Síndrome periódica asociada ao receptor do factor de necrose tumoral (TRAPS) ou febre hiberniá familiar

Similar documents
Acceso web ó correo Exchange (OWA)


COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

Silencio! Estase a calcular

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Problema 1. A neta de Lola

IMPACTO DA VACINACIÓN INFANTIL FRONTE Á VARICELA NA INCIDENCIA DE HERPES ZÓSTER

TICS. SIGNOS DE ALERTA E ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN. INTERVENCIÓN E EDUCACIÓN SOCIOSANITARIA

Avaliación do Programa galego de prevención e control da tuberculose

Estado actual da enfermidade celíaca. Guía de diagnóstico e tratamento de atención primaria a especializada

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Diagnóstico e tratamento

CUESTIÓN TEMA 30/31O CICLO CELULAR. MITOSE E MEIOSE

A solidariedade está dentro de ti.

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

A INCIDENCIA DA EPI EN GALICIA A FINAIS DA DÉCADA DE 1990 UN PUNTO DE VISTA HEURÍSTICO. [maio 2011]

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CONSUMO DE TABACO E ALCOHOL. A SÚA REPERCUSIÓN BIOPSICOSOCIAL. ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN

ENVELLECEMENTO, AUTISMO E CALIDADE DE VIDA AUTISMO GALIZA ANO EUROPEO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

Eficacia do tratamento ortopodolóxico na enfermidade de Sever en nenos e adolescentes

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Prova Escrita de Inglês

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

A ENCEFALOPATÍA ESPONXIFORME BOVINA ( MAL DAS VACAS TOLAS ) EN GALICIA ATA 2011

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

PREVALENCIA DE SEDENTARISMO DURANTE O TEMPO DE LECER EN GALICIA NO ANO

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

TRASTORNOS DA PERSONALIDADE E INTERACCIÓN FAMILIAR: MEDRAR MALOS?

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

A ENFERMIDADE PNEUMOCÓCICA INVASORA EN GALICIA:

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Versión 1. Marzo 2009

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL DA INFECCIÓN GONOCÓCICA NA ERA DA MULTIRRESISTENCIA AOS ANTIMICROBIANOS. (Data de edición: maio de 2014)

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

REDE GALEGA DE MEDIDA DO BRILLO DO CEO NOCTURNO (METEOGALICIA-USC)

Metodoloxía copyleft en educación

2ª ETAPA. x x G A B A R I T O 1. Matemática

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Revista Galega de Economía Vol (2015)

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

Obxectivos: Identificar fontes de infección Evitar a transmisión secundaria Identificar e controlar abrochos

Enquisa europea de saúde 2009 NOTAS EXPLICATIVAS

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL DA FEBRE TIFOIDE

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

DIVERSIDADE DE XÉNERO NOS CONSELLOS DE ADMINISTRACIÓN DAS SOCIEDADES DOMICILIADAS EN GALICIA

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

FOBIA E FRACASO ESCOLAR. SIGNOS DE ALERTA. ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN

27 Técnicas de persuasión: Estrategias para convencer y ganar aliados (Spanish Edition)

GUÍA BÁSICA DE ESPAZOS PÚBLICOS E MOBILIDADE AMABLE

Estudo fenomenolóxico do desempeño ocupacional de nenos con cancro en tratamento ambulatorio

PROXECTO DE DETECCIÓN PRECOZ DE VIH EN GALICIA PROBAS ANÓNIMAS DE DETECCIÓN RÁPIDA DE VIH

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (TIC). BO USO, MAL USO E ABUSO. RISCOS E BENEFICIOS PARA A SAÚDE BIOPSICOSOCIAL

Facultade de Fisioterapia

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

Facultade de Psicoloxía. Grao en Psicoloxía Ano 2017

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

Grammar Appendix Grammar Review

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

NESGOS DE XÉNERO DA VIOLENCIA ESCOLAR NO ÁMBITO GALEGO

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

Compare Fractions with the Same Numerator. Since the numerators are the same, look at the denominators, 8 and 6.

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Guía de prevención dos trastornos causados polo déficit de iodo na Comunidade Autónoma de Galicia

A INFECCIÓN GONOCÓCICA EN GALICIA: TRATAMENTO E RESISTENCIA A ANTIMICROBIANOS EN 2012 E 2013

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL DA SHIGELOSE

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

Travel Getting Around

CONTRASTE EMPÍRICO DO MODELO CAPM: APROXIMACIÓN A NON LINEARIDADE PARA O MERCADO ESPAÑOL DE CAPITAIS

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

RISCOS RELACIONADOS COA EXPOSICIÓN A AXENTES BIOLÓXICOS: A SÚA AVALIACIÓN E CONTROL

Welcome to Greenman and the Magic forest

Transcription:

https://www.printo.it/pediatric-rheumatology/es_gl/intro Síndrome periódica asociada ao receptor do factor de necrose tumoral (TRAPS) ou febre hiberniá familiar Versión de 2016 1. QUE É A TRAPS? 1.1 En qué consiste? A TRAPS é unha enfermidade inflamatoria caracterizada por ataques recorrentes de febre alta, habitualmente de dúas ou tres semanas de duración. Normalmente, a febre está acompañada por molestias gastrointestinais (dor abdominal, vómitos, diarrea), erupción cutánea vermella e dolorosa, dor muscular e inflamación ao redor dos ollos. Nas fases tardías da enfermidade pode observarse a alteración da función renal. É posible observar casos similares na mesma familia. 1.2 É moi frecuente? Crese que a TRAPS é unha enfermidade rara, pero na actualidade, descoñécese a prevalencia real. Afecta a ambos os sexos na mesma proporción e o inicio adoita producirse durante a infancia, aínda que se describiron doentes con inicio na idade adulta. Os primeiros casos comunicáronse en doentes con devanceiros irlandeses-escoceses, con todo, a enfermidade tamén se identificou noutras poboacións: franceses, italianos, xudeus sefardís e asquenazís, armenios, árabes e cabilianos do Magreb. As estacións e o clima non demostraron influír na evolución da enfermidade. 1 / 7

1.3 Cales son as causas da enfermidade? A TRAPS débese á herdanza anómala dunha proteína (o receptor do factor de necrose tumoral I [TNFRI]), que dá lugar a un aumento na resposta inflamatoria aguda do doente. O TNFRI é un dos receptores celulares específicos para unha molécula inflamatoria potente que se atopa en circulación, coñecida como factor de necrose tumoral (TNF). A relación directa entre a alteración da proteína TNFRI e o estado inflamatorio grave e recorrente que se observa na TRAPS segue sen identificarse na actualidade. A infección, as lesións ou a tensión psicolóxica poderían desencadear os ataques. 1.4 É hereditaria? A TRAPS hérdase de forma autosómica dominante. Esta forma de herdanza significa que a enfermidade transmítese por parte dun dos proxenitores que ten a enfermidade e é portador dunha copia anómala do xene TNFRI. Posto que todos temos 2 copias de todos os xenes, o risco de que un proxenitor afecto transmita a copia mutada do xene TNFRI a cada fillo é do 50 %. Tamén poden producirse mutacións de novo (novas). Nestes casos, ningún proxenitor ten a enfermidade nin é portador dunha mutación no xene TNFRI e a mutación do xene TNFRI aparece tras a concepción. Neste caso, o risco de que outro fillo da mesma familia desenvolva esta enfermidade é aleatorio. 1.5 Por que o meu fillo ten esta enfermidade? Pode evitarse? A TRAPS é unha enfermidade hereditaria. Unha persoa portadora da mutación pode ou non evidenciar os síntomas clínicos da TRAPS. Na actualidade, a enfermidade non pode previrse. 1.6 É infecciosa? A TRAPS non é unha enfermidade infecciosa. Soamente poden desenvolver a enfermidade as persoas afectadas xeneticamente. 1.7 Cales son os principais síntomas? Os principais síntomas son ataques recorrentes de febre que adoitan durar entre dúas e tres semanas, pero que ás veces teñen unha 2 / 7

duración menor ou maior. Estes episodios están asociados a calafríos e dor muscular intensa que afecta ao tronco e ás extremidades superiores. A erupción cutánea típica é vermella e dolorosa, correspondente coa inflamación subxacente da zona da pel e do músculo. A maioría dos doentes experimentan unha sensación de dor muscular con cambras profundas ao comezo dos ataques e que gradualmente aumenta de intensidade e empeza a migrar cara a outras partes das extremidades, seguidos pola aparición dunha erupción. A dor abdominal difusa con náuseas e vómitos é frecuente. A inflamación da membrana que cobre a parte dianteira dos ollos (a conxuntiva) ou a inflamación ao redor dos ollos é característica da TRAPS, aínda que este síntoma tamén pode observarse noutras enfermidades. Tamén se observou dor torácica debido á inflamación da pleura (a membrana que envolve os pulmóns) ou do pericardio (a membrana que envolve o corazón). Algúns doentes, especialmente na idade adulta, presentan unha evolución da enfermidade flutuante e subcrónica, caracterizada por brotes de dor abdominal, dores musculares e articulares, manifestacións oculares con ou sen febre e unha elevación persistente dos parámetros analíticos da inflamación. A amiloidose é a complicación a longo prazo máis grave da TRAPS, e prodúcese no 14 % dos doentes. A amiloidose débese ao depósito nos tecidos dunha molécula en circulación producida durante a inflamación, chamada amiloide A sérico. O depósito renal de amiloide A dá lugar á perda de grandes cantidades de proteínas nos ouriños e progresa até a insuficiencia renal. 1.8 A enfermidade é igual en todos os nenos? A presentación da TRAPS varía dun doente a outro en termos de duración de cada ataque e da duración dos períodos sen síntomas. A combinación dos principais síntomas tamén é variable. Estas diferenzas poden explicarse en parte por factores xenéticos. 2. DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO 2.1 Como se diagnostica? Un experto médico sospeitará a presenza de TRAPS en base aos 3 / 7

síntomas clínicos identificados durante unha exploración física e tras recoller os antecedentes médicos familiares. A realización de diversas análises de sangue é útil para detectar a inflamación durante os ataques. O diagnóstico soamente se confirmase mediante a análise xenética que proporciona a evidencia das mutacións. Os diagnósticos diferenciais son outros trastornos que presentan febre recorrente, que inclúen infeccións, neoplasias e outras enfermidades inflamatorias crónicas, incluídas outras enfermidades inflamatorias como a febre mediterránea familiar (FMF) e a deficiencia da mevalonato cinasa (MKD). 2.2 Que exploracións é necesario realizar? As análises sanguíneas son importantes no diagnóstico da TRAPS. Durante un ataque, para avaliar a extensión da inflamación, é importante que se realicen análises sanguíneas como: velocidade de sedimentación globular (VSG), proteína C reactiva (PCR), proteína amiloide A en soro (SAA), hemograma completo e fibrinóxeno. Estas análises repítense cando o neno se atope asintomático para avaliar se os resultados volveron á normalidade ou están próximos a ela. Tamén se analiza unha mostra de ouriños en busca da presenza de proteínas e de glóbulos vermellos. Poden existir cambios temporais durante os ataques. Os doentes con amiloidose presentarán niveis persistentes desta proteína nas análises de ouriños. A análise molecular do xene TNFRI realízase en laboratorios xenéticos especializados. 2.3 Cales son os tratamentos? Até a data, non existe ningún tratamento para previr ou curar a enfermidade. Os antiinflamatorios non esteroideos (AINE como ibuprofeno, naproxeno ou indometacina) axudan a aliviar os síntomas. As doses altas de corticoesteroides adoitan ser eficaces pero o seu uso sostido pode conducir a efectos secundarios graves. O bloqueo específico da citocina inflamatoria TNF co receptor de TNF soluble (etanercept)mostrou ser un tratamento efectivo nalgúns doentes para a prevención dos ataques de febre. Pola contra, o uso de anticorpos monoclonais fronte ao TNF asociouse cunha exacerbación da 4 / 7

enfermidade. Recentemente, notificouse en nenos afectados de TRAPS unha boa resposta a un fármaco que bloquea outra citocina (IL-1). 2.4 Cales son os efectos secundarios do tratamento farmacolóxico? Os efectos secundarios dependen do fármaco que se utiliza. Os AINE poden dar lugar a dores de cabeza, úlceras estomacais e dano renal. Os corticoesteroides e os fármacos biolóxicos (bloqueantes do TNF e da IL-1) incrementan a susceptibilidade ás infeccións. Ademais, os corticoesteroides poden provocar unha gran variedade de efectos secundarios. 2.5 Canto tempo debería durar o tratamento? Debido ao reducido número de doentes tratados con anti-tnf e anti- IL-1, non está completamente claro se é mellor tratar cada novo ataque de febre a medida que ocorre ou tratar a enfermidade de forma continua, e no seu caso, durante canto tempo. 2.6 Existe algún tratamento non convencional ou complementario? Non existen informes publicados relativos a tratamentos complementarios efectivos. 2.7 Que tipo de revisións periódicas son necesarias? Os doentes que están en tratamento deben someterse a análise de sangue e ouriños polo menos cada 2 ou 3 meses. 2.8 Canto tempo durará a enfermidade? A TRAPS é unha enfermidade para sempre, aínda que a intensidade dos ataques de febre pode diminuír coa idade e pode observarse unha evolución da enfermidade máis crónica e flutuante. Por desgraza, esta evolución non evita o posible desenvolvemento da amiloidose. 5 / 7

2.9 É posible recuperarse completamente? Non, porque a TRAPS é unha enfermidade xenética. 3. VIDA COTIÁ 3.1 Como pode afectar a enfermidade á vida cotiá do neno e da súa familia? Os ataques frecuentes e duradeiros alteran a vida familiar normal e poden interferir no traballo dos proxenitores ou do doente. En ocasións prodúcese un atraso considerable antes de que se realice o diagnóstico correcto, o que pode incrementar a ansiedade dos proxenitores, así como a realización de procedementos médicos innecesarios. 3.2 Que ocorre na escola? Os ataques frecuentes ocasionan problemas coa asistencia á escola. Cun tratamento efectivo, a ausencia á escola vólvese menos frecuente. Débese informar os mestres acerca da enfermidade e sobre o que deben facer no caso de que se inicie un ataque na escola. 3.3 Que ocorre cos deportes? Os deportes non están restrinxidos. Non entanto, a ausencia frecuente a partidos ou ás sesións de adestramento pode obstaculizar a participación en deportes de equipo competitivos. 3.4 Que ocorre coa dieta? Non existe ningunha dieta específica. 3.5 Pode influír o clima na evolución da enfermidade? Non. 3.6 Pode vacinarse ao neno? Si. O neno pode e debe vacinarse, aínda que isto pode provocar ataques de febre. En concreto, se o seu fillo se vai tratar con 6 / 7

Powered by TCPDF (www.tcpdf.org) corticoesteroides ou fármacos biolóxicos, as vacinas son esenciais para protexelo fronte a posibles infeccións. 3.7 Que ocorre coa vida sexual, o embarazo e a anticoncepción? Os doentes con TRAPS poden gozar dunha actividade sexual normal e ter nenos propios. Non entanto, deben saber que existe un 50 % de probabilidade de que o seu fillo estea afectado. Débese ofrecer o consello xenético para comentar este aspecto cos nenos e as familias. 7 / 7