ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

Similar documents
VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Sede Electrónica Concello de Cangas

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Expediente: 5193/2017

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Consellería de Sanidade

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Facultade de Fisioterapia

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

Concello de Castroverde

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Silencio! Estase a calcular

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Metodoloxía copyleft en educación

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

Problema 1. A neta de Lola

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Recursos para a lingua

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

Manual de Identidade Corporativa Versión 1.1 Maio 2017

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

ESPAÑA PLURILINGÜE MANIFESTO POLO RECOÑECEMENTO E O DESENVOLVEMENTO DA PLURALIDADE LINGÜÍSTICA DE ESPAÑA

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Manual de identidade gráfica

Proposta de resolución provisional

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

XVI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS 17 de decembro de 2017

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. Oficina de Software Libre AMTEGA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Transcription:

ANUNCIO Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos A Xunta de Goberno Local do Concello de Betanzos, en sesión ordinaria de data 26/04/2018, aprobou as bases e a convocatoria do "Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos". O prazo de presentación das propostas será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Bases de Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos 1. Obxecto do concurso O obxecto deste concurso de ideas é o de seleccionar traballos de creatividade e deseño para a creación do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado da cidade de Betanzos á súa localización actual, que será utilizado no material promocional editado polo Concello de Betanzos: folletos, publicacións, produtos e merchandaxe, material de papelaría, etc. Os traballos que presenten os/as concursantes deben ser orixinais e basearse na construción dun logotipo conmemorativo do 800 aniversario e inspirado nos recursos da cidade, nas emocións e sentimentos que esta transmite: -Betanzos é una cidade medieval, cunha grande identidade cultural, cunha paisaxe e unha contorna excepcional. -Betanzos ten un casco histórico único, capital do gótico galego, declarado conxunto histórico artístico no ano 1970. -As súas festas, declaradas de interese turístico, inclúen o lanzamento do globo de papel máis grande do mundo ou as xiras aos Caneiros. -A Feira Franca Medieval, declarada de interese turístico galego, conta con innumerables recreacións históricas e actuacións. -Betanzos é unha cidade acolledora, con persoas que a miman e a admiran, e esta humanidade é un dos seus maiores atractivos. -Conta co legado dos Irmáns García Naveira (asilo, escolas municipais, lavadoiro, Parque Enciclopédico do Pasatempo, etc.) -Cunha gastronomía que combina a tradición coa innovación, de proximidade, baseada na calidade do produto e na súa temporalidade, e na que cómpre destacar a famosa tortilla de Betanzos. A imaxe tamén deberá ser versátil e adaptable, dado que ten que convivir con diversos logotipos, como o do Concello de Betanzos, e deberá ser aplicado en diferentes formatos e/ou espazos. 2. Formato dos traballos

A creación do logotipo é de libre procedemento, coa condición de que inclúa a palabra Betanzos. As dimensións e o formato deste tamén son libres, mais debe permitir a correcta lexibilidade e adaptabilidade a todos os formatos. Os/as concursantes deben indicar de todos xeitos as súas características técnicas (dimensións, tipografía, pantones, etc.). Cada deseño debe presentarse en cor e en branco e negro, e estar acompañado dunha pequena explicación do traballo. Deben presentarse en soporte papel (Din A4) e dixital (formato editable e pdf). Os/as concursantes deben aplicar os deseños do logotipo, facendo unha montaxe visual, nunha selección de produtos (folletos, publicacións, imaxes dixitais, etc), ata un número máximo de cinco. O deseño deberá ser orixinal e inédito (calquera posible conflito con terceiras partes debido á propiedade intelectual deste, será responsabilidade exclusiva do concursante que presente a proposta). 3. Fases do concurso O concurso obxecto desta convocatoria desenvolverase nas seguintes fases: 1. Convocatoria. Publicidade das bases reguladoras do Concurso. 2. Presentación de propostas. Os/as concursantes deben presentar os seus traballos no lugar e o prazo establecidos nestas bases. 3. Constitución do xurado. A composición do xurado farase pública a través da web do Concello de Betanzos. 4. Selección dos traballos. O xurado seleccionará o traballo gañador con base aos criterios de valoración. 4. Requisitos de participación Poderán participar aquelas persoas físicas e xurídicas con capacidade de obrar. 5. Presentación das propostas As propostas deben presentarse en papel (Din A4) e en soporte dixital (formato editable e pdf), en dous sobres pechados co seguinte contido: Sobre A. Os datos identificativos do/da concursante (nome, enderezo, teléfono, correo electrónico, fax e/ou calquera outro dato que o/a identifique), xunto coa declaración responsable de non estar incurso/a nalgunha das circunstancias que determinen a prohibición para contratar coa Administración pública. Incluirase unha declaración xurada da persoa autora, pola que acepta as condicións do concurso de ideas de xeito incondicional. Sobre B. Dous documentos. Un documento coa proposta gráfica en positivo e negativo, coas súas diferentes aplicacións e outro documento coa memoria descritiva e a súa xustificación, incluíndo neste sobre a dixital e a impresa.

O Concello de Betanzos rexeitará e non valorará aquelas propostas que non cumpran cos requirimentos mínimos establecidos. 6. Lugar e prazo de presentación As propostas para poder participar no concurso presentaranse na forma sinalada na cláusula anterior en dous sobres pechados no rexistro de entrada do Concello de Betanzos (praza Galicia s/n), en horario de 09:00 h a 14:00 h, dentro do prazo de 20 días naturais para contar dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. En caso de resultar festivo o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. 7. Xurado A selección do deseño do logotipo gañador deste concurso será escollida por un xurado formado polas seguintes persoas: Presidente: José Ramón García Vázquez, alcalde de Betanzos Secretario/a: o/a funcionario/a municipal que se designe pola alcaldía. Vogais: María Barral Varela, concelleira de Cultura Un/unha representante de cada grupo político con representación municipal. María Teresa Amado Rodríguez Alfredo Erias Martínez Xesús Torres Regueiro José Raimundo Nuñez- Lendoiro Varela Eduardo Fuentes Abeledo José Francisco Fernández Rivera É competencia do xurado, ademais da valoración dos traballos de creatividade, a interpretación das presentes bases e a resolución de todas as cuestións que puidesen suscitarse con motivo deste concurso. O xurado pode propor que o concurso sexa declarado deserto se os deseños presentados polos/as concursantes non acadan o nivel de calidade agardado. 8. Premios Establécese un primeiro premio de 3000 euros para o/a concursante que presente o deseño do logotipo do 800 aniversario do traslado de Betanzos máis valorado. O importe do premio está suxeito ás retencións fiscais que procedan. O importe terá o carácter de contraprestación económica pola entrega e posta a disposición do Concello de Betanzos do traballo premiado, o Concello realizará a transferencia do importe do premio á persoa gañadora. O proxecto gañador publicarase na web do Concello de Betanzos. O/a gañador/a do concurso debe entregarlle ao Concello, no prazo máximo de quince días, un

manual de identidade corporativa, en papel e en soporte dixital, con todas as aplicacións necesarias para os diferentes formatos: papelaría (sobres, tarxetas, bolsas, etc.) e publicitarios (produtos de merchandaxe) O outorgamento do premio en ningún caso suporá que deste se derive a adxudicación de ningún contrato de servizos posterior. 10. Criterios de valoración Valoraranse as obras que, a xuízo do xurado, mellor identifiquen e representen a cidade de Betanzos. Terase en conta a orixinalidade, a claridade, a creatividade e a calidade artística. Tamén se valorarán positivamente aquelas propostas que amosen como se adapta o logotipo aos obxectos e produtos de merchandaxe e aos espazos e formatos nos que esta se poida incluír (web, cartelaría, papelería, publicacións, etc). A puntuación dos criterios de valoración é o seguinte: CRITERIOS PUNTUACIÓN (máxima Deseño: orixinal, atractivo, claro 30 Valor comunicativo e simbólico 25 Identidade: inspiración nos valores e recursos da cidade, así como nas emocións e sentimentos que esta transmite 20 Versatilidade: adaptable a publicacións, obxectos e espazos, mantendo unha unidade de imaxe e convivencia con outros 15 logotipos, principalmente cos do Concello de Betanzos Aplicación en produtos innovadores de merchandaxe 10 Total (puntuación máxima) 100 Para cada un dos criterios, outorgarase a máxima puntuación prevista na proposta que mellor cumpra os requirimentos establecidos. 11. Resolución do xurado O xurado disporá dun prazo de 15 días, a contar a partir do prazo de finalización da presentación das propostas, para resolver o concurso. O fallo do xurado responderá á valoración libremente efectuada por este, que deberá motivarse adecuadamente. O xurado pode declarar deserto o premio. O premio outorgarase polo Concello, e publicarase na súa páxina web, sen prexuízo doutras publicacións que resulten procedentes.

O fallo do xurado será inapelable. 12. Obrigas dos/as beneficiarios/as O/a gañador/a do concurso ten as seguintes obrigas: 1. Comunicarlle ao Concello a aceptación ou renuncia do premio no prazo de cinco días desde a notificación da resolución; en caso contrario, enténdese automaticamente aceptado. 2. Presentar toda a documentación requirida nestas bases. 3. Darlle a axeitada publicidade do carácter público do premio (entrevistas, medios de comunicación, webs, publicidade ordinaria). O/a autor/a do deseño seleccionado como mellor valorado debe ceder, en exclusiva e sen limitación temporal, ao Concello de Betanzos os dereitos de explotación, propiedade intelectual e propiedade industrial da obra, segundo o establecido nos artigos 17 e 48 do Real Decreto 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de propiedade intelectual. Por outra banda, tamén autoriza ao Concello a modificar, desenvolver ou adaptar o deseño, podendo utilizar para isto calquera medio que considere oportuno, previo acordo co/a autor/a do deseño. O Concello será o propietario do deseño seleccionado como logotipo para todo o seu material promocional, podendo, no seu caso e de acordo coa lexislación vixente, rexistralo e adquirir os dereitos de propiedade industrial e intelectual. O/a autor/a do traballo gañador, non poderá utilizar, xa sexa total ou parcialmente, elementos, pezas e/ou o deseño seleccionado, noutros traballos ou proxectos futuros que puidera realizar. Os participantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiras persoas nos traballos presentados, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. Os/as concursantes que así o desexen poden solicitar o retorno do seu traballo nun prazo máximo dun mes despois da resolución do xurado. Termos legais: 1. O/a autor/a é responsable de que o deseño presentado sexa orixinal e inédito, e responderá de calquera reclamación ao respecto. 2. Dereitos de propiedade intelectual. A obtención do premio leva aparellada a cesión en exclusiva e por tempo indefinido de todos os dereitos de explotación do logotipo e as súas aplicacións, ao Concello de Betanzos. En consecuencia, o/a premiado/a cede ao Concello todos os dereitos de explotación que correspondan, e se deriven da idea resultante e comprométese a subscribir por escrito esta cesión, que se formalizará no prazo que estableza o Concello. 13. Aceptación das bases e publicidade

A participación neste Concurso supón o coñecemento e a aceptación íntegra dos/as concursantes das presentes bases, que poderán ser interpretadas polo xurado e polo órgano convocante, naqueles aspectos non previstos inicialmente. Para garantir o dereito dos cidadáns a coñecer todas as subvencións convocadas en cada momento e para contribuír aos principios de publicidade e transparencia, comunicarase a presente convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións, que publicará un extracto da mesma no diario oficial correspondente. 14. Réxime xurídico aplicable e xurisdición competente Ao desenvolvemento deste concurso aplicaránselle de xeito supletorio ao previsto nestas bases, a Lei de contratos do sector público. Sobre as cuestións litixiosas que puideran derivarse deste, resulta competente a xurisdición civil no que non veña atribuído a contenciosa. Os dereitos de propiedade intelectual rexeranse pola normativa aplicable e en especial, polo Texto refundido da Lei de propiedade intelectual, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1996 de 12 de abril. SEGUNDO. Publicar a presente convocatoria no taboleiro de anuncios, na páxina web do Concello, no Boletín Oficial da Provincia, e comunicarlla á Base de Datos Nacional de Subvencións que publicará un extracto desta no diario oficial correspondente. Betanzos, 27de abril de 2018 O alcalde José Ramón García Vázquez