Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Similar documents
O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Silencio! Estase a calcular

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O Software Libre nas Empresas de Galicia

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

Problema 1. A neta de Lola

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

TRAXECTORIAS E RETOS

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Versión 1. Marzo 2009

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Programación Proxecto empresarial

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

Eficacia dun programa de Terapia Ocupacional domiciliaria

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

Facultade de Fisioterapia

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

plan estratéxico 2016 >> 2020

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

CRISE ECONÓMICA E FLUXOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA: OS EFECTOS DA POLÍTICA SANITARIA NA POBOACIÓN

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

AUDITORÍA, COMITÉS DE AUDITORÍA E NEUTRALIDADE NA INFORMACIÓN NARRATIVA

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Resultados

GUÍAS DE. Serie INFORMES DO ESTADO DE SAÚDE. SERIE II: Sección CANCRO DE MAMA: Informe 7

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS

Plan Estratéxico

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

GRAO DE CUMPRIMENTO POLOS AUDITORES DAS NORMAS DE AUDITORÍA SOBRE INFORMES. UN ESTUDO EMPÍRICO APLICADO ÁS EMPRESAS GALEGAS

Uso da videoconsola Wii para a capacitación para a vida independente dende a perspectiva da Terapia Ocupacional

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

ANÁLISE ECONÓMICA E FINANCEIRA DAS EMPRESAS PÚBLICAS ESTATAIS. EFECTOS DO PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DE 1996

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

Management Control Systems, Innovative Capability Performance, and ISO Certification: Modelling their Effects on Organizational Performance

CIG-Saúde Gregorio Espino, VIGO Tfno Fax Voceiro da Agrupación Médica de CIG-Saúde

Diseno organizativo/ Organizational Design: Estructura y procesos/ Structure and Processes (Spanish Edition)

Revista Galega de Economía Vol (2017)

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Sede Electrónica Concello de Cangas

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

CONTRASTE EMPÍRICO DO MODELO CAPM: APROXIMACIÓN A NON LINEARIDADE PARA O MERCADO ESPAÑOL DE CAPITAIS

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Revista Galega de Economía Vol (2015)

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

UNHA PROPOSTA PARA MELLORAR A MADUREZA VOCACIONAL DOS ADOLESCENTES

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

prevención do suicidio

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

MÁRKETING ECOLÓXICO E SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL: CONCEPTOS E ESTRATEXIAS EMPRESARIAIS

Inferencia estatística

Transcription:

Clima laboral - Sergas Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas Elaborado por: Servizo central de prevención de riscos laborais Subdirección xeral de Políticas de Persoal División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional 1/21

Clima laboral - Sergas Índice 1. Presentación:... 5 2. Obxectivo:... 5 3. Resultados.... 6 3.1. Mostra estudiada... 6 3.2. Exposición aos factores de risco psicosocial. Puntuacións crudas... 7 3.3. Exposición aos factores de risco psicosocial. Prevalenza da exposición... 9 3.4. Identificación de exposicións problemáticas e exposicións favorables.... 11 3.5. Principais exposicións problemáticas... 13 3.6. Outras exposicións problemáticas... 15 3.7. Exposicións favorables.... 15 3.8. Dimensións non incluídas nas clasificacións anteriores.... 16 3.9. Información sobre as dimensións de saúde, estres e satisfacción... 17 4. Conclusións... 20 3/21

Clima laboral - Sergas 1. Presentación: A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de traballo dos profesionais do Sergas. Este é o primeiro paso para deseñar, contando coa opinión dos traballadores, programas e políticas de persoal dirixidos a corrixir todos aqueles factores e aspectos que inciden negativamente sobre a realización do traballo, o desenvolvemento profesional, a prevención de riscos de orixe psicosocial, a conciliación da vida laboral e familiar e a xestión de recursos humanos. Este proxecto foi desenvolto desde xaneiro a setembro do 2006. Consistiu no estudo das condicións de traballo que refiren os traballadores, para elo realizouse unha enquisa a 4000 traballadores e empregouse o Método Istas 21 (CoPsoQ). Este método de avaliación dos factores de risco psicosocial esixe a participación voluntaria dos traballadores, baséase no estudo das experiencias e percepcións que teñen os profesionais sobre as súas condicións de traballo, está validado, é fiable e dispón de métodos de análise, criterios de valoración, materiais prácticos e ferramentas para a súa aplicación. Debemos subliñar a boa acollida en todos os ámbitos da organización e destacamos sobre todo a participación dos traballadores, dada a súa voluntariedade, o que nos permite afirmar que os datos recollidos son de boa calidade e reflicten as condicións de traballo percibidas polos profesionais das institucións sanitarias públicas galegas. A información obtida é de alto valor e seguro que resulta imprescindible a hora de deseñar e propoñer actuacións en materia de prevención de riscos laborais e de políticas de persoal de xestión de recursos humanos encamiñadas a unha mellora continua das condicións de traballo de todos os profesionais do Sergas. 2. Obxectivo: Realizar a avaliación dos factores de risco psicosocial dos profesionais do Sergas. Coñecer a repercusión dos factores psicosociais sobre as condicións de traballo e o clima laboral. Coñecer o grao de conciliación da vida laboral e familiar e os factores relacionados. 5/21

Clima laboral - Sergas 3. Resultados. 3.1. Mostra estudiada Tal e como se recolleu no proxecto de estudo do clima laboral do Sergas, o estudo desenvolveuse sobre unha mostra de 4000 traballadores xa que resulta practicamente imposible aplicarlle o método Istas 21 (CoPsoQ) a máis de 32.000 traballadores fixos e eventuais, distribuídos en máis de cincocentos centros de traballo repartidos por toda Galicia. A mostraxe, estratificada en oito grupos de estudo, é fixa, non proporcional, tomando de forma aleatoria a 500 persoas dentro de cada grupo. Con unha resposta estimada do 60%, obteranse 300 individuos de cada grupo, permitindo que para a máxima varianza (p=q=0,5) cun intervalo de confianza do 95%, o erro sexa inferior ao 6%. As estimacións correspondentes á totalidade do Sergas, terán un erro máximo ± 2%. O prazo establecido para contestar os cuestionarios foi desde 20 de marzo ao 30 de abril. Os cuestionarios contestados neste período foron 2310, o que supón unha taxa do 57,78%. Non obstante e segundo recolle o método Istas 21 (CoPsoQ), a análise débese facer sobre a taxa de resposta total, que se calcula dividindo os cuestionarios contestados (2310) entre a poboación diana (4000) menos a poboación á que non se lle puido achegar o cuestionario (de baixa, vacacións, etc. N=166) durante o período de estudo, o que permite acadar unha taxa de resposta total do 60,25%. Na táboa 1 recóllense os datos de participación para cada grupo de estudo. Táboa 1: Datos de participación globais Grupo poboación mostra Sí % Sí Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas 6603 500 303 60,6 Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A. Primaria 2411 500 235 47,0 Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A. Especializada 7179 500 313 62,6 Grupo 4: Facultativos de A. Primaria 2850 500 301 60,2 Grupo 5: Facultativos de A. Especializada 4704 500 280 56,0 Grupo 6: Persoal de administración 3584 500 352 70,4 Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento. 2242 500 273 54,6 Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores). 2846 500 253 50,7 Taxa de resposta 32419 4000 2310 57,7 6/21

Clima laboral - Sergas 3.2. Exposición aos factores de risco psicosocial. Puntuacións crudas. O método Istas 21 (CoPsoQ), mediante o uso da súa ferramenta informática de explotación de datos, permítenos obter as puntuacións crudas acadadas, que son as puntuacións medianas comparadas (mediana é o valor que ocupa o lugar central dunha serie, unha vez ordenada en forma crecente). Trátase de comparar as puntuacións, estandarizadas do 0 ao 100, coas da poboación de referencia. Os resultados acadados agrúpanse en dimensións positivas, que son aquelas para as que a situación máis favorable para a saúde dáse en puntuación altas, e dimensións negativas, que son aquelas para as que a situación máis favorable para a saúde dáse en puntuacións baixas respectivamente. Os valores acadados polas dimensións positivas preséntanse na táboa 2, ordenadas as dimensións desde a situación máis desfavorable a máis favorable (de maior a menor diferenza entre o valor acadado para o Sergas e o valor de referencia do método Istas 21 (CoPsoQ)). Presentan un valor desfavorable a previsibilidade, a estima, a calidade liderado, o control de tempos traballo, o apoio social, a influencia, o reforzo e o sentimento de grupo, mentres que presentan un valor favorable a claridade de rol, a posibilidade de relación social, a integración na empresa, a posibilidade de desenvolvemento e o sentido de traballo. Os valores acadados polas dimensións negativas preséntanse na táboa 3, ordenadas as dimensións desde a situación máis desfavorable a máis favorable (de maior a menor diferenza entre o valor acadado para o Sergas e o valor de referencia do método Istas 21 (CoPsoQ)). Todas as dimensións negativas dos profesionais do Sergas están nunha situación máis desfavorable que a poboación de referencia. 7/21

Clima laboral - Sergas Táboa 2: Puntuacións medianas comparadas de dimensións positivas DIMENSIÓNS POSITIVAS G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas Pob. Ref. Previsibilidade 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 59,3 Estima 56,2 56,2 50,0 43,7 56,2 50,0 56,3 50,0 52,7 74,2 Calidade liderado 46,8 40,6 37,5 25,0 43,7 31,2 43,8 31,3 38,8 56,5 Control tempos traballo 37,5 43,7 37,5 31,2 50,0 50,0 37,5 37,5 40,6 54,2 Apoio social 62,5 62,5 62,5 50,0 62,5 62,5 56,3 56,3 60,3 67,0 Influencia 37,5 50,0 37,5 37,5 50,0 37,5 31,3 18,8 38,2 44,9 Reforzo 62,5 62,5 62,5 50,0 62,5 50,0 62,5 50,0 59,0 61,9 Sentimento grupo 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,3 Claridade rol 81,2 75,0 75,0 68,7 75,0 75,0 81,3 75,0 76,2 75,4 Posib. relación social 87,5 62,5 75,0 50,0 75,0 75,0 75,0 75,0 74,2 69,1 Integración empresa 68,7 62,5 62,5 62,5 62,5 56,2 75,0 62,5 64,1 58,9 Posibil. desenvolvemento 62,5 75,0 68,7 68,7 75,0 50,0 56,3 43,8 63,9 55,5 Sentido traballo 91,6 91,6 91,6 83,3 91,6 75,0 91,7 83,3 88,6 74,9 Táboa 3: Puntuacións medianas comparadas de dimensións negativas DIMENSIÓNS NEGATIVAS G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas Pob. Ref. Inseguridade 62,5 50,0 46,8 43,7 37,5 50,0 56,3 62,5 51,1 23,2 Esconder emociones 62,5 50,0 62,5 62,5 50,0 62,5 50,0 75 59,8 36,6 Esix. psic. emocionais 58,3 50,0 66,6 66,6 66,6 50,0 41,7 58,3 59,3 36,3 Esix. psic. sensoriais 75,0 81,2 87,5 93,7 93,7 75,0 68,8 56,3 80,2 58,0 Dobre presenza 56,2 50,0 56,2 43,7 43,7 56,2 43,8 43,8 50,5 35,3 Esix. psic. cuantitativas 43,7 37,5 50,0 56,2 50,0 56,2 43,8 43,8 47,6 36,4 Esix. psic. cognitivas 50,0 62,5 68,7 81,2 81,2 50,0 43,8 34,4 60,4 49,2 Conflicto rol 43,7 43,7 50,0 56,2 50,0 43,7 43,8 50,0 47,7 37,0 Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas; Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A.P.; Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A.E.; Grupo 4: Facultativos de AP.; Grupo 5: Facultativos de A.E.; Grupo 6: Persoal de administración; Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento; Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores) 8/21

Clima laboral - Sergas 3.3. Exposición aos factores de risco psicosocial. Prevalenza da exposición. Igualmente o método Istas 21 (CoPsoQ), mediante o uso da súa ferramenta informática de explotación de datos, permítenos obter a prevalencia de exposición ou proporción de traballadores do Sergas e de cada grupo, incluídos en cada tercil de referencia. A través dos resultados poden observarse a porcentaxe de traballadores expostos en cada un dos tres niveis de exposición. Nivel de exposición máis desfavorable (cor vermello), nivel de exposición intermedia (cor amarelo) e nivel de exposición máis favorable (cor verde). Estas porcentaxes obtéñense aplicando os puntos de corte de cada unha das dimensións (terciles da poboación de referencia do método) aos datos obtidos dos cuestionarios do Sergas. O conxunto de resultados preséntase de forma comprensible mediante táboas e gráficos por dimensións psicosociais. Na figura 1 e na táboa 4 preséntase os datos obtidos para o conxunto do Sergas. De non existir diferenzas cos valores de referencia nas exposicións, todas as porcentaxes que se mostran deberían presentar exactamente o valor de 33,3%. 9/21

Clima laboral - Sergas Sergas. Figura 1: Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de referencia. Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de referencia. 99,99% 66,66% 33,33% 0,00% 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Máis desfavorable Situaci ón intermedia Máis favorable Táboa 4: Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de referencia. 1 Dobre presenza 2 Esix. psic. cuantitativas 3 Esix. psic. sensoriais 4 Esix. psic. cognitivas 5 Esix. psic. emocionais 6 Esconder emocións 7 Influencia 8 Control tempos traballo 9 Posibilidades desenvolvemento 10 Sentido traballo 11 Integración empresa 12 Inseguridade 13 Claridade rol 14 Conflicto rol 15 Previsibilidad 16 Apoio social 17 Reforzo 18 Posib. relación social 19 Sentimento grupo 20 Calidade liderado 21 Estima Máis desfavorable 69,1 51,7 68,4 53,9 68,7 71,1 43,8 54,4 20,0 13,3 27,8 68,0 30,7 61,9 56,6 38,6 27,6 25,4 29,9 60,1 72,2 Sit. intermedia 22,8 30,4 20,7 29,3 23,7 21,1 29,4 25,6 26,4 20,5 34,1 22,4 24,8 19,3 29,3 28,9 42,0 34,3 31,4 22,6 16,1 Máis favorable 8,1 17,9 10,9 16,8 7,6 7,9 26,8 20,1 53,6 66,2 38,1 9,6 44,5 18,8 14,1 32,6 30,4 40,3 38,7 17,4 11,7 10/21

Clima laboral - Sergas 3.4. Identificación de exposicións problemáticas e exposicións favorables. Os resultados presentados no apartado anterior permiten a identificación de exposicións problemáticas, sendo a base técnica obxectiva para establecer prioridades e orientar a acción preventiva. Os criterios fundamentais para a identificación e clasificación destas exposicións son: a porcentaxe de persoas expostas no nivel vermello (máis desfavorable para a saúde), a porcentaxe de persoas expostas no nivel verde (máis favorable para a saúde) e existencia de desigualdades entre a poboación de estudo comparando as porcentaxes vermellas e verdes. Seguindo estes criterios a clasificación sería a seguinte: Principais exposicións problemáticas. Son as dimensións nas que a porcentaxe de traballadores expostos á situación máis desfavorable é maior ou igual a 50 %. Sobre estas dimensións deberíase actuar prioritariamente. Outras exposicións problemáticas. Son as dimensións nas que a porcentaxe de traballadores en situación máis desfavorable está entre o 49 e o 33,3%. As accións sobre estas dimensións non son prioritarias mentres se manteñan as dimensións con unha porcentaxe >50% Exposicións favorables, son as dimensións nas que a porcentaxe de traballadores exposto a unha situación favorable é maior do 33,3%. Na figura 2 preséntanse de forma gráfica a clasificación das dimensión atendendo aos criterios expostos para a localización de problemas. 11/21

Clima laboral - Sergas Figura 2: Clasificación das dimensión atendendo aos criterios expostos para a localización de problemas, G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas 1 Dobre presenza P P P P P P P P P 2 Esixencias psicolóxicas cuantitativas P X P P P P P P P 3 Esixencias psicolóxicas sensoriais P P P P P P P F P 4 Esixencias psicolóxicas cognitivas P P P P P X X F P 5 Esixencias psicolóxicas emocionais P P P P P P P P P 6 Esconder emocións P P P P P P P P P 7 Influencia P F P P P P P P P 8 Control tempos traballo P P P P P P P P P 9 Posibilidades desenvolvemento F F F F F P F P F 10 Sentido traballo F F F F F F F F F 11 Integración empresa F X F X X P F P F 12 Inseguridade P P P P P P P P P 13 Claridade rol F F F P F P F F F 14 Conflicto rol P P P P P P P P P 15 Previsibilidade P P P P P P P P P 16 Apoio social P P P P P P P P P 17 Reforzo X X X P X X X P X 18 Posibilidade de relación social F P F P X F F F F 19 Sentimento grupo F F X P X P F F F 20 Calidade liderado P P P P P P P P P 21 Estima P P P P P P P P P Nota 1: Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas; Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A.P.; Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A.E.; Grupo 4: Facultativos de A.P..; Grupo 5: Facultativos de A.E.; Grupo 6: Persoal de administración; Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento; Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores) Nota 2: Vermello: Principais exposicións problemáticas, laranxa: Outras exposicións problemáticas, verde: Exposicións favorables e amarelo: Situación intermedia. 12/21

Clima laboral 3.5. Principais exposicións problemáticas Son aquelas dimensións que atendendo á porcentaxe de traballadores expostos a situacións máis desfavorables para a saúde presentan unha porcentaxe >50%. As dimensións máis desfavorables para a saúde por grupo e orde de prevalenza son: O Sergas (Global) A estima (72,2), o esconder emocións (71,1), a dobre presenza (69,1), as esixencias psicolóxicas emocionais (68,7), as esixencias psicolóxicas sensoriais (68,4), a inseguridade (68,0), o conflicto de rol (61,9), a calidade de liderado (60,1), a previsibilidade (56,6), o control sobre o tempo de traballo (54,4), as esixencias psicolóxicas cognitivas (53,9) e as esixencias psicolóxicas cuantitativas (51,7). Grupo 1. Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas A dobre presenza (81,2), a inseguridade (78,7), o esconder emocións (73,6), as esixencias psicolóxicas emocionais (68,9), a estima (65,1), o control sobre o tempo de traballo (61,3), as esixencias psicolóxicas sensoriais (60,3), o conflicto de rol (53,7), a previsibilidade (51,9), a calidade de liderado (50,3). Grupo 2. DUE, matronas, fisioterapeutas de A. Primaria A estima (66,7), as esixencias psicolóxicas sensoriais (66,2), a dobre presenza (66,1), o esconder emocións (66,1), a inseguridade (64,9), as esixencias psicolóxicas emocionais (59,9), a calidade de liderado (59,3), o conflicto de rol (54,8), a previsibilidade (54,1), e as esixencias psicolóxicas cognitivas (53,9). Grupo 3. DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A. Especializada As esixencias psicolóxicas sensoriais (82,1), a dobre presenza (81,9), as esixencias psicolóxicas emocionais (78,4), o esconder emocións (78,4), a estima (74,3), esixencias psicolóxicas cognitivas (67,4), a inseguridade (66,7), o conflicto de rol (66,0), o control sobre o tempo de traballo (65,1), a calidade de liderado (64,3), a previsibilidade (58,4), e as esixencias psicolóxicas cuantitativas (54,5). Grupo 4. Facultativos de A. Primaria 13/21

Clima laboral As esixencias psicolóxicas cognitivas (93,6), as esixencias psicolóxicas sensoriais (89,8), a estima (86,7), as esixencias psicolóxicas emocionais (83,3), o esconder emocións (83,3), o conflicto de rol (77,2), a calidade de liderado (70,5), o control sobre o tempo de traballo (66,4), as esixencias psicolóxicas cuantitativas (64,5), a inseguridade (62,1), a previsibilidade (61,5), a dobre presenza (60,9), o apoio social (53,4), e a posibilidade de relación social (52,8). Grupo 5. Facultativos de A. Especializada As esixencias psicolóxicas sensoriais (89,8), as esixencias psicolóxicas cognitivas (89,4), as esixencias psicolóxicas emocionais (77,1), a estima (71,5), o conflicto de rol (67,4), o esconder emocións (60,8), as esixencias psicolóxicas cuantitativas (59,8), a calidade de liderado (56,7), a previsibilidade (56,0), a inseguridade (54,4), e a dobre presenza (50,4). Grupo 6. Persoal de administración A estima (74,3), a dobre presenza (73,7), a inseguridade (70,0), o esconder emocións (68,3), a calidade de liderado (65,5), as esixencias psicolóxicas cuantitativas (63,4), a previsibilidade (60,0), as esixencias psicolóxicas sensoriais (59,5), o conflicto de rol (56,8), e as esixencias psicolóxicas emocionais (53,2). Grupo 7. Persoal de hostalería, oficios e mantemento. A estima (70,7), a inseguridade (69,9), o control sobre o tempo de traballo (58,3), a dobre presenza (57,1), a previsibilidade (54,1), a Influencia (53,7), a calidade de liderado (50,5), e o esconder emocións (50,2). Grupo 8. Persoal de apoio asistencial (celadores). O esconder emocións (78,6), a inseguridade (75,1), a estima (74,1), a calidade de liderado (69,1), a Influencia (68,8), o conflicto de rol (67,6), a dobre presenza (61,8), as esixencias psicolóxicas emocionais (60,9), a previsibilidade (59,6), o control sobre o tempo de traballo (58,4), e as posibilidades de desenvolvemento (53,4). 14/21

Clima laboral 3.6. Outras exposicións problemáticas As dimensións nas que a porcentaxe de traballadores que están en situación máis desfavorable (49 e o 33,3%) por grupo e orde de prevalenza son: Sergas: a influencia (43,8) e o apoio social (38,6). Grupo 1: a influencia (45,9) as esixencias psicolóxicas cuantitativas (45,3), as esixencias psicolóxicas cognitivas (35,1) e o apoio social (35,0). Grupo 2: o control sobre o tempo de traballo (49,3), as posibilidades de relación social (42,9) e o apoio social (35,0). Grupo 3. a influencia (43,8) e o apoio social (33,3). Grupo 4. o reforzo (47,1), a influencia (45,4), o sentimento de grupo (37,2) e a claridade de rol (35,5). Grupo 5. o apoio social (36,4) e o control sobre o tempo de traballo (33,6). Grupo 6. a influencia (40,9), o apoio social (40,3), a claridade rol (39,7), as posibilidades de desenvolvemento (39,3), a integración na empresa (38,3), o control sobre o tempo de traballo (35,9) e o sentimento de grupo (35,6). Grupo 7. o conflicto de rol (49,8), as esixencias psicolóxicas sensoriais (49,1), as esixencias psicolóxicas emocionais (47,9), as esixencias psicolóxicas cuantitativas (46,1) e o apoio social (42,2). Grupo 8. as esixencias psicolóxicas cuantitativas (46,4), o apoio social (46,4) a integración na empresa (33,9) e o reforzo (33,6). 3.7. Exposicións favorables. Atendendo á porcentaxe de traballadores expostos (>33,3%) as dimensións máis favorables para a saúde por grupo e orde de prevalenza son: Sergas: O sentido do traballo (66,2), as posibilidades de desenvolvemento (53,6), a claridade de rol (44,5), as posibilidades de relación social (40,3), o sentimento de grupo (38,7), a integración na empresa (38,1) 15/21

Clima laboral Grupo 1: o sentido do traballo (72,9), a claridade de rol (54,2), as posibilidades de relación social (49,8), o sentimento de grupo (48,1), as posibilidades de desenvolvemento (44,4), e a integración na empresa (44,0). Grupo 2: o sentido do traballo (71,7), as posibilidades de desenvolvemento (68,8), a claridade de rol (47,3), a influencia (43,2) e o sentimento grupo (43,2). Grupo 3. o sentido do traballo (72,0), as posibilidades de desenvolvemento (61,9), as posibilidades de relación social (49,1), a claridade de rol (38,9) e a integración na empresa (33,6) Grupo 4. as posibilidades de desenvolvemento (64,1), e o sentido do traballo (58,1). Grupo 5. as posibilidades de desenvolvemento (83,6), o sentido do traballo (73,8), a influencia (42,9) e a claridade de rol (42,5). Grupo 6. o sentido do traballo (42,3) e as posibilidades de relación social (35,4). Grupo 7. o sentido do traballo (65,3), a integración na empresa (54,8), a claridade de rol (52,4), o sentimento de grupo (45,0), as posibilidades de relación social (41,4) e as posibilidades de desenvolvemento (36,8). Grupo 8. o sentido do traballo (53,8) as esixencias psicolóxicas cognitivas (50,4), a claridade de rol (48,3) as posibilidades de relación social (45,5) o sentimento de grupo (38,2) e as esixencias psicolóxicas sensoriais (35,7). 3.8. Dimensións non incluídas nas clasificacións anteriores. Atendendo á porcentaxe de traballadores expostos algunhas das dimensión non se poden incluír na clasificación exposta nos apartados anteriores. Preséntanse esas dimensións por grupos de análise. Sergas: o reforzo. Grupo 1: o reforzo. 16/21

Clima laboral Grupo 2: as esixencias psicolóxicas cuantitativas, a integración na empresa e o reforzo. Grupo 3. o reforzo e sentimento de grupo. Grupo 4. a integración na empresa. Grupo 5. o reforzo, as posibilidades de relación social, a integración na empresa e o sentimento de grupo. Grupo 6. o reforzo, e as esixencias psicolóxicas cognitivas. Grupo 7. o reforzo e esixencias psicolóxicas cognitivas. 3.9. Información sobre as dimensións de saúde, estres e satisfacción. Estas dimensións do método Istas 21 (CoPsoQ) tratan de dar unha idea de cómo están os indicadores de saúde dos traballadores avaliados e cómo están estes para a poboación de referencia. Non se debe intentar, a partir destes datos, establecer relacións causais, que deberán ser avaliadas mediante estudos específicos. Preséntase os resultados do Sergas. Saúde xeral no Sergas Táboa 5: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de saúde xeral (peor, medio, mellor) Idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 33,0 20,9 44,3 36-45 22,5 22,5 51,1 > 45 22,7 20,0 51,3 Todas as idades 24,5 21,0 50,0 HOMES < = 35 31,1 22,1 45,7 36-45 23,9 21,1 52,4 > 45 22,1 21,1 52,1 Todas as idades 23,8 21,3 51,4 MULLERES < = 35 33,9 20,6 43,7 36-45 22,1 23,4 50,0 > 45 23,5 19,5 50,4 Todas as idades 25,3 21,0 48,8 17/21

Clima laboral Saúde mental no Sergas Táboa 6: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de saúde mental (peor, medio, mellor) idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 32,7 23,8 42,8 36-45 32,4 22,6 42,7 > 45 38,4 21,3 36,9 Todas as idades 35,4 22,2 39,8 HOMBRES < = 35 41,1 27,1 30,8 36-45 40,0 23,7 34,1 > 45 41,6 21,4 34,2 Todas as idades 41,0 22,8 33,7 MULLERES < = 35 30,7 23,1 45,8 36-45 28,4 23,1 46,1 > 45 36,2 21,4 38,7 Todas as idades 32,4 22,3 42,7 Vitalidade no Sergas Táboa 7: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de vitalidade (peor, medio, mellor) idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 20,9 25,5 53,4 36-45 24,1 24,4 50,0 > 45 31,6 24,4 41,6 Todas as idades 27,3 24,6 46,4 HOMBRES < = 35 30,5 21,8 47,6 36-45 27,4 27,7 42,8 > 45 36,8 26,2 34,9 Todas as idades 33,1 26,1 38,9 MULLERES < = 35 18,7 26,4 54,8 36-45 22,3 22,8 53,6 > 45 28,6 23,2 45,7 Todas as idades 24,4 23,8 50,2 18/21

Clima laboral Síntomas de estres/satisfacción no Sergas: Táboa 8: Puntuacións medianas comparadas. Dimensión Mediana Pob. referencia Síntomas conductuais de estres 31,25 21,7 Síntomas somáticos de estres 18,75 13,0 Síntomas cognitivos de estres 25,0 18,8 Satisfacción co traballo 50,0 62,4 Táboa 9: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo os síntomas de estres/satisfacción (peor, medio, mellor) Dimensión Peor Intermedio Mellor Síntomas conductuais de estres 57,13 24,49 18,38 Síntomas somáticos de estres 55,97 31,95 12,08 Síntomas cognitivos de estres 60,30 30,90 8,80 Satisfacción co traballo 51,97 20,82 27,21 19/21

Clima laboral 4. Conclusións A participación foi alta e acadou a previsión establecida no proxecto, 60%, polo que se pode dicir que o estudo foi de interese e acadou un nivel importante expectación entre os traballadores do Sergas, podéndose considerar un éxito dada a súa voluntariedade. Os resultados acadados preséntanse agrupados en dimensións positivas, (aquelas para as que a situación máis favorable para a saúde dáse en puntuación altas) e dimensións negativas, (aquelas para as que a situación máis favorable para a saúde dáse en puntuacións baixas). Os valores acadados polas dimensións positivas presentan un valor desfavorable para a previsibilidade (posibilidade de dispoñer de información adecuada, suficiente e a tempo para adaptarnos aos cambios), a estima (refírese ao respecto e recoñecemento, ao apoio adecuado e ao trato xusto), a calidade liderado (dispoñer de habilidades suficientes para xestionar equipos humanos), o control sobre os tempos traballo (marxe de autonomía sobre o tempo de traballo e descanso, pausas, permisos, vacacións), o apoio social (recibir o tipo de axuda que se necesita e no momento adecuado, tanto de compañeiros como dos superiores), a influencia (ter marxe de decisión, de autonomía, respecto ao contido e as condicións de traballo, horario, ritmo, compañeiros, etc.), o reforzo (recepción de mensaxes dos compañeiros e superiores en relación a realización do traballo para así modificar as cousas que fallan) e o sentimento de grupo. Presentan un valor favorable a claridade de rol, a posibilidade de relación social, a integración na empresa, a posibilidade de desenvolvemento e o sentido de traballo. Os valores acadados polas dimensións negativas presentan unha situación máis desfavorable que a poboación de referencia, estas dimensión son: a inseguridade no traballo, a esixencia de esconder emocións, as esixencias psicolóxicas emocionais, as esixencias psicolóxicas sensoriais, a dobre presenza, as esixencias psicolóxicas cuantitativas, as esixencias psicolóxicas cognitivas e o conflito de rol. Os resultados obtidos no estudo reflicten que: - As dimensións relacionadas coas esixencias psicolóxicas do traballo presentan unha exposición máis problemática para a os grupos sanitarios. Para 20/21

Clima laboral os grupos non sanitarios a exposición e menos problemática. As altas esixencias psicolóxicas poden ser un risco, sobre todo, se o traballador ten un baixo control sobre o contido das tarefas. - As dimensións relacionadas coas compensacións, (inseguridade e estima) presentan exposición problemática para todos os grupos estudados. Relacionase coa estabilidade no emprego, coas perspectivas de promoción, os cambios non desexados e o respecto, o recoñecemento, o apoio adecuado e trato xusto. - A dobre presenza presentase como problemática para todos os grupos estudados e está relacionada coa conciliación da vida laboral e familiar.. - As dimensións relacionadas co traballo activo e desenvolvemento de habilidades presentan unha exposición problemática en relación co control sobre o tempo de traballo e a influencia, e unha exposición favorable co sentido do traballo, as posibilidades de desenvolvemento, e a integración na empresa. Parece reflectir que as dimensións máis relacionadas co sistema organizativo e de mando son percibidas cómo máis problemáticas. - As dimensións relacionadas co apoio social e a calidade do liderado presentan unha exposición problemática para o conflito de rol, a calidade de liderado, a previsibilidade, e apoio social. Presentan unha exposición favorable a claridade de rol, a posibilidade de relación social, e o sentimento de grupo. Parece reflectir que as dimensións máis relacionadas co sistema organizativo e de mando son percibidas cómo máis problemáticas. Os datos obtidos deben servir para promover accións dirixidas a afondar na análise daquelas dimensións máis problemáticas e deseñar actuacións dirixidas a promover unha mellora xeral das condicións de traballo dos profesionais do Sergas. 21/21