Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Similar documents
Sede Electrónica Concello de Cangas

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Síntesis da programación didáctica

Consellería de Sanidade

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Concello de Castroverde

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Expediente: 5193/2017

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Facultade de Fisioterapia

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Problema 1. A neta de Lola

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

XEFATURA DO ESTADO A 2. = + 5, x 10-6 A 3. = + 1, x 10-8 A 4. = + 1, x A 5

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Proposta de resolución provisional

Ordenanzas fiscais Páxina 1

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Silencio! Estase a calcular

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

XVI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS 17 de decembro de 2017

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Corresponderá ó Tribunal Económico-Administrativo Municipal o exercicio das seguintes funcións:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Transcription:

Orde do --- de ----------- de 2018, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de renovación das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres A Disposición adicional quinta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, creou o Consello Galego das Mulleres como un órgano colexiado e institucional de Galicia, de carácter consultivo, de participación e asesoramento en materia de políticas de igualdade. Posteriormente, o Decreto 157/2012, do 5 de xullo de 2012, regula o establecemento da súa natureza, fins e composición, adscribíndoo ao órgano da Administración Xeral da Comunidade Autónoma competente en materia de igualdade. Entre as finalidades do Consello Galego das Mulleres está a de ofrecer unha canle de participación efectiva ás mulleres, a través das asociacións e entidades representativas dos seus intereses no desenvolvemento e aplicación do dereito á igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a discriminación, recollendo as súas reivindicacións e propostas dirixidas á consecución de tales fins, así como actuar como interlocutor ante a Administración autonómica e ante calquera institución ou entidade de carácter público ou privado, para o desenvolvemento de políticas públicas e medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes, e á erradicación da violencia de xénero. Para a consecución destes obxectivos, no Consello Galego das Mulleres deben estar representados os sectores máis relevantes que actúan no eido da igualdade. O Decreto 157/2012 establece directamente a participación e forma de designación dos/as vogais representativos/as das Administracións públicas, autonómica e local de Galicia e das organizacións sindicais e empresariais. En relación coas asociacións e federacións de mulleres, o artigo 4 do antedito Decreto asígnalles 15 vogais, o artigo 6 establece que para o procedemento de elección destas vogalías a persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocará o proceso de presentación de candidaturas e de votación e o artigo 7 dispón que o mandato dos/as integrantes do Consello Galego das Mulleres que non participen nel por razón do seu cargo terá unha duración de catro anos, renovable por iguais períodos de tempo. 1

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación Por todo o exposto, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto O obxecto desta orde é a renovación das vogalías integrantes do Consello Galego das Mulleres en representación das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas cuxo ámbito de actuación estea dentro da Comunidade Autónoma de Galicia (Procedemento SI450A) de acordo co establecido no Decreto 157/2012, do 5 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero no relativo aos órganos consultivos e de participación. Artigo 2. Requisitos das asociacións e federacións participantes 1. As asociacións de mulleres e as federacións por elas constituídas que pretendan concorrer a este procedemento poderán participar como votantes e/ou como candidatas e deberán reunir os seguintes requisitos: a) Estar formadas exclusivamente por mulleres. b) Ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia. c) Estar legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. d) Ter sido creadas con carácter estable para a realización, sen ánimo de lucro, de fins específicos relacionados cos intereses das mulleres. A concorrencia a este procedemento dunha federación, confederación ou agrupación de asociacións excluirá a das súas organizacións asociadas. Artigo 3. Solicitudes 2

1. As entidades que desexen concorrer a este procedemento deberán presentar para tal efecto, debidamente cuberto, o Anexo I que acompaña á presente orde e no que deberán indicar no cadro correspondente se se presentan como candidatas e/ou como votantes. 2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes O prazo de presentación das solicitudes será de dez días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Artigo 5. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento 1. As entidades que non figuren inscritas no RUEPSS nas áreas de muller e/ou igualdade, ou que se opoñan á consulta no dito Rexistro, deberán acompañar a solicitude da seguinte documentación: a) Documento acreditativo da representación legal da persoa que subscriba a solicitude. b) Copia dos estatutos da entidade, coa finalidade de acreditar que están legalmente constituídas, que os seus fins estatutarios se enmarcan dentro do ámbito da igualdade e os intereses das mulleres e que o seu ámbito de actuación está comprendido dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. 3

c) Memoria descritiva dos programas específicos que desenvolve a entidade, que deberán ter relación directa con algún destes ámbitos: defensa da igualdade de xénero, loita contra a discriminación das mulleres, loita contra a violencia de xénero. 2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. 3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del. 4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderá consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia. 5. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. 6. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a 4

acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución. Artigo 6. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do Cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Artigo 7. Comprobación de datos 1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas: a) NIF da entidade solicitante. b) DNI ou NIE da persoa representante. c) Inscrición da entidade no RUEPSS, de ser o caso. 2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos. 3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes. Artigo 8. Emenda da solicitude 1. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación esixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá á persoa solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 68 da Lei 5

39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da citada lei. 2. Sen prexuízo do disposto neste artigo, poderase requirir en calquera momento do procedemento ás persoas solicitantes para que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarias para a verificación do cumprimento dos requisitos esixidos nesta orde ou para a tramitación e resolución do procedemento. Artigo 9. Notificación 1. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións provisionais ou definitivas e os actos administrativos deste procedemento serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia ou na páxina web do órgano competente da Secretaría Xeral da Igualdade, segundo corresponda de acordo co disposto nesta mesma orde. As publicacións producirán os mesmos efectos da notificación. 2. As notificacións de resolucións e actos administrativos non incluídas no número primeiro deste artigo ou efectuadas con carácter adicional á publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida. 4. As persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do 6

sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos. 5. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. 6. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Artigo 10. Prazo máximo de resolución e efectos do silencio administrativo O procedemento de renovación do Consello Galego das Mulleres levarase a cabo no prazo máximo de cinco meses a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes que non figuren nas resolucións expresas previstas nesta orde deberán entenderse desestimadas. Artigo 11. Clasificación das entidades admitidas As entidades admitidas para participar neste procedemento como candidatas encadraranse en catro categorías: unha categoría xeral, e tres categorías especiais: organizacións profesionais, rurais e de atención a colectivos con especiais dificultades, segundo a categoría que elas mesmas teñan indicado no momento de cubrir a solicitude de participación (Anexo I) e verificada pola Secretaría Xeral da Igualdade de acordo co establecido na presente orde. Artigo 12. Relación provisional de entidades admitidas e excluídas 1. Concluído o prazo de presentación, a Secretaría Xeral da Igualdade analizará a documentación presentada polas entidades solicitantes e resolverá provisionalmente sobre a admisión ou exclusión das asociacións de mulleres e federacións a este proceso 7

e publicará a correspondente resolución provisional na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade: http://igualdade.xunta.gal coas relacións das entidades admitidas para participar no proceso como votantes e das admitidas para participar como candidatas. Así mesmo publicará unha relación provisional de entidades excluídas, tanto votantes como candidatas, con indicación da causa de exclusión. Esta resolución será adicionalmente notificada electronicamente ás entidades interesadas para unha mellor difusión, pero, de acordo co disposto no artigo 9.1 desta orde, só a publicación na páxina web terá validez para os efectos do cumprimento da obriga de notificar e do cómputo de prazos. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderase requirir en calquera momento do procedemento ás entidades para que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarias para a verificación do cumprimento dos requisitos esixidos nesta convocatoria ou para a tramitación e resolución do procedemento. 2. As entidades que resulten excluídas na relación provisional ou as incluídas que desexen manifestar a súa desconformidade coa resolución, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da resolución provisional, para efectuar as alegacións que consideren convenientes ou para achegar os documentos oportunos. Para os efectos do cómputo deste prazo indicarase expresamente na publicación a data límite de presentación de documentación e alegacións e así mesmo quedará constancia no expediente da data de publicación da resolución na páxina web, mediante certificación emitida pola Secretaría Xeral da Igualdade e incorporada ao expediente. 3. As entidades excluídas que no dito prazo non presenten alegacións contra a súa exclusión provisional considerarase que desisten da súa solicitude. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva en ningún caso se admitirá a emenda posterior ao prazo establecido, agás que se demostre de xeito fidedigno que a emenda foi efectivamente presentada dentro do dito prazo e de acordo co procedemento establecido nesta orde e demais normativa aplicable. 8

Artigo 13. Relación provisional de entidades admitidas e excluídas Finalizado o prazo de reclamación contra a resolución provisional, e logo de analizar as posibles reclamacións presentadas, a Secretaría Xeral da Igualdade ditará resolución definitiva na que figurarán as entidades admitidas e excluídas, tanto votantes como candidatas, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación terá plenos efectos de notificación de acordo co disposto no artigo 9.1, sendo facultativa para o órgano instrutor a notificación individual adicional ás entidades interesadas para os únicos efectos dunha mellor difusión. Artigo 14. Proceso de votación 1. Unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva que estableza as entidades admitidas e excluídas a este procedemento, iniciarase a fase de votación que se desenvolverá durante 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita resolución. Durante eses 10 días hábiles, as entidades admitidas como votantes poderán emitir o seu voto a favor dun máximo de 15 das asociacións e federacións proclamadas como candidatas, cubrindo o Anexo II e achegándoo na sede electrónica na Carpeta do Cidadán, na opción habilitada ao respecto dentro do procedemento correspondente. 2. Co obxecto de reflectir a pluralidade do movemento asociativo de mulleres, garantindo a representatividade do Consello Galego das Mulleres, cada asociación/federación que participe no proceso de votación deberá elixir como mínimo unha e como máximo dúas das entidades que figuren no censo de candidatas en cada un dos bloques das categorías especiais. O resto das adhesións, ata completar o máximo de 15, distribuiranse entre as entidades que figuren no bloque xeral. Non se considerarán para participar neste procedemento os votos emitidos que non cumpran con estes requisitos. 3. Consideraranse nulos todos os votos (Anexo II) nos seguintes casos: a) Que contemplen adhesións a máis de 15 candidaturas. 9

b) Que conteñan emendas ou borranchos, agás que, de xeito inequívoco, non provoquen ningún tipo de confusión respecto á vontade substancial da entidade votante. c) Que non estean debidamente asinados pola persoa que exerza a representación legal da entidade que estea exercendo o dereito de participar como votante neste proceso. 4. Consideraranse votos en branco aqueles nos que non apareza cuberta ningunha candidatura ou aqueles sobres que estean baleiros. Artigo 15. Resultado da votación e asignación provisional de vogalías 1. Unha vez rematado o proceso de votación e o reconto de votos, o resultado provisional da votación, con indicación do número total de votos emitidos e do número de votos obtidos por cada candidatura, así como das vogalías que correspondan a cada entidade, publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade. 2. A asignación de vogalías entre as entidades levarase a cabo segundo un reparto proporcional en función do número de adhesións que cada candidatura recibise, de conformidade co establecido no Decreto 157/2012, do 5 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, no relativo aos órganos consultivos e de participación. 3. No caso de producirse empates entre entidades entenderase que a elección corresponde á entidade que teña un maior número de afiliadas e, no caso de persistir o empate, corresponderá á entidade de maior antigüidade. 4. Co obxecto de asegurar a representatividade territorial, no caso de que do procedemento de asignación de vogalías se derivase unha representatividade inferior ao 15% dalgunha provincia (2 vogalías), garantirase a presenza das dúas entidades dese ámbito territorial que teñan obtido o maior número de adhesións á súa candidatura. Se houbese unha única entidade que se postulase como candidata por algunha provincia, obtería dúas vogalías. No suposto de que por algunha provincia non se postulase ningunha candidatura, non haberá lugar á aplicación deste criterio, asignando ás demais provincias todas as vogalías. 10

Para estes efectos considerarase como provincia de referencia para cada entidade a correspondente ao domicilio social indicado no impreso de solicitude de candidatura (Anexo I), a cal debe coincidir cos datos que figuren no RUEPSS ou, de ser o caso, nos estatutos da entidade. Se existise discrepancia entre os datos prevalecerán os que figuren no RUEPSS, ou, de ser o caso, nos estatutos da entidade. 5. As entidades interesadas disporán de dez días hábiles contados dende o seguinte á publicación á que se refire o punto anterior para expresar, de ser o caso, a súa desconformidade con este resultado provisional, mediante reclamación, dirixida por medios electrónicos, á Secretaría Xeral da Igualdade. Artigo 16. Designación das entidades ás que corresponden as vogalías no Consello Galego das Mulleres Unha vez transcorrido o prazo de reclamación ao resultado provisional e estudadas as posibles reclamacións pola Comisión de Seguimento a que se refire o artigo 15 desta orde, a Secretaría Xeral da Igualdade ditará resolución, no prazo máximo de tres meses, proclamando as 15 entidades que resultaron elixidas para exercer as vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres. A antedita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e as entidades seleccionadas terán un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para comunicar á Secretaría Xeral da Igualdade a persoa ou persoas que representarán á entidade no Consello Galego das Mulleres e tamén a quen, de ser o caso, as poida substituír. Esta comunicación realizarase de conformidade cos termos establecidos e segundo o modelo normalizado que se estableza na mesma resolución. No caso de que algunha entidade non comunique estes datos no prazo e conforme ao procedemento establecido decaerá no seu dereito a ser representada no Consello Galego das Mulleres, agás causa de forza maior apreciada pola Secretaría Xeral da Igualdade, realizándose unha nova asignación de vogalías, de conformidade co establecido nos artigos precedentes. 11

Artigo 17. Comisión de seguimento Para o seguimento do proceso electoral previsto nesta orde, constituirase na Secretaría Xeral da Igualdade unha comisión de seguimento que estará integrada por tres funcionarios/as, designados/as pola persoa titular do dito órgano, procurando acadar unha composición equilibrada por razón de xénero. A Comisión de seguimento velará en todo momento pola transparencia de todo o proceso de elección así como pola súa suxeición ás bases establecidas e ao resto do ordenamento xurídico. Para tal fin exercerá as funcións que lle atribúe a presente orde e, en particular: a) Resolverá todas as dúbidas que formulen as asociacións e organizacións de mulleres ao longo de todo o proceso. b) Procederá ao reconto de adhesións de cada papeleta, resolverá sobre as que resulten nulas e aplicará os criterios necesarios no caso de desempate así como para asegurar unha axeitada representación territorial. c) Valorará as reclamacións que, de ser o caso, se presenten contra as listas provisionais de entidades admitidas e excluídas e contra o resultado provisional da votación, así como as incidencias que poidan xurdir durante o procedemento. c) Redactará a acta co resultado da elección. Artigo 18. Réxime de recursos 1. As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas, de conformidade coa Lei 39/2015, poderán interpoñerse, por parte das persoas interesadas, recurso potestativo de reposición ante a persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto ou, alternativamente, recurso contenciosoadministrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do 12

seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. 2. Do disposto no número 1 procede exceptuar a resolución provisional de entidades admitidas excluídas e a resolución co resultado provisional da votación e asignación de vogalías, ante as que caben as impugnacións previstas nos artigos 12.2 e 15.5 desta orde respectivamente 3. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. Artigo 19. Regulación en materia de protección de datos de carácter persoal De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación dos procedementos asociados a este decreto, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o dito procedemento, así como informar ás persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral da Igualdade. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral da Igualdade, mediante o envío dunha comunicación no seguinte enderezo electrónico : xestion.igualdade@xunta.gal ou no enderezo: Secretaría Xeral da Igualdade. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña). Disposición final primeira. Disposicións sobre o procedemento administrativo 13

A persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade ditará as disposicións que sexan necesarias para o axeitado desenvolvemento e cumprimento desta convocatoria. Disposición final segunda. Entrada en vigor Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, de de 2018 O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Alfonso Rueda Valenzuela 14