TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

Silencio! Estase a calcular

Problema 1. A neta de Lola

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Facultade de Fisioterapia

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

ÁREAS E TRIÁNGULOS: CREANDO TEOREMAS

Metodoloxía copyleft en educación

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

2ª ETAPA. x x G A B A R I T O 1. Matemática

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Recursos para a lingua

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA A CORRENTE ALTERNA CADERNO DE TRABALLO. Pilar Anta Fernández. Newton en el aula 1/14

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Modelos matemáticos e substitución lingüística

Programación orientada a obxectos

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

GUíA COOP. GUíA DE COOPERATIVISMO Unidade didáctica CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Este é o meu plano; quere axudarme a realizalo? Pero, naturalmente, vostede quere, aínda máis, debe axudarme. Franz Kafka, Na colonia penitenciaria

Compare Fractions with the Same Numerator. Since the numerators are the same, look at the denominators, 8 and 6.

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

SINTAXE José M. García-Miguel e Carmen Cabeza (Universidade de Vigo)

Componentes físicos dun ordenador

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

COMO INTERPRETAR O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

Sede Electrónica Concello de Cangas

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Revista Galega de Economía Vol (2017)

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Os rexistros e os niveis de lingua na fraseoloxía: unha aproximación descritiva das locucións nun corpus textual galego

(breve) Manual de estilo universitario

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

TITORIAL DE USO DE PHUN

Introdución ao sendeirismo celeste (Star-Hopping)

Second Language Anxiety and Task Complexity

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Inferencia estatística

A discapacidade en imaxe

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN [Recibido, 9 marzo 2017; aceptado, 20 abril 2017]

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

GUÍA BÁSICA DE ESPAZOS PÚBLICOS E MOBILIDADE AMABLE

C.E.I.P. PRÁCTICAS de Ourense Programacións didácticas

Manual de inicio software libre

Áreas. As inesperadas relacións culturais das matemáticas da optimización. Resumo. Manuel Díaz Regueiro Centro de Formación e Recursos de Lugo

Coeducación. O alicerce do ensino

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

TRABALLO DE FIN DE GRAO

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

a r t i g o s NOVAS PAVIMENTACIÓNS: A COR POR DISTANCIA, RECURSIVAS Manuel Díaz Regueiro Centro de Formación e Recursos de Lugo

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

Emprender: Ti podes! Módulo 1

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

CUESTIÓN TEMA 30/31O CICLO CELULAR. MITOSE E MEIOSE

Comezo do curso. Estimados pais, Benvidos a Quick Minds!

Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS

5.3. Tributación da transferencia da tecnoloxía: a fiscalidade e a sociedade do coñecemento como vía de saída da crise

Programación Percusión

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Transcription:

TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

TEMA 1. ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS 1. A TECNOLOXÍA E AS NECESIDADES HUMANAS Vivimos nunha sociedade que posúe un alto grao de desenvolvemento técnico. Isto significa que dependemos en boa medida do uso e fabricación dun grande número de productos que fan posible que disfrutemos dun elevado grao de benestar. Para darse conta disto non hai máis que pensar como sería a nosa vida se non houbera, por exemplo, automóbiles, electrodomésticos, aparatos médicos ou medios de comunicación. Trataríase dunha vida primitiva, exposta a tódolos perigos e rigores da natureza: temperaturas extremas, inundacións, malas colleitas, enfermidades, etc. A necesidade de resolver estes problemas obrigou ó ser humano a utilizar a intelixencia e a creatividade para tratar de mellorar as súas condicións de vida. Descubrimentos ou invencións como a utilización do lume, a domesticación de animais salvaxes, a cerámica, a invención da roda ou a utilización do ferro, representaron grandes avances na calidade de vida das seguintes xeracións. A utilización de novos instrumentos ou aparatos para resolver as necesidades básicas das persoas, está moi relacionada cos avances da ciencia. A ciencia aporta os coñecementos xerados polos novos descubrimentos. 2. O MÉTODO DE TRABALLO EN TECNOLOXÍA A maior parte dos obxectos que utilizamos teñen algún tipo de utilidade, sexa como equipos e instrumentos de traballo, ou como vestidos e prendas de uso persoal, obxectos decorativos, etc. Todos eles, antes de ser fabricados, houberon de ser deseñados para responder, en maior ou menor grao, a unha determinada necesidade humana. A resolución de calquera problema técnico, por moi sinxelo que poida parecer, precisa dun método de traballo ordenado. Cómpre identificar as necesidades, idear posibles solucións, planificar o traballo, construir o obxecto e avaliar o resultado obtido trala súa utilización. Estas tarefas pódense agrupar en tres fases: pensar, facer e comprobar. Ímo-lo ver cun exemplo práctico. Supoñamos que queremos deseñar un clasificador que nos sirva para almacenar e ordenar as cartas comerciais, facturas e recibos que nos chegan a diario á nosa casa. 2

3. ESCALA PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario que o debuxemos máis pequeño do que é en realidade. Para que o debuxo manteña as proporcións reais do obxecto debemos realiza-lo debuxo a escala. A escala é a relación entre as dimensións dun debuxo e as dimensións do obxecto na realidade. Escala = medida dibujo:medida realidad Segundo que o debuxo sexa máis grande ou máis pequeño có obxecto, a escala pode ser de ampliación ou de reducción. Por exemplo: A escala 1:5 significa que 1 cm no plano equivale a 5 cm na realidade. O obxecto é máis grande có debuxo. Trátase dunha escala de reducción. A escala 5:1 significa que 5 cm no plano equivalen a 1 cm na realidade. O obxecto é máis pequeño có debuxo. Trátase dunha escala de ampliación. As escalas de reducción máis utilizadas son: 1:5, 1:10, 1:20, 1:25, 1:50, 1:100, 1:200, 1:500, 1:1000, etc. As de ampliación son: 2:1, 5:1 e 10:1. Para obter as dimensións reais dun obxecto a partir do seu debuxo basta multiplicar ou dividir as medidas no debuxo pola escala á que está representado. Tamén se poden utilizar uns instrumentos chamados escalímetros que permiten medir directamente sobre o debuxo a unhas determinadas escalas. O escalímetro é un instrumento de medida que leva impresas varias escalas gráficas. Unha escala gráfica é un segmento dividido proporcionalmente á escala natural que permite debuxar ou ler directamente do debuxo as medidas reais do obxecto. O escalímetro permite efectuar con rapidez e exactitude debuxos a escala, ou medir directamente sobre eles. O procedemento para construír a escala será o seguinte: a) Debuxamos unha recta calquera. A partir dunha orixe 0 trazamos sobre ela un segmento de 1,5 cm de lonxitude e sinalamos o final do mesmo co número 1. b) Repetimos a mesma operación sinalando á dereita do segmento anterior tantos segmentos consecutivos como desexemos, sinalándoos cos números 2, 3, 4, 5... c) Para debuxar a contraescala trazamos un único segmento igual ós anteriores á esquerda da orixe e dividímolo en 10 partes. 3

4. O BOSQUEXO ACOUTADO PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO Para que un bosquexo ou debuxo estea completo é preciso indicar sobre o mesmo tódalas dimensións do obxecto representado, de forma que a persoa que o interprete coñeza as súas medidas para poder fabricalo. Diremos que se trata dun bosquexo acoutado. As normas de acoutación son moi precisas, polo que ó acoutar un bosquexo ou debuxo é mester ter sempre presente as seguintes indicacións: As liñas empregadas para indicar as medidas deben ser máis finas cás liñas do debuxo, polo que se deben trazar cun lapis fino e duro. As liñas de cota débense trazar paralelas ás dimensións que se acoutan, sen cortarse entre elas. Tódalas cotas se expresan nas mesmas unidades: mm, cm Débense indicar tódalas cotas necesarias para deducir tódalas dimensións do obxecto, pero sen que se repitan. Se as frechas ou as cotas non caben dentro da dimensión a acoutar, debúxanse fóra. Identificar tódalas formas simples que poidan existir no obxecto como polígonos, arcos, círculos,etc., e acotar cada unha delas. Os diámetros pódense indicar por medio do símbolo Ø. Os eixes de simetría debuxaranse con liñas discontinuas moi finas a base de trazos e puntos. 5. O DEBUXO A MAN ALZADA En ocasións, sobre todo cando se trata de traballos creativos, necesitamos realizar un debuxo sinxelo para darlle forma a unha idea que se nos vén á cabeza ou para comparar distintas alternativas dun mesmo proxecto. Un esbozo é unha representación gráfica executada de forma rápida sobre o papel para expresar as ideas que se nos van ocorrendo. Adoita ir acompañado de comentarios e anotacións acerca das súas características. 4

Esbozos A súa vantaxe principal consiste na facilidade e rapidez coa que se pode realizar, permitindo comparar diferentes opcións sen perder moito tempo en efectuar a representación. Non se debe confundir un debuxo a man alzada cun debuxo mal feito. As liñas deben ter o mesmo grosor en toda a súa extensión, ser o máis rectas posible, conservar o paralelismo e a simetría cando existan, etc. No debuxo a man alzada utilizaremos xeralmente un lapis de dureza 2H para o trazado de liñas finas e un de dureza HB para o trazado das liñas de maior grosor. Aínda que o debuxo a man alzada non é difícil, convén exercitarse no mesmo ata adquirir certa destreza. A este respecto pode ser de utilidade proceder seguindo estas fases: 1. Trazado de liñas auxiliares nas que encadrar, a grandes rasgos, a figura a debuxar. Estas liñas poden ser cadros, eixes de simetría, liñas paralelas, etc. 2. Trazado do liñas que definen as formas principais da figura. Nesta fase e na anterior utilizaremos un lapis de dureza 2H. 3. Trazado de contornos e sombras facendo uso dun lapis de dureza HB. 4. Pódese completar o esbozo resaltando algún aspecto importante con rotuladores ou utilizando lapis de cores. 5

6. PERSPECTIVA DE OBXETOS PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO Se queremos describir o aspecto dun obxecto o máis sinxelo e claro será debuxalo; un debuxo é moito máis esclarecedor que unha descrición verbal. Así e todo, podemos atopar dificultades para expresarmos aquilo que temos na mente ou ben para debuxar nun papel un obxecto real. Pode tamén ocorrer que aquilo que nós debuxamos non quede claro para outra persoa que o teña que interpretar. Para resolver estas dificultades xorden os sistemas de representación, que son unha serie de técnicas e normas que se deben aplicar para debuxar un obxecto. Entón, podemos dicir que un sistema de representación é unha linguaxe universal. Non importa o idioma que fale a xente; tampouco importa que a persoa que faga o debuxo e a persoa que o teña que interpretar non teñan ningún outro contacto á parte deses debuxos, porque eses debuxos definen perfectamente, por si sós, o obxecto. Imos ver agora a diferenza entre un debuxo artístico e un debuxo técnico, que é o que usamos para definir graficamente un obxecto. Debuxo artístico: ten unha función estética, decorativa; a súa intención é transmitirnos sensacións, polo que non ten por que representar un obxecto nin unha situación real. Non cómpre seguir norma ningunha para facer un debuxo artístico nin hai limitacións canto ao xeito de facelo. Debuxo técnico: ten unha función máis descritiva, xa que pretende representar o máis fielmente posible a realidade dun obxecto ou de parte del. Cómpre seguir unha serie de normas para que sexa entendido por calquera. Normalización Ademais do tipo de sistema de representación utilizado, os debuxos incorporan grande cantidade de signos e símbolos que constitúen unha especie de alfabeto que todo o mundo entende. Xa que logo, diremos que a normalización é o conxunto de normas que regulan todos os elementos que interveñen nun debuxo; entre elas os seguintes: Tamaño do papel. Sistema de representación. Tipo e grosor das liñas. 6

Xeitos de acotar (acotar significa indicar no debuxo as dimensións reais do obxecto) Tipo e tamaño das letras (rotulación: todo o referente aos número e ás letras que aparecen nun debuxo). Existen organismos especializados que se encargan de este labor de normalización. Despois, estas normas son publicadas para que sexan coñecidas e utilizadas por todos. Tipos de debuxos Os debuxos pódense facer ben a man alzada ou ben utilizando instrumentos especiais de debuxo, como regras, escuadras, compases, etc. Bosquexo (coñécese en castelán como boceto ): é a primeira aproximación a un debuxo técnico; trátase de representacións rápidas, sinxelas e moi expresivas, previas a outro tipo de representación máis precisa. É un debuxo feito a man alzada, que pode incorporar mesmo cores e anotacións. Non ten por que seguir as normas de representación e é máis parecido a un debuxo artístico que a un debuxo técnico. Esbozo (coñécese en castelán como croquis ): tamén é un debuxo feito a man alzada pero xa utilizando un sistema de representación (segue unha serie de normas específicas do debuxo técnico); xa é máis parecido ao debuxo definitivo. Plano: xa non é un debuxo feito a man alzada, senón utilizando os instrumentos de debuxo axeitados. É o debuxo definitivo; debúxase nalgún dos sistemas de representación. Perspectiva Cando queremos debuxar un obxecto do xeito máis realista posible, o que imos facer é a súa perspectiva; será un debuxo onde se representen as tres dimensións (altura, anchura e grosor) malia facerse nun papel que só ten dúas dimensións. Nesta unidade imos estudar dous sistemas de representación que usan a perspectiva: a perspectiva isométrica e a perspectiva cabaleira. Estes sistemas de representación teñen a vantaxe de que calquera persoa, mesmo sen coñecemento ningún na materia, poida entender doadamente o debuxo e perciba a sensación de realidade e de relevo. 7

Perspectiva isométrica PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO Imaxinemos o seguinte dado situado no chan, pegado nunha esquina. O chan e as dúas paredes podemos decir que son tres planos; a intersección entre estes forma tres eixes (X, Y e Z) que se cortan no punto o, que representa a esquina da habitación. Na realidade, o ángulo que forman as paredes é de 90º. Porén, se medimos neste debuxo o ángulo que forman os eixes veremos que é de 120º. En realidade, este debuxo está feito en perspectiva isométrica. Xa que logo, diremos que a perspectiva isométrica se fundamenta na combinación de tres eixes coordenados: Z, X, Y. Cada un destes eixes serve para medir as tres dimensións: o alto, o ancho e o grosor. Forman entre si ángulos de 120º. Estes tres eixes, á súa vez, determinan tres planos: o XY, que é o plano horizontal; o XZ, que é o plano vertical, de fronte; o YZ, que é o vertical de perfil. Ten dúas peculiaridades: As rectas e os planos paralelos na realidade seguen sendo paralelos na perspectiva. Os ángulos non se corresponden cos reais. 8

Método de debuxo Imos debuxar a seguinte figura no sistema isométrico: As medidas están en milímetros, que é o usual en debuxo técnico. Pasos para seguir Primeiro pintamos os tres eixes formando ángulos de 120º. 9

Marcamos as dimensións da altura (20 mm), da anchura (30 mm) e do grosor (20 mm) nos eixes correspondentes, a partir do punto o. A partir de b levamos a altura de 20 mm; como é unha altura, será paralela ao eixe Z. Facemos o mesmo desde c, pero neste caso de 10 mm. 10

Unimos os puntos d e a, e xa temos unha das caras da figura. A partir de e, paralela ao eixe Y, trazamos un segmento de 10 mm. Facemos a partir de f unha paralela ao eixe Z e a partir de a outra paralela ao eixe Y. Os dous segmentos de 10 mm córtanse: acabamos de facer outra cara da figura. Facemos a partir de b e de c tamén dúas paralelas, que se cortarán formando outra cara da figura. Facemos a partir de b e de c tamén dúas paralelas, que se cortarán formando outra cara da figura. 11

hpd. Xa temos tres caras da figura. Agora imos repetir a cara ocefga a partir de Agora só nos queda pechar peza: unimos os puntos i e e ; j e f ; k e g. Se nos fixamos, todas as liñas que trazamos son paralelas a algún dos tres eixes; iso ten que ser así sempre que non haxa planos inclinados nin circunferencias. 12

Perspectiva cabaleira Só se diferencia da isométrica en dúas cousas: o ángulo dos eixes e o coeficiente de redución. Os eixes Z e X forman un ángulo de 90º. Os ángulos que forma o eixe Y cos outros poden variar dependendo do efecto que queiramos lograr na perspectiva; nós imos utilizar un ángulo de 135º entre Z e X (xa que logo, tamén entre Y e Z). Nas seguintes figuras temos debuxado un cubo de 30 mm de lado: 13

Se nos fixamos, o primeiro cubo aparece deformado (a súa profundidade parece maior que na realidade), o que non ocorre no segundo cubo. Isto é así porque na perspectiva cabaleira temos que aplicar un coeficiente de redución nas medidas no eixe Y; é decir, as medidas reais do eixe Y téñense que multiplicar por 0,5 (ou dividir entre 2) para que o obxecto non apareza deformado. A isto chámaselle aplicar un coeficiente de redución. Vistas Se en vez dun punto se trata dunha figura, entón as proxeccións en cada un destes planos de proxección chámanse vistas. Obtéñense do mesmo xeito que para obter as proxeccións dun punto, pero indo de punto en punto. 14

Xiramos o planos como fixemos co punto A. A proxección no plano vertical chámase vista principal ou alzado. Adoita ser a vista máis importante da peza, a que máis información achega sobre a forma da peza. A proxección no plano horizontal chámase planta. A proxección no plano de perfil chámase perfil; neste caso perfil esquerdo, porque aínda que se coloca á dereita representa a parte esquerda da peza. Obtense tomando como referencia o alzado da peza; se cambiamos o alzado, tamén o resto das vistas, como se pode ver na seguinte figura: 15

Este xeito de colocar as vistas pertence ao sistema europeo (existe outro sistema, o americano, que non imos estudar. Imos ver un exemplo cun coche: Este sería o coche en perspectiva. O alzado sería o seguinte (lembre que o alzado é a vista ollando o coche desde diante): A planta e esta (obtense ollando dende arriba): 16

O perfil esquerdo: Agora imos colocar as tres vistas nos seus sitios correctos: 17

O coche en perspectiva PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO A tres vistas Isto mesmo que fixemos cun coche é a dinámica de traballo para obtermos as vistas das pezas. Ademais destas tres vistas poderíamos obter outras tres máis. No dado en perspectiva non se poden ver todas as caras, pero pola colocación das vistas sabemos que a cara cos seis puntos está por debaixo (na 18

oposta da cara cun punto), a cara con cinco puntos é a que se acha máis preto do plano de perfil (na oposta á cara con tres puntos) e a cara con catro puntos é a que está máis preto do plano vertical (oposta á cara con dous puntos). Liñas ocultas Fíxese nas seguintes figuras: Representan a mesma peza, pero xirada. Imos facer os alzados en ambos os casos na dirección que marca a frecha. O segmento AB aparece a trazos no segundo alzado; isto é así porque desde ese punto de vista non se pode ver esa aresta da peza, pero sabemos que existe: chámase liña oculta e tense que debuxar a trazos. 19