BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 51 / 2º SEMESTRE (2017): pp / ISSN libros/books

Similar documents
R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Galicia²¹. Journal of Contemporary Galician Studies Issue F

Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas¹

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN Margarita Estévez-Saá

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia: unha cartografía

Manuela Palacios González y Helena González Fernández...

Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies Issue E. 2013

La Oración: Verdadero refugio del alma (Spanish Edition)

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

How about see with the others in a globalized and intercultural era

A colección O Roibén, vieiro de expresión poética do Grupo Bilbao

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

O Software Libre nas Empresas de Galicia

PRECARIEDADE E PERFORMATIVIDADE. Introdución ao pensamento de Judith Butler Beatriz Hauser

Revista Galega de Economía Vol (2017)

María Comesaña Besteiros

Os Límites de Borges: traducións e interpretacións

Monstros e seres fantásticos, un imaxinario fundador na construción da imaxe do Oriente

A (RE)ESCRITURA DAS MARXES. TRADUCIÓN E XÉNERO NA LITERATURA GALEGA 1 2

A busca de identidade: A relación entre sexo e xénero n A semellanza de María Xosé Queizán

SOÑAR SEN CANCELAS: MANUEL MARÍA E A CONSTRUCIÓN DUNHA EDUCACIÓN LITERARIA EN GALEGO

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Educación e linguas en Galicia

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

Translation and Literature 21 (2012)

O ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA DESDE A PERSPECTIVA HISTÓRICO-EDUCATIVA. PERFÍS POSÍBEIS PARA A INVESTIGACIÓN ACTUAL

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Participación feminina no mercado de traballo desde un enfoque interxeracional*

De Irlanda a Iberia: notas para a tradución de Eiléan Ní Chuilleanáin do inglés ao galego

Leopoldo Pedreira Taibo, intuición historiográfica e virulencia crítica

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

Abbreviations: PP: Puntos de Partida. SM: Supplementary Materials. TG: Teacher s Guide ON CONNECT. PP: La comida y las comidas. p.

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

As mulleres subsaharianas en Galicia: diversidades fronte a estereotipos

Unha nova volta ás cartografías da cultura galega: lecturas posnacionais, lecturas relacionais 1

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN [Recibido, 9 marzo 2017; aceptado, 20 abril 2017]

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

O club dos poetas vivos. Manuel Rivas, xograr dunha Galicia posmoderna. Jorge Pérez

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Facultade de Fisioterapia

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

A obra poética de Rafa Yáñez

Reflexións sobre a tradución de María Mariño Carou ao inglés. Kathleen March

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

BTV # 02: Comentario de la Epístola de Santiago (Biblioteca Teologica Vida) (Spanish Edition)

Políticas e poéticas de segunda man: A espectralidade no proceso da tradución

a memoria e a confrontación histórica: sobre o modo de reconstrución do pasado recente en tres novelas galegas actuais

#08 COMO PRENDEN ELAS DA NACIÓN? SOBRE A POESÍA ÉPICA A COMEZOS DO SÉCULO XXI

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

Modelos matemáticos e substitución lingüística

BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA. Xosé María Díaz Castro

WITH CONNECT. Exercises assigned by your instructor. Exercises assigned by your instructor. Exercises assigned by your instructor

Migracións de Rafa Villar. Unha análise temática. Olalla Lamela Rodríguez

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

AS EDICIÓNS INGLESAS DA POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO,

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Recensións. ACUÑA, Ana (2005): Xoán Vidal. Voz e memoria. Pontevedra, Concello de Pontevedra, 44 pp.

Á volta do cosmopolitismo: unha lectura de Arredor de si como intervención

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

O bello sexo na prensa galega do Sexenio Revolucionario

Manual de supervivencia de la pareja moderna (Spanish Edition)

Índice. Introdución Análise do Banquete Diotima e o seu discurso Posible alusión anacrónica á intervención de Aristófanes 21

XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

Palabras chave: Lois Pereiro, Jacques Rancière, Luzes de Galiza, subxectividade, hibridación, transdución, sabotaxe.

Teatro galego e construción nacional: os Cadernos da Escola Dramática Galega ( ) by David García Vidal

Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Os silencios de O silencio redimido 1

Inmigración e prostitución nos contidos mediáticos. Unha análise diacrónica ao redor da construción da Outra na prensa galega e estatal

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

NEWS. James Joyce Espainiako Elkartearen XX. Topaketak 20th Conference of the Spanish James Joyce Society Bilbao, April 23-25, 2009

A noite branca, entre o documental e o ficcional: a memoria silenciada da División Azul

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA. OS LIBROS QUE ABREN O SEU CANTO FINAL

A Guerra Civil española na obra dos escritores exiliados galegos. María Xesús Lama López

REVOLUCIONAN A ECONOMÍA ACTUAL. Mostra bibliográfica con motivo do 8 de marzo, Día internacional das mulleres Marzo 2017

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

Boloña. Unha nova folla de ruta

Os colectivos migrantes ante o proceso de emprendemento en Galicia

Transcription:

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 51 / 2º SEMESTRE (2017): pp. 15-19 / ISSN 0214-9117 libros/books Lorenzo Modia, María Jesús (ed.). Ex-sistere: Women s Mobility in Contemporary Irish, Welsh and Galician Literatures. 2016. Newcastle-upon-Tyne (Reino Unido): Cambridge Scholars, 223 pp. O presente volume reúne dez artigos que, como se desprende do título, constitúe unha introspección, unha busca dun mesmo e unha ollada detida cara á emigración como tema e como proceso na obra literaria de escritoras galegas, galesas e irlandesas. Todos estes aspectos son abordados nunha serie de colaboracións académicas sobre unha temática que ten como eixo fundamental a mobilidade da muller no contexto das modernas literaturas de orixe celta, baixo unha perspectiva intercultural e de xénero. 15 As achegas críticas expostas aproxímanse a temáticas recorrentes como o illamento interior, o desarraigamento, a identidade desnortada e o sentimento de pertenza ou de saudade, que xorden a consecuencia dun desprazamento tanto xeográfico coma emotivo. De aí que a mobilidade constitúa o eixo vertebrador da obra destas mulleres escritoras e represente un movemento que vai configurando a propia identidade de cada unha delas no seu espazo particular. O profesor Declan Kiberd afirma no prólogo da obra que a escritura constitúe unha metáfora do exilio, desas viaxes e deses desprazamentos, non sempre voluntarios, que ineludibelmente traen consigo unha fonda pegada e unha nova ollada da vida. A escrita, por tanto, supón esa canle precisa para non quedar no esquecemento e para recompoñer esa longa traxectoria vital, que capacita a lembranza e o sentimento vivido cando se olla nun contexto temporal afastado e reflexionado do momento vivido. Este é o principal fío condutor entre as diferentes seccións da obra en cadanseu ámbito literario.

Na primeira sección da obra, dedicada a Galicia, a profesora María López Sández fai unha profunda referencia ao imaxinario social e territorial de Rosalía de Castro e á construción dunha imaxe tipicamente feminina de Galicia. O proceso e o impacto da inmigración abórdanse dende a perspectiva da dobre perda: as raíces fronte á nova identidade. Xorde así o papel da muller galega como gardiá e custodia da memoria. Faise unha notábel referencia ao traballo da Xeración Nós por manter unhas fluídas relacións transatlánticas e comenta detidamente o xeito en como a escritora Xohana Torres deconstrúe a Penélope nun dos seus máis famosos poemas. A conclusión máis relevante que a autora do estudo nos achega vén de considerar que a mobilidade máis radical é aquela que leva a ir máis alá dos límites dos estereotipos. 16 O segundo capítulo desta sección está asinado por María Xesús Nogueira Pereira, quen explora o proceso da toponimia e o seu impacto na vida interior, a través da obra dalgunhas poetas galegas e o modo no que o lugar afecta e define a súa traxectoria vital. Ese estudo etimolóxico indirecto dos nomes propios deses espazos non é algo estético, xa que fai unha grande achega nesa renovación da literatura galega e facilita a interculturalidade, no bo senso do termo, volvéndose un medio de queixa política e persoal por parte das escritoras, enmarcado neses desprazamentos, neses soños e itinerarios vitais. É a procedencia das viaxes a que reflicten nas súas verbas María do Cebreiro, María Xesús Pato, Luz Pozo Garza ou a propia Yolanda Castaño. Olivia Rodríguez achégase no terceiro capítulo a un tema recente no espazo temporal e no imaxinario colectivo dos galegos de xeracións bastante recentes como é a emigración galega cara ao Reino Unido e, máis concretamente, á zona de Londres. No estudo de A veiga é como un tempo distinto (2011), da escritora Eva Moreda, podemos confirmar como esa inmobilidade no tempo e no espazo nos recordos do emigrante leva a unha tremenda desilusión. Esa sublimación do tempo pretérito motiva unha serie de oscilacións no espazo e no tempo que dificultan esa nova vida e unha posibilidade real de asentamento e integración no novo espazo social e cultural. O paralelismo antitético que se establece entre Londres e A Veiga, en Galicia, testemuñan unha serie de pescudas ao redor da outridade e do sentimento do outro que produce notorias diferenzas. No capítulo cuarto, faise unha aproximación a un dos xéneros ou subxéneros literarios que por antonomasia pode definir a escrita dos novos tempos:

a autobiografía. Trátase da historia do emigrante Xesús Fraga que chega de xeito non nato, como tantos outros emigrantes, a Londres coa súa nai e a súa avoa. Esta viaxe vai máis alá da procura da independencia e da mellora económico-social, xa que se torna nunha evolución e superación persoal. Nese eido Xesús vai construír a súa personalidade xunto a seus pais até a súa volta a Galicia onde se sente como procedente doutro mundo. O seu sentimento, o da súa crianza, é o dun londiniense, pois a morriña invádeo e anhela o momento do seu retorno a un espazo que considera o seu, o propio. A súa nai tórnase nunha especie de nexo, nun vínculo ou enlace coa cultura, referíndolle costumes británicos e empregando o inglés en moitas conversas entre eles. Igualmente relevante se presenta a volta do avó emigrado que permite que deitemos unha ollada e fagamos unha composición de lugar da familia do autor e da súa evolución en distintas xeracións, ben de forma directa ou indirecta. A continuación, no quinto capítulo, o investigador Francisco Fernández aproxímase á literatura irlandesa cunha achega sobre a escritora Honor Tracy, que presenta temas de identidade, nacionalidade e xénero nas súas obras. A crítica da Irlanda é unha constante no seu pensamento xunto co agrado que lle produce a cultura española e a compresión e mágoa pola situación económica e social de Galicia nas décadas anteriores, polo que loa o papel das mulleres galegas como preservadoras dos costumes dos devanceiros. Tamén amosa o seu enfado ante a situación de rexións periféricas de Europa como Irlanda, Gales e Galicia que poden chegar a transmitir un sentimento cultural de inferioridade fronte a outras culturas, cando no fondo as súas son infinitamente superiores en todos os parámetros. 17 As profesoras María Dolores Gómez Penas e María Amalia Fraga Fuentes fan no sexto capítulo unha análise dunha das obras de Christina Reid que está marcada pola outridade. Unha outridade que xorde da oposición e que se reflicte nunha identidade cambiante e activa. Isto pódese reafirmar a través da evolución dos personaxes da obra, tanto os que fican na casa como os que se desprazan. As situacións persoais que se poden apreciar no transcorrer da obra, como é a morte da nai da protagonista, convértense en elementos desencadeantes da acción que transcende, conferíndolles unha tensión na obra tanto a aqueles protagonistas que se van coma aos que quedan en termos de proveito e perda.

No seguinte capítulo a editora da obra, María Jesús Lorenzo Modia, propón un horizonte de perspectivas sobre a emigración das mulleres do Ulster nun período caracterizado polas turbulencias políticas. Nesta achega proporciónase principalmente unha perspectiva de quen opta, con independencia, por permanecer na terra sen verse sumido no conformismo. Móstrase a tese de que permanecer pode considerarse igualmente unha forma de acción, tanto no eido social como persoal, tal e como exemplifica a poesía de Medbh McGuckian, que é analizada pola profesora Lorenzo. O seu discurso poético recolle tamén o padecemento de quen é partícipe fronte á reclusión na propia terra, á vez que se transforma nunha especie de ponte cara á liberdade. O último capítulo da sección céntrao en Irlanda a profesora Manuela Palacios, quen leva a cabo unha novidosa práctica que emparella a arte literaria e a visual. Nel dá voz a escritoras irlandesas para salientar patróns propios de mulleres emigrantes. Así tórnase moi relevante a forma na que interactúan a palabra e a imaxe, a realidade e a ficción, a representación e a interpretación que tamén reflicten como as mulleres puideron progresar grazas á emigración e a ese constante movemento e cambio de lugar, inimaxinábel no rol tradicional da muller. 18 Da India ao País de Gales cun fondo sentir de enaxenación de por medio. A presión xerada entre o asentimento e o repudio ante unha nova posición. Un enxeño devorado polo desarraigo e polo choque cultural é o horizonte que retrata a obra Gifted (2017), da autora Nikita Lalwani. O investigador Kevin Mills refírese á última sección do libro, onde se aborda a literatura galesa en lingua inglesa, e amosa o resultado do enfrontamento, conflito tanto interior e exterior dunha familia procedente da India, con toda a súa idiosincrasia e respecto polas tradicións ancestrais, que se traslada na procura dunha vida mellor ao Reino Unido e máis concretamente a Cardiff. No derradeiro capítulo, a escritora Chris Kinsey entretexe nos seus poemas un conxunto de consideracións de eido xenérico sobre a mobilidade e a migración, que constitúen o fío condutor do presente volume, destacando a proposta a favor da natureza que se torna nun referente espazo-temporal e que achega seguridade á escritora co paso dos anos. A comparación de espazos tamén é moi relevante, neste caso Gales e Alemaña, pois nela pódese aprender a valorar máis o propio fronte a aquilo idealizado; o próximo constitúe o punto de partida cara ao coñecemento do afastado.

A pesar de que nestas liñas non se puido dar cumprida referencia de todas as contribucións que compoñen o volume que nos ocupa, denotamos que nel se combinan de xeito excepcional o punto de vista feminino e a súa impronta nos sistemas literarios de Irlanda, Gales e Galicia. Cabe tamén salientar o feito de que a obra recolle artigos asinados principalmente por prestixiosos profesionais dos eidos da investigación e a docencia universitaria que levan a cabo liñas de investigación nun ámbito cultural e social marcado por unha interrelación que vén do substrato común da cultura celta nun ámbito eminentemente europeo. Poñendo de manifesto a magnitude do reto que supón levar a cabo unha obra como a que nos ocupa na que se procura incluír nun mesmo volume análises comúns das linguas, literaturas e culturas de expresión anglófona e galega, realizadas dende diversas perspectivas histórico-temporais, poderíase poñer en dúbida o éxito dunha achega como a aquí presentada. Non obstante, a pesar da dificultade implícita para artellar tan diversos enfoques, o produto final caracterízase pola coidada estruturación, claridade e perfecta harmonía das distintas partes no conxunto final da obra. A modo de conclusión, afirmaremos con rotundidade que as características desta obra fan da súa lectura unha experiencia vital, altamente enriquecedora e moi recomendábel para especialistas e para lectores interesados nos aspectos vitais da feminidade e da emigración, alén de sobresaír pola narración en xeral e os aspectos autobiográficos en particular. Un percorrido polo eixo atlántico da man de mulleres escritoras na procura da súa identidade: unha identidade literaria que se manifesta común. 19 Juan José Varela Tembra Universidade da Coruña