Plan Estratéxico

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

plan estratéxico 2016 >> 2020

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Síntesis da programación didáctica

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

Dereitos humanos e cooperación ao desenvolvemento: perspectivas para a análise crítica do rol das ONG no eido da incidencia

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

O Software Libre nas Empresas de Galicia

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Silencio! Estase a calcular

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

Memoria Xustificativa. Xustificación do título proposto, argumentando o interese académico, científico e profesional do mesmo

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Sarmiento. A aprendizaxe-servizo en perspectiva. John Dewey como referente histórico

O NOSO PLANETA, OS NOSOS DEREITOS

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

RECURSOS E INSTRUMENTOS

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Diseno organizativo/ Organizational Design: Estructura y procesos/ Structure and Processes (Spanish Edition)

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

TRAXECTORIAS E RETOS

Xénero e desenvolvemento humano: unha relación imprescindible

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Revista Galega de Economía Vol (2016)

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Rendibilidade Cidadá memoria 2012

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

LINGUA INGLESA CURSO

PROGRAMACIÓN OFICIAL LOE CONXUNTO PIANO CURSO 2017/18 GRAO PROFESIONAL (segundo os Decretos 198/2007 e 203/2007

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA INGLÉS

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA

ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

A comunicación externa nas organizacións

A Educación Global na Educación Secundaria Obligatoria: unha investigación diagnóstica nos centros educativos de Galicia

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

XESTIÓN ESTRATÉXICA DA SOSTIBILIDADE NO ÁMBITO LOCAL: A AXENDA 21 LOCAL

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Programación Proxecto empresarial

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

Programación Percusión

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

A RAG suprime palabras ofensivas sobre a síndrome de Down

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

2º ESO. Obxectivos xerais do curso. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

Área de Inglés Curso escolar

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

Xunta de Galicia. Edita: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Lugar: Santiago de Compostela

PROGRAMACIÓN DE RELIXIÓN EVANXÉLICA 1º e 2º ESO

Transcription:

Oficina de Cooperación e Voluntariado Plan Estratéxico 2013-2016 Abril 2013

1 Plan Estratéxico 2013-2016 Contido I. Sementeira de solidariedade a xeito de presentación... 2 II. Cidadáns globais con raíces no local: unha miúda xustificación... 3 III. As nosas raíces solidarias ou misión... 4 IV. Os nosos soños na micro-utopía ou visión... 5 V. Un estilo para o cambio social... 5 VI. Albiscando quen somos e onde vivimos: DAFO... 6 VII. Un vieiro para chegar a ser o queremos ser: a nosa estratexia 2013-2016... 7 VIII. Metodoloxía da reflexión estratéxica... 9

Oficina de Cooperación e Voluntariado. Universidade de A Coruña 2 I. Sementeira de solidariedade a xeito de presentación Desde o seu nacemento institucional no 1996 a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) ten prestado un valioso servizo á comunidade universitaria da Universidade da Coruña (UDC) e á sociedade galega promovendo unha acción solidaria local e global que amplía o horizonte da misión da UDC como institución de educación superior. Desde as nosas modestas orixes, cando se crea a primixenia Oficina de Acción Solidaria a través dun convenio coa ONG Solidarios para el Desarrollo como resposta ás necesidades do alumnado con discapacidade física que tiña problemas de asistencia ás aulas, soubemos evoluír, ampliar a nosa acción, medrar cunha nova oficina no Campus de Ferrol no 1997 e aprendemos a traballar con outras entidades e institucións espallando sementes de solidariedade entre a comunidade universitaria da UDC e as organizacións da sociedade civil da nosa área de influencia. Malia que constitúe un tópico afirmar que vivimos tempos de cambio, incerteza e complexidade que baten con forza no itinerario vital e institucional da UDC e do resto de universidades galegas e españolas, a OCV non é allea a estas circunstancias e é consciente da súa responsabilidade de facer unha achega activa a un proxecto de Universidade comprometido cos valores democráticos e a formación integral da persoa. Preto de acadar a nosa maioría de idade institucional, e coa ilusión de cumprirmos 18 anos de servizo á comunidade universitaria en colaboración activa coa Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación da que dependemos funcional e organicamente na actualidade, queremos seguir a soñar cunha Universidade participativa e comprometida coa construción dunha sociedade local e global máis xusta Non obstante, soñar o futuro implica conmemorar o noso pasado e o colleitado na nosa andaina, celebrar o presente e abrir novos regos para sementar no futuro. Emporiso, desde a OCV coidamos que os tempos eran chegados para deter o noso camiñar organizativo e repensar, unha outra volta, como xa fixeramos no 2005 ou no 2007, que queremos ser e onde queremos estar no 2016. Xa que logo, coidamos que este Plan Estratéxico materializa os nosos anceios institucionais na configuración dun modelo de OCV para o futuro. Neste labor colectivo queremos manter a fidelidade á nosa misión e aos valores que inspiran, orientan e guían o noso ser e devir institucional como servizo da UDC. Emporiso, nas páxinas seguintes atoparedes un itinerario para a nosa actuación nos vindeiros catro anos neste estadio da nosa evolución organizativa que aposta pola consolidación dun servizo de calidade e eficaz no acompañamento das persoas e organizacións comprometidas coa solidariedade local e global.

3 Plan Estratéxico 2013-2016 II. Cidadáns globais con raíces no local: unha miúda xustificación Antes de presentar os froitos do noso traballo de reflexión estratéxica, coidamos oportuno deternos brevemente a presentar unha serie de elementos da filosofía que debe inspirar a actuación da OCV de cara ao futuro. Estes elementos nacen dun exercicio de comprensión das tarefas educadoras cívicas da OCV. Ao tempo, as pistas deste itinerario ofrecéunolas a combinación de cooperación ao desenvolvemento e voluntariado que integra a nosa propia denominación institucional. A OCV atópase comprometida coa promoción e construción dunha cidadanía global con raíces no local. Os problemas globais (pobreza, cambio climático, desigualdade, vulneración dos dereitos humanos) demandan unha resolución colectiva ao que as universidades non poden ficar alleas. Por outra banda, a promoción dos bens comúns globais esixe novas prácticas de cidadanía que inspiren unhas relacións internacionais baseadas en principios de xustiza global. Non obstante, a aprendizaxe das virtudes cívicas que caracterizarían a un cidadán global (compromiso, participación, conciencia crítica ou corresponsabilidade) debe realizarse desde o local, desde o compromiso activo polo ben común na súa comunidade de convivencia. As actividades promovidas desde a OCV respostan a este desafío. As accións de voluntariado, formación ou sensibilización facilitan o desenvolvemento de procesos de concienciación solidaria, experiencias de participación e exercicios de responsabilidade desde o compromiso coa realidade e problemas sociais da comunidade local de referencia. As accións de cooperación internacional, por outra banda, crean un entorno favorable ao desenvolvemento dunha empatía intercultural a partir da mobilidade internacional ou da xestión de proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países empobrecidos. Todo este conxunto de oportunidades contribúen a poñer as bases dun sentimento de realización persoal entre as persoas participantes nos nosos programas que retroalimenta o seu grao de compromiso persoal así como a conciencia de ser un cidadán do mundo con raíces no local. Xa que logo, desde a OCV promovemos un conxunto de competencias cívicas transferibles que complementan o conxunto de actividades e vivencias de natureza máis académica ou investigadora da comunidade universitaria. Emporiso, a totalidade das nosas actividades non perden o horizonte desta vontade de contribuír á formación dunha nova cidadanía local orientada cara ao global como achega específica da OCV á propia misión cosmopolita da UDC no espazo europeo e internacional de educación superior.

Oficina de Cooperación e Voluntariado. Universidade de A Coruña 4 III. As nosas raíces solidarias ou misión A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña é un servizo universitario que canaliza as demandas de participación e solidariedade na procura do ben común local e global por parte da comunidade universitaria e mais da cidadanía e organizacións sociais na área de influencia da UDC. Con este fin potencia, xestiona e coordina os activos e recursos solidarios da UDC ofrecendo espazos de participación, experiencias de solidariedade e actividades de compromiso social que complementan a misión da UDC como centro de educación superior centrado na formación integral da persoa e na construción dunha cidadanía local e global activa e crítica ao servizo dos valores e principios democráticos e do desenvolvemento humano sostible. A OCV pon en valor o capital solidario da UDC liderando os procesos de voluntariado, formación, sensibilización e cooperación ao desenvolvemento con base en procesos e dinámicas colectivas de creatividade e innovación social que fomentan unha calidade materializada no benestar organizativo e na realización persoal. Por este motivo, a OCV promove os seguintes valores: a) A participación social baseada na autonomía, autoxestión e empoderamento cívico que difunda as virtudes do emprendemento social na resolución de necesidades e problemas locais e globais. b) O traballo en equipo como medio para o desenvolvemento de habilidades como o diálogo, a escoita activa, a negociación e a empatía. c) A aprendizaxe experiencial de competencias cívicas transferibles con base no altruísmo e na responsabilidade individual e colectiva.

5 Plan Estratéxico 2013-2016 IV. Os nosos soños na micro-utopía ou visión No 2016 a OCV conta cunha estrutura organizativa estable a través de procesos de ampliación de capacidades dos seus recursos humanos e cun financiamento diversificado e suficiente que lle permiten: a) Ser un servizo recoñecido pola comunidade universitaria e a cidadanía a través dunha maior visibilidade institucional da súa misión, funcións e accións. b) Consolidarse como punto de referencia no eido do voluntariado e participación social na UDC. c) Establecer relacións de traballo estables baseadas na confianza mutua con outros actores sociais e institucións públicas e privadas da contorna. d) Promover un meirande número de iniciativas de voluntariado e de solidariedade nas que as persoas desenvolven un compromiso estable e de calidade. e) Estender o seu campo de acción alén da área urbana achegando as súas actividades ás áreas rurais e rururbanas da zona de influencia da UDC. V. Un estilo para o cambio social A OCV desenvolve o seu traballo consonte aos seguintes criterios: a) A importancia e centralidade da persoa como suxeito protagonista do seu proceso de maduración e realización persoal na solidariedade. b) O acompañamento con calidez e respecto das persoas que participan nas súas actividades. c) O fomento da autonomía e de actitudes favorables á innovación e ao emprendemento social. d) A construción dunha organización baseada na aprendizaxe e construción colectiva dos saberes en chave de empoderamento. e) A promoción da confianza na OCV das persoas e institucións colaboradoras a través da flexibilidade operativa e mais a proactividade e o sentido do humor do seu equipo humano.

Fortalezas Oportunidades Debilidades Ameazas Oficina de Cooperación e Voluntariado. Universidade de A Coruña 6 VI. Albiscando quen somos e onde vivimos: DAFO Xestión do ciclo do voluntariado incompleto (ex. Saída do voluntariado) Capacidade limitada para absorber as demandas de voluntariado e de colaboración doutras entidades externas. Excesiva carga de traballo e de xestión burocrática. Inestabilidade laboral e escaseza de persoal. Pouca visibilidade na UDC. Actividades de comunicación externas escasas. Falta tempo para a reflexión. Desvirtuación dos valores que queremos transmitir polos novos créditos ECTs que recoñecen a participación social e o voluntariado. Non se solucionan os problemas de consolidación da estrutura. Crise económica cos recortes orzamentarios. Cambio no imaxinario solidario: das demandas de solidariedade e xustiza a prácticas de beneficencia. Alta implicación, paixón e motivación do persoal. Boa formación dos recursos humanos e ampla experiencia. Boas relacións e clima de traballo. Boa comunicación e transparencia. Traballo en equipo. Confianza no traballo autónomo dos grupos de voluntariado. Supervisión cercana. Ferramentas para facilitar o traballo do voluntariado e a xestión organizativa- Estilo de dirección cercano e cálido. Boas relacións con outros actores e facilidade e dispoñibilidade para o traballo conxunto. Boa reputación. Localización nos dous campus universitarios e en facultades universitarias. O novo Plan Estratéxico da UDC. A crise xera maior interese por participar. A promoción activa da Responsabilidade Social Universitaria na UDC. Existencia dun público potencial na comunidade universitaria. Os novos créditos ECTsolidarios. Valoración no mercado laboral das competencias adquiridas en voluntariado e compromiso social. Boas relacións coa Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación. As novas tecnoloxías (redes sociais, etc). A nova relación de postos de traballo (RPT) que recoñece o persoal técnico da OCV.

7 Plan Estratéxico 2013-2016 VII. Un vieiro para chegar a ser o queremos ser: a nosa estratexia 2013-2016 Obxectivo Nivel que hai que alcanzar e prazo Estratexia Indicadores de medida Promovida unha cidadanía global con raíces no local activa, crítica e comprometida polo ben común local e global entre a comunidade universitaria da UDC Un 5% da comunidade universitaria participa nalgunha das actividades organizadas desde a OCV entre 2013 e 2016 E1. Consolidada a estrutura organizativa da OCV e o seu recoñecemento institucional dentro da UDC E1.I1. A OCV conta con dúas técnicas contratadas de xeito estable no 2016. E1.I2. A OCV conta con perfís competenciais operativos no 2016. E1.I3. Un 30% do orzamento provén de fontes alternativas de financiamento no 2016. E1.I4. A OCV conta cun manual de procedementos operativo no 2016. E1.I5. A OCV conta cun programa de prácticas operativo para técnicos superiores de FP no 2016. E1.I6. A OCV integra as aprendizaxes e recomendacións das avaliacións realizadas das súas actividades entre 2013-2016. E1.I7. A OCV renova o selo de calidade ISO no 2016. E1.I8. Consolidadas as relacións de traballo con outras entidades e institucións entre 2013-2016. E1.I9. A OCV conta cun plan de comunicación operativo entre 2013-2016. E2. Consolidada a xestión do ciclo do voluntariado E2.I1. A OCV conta cun Plan de Voluntariado operativo no 2016. E2.I2. A OCV completa o ciclo de xestión do voluntariado no 2016. E2.I3. Incrementado un 20% o número de voluntarios/as participantes nos programas da OCV no 2016. E2.I4. Aumentada a satisfacción do voluntariado participante nas actividades entre 2013-2016. E3. Consolidado o itinerario de formación a demanda ofrecido pola OCV E3.I1. A OCV conta cun Plan de Formación anual no 2016. E3.I2. Aumentado un 10% o número de persoas participantes nas actividades de formación entre 2013-2016. E3.I3. Aumentada a satisfacción das persoas asistentes ás actividades de formación entre 2013-2016. E3.I4. Mellorado o coñecemento das persoas asistentes ás actividades de formación na materia específica entre 2013-2016. E4. Consolidada a capacidade da OCV no eido da sensibilización E4.I1. Aumentado un 20% as persoas asistentes ás actividades de sensibilización no 2016. E4.I2. Mellorado o impacto e alcance das actividades de sensibilización no 2016. E5. Fortalecido o rol da UDC como actor de cooperación ao desenvolvemento E5.I1. Mellorado o coñecemento da OCV como centro de referencia en cooperación na UDC entre 2013-2016. E5.I2. Mellorado o coñecemento da universidade como actor de cooperación entre 2013-2016. E5.I3. Aumentado un 50% o número de persoas participantes nos PCR e PCC entre 2013 e 2016. E5.I4. Aumentadas as actividades en colaboración con outras entidades no eido da cooperación

Oficina de Cooperación e Voluntariado. Universidade de A Coruña 8 Obxectivo Estratexia Accións E1.A1. Implementar a nova relación de postos de traballo nas oficinas da OCV en A Coruña e Ferrol. E1.A2. Realizar unha definición de perfís competenciais para o persoal da OCV, tanto técnico como en prácticas ou bolseiro. E1.A3. Presentar proxectos para o seu financiamento por institucións públicas ou privadas. E1. Consolidada a estrutura organizativa da OCV e o seu recoñecemento institucional dentro da UDC E1.A4. Redactar un manual de procedementos da OCV que integre un mapa de procesos. E1.A5. Establecer un programa de prácticas para técnicos superiores de FP nos eidos de integración social, animación sociocultural e administración e finanzas. E1.A6. Establecer un plan de avaliacións, priorizando os programas e perfís de voluntariado e os programas de coñecemento da realidade (PCR) e programas de coñecemento da cooperación (PCC). Promovida unha cidadanía global con raíces no local activa, crítica e comprometida polo ben común local e global entre a comunidade universitaria da UDC. E2.Consolidada a xestión do ciclo do voluntariado E3. Consolidado o itinerario de formación a demanda ofrecido pola OCV E4. Consolidada a capacidade da OCV no eido da sensibilización E5. Fortalecido o rol da UDC como actor de cooperación ao desenvolvemento E1.A7. Renovar o selo de calidade ISO. E1.A8. Consolidar as relacións de traballo con outras entidades e institucións e dinamizar as redes de traballo existentes. E1. A9. Deseñar e implementar un plan de comunicación externa cunha especial atención ás novas tecnoloxías (redes sociais, etc). E2.A1. Deseñar e implementar un Plan de Voluntariado que integre os programas actuais e os protocolos de cada programa. E2.A2. Completar os instrumentos de seguimento do ciclo de voluntariado. E2.A3. Deseñar e implementar unha campaña de comunicación no eido do voluntariado incluída no Plan de Comunicación. E2.A4. Avaliar a satisfacción do voluntariado e establecer liñas de base dos diferentes programas. E3.A1. Deseñar un Plan de Formación anual. E3.A2. Deseñar e implementar unha campaña de comunicación no eido da formación incluída no Plan de Comunicación. E3.A3. Avaliar a satisfacción das persoas formadas e establecer liñas de base sobre a mellora do seu coñecemento E4.A1. Deseñar un Plan Anual de sensibilización. E5.A1. Deseñar e implementar unha campaña de comunicación interna no eido da cooperación incluída no Plan de Comunicación. E5.A2. Convocar os programas PCR e PCC ampliando o número de participantes. E5.A3. Dinamizar a Rede de Educación para o Desenvolvemento e a participación noutros espazos e redes galegas e españolas no eido da cooperación.

9 Plan Estratéxico 2013-2016 VIII. Metodoloxía da reflexión estratéxica O proceso de reflexión estratéxica da OCV abrangueu os meses de marzo e abril de2013. Para a dinamización e facilitación do proceso contratouse un servizo de consultoría externa que recaeu en José Luis Pastoriza Rozas. 1 Tralo establecemento duns termos de referencia e a definición das expectativas do equipo humano da OCV, celebráronse tres xuntanzas o 25 de marzo, o 1 de abril e o 15 de abril de 2013. Nestas xuntanzas participaron: - Jesús Cendan Verdes, director da OCV. - Lorena Rilo Pérez, técnica da OCV na Coruña. - Vanessa Míguez Martín, técnica da OCV en Ferrol. - Lucía Pintor Mourazos, voluntaria da OCV. - Luis Hervella Nieto, ex-director da OCV. As dinámicas establecidas polo consultor abrangueron tres niveis de análise: a) Espiral da memoria: co fin de facer un exercicio de memoria dos éxitos, vitorias, fracasos e frustracións na vida da OCV desde a experiencia e lembranzas significativas do persoal participante detendo a análise nas chaves do éxito, na adecuación dos procesos e nas razóns dos fracasos ou frustracións. b) Árbore que Dá Abundantes Froitos Organizativos (DAFO): a partir do debuxo dunha árbore completouse a mesma cos seguintes elementos: - Raíces: os valores da OCV, a súa misión. - Tronco: as fortalezas da OCV. - Vermes da árbore: as debilidades da OCV. - Sol e choiva: as oportunidades para a OCV. - Lóstregos e vento: as ameazas para a OCV. 1 Licenciado en Filosofía e Máster en Desenvolvemento Local pola Universidade de Santiago de Compostela. MSc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Traballou como técnico de proxectos na Coordinadora Galega de ONGD e como técnico de educación para o desenvolvemento na Fundación Entreculturas. Arestora traballa como consultor e investigador especializado en educación para a cidadanía global e en eficacia do desenvolvemento. Responsable da Avaliación Intermedia do II Plan Director da Cooperación Galega (2010-2013), ten sido o responsable da elaboración da Planificación Estratéxica (2009-2012) da Fundación Entreculturas en Galicia e do seu diagnóstico organizativo e plans de mellora nas áreas de educación para o desenvolvemento e formación e voluntariado financiados pola Xunta de Galicia. Ao tempo, acompañou desde a Secretaría Técnica o proceso de planificación estratéxica da Coordinadora Galega de ONGD e foi coresponsable da súa execución durante os anos 2009-2010.

Oficina de Cooperación e Voluntariado. Universidade de A Coruña 10 - Froitos: que froitos quere dar a OCV e a visión e soños de aquí a catro anos. - Xardinería: o estilo de traballo da OCV - Paxariños: que mensaxes quere comunicar a OCV nestes catro anos e que opinións lle gustaría que recibise o seu traballo solidario. c) Árbores de problemas e obxectivos/resultados: con base no enfoque do marco lóxico construíuse esta árbore, xa facilitada por todo o proceso de traballo anterior e centrándose nas liñas de acción (sensibilización, cooperación, voluntariado e formación) da OCV. Os resultados deste traballo participativo aparecen reflectidos neste Plan Estratéxico 2013-2016 da OCV. Como proceso dinámico de reflexión estratéxica, este Plan Estratéxico establece un marco flexible de actuación para os vindeiros catro anos e está aberto a un proceso activo de revisión anual por parte da OCV así como a calquera outra achega tanto dos membros da comunidade universitaria como das organizacións e institucións coas que colaboramos.