III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Similar documents
II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

plan estratéxico 2016 >> 2020

Silencio! Estase a calcular

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

III MEMORIA SOCIAL CLECE

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Plan Estratéxico

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Coeducación. O alicerce do ensino

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

Sede Electrónica Concello de Cangas

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

RECURSOS E INSTRUMENTOS

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Quinesia Nº 35 Páxina 1

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADE E SAÚDE

Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo

LINGUA INGLESA CURSO

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

A ESCOLA (RURAL) COMO PASADO E FUTURO

XESTIÓN ESTRATÉXICA DA SOSTIBILIDADE NO ÁMBITO LOCAL: A AXENDA 21 LOCAL

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

persoal, familiar e laboral

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

C A D E R N O S D E L I N G U A

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

INDICE. Un click nos capítulos enlaza coa páxina correspondente PÁX A confidencialidade: beneficio social PÁX

VISIBILIZACIÓN DAS ARTISTAS. UNHA PONTE ENTRE A UNIVERSIDADE E O EIDO PROFESIONAL

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Participación feminina no mercado de traballo desde un enfoque interxeracional*

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Transcription:

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES 2018-2022 Concello de FORCAREI

ÍNDICE INTRODUCIÓN... 2 ESTAMENTO MUNICIPAL COORDINADOR DO PLAN DE IGUALDADE. Error! Marcador no definido. MARCO CONTEXTUAL... Error! Marcador no definido. PRINCIPIOS REITORES... Error! Marcador no definido. METODOLOXÍA... Error! Marcador no definido. FINALIDADES E OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS:... 3 ÁREAS DE ACTUACIÓN:... 5 1. ÁREA DE SENSIBILIZACIÓN, DIFUSIÓN E INFORMACIÓN ORIENTATIVA... 6 2. ÁREA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL... 9 3. ÁREA DE FORMACIÓN E EMPREGO...12 4. ÁREA DE PROTECCIÓN SOCIAL, PROMOCIÓN DA SAÚDE E O BENESTAR...14 5. AREA DE EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL, APROVEITAMENTO DO TEMPO DE LECER, ASOCIACIONISMO, CULTURA E DEPORTE...17 6. AREA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN E ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO...20 AVALIACIÓN... Error! Marcador no definido. 1

INTRODUCIÓN Conscientes do camiño que queda por percorrer, a pesar dos avances conseguidos, o Concello de Forcarei fai unha vez máis unha aposta clara e decidida polo impulso dunha planificación estratéxica que continúe a derrubar as barreiras que dificultan que as mulleres gocen dos dereitos e das oportunidades. O dereito á igualdade interesa a toda a cidadanía porque mellora a nosa calidade de vida, tanto na realización profesional como na persoal, familiar e laboral. Estamos convencidas e convencidos de que a máxima participación en igualdade de condicións da muller e do home, é indispensable para o desenvolvemento pleno e completo do noso Concello, polo que impulsamos a adaptación de medidas precisas co fin de suprimir esta discriminación en todas as súas formas e manifestacións. As estatísticas seguen a revelar unha realidade desigual nas retribucións salariais, na promoción profesional, no acceso a sectores e ámbitos aínda fortemente masculinizados, así como tamén na presenza nas esferas de decisión. A corresponsabilidade é labor do conxunto da sociedade; administracións públicas, axentes sociais e instancias privadas debemos traballar para fomentala e crear sinerxías que redunden nunha organización social na que sexa máis doado para todos e todas harmonizar a vida privada e a laboral e facer un uso racional dos tempos. Sen dúbida, outro dos grandes retos para os vindeiros anos é a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade no ámbito doméstico e familiar. A desigual repartición das responsabilidades familiares e das tarefas do fogar constitúe un dos principais obstáculos para que a participación, a permanencia e a promoción das mulleres na esfera laboral se produza de forma plena. Tamén é preciso seguir traballando en favor dun cambio sociolaboral, cultural e de valores que modifique as actitudes, os roles e os estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero, sen esquecer que esta importante tarefa comeza desde as idades máis temperás, para que as futuras xeracións constrúan unha sociedade verdadeiramente igualitaria. Dende o Concello de Forcarei, coa posta en marcha do I Plan e do II Plan, quérese pór en firme o noso compromiso co logro efectivo do dereito á igualdade real entre homes e mulleres, expresado a través da posta en marcha de políticas de igualdade, continuando a 2

día de hoxe na mesma liña actualizada coa publicación deste III Plan Municipal de Igualdade entre mulleres e homes 2018-2022 do Concello de Forcarei. FINALIDADES E OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS: AS FINALIDADES QUE SE PERSEGUEN SON: Integrar de forma transversal a promoción da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes no deseño, execución e avaliación de todas as medidas e actuacións que se concreten nas diferentes políticas municipais. Establecer e garantir o acceso en igualdade de oportunidades da diversidade das mulleres á información, aos recursos públicos e privados e favorecer as oportunidades de conciliación familiar, laboral e persoal. Reducir as brechas de xénero no acceso, permanencia, emprendemento e promoción no emprego e favorecer a autonomía económica e o desenvolvemento profesional das mulleres desde unha cultura da innovación. Impulsar o cambio de valores, actitudes, roles e estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero a través dun modelo educativo que promova a equidade entre mulleres e homes en todas as súas dimensións. Fortalecer os mecanismos para a prevención da violencia de xénero dende as súas diferentes causas, tipoloxías, manifestacións e consecuencias, así como garantir a asistencia e a protección das vítimas con actuacións de carácter integral. ATENDENDO A ESTAS FINALIDADES, POSTÚLANSE OS SEGUINTES OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS: Incidir e promover un cambio de actitudes na sociedade, fomentando unha concienciación en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Conectar á cidadanía cos servizos e recursos existentes e favorecer o acceso a eles, para promover a participación social e a concienciación da poboación nesta temática. Establecer unha igualdade na equiparación da participación social e política de mulleres e homes no municipio. Favorecer o acceso e permanencia das mulleres ao ámbito laboral, así como as oportunidades de emprendemento e mellora da súa formación e actualización nas innovacións e novas tecnoloxías. Favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, á vez que se promove un modelo de sociedade corresponsable no que as mulleres e os homes compartan de 3

maneira equilibrada as responsabilidades domésticas e familiares e realicen un uso equitativo dos tempos e das medidas de conciliación. Fomentar e impulsar a participación das mulleres no ámbito asociativo, así como unha maior presenza das mulleres nos ámbitos de educación, cultura e deporte, e fomentar neles a desaparición de aspectos non igualitarios. Detectar as problemáticas existentes en materia de saúde e prevención nas mulleres e mellorar a información referente a esta temática. Previr e educar á poboación na loita en contra da violencia de xénero, a través de pautas de actuación, dereitos e deberes cidadáns e fortalecer os mecanismos para a prevención e a rápida detección das distintas manifestacións da violencia de xénero. Mellorar os recursos comunitarios favorecendo a transversalidade da igualdade de xénero. 4

ÁREAS DE ACTUACIÓN: Sobre a base do marco normativo vixente e os principios reitores do III Plan de Igualdade no Concello de Forcarei, adecuados ás necesidades detectadas na valoración do plan anterior, deséñase o plan de actuación para os vindeiros anos sobre unha estrutura formada por seis áreas de intervención: 1. Área de sensibilización, difusión e información orientativa 2. Área de corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, familiar e laboral 3. Área de formación e emprego 4. Área de Protección Social, promoción da saúde e o benestar 5. Área de Participación social, aproveitamento do tempo de lecer, asociacionismo, cultura e deporte 6. Área de promoción da igualdade e prevención e erradicación da violencia de xénero 5

1. ÁREA DE SENSIBILIZACIÓN, DIFUSIÓN E INFORMACIÓN ORIENTATIVA Obxectivos: Promover na poboación a concienciación necesaria en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Para iso necesítase a colaboración das Administracións, que deben mostrar a igualdade de forma transversal en todas e cada unha das súas accións. Fomentar a participación da veciñanza en actividades e encontros onde se promova a igualdade de dereitos e a corresponsabilidade familiar Difundir e dar a coñecer ao conxunto da poboación, o III Plan de Igualdade do Concello de Forcarei cos seus propósitos e medidas. Informar á veciñanza acerca dos recursos e servizos existentes nos diferentes niveis de aplicación do plan Ofrecer e demostrar unha imaxe de concello igualitario con propostas concretas en cada unha das áreas de actuación Actuacións: A1 A2 A3 A4 A5 Concienciación a todos os traballadores e traballadoras municipais de que deben incorporar a perspectiva de xénero en todas e cada unha das actuacións levadas a cabo. Emprego dunha linguaxe non sexista na institución como medio socializador e de cambio de mentalidade. Seguir dando máxima difusión e colaborando con campañas e iniciativas institucionais propias ou de outras administracións para facer un fronte común contra a desigualdade. Transmitir de forma transversal a través das imaxes municipais principios de igualdade, e difusión destes principios en todas as actuacións municipais. Realizar unha campaña de difusión e información sobre o Novo Plan de Igualdade.a través de distintos soportes; Cartelería, 6

dípticos, páxina web redes sociais, e todos os medios de difusión que o concello teña ao seu alcance para a promoción do plan. A6 A7 Difusión das diferentes actuacións a través de aqueles medios que mellor cheguen á poboación, segundo as súas características e idiosincrasia. Dar a coñecer á poboación os recursos dispoñibles para a loita contra a desigualdade en todos os seus aspectos. Indicadores: Directrices e protocolos deseñados e implementados Nº de recursos para a difusión do plan e das actuacións Nº de programas que incorporan a perspectiva de xénero e a súa implementación 7

Axentes involucrados: Todos os departamentos e persoas traballadoras da entidade local O Departamento de Servizos Sociais como ente coordinador das medidas e actuacións de igualdade que se leven a cabo. Asociacións veciñais, de mulleres, maiores, Anpas, etc que participen e desenvolvan actividades e actuacións en materia de igualdade ou cuxo contido transversal sexa a igualdade de xénero 8

2. ÁREA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL Obxectivos: Fomentar a corresponsabilidade de todos os membros da familia na realización das tarefas domésticas Impulsar e manter medidas e servizos de proximidade que permitan compaxinar a vida familiar e laboral Impulsar medidas que permitan e preserven o estado de benestar das persoas maiores Facilitar o acceso de mulleres con cargas familiares ao ámbito laboral Actuacións: A1 A2 A3 A4 A5 Realizar talleres escolares e para as familias que incidan na importancia da corresponsabilidade co obxectivo de que cada persoa asuma as súas tarefas e responsabilidades dentro do fogar acorde á súa idade Impulsar accións culturais (talleres, representacións teatrais, etc.) co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de transformar a socialización diferencial de xénero Traballar e transmitir, de xeito transversal, a idea de que as responsabilidades familiares dentro do fogar son un aspecto fundamental na vida de homes e mulleres coa finalidade de acadar o desenvolvemento pleno da persoa independentemente do seu sexo. Continuar coas medidas de conciliación existentes no Concello e melloralas, na medida do posible Impulsar e difundir actividades de ocio e tempo libre dos menores en horarios non lectivos mantendo unha perspectiva educacional en valores e non sexista. 9

A6 A7 A8 A9 Ofertar medidas e recursos que fomenten a autonomía dos maiores a súa socialización e a súa atención no caso de dependencia. Ofrecer asesoramento sobre lexislación e programas existentes, que posibiliten unha mellor conciliación da vida familiar e laboral Facilitar espazos municipais para a realización e desenvolvemento de iniciativas privadas ou de outros organismos que favorezan a conciliación familiar Dirixir unha oferta de formación a mulleres cun horario axeitado para compatibilizalo coas demais obrigas e cargas familiares. A10 Apoiar os permisos compartidos de maternidade e paternidade no ámbito laboral. 10

Indicadores: Número de xornadas ou talleres de sensibilización e debate sobre os estereotipos e reparto de tarefas. Número de servizos de conciliación, horarios e número de usuarios atendidos. Número de cursos de formación e orientación laboral Número de permisos de maternidade compartida. Axentes involucrados: Os centros escolares, Anpas, menores, e toda a comunidade educativa O Concello (todos os departamentos que o constitúen, tendo como referencia o Departamento de Servizos Sociais). Colectivos veciñais, da terceira idade, mocidade, asociacións, Outros axentes de atención pública e/ou privada do Concello de Forcarei. 11

3. ÁREA DE FORMACIÓN E EMPREGO A formación da muller no ámbito rural é imprescindible no proceso de construción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Un dos pasos máis importantes dados nos últimos anos neste terreo foi a incorporación da poboación feminina ao mercado laboral. Aínda así, este feito veu acompañado de aspectos como a segregación vertical e horizontal, a discriminación salarial e outras barreiras profesionais como as oportunidades de acceso laboral. Para conseguir a equidade laboral precísase da participación activa de aqueles axentes sociais relevantes que contribúan a erradicar o tratamento discriminatorio por razóns de sexo. A formación e o emprego son, factores decisivos que evitan en moitos casos, caer en círculos de dependencia, constituíndo á vez elementos fundamentais no fomento da autonomía de moitas persoas. Obxectivos: Promover a busca activa de emprego proporcionando asesoramento e recursos formativos Facilitar a incorporación laboral da muller mediante o establecemento de accións formativas que melloren a súa empregabilidade Actualizar á muller solicitante de emprego nas novas técnicas e métodos de busca de emprego máis efectivos en función do seu itinerario formativo e laboral Potenciar o emprendemento feminino a través de medios propios ou en colaboración co ADR Terras de Pontevedra Norte. Actuacións: A1 Asesorar ao colectivo de mulleres na busca de información e recursos dispoñibles para a orientación laboral, o sistema educativo, asesoramento para o emprendemento, etc. A2 Desenvolver charlas e talleres para mulleres do ámbito rural sobre o 12

desenvolvemento e mellora de habilidades básicas para a busca de emprego, A3 Desenvolver charlas e talleres sobre os novos viveiros de emprego, especialmente para mulleres mozas, maiores de 45 anos, e mulleres en especial risco de exclusión social. A4 Poñer en marcha talleres de emprendemento dirixidos a mulleres xoves do ámbito rural, como medida de fomento do autoemprego. A5 Realizar seguimento individualizado das mulleres que realizaron cursos de formación para facilitar a súa inserción laboral A6 Promover o uso das novas tecnoloxías como piar básico para o ámbito laboral a día de hoxe. A7 Poñer en marcha servizo de asesoramento ou formación sobre os novos métodos e medios para a busca de emprego. Indicadores: Nº de consultas e sesións de asesoramento sobre recursos laborais realizadas Nº de charlas sobre novas profesións e viveiros de emprego Número de cursos de formación e orientación laboral desenvolvidos Nº de Cursos realizados sobre habilidades sociais e novos métodos e medios da busca de emprego Nº de alumnas formadas ás que se lle realizou seguimento Axentes involucrados: O Concello (todos os departamentos que o constitúen, tendo como referencia o Departamento de Servizos Sociais) Colectivos veciñais, da terceira idade, mocidade, asociacións, Outros axentes de atención pública e/ou privada do Concello de Forcarei. 13

4. ÁREA DE PROTECCIÓN SOCIAL, PROMOCIÓN DA SAÚDE E O BENESTAR Obxectivos: Analizar a realidade existente das problemáticas sociais das mulleres do municipio. Manter un servizo continuado municipal de información dos recursos e servizos existentes no eido dos servizos sociais, para mellorar a situación da muller. Diminuír as problemáticas existentes mediante actuacións de cambio social, por medio dunha intervención directa. Proporcionar recursos e medios para potenciar os bos hábitos saudables na muller e no entorno familiar Proporcionar recursos e medios de información e difusión sobre temas relacionados coa saúde e a prevención de enfermidades Proporcionar información no ámbito escolar e xuvenil sobre temáticas relacionadas coa saúde, hábitos responsables, prevención de adicións, prevención da violencia de xénero, etc. 14

Actuacións: A1 Manter e mellorar, na medida do posible, os recursos e medios asignados ao departamento de Servizos Sociais como punto de información, asesoramento e tramitación de expedientes máis próximo á muller e á problemática social das familias. A2 Difundir e publicitar dende o Concello nova información de interese social, de saúde ou benestar que permita acceder a novos medios e servizos para proporcionar benestar á muller e ás familias. A3 Realizar charlas e actividades en colaboración coas Anpas, Colexios e comunidade educativa en xeral, de información a pais, nais e menores sobre prevención de conductas aditivas (substancias estupefacientes, aparatos tecnolóxicos, etc.) A4 A5 A6 A7 Realizar charlas de interese para as mulleres xoves sobre conductas de risco por submisión química e como previlas, e establecer puntos de asesoramento e protocolo de actuación no caso de producirse Colaborar coa realización de actividades relacionadas co deporte e o exercicio físico como medio para o mantemento do benestar e da boa saúde Realizar charlas para o coñecemento de enfermidades habituais realizando á vez labor de concienciación sobre a prevención das mesmas e os métodos de diagnose Promocionar con actividades, charlas, talleres etc. a saúde dende o punto de vista da prevención e a adquisición de hábitos de vida saudables, proporcionando medios e recursos para facilitalo. 15

Indicadores: Nº de participantes nas consultas e sesións de asesoramento sobre temas de índole social e benestar realizadas, desagregados por sexo Nº de charlas e actividades efectuadas sobre temas de saúde e benestar social Nº de participantes nas actuacións desagregados por sexo Nº de campañas de difusión de nova información de índole social e de saúde ou benestar realizadas Axentes involucrados: Os centros escolares, Anpas, menores, e toda a comunidade educativa O Concello (todos os departamentos que o constitúen, tendo como referencia o Departamento de Servizos Sociais). Colectivos veciñais, da terceira idade, mocidade, asociacións, Outros axentes de atención pública e/ou privada do Concello de Forcarei. 16

5. AREA DE EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL, APROVEITAMENTO DO TEMPO DE LECER, ASOCIACIONISMO, CULTURA E DEPORTE Con este plan de igualdade preténdese poñer en valor o empoderamento feminino, entendendo como unha potenciación do papel das mulleres e das súa contribución en procesos de desenvolvemento sobre todo en áreas rurais como esta. Así, a presenza das mulleres nos distintos eixes favorece a visibilización das súas aportacións ó progreso e ao benestar social, deste xeito a maior presenza e actuación das mulleres en todos os ámbitos de representación social e política supón considerables beneficios para elas e para o conxunto da sociedade. Hai aínda un amplo camiño por recorrer neste eido de cara a conseguir a paridade e unha maior presenza de mulleres en órganos de dirección e decisión. Nesta comarca a muller sempre xogou un papel moi importante no desenvolvemento de toda a estrutura social e produtiva, debido ao elevado índice de poboación masculina emigrada no pasado, desta forma todo o peso recaeu nela dende sempre. Agora queremos dar un paso máis para poder visibilizala tamén nos órganos de dirección e toma de decisións. Obxectivos: Impulsar medidas que favorezan a participación das mulleres na sociedade en condicións de igualdade. Sensibilizar á poboación sobre a importancia dunha participación equilibrada entre sexos en todos os ámbitos. Impulsar accións que faciliten o asociacionismo feminino e a unión de forzas de traballo Apoiar ás asociacións de mulleres cuxo obxectivo sexa o desenvolvemento e progreso da muller e a loita contra a desigualdade Impulsar unha maior presenza de mulleres en todas as áreas de actuación no municipio, educación, deporte, cultura fomentando 17

sempre a igualdade de dereitos. Promocionar actividades de toda índole de participación mixta para evitar diferenciacións por cuestións de sexo. Transversalmente sensibilizar a todos os colectivos para que identifiquen, eviten e non permitan ningún tipo de conduta sexista Actuacións: A1 Organizar actividades de sensibilización e formativas dirixidas a mulleres en risco de exclusión social co fin de promover a súa participación activa en entidades sociais, incidindo na importancia da participación activa da muller na sociedade. A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 Celebrar o día Internacional da Muller a través de actos e xornadas conmemorativas a nivel local. Organizar actividades cos menores para o recoñecemento e a posta en valor da labor realizada pola muller na familia e na sociedade Organizar actividades e eventos deportivos e culturais onde se fomente a participación mixta de ambos sexos e compartan espazos públicos e privados en condicións de igualdade. Promover o recoñecemento de actuacións de mulleres ou colectivos de mulleres pola labor realizada de forma salientable Promocionar e/ou organizar actividades de ocio e tempo libre saudables para evitar o illamento social feminino Potenciar as capacidades persoais e de relación das mulleres como ferramenta para a promoción persoal e a participación social e comunitaria Impulsar medidas para a convivencia e coeducación entre nenas e nenos por medio da educación en valores de igualdade, a través de convivencias ou actividades para o fomento destes principios. 18

Indicadores: Número de talleres formativos, actividades, xornadas informativas e outras accións sobre temáticas de igualdade de xénero fomentadoa polas asociacións e colectivos existentes. Número de accións lúdicas educativas en canto ao fomento da igualdade e a coeducación. Número de participantes de actividades culturais, lúdica-educativas e deportivas segregados por sexo Número de participantes segregadas por sexo e número de actos e xornadas conmemorativas en canto ao papel da muller na sociedade dende a perspectiva historico-cultural, científica, artística, política, económica e social. Axentes involucrados: Os centros escolares, Anpas, menores, e toda a comunidade educativa O Concello (todos os departamentos que o constitúen, tendo como referencia o Departamento de Servizos Sociais). Colectivos veciñais, da terceira idade, mocidade, asociacións de mulleres, Outros axentes de atención pública e/ou privada do Concello de Forcarei. 19

6. ÁREA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN E ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO Obxectivos: Intensificar os esforzos preventivos e de sensibilización para erradicar a violencia en contra das mulleres tendo en conta as causas, manifestacións e consecuencias que xera, actuando desde a asistencia, a prevención, información e protección das vítimas Concienciar á sociedade en xeral da responsabilidade que todos e todas temos para evitar a violencia contra as mulleres Fomentar medidas de tolerancia cero á persoa maltratadora Difundir información sobre a violencia de xénero e os seus tipos, tendo en conta que en moitos casos nin a propia vítima é consciente de que a está a sufrir. Involucrar á comunidade educativa na sensibilización dos menores en valores de equidade e igualdade para evitar que se perpetúe o rol machista na sociedade Difundir información sobre os medios públicos ao alcance para a loita contra a violencia de xénero. Actuacións: A1 Propoñer talleres e dinámicas dirixidos á poboación infantil e xuvenil e ás familias onde se traballen a resolución de conflitos a través de métodos non violentos A2 Colaborar nos colexios facendo campañas de actuacións dirixidas á prevención de violencia de xénero abordando a cuestión dende unha perspectiva de dereitos humanos. A3 Conmemorar o día internacional conta a Violencia de Xénero a 20

través de actos reivindicativos. A4 Organizar talleres, debates e conferencias dirixidos á poboación en xeral a axentes implicados co obxectivo de concienciar sobre este problema e xerar a necesidade de implicarse na non tolerancia A5 Promover e/ou organizar talleres de autoestima e realización persoal para mulleres de colectivo xeral, como primeira medida impulsora A5 Priorizar o acceso das vítimas de malos tratos aos diferentes programas municipais existentes, establecendo criterios favorecedores da súa integración. A6 Levar a cabo un seguimento con medidas de integración social, por medio de proxectos individualizados que se adapten as súas necesidades Indicadores: Número de talleres sobre resolución de conflitos de maneira non violenta realizados e persoas participantes desagregados por sexo Número de xornadas informativas, coloquios, etc. sobre a violencia de xénero, tipos de maltrato, tipos e protocolo de detección e actuación ante casos de violencia de xénero. Número de actos conmemorativos en contra da violencia de xénero e fomento da igualdade. Número de persoas usuarias vítimas de violencia de xénero nos programas de integración. 21

Axentes involucrados: Os centros escolares, Anpas, menores, e toda a comunidade educativa O Concello (todos os departamentos que o constitúen, tendo como referencia o Departamento de Servizos Sociais). Colectivos veciñais, da terceira idade, mocidade, asociacións de mulleres, Outros axentes de atención pública e/ou privada do Concello de Forcarei. 22