Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos):

Similar documents
Concello de Castroverde

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Expediente: 5193/2017

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Concello de Meaño BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE SEIS MONITORES/AS DE TEMPO LIBRE PARA O CONCELLO DE MEAÑO 2018.

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

Síntesis da programación didáctica

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 38 da citada norma, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Sede Electrónica Concello de Cangas

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Pz. Do Concello, nº2. Bertamiráns Telf: AMES (A Coruña) Fax:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

1. Natureza do servizo de axuda no Fogar (SAF) e descrición

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Consellería de Sanidade

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

2- Quen dos seguintes non teñen a condición de interesados?

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Segunda lingua estranxeira: inglés

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

Facultade de Fisioterapia

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DE REDONDELA

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

NORMATIVA REGULADORA:

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

Silencio! Estase a calcular

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

ORDENANZA Nº 3: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

Regulamento do cemiterio municipal do Barco de Valdeorras

persoal, familiar e laboral

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

PROPOSTA DE ACORDO. Propóñolle ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Transcription:

BASES QUE REXERÁN O PROCESO PARA CREAR BOLSA DE EMPREGO 2016 DE AUXILIAR AXUDA NO FOGAR PARA ESTE CONCELLO, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA OCUPAR POSTO DE TRABALLO EN CASO DE VACANTE POR RENUNCIA, VACACIÓNS, ENFERMIDADE OU OUTRAS CAUSAS DO PERSOAL QUE ACTUALMENTE ESTÁ CONTRATADO, ASÍ COMO REFORZO DE DITO SERVICIO. PRIMEIRA: Obxecto. A creación da Bolsa de Emprego 2016, para a contratación en réxime laboral con carácter temporal e mediante concurso-oposición, de prazas de Auxiliares de Axuda a Domicilio deste Concello, para ocupar o/s posto/s de traballo comentados en caso de vacante por renuncia, vacacións, enfermidade, baixa médica e outras causas do persoal que actualmente está contratado, así como de reforzo de dito servizo. O contrato que se formalice (no seu caso) sería baixo a modalidade de contrato por obra ou servizo de duración por días ou horas segundo as necesidades do servizo respectando o cumprimento máximo de horas previstas na normativa vixente na materia. As tarefas, obxectivos e contido do servizo serán basicamente as relacionadas no artigo 3º e 4º da ordenanza municipal de axuda no fogar e demais normas de aplicación concordante e complementarias con esta. SEGUNDA: Requisitos que deben reunir os/as aspirantes. Para tomar parte no citado concurso-oposición, será necesario reunir os seguintes REQUISITOS, (debendo presentar xustificante dos mesmos): Nacionalidade: Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, así como os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois/españolas ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, así como as/os descendentes de ambos os cónxuxes, de menos de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. 1

Ademais das persoas sinaladas no parágrafo anterior, poderán acceder a ela os estranxeiros/as que se atopen residindo en España, de acordo co previsto no artigo 10.2 da vixente Lei orgánica de dereitos e liberdades dos estranxeiros en España. Idade: Ter cumpridos 16 anos e non ter acadado a idade máxima de xubilación forzosa. Titulación: Estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio; ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade (artigo 16.4 do Decreto 99/2012, do 16 de maio, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento). Estar en posesión do título que acredite ter realizado algún curso de Auxiliar de Axuda no Fogar ou cunha acreditación de realizaren formación relacionada coas funcións a desenvolver no posto de traballo, ou en condicións de obtelo na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Capacidade funcional: Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Habilitación: Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. Neste suposto de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público. Estar en posesión do carné de conducir B, e dispoñibilidade de medio de transporte. TERCEIRA: Presentación de Solicitudes e admisión de aspirantes: A) Presentación de solicitudes. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes No rexistro de entrada deste Concello, ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992, (deberán indicar o seu número de teléfono e o seu 2

correo electrónico no caso de o ter), en horas de 9 a 14, dende a data de publicación de estas bases durante o prazo de CINCO días naturais dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (se o último día do prazo coincide en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó seguinte hábil non sábado). B) Admisión de aspirantes. O día seguinte ao remate do prazo de presentación de solicitudes o Alcalde ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos/as e excluídos/as. Na dita resolución, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello, indicarase a causa da exclusión e concedéndose o prazo de dous días para a subsanación de defectos, no seu caso. Na mesma Resolución o Alcalde determinará a composición do Tribunal Cualificador e o día e hora en que deba reunirse para a valoración dos méritos alegados e para a realización da proba-test. CUARTA: Tribunal Cualificador. O Tribunal Cualificador designado polo Alcalde estará integrado de conformidade co artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico de Empregado Público. O Tribunal non poderá constituírse nin actuar, sen a presenza de, polo menos, tres dos seus membros. QUINTA: Procedemento selectivo. O procedemento de selección será o concurso-oposición e constará das seguintes fases: 1.- Valoración de méritos. Nesta fase atenderase aos seguintes criterios: 5.1.1 CURSOS: Por ter o título de Auxiliar de enfermería, 1 punto. Cursos realizados relacionados coas funcións propias do posto de traballo segundo o baremo seguinte: - Cursos de 20 horas a 40 horas: 0,30 puntos. - Cursos de 40 horas a 60 horas: 0,50 puntos. - Cursos de 60 horas a 100 horas: 0,75 puntos. 3

- Cursos de 100 horas a 150 horas: 1 punto. - Cursos de máis de 150 horas: 2 puntos. A puntuación máxima a obter neste apartado é de 4 puntos. Acreditación de méritos: orixinal ou copia compulsada dos mesmos. 5.1.2 EXPERIENCIA PROFESIONAL: Por experiencia profesional en traballos idénticos aos das bases: Tanto na Administración pública como na empresa privada: 0,1 punto por mes traballado cunha puntuación máxima de 3 puntos. Acreditación da experiencia: Mediante certificados de vida laboral expedidos pola Seguridade Social e Contratos de traballo. O prazo para a presentación desta documentación será o mesmo que o da presentación das solicitudes. 5.2.- Proba Test con realización de preguntas sobre temario. O Test versará sobre os méritos específicos adecuados as características do posto. No Test se realizarán vinte preguntas en relación o temario seguinte: TEMA 1.- Características e necesidades de atención hixiénico sanitarias das persoas dependentes. TEMA 2.- Administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio. TEMA 3.- Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes no domicilio. TEMA 4.- Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes no domicilio. TEMA 5.- Apoio ás xestións cotiás das persoas dependentes. TEMA 6.- Interrelación e comunicación coa persoa dependente e o seu entorno. TEMA 7.- Xestión, aprovisionamento e cociña na unidade familiar de persoas dependentes. TEMA 8.- Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes. Cada pregunta contestada correctamente puntuará 0,20 puntos, cun máximo nesta fase de 4 puntos. 4

SEXTA: A valoración de méritos e o test con preguntas sobre temario antes indicado, farase o día que se sinale no taboleiro de anuncios do Concello. Unha vez valorados os méritos alegados e acreditados e rematada a fase de oposición (Test...), o Tribunal Cualificador elaborará unha proposta coa relación de aspirantes por orde de puntuación que elevará ao Sr. Alcalde- Presidente para que aprobe a bolsa de traballo específica coas persoas que se presentaran ó proceso selectivo. Ditas persoas deberán cumprir os prazos e requisitos establecidos nas bases de selección do persoal e ter sido consideradas aptas polo Tribunal para formar parte da bolsa de emprego. SÉTIMA: O horario de traballo será fixado, no seu momento no caso de que sexan contratadas, pola Alcaldía en atención ás necesidades do servizo. OITAVA: Proceso de Chamamento. O chamamento das persoas integrantes da bolsa de traballo, realizarase por estrita orde de clasificación definitiva. As persoas candidatas relacionadas na Bolsa manteranse sempre no mesmo posto e coa mesma puntuación ata a próxima actualización de méritos, agás o establecido no apartado 8.2. e 8.3 das presente Bases. O chamamento realizarase vía telefónica. A comunicación efectuarase segundo as seguintes fórmulas: 1. Chamada telefónica entre as 9:00 e as 14:00 horas 2. Chamada telefónica entre a 9:00 e as 14:00 horas do seguinte día hábil. A realización dos chamamentos na forma indicada, requirirá que as persoas aspirantes teñan facilitado nas sitas solicitudes de participación no proceso o número de teléfono; no caso de consignar máis dun número de teléfono deberá especificar un orden de preferencia. A aceptación da oferta, efectuarase por vía telefónica, antes das 12 horas do primeiro día hábil seguinte ao do chamamento. Transcorrido o dito prazo sen que se produza a aceptación, entenderase rexeitada. En caso de urxente necesidade, as dúas chamadas telefónicas realizaranse no mesmo día entre as 9:00 e as 14:00 horas, sendo obrigatorio que a aceptación da oferta se realice no mesmo momento no que se produce o chamamento. En calquera caso, de non ser posible a comunicación ou non contestar á mesma no prazo indicado, pasarase ao seguinte aspirante. No expediente administrativo correspondente deberá constar dilixencia da persoa que realiza os chamamentos, na que se reflicta a data, hora/s das chamadas telefónicas, así como a resposta que se recibiu. 5

Para a correcta localización dos candidatos, os integrantes da bolsa están obrigados a comunicar por escrito calquera variación do número de teléfono sinalado. Pola contra quedarán ilocalizados o que daría lugar a exclusión da bolsa. Obtida a conformidade do interesado a quen corresponda o posto, procederase a súa contratación laboral deixando constancia no expediente dos cambios que como consecuencia do chamamento se produzan na correspondente lista. As persoas integrantes da bolsa que fosen contratadas para a cobertura de posibles interinidades, volverán ocupar a posición que lles correspondese nela unha vez finalizada a súa contratación, sendo chamados para posteriores contratacións, por orde de puntuación. No caso de que algún integrante da bolsa se atopase desenvolvendo un contrato de interinidade para a cobertura dun traballador desta bolsa, poderá ser informado das posible melloras de contrato que xurdan nese período e elixir a que estimen oportuna. 8.2. Renuncia e suspensión de chamamentos. No caso de que o interesado renunciase ao contrato ou chamamento ou non atendese ao chamamento, pasará ao último posto da lista, salvo casos de forza maior debidamente xustificados nos que se producirá a suspensión dos posteriores chamamentos mantendo o seu posto na lista e que son: - Estar traballando no momento de ser chamado, debendo achegar copia do contrato de traballo. - Estar en situación de incapacidade temporal derivada dunha enfermidade, accidente de traballo ou baixa maternal, con comunicación da baixa debendo achegar documentación acreditativa da situación. - Calquera outra causa, de entidade suficiente, que se considere oportuna a criterio da Alcaldía. Nestes casos será necesario achegar o correspondente xustificante nun prazo non superior a 5 días hábiles desde que se produce o chamamento telefónico. A non remisión do documento que acredite a xustificación das devanditas causas, suporá a cualificación de rexeitamento inxustificado e pasar ao final da lista. A suspensión dos chamamentos manterase ata que a persoa interesada comunique a súa dispoñibilidade alegando o fin da causa que motivou a suspensión. A tal efecto a persoa interesada deberá presentar solicitude de reposición dirixida á Alcaldía. 6

8.3. Exclusión. Serán causas de exclusión dun integrante da lista: - Renuncia expresa a formar parte da lista. - Non presentación dentro do prazo fixado a aceptación do posto de traballo sen causa xustificada. - Non comunicar por escrito calquera variación do número de teléfono sinalado dando lugar a súa ilocalización. - Renuncia a continuidade no desempeño dun posta de traballo unha vez que foi contratado. - Separación do servizo por sanción disciplinaria e/ou despido declarado procedente. - O rexeitamento sen causa xustificada dun posta de traballo en tres ocasións. NOVENA: Para o non previsto nestas Bases estarase ao disposto no RD 2720/98, en materia de Contratos Laborais para obra ou Servizo determinado, así como na Lexislación Reguladora da Contratación Laboral e Lexislación Civil e demais concordante e complementaria na materia. VIXENCIA DA BOLSA DE EMPREGO.- O prazo de vixencia da bolsa de emprego será ata o 31 de decembro de 2016. Estas bases expóñense ao público por un período de cinco días naturais dende súa exposición ao público ao obxecto de reclamacións. Amoeiro a 9 de maio de 2016. O Alcalde, Asdo.: Rafael Rodríguez Villarino. 7