CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

Similar documents
CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADE E SAÚDE

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Silencio! Estase a calcular

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

Coeducación. O alicerce do ensino

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Problema 1. A neta de Lola

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

TRABALLO FIN DE GRAO A APRENDIZAXE COOPERATIVA COMO FERRAMENTA PARA FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NA ESCOLA INFANTIL

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Plan Estratéxico

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

1. A necesidade de rehabilitar o tecido construtivo das cidades

Facultade de Fisioterapia

Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

plan estratéxico 2016 >> 2020

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

LINGUA INGLESA CURSO

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

III MEMORIA SOCIAL CLECE

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Educación e linguas en Galicia

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Cara a unha comunicación non excluínte. Caderno I do Proxecto CIDEC

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Sarmiento. A aprendizaxe-servizo en perspectiva. John Dewey como referente histórico

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Quinesia Nº 35 Páxina 1

TRABALLO DE FIN DE GRAO

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

A comunicación externa nas organizacións

Agora toca Xestión de conflitos para unha convivencia positiva CÍRCULOS DE DIÁLOGO PARA A PAZ

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Joel Martinson (Choral score) Selah Publishing Co., Inc. Hn. J œ œ œ œ œ œ. j œ. 8 5 Choir: (Women or Men) for review only. ni- mi- pax.

Memoria de Actividades Ceesg

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

UNHA PROPOSTA PARA MELLORAR A MADUREZA VOCACIONAL DOS ADOLESCENTES

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

Transcription:

1

ÍNDICE FUNDAMENTACIÓN.... 3 POBOACIÓN DESTINATARA.......7 OBXECTIVOS...7 METODOLOXÍA E ACTIVIDADES.. 11 RECURSOS.. 13 AVALIACIÓN....13 ANEXOS... 14 2

TITULO A nosa vida en positivo? Deporte e superación persoal. V edición. FUNDAMENTACIÓN Nos últimos anos o barrio das Fontiñas caracterizouse polo inicio dun percorrido dentro da dinamización en rede comunitaria, a través do seu Plan de Desenvolvemento Comunitario. O mesmo naceu coa finalidade de incrementar o benestar de todos os colectivos que residen nesta zona, promovendo a súa inclusión social e a participación activa dentro da súa comunidade. Neste senso, teñen e tiveron cabida varios programas e proxectos que seguen este fío condutor da mellora social. Nesta ocasión, xa na 5ª edición do Proxecto A Nosa Vida... en Positivo? focalízase o marco de actuación no Deporte, na Diversidade e na Saúde, tratando de dar resposta ás inquedanzas, vinculadas ó deporte e saúde, dos/as menores participantes en edicións anteriores. Desta forma, articúlanse propostas para a mocidade ligada á sensibilización, superación e transmisión de valores a prol da igualdade de xénero a través de figuras do mundo do deporte que supoñan modelos de vida positivos. A fundamentación deste proxecto, radica principalmente nun enfoque preventivo e enmarcaríase nas seguintes liñas de intervención: Liña nº 6 do III Diagnóstico Comunitario: Deseño e implementación de proxectos de prevención de condutas asociais. Liña nº 11 do III Diagnóstico Comunitario: Actividades de convivencia comunitaria. 3

Sería un proxecto que se fundamenta tanto en aspectos vinculados á prevención primaria como secundaria. No primeiro dos casos (prevención primaria) as accións formativas que se leven a cabo teñen como obxecto a prevención da aparición de condutas antisociais en poboación que aínda non presenta esta problemática; serían actividades dirixidas a adolescentes, en xeral, que pretenden asegurar o seu normal desenvolvemento. No segundo (prevención secundaria), diríxese a adolescentes que amosan algún signo de condutas disruptivas e preténdese minguar factores de risco. Aínda que se promovan principalmente actuacións vinculadas ás liñas de traballo anteriores, os obxetivos principias diríxense á totalidade da poboación, tratando de favorecer a integración social de todas as persoas. A actuación comunitaria é unha estratexia metodolóxica que busca coordinar a todos os colectivos que forman a comunidade, ademais de acadar o seu compromiso e implicación para que, entre todos, se poidan realizar aportacións que conducen a un claro incremento do benestar social. Gráfica nº 4: A intervención comunitaria no barrio de Fontiñas. A interven tervenció n com m un nitaria no barrio das Fontiñ as P e rm a n e n te s Fun dación S ecret aria do X itan o P rogr ama fam ilias A beiro Cár ita s Par ro qu ial Fon tiñ as C en tro de dí a A rela C E IP M onte P ostes S er vizos socia is: U TS B arriop ía F ontiñ as C ru z V er mella IES A ntonio F rag uas C E IP F ontiña s Pro g. Mu ni c. So cio ed A semble a C oop p ola P az C onc ell. P olíticas S ociais Pro g r. Pre v. C entr o sa úde F ontiñas O ut ros c ola bora dore s que pa rt ic ipa n en s es i óns de t ra ba ll o ou e x pe rie nc ia s c onc ret a s de int e re s e pa ra o barri o: e xp ert os, Xul ga do de P ri me ira Ins t a nci a n º s ei s de Sa nti a go, Fis c al ía, US C, C e ntro Soc io cul tu ral da s Fo nti ña s, Es c ola in fa nt il muni c ipa l da s Fon ti ñas, P rogra ma l oc al de inc l usi ón s oc iol abo ral, P oli cí a loc a l de ba rrio, Pol ic ía a ut onómi ca, As a mbl e a de C oope rac ión pola Pa z, G al ic ia A co lle, Iga x é s -3, t ec ido a s oci a ti vo ( AN PA, e nti da de s ve c iña is,...) X EN EME, D o n Bo sc o, U n ive r sid a d e de S an t iag o d e C o mp os te la, ANP A, D ow n C o mp o ste la, Ma no s U ni da s, U N IC EF... O ut ra s c ol abora c ións Int e res a dos e n c oñe ce r a no sa diná m ic a de tra ba ll o E nti da des que e st á n i nte gra da s i ndire c ta m ent e no ba rri o a t ra v és d a súa participación en in stitucións ou serviz os pe rm anente s ne l. U niv e rs ida de de Sa nt ia go de Com pos te l a, U niv e rs ida de da C oruña, Fe de ra ci ón de AN PA de Galicia, ou tros dispositivos de Serviz os S oci a is 4

Fonte: UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios) e Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas, marzo 2016 (actualización En consecuencia, impleméntase un traballo integral a nivel comunitario, baseado na intervención conxunta, en rede, respectando as características de cada servizo, pero buscando ao mesmo tempo as sinerxías e os puntos de encontro que permitan buscar obxectivos comúns e compartir estratexias de traballo: En que consiste a intervención comunitaria en Fontiñas? 2.- Manter 1.- Const ruir 7.- Dende un enfoque interinstitucional e interdisciplinar TRABALLO SOCIAL COMUNITARIO Concienciación Organización Movilización 3.- Grupos de traballo estables 4.- Arredor do deseño e implementación 6.- Baseadas no estudo da realidade social 5.- De estratexias de acción Fonte: III Diagnostico Comunitario. UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios), xullo 2015. Fins da intervención comunitaria: 5

Fonte: UTS Fontiñas Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela, 2015 Pero para traballar dun xeito global a convivencia (tanto a nivel intrafamiliar como no contorno educativo e social) hai outro aspecto que non debe ser obviado: a igualdade de xénero; constitúese como un factor primordial para garantir a dignidade da muller e a súa estabilidade persoal, así como camiñar en prol de facer realidade unha comunidade e unha sociedade máis igualitaria e xusta. Este debe ser un dos elementos transversais permanentemente presente nas intervencións educativas e sociais. Chegados a este punto, faise necesario recoñecer a presenza deste eixe no noso traballo. Así pois nesa gráfica anterior que reflicte que as intervencións socioeducativas se baseaban en tres piares básicos (solidariedade, atención á diversidade e convivencia) incorpórase un cuarto elemento, non menos importante, a igualdade de xénero, como peza básica para contribuír ao desenvolvemento persoal exento de riscos, a estabilidade emocional, a igualdade efectiva nunha sociedade máis xusta en definitiva, a facer efectivos os dereitos constitucionais que asisten a cada persoa. 6

Gráfica nº 7: Eixes que inspiran a intervención comunitaria no ano 2015. Fonte: UTS Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela), ano 2015. Polo tanto, nesta nova edición de A nosa vida... en positivo? trataremos de conxugar por unha banda, as peticións dos participantes en edicións anteriores, trasladadas nas diferentes avaliacións dos proxectos comunitarios previos, que demandan a continuidade destas accións, e por outra banda, as reflexións dos profesionais desta rede que vemos a importancia de incorporar outros aspectos. A forma habitual de traballar a partir de modelos de avaliación participativa, permítenos coñecer opinións, intereses e inquedanzas dos participantes. Tratar de darlles unha resposta, con novas edicións de proxectos comunitarios é intervir con rigor e tecnicamente. Ademais nesta edición recuperamos o traballo sobre igualdade de xénero, unha temática diferente das habituais neste proxecto, pero que emerxe como un elemento potente 7

de vulnerabilidade da nosa mocidade. A detección e prevención de situacións de machismo, así como o feito de poder contar coa información e a formación necesarias, son as bases para seguir a loitar contra a lacra que supón a violencia de xénero. Gráfica nº 11: Trazos de identidade do proxecto comunitario A nosa vida..., en positivo?. Un fin: A PREVENCIÓN Un instrumento: A INFORMACIÓN Unha oportunidade: MOMENTOS PARA COMPARTIR: XORNADAS DE CONVIVENCIA Nesta edición de A Nosa vida en positivo prográmase a realización da seguinte acción formativa: Charla-coloquio vinculada especificamente co mundo do deporte e a discapacidade funcional, onde valores de superación e esforzo son a premisa fundamental. Contamos coa presenza dunha poñente feminina: Nadia Iglesias como elemento de visualización e recoñecemento do deporte feminino, figura relevante do mundo da patinaxe artística a nivel europeo. Tamén estará presente, como referente de superación e esforzo, Jonathan Barral xornalista e 8

profesional da doma clásica adaptada de cabalos, afectado por unha discapacidade visual. Ademais, esta actividade afonda e consolida o formato de convivencia entre os centros educativos do barrio, ao ser dirixida ao alumnado de sexto de primaria do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes e do CEIP de Fontiñas e ao alumnado de 1º da ESO do IES Antonio Fraguas. A través da práctica físico-deportiva, o ser humano desenvólvese de forma global, non so de xeito físico, senón tamén á nivel intelectual, cognitivo e emocional, consolidando unha serie de valores e actitudes ligadas ao respecto, á colaboración, á convivencia e á axuda mutua. A práctica deportiva é unha vía a seguir para a supresión de barreiras, tanto físicas como persoais, e que actúa coma unha fonte de superación persoal, mais alá das características ou situacións propias, espérase desta experiencia que sexa un espello no que se reflicten as actitudes ligadas á superación e ao esforzo, así como tamén á consecución de logros. Intentarase abordar estas temáticas desde o bo uso do lecer e dos tempos compartidos, transformando o tempo libre nun espazo de aprendizaxe conxunta e de punto de encontro entre os/as adolescentes residentes na comunidade. Deste xeito, coa finalidade de que actúe como imaxe destas potencialidades inherentes ó deporte, preténdese contar coa colaboración de Nadia Iglesias e Jonathan Barral. Este último por ser un vivo exemplo de inclusión plena e activa na sociedade dunha persoa con diversidade funcional, factor que non provocou o abandono da súa paixón polo deporte e o feito de que sexa unha persoa recoñecida na doma de cabalos. A razón de elixir a estas figuras é acadar o obxectivo principal de concienciar e sensibilizar ó abeiro destes valores a un sector de idade especialmente vulnerable: os/as adolescentes. Non hai que esquecer que os fins da intervención comunitaria non deben ser exclusivamente asistencialistas (se ben hai que traballar para a cobertura das necesidades básicas da cidadanía), senón que debe dar un paso adiante, incidindo na 9

prevención, como veremos máis adiante, e na integración no contorno comunitario (non dende a asimilación senón dende a pertenza a un barrio, dende a convivencia positiva da súa veciñanza, respectando as diferenzas de cada quen). POBOACIÓN DESTINATARIA A actividade estará destinada ó alumnado de 6 º de educación primaria dos CEIP Fontiñas e CEIP Plurilingüe Monte dos Postes e os 1º da ESO do IES Antonio Fraguas, é dicir, cunha idade de 11 a 13 anos. Aproximadamente contarase coa participación de 200 persoas. OBXECTIVOS Xeral: Sensibilizar á poboación adolescente sobre valores e actitudes positivas para o seu óptimo desenvolvemento vital. Específicos: Contribuír á sensibilización dos colectivo escolar de cara a normalizar situacións de diversidade e favorecer situacións de inclusión neste eido. Crear referentes positivos que contribúan ao desenvolvemento deste grupo de idade. Reforzar espazos de encontro nos que estean presentes os valores de autonomía, igualdade e solidariedade social. Recoñecer os éxitos deportivos das mulleres. Coeducar en igualdade de oportunidades para a eliminación dos estereotipos existentes en canto á muller e o deporte. Visualizar e fomentar a participación das mulleres na práctica de actividades fisico-deportivas en igualdade de condicións. 10

Cultivar os valores de solidariedade, superación persoal e colaboración que desprende a práctica dun deporte. Promover as superación de prexuízos e estereotipos cara as persoas con diversidade funcional mediante a empatía e o respecto. Xerar espazos de debate e reflexión da necesidade de potenciar o papel das mulleres no deporte. Promover espazos de convivencia entre menores pertencentes ao colectivo infantil e os pertencentes xa a adolescencia, procedentes dos tres centros educativos de Primaria e Secundaria existentes no barrio de Fontiñas: CEIP Fontiñas, CEIP Plurilingüe Monte dos Postes e IES Antonio Fraguas. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES Como apuntábamos arriba, a nosa actividade centrárase nun coloquio interactivo que versa sobre os valores deportivos e os hábitos saudables, coa finalidade de traballar con eles dun xeito educativo dinámico e aberto, aspectos inherentes a situacións de vulnerabilidade ou de risco social, conxugados con reflexións técnicas e aplicacións prácticas. Contar coa colaboración de figuras no mundo do deporte como son Nadia Iglesias e Jonathan Barral permite espertar a motivación e o interese do alumnado e así conseguir o propósito de sensibilización e concienciación. Incidir na importancia do deporte inclusivo-igualitario e da visibilización das experiencias que teñen lugar dentro deste marco, supón avogar pola igualdade de oportunidades para conseguir a repercusión social que se merecen estes profesionais, que son, sen dúbida, o vivo exemplo da superación persoal. Persoas coma eles son modelos positivos que poden contribuír á tarefa de formar cidadáns e cidadás comprometidas/os socialmente e afastados de comportamentos de risco. Todo isto coa permanente presenza de distintos valores: 11

igualdade de oportunidades, confianza mutua, compromiso social, respecto ás persoas e aos dereitos das mesmas e fomento da cohesión social, superación, respecto e esforzo; ademais de aportar unha transmisión de aspectos vencellados ó ocio e ó lecer activo e saudable, que terá repercusións positivas tanto no desenvolvemento individual coma grupal destas novas xeracións cidadás. O coloquio terá unha duración aproximada de 90 minutos, que serán repartidos en dous formatos: entrevista e exposición por parte dos deportistas e o conseguinte espazo aberto para a interacción e realización de cuestións da man dos/as participantes. A actividade planifícase para a data: - 28 de febreiro de 10:00 a 11:30 horas no salón de actos da EGAP. En resume, a Vª edición do Proxecto comunitario A nosa vida..., en positivo? concrétase na seguinte actividade: Táboa nº 1: Actividades do Proxecto A nosa vida..., en positivo?, 5ª ed. ACTIVIDADES Deporte e superación Persoal Charla-coloquio a cargo de Nadia Iglesias e Jonathan Barral DATAS 28 de febreiro de 2018, de 10:00 a 12.00 LUGAR DE IMPLEMENTACIÓN EGAP DESTINATARIOS Alumnado de 1º da ESO do IES Antonio Fraguas: aproximadamente 100 alumnos. Alumnado do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes Alumnado do CEIP Fontiñas Profesorado do devandito alumnado. Técnicos das entidades da rede comunitaria do barrio de Fontiñas. Fonte: UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela) e Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas, novembro 2018. Recolle as aportacións das restantes entidades que participan na rede comunitaria do barrio de Fontiñas. 12

RECURSOS Infraestructurais: Sala onde se levará a cabo a sesión. O salón de actos da EGAP, (200 participantes) Humanos: o deportista Nadia Iglesias e Jonathan Barral e as persoas coordinadoras da actividade, entre elas os CEIP Monte dos Postes e Fontiñas, o IES Antonio Fraguas e as representantes dos Servizos Sociais Comunitarios do barrio das Fontiñas. Económicos: cantidade para os profesional polo servizo prestados: 150 por cada un que serán sufragados a través do recadado no Mercadiño Solidario que se organiza no barrio. AVALIACIÓN O proceso avaliativo terá lugar desde o inicio da actividade ata o fin da mesma. Deste xeito procurarase coñecer de xeito real a efectividade do proxecto así como tamén o grao de satisfacción acadado, tanto por parte das persoas participantes, como dos/as coordinadores/as da actividade. Consideramos que o feedback é fundamental dentro da planificación de proxectos sociais, xa que axuda a aprender dos erros, a reflexionar sobre o camiño seguido e as metas que se esperan acadar, mudando e aprendendo. O proceso avaliativo terá lugar mediante un coloquio finalizada a actividade, así como tamén mediante un pequeno cuestionario á realizar de xeito individual por parte de cada participante (ANEXO I). Ademais disto, os/as encargados/as da actividade realizarán unha observación activa. Deste xeito, preténdese empregar a avaliación coma un medio que axude a optimizar o rendemento deste proxecto de acción. 13

ANEXOS ANEXO I: Ficha de avaliación. Puntuaranse as seguintes cuestións, de tal xeito que o número 1 sexa totalmente en desacordo, mentres que o 5 totalmente de acordo ÍTEMS PUNTUACIÓN A sesión foi entretida. 1 2 3 4 5 Tratáronse temas útiles para o meu día a día. 1 2 3 4 5 Gustaríame saber máis sobre este tema. 12345 A exposición dos contidos foi clara. 12345 A actividade axudoume a reflexionar sobre os meus hábitos e/ou actitudes. 12345 Algo que me gustaría traballar: 14

Documento elaborado por: Eva María González Santiago, traballadora social da UTS Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). María Jesús Viqueira Pérez, traballadora social da UTS Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). Beatriz Sixto Solar, traballadora social da UTS Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). Margarita Vázquez Teo, educadora social do Programa municipal Socioeducativo (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). Dolores Sanz Lobo, orientadora do Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas. Coa colaboración das restantes entidades sociais, sanitaria e educativas do Barrio de Fontiñas. 15