Enquisa europea de saúde 2009 NOTAS EXPLICATIVAS

Similar documents
O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Silencio! Estase a calcular

Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Problema 1. A neta de Lola

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

CRISE ECONÓMICA E FLUXOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA: OS EFECTOS DA POLÍTICA SANITARIA NA POBOACIÓN

O Software Libre nas Empresas de Galicia

ENVELLECEMENTO, AUTISMO E CALIDADE DE VIDA AUTISMO GALIZA ANO EUROPEO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Eficacia dun programa de Terapia Ocupacional domiciliaria

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Segunda lingua estranxeira: inglés

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Versión 1. Marzo 2009

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Uso da videoconsola Wii para a capacitación para a vida independente dende a perspectiva da Terapia Ocupacional

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

A solidariedade está dentro de ti.

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Facultade de Fisioterapia

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

CIG-Saúde Gregorio Espino, VIGO Tfno Fax Voceiro da Agrupación Médica de CIG-Saúde

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Guías Técnicas do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller GUÍA TÉCNICA DO PROCESO DE ATENCIÓN AO CLIMATERIO. Versión 1.

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

CURSO DE TÉCNICAS DE MOTIVACIÓN E MELLORA DA AUTOESTIMA PARA TRABALLAR CON ENFERMOS MENTAIS

Programación Percusión

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Son urxentes os pacientes pediátricos atendidos nos puntos de atención continuada?

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Fisioterapia Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre. 6 OB 2 2c

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Revista Galega de Economía Vol (2017)

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Estudo fenomenolóxico do desempeño ocupacional de nenos con cancro en tratamento ambulatorio

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Sede Electrónica Concello de Cangas

TRAXECTORIAS E RETOS

AUDITORÍA, COMITÉS DE AUDITORÍA E NEUTRALIDADE NA INFORMACIÓN NARRATIVA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

BANCO DE BOAS PRÁCTICAS

Avaliación do Programa galego de prevención e control da tuberculose

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

C A D E R N O S D E L I N G U A

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

Welcome to Greenman and the Magic forest

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

Transcription:

Enquisa europea de saúde 2009 NOTAS EXPLICATIVAS A Enquisa europea de saúde 2009 foi realizada de forma conxunta polo Instituto Nacional de Estadística (INE) e o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad (MSPSI) no período comprendido entre os meses de abril de 2009 e marzo de 2010. Ten como obxectivo principal proporcionar información sobre a saúde da poboación española, de maneira harmonizada e comparable a nivel europeo, coa finalidade de planificar e avaliar as actuacións en materia sanitaria. Máis concretamente, os obxectivos específicos que persegue esta enquisa son os seguintes: - Proporcionar información sobre a valoración do estado de saúde xeral e identificar os principais problemas que padecen os cidadáns (enfermidades crónicas, doenzas, accidentes, limitacións para realizar as actividades da vida diaria, etc.). - Coñecer o grao de acceso e utilización dos servizos de saúde e as súas características. - Coñecer os factores determinantes da saúde, como as características do medio ambiente (físico e social) e os hábitos de vida sobre os que se poden realizar intervencións de promoción da saúde, co fin de valorar os efectos das políticas e estratexias sanitarias. A Enquisa europea de saúde 2009 enmárcase dentro dun proxecto europeo polo cal os Estados membros da Unión Europea (UE) acordaron implementar, dentro do sistema estatístico europeo, un conxunto de enquisas de temática sanitaria. A primeira edición debía realizarse entre os anos 2006 e 2009, permitindo a cada un dos países membros implementala no período que considerase máis conveniente e adaptando o cuestionario ás idiosincrasias de cada rexión. No noso país contouse coa experiencia dunha enquisa precedente, a Enquisa nacional de saúde, da que se contan xa 7 edicións, e cuxa autoría corresponde tamén ao INE e o MSPSI. Ambos organismos procuraron adaptar na maneira do posible o cuestionario da enquisa europea ao da nacional, co obxecto de manter as series das variables xa existentes, sen menoscabo da finalidade principal coa que foi concibida a enquisa europea, a comparabilidade a nivel europeo. Ante a dificultade desta tarefa de adaptación, finalmente optaron por manter ambas enquisas, cada unha coa súa metodoloxía, e modificaron a periodicidade da enquisa nacional (pásase de 2 anos e medio a 5 anos) para alternar a súa implementación coa seguinte edición da enquisa europea. Ademais, introduciron preguntas da nacional que completaron o cuestionario da Enquisa europea de saúde 2009, para permitir con elo un posible enlace nas series de cara a unha converxencia parcial de ambas enquisas nun futuro.

1. Ámbito de investigación Ámbito poboacional A poboación obxecto de investigación é a do conxunto de fogares privados que residen en vivendas familiares principais e o conxunto de persoas integrantes de cada fogar. Aínda que as persoas de todas as idades forman parte da mostra inicial só foron investigados exhaustivamente os membros do fogar de 16 ou máis anos de idade. Ámbito xeográfico O ámbito xeográfico abarca todo o territorio galego. Ámbito temporal O traballo de campo prolongouse durante 12 meses, dende abril de 2009 a marzo de 2010. O período de referencia da información varía dunha pregunta a outra: nuns casos refírese aos 12 meses anteriores ao momento de realización da enquisa, noutros ás 4 últimas semanas, etc. 2. Definicións e aspectos metodolóxicos O tipo de mostraxe utilizado é trietápico con estratificación das unidades da primeira etapa. Estas son as seccións censuais. As unidades de segunda etapa son as vivendas familiares principais, e investíganse todos os fogares que teñen a súa residencia habitual nas mesmas. Dentro de cada fogar, selecciónase un adulto (de 16 ou máis anos) para cumprimentar o cuestionario da enquisa. O criterio de estratificación utilizado é o tamaño do municipio ao que pertence a sección. En Galicia, a mostra está formada por aproximadamente 1.440 vivendas distribuídas en 120 seccións censuais. Definicións das principais variables investigadas no cuestionario: Accidente: acontecemento fortuíto e imprevisto que sobrevén ao individuo e prodúcelle un dano corporal identificable. Inclúense as caídas, queimaduras, golpes, accidentes de tráfico (tanto como condutor, pasaxeiro ou peón), intoxicacións, envelenamento e feridas provocadas por animais ou insectos. Exclúese a auto-lesión. Tipos de accidentes segundo a Enquisa europea de saúde 2009: Accidentes de tráfico: todos os accidentes acontecidos na vía pública, aparcadoiros públicos ou privados sempre que o accidente non aconteza no curso de traballo. O accidente pode ser como condutor, pasaxeiro ou peón Accidentes no traballo: todos os accidentes acontecidos no período de xornada laboral, mesmo se estes non aconteceron realizando o traballo habitual ou no lugar onde

normalmente realiza a súa actividade. Inclúe, entre outros, os accidentes acontecidos durante o período de comida ou calquera outro descanso, sempre que sexa no establecemento da empresa; accidentes de tráfico no transcurso do traballo; accidentes en medios de transporte usados no curso do traballo; e accidentes acontecidos na casa se o traballo se realiza directamente dende alí Accidentes no colexio ou centro de estudos: todos os accidentes acontecidos nas instalacións do centro, incluídos aqueles que puidesen suceder durante a clase de educación física Accidentes na casa ou en tempo de ocio: todos os accidentes acontecidos no fogar ou nas dependencias externas propiedade do inmoble (escaleiras, portal, xardín, garaxe, etc.). Pode referirse á propia casa do entrevistado ou á doutra persoa. Tamén inclúe os accidentes acontecidos nun lugar público ou privado mentres se realizan actividades de ocio (ximnasio, pista de fútbol, piscina, rocódromo, etc.) Acoso ou intimidación: refírese a un comportamento intencionado en contra dunha persoa ou grupo de persoas que teña como consecuencia un dano físico, mental, moral ou consecuencias negativas no comportamento social da persoa. A violencia psicolóxica debe ser considerada nesta categoría; este cobre todas as formas de comportamento abusivo, condutas sistemáticas ou repetitivas contra unha persoa, palabras, actos, xestos ou escritos que puidesen afectar negativamente na personalidade, a dignidade ou benestar da persoa. Acoso sexual: refírese a unha conduta non desexada de carácter sexual, ou a outra conduta en relación ao sexo, afectando á dignidade do home ou da muller no traballo. Inclúe a ofensa verbal. Actividade física intensa: esta categoría agrupa actividades que requiren moito esforzo físico e que fan que as persoas respiren máis forte do normal, realizadas ben o traballo, no fogar, ou no tempo de ocio. Entre elas encóntranse as seguintes: cargar pesos pesados, cavar, cortar madeira, facer aeróbic, correr, nadar rápido, montar en bicicleta a gran velocidade, xogar ao fútbol, etc. Actividade física lixeira: esta categoría agrupa actividades que non requiren esforzo físico, como camiñar polo menos durante 10 minutos seguidos a paso tranquilo. Actividade física moderada: esta categoría agrupa actividades que requiren un esforzo físico moderado e fan que as persoas respiren de forma máis axitada do normal, pero non demasiado forte; as devanditas actividades poden levarse a cabo no traballo, na casa ou durante o tempo de ocio. Exemplos de actividades físicas moderadas son as seguintes: cargar con pesos lixeiros, ir en bicicleta a velocidade normal, fregar a casa ou limpar o xardín, etc. Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD): son as actividades de autocoidado que unha persoa realiza diariamente. Inclúe as seguintes: Alimentarse: comer e beber

Levantase e deitarse da cama Levantarse e sentarse nunha cadeira Vestirse e espirse Ir ao servizo Ducharse ou lavarse todo o corpo Actividades habituais do fogar: refírese a tarefas domésticas, tales como: Preparación de comidas Utilización do teléfono Realizar compras Subministro de medicamentos propios Realizar tarefas domésticas lixeiras, como cociñar, fregar a louza, pasar o ferro, coidar os nenos, etc. Realizar tarefas domésticas pesadas, como mover mobles pesados, fregar pisos cun cepillo, limpar ventás, etc. Administrar o seu propio diñeiro Acupuntor: especialista que trata as doenzas inserindo agullas en distintas partes do corpo do paciente en función dos órganos afectados pola enfermidade. Admisión/ingreso nun hospital de día: refírese ás admisións a unha cama hospitalaria para diagnóstico e/ou tratamento programado, nas que se recibe a alta antes de media noite do mesmo día. Inclúe os ingresos en cama ou cadeira de brazos cama. Non inclúe estanzas en urxencias nin en observación. Asistencia persoal: axuda recibida por outra persoa. Atención domiciliaria: fai referencia á atención tanto médica coma non médica a persoas con algún tipo de enfermidade física ou mental, con algún tipo de minusvalidez ou a persoas que pola súa avanzada idade non poden realizar actividades de coidado persoal ou tarefas do fogar. Inclúe servizos a domicilio proporcionados por un enfermeiro ou matrona dun hospital, por axencias, asociacións ou por voluntarios. Axuda domiciliaria para as tarefas domésticas: este servizo inclúe tarefas tales como limpar a casa, preparar a comida, facer a coada, pasar o ferro, dar ou recordar a medicación, axudar con tarefas económicas ou financeiras do fogar, facer compras, etc. Estes servizos son ofrecidos polos concellos, asociacións privadas, ONG s, etc., co fin de permitir a aquelas persoas con necesidades seguir vivindo nos seus propios domicilios.

Axudas técnicas e adaptacións no fogar: inclúe cadeiras de rodas, bastóns, baños ou cociñas adaptadas, corredores anchos, etc. Centro de saúde/consultorio: centros nos que se presta asistencia de atención primaria a beneficiarios da Seguridade Social. A asistencia é prestada por médicos de medicina xeral, pediatras e persoal de enfermaría. Ademais existen unha serie de servizos de apoio: unidades de planificación familiar, saúde mental, fisioterapia, saúde buco-dental, e nas que se integran outros profesionais (tocoxinecólogos, odontólogos, psiquiatras, psicólogos e farmacéuticos) que manexan problemas relacionados co súa formación específica. Citoloxía vaxinal: consiste na toma dunha mostra de células que son analizadas no laboratorio. É un medio de diagnóstico de cancro de colo de útero e vaxinal e de determinadas infeccións. Permite tamén coñecer a actividade hormonal da muller. Comidas a domicilio: é un servizo que ten como finalidade proporcionar a comida a persoas que non poden saír de casa para facer a súa compra ou que teñen dificultade en preparar a súa propia comida debido a que padecen algún tipo de enfermidade física ou mental, teñen algún tipo de minusvalidez ou porque a súa avanzada idade llo impide. Consulta externa dun hospital: consultas realizadas no propio hospital para aqueles pacientes que necesiten medios diagnósticos, tratamento e/ou rehabilitación, e que non se poden proporcionar no nivel de atención primaria, incluíndo a realización de procedementos cirúrxicos menores. Non requiren ingreso no hospital, senón que se fan de forma ambulatoria. Consulta médica: calquera visita a un profesional médico titulado (persoal ou telefonicamente), para diagnóstico, exame, tratamento, seguimento, consello ou calquera outro trámite. Tamén se considera consulta médica as revisións e peticións de receitas. Non se considera consulta médica os exames médicos colectivos (laborais, escolares, etc.), a simple petición de hora ou cita, as consultas ao estomatólogo, dentista ou hixienista dental, a realización de calquera proba diagnóstica (radiografías, análises, etc.) o procedemento terapéutico indicado por un médico, nin os contactos con farmacéuticos ou ópticos para a adquisición de prescricións médicas. Consultas a especialistas: fai referencia ás consultas a médicos especialistas en consultas externas ou de urxencias, incluíndo o cirurxián maxilofacial e outros cirurxiáns, pero non dentistas xerais. Tamén se consideran as consultas médicas no lugar de traballo ou centro de estudos, ou a un especialista no estranxeiro. Non se inclúen as visitas realizadas no hospital como paciente ingresado ou atendido no hospital de día. Consumo intensivo de alcohol: consumo nunha mesma ocasión de 6 ou máis bebidas. Enténdese nunha mesma ocasión o consumo nunha mesma situación, por exemplo, un tempo continuado de ocio, unha comida, unha festa, etc. Dietista, nutricionista: especialista que desenvolve actividades orientadas á alimentación da persoa ou de grupos de persoas, axeitadas ás necesidades fisiolóxicas e, no seu caso,

patolóxicas destas, e de acordo cos principios de prevención e saúde pública. Recomendando axudas específicas ou cambio nos hábitos alimenticios preveñen e tratan certos tipos de enfermidade. Discriminación: refírese a un tratamento despectivo cara a unha persoa debido ás súas características persoais ou á categoría de persoas á que pertence (raza, condición social, etc.). Disfunción psicolóxica: trátase dun indicador que mide o estado de saúde mental dunha persoa. Constrúese a partir de cinco preguntas: Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia estivo especialmente tenso? Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu tan baixo de moral que nada podía animalo? Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu calmado e tranquilo? Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu desanimado e deprimido? Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu feliz? Os valores deste indicador oscilan entre 0 e 100 puntos. Unha puntuación de 100 representaría a saúde mental óptima. Enfermidade crónica ou de longa duración: refírese a enfermidades ou problemas de saúde permanentes (cunha duración aproximada de polo menos 6 meses) e que poden necesitar un longo período de supervisión, observación ou coidado. Inclúense as enfermidades conxénitas, lesións debidas a accidentes e problemas estacionais ou intermitentes, como as alerxias. Estado de saúde: esta característica trata de medir a percepción que ten a persoa sobre o seu estado de saúde. Fisioterapeuta: tratan problemas de ósos, músculos, problemas circulatorios ou do sistema nervioso. O fisioterapeuta aplica unha ou máis das seguintes terapias para recuperar ou mellorar as funcións motoras: terapia de movemento, masaxe terapéutica e terapia física en sentido estrito, é dicir, a aplicación de estímulos físicos, electroterapia, hidroterapia, balneoterapia, etc. Gastos do seu propio peto : considérase o custo de calquera asistencia sanitaria que se recibise (médica, dental ou farmacéutica) e non fose reembolsado por algunha mutualidade pública, compañía de seguros ou empresa privada. Non se consideran como gastos "do seu propio peto" os pagamentos realizados ás compañías en concepto de primas de seguros. Herborista, fitoterapeuta: especialista que utiliza plantas ou extractos de plantas para tratar unha enfermidade ou mellorar a saúde do paciente. Homeópata: especialista que proporciona pequenas doses de substancias, por motivos curativos, as cales dadas en proporcións maiores proporcionarían os mesmos síntomas da enfermidade a persoas completamente sas. Selecciona as doses das substancias segundo a

persoa, non tendo soamente en conta a súa enfermidade, senón tamén o seu estilo de vida, estado emocional, mental e outros factores. Hospital: establecemento sanitario con réxime de internado que, con independencia da súa denominación, ten como finalidade principal a prestación de asistencia médica ou médico cirúrxica aos enfermos ingresados no mesmo. Non se inclúen as residencias de anciáns, orfanatos, garderías infantís, casa de beneficencia, etc. Hospitalización: todo ingreso nun hospital para recibir asistencia médica ou médico cirúrxica que supoña, ao menos, pasar unha noite no mesmo ou ter unha cama asignada. Non se considera hospitalización permanecer menos de 24 horas nun servizo de urxencias ou noutro servizo para a realización de probas diagnósticas ou terapéuticas. Tampouco se considera hospitalización a permanencia das persoas que acompañan ao enfermo aínda que ocupen unha cama e estean máis dun día, nin os recentemente nados sans que ocupen unha cama máis dun día. Índice de Masa Corporal (IMC): defínese como a relación entre o peso do individuo (expresado en quilogramos) e o cadrado do talle (expresado en metros): IMC=kg/m2. A clasificación dos individuos en función do seu IMC en persoas con peso insuficiente, peso normal, sobrepeso e obeso realizouse atendendo aos estándares marcados pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Limitación funcional física: unha persoa ten unha limitación no funcionamento se manifesta algún problema ou grao de limitación para realizar algunha das seguintes actividades: desprazarse a pé, subir e baixar tramos de escaleira, axeonllarse ou dobrarse, levantar e levar obxectos, facer uso fino da man e dedos, morder e mastigar. Limitación para as actividades da vida cotiá: limitacións que unha persoa pode ter no desempeño das actividades no seu entorno real como consecuencia dun problema de saúde. O desempeño que se espera dunha actividade determinada é o que presentan as persoas da poboación xeral que non teñen unha condición específica de saúde. Unha actividade está limitada cando así o estima o propio entrevistado. Considéranse actividades da vida cotiá tanto aquelas relacionadas coa actividade principal (traballo, estudos, tarefas domésticas, etc.) como aquelas que se levan a cabo no tempo libre (relacións con amigos, práctica de deportes, asistencia a espectáculos, etc.). Logopeda: especialista que desenvolve actividades de prevención, avaliación e recuperación dos trastornos da audición, a fonación e da linguaxe. Traballa con persoas que non poden producir sons ou non poden producilos claramente, con persoas con problemas de fluidez (por exemplo, tartamudos), ademais de con xente con desordes de voz (por exemplo, graves e agudos inapropiados). Tamén traballa con persoas que desexan mellorar as súas habilidades de comunicación modificando o seu acento e con persoas con problemas de comunicación tales como atención, memoria, etc.

Mamografía: radiografía ou imaxe de raios X das mamas que é usada para o diagnóstico de diversas lesións nas mamas. Medicamento: toda sustancia medicinal e as súas asociacións ou combinacións destinadas á súa utilización nas persoas, que se presente dotada de propiedades para previr, diagnosticar, tratar, aliviar ou curar enfermidades ou doenzas, ou para afectar a funcións corporais ou ao estado mental. Só son medicamentos as especialidades farmacéuticas, as fórmulas maxistrais, os preparados ou fórmulas oficinais e os medicamentos prefabricados. Exclúense os produtos de hixiene persoal, vendas e outros apósitos, produtos de alimentación, cosmética, caramelos, etc. Medicamento receitado: é aquel que un médico prescribiu ou recomendou. Se os recomendou un farmacéutico non se consideran receitados. Quiropráctico: profesional que trata anomalías do corpo que son causadas por interferencias co sistema nervioso. O tratamento xeralmente inclúe a manipulación da columna vertebral. A quiropráctica baséase na premisa de que a boa saúde depende dun sistema nervioso que funcione correctamente. Saúde mental positiva: trátase dun indicador que mide o estado de saúde mental dunha persoa. Constrúese a partir de catro preguntas: Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu cheo de vitalidade? Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia tivo moita enerxía? Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu esgotado? Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu canso? Os valores deste indicador oscilan entre 0 e 100 puntos. Unha puntuación de 100 representaría a saúde mental óptima. Servizo de urxencias: Servizo de urxencias dun ambulatorio: servizo constituído no ambulatorio que conta con profesionais para prestar asistencia urxente fóra do horario habitual. Servizo de urxencias dun hospital: servizo constituído no hospital, entendendo como tal o servizo que conta cun equipo de profesionais organizado, que presta asistencia urxente durante as 24 horas do día. Servizos especiais de transporte a domicilio: trátase de servizos que permiten desprazarse ás persoas que están confinados nas súas casas debido a algún tipo de minusvalía ou debido á súa avanzada idade. Os desprazamentos poden ser por distintos motivos, por exemplo, visitas ao médico, ir á compra, actividades de ocio, etc. Terapeuta manual: fisioterapeuta especialista en intervencións de terapia manual e técnicas para tratar problemas de movementos que xeran dor. Trata problemas de costas, colo, tensión

muscular, problemas de cadeira e xeonllo e dores de ombro. A terapia manual defínese como a especialidade médica á que concirne o diagnóstico, avaliación, prevención e tratamento da incapacidade encamiñados a facilitar, manter ou devolver o maior grao de capacidade funcional e independencia posibles. Terapeuta ocupacional: especialista que aplica técnicas e realiza actividades de carácter ocupacional que tenden potenciar ou suplir funcións físicas ou psíquicas diminuídas ou perdidas, e orientar e estimular o desenvolvemento de tales funcións. Traballan con individuos que teñen algún tipo de minusvalía mental, física, de desenvolvemento ou emocional. Axudan a desenvolver, recuperar ou manter as actividades diarias e habilidades no traballo. Toma da tensión arterial: é a medición da tensión arterial sistólica e diastólica realizada por un profesional sanitario. Considérase tamén a toma da tensión efectuada por farmacéuticos na propia farmacia. Trato violento: fai referencia ao uso de forza física cara a outra persoa ou grupo de persoas que teña como consecuencia dano físico, sexual ou psicolóxico. Considéranse tanto as situacións reais coma a sensación de medo ante estas accións. No caso de violencia no ámbito do fogar, considérase a que pode ser causada por persoas tanto fóra coma dentro do fogar. A violencia no traballo non soamente pode provir dun compañeiro, superior ou subordinado, senón doutra persoa coa que se relacione o informante no seu lugar de traballo, como por exemplo un cliente ou provedor. Vacina contra a gripe: considérase a vacina antigripal estacional. Non se considera a vacina contra a variante H1N1. 3. Presentación de resultados O IGE, a través da súa páxina Web, difunde un conxunto de táboas correspondentes á explotación de variables investigadas na Enquisa europea de saúde 2009, atendendo ao sexo e á idade das persoas enquisadas. As distintas táboas publicadas organízanse en tres módulos: Módulo de estado de saúde Módulo de asistencia sanitaria Módulo de determinantes da saúde O primeiro ofrece información sobre o estado de saúde físico e mental da poboación galega de 16 ou máis anos, as enfermidades crónicas padecidas, os accidentes sufridos, e as condicións físicas e limitacións funcionais que experimentan. O segundo módulo pretende medir a utilización dos principais tipos de servizos médicos por parte da cidadanía galega: hospitalizacións, consultas médicas, consumo de medicamentos, utilización dos servizos de prevención sanitarios, así coma o grao de satisfacción dos usuarios cos distintos servizos do sistema de saúde galego.

No terceiro módulo avalíanse as características físicas (peso e altura) e os hábitos de vida da poboación galega de 16 e máis anos, como por exemplo o exercicio físico realizado ou o consumo de froitas e verduras. Tamén se ofrece información sobre os distintos estilos de vida e condicións ambientais e sociais que inciden na calidade do estado de saúde. En todas as táboas se ofrece, ademais dos resultados acadados no ámbito galego, información para o total da poboación española de 16 ou máis anos, permitindo así a comparabilidade dos resultados autonómicos cos nacionais. Máis información sobre a Enquisa europea de saúde 2009 na páxina web do INE: http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=/t15/p420&file=inebase&l=0