Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

Similar documents
Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Expediente: 5193/2017

Concello de Castroverde

Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Síntesis da programación didáctica

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Sede Electrónica Concello de Cangas

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Consellería de Sanidade

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

Segunda lingua estranxeira: inglés

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

Facultade de Fisioterapia

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

Silencio! Estase a calcular

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Proposta de resolución provisional

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

Problema 1. A neta de Lola

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

SESIÓN ORDINARIA DO Pleno DA CORPORACIÓN do 27 de xullo de 2017 ACTA Nº 10/2017

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

persoal, familiar e laboral

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

XVI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS 17 de decembro de 2017

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

FICHA DE INSCRICIÓN e AUTORIZACIÓN parque acuático Cerceda CSCX O ENSANCHE

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Transcription:

BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018. Primeira.- Obxecto. O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de seis monitores/as de tempo libre. A modalidade contractual será de contrato temporal por obra ou servizo determinado: - 1 Monitor/a de Tempo Libre a xornada completa. - 5 Monitores/as de Tempo Libre a tempo parcial-media xornada. Segunda.- Duración do contrato. A duración do contrato será de dous meses (xullo e agosto). Terceira.- Requisitos dos/as aspirantes: 1.- Os requisitos a continuación enumerados, serán imprescindibles para o acceso a praza. a).- Ser español ou nacional dalgún Estado membro da Unión Europea, ou ser o seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito ou ser descendentes dos primeiros ou do cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte un anos ou maiores dependentes, ou ser persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola comunidade europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos do Art. 57.1 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto de empregado Público, ou ser estranxeiro con permiso de residencia e traballo en vigor. b) Ser maior de 18 anos de idade e non haber alcanzado a idade de xubilación forzosa. c) Estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente. d) Estar en posesión da titulación de Monitor de Tempo Libre. e) Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas. f) Non padecer enfermidade ou defecto físico que o imposibilite para o desempeño das funcións correspondentes o posto. g) Non estar separado do servizo de ningunha administración pública en virtude do expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado, por sentencia firme, para o exercicio de funcións públicas. h) Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determinen a lexislación vixente. i) Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas j) Carecer de antecedentes penais por delitos de natureza sexual. 2.- Todos os requisitos esixidos no punto anterior, deberán reunilos os aspirantes o día que finalice o prazo para presentar as solicitudes. Cuarta.- Retribucións. A retribución será: - 1.152,26 mensuais a xornada completa, por tódolos conceptos salariais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e indemnización cese. - 576,13 mensuais a tempo parcial-media xornada, por tódolos conceptos salariais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e indemnización cese. Quinta.- Presentación de instancias.- 1.- As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo convocado, deberano facer constar mediante unha instancia dirixida á Sra. alcaldesa-presidenta do Concello, na que manifestarán, ademais dos datos persoais co enderezo, a denominación do posto de traballo

convocado ó que optan e que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria. 2.- Para ser admitidas no proceso selectivo as persoas que desexen tomar parte no mesmo, deben aboar o importe de 3,00 en concepto de dereito de participación, no período de presentación de instancias na conta bancaria do Concello de Meaño aberta en ABANCA nº ES03 2080 5044 31 3040001099. 3.- O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 4.- A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral do Concello, situado na Casa Consistorial de Meaño sita na R/campo da Feira nº 1 (Meaño), ben en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas polo/a funcionario/a de Correos antes de seren certificadas. Co obxecto de coñecer a presentación das instancias noutros rexistros ou en correos e poder realizar o seu seguimento, nestes supostos, as persoas solicitantes deberán comunicalo durante o mesmo prazo de presentación de instancias, remitindo copia da solicitude presentada e xa rexistrada, mediante unha das seguintes opcións: por fax au núm. 986747391; ou ó mail concellodemeano@concellodemeano.com. O Concello facilitará o modelo de solicitude aos interesados que a soliciten podendo tamén obterse na páxina Web do Concello www.concellodemeano.com 5.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación: * Fotocopia compulsada do DNI * Fotocopia compulsada do Título de Monitor de Tempo Libre * Fotocopia compulsada Título de Bacharelato ou equivalente * Xustificación de ter aboado os dereitos de participación, (dentro do prazo de presentación de instancias, non subsanable) * Documentación acreditativa dos méritos que alegue, mediante documentación orixinal ou compulsada. * Acreditación de dispoñer do CELGA 4 ou equivalente no idioma galego, para acadar a exención da realización da proba de coñecemento do idioma galego. Os aspirantes farán constar na instancia que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria. Sexta.- Admisión dos aspirantes.- Rematado o prazo de presentación de instancias, o Concello ditará resolución coa lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán do prazo de 2 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso o defecto que motiva a súa exclusión. No suposto de producirse reclamacións ditarase unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva que se publicará na web e no taboleiro de anuncios do Concello. Xunto coa lista definitiva sinalarase o día e hora da reunión da Comisión de Valoración e de realización das sucesivas probas. Sétima.- Procedemento selectivo. Efectuarase mediante concurso- oposición e entrevista. 1.- CONCURSO: Valoraranse os méritos seguintes A.-Experiencia Profesional: A puntuación máxima será de 2 puntos, computando a mesma

segundo a xornada realizada en cada contrato: Concello de Meaño * Servizos prestados como monitor de tempo libre, en Concellos ou outras administracións públicas: 0,10 puntos por mes traballado a xornada completa e 0,05 puntos por mes traballado a tempo parcial, non computándose fraccións inferiores a meses completo. *Servizos prestados como monitor de tempo libre en entidades privadas: 0,04 puntos por mes traballado a xornada completa e 0,02 puntos a tempo parcial, non computándose fraccións inferiores a meses completos. A experiencia profesional deberase acreditar mediante orixinais ou copia compulsada de: * contratos de traballo xunto co informe de vida laboral * certificados de empresa no que conste a ocupación para a que foi contratado, a data de inicio e fin da contratación, así como o tipo de xornada entre outros datos. Na documentación presentada deberán quedar constatadas as funcións desempeñadas no período de contratación, as cales, poderán tamén acreditarse mediante un certificado no que se describan as mesmas. Non se valorará nin se terá en conta aquela experiencia profesional que non se axuste o disposto neste apartado. B.-Formación: A puntuación máxima que se pode acadar neste apartado é de 2 puntos Por ter realizado cursos relacionados co obxecto da contratación: - De duración igual ou superior a 50 horas: 0,50 puntos. - De duración igual ou superior a 25 horas: 0,35 puntos. - De duración igual ou superior a 10 horas: 0,15 puntos. Coñecemento do idioma galego: Por ter acreditado o nivel Celga 4, equivalente ou superior: 0,80 puntos. A puntuación máxima deste apartado será de 0,80 puntos. * Estes méritos deberán acreditarse mediante orixinal ou fotocopia debidamente compulsada do Diploma ou Certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas deste. En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados ou xustificados debidamente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que sexan necesarios para valorar os méritos que se refiren. Valorados os méritos pola comisión de valoración, publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello. 2.- Fase Oposición.- consistirá na realización das seguintes probas: Cuestionario tipo test: Constará dunha proba de carácter obrigatorio e eliminatorio, na que haberá que contestar a un cuestionario tipo test, de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria anexo durante un período de 20 minutos. Cada pregunta acertada puntuará 0,15 puntos, non contabilizando o resto das preguntas. Cualificarase de 0 a 3 puntos. Para superar este exercicio será preciso acadar un mínimo de 1,5 puntos. Proba Práctica: constará dunha proba de carácter obrigatorio e eliminatoria, na que

haberá que realizar un exercicio práctico consistente na realización dalgunha tarefa relacionada coas funcións do posto de traballo (obradoiros de manualidades, programación de actividades, dietas saudables, etc.). Esta proba valorarase de 0-2 puntos, debendo acadar unha puntuación mínima de 1 punto. Proba de coñecemento do idioma galego: obrigatorio e non eliminatorio, para os aspirantes que non acrediten o nivel de coñecemento do idioma galego Celga 4, equivalente ou superior, que consistirá, a elección do tribunal, na redacción dun informe ou texto, ou nun ditado ou diálogo en relación coas funcións do posto durante un tempo máximo de 10 minutos. Neste exercicio valorarase a corrección fonética, gramatical e estilística, así como o emprego dun léxico adecuado ao tema exposto. Este exercicio puntuarase de cero (0) a cero con oito (0,8) puntos. 3.- Fase de entrevista: a entrevista ten carácter obrigatorio e versará sobre o desenvolvemento das funcións e contidos relacionados co posto de traballo. A entrevista valorarase de 0 a 1 punto Oitava.- Puntuación final e relación de aprobados.- A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas na fase de concurso, e entrevista, de acordo co baremo establecido nas bases. A Comisión de valoracións relacionará os aspirantes por orde decrecente da puntuación final obtida e propoñerá á Sra. Alcaldesa a contratación dos/as aspirante/s que acade a maior puntuación final. As puntuacións serán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello. Os restantes aspirantes que superaron as probas selectivas quedarán na lista de reserva, confeccionada por orde de maior a menor puntuación. Os aspirantes propostos para a contratación presentarán a seguinte documentación no prazo establecido nas listas de puntuación final e relación de aprobados: Tarxeta da Seguridade Social. Certificación de conta Bancaria. Acreditación médica de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida realizar as funcións propias a desenvolver. Certificado actualizado do Rexistro Central de Delincuentes Sexuales, de carecer de antecedentes penais de natureza sexual. Novena.- Comisión de Valoración.- A Comisión de Valoración estará integrada por: PRESIDENTE.- Informadora Xuvenil Dª Cristina Mª García González, suplente Ana Mª Alonso Robledo, Educadora Familiar SECRETARIA.- A Secretaria-Interventora do Concello Dª Mª Teresa Escudero Barral, suplente Dª Pastora Castro Lema, Auxiliar Administrativa do Concello. VOGAIS.- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (Dª Isabel Amil Núñez), Traballadora Social do Concello (Dª Pilar Domínguez Panadero), e Auxiliar administrativa (Dª Sheila Mª Barreiro Bouzada );, suplente Trinidad Lorenzo Lema, Auxiliar Administrativa do Concello. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros titulares. Os membros do Tribunal deberán absterse de formar parte do mesmo, cando concorran as circunstancias previstas na Lei 39/2015 ou no artigo 13.2 do Real Decreto 364/1995 de 10 de

marzo. Os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal nos termos establecidos na Lei 39/2015. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas. O tribunal poderá asesorarse polos técnicos que considere conveniente, que actuarán con voz pero sen voto. Décima.- Impugnación da convocatoria e incidencias. O feito de presentar instancias solicitando tomar parte na convocatoria constitúe sometemento expreso dos aspirantes ás presentes bases reguladora da mesma. As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnadas polos interesados, nos casos, formas e prazos establecidos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O tribunal queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderá adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo. Duodécima.- Datos de carácter personal. En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase as persoas interesadas e participar neste proceso selectivo que os datos de carácter persoal por elas facilitados serán incorporados a un ficheiro coa finalidade da selección de persoal, e se lles recoñece a posibilidade de exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, enviando comunicación escrita ao Concello de Meaño. Os interesados autorizan ao Concello de Meaño a proceder ao tratamento dos seus datos nos termos anteriormente descritos así como á publicación dos mesmos nos taboleiros de anuncios e na páxina web do Concello. A presentación da documentación necesaria para participar no proceso de selección presumirá o consentimento para tratar a información nos termos indicados. Anexo temarios da convocatoria Tema 1. O Grupo. Tipoloxía e organización Tema 2. Dinamización de grupos. Tema 3. Educación e Tempo Libre. Metodoloxía educativa Tema 4. As técnicas de animación Tema 5. Educación ambiental e natureza Tema 6. Educación para a saúde Tema 7. Organización e recursos Tema 8. O xogo como elemento socializador Tema 9. A Constitución Española do 1978. Principios básicos e estrutura. Dereitos e deberes fundamentais. Tema 10. Regulación xurídica actual do réxime local. Competencias e organización Meaño, A Alcaldesa Documento datado e asinado dixitalmente á marxe