DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Similar documents
GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Silencio! Estase a calcular

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Problema 1. A neta de Lola

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Facultade de Fisioterapia

Os alófonos de /b, d, g/ en galego

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Problemas na orixe da alternancia dos alófonos dos fonemas /b d / 0. Introdución1 1. Distribución e descrición dos alófonos dos segmentos implicados

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

VOCAIS FINAIS EN GALEGO E EN PORTUGUÉS: UN ESTUDIO ACÚSTICO

1. Take today s notes 2. En silencio, sientate 3. Vamonos! In English, escribe about why time is important. Use the questions to prompt you.

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

SINTAXE José M. García-Miguel e Carmen Cabeza (Universidade de Vigo)

A voltas coas contraccións: cun e con un

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Metodoloxía copyleft en educación

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

INFLUENTE OU INFLUÍNTE? PRESCRICIÓN E USO DA VOGAL TEMÁTICA VERBAL DA C-III NOS ADXECTIVOS EN -NTE NA LINGUA GALEGA*

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

LaborHistórico. Lingüística Galega a contribución do Instituto da Lingua Galega. Volume 3 - Número 1 - jan./jun. 2017

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Os rexistros e os niveis de lingua na fraseoloxía: unha aproximación descritiva das locucións nun corpus textual galego

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

C A D E R N O S D E L I N G U A

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Pedestrian survey and analysis of Rock Art in San Cristovo de Cea (Ourense): a G.I.S. approach

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

Notas para unha análise comparativa das nocións de restrición léxica e colocación

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Grammar Appendix Grammar Review

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

Modelos matemáticos e substitución lingüística

Alba Lago Martínez Universidade da Coruña Recibido o 14/11/2013. Aceptado o 27/03/2014

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

María Beatriz Domínguez Oroña Instituto da Lingua Galega / Universidade de Santiago de Compostela

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia

Fonética e fonoloxía da língua galega

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Boloña. Unha nova folla de ruta

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

AS INTERFERENCIAS NA FRASEOLOXÍA. María Álvarez de la Granja 1 Universidade de Santiago de Compostela

Inferencia estatística

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

MÁIS SOBRE O ROTACISMO DE /S/ EN GALEGO Francisco Dubert García Universidade de Santiago de Compostela

Transcription:

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela http://dspace.usc.es/ Instituto da Lingua Galega R. Salgueiro Salgueiro (2004): A formación de substantivos deadxectivais, en R. Álvarez / F. Fernández Rei / A. Santamarina (eds.): A lingua galega: historia e actualidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, vol. 4, 189-194. You are free to copy, distribute and transmit the work under the following conditions: Attribution You must attribute the work in the manner specified by the author or licensor (but not in any way that suggests that they endorse you or your use of the work). Non commercial You may not use this work for commercial purposes. http://ilg.usc.es/

A LINGUA GALEGA, HISTORIA E ACTUALIDADE. ACTAS DO I CONGRESO INTERNACIONAL: CONSELLO DA CULTURA GALEGA, INSTITUTO DA LINGUA GALEGA, 2004: 189-194 189 A FORMACIÓN DE SUBSTANTIVOS DEADXECTIVAIS EN GALEGO 1 Rosa Salgueiro Salgueiro Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela Cando se observa desde fóra o terreo da formación de palabras, é frecuente que se saque a impresión de que é un campo caótico e gobernado pola casualidade. Sen embargo, a medida que nos imos introducindo nel comprobamos que non é así, senón que existen unhas tendencias organizadoras. Se cadra xa nos temos preguntado por qué do adxectivo exuberante se forma un substantivo exuberancia e non, por ex., exubereza do mesmo xeito que de áspero aspereza; por que a musical lle corresponde musicalidade e non musicalía coma de covarde covardía ou de enxebre enxebreza e non enxebridade. Neste traballo pretendo dar resposta a este tipo de preguntas, cinguíndome ó terreo dos substantivos formados a partir de adxectivos, tamén chamados substantivos deadxectivais. Trátase, polo tanto, de explicar os criterios que rexen a elección dun ou doutro sufixo para a formación do substantivo correspondente. Para a realización deste estudio baseeime nun conxunto de textos de carácter filosófico-ensaístico dos que extraín unhas 50.000 ocorrencias de substantivos 2 ; posteriormente seleccionei os substantivos formados sobre adxectivos e traballei con eles. As conclusións obtidas foron as seguintes: 1. O galego emprega unicamente o procedemento da adición de sufixos para a formación de substantivos a partir de adxectivos. Agora ben, dentro dos 17 sufixos rexistrados, unicamente seis poden ser considerados productivos: -dade, -ncia, -ez, A FORMACIÓN DE SUBSTANTIVOS DEADXECTIVAIS EN GALEGO 1 Os datos deste traballo están extraídos da miña Memoria de Licenciatura Aproximación á formación de substantivos deadxectivais en galego (inédita), dirixida polo Dr. Antón Santamarina Fernández; foi lida e defendida na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela en xuño de 1996. Gustaríame deixar constancia do agradecemento que lle debo tanto ó seu director, como a Jesús Pena Seijas, que me axudaron desinteresada e amigablemente. 2 Todos estes textos forman parte da Base de datos para un Diccionario de Lingua Galega do Instituto da Lingua Galega. O feito de que xa estivesen informatizados facilitoume enormemente o labor.

ROSA SALGUEIRO SALGUEIRO 190 -eza, -ía e -ura: son precisamente estes os que constituíron o núcleo da miña investigación. Con todo, o grao de productividade varía tamén moito entre eles; poderíase propoñer a seguinte escala de productividade para o galego actual, deixando á parte -ncia porque, segundo veremos, só se une a bases rematadas en -nte: na parte máis alta da escala e cun grao altísimo de productividade situamos -dade, mentres que no extremo inferior están -ez e -ía con escasa productividade, quedando a zona intermedia para -eza e -ura, sempre por esa orde. Esta ordenación significa que os derivados da zona superior da escala pertencen a unha serie aberta, mentres que -ía e -ez pertencen a series pechadas, de maneira que moi raramente poderían xerar novos termos. A posición de cada sufixo nesta escala de productividade irá atopando a súa xustificación coas explicacións dadas ó longo deste traballo. Non obstante, cómpre advertir que entendemos o concepto de productividade como relativo e motivado por múltiples factores. Ademais, na formación de palabras non podemos falar de regras estrictas senón de tendencias máis ou menos claras nun momento dado; daquela, o inventario de sufixos productivos non é pechado nin inmutable e, de feito, un sufixo que neste momento nós cualifiquemos de improductivo pode, no futuro, ser creador de novas palabras a medida que os usuarios do galego sintan a súa necesidade. 2. Unha vez que temos delimitados os sufixos productivos imos observar como se unen coas súas respectivas bases, porque, de feito, non se unen caprichosa e indiscriminadamente a calquera base, senón que lles impoñen unhas condicións, é dicir, existen unhas pautas de combinación. O primeiro criterio que resulta pertinente na selección que realizan os sufixos sobre as súas bases ten que ver con que a base sexa derivada por sufixación ou sexa simple ou prefixada. Vexamos cada un dos casos: A) BASES DERIVADAS POR SUFIXACIÓN O sufixo efectúa a súa escolla en función do segmento final da base, sendo indiferente que sincronicamente se trate de sufixo ou de terminación; é dicir, un substantivo formarase con -dade ou con -eza dependendo do segmento final do adxectivo que lle serve como base de derivación, co cal, se estudiamos como se establecen esas distribucións, poderemos predicir a formación de novas palabras que sexan sufixadas ou que se interpreten como tales. Do total do corpus, as ¾ partes dos substantivos fórmanse sobre unha base de derivación sufixada. O terreo das bases derivadas por sufixación está repartido entre -dade, -ncia, -ía e -ez, mentres que -ura e -eza semellan, xa de entrada, preferir as bases simples. Pódense dar dúas situacións:

que as bases sexan seleccionadas soamente por un sufixo, que as bases estean compartidas por dous sufixos, nunca máis de dous, sen que se poida establecer claramente a preferencia por un deles. A situación predominante é, con moita diferencia, a primeira. De feito, das 38 terminacións consideradas, 35 son seleccionadas univocamente por un só sufixo: -dade selecciona 26 terminacións, -ía catro, -ez soamente tres, e, finalmente, -ncia únese exclusivamente ás bases rematadas en -nte e -nto. A seguir presentamos polo miúdo a lista de terminacións que escolle cada sufixo con algúns exemplos ilustradores: TERMINACIÓNS -ál ~ -ár; -él; -il -ífico; -ico -no; -áneo; -éno; -ín; -íno; -úno; -imo -eo; -io; -uo; -ário; -óso; -úco; -tório -ble -tívo ~ -sívo -áz; -íz; -óz -iór compostos e/ou parasintéticos (en latín) cunha nasal na sílaba final 3 -áno -és -dór -ór -ádo -áto -ido -nte (-nto) SUFIXOS -DADE: musicalidade; crueldade; axilidade cientificidade; plasticidade dignidade; obscenidade; lexitimidade nimiedade; pastosidade; caducidade estabilidade; compatibilidade emotividade; agresividade veracidade; felicidade; ferocidade interioridade unanimidade; enormidade -ÍA: veteranía; lontanía cortesía; burguesía traidoría melloría -EZ: honradez; delgadez inmediatez, sensatez lucidez, invalidez -NCIA: predominancia; paciencia; violencia 191 A FORMACIÓN DE SUBSTANTIVOS DEADXECTIVAIS EN GALEGO O predominio de -dade é, daquela, indubidable, non só porque se une a un elevadísimo número de terminacións, senón porque se xunta cos sufixos de adxectivos que son, á súa vez, máis productivos: -ble, -ál, -óso e -tívo -sívo. De por parte, o resto dos sufixos seleccionan terreos moito menos rendibles e, ademais, agás con -ncia, a súa exclusividade comeza a perigar por canto xa se rexistran incursións doutros sufixos, nomeadamente -dade e -eza no seus terreos correspondentes. 3 Entre os adxectivos seleccionados por -dade observei un grupo que tiña en común o feito de seren compostos ou parasintéticos en latín e levaren, ademais, unha nasal na sílaba final. Dado que os seus substantivos correspondentes se forman con -dade de xeito regular, pareceume conveniente agrupalos, mesmo baixo unha etiqueta tan xeral, sen que iso signifique que o relevante na selección sexa algunha das características mencionadas.

192 En canto a -ncia, escolle bases moi productivas, de tal xeito que a serie dos adxectivos en -nte parece inesgotable, pero como non sae dese terreo, a súa productividade vese moi limitada. Son unicamente tres, e para iso pouco rendibles, as terminacións compartidas por dous sufixos; ademais, -dade intervén en dúas delas: ROSA SALGUEIRO SALGUEIRO TERMINACIÓNS -íl -án SUFIXOS -EZA/ -DADE: sutileza vs.virilidade -ÍA/-DADE: galanía vs. cristiandade -ído -EZA/-EZ: garrideza vs. fluidez Conxuntamente, o grao total de selección é do 92,1% en relación ó total de terminacións e ademais, non cómpre esquecer que dentro dos seleccionados están os sufixos máis productivos. A selección é altísima pero non total, polo tanto non podemos falar da existencia de distribución complementaria dos sufixos en relación coa clase afixal das bases de derivación. B) BASES SIMPLES E PREFIXADAS O número total de derivados formados a partir de bases simples é moito menor; no noso corpus representa aproximadamente ¼ do total. Aquí intervén un maior número de sufixos e o terreo está máis repartido, de maneira que aínda que segue predominando -dade, a súa presencia non é tan ampla coma coas bases sufixadas. Únense con este tipo de bases todos os sufixos agás -ncia, por suposto, e ademais -eza e -ura presentan a particularidade, como xa dixemos, de que soamente escollen bases simples ou prefixadas. O reparto en porcentaxes para cada sufixo é o seguinte: -dade:43,5% -eza: 27,1% -ura: 14,2% -ía: 8,5% -ez: 6,4% A situación cos derivados creados sobre as bases simples é xa totalmente diferente por canto non se pode afirmar que exista un criterio organizativo común e válido para todos os sufixos implicados; a elección da base non parece ser efectuada debido a cuestións fonolóxicas (número de sílabas, segmento final da base) nin morfolóxicas (temas en consoante, temas en vocal ) en liñas xerais. Se analizamos cada un dos sufixos poderemos, así a todo, rastrexar certas preferencias que nin son definitivas nin exclusivas e, polo tanto, pode haber terreos compartidos

por máis dun sufixo. Ata o momento non tivemos en conta as nocións semánticas para explicar a distribución dos sufixos porque é obvio que para os derivados feitos sobre bases sufixadas este criterio carece de relevancia. Sen embargo, agora, ó carecermos dun criterio xeral común e válido, apelaremos tamén á parte significativa por ver se se puidese deber a ela, de xeito individual, a distribución. O sufixo -ura únese case invariablemente a bases bisílabas, preferentemente de tema en -o (aínda que tamén temos dozura, quentura e tristura) e de carácter non culto. Para o sufixo -eza non é relevante o número de sílabas da base nin a súa vocal temática; sen embargo, semella ter preferencia por ámbitos semánticos particulares: trazos de carácter e calidades morais, tanto positivas coma negativas, sendo inusual que os seus derivados se refiran a calidades físicas e materiais. De feito, mesmo os substantivos que inicialmente designaban só nocións físicas ampliaron o seu campo de significación cara a referencias de índole moral: pénsese por ex. en dureza, fraqueza ou baixeza. Co sufixo -ía, moi pouco productivo, só podemos asegurar a predilección por bases gregas, mentres que -ez non presenta características singulares fronte a -eza. Finalmente, -dade cobre un terreo medio libre ata o momento como é o das bases de carácter culto (non gregas); pero ademais destas, ten capacidade para unirse a bases de todo tipo independentemente do número de sílabas, da vocal do tema ou mesmo do significado. No terreo das bases simples, polo tanto, ocorre que cada sufixo semella ter certas preferencias e escolle en función delas, pero dado que tales predileccións obedecen a parámetros distintos, existen zonas de intersección e superposición. Máis ca nunca, neste ámbito cómpre falar de tendencias e non de regras. Non quixera rematar sen referirme brevemente á relación da parella de sufixos -ez /-eza que manteñen, case desde a súa orixe, unha loita particular; ó seren dous sufixos tan semellantes ou ían acabar por se fundir nun único sufixo, como ocorreu na maioría das linguas romances, ou terían que desenvolver trazos distintivos para poder subsistir por separado, que foi o que ocorreu en portugués, en español e en galego. Os parámetros que os diferenciaron ó longo do tempo foron variando: distintas parcelas de significado, diferencias sobre a estructura silábico-acentual, etc. Na miña opinión, no galego actual o criterio relevante na distribución de -ez/-eza é o da productividade, de maneira que -eza se presenta como o sufixo dispoñible para a formación de novas palabras, mentres que -ez quedaría reducido ás xa existentes. Neste sentido, o galego camiña xustamente na dirección oposta ó español por canto nesta lingua o sufixo empregado nas creacións é -ez e non -eza. Nunha visión de conxunto dos substantivos deadxectivais en galego debemos destacar o alto grao de selección dos sufixos sobre as súas bases: lembremos que as bases sufixadas representan as ¾ partes do total do corpus e, dentro delas, as combinacións son absolutamente constantes e sistemáticas co 92,1% das terminacións. Polo tanto, poderemos predicir nun elevado número de casos a formación de novos termos que 193 A FORMACIÓN DE SUBSTANTIVOS DEADXECTIVAIS EN GALEGO

194 sirvan para cubrir as lagoas léxicas aínda existentes na nosa lingua. Así mesmo, un coñecemento axeitado dos mecanismos que o galego empregou para a formación das palabras xa existentes deberá servir de pauta orientadora tanto para as diferentes escollas normativas como para a creación de termos de léxicos especializados e mesmo para a adaptación de empréstitos. ROSA SALGUEIRO SALGUEIRO BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Álvarez, R./ Monteagudo, H. e Regueira, X. L., Gramática galega, Vigo, Galaxia, 1989 2. Arnuzzo-Lanszweert, A. M., I nomi derivati del italiano: osservazioni per un modello descrittivo, Actes du XII Congrès International de Linguistique et philologie romanes, Vol. 3, Provenze, 1985. Bécherel, D., Différenciation morpho-sémantique des suffixes nominalisateurs de l adjectif, Cahiers de Lexicologie, 38, 1981. Fernández Ramírez, S., La derivación nominal [Ordenado, anotado y dispuesto para la imprenta por Ignacio Bosque], anexo XL do BRAE [Boletín de la Real Academia Española], Madrid, 1986. Lang, M. F., Spanish Word Formation. Productive derivational morphology in the modern lexis, London, Routledge, 1990. Malkiel, J., Development of the Latin Suffixes -antia and -entia in the Romance Languages, with especial regard to Ibero-Romance, Berkeley and Los Angeles, UCPL, 1945. Malkiel, J., El análisis genético de la formación de palabras en Varela, S. (ed.), La formación de palabras, Madrid, Taurus Universitaria, 1966. Pena, J., Sobre los modelos de descripción en morfología, Verba, 17, Universidade de Santiago de Compostela, 1990. Piel, J., A formação dos substantivos abstractos em português, Biblos XVI, Lisboa, 1940. Scalise, S., Morfología Generativa, Madrid, Alianza Universidad Textos, 1987.