Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Silencio! Estase a calcular

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Síntesis da programación didáctica

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Plan Estratéxico

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Sarmiento. A aprendizaxe-servizo en perspectiva. John Dewey como referente histórico

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

TRAXECTORIAS E RETOS

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

A Educación Global na Educación Secundaria Obligatoria: unha investigación diagnóstica nos centros educativos de Galicia

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19

Facultade de Fisioterapia

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

O Software Libre nas Empresas de Galicia

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL PARA TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

A comunicación externa nas organizacións

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

LINGUA INGLESA CURSO

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

plan estratéxico 2016 >> 2020

A responsabilidade social dos universitarios como futuros traballadores: perspectivas comparadas

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

TRABALLO DE FIN DE GRAO

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Boloña. Unha nova folla de ruta

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

UNHA PROPOSTA PARA MELLORAR A MADUREZA VOCACIONAL DOS ADOLESCENTES

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Coeducación. O alicerce do ensino

Programación Percusión

Educación e linguas en Galicia

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

III MEMORIA SOCIAL CLECE

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º ESO - LINGUA INGLESA - 1º IDIOMA CURSO 2018 / 2019 IES DAVID BUJÁN

Programación Proxecto empresarial

Memoria Xustificativa. Xustificación do título proposto, argumentando o interese académico, científico e profesional do mesmo

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

Building Identities in Arts-Based Educational Research Construyendo Identidades en la Investigación Educativa Basada en las Artes

Editorial Guidelines. The authors wishing to submit articles for consideration by the Editorial Board of our publication shall:

Transcription:

REDES SOCIAIS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN ISSN: 1887-2417 ISSN-e: 2386-4362 DOI: 10.17979/ams.2017.23-24.0.3392 Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo Mulleres colleiteiras and Social Education students: a learning and service experience Neves Arza Arza, Laura Cruz López e Araceli Serantes-Pazos.Universidade da Coruña (Galiza-España) UDC/ CEIDA/ UFMG Resumo No curso 2015/16, o alumnado de 1º e 3º de Educación Social participou nun proxecto de Aprendizaxe e Servicio (ApS) co colectivo de Mulleres colleiteiras. Os obxectivos fóron visibilizar o seu traballo de recollida e valorización dun residuo aceites domésticos usados e conseguir maior apoio da comunidade universitaria na recollida. Mulleres colleiteiras son unha cooperativa de traballo asociado formado por mulleres en situación de exclusión social, co apio da ONGD Arquitectura sen Fronteiras. A súa iniciativa ten un triple beneficio: económico, social e ambiental. O alumnado -no marco de tres materiasdeseñou unha campaña de sensibilización centrada en tres dimensións: coñecer as razóns de exclusión social e laboral deste colectivo, coñecer os problemas do verquido de aceite doméstico na rede de auga potable e coñecer en profundidade a iniciativa das mulleres colleiteiras. Os resultados foron moi positivos por: o incremento de aceite recollido, o recoñecemento que recibiron as mulleres e a satisfacción do alumnado en aunar coñecemento-acción-transformación. Astract In the 2015/16 academic year, the 1st and 3rd year students of Social Education participated in a Learning and Service project (ApS) with the collective Mulleres colleiteiras. The objectives have been to make visible their work of collecting and valuing a waste -used household oils- and getting more support from the university community in the collection. Mulleres colleiteiras is a cooperative of associated work formed by women in social exclusion situation with the support of ONGD Arquitectura sen Fronteiras. Your initiative has a triple benefit: economic, social and environmental. The students -in the framework of three subjects- designed an awareness campaign focused on three dimensions: knowing the reasons for the social and labor exclusion of this group, knowing the problems of the spill of domestic oil in the drinking water network and knowing in the initiative of the mulleres colleiteiras. The results were very positive because of: the increase in oil collected, the recognition women received for their work and the satisfaction of the students when combining knowledge-action-transformation. Palabras chave educação ambiental; aceite doméstico usado; exclusión social; mujer; aprendizaxe e servizo. Key-words environmental education; used household oils; social exclusion; woman; Learning and Service. ambientalmentesustentable, 2017, (I), 23-24 ambientalmentesustentable 393 xaneiro-decembro 2017, ano XII, vol. I, núm. 23-24, páxinas: 393-400

Neves Arza Arza, Laura Cruz López e Araceli Serantes Pazos Introdución contidos de aprendizaxe e competencias abordadas nas materias indicadas. Esta experiencia de Aprendizaxe e Servizo (ApS) 1 ten como fin social contribuír a facer viable, produtivo e sostible o proxecto de autoemprego Mulleres colleiteiras, promovido pola ONGD Arquitectura Sen Fronteiras (ASF); trátase dun servizo integral de recollida, almacenamento, valorización e reutilización de aceites domésticos usados na cidade da Coruña e os municipios limítrofes. As protagonistas son un grupo de mulleres en situación de vulnerabilidade social que viven en infra-asentamentos na cidade, e que sufren unha cuadruple exclusión: por ser de etnias minoritarias, pobres, mulleres e sen formación académica. O contexto desta experiencia é o ámbito académico, concretamente, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, co alumnado de Educación Social durante o curso académico 2015/16, no marco de 3 materias: Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables (3º curso), Orientación ocupacional (3º curso) e Educación ambiental e cultura da sostenibilidade (1º curso). Mulleres Colleiteiras A coooperativa sen ánimo de lucro Mulleres Coleiteiras foi creada no ano 2015 por 4 mulleres que residían en asentamentos no contorno da cidade da Coruña (dúas na Pasaxe e dúas nas Rañas); é o resultado dun proceso de formación e traballo social iniciado por ASF no 2013, no Programa de Inserción Social en Asentamentos Chabolistas dentro do Plan Integral de Inclusión Social. Tal e como se define na propia web do proxecto 2, Mulleres colleiteiras ofrece un servizo integral de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, dando unha resposta eficaz ao problema dos verquidos e A proposta de ApS xorde ao coñecer a escasa recollida de aceite na nosa Facultade. Partimos, polo tanto, dunha necesidade que tratamos de vincular con diferentes 1 Premio de Innovación Docente 2015/16 da Universidade da Coruña. 2 http://mullerescolleiteiras.blogspot. com.es/p/proxecto.html 394 ambientalmentesustentable, 2017, (I), 23-24

Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social... da contaminación: trátase de aproveitar o aceite usado como recurso enerxético, mediante un proceso local e de baixo custe. Este traballo é realizado por mulleres en situación de desventaxe social, e reporta beneficios ambientais (evitan un foco de contaminación e valorizan o aceite como fonte enerxética), máis tamén beneficios económicos (xeran ingresos, tratan un residuo a baixo custo e reducen o sobrecusto de tratar as grasas nas depuradoras) e sociai (crean postos de traballo que favorecen a súa inclusión laboral e social, fomentan a cohesión entre elas e participan en outras redes, como no Movemento galego de cooperativas). Foto 1: Mulleres coa furgoneta d erecollida de aceites usados Valorizar o aceite a través dun sinselo e barato sistema de filtrado Reutilizar cada litro de aceite usado, que pode transformarse en 0,95 litros de biodiesel. Mulleres colleiteiras ten distribuídos contedores nunha rede de puntos de recollida cada vez máis ampla e diversificada: mercados, centros cívicos, centros escolares, asociacións de veciños..., e tamén na Facultade de Ciencias da Educación. Seu traballo concrétase en: Recoller o aceite doméstico usado, depositado en garrafas de plático, ben dos contedores laranxas ou ben a recollida in situ a establecementos de hosteleria en garrafas de 30 litros, para o que utilizan unha furgoneta que adquiriron (Foto 1). Almacenar o aceite nunha nave industrial cedida por un ano polo Concello de Oleiros no viveiro industrial de Iñás; tamén fan labores de limpeza e mantemento dos contedores Aprendizaxe e servizo ou Aprendizaxe e Servicio Solidario Aprendizaxe e Servizo (ApS) é unha proposta ben articulada e planificada de aprendizaxe na que o alumnado afronta retos reais de corresponsabilidade social a través dun servizo voluntario; trátase dunha actividade educativa que enlaza a adquisición de coñecementos e competencias coa súa aplicación práctica para a mellor realización dun servicio útil á comunidade, que ten argumentos suficientes para mudar o sentido da aprendizaxe e o sentido da cidadanía (Josep M. Puig, Roser Batlle, Carme Bosch e Josep Palos, 2007:11). ambientalmentesustentable, 2017, (I), 23-24 395

Neves Arza Arza, Laura Cruz López e Araceli Serantes Pazos Polas características deste proxecto poderíamos estar falando de Aprendizaxe e Servicio Solidario (ASS), porque (i) favorece a autoestima das mulleres colleiteiras, que neste caso son verdadeiros axentes de cambio social (en canto á separación en orixen dos aceites domésticos usados), (ii) convirten ao alumnado en receptores do seu coñecemento e da súas prácticas e, (iii) participan no desenvolvemento da ApS, ofrecendo unha imaxen diferente aos estereotipos que sofren (Rafael Medina e Víctor Moreno, 2010: 3). A Universidade da Coruña (UDC) entende que a ApS debe combinar procesos de aprendizaxe co servicio á comunidade, no que os obxectivos de aprendizaxe son tan importantes como a mellora dunha realidade social, a partir da práctica reflexiva (CUFIE,s/d). A principal diferencia entre a ApS e o voluntariado é que a ApS enmárcase nunha ou varias materias do currículo académico, o que permite acadar unha serie de competencias propias da titulación; para José Tejada (2014) esta modalidade formativa no Ensino Superior aúna perfectamente a formación para o traballo e para unha cidadanía activa, desde a ética de cada un dos perfís profesionais. Estas propostas de traballo en rede constrúense sobre tres piares: pedagóxico: aprendizaxe no marco curricular dunha materia, solidario: servizo á comunidade, e reflexivo: práctica de acción-reflexiva. No noso caso, o servizo céntrase no deseño e desenvolvemento dunha campaña de sensibilización enfocada en tres dimensións: por unha banda, concienciar sobre a realidade de exclusión social e laboral que afecta a certos colectivos, contribuíndo a eliminar prexuízos e tópicos que limitan as posibilidades dunha inclusión activa e plena; por outra banda, informar e concienciar sobre o problema dos aceites domésticos usados; e, finalmente, materializar unha proposta viable para encarar ambas problemáticas. O obxectivo que se persigue é incrementar a recollida de aceite doméstico usado no contedor que as Muleres Colleiteiras teñen na Facultade. Os obxectivos específicos quedan reflectidos na Táboa 1. APRENDIZAXE Identificar factores de exclusión social e a influenza do xénero como eixo de desigualdade Coñecer a proposta metodolóxica de itinerarios de inserción personalizados Coñecer o problema dos RSU, en concreto dos aceites domésticos usados, e materializar unha resposta educativa SERVIZO Sensibilizar á comunidade universitaria sobre os procesos de exclusión social e laboral Coñecer o proxecto de Mulleres Colleiteiras e valoralo como iniciativa de autoemprego cun impacto social positivo Comprender o papel contaminante dos aceites usados e comprometerse coa súa reciclaxe Táboa 1: Obxectivos de aprendizaxe e servizo 396 ambientalmentesustentable, 2017, (I), 23-24

Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social... Situamos a experiencia de APS no marco das tres materias antes sinaladas como unha actividade obrigatoria. Trátase de materias de primeiro e terceiro curso, onde o alumnado aínda non tivo contacto coa realidade profesional a través do Prácticum; entendiamos que resultaba motivador poder achegarse a un colectivo específico e aplicar algunhas competencias e aprendizaxes desenvolvidas en diferentes materias, en concreto: Identificar e tomar conciencia dos factores vinculados aos procesos de exclusión social, residencial e laboral, analizando a súa interrelación e a influenza do xénero como eixo de desigualdade. Caracterizar e valorar a proposta metodolóxica dos itinerarios de inserción personalizados e a súa materialización no proxecto de Mulleres colleiteiras. Coñecer o problema dos RSU (residuos sólidos urbanos), en concreto dos aceites domésticos usados, e as alternativas viables de xestión. Coñecer o proxecto Mulleres colleiteiras e valoralo como iniciativa de autoemprego cun impacto social positivo. Aprender a deseñar, desenvolver e avaliar accións de sensibilización. Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información, en diferentes soportes. Desenvolver unha actitude aberta, crítica e comprometida co dereito ao benestar, á inclusión social e a un medio ambiente saudable. Adoptar unha disposición favorable ao traballo en contornas multiculturais e plurilingüística. Incrementar a recollida de aceite usado para o proxecto Mulleres colleiteiras. Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. Proposta metodolóxica e actividades Trátase dunha proposta experiencial e participativa, baseada na colaboración constante entre o alumnado de 1º e 3º Educación Social, coa ONGD Arquitectura sen Fronteiras e as Mulleres colleiteiras. Mediante un proceso de acción-reflexión- transformación, o alumnado coñece a realidade a través de entrevistas, charlas e grupos de traballo coas entidades. A elaboración da campaña tamén baséase nun proceso de intercambio fluído de información. As accións conxuntas entre as tres entidades UDC, ASF e Mulleres Colleiteiras máis destacadas foron: Contacto inicial e revisión do proxecto de APS incorporando as modificacións oportunas. Colaboración nas sesións informativas e formativas sobre o dereito ao hábitat e o proxecto Mulleres colleiteiras. ambientalmentesustentable, 2017, (I), 23-24 397

Revisión e aprobación da campaña de sensibilización deseñada, propoñendo melloras. Participación na avaliación final da experiencia. Pódense identificar 5 fases no proceso (Gráfico 1): 1. Información e motivación do alumnado. Como nas guías docentes non figuraba a proposta de APS, implicou unha fase de documentar e implicar ao alumnado. 2. Adquisición de coñecementos teóricoprácticos en sesións expositivas e interactivas, a través de discusións dirixidas, lectura de artigos de referencia, visionado dunha curtametraxe, obradoiro sobre o dereito ao hábitat, análise do proxecto Mulleres colleiteiras como iniciativa de autoemprego de mulleres en exclusión social, obradoiro de sensibilización ambiental desenvolvido por elas e sesións de aula para coñecer e aplicar a técnica de Interpretación do Patrimonio aplicada ao deseño de carteis. 3. Análise da realidade: centrada na detección de necesidades e obstáculos para a recollida de aceite doméstico usado na Facultade. Identificaron como principais limitacións o descoñecemento do proxecto Mulleres colleiteiras, ignoraban que era o contedor laranxa da Facultade e non sabían as consecuencias do verquido do aceite nos desagües, polo que non estaban motivados para colaborar. 4. Deseño e desenvolvemento da campaña de sensibilización que tivo dúas fases. No primeiro cuadrimestre, o alumnado de terceiro curso deseñou accións de impacto para chamar a atención sen achegar información sobre o proxecto (Fotografías 2 a 3). Deseñouse un power-point e un vídeo para informar nas aulas ao resto de cursos e titulacións da Facultade. Información e motivación do alumnado Avaliación do proceso e dos resultados Adquisición de coñecemento teórico-práctico 1 2 5 FASES 3 4 Deseño e desenvolvemento da campaña Análise da realidade Gráfico 1: Fases do proxecto de Aprendizaxe e servicio Fotografías 2 a 3: Exemplos da campaña de motivación e divulgación 398 ambientalmentesustentable, 2017, (I), 23-24

No segundo cuadrimestre, deseñaron unha exposición de carácter interactivo, cunha identidade propia tanto nas cores como no formato e tipografía, co título-tema Mulleres colleiteiras, moitas razóns para colaborar (Fotografía 4). Os paneis colocáronse nos distintos andares da Facultade e respondían a tres tópicos: os problemas que orixinan os verquidos de aceite doméstico, quen son as mulleres colleiteriras e o proceso de valororización e reutilización que están a realizar e, por último, como se pode colaborar (Fotografías 5 a 7). 5. A avaliación do proceso e dos resultados concretouse na avaliación do deseño da campaña de sensibilización e das accións contempladas, por parte do profesorado implicado e das Mulleres colleiteiras; foi un proceso de avaliación contínua en sesións de titoría e de avaliación final, no que tamén participaron ASF e as Mulleres colleiteiras, que comprobaron un incremento moi importante de aceite depositado nos contedores no remate da campaña de sensibilización. Fotografía 4: Panel de inicio da exposición. Consideracións finais Os proxectos de ApS son unha poderosa estratexia educativa, realmente inspiradora, porque se trata dun proceso de acercar aos futuros profesionais á realidade social, para intervir nela, desde o coñecemento e a participación, de forma tutelada e autónoma ao mesmo tempo; tamén porque per- Fotografías 5 a 7: Paneis e módulos interactivos da exposición interpretativa. ambientalmentesustentable, 2017, (I), 23-24 399

Neves Arza Arza, Laura Cruz López e Araceli Serantes Pazos mite mellorar as capacidades do alumnado que é protagonista do seu aprendizaxe, no que se establece un diálogo horizontal entre as persoas participantes, compartindo saberes, e axudando a construir sociedades máis solidarias, responsables e comprometidas (Rafael Mendía, 2012:73). A relación do alumnado coas Mulleres co- lleiteiras convertiu a aprendizaxe sobre inclusión e reciclaxe nunha experiencia chea de sentido. Traballar con elas, abordar un problema real e buscar solucións promove a comprensión, a empatía e a solidariedade. O contacto continuado opereu nun cambio visible nelas: gañaron en confianza e autoestima ao enfrentarse ao alumnado para contar a súa experiencia, o que lles axudou a entender mellor as bases do seu proxecto e apropiarse de argumentos máis elaborados. E o alumnado pudo coñecer estratexias de comunicación/acción, desenvolvelas e valorar o impacto final: observar e reflexionar sobre os fallos e os acertos. Ao aplicar o instrumento facilitado desde o CUFIE para avaliar o proxecto de ApS 3 consideremos que todos os criterios foron contemplados e acadados. A modo de conclusión, sinalar que a principal dificultade para desenvolver o proxecto foi traballar con grupos tan grandes nun único proxecto (máis de 100 persoas 3 https://www.slideshare.net/cufie_ UDC/avala-o-teu-proxecto-de-aprendizaxe-servizo por aula). Quizás tería sido máis interesante que traballasen en catro propostas diferentes para facilitar a coordinación entre eles á hora de darlle coherencia e continuidade aos contidos; mais este traballo posibilitou a sensación de grupo, ao desenvolver un obxectivo común e acadar unha meta. Por todo isto, consideramos que foi unha aprendizaxe relevante na súa formación. Foi unha mágoa non poder contar coa presenza das Mulleres Colleiteiras na segunda fase (co alumnado de 1º curso), porque tivera sido moi relevante ter información de primeira man, o que quedaría reflectido no deseño dos seus carteis. Destacar a potencialidade deste proxecto: os carteis poden facilitarse en formato editable para que os centros escolares ou outras entidades sociais os podan imprimir e crear os seus propios recursos interactivos. Referencias bibliográficas CUFIE (s/d). Documento Marco do Programa de Aprendizaxe e Servicio na UDC. https:// www.udc.es/cufie/innovacion/aps/documentacion.html MENDÍA GALLARDO, Rafael (2012). El Aprendizaje-Servicio como una estrategia inclusiva para superar las barreras al aprendizaje y a la participación, Revista de Educación Inclusiva, vol. 5, nº 1, pp. 71-82. MENDÍA, Rafael e Víctor MORENO (2010): Aprendizaje y Servicio Solidario: una estrategia para la inclusión social. Bilbao: Zerbikas Fundazioa. PUIG, Josep, Roser BATLLE, Carme BOSCH e Josep PALOS (2007). Aprendizaje servicio. Educar para la ciudadanía. Barcelona: Editorial Octaedro. 400 ambientalmentesustentable, 2017, (I), 23-24