UNHA PROPOSTA PARA MELLORAR A MADUREZA VOCACIONAL DOS ADOLESCENTES

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Síntesis da programación didáctica

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Problema 1. A neta de Lola

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Facultade de Fisioterapia

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

plan estratéxico 2016 >> 2020

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Boloña. Unha nova folla de ruta

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Programación Percusión

PROGRAMACIÓN DA MATERIA DE PEDAGOXÍA E DIDÁCTICA INSTRUMENTAL

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Luis Sobrado Fernández* Universidade de Santiago de Compostela

Segunda lingua estranxeira: inglés

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

T1, T3, (T5)*, T8, T11, T13 *solo grupos bilingüe X1, X3, X8, X10, X13, X18, X22, X23, X24 EI6, EI7

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

TRABALLO DE FIN DE GRAO

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Contrabaixo

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Sede Electrónica Concello de Cangas

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Programación Proxecto empresarial

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO.

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

PSICOLOXÍA VOCACIONAL E PROGRAMAS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: ASPECTOS CONCEPTUAIS BÁSICOS

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

LINGUA INGLESA CURSO

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

EDUCACIÓN PARA A CARREIRA E INTERVENCIÓN POR PROGRAMAS: UNHA REFLEXIÓN TEÓRICO-CRÍTICA

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE INGLÉS -ESO -BACHARELATO -CICLOS -FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA -ADULTOS

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

ESTUDOS DE COMUNICACIÓN

Guía para profesores. O triángulo máxico das altas capacidades

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Transcription:

UNHA PROPOSTA PARA MELLORAR A MADUREZA VOCACIONAL DOS ADOLESCENTES FERNÁNDEZ-EIRE, L. & Facultade de Ciencias da Educación-Universidade de Vigo-España eire@correo.cop.es LOPEZ-CASTEDO, A. Facultade de Ciencias da Educación-Universidade de Vigo-España alopez@uvigo.es Moitos adolescentes no transcurso da súa formación atópanse en circunstancias nas que teñen que tomar decisións e facer eleccións que se relacionan co seu futuro académico e/ou profesional e que, máis tarde, poden ter efectos na súa propia vida e, algún día, quen sabe, na súa familia. Cómpren instrumentos, recursos e/ou procedementos que sirvan como vía de aprendizaxe para facer eleccións ocupacionais e tomar decisións ó tempo que estimulan unha mentalidade e un sentido de acción vocacional. Tendo como referencia a Teoría Tipolóxica de Holland, máis concretamente, dous instrumentos derivados da mesma: o Self-Directed Search-Career Explorer(SDS-CE) e o SDS-CE Interpretative Report, e utilizando como elementos de contraste os cuestionarios My Vocational situation MVS- (Holland, Daiger & Power, 1980) e Career Decisión Scale -CDS- (Osipow, 1976), deseñouse un breve programa de intervención consistente nun pequeno conxunto de sesións de carácter grupal e individual co propósito de incrementar a Identidade Vocacional (IV), reducir a necesidade de información (NI), identificar posibles obstáculos ou barreiras (BB) á hora de tomar decisións ocupacionais, reforzar as decisións (CZ) e diminuir o estado de indecisión (IN). A experiencia compara os efectos sobre un grupo de adolescentes sometido ó devandito programa fronte a outro que non o foi poñéndose de manifesto a utilidade e idoneidade deste tipo de propostas que se traducen nun aporte de valor engadido na calidade de decisións e eleccións ocupacionais. INTRODUCCIÓN A miudo atopámonos na praxe orientadora que moitos xoves non teñen a oportunidade de coñece-la relevancia das súas decisións e eleccións vocacionais ata que é demasiado tarde, e, ben deles, tampouco posúen a suficiente madureza para efectuar opcións axeitadas. Por se fora pouco, moitos tenden a ser negativos e/ou inseguros á hora de considera-lo seu futuro e en non poucos casos, danse verdadeiros problemas persoais que impiden tomar decisións apropiadas e que precisan dun asesoramento particular. É manifesta a espallada ausencia ou defecto no coñecemento de, por exemplo, cómo determinados aspectos da personalidade poden afectar ás oportunidades na realización de obxectivos persoais e profesionais; de coñecer medios disponibles para lograr eses obxectivos, de saber que as eleccións ocupacionais afectan a tódolos aspectos da vida dunha persoa: traballador, consumidor, ocio, pai de familia,... de coñecer cales son os puntos fortes e débiles dun; entre outros. A tenor do dito, cómpren instrumentos, recursos e/ou procedementos que permitan beneficiarse dunha información e un oportuno asesoramento que aporte unha maior claridade á hora de elexir unha carreira, facendo que esa elección sexa congruente, o máis posible, cos valores, intereses e aptitudes da persoa. 3855

Afortunadamente, dende hai tempo, contamos cunha teoría que está sobradamente acreditada no campo da Psicoloxía Vocacional (PV) e que goza dun nivel de recoñecemento sen parangón, estamos a referirnos á Teoría de Holland. Posúe cualidades que resultan moi atractivas para os profesionais da orientación entre as que cabe destacar, entroutras, a súa simplicidade, a súa validez contrastada, o facilitar un marco para organizar datos de carácter vocacional, un vocabulario intuitivo e asequible e, sobre todo, unha grande facilidade para ser trasladada á praxe (Rayman & Atanasoff, 1999). Un elemento fundamental da Teoría de Holland é que as eleccións vocacionais e a satisfacción profesional veñen determinadas polo grao de axuste entre os intereses e o ambiente laboral/educativo. A través de múltiples análises e estudios Holland identificou seis tipos principais: Realista, Investigador, Artístico, Social, Emprendedor e Convencional (RIASEC). A cada tipo corresponde un ambiente con similares características; por exemplo, unha persoa de tipo Artístico amósase, polo regular, como creativa e independente e un ambiente artístico proporcionaría oportunidades para a creatividade e a independencia. Os restantes tipos poderían ser descritos sucintamente como segue: o tipo Realista tende a disfrutar en actividades que conlevan o uso das mans e se desenvolven ó aire libre; o tipo Investigador gusta de indagar cuestións de tipo médico ou científico; o tipo Social tende a axudar ou defender ás persoas; o tipo Emprendedor busca dirixir á xente con fins lucrativos ou adicarse ás vendas comerciais e o tipo Convencional disfruta traballando en actividades que levan asociadas tarefas como manexar números, datos ou material de oficina. Hoxe en día son moitas as investigacións que se teñen centrado no estudio dunha das principais concrecións da teoría de Holland: o Self-Directed Search-SDS, e boa parte delas referidas ós efectos que produce sobre estudiantes de bacharelato, universitarios e adultos (Gottfredson, 2002; Rayman & Atanasoff, 1999; Reardon & Lenz, 1999), pero, pola contra, son moi poucas as relacionadas coa utilidade do Self-Directed Search:Career Explorer/SDS:CE. (Holland & Powell, 1994) indicado para adolescentes de entre 12 e 16 anos- e as consecuencias que este produce formando parte de programas, accións ou intervencións con estudiantes de secundaria obrigatoria. O motivo, en parte, vén explicado polo feito de que Holland foi reacio a crear un inventario de intereses para suxeitos tan xoves considerando que o seu desenvolvemento vocacional todavía se presumía insuficiente. Foi precisamente o feito de que, xa nestes niveis, a maioría dos xoves empezan a tomar decisións que poden ter efectos en niveis superiores (no caso do Sistema Educativo Español relacionadas coa optatividade, os Programas de Garantía Social e a Formación Profesional Específica de Grao Medio) o que o convenceu do contrario. 3856

O propósito deste estudio exploratorio é obter información preliminar sobre o proceso e resultados dun pequeno programa de intervención en suxeitos de 3º de ESO (Etapa de ensinanza secundaria obrigatoria comprendida entre os 12 e 16 anos) fundamentado esencialmente na Teoría tipolóxica de Holland e, particularmente, no uso do SDS:CE xunto co SDS:CE Interpretative Report (Reardon & PAR staff, 1994) -que permite a obtención dunha reportaxe de aproximadamente seis páxinas que resume e interpreta os resultados do SDS:CE- e comprobar en que medida este tipo de accións son susceptibles de contribuir a incrementa-la madurez vocacional e, por tanto, a calidade das decisións e eleccións ocupacionais/vocacionais dos xoves adolescentes en xeral. Para medir o alcance da proposta, utilizamos sendas traduccións galegas dos cuestionarios: Career Decisión Scale (Osipow e cols, 1976) e My vocational situation-mvs-(holland, Daiger & Power, 1980). MÉTODO Suxeitos: Un total de 30 alumnos de 3º de ESO dun centro privado participaron nesta experiencia. A idade media foi de 14,4 anos e o 48,6% varóns. Consonte ó rol facilitado polo Centro Educativo o grupo foi dividido en dúas metades correspondendo à primeira metade o grupo experimental (impares) -sobre o que desenvolveu a totalidade do programa deseñado- e á segunda o grupo control (pares) -sobre o que non se actuou o máis mínimo. Materiais: -O Self Directed Search-Career Explorer-SDS-CE (Holland & Powell,1994) indicado para ser utilizado individual ou grupalmente como unha actividade máis de aula. Este instrumento preséntase como un xeito interesante e eficaz para que alumnos dos dos primeiros cursos de secundaria comecen a pensar sobre o seu futuro académico-profesional, descubran cousas sobre eles mesmos e o mundo laboral que, no seu conxunto, poden ser de axuda á hora de deseñar os seus itinerarios educativos-profesionais. O SDS:CE esta formado por tres caderniños, o primeiro -Caderniño de Avaliaciónpermite a obtención dun código de dúas letras que representa ó suxeito en diferentes aspectos, tales como personalidade laboral, aptitudes, coñecementos, valores, etc. e que logo vai permitir a identificación de carreiras/estudios e ocupacións que se identifican co mesmo código. O segundo caderniño Ti e mais o teu futuro- resume a teoría que ampara a actividade e describe os seis tipos de personalidade e ambientes representados polo acrónimo RIASEC. O terceiro Carreiras e ocupacións- é un conxunto de ocupacións organizadas por códigos Holland e que permite identificar e seleccionar un conxunto máis ou menos amplio de traballos ou empregos para unha posterior e máis profunda exploración. 3857

Diferentes investigadores atoparon que co seu uso, o proceso de toma de decisións vocacionais mellora e se seleccionan ocupacións máis congruentes. (O`Brien, Dukstein, Jackson, Tomlinson & Kamatuka, 1999) - O Self-Directed Search-Career Explorer. Intepretative Report. (Robert Reardon & PAR staff, 1996). Trátase dun programa informático capaz de proporcionar unha reportaxe individualizada sobre os intereses profesionais e educativos simplemente introducindo as puntuacións acadadas no SDS-CE. A reportaxe está deseñada para poder ser interpretada, incluso, polos xoves estudiantes e tamén pais e profesores. Materiais con soporte informativo editado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da unta de Galicia: - Guía do Ensino non universitario 2005 onde se refiren as ensinanzas de réxime xeral, especial, de persoas adultas, conexións e validacións, programas educativos europeos; - Oferta de Ciclos formativos de Formación profesional específica estructurada por familias profesionais, condicións de acceso e matrícula. Tamén existe un soporte en video; - Catálogo de validacións para o acceso á estudios universitarios dende a formación profesional específica de grao superior, no que se establece a vinculación entre os ciclos superiores de FP e os estudios universitarios así como a validación de créditos de estudios universitarios nas tres universidades galegas; - Guía do Sistema Universitario de Galicia, onde se refire a estructura da universidade e acceso así como as titulacións do sistema universitario de Galicia ademais de aportar información relevante sobre as diferentes titulacións como descrición, acceso, pasarelas, materias troncais, e saidas profesionais. Tamén en soporte papel e CDrom. Por último, materiais que permiten valorar o alcance producido pola intervención deseñada: -My vocational situation-mvs-(holland, Daiger & Power, 1980) cuestionario útil que axuda a determinar a ausencia/presencia dunha identidade vocacional, a falta de información ou formación académico-profesional e a existencia ou non de barreiras de tipo emocional ou persoais que poden estar causando un atranco na toma de decisións vocacionais. Permite estimar os efectos de intervencións, programas ou accións encamiñadas ó incremento da madureza vocacional. -Career Decisión Scale-CDS- (Osipow et cols., 1976) Proporciona unha estimación da indecisión profesional e os seus antecedentes, é dicir, o estado do proceso de toma de decisións. Ó igual que o MVS, tamén serve como medio para determinar os froitos de intervencións. O CDS esta composto de 19 items que miden o grao de certeza que un estudiante sente acerca da súa decisión sobre unha carreira ou unha profesión. 3858

Procedemento Se ben se pode desenvolver nun tempo inferior, no noso caso, a experiencia abarcou prácticamente un curso escolar, é dicir, dende outubro a xuño e o principal constitutivo da mesma foi un pequeno número de sesións presenciais de carácter grupal e individual dirixidas por un profesional da orientación (pódese ollar un resumo dos contidos das sesións e temporalización das mesmas na Táboa I). TABOA I Contidos e Temporalización do Programa de Intervención. TEMPO ACCIÓN DESENVOLVIDA GC GE Outubro Novembro Decembro -Obtención da versión galega dos cuestionarios My vocational situation-mvs- (Holland e cols, 1980) e Career Decisión Scale-CDS- (Osipow e cols 1976). -Preparación dos diferentes materiais, planificación e programación das accións previstas. -Contacto inicial: finalidade, obxectivos, contidos, recursos, procedemento,... -Administración das traduccións galegas do MVS e do CDS. n.p. n.p. aneiro -1ª Sesión: 2 hrs. O sistema educativo español. Bach, Formación profesional específica, Universidade, (videos) Febreiro -2ª Sesión- 2 hrs- Caderniños do SDS. Cuestionario de Avaliación, obtención do código Holland. Marzo -Obtención dos informes-reportaxes través do SDS-CE Interpretative Report e posterior entrega. Abril Maio Revisión e comentarios dos informes personalizados,... -Entrevistas individuais. uño Aplicación (retest) das versións galegas do MVS e CDS Obtención resultados, conclusións. n.p.: non procede. GC: Grupo control; GE:Grupo experimental. O ensaio estivo precedido por un período outubro/novembro- destinado a verter ó galego diferentes materiais anteriormente mencionados: o MVS e o CDS. En relación co Self-Directed Search, non foi necesario por canto existe unha versión adaptada a adolescentes galegos (Eire, 1998). A mediados de decembro procedeuse a realizar un breve contacto inicial informando ó grupo de suxeitos seleccionados dos principais obxectivos, dos recursos que se ían a empregar, do procedemento e do nivel de implicación e compromiso que se esixía. 3859

Como punto de partida advertiuse que era necesaria a administración das versións do MVS e do CDS para poder obter un referente de partida en relación con determinados criterios de avaliación que permitirían, posteriormete, facer unha estimación do éxito e idoneidade da proposta (Doc.1) e que servirían de contraste unha vez rematada a intervención sobre o grupo experimental. Doc.1.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN SELECCIONADOS Os tres primeiros proceden do cuestionario My vocational situation (Holland e cols. 1980) e osrestantes do Career Decisión Scale (Osipow e cols. 1976): IDENTIDADE VOCACIONAL: (IV) Enténdese por identidade vocacional a posesión dunha estable e clara visión dos obxectivos e intereses, personalidade e destrezas dun mesmo. Esta característica conduce a unha toma de decisións relativamente despreocupada e confianza na aptitude para tomar boas decisións nunha situación de ambigüidade. A maior puntuación menor identidade vocacional. A puntuación oscila entre 0 e 18. NECESIDADE DE INFORMACIÓN: (NI) Permite estimar o grao de necesidade de información acerca de todos ou algún dos seguintes aspectos: relación entre estudios e ocupacións, clase de xente que nutre determinadas profesións, oportunidades de emprego asociadas a diferentes profesións e información relativa a determinadas carreiras e profesions. A maior puntuación maior necesidade de información. A puntuación vai de 0 a 4. BARREIRAS: (BB) Permite establecer se o suxeito alberga a percepción de que existen aptitudes insuficientes, falta de medios económicos, ausencia de talentos especiais ou mesmo a desaprobación dunha persoa influinte na súa toma de decisións. As puntuacións oscilan entre 0 e 4 sendo as puntuacións elevadas sinónimo de existencia de barreiras e viceversa. CERTEZA: (CZ) Mide o nivel de certeza que un suxeito sente despois de ter tomada unha decisión sobre unha carreira ou unha profesión. As puntuacións oscilan entre 2 e 8. A maior puntuación maior certeza. INDECISIÓN: (IN) Mide o nivel de decisión/indecisión vocacional. As puntuacións van de 16 a 84 e canto máis elevadas maior indecisión. Ambas escalas, CZ e IN, estan inversamente relacionadas. 3860

As puntuacións compatibles coa madureza vocacional serán aquelas que tendan cara unha Identidade Vocacional elevada, unha reducida necesidade de información, a práctica inexistencia de barreiras ou obstáculos, un elevado nivel de certeza e un reducido de indecisión, ou o que é o mesmo, puntuacións elevadas en CZ, e reducidas en IV, NI, BB e IN. Durante o mes de aneiro, xa unicamente co grupo experimental, realizouse a primeira das sesións de pouco máis de dúas horas. Nela deuse conta do entramado do vixente sistema educativo español en soporte papel e audiovisual- ciclos formativos, requisitos de acceso, estructura do bacharelato e as súas modalidades, programas de garantía social, formación ocupacional, aclarándose todas as dúbidas ó respecto de requisitos e itinerarios posibles. Esta sesión completouse coa proxección de algúns videos sobre determinados ciclos de formación profesional específica e sobre o sistema universitario galego. Durante o mes de febreiro levouse a cabo outra sesión onde se traballou cos caderniños do SDS-CE esencialmene co caderniño Ti e maila túa carreira que recolle os elementos máis importantes da Teoría de Holland, os tipos de personalidade, as súas características, o hexágono, conceptos claves na interpretación de datos vocacionais como son a consistencia, identidade vocacional, congruencia e diferenciación. Asentadas as ideas básicas de Holland e considerando que a maioría era coñecedora dos seus postulados fundamentais procedemos a completar o Caderniño de avaliación para poder obter o código Holland que permitiría unha serie de accións posteriores como por exemplo a identificación de carreiras e ocupacións coa mesma codificación coa axuda do SDS-CE Interpretative Report. Nos primeiros días de marzo procedeuse a introducir as puntuacións obtidas a través do devandito caderniño de avaliación de cada un dos alumnos do grupo experimental no programa informático SDS-CE Interpretative Report dando lugar a un informe (6-7 follas) onde se particulariza e refire brevemente os elementos esenciais da Teoría de Holland, o código obtido e os modelos de ocupacións, profesións, campos de estudio e actividades de ocio que harmonizan con ese código, ademais doutros detalles importantes como os niveis de diferenciación, consistencia e congruencia. Antes das vacacións de Semana Santa entregóuelles a cada un dos membros do grupo experimental o informe interpretativo para que puidesen levalo ás súas casas e poder compartilo cos pais e, mesmo entre eles. A volta de vacacións de Semana Santa preparamos unha nova sesión para a posta en común de comentarios, descubertas e anécdotas xurdidas neste espacio de tempo. Nesta 3861

mesma sesión comunícase que como remate do experiencia era necesario o desenvolvemento de entrevistas personalizadas con todos e cada un dos membros do grupo experimental co propósito profundar ó máximo a análise e interpretación dos resultados de cara a asegurar, na medida do posible, a existencia dun maior autocoñecemento en claves vocacionais e de cara a obter unha visión máis correcta do mundo laboral e académico, dos itinerarios alternativos e, por suposto, remarcar aqueles elementos que debían considerar para unha ocasional toma de decisións. Desenvolvidas as entrevistas individuais e situados a principios do mes de xuño, aplícanse novamente as versións do CDS e o MVS a todos os compoñentes de 3º de ESO tanto de grupo control como experimental con vistas a establecer as alteracións/modificacións/efectos producidos nos diferentes criterios de avaliación que permitan estimar a viabilidade, idoneidade e eficacia de todo o proceso así como dos materiais empregados. RESULTADOS Dicir de entrada que o éxito da experiencia levaría consigo que no grupo control non se producisen apenas modificación-alteracións entre as puntuacions iniciais e finais nos criterios de éxito seleccionados (Doc.1). Pola contra no grupo experimental as puntuacións retest deberían de apuntar inequívocamente cara unha reducción en todos os criterios de avaliación seleccionados agás o de certeza (CZ) onde o signo do éxito serían puntuacións elevadas. Na Taboa II podemos ollar os sumatorios desas puntuacións no grupo control, as diferencias absolutas e tamén expresadas en termos porcentuais (test-retest) en relación con cada un dos criterios de avaliación. Os datos son claros: en relacion coa Identidade Vocacional (IV) prodúcese unha aparente melloría -9%-; o criterio Necesidade de información (NI) apenas é perceptible a variación producida; os datos relativos a Barreiras (BB) dan conta dun empeoramento ó igual que Certeza (CZ), mentres que Indecisión (IN) vese mellorada aínda que de forma inperceptible. En resumo: no grupo control as variacións producidas en NI, BB e CZ tenden a peor, mentres que as referidas a IV e IN melloran no tempo todo elo sen intervención e de xeito espontáne. En calquera dos casos os resultados dan conta dunha inapreciable significatividade. 3862

700 Taboa II SUMATORIO DAS PUNTUACIÓNS DIRECTAS DO GRUPO CONTROL (t=test e retest); diferencias absolutas e en %. 600 627 609 GC-t 500 400 GC-r PUNTUACIÓNS 300 200 162 147 dif. % 100 52 53 80 74 0-100 IV -15-9,26 NI 13 16 23 1 1,9 3 BB VARIABLES CZ -6-7,5-2,9-18 IN Na Taboa III exhíbense os datos correspondentes ó grupo experimetal onde os resultados exhiben notables variacións que tenden ó éxito en todos os casos por efecto da intervención e que se reflicte nos seguintes datos. En resumo: melloran os valores referidos á Identidade Vocacional (31%), saciase a Necesidade de Información nun 38%, redúcese a percepción de Barreiras nun 7%, increméntase o nivel de Certeza (12,7%) e pola contra, mingua o nivel de Indecisión nun 24%. 700 Taboa III SUMATORIO DAS PUNTUACIÓNS DIRECTAS GRUPO EPERIMENTAL (t=test e r=retest), diferencias absolutas e en %. 600 596 500 452 400 PUNTUACIÓNS 300 200 147 GE-t GE-r dif. % 100 0-100 -200 IV 101 47 29-18 -31,3-46 -38,3 NI 14 13 BB -1-7,14 106 94 1212,76 CZ IN -144-24,2 VARIABLES 3863

Se contrapoñemos os resultados de ambos grupos, control vs. experimental, (Táboa IV) atopamos que os maiores diferenciais, e por tanto as maiores ganancias, prodúcense, por esta orde, en: Necesidade de información (36,4%), Barreiras (30,10%), indecisión (27%), identidade vocacional (22%) e por último en certeza (20%). 50 40 TABOA IV VARIACIÓNS NAS PORCENTAES GRUPO CONTROL E EPERIMENTAL E DIFERENCIA TOTAL 36,4 PUNTUACIÓNS 30 20 10 0-10 22-9,26 1,9 30,14 23-7,14 20,2 12,76-7,5 27,1 24,16-2,9 %GE %GC Total -20 IV NI BB CZ IN -30-31,3-40 -38,3-50 VARIABLES CONCLUSIÓNS Parece evidente que este tipo de accións producen efectos importantes nos adolescentes e que non se poden despreciar. Ademais, púidose constatar que a actividade desenvolvida no grupo de xoves seleccionado produciu outros efectos simultáneos tales como: (1) a estimulación da aprendizaxe e o coñecemento sobre intereses, ocupacións, o mundo laboral e as súas interrelacións; (2) a excitación de debates sobre cuestións vocacionais (unha novidade para moitos dos xoves); (3) a identificar de rasgos que singularizan ás persoas; (4) o establecemento da conexión entre escola e traballo ; (5) o incremento do autocoñecemento en termos vocacionais; (6) a identificación de carreiras/ocupacións de interese potencial; (7) a orientación para a localización, comprensión e uso de información vocacional sobre carrreiras e profesións (8) unha mellor preparación para os procesos de toma de decisións (9) a colaboración na creación de obxectivos de formación a corto e longo prazo; (10) a ordenación de datos de índole 3864

vocacional sobre os suxeitos para unha posterior valoración; (11) a confección de itinerarios académico-profesionais; (12) a suxerencia de necesidade de tratamentos personalizados e (13) o establecemento dun patrón de personalidade laboral así como a constatación de deficiencias educativas en relación co futuro profesional desexado u ansiado. Agora ben se nos centramos na finalidade desta experiencia cómpre destacar que os resultados no seu conxunto suxiren ou apuntan, principalmente, cara unha reducción da necesidade de información de carácter ocupacional e académico, a eliminación de barreiras ou obstáculos no proceso de eleccións ocupacionais, a merma dun estado de indecisión, asociado a un incremento nos niveis de certeza e unha mellora notable da identidade vocacional. Por último, aínda recoñecendo as limitacións desta investigación (un só centro e un so grupo) as consecuencias invitan a avanzar na réplica dos mesmos contando con grupos máis numerosos e de diferentes lugares, na adaptación dos instrumentos utilizados e no incremento da investigación sobre o uso de reportaxes interpretativas de carácter vocacional así como dos seus efectos sobre pais, profesores e estudiantes. BIBLIOGRAFÍA Fernández-Eire, L. (1998). Elección de carreiras e profesións: Adaptación do Self- Directed Search, Forma Regular SDS-R (1994) a adolescentes galegos. Tese Doctoral publicada. Servicio de publicacións da USC. Gottfredson, G.D. (2002). Interests, aspirations, self-estimates and the Self-Directed Search. Journal of Career Assessment, 10, 200-08 Holland, J.L., Daiger, D., Power, P.G. (1999). My vocational situation (MVS). Odessa. FL: Psychological Assessment Resources, Inc. Holland, J.L., & Powell, A.B. (1994). Self-Directed Search: Career Explorer. Odessa. FL: Psychological Assessment Resources, Inc. Osipow, S, et cols. (1976). Career Decision Scale (CDS). Odessa. FL: Psychological Assessment Resouces, Inc. Rayman, J., & Atanasoff, L. (1999). Holland`s theory and career assessment. Journal of Vocational Behavior, 55, 114-126. Reardon, R.C. (1994) The Self-Directed Search Career Explorer: Interpretative Report. (SDS-CE/IR) Odessa. FL: Psychological Assessments Resources, Inc. Reardon, R.C. & Lenz, J.G. (1999). Holland`s theory and career assessment. Journal of Vocational Behavior, 55, 102-113 3865

unta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Oferta de ciclos formativos de Formación Profesional específica, 2004-2005. unta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Catálogo de validacións 2005-2006. Acceso a estudios universitarios desde a Formación Profesional de grao superior. unta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Guía do ensino non universitario 2004-2005. Sistema educativo, ensinanzas, centros. unta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Guía do sistema universitario de Galicia (soporte papel e CDRom). 3866