas no apartado 4. A experiencia laboral acreditarase cos contratos de traballo ou certificados das empresas, xunto co informe de vida laboral. Non se computarán servizos inferiores a un mes, considerándose para estes efectos os meses de trinta días. Os servizos prestados a tempo parcial computaranse proporcionalmente. c) Teranse en conta os traballos como docente ata un máximo de 2 puntos (sempre e cando a docencia estea relacionada co perfil a desenvolver no GDR) sendo puntuados da seguinte maneira: Ata 20 horas: 0,4 puntos por curso. De 21 a 50 horas: 0,8 puntos por curso. De 51 a 100 horas: 1,6 puntos por curso. De máis de 100 horas: 2 puntos por curso. IV.-Participación social (ata 5 puntos): - Membro da xunta directiva dunha entidade social (ata 2 puntos): cada ano 0,25 puntos. - Socio dunha entidade social (ata 1 punto): cada ano 0,1 puntos. - Socio ou Voluntario dunha entidade social, con participación demostrable na laboura de xestión económica, xestión de subvencións, ou xestión de proxectos: 0,25 puntos por cada ano de experiencia. Este último criterio demostrarase coa certificación pertinente do/a secretario/a da entidade referida sobre a participación do/a candidato/a. No caso de exercer esa mesma persoa as funcións de secretaría, será o/a presidente/a da entidade, co visto e prace doutra persoa da xunta directiva, quen asine a certificación. V.-Residir no territorio do GDR 5: 3 puntos. Enténdese por residir no territorio, estar empadroado nalgún dos sete concellos que forman o GDR5, como mínimo, os últimos doce meses contados ata o día en que remate a presentación da documentación. 8

5.4 - Selección. A puntuación final total de cada aspirante obterase sumando a puntuación total das tres fases ou controis para as persoas que superaran a parte eliminatoria da proba escrita. En caso de empate, desfarase optando por aquel/es aspirante/s que tivera/n acadado mellor puntuación na fase da proba escrita. De persistir o empate, romperase este pola maior cualificación na fase de entrevista. SEXTA. LISTA DE AGARDA. Ao final da selección procederase a ordenar a todas as persoas que chegasen á última fase por nota final. As dúas primeiras persoas clasificadas terán opción de escoller, por orde, entre as dúas prazas de traballo ofertadas. No caso de futuras contratacións de técnicos/as, poderase chamar ás persoas clasificadas nesta lista, sempre segundo orde de clasificación, para cubrir os novos postos. No caso de remate do servizo que da lugar á contratación de dúas persoas no mes de outono, que serán as dúas que acaden mellor puntuación neste proceso, pasarán a integrarse á lista de agarda no mesmo lugar en que quedaron clasificadas neste proceso. No caso de que novas necesidades de persoal nos fagan convocar ás persoas da lista, pero que por uns ou outros motivos estas persoas non estean dispoñibles, a Asociación poderá convocar unhas novas bases. O dito anteriormente será a norma xeral para as contratacións de técnicos/as por parte da Asociación, salvo que se requira algún perfil concreto determinado para unha contratación (por motivos das subvencións que dan o financiamento, ou por esixencias de competencias profesionais específicas para algún posto concreto), e non haxa no listado unha persoa que cumpra os requisitos. Neste caso, procederíase a abrir unha nova convocatoria pública específica, cos mesmos principios de obxectividade, competitividade e publicidade. SÉTIMA. COMISIÓN DE SELECCIÓN. Formaran parte da comisión de selección do persoal as seguintes persoas, como titulares e suplentes: 9

MEMBROS DA COMISIÓN E DO TRIBUNAL José Fernández Gómez (Presidente de Comisión e do Tribunal) Óscar Carrete Lage Eva Pérez Álvarez Ramiro Martínez Carballosa José Espín Mejía SUPLENTES José Antonio González Fernández Isolina Rodríguez López Manuel Vázquez Torrón Ovidio Montaña Regueiro Lois Manoel Toirán Vázquez A comisión poderá contar co asesoramento de persoas ou entes alleos á mesma para a valoración das probas. Os membros do órgano de selección, seralles de aplicación os principios de abstención e recusación, contemplados na lei 30/1992 do 26 de novembro do rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo Común. - Pode participar un representante de Agader con voz e sen voto. OITAVA. INSTANCIA E PRAZOS. A).- INSTANCIA As instancias debidamente cubertas e dirixidas ao presidente da asociación (modelo denominado Solicitude ) xunto co curriculum vitae (anexo I), e a declaración de non estar apartado das funcións públicas (anexo II) deberán ser acompañadas dos seguintes documentos * : a) Fotocopia do DNI b) Fotocopia da documentación acredidativa dos requisitos mínimos esixidos (base CUARTA. Requisitos mínimos). c) Fotocopia de toda a documentación que poida serlle puntuada neste proceso. 10

Toda a documentación deberá acreditarse mediante fotocopia cotexada. Se aportan orixinais, seranlle cotexados no lugar de presentación da documentación. As bases e instancias poderán obterse no mesmo enderezo e no blog oficial da Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel: http://gdr5ancarescourel.blogspot.com Para dúbidas ou información poderán chamar aos teléfonos 982 360 824 e 606 035 964. * As/Os candidatas/os que xa teñan presentado ante a Asociación documentación precisa neste proceso, porque xa se presentaran no seu día ao proceso selectivo que deu lugar á contratación dos postos de Coordinador/a e Administrativo/a, NON terán que achegar a documentación repetida, se así o fai constar nun documento explicativo no que se detalle que documentación é a que obra en poder da Asociación. Poderán achegar calquera outra que a complemente. B).- PRAZOS DO PROCESO. Os documentos deberán estar antes do martes 13 de outubro de 2009 ás 14,00 horas, en posesión da Asociación; é dicir, deberán estar dispoñibles no enderezo: ADR Ancares-Courel, rúa Bolaño Mendo s/n; edificio San Xoán, 4º andar. /27640/ - Becerreá. Tamén poderán ser enviadas por correo certificado ao mesmo enderezo, asegurándose en tal caso que as solicitudes cheguen á sede da asociación antes do remate do prazo citado. O horario de recepción será de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas de luns a venres ata o día martes 13 de outubro. O sábado 10 de outubro a oficiña permanecerá tamén aberta para recepción de solicitudes. As alegacións ás bases da convocatoria, deberán ser feitas tamén neste prazo. As persoas seleccionadas farán unha declaración (Anexo II) na cal conste que non estan incursas nas causas de incompatibilidade aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade Autónoma Galega, así como no caso de que cambien as circunstancias que poidan afectar á compatibilidade. O día martes 13 de outubro, tras o prazo de peche de recepción de solicitudes, publicarase no blog o listado de admitidos/excluídos e avisarase persoalmente ás persoas excluídas para que poidan entregar documentación que subsane as faltas habidas na entregada inicialmente. Poderanse facer alegacións a esta listaxe ata o mércores día 14 de outubro ás 14,00 horas, por escrito recibido na sede da Asociación, ou ben por correo electrónico ó enderezo gdr5ancarescourel@gmail.com. O mércores 14 publicarase o listaxe final de admitidos e excluídos antes das 19,00 horas. 11

A proba escrita realizarase o xoves día 15 de outubro, ás 16.30 horas en Becerreá, no lugar que se indique a través da publicación no blog e por comunicación electrónica ás/aos candidatas/os. As puntuacións obtidas no exame coñeceranse o máis pronto posible segundo a Comisión realice as puntuacións á proba, nun prazo máximo de 5 días. Deixarase un día de prazo para realizar as alegacións que se crean oportunas, que deberán ser feitas igualmente por escrito achegado á sede da asociación dentro do prazo establecido, ou por correo electrónico ao enderezo gdr5ancarescourel@gmail.com. Unha vez transcurrido o prazo de alegacións, publicarase nun prazo inferior a 5 días a listaxe de candidatos/as coa puntuación final, quedando así seleccionados/as as 10 persoas de mellor puntuación (se houber 10), que pasarán á entrevista. A entrevista realizarase nun prazo máximo de 5 días, segundo convocatoria que se dará a coñecer ás persoas seleccionadas para ela a través da publicación no blog da asociación e por comunicación directa a través do correo electrónico. No prazo de tempo máis breve posible publicaranse no blog da asociación os resultados dos/as candidatos/as, integrando as puntuacións obtidas na proba escrita, a entrevista, e a valoración de méritos, e abrirase o prazo de dous días de alegacións. Independentemente da publicación no blog da asociación, poderanse comunicar os resultados persoalmente aos/ás seleccionados/as vía telefónica ou por correo electrónico. As alegacións ás puntuacións poderanse realizar por escrito recibido na sede da Asociación dentro dos prazos establecidos, ou ben por correo electrónico dirixido a gdr5ancarescourel@gmail.com. As alegacións á puntuación do global do proceso poderanse presentar en calquer momento ata a resolución definitiva da selección. As respostas ás alegacións comunicaranse persoalmente á persoa que as alega, quedando en dereito a asociación de publicalas no blog da asociación, exceptuando aqueles contidos con datos de carácter persoal. NOVENA. PUBLICIDADE E DIFUSIÓN DAS BASES. As ofertas de traballo publicitaranse a través dos seguintes medios: - No blog da asociación: http://gdr5ancarescourel.blogspot.com - Na páxina web de Agader, na sección da nosa asociación: http://agader.xunta.es/eixoleader_gal.do?editargal=8 12

- Por correo electrónico ás entidades socias da Asociación, para que contribúan á súa difusión no territorio. - Por correo electrónico e correo postal aos concellos do territorio do GDR-5, para que contribúan á súa difusión no territorio. - Por anuncio publicado no diario El Progreso. - Por comunicación persoal directa coas persoas que se teñen presentado a convocatorias anteriores de contratación de persoal na Asociación. Para calquera información poderán chamar aos teléfonos 982 360 824 e 606 035 964. A COMISIÓN DE SELECCIÓN DE PERSOAL, POR DELEGACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA. 13