Acordos no comercio de alimentación

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Silencio! Estase a calcular

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Galicia dille «non» á contrarreforma educativa do Goberno

14N: folga histórica e medio millón de persoas nas rúas

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Lei de autonomía persoal e atención á dependencia (LAPAD), coñecida como lei de dependencia, é unha norma imprescindible; para CCOO é o

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Problema 1. A neta de Lola

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

persoal, familiar e laboral

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Tarefas urxentes para a nova POBREZA, PRECARIEDADE, RECORTE DE LIBERDADES, VIOLENCIA MACHISTA. Número 72 - Novembro de 2016

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

ugt chama á cidadanía GaleGa a participar Nos actos do primeiro de maio para demandar un cambio radical das políticas destes últimos anos

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Responsabilidade social empresarial: igualdade de xénero

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Cristina Sánchez-Rodas Navarro Catedrática de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social Universidad de Sevilla

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

plan estratéxico 2016 >> 2020

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

Os novos puntos críticos no réxime xurídico dos contratos individuais de traballo*

Sede Electrónica Concello de Cangas

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Educación e linguas en Galicia

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

A situación actual da lingua galega: unha ollada desde a sociolingüística e a política lingüística

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

A Fegamp pola Igualdade

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

INDICE. Un click nos capítulos enlaza coa páxina correspondente PÁX A confidencialidade: beneficio social PÁX

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

A XESTIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO NOS CONCELLOS GALEGOS 1

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

Facultade de Fisioterapia

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

Apuntamentos sobre a lingua galega na empresa no século XX

TRAXECTORIAS E RETOS

O COLAPSO DO CAPITALISMO ESPAÑOL: LECCIÓNS E PREGUNTAS PARA DESPOIS DUNHA CRISE

DESPOBOAMENTO E AVELLENTAMENTO: GALICIA CARA AO ANO 2020

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

III MEMORIA SOCIAL CLECE

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

C A D E R N O S D E L I N G U A

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

ProSpanish. Vocabulary Course. made easy by ProSpanish. ProSpanish

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Análise do sector da pesca

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

DITAME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA SOBRE AS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Ao longo deste artigo realizaremos unha reflexión xeral sobre

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Para tentar suscitar o apoio dos restantes membros do órgano colexiado fundamentamos os acordos propostos na seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Transcription:

ste mes entrevistamos a Helena Gómez Vecino, presidenta de CONFAPA-Galicia desde mediados do ano pasado. Na conversa con ela debulla- tións de actualidade do mos as principais cues- ámbito educativo. Así, va- E Número 37-2.ª quincena de marzo de 2013 loramos con ela os catro primeiros anos de Jesús Vázquez como conselleiro, os recortes na educación pública ou o proxecto da Lei de mellora da calidade educativa (LOMCE). / PÁX. 8 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Acordos no comercio de alimentación n Chegouse a un acordo na provincia de Pontevedra, que suspendeu a folga, e tamén a outro na Coruña A Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras de Galicia logrou que se chegase a acordos no sector do comercio de alimentación das provincia de Pontevedra e da Coruña. No primeiro dos casos, Comisións Obreiras, UGT e CIG chegaron a convocar unha folga de longa duración, entre os días 25 e 30 de marzo. A decisión fora adoptada pola maioría do persoal do sector, e producíase como resposta á actitude da pa- tronal, que pretendía recortar dereitos e empeorar as condicións laborais. O empresariado tomou boa nota do seguimento masivo que tivo a primeira xornada de folga, e na madrugada da segunda xornada asinouse o devandito preacordo. Tanto para Pontevedra como para A Coruña, os novos convenios terán unha duración de catro anos e incluirán subas salariais a partir de 2013, entre outras conquistas. / PÁX. 4 SUMARIO En Ferrol e Vigo esixen solucións para o sector naval Tragsa prescindiu de 200 persoas en Galicia, pero pagou por obxectivos Acordo para frear o ERE de Ence Acto de homenaxe e lembranza ao brigadista Higinio Vivas, falecido hai un ano no incendio de Castrelo do Val O comité de Alstom reuniuse co conselleiro de Industria Continúan as mobilizacións nos portos Milleiros de persoas participaron en Pontevedra nunha manifestación en defensa da sanidade pública Represión sindical en Maderas del Noroeste Piden desbloquear o convenio do téxtil-confección 5 7 7 7

GaLicia SiNdicaL Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena) 2 EDITORIAL Merecemos algo mellor Non lles abonda con empurrarnos a padecer os peores efectos da crise engordados coas súas receitas de recortes nos servizos públicos nin con situar a cidadanía galega nos peores niveis de desemprego e risco de exclusión social que se lembran. Viviamos por riba... de que? Non se cansan de nos reprochar que viviramos «por riba das nosas posibilidades», e fano con especial sorna con quen viu minguados os seus dereitos laborais e o seu salario, con quen perdeu o emprego e mesmo con quen padeceu o desafiuzamento da casa por non a poder pagar ou por se atrasar no pagamento. Bárcenas Non todos padecemos por igual os efectos da crise. Curiosamente, o PP pode pagar un soldo de 20.000 euros mensuais «en diferido» ao seu ex-tesoureiro, despedido hai tres anos; e este pode demandalos por «despedimento improcedente e por acoso laboral» e mais reclamarlles unha indemnización de 900.000 euros. Todo isto adubado cunha presunta trama de financiamento ilegal do PP, pola que os seus dirixentes cobraban cuantiosos sobresoldos de empresas «agradecidas». Confianza E dime con quen vas Se en 1995 o viceconselleiro de Sanidade tiña amizade cun recoñecido e condenado contrabandista e narcotraficante, que o convidaba ao seu barco e a iren a sitios «onde hai neve», en 2013 o presidente da Xunta ha asumir que, por esa amizade, aínda que sexa pasada e «inxenua», non pode ser digno da confianza da cidadanía galega. E, se non, que se pregunte a si mesmo se confiaría en alguén con esas «amizades». O RETROVISOR por Benxamín Rocha As dez estratexias da manipulación En este mundo traidor, nada es verdad, ni mentira, todo es según el color del cristal con que se mira. Ramón de Campoamor As dez estratexias de manipulación a través dos medios, segundo Noam Chomsky: 1. Ocultar os problemas importantes detrás de multitude de informacións insignificantes. 2. Crear problemas para que o público demande solucións e acabe aceptando as medidas que se desexan aplicar. 3. Unha medida inaceptable, aplicada gradualmente, acaba por ser aceptada. 4. Presentar esa medida como dolorosa e necesaria, pero que entrará en vigor no futuro. 5. Dirixirse aos espectadores/lectores como se fosen cativos ou deficientes mentais.. Inducir á emoción e non á reflexión. 7. Manter o público na ignorancia e na mediocridade. 8. Fomentar a idea de que a estupidez, a vulgaridade e a incultura están de moda. 9. Facer que o individuo pense que el é o culpable das súas desgrazas. 10. Coñecer os individuos mellor do que eles mesmos se coñecen. EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normalización Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: B. Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), Óscar Sánchez, Isabel Gómez, Isabel Castaño e Benxamín Vences (foto) / CONTACTO: galiciasindical@galicia.ccoo.es / PECHE DE EDICIÓN: 2/4/2013 SINDICATO NACIONAL DE CCOO Rúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8 (Santiago de Compostela) 981.551.800 A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 9 981.74.930 Ferrol (sede comarcal) Rúa María, 42-44 981.39.300 Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre 981.958.200 Local sindical de Ribeira Rúa de Correos, n.º 5, baixo dereito 981.872.413 Viveiro (sede comarcal) Rúa García Doriga, s/n 982.51.001 Local sindical de Burela Rúa de Emilia Pardo Bazán, 5 (Entrechán; Edificio Porches 2) 982.585.732 Local sindical de Ribadeo Avda. de Galicia, s/n, 3.º 982.130.50 Lugo (sede comarcal) Rolda da Muralla, 58 982.231.975 Local sindical de Monforte de Lemos Rúa de Roberto Baamonde, s/n 982.401.518 Ourense (sede comarcal) Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º 988.391.727 Local sindical do Barco de Valdeorras Praza de España, 2 - Baixo esquerdo 988.322.034 Local sindical de Verín Avda. de Portugal, 3-5 988.410.41 Local sindical de Xinzo de Limia Rúa Toural s/n 988.42.510 Local sindical do Carballiño Rúa de Martínez Avellanosa, 14-1.º 988.275.30 Pontevedra (sede comarcal) Rúa Pasantería, 1-2.º 98.8.27 Local sindical de Lalín R/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán 98.782.437 Vilagarcía de Arousa (sede comarcal) Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º 98.502.000 Local sindical do Grove Rúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq. 98.732.18 Vigo (sede comarcal) As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia) 98.24.800 Local sindical da Guarda Rúa Concepción Arenal, 44 98.11.18 Local sindical de Ponteareas Rúa Esperanza 13 entreplanta 380 98.1.043 Local sindical do Porriño Rúa Atarela, 2. Casa Sindical 98.331.92

Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena) GaLicia SiNdicaL Asinamento da revisión do AgA n O novo texto supón unha adecuación aos cambios lexislativos producidos nos últimos anos Acto do asinamento no Consello Galego de Relacións Laborais O pasado 24 de marzo, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, UGT Galicia, CIG e a Confederación de Empresarios de Galicia asinaron unha revisión do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de resolución de conflitos de traballo. Con esta sinatura, os axentes sociais renovan a confianza no Acordo, asinado no ano 1992, O AGA é un instrumento útil para a resolución dos conflitos colectivos laborais como instrumento útil para a solución dos conflitos colectivos laborais en Galicia baseada na negociación fronte á xudicialización máis lenta e con custo. Os case 800 expedientes iniciados, que afectaban a preto de 700.000 traballadores e traballadoras nos últimos vinte anos, reflicten un balance positivo do AGA. O novo texto supón unha adecuación aos cambios lexislativos producidos nos últimos anos e un recoñecemento que abre a porta á elaboración, durante a súa vixencia, dunha proposta de procedementos extraxudiciais de solución de conflitos individuais. Políticas caducas para fomentar a natalidade Unha vez que o Consello da Xunta aprobou o Plan de Dinamización Demográfica 2013- -201, o Sindicato Nacional de CCOO lémbralle ao Goberno autonómico que a mellor maneira de fomentar a natalidade «é coa creación de emprego e o fomento da conciliación da vida persoal, familiar e laboral». Esa mesma postura xa a defendeu a responsable da Secretaría da Muller de CCOO, Mabel Pérez, na comisión parlamentaria creada para tal efecto, en setembro de 2011. Para o sindicato, cómpre crear «máis e mellor emprego», ademais de facilitar a conciliación e a «necesaria corresponsabilidade entre mulleres e homes». Por esta razón, rexeita as «políticas pronatalistas caducas do século pasado, combinadas con retrocesos de dereitos na igualdade das mulleres». 3 Os datos do paro de marzo son un «oasis no deserto do emprego» Xornadas de cooperación A secretaria de Emprego de CCOO de Galicia, Maica Bouza, considera que os datos do paro de marzo son «un oasis no deserto do emprego». En Galicia, o paro baixou nos servizos (1.570 persoas paradas menos, o 0,91 %), a construción (20 persoas paradas e parados menos, o 0,43 %), e na industria (175 parados e paradas menos, un 0,43 %). Pola contra, segue a subir na agricultura (119 persoas paradas máis, un 1,25 %) e no colectivo sen emprego anterior (19 parados e paradas máis, un 0,85 %). En comparación cos datos de marzo de 2012, o desemprego incrementouse nas ramas da agricultura (2.242 persoas, o 30,2%), nos servizos (19.182 persoas, o 12,7%) e na construción (48 persoas, o 0,1%). En opinión de Bouza, os 1.3 parados e paradas menos que se rexistaron en marzo en Galicia son consecuencia das contratacións estivais. Para a secretaria de Emprego de CCOO, o aumento da contratación temporal e a concentración da baixa nos servizos anuncian a desaparición desas contratacións cando para a estacionalidade. Por outra parte, o crecemento do paro respecto do mesmo mes do ano anterior «revela que a situación de marzo é conxuntural», polo que habería que agardar un mes, cando se publiquen os de abril, «para comprobar a realidade do desemprego». Por último, a secretaria de Emprego de CCOO insta a Xunta «apostar por Galicia», para o que debe utilizar as súas competencias para desenvolver outras políticas e así reactivar a economía. Xavier Dongil, de CCOO de Galicia, interveu o 21 de marzo nun seminario sobre cooperación transfronteiriza na industria que tivo lugar en Valladolid. O sindicalista galego falou como membro do comité de pilotaxe dos consellos sindicais interrexionais (CSIr), un órgano da Confederación Europea de Sindicatos. Dongil avoga por desenvolver o papel dos CSIr reforzando a cooperación transfronteiriza na negociación colectiva, e lembra que o 37% da poboación europea vive en zonas de fronteira.

GaLicia SiNdicaL Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena) Acordos nos convenios do comercio de alimentación de Pontevedra e da Coruña n No caso pontevedrés, o acordo púxolle fin a unha folga que iniciara cun apoio masivo 4 Na madrugada do pasado 2 de marzo, as organizacións sindicais do sector do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra chegaron coa parte empresarial a un acordo na negociación do convenio colectivo. Foi só unhas horas despois do remate da primeira das xornadas de folga, seguida masivamente polos traballadores e traballadoras do ámbito. Precisamente, a Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de CCOO de Galicia destaca que o acordo non sería posible sen a implicación do persoal do sector. Cómpre lembrar que a primeira e única xornada de folga tivo un seguimento do 80%. O acordo de Pontevedra O acordo fixa a vixencia do convenio entre os anos 2012 e A folga do comercio de alimentación na provincia de Pontevedra comezou cun seguimento masivo Tanto na Coruña como en Pontevedra, os convenios durarán catro anos e recollen incrementos salariais a partir do 2013, ademais de protexer varios aspectos sociais 2015 e recolle a principal reivindicación dos sindicatos: incluír unha cláusula de ultraactividade para garantir a continuidade do convenio cando remate a súa vixencia mentres non se asine o que o substitúa. Outra das demandas incluídas é un incremento salarial, que se producirá a partir de 2013 cunha suba do 0,25 % e xa do 1 % para 2014 e 2015. Canto á antigüidade, limítase a un máximo de sete cuadrienios, cunha suba do % cada un. No aspecto social, recuperaranse os días de vacacións non gozados en situacións de baixa por incapacidade temporal e re- servarase o posto de traballo para as excedencias por coidado de fillos ou fillas e persoas dependentes. Finalmente, poderase acumular a lactación en vinte días naturais. Acordo na Coruña Na provincia da Coruña, onde CCOO ten a maioría sindical, o convenio terá tamén unha duración de catro anos, entre 2012 e 2015, ben que un incremento salarial maior respecto das táboas do ano 2011: do 0,75% para 2013 e do 1% nos dous restantes. Canto á clasificación profesional, implantarase a partir do 1 de xaneiro do 2014. No que atinxe a desprazamentos e traslados, os primeiros quedan limitados ás situacións en que a distancia entre dous centros de traballo sexa inferior aos 40 km, mentres que os traslados serán a máis de 40 km. As horas extraordinarias bonificaranse un 50%, mentres que as realizadas en datas festivas serano un 100%. Por último, non se poderán realizar contratos de formación para cubrir vacantes de despedimentos obxectivos nin tampouco para o persoal do cuarto grupo do convenio colectivo. O texto definitivo e articulado asinarase o vindeiro 8 de abril.

GaLicia SiNdicaL Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena) O naval de Ferrol denuncia a «morte» do sector n Máis de 3.000 persoas participaron o 21 de marzo nunha manifestación en defensa de Navantia Máis de 3.000 persoas participaron o 21 de marzo na manifestación convocada para apoiar os estaleiros públicos con que conta Navantia na ría ferrolá e concentráronse diante da delegación da Axencia Tributaria. Cortaron as entradas e saídas da cidade para protestar pola ausencia de carga de traballo, contra os despedimentos e polos cambios organizativos na empresa. CCOO denuncia que no momento actual, sen carga de traballo, a dirección de Navantia pretende modificar o modelo de relacións laborais, un modelo «que nos serviu durante moito tempo e que nos permitiu cumprir prazos de entrega e calidade de produto». Instaron os dirixentes a dedicarse ao importante: buscar carga de traballo. A concentración diante da Axencia Tributaria debeuse ás declaracións do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, quen asegurou que Ferrol estaba a traballar «a plena capacidade». últimas declaracións efectuadas polo presidente de Navantia, José Manuel Revuelta, nas que responsabiliza os traballadores da crise que están a sufrir, e advertiu de que se o que pretende a empresa é un novo axuste, «aquí estaremos». O persoal de Navantia continúa coas mobilizacións Como sinal de protesta, traballadores e traballadoras con máscaras do ministro, de Cospedal e Feijóo, cortaron unha chapa metálica na que se podía ler «flotel xa». Con esta acción, chea de simbolismo, denuncia- ron tamén que se trataba do único corte de chapa que se facía neses momentos en toda a ría. Segundo Ignacio Naveiras, delegado de CCOO, os cadros de persoal están moi molestos polas Procesión paródica Unha semana despois, operarios do sector realizaron en Ferrol unha procesión para insistir nos problemas de Navantia. Ignacio Naveiras explicou que a parodia pretendía amosar que o persoal «non leva unha semana de paixón, senón dous anos, nos que alertaron con protestas de que se esgotaba a carga de traballo. Navantia Ferrol e Fene finalizará en outubro o único barco que ten en construción: o segundo megabuque para Australia». Para o responsable sindical, «parece que os nosos dirixentes están a esperar un milagre, e isto soluciónase con determinación, apoio político, acción comercial e apoio institucional». O naval de Vigo inicia unha campaña de mobilizacións e de «concienciación social» CCOO, UGT e CIG anunciaron o 21 de marzo en Vigo unha campaña de mobilizacións e de «concienciación social» en defensa do sector naval da comarca. A primeira acción foi unha manifestación simbólica na que participaron medio cento de traballadores e que rematou diante da delegación territorial da Xunta de Galicia. Instan o Goberno autonómico a que conxuntamente co estatal, dea «solucións», e reprochoulles aos dirixentes galegos e do Estado que se escondan tras os «supostos contratos» coa petroleira mexicana Pemex. Os sindicatos tamén critican a actuación das empresas do sector, comparando a preocupación da que facían gala o ano pasado coa situación actual, «na que nin se queren reunir nin fan propostas». Cómpre lembrar que CCOO, UGT e CIG solicitaron a comezos de marzo unha reunión coa patronal do sector para analizar a situación. Porén, foron remitidos a unha xuntanza co presidente e o xerente de Aclunaga, oferta que rexeitaron porque entenden que non representa o naval da ría de Vigo. O presidente do comité de empresa de Vulcano, Sesé Fernández, de CCOO, sostén que os empresarios son «tan responsables» da situación como as Administracións, especialmente polo seu «silencio» ante os problemas de aplicación do sistema de bonificacións fiscais e as dificultades de atopar financiamento. 5

GaLicia SiNdicaL Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena) Tragsa prescindiu de 200 persoas en Galicia, pero pagou por obxectivos CCOO denuncia que o Grupo Tragsa prescindiu no último ano de case 200 traballadores e traballadores en Galicia, un 19 %, ao tempo que se nomean novos directivos e se pagan complementos por obxectivos. As seccións sindicais de CCOO no grupo explican que a dirección da empresa procedeu hai uns días ao pagamento da chamada dirección por obxectivos, que perciben algúns traballadores por lograr obxectivos por produción, marxe directa, carteira de pedidos ou produción pendente de CCOO non aceptará despedimentos mentres se paguen estes complementos, logrados á custa do poder adquisitivo do persoal facturar. A situación «é aínda máis grave» se se ten en conta que co nomeamento de novos directivos se está a incrementar o organigrama da empresa, ao tempo que o persoal de Tragsa e de Tragsatec viu reducido o salario pola aplicación do Real decreto 20/2012. Isto provocou que CCOO interpuxera as correspondentes demandas de conflito colectivo contra unha medida que considera «ilegal». Grazas a esta redución salarial, o Grupo Tragsa puido pechar o 2012 con beneficios, pero as pre- visións para o 2013 é de perdas de varios millóns de euros. Para salvar a situación, a empresa «quere aplicar medidas de flexibilidade interna e, se é necesario, de flexibilidade externa», o que suporía máis perda de postos de traballo en Galicia e no conxunto da empresa. CCOO non aceptará que se pretendan aplicar medidas traumáticas ao tempo que se aboan incentivos por obxectivos, que en todo caso se pagan á custa da diminución do poder adquisitivo do persoal do Grupo Tragsa. Lembranza ao brigadista Higinio Vivas Principio de acordo para frear o ERE de Ence O comité de empresa da Consellaría do Medio Rural e do Mar de Ourense convocou o pasado 2 de marzo, na base de helicópteros de Vilamaior (Verín), un acto de lembranza e homenaxe ao brigadista Higinio Vivas. Este operario falecera un ano antes no incendio que asolou a localidade de Castrelo do Val. A dirección de Ence e os sindicatos chegaron a un principio de acordo polo que a empresa se compromete a retirar o expediente de regulación de emprego (ERE). Simultaneamente, as organizacións sindicais desconvocaron a folga. As dúas partes comprometéronse por escrito a fixar un prazo de dous meses para dialogar sen presións sobre a existencia ou non de excedentes de persoal e, se fose o caso, pactar as condicións de saída. De existir acordo entre as partes, constituirase unha comisión negociadora con representación de todos os centros con que conta Ence no Estado español. Reunión do comité de Alstom co conselleiro de industria Mobilizacións nos portos de Ferrol e Vilagarcía de Arousa O 27 de marzo, o comité de empresa de Alstom Wind Galicia reuniuse na Consellaría de Industria, en Santiago de Compostela, co alcalde das Somozas, Manuel Candocia, e co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. Expuxéronlle ao conselleiro a reestruturación formulada pola empresa, que inclúe o peche da planta que posúe no concello das Somozas, e trasladáronlle as razóns polas que consideran que a factoría debe continuar. Pola súa banda, o conselleiro explicou que, aínda que é difícil modificar os plans dunha empresa multinacional, porá os «medios posibles» para axudar a que continúe a actividade nas Somozas. Tras as da Coruña e Marín, o 21 de marzo houbo mobilizacións nos portos de Ferrol e Vilagarcía de Arousa, antesala da que terá lugar o próximo 4 de abril en Vigo. Con estas mobilizacións, os sindicatos esixiranlle ao Ministerio de Fomento que aplique o acordo asinado entre Portos do Estado e CCOO, UGT e CIG o pasado mes de xuño.

Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena) Pontevedra, coa sanidade pública n So o lema «a sanidade non se vende, deféndese» GaLicia SiNdicaL Represión sindical en Maderas del Noroeste Antes de Pontevedra, SOS Sanidade Pública xa enchera as rúas de Monforte de Lemos e Vigo Milleiros de persoas desafiaron a choiva e participaron o 21 de marzo na manifestación en defensa da sanidade pública que ateigou varias rúas de Pontevedra. Convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte Comisións Obreiras, a cidadanía pontevedresa clamou consignas contras os recortes e a privatización desde a céntrica praza da Ferrería ata a Subdelegación do Goberno. Ademais da situación xeral de Galicia, as persoas que se sumaron á manifestación tamén lembraron os problemas específicos de Pontevedra e a súa comarca. O voceiro da plataforma, Manuel Martín, advirte de que «non está previsto construír» o hospital de Monte Carrasco anunciado pola Xunta, polo que a bisbarra quedará exposta a padecer un «déficit hospitalario inaceptable». Canto ao actual complexo hospitalario, atópase «fraccionado en dous», ao que cómpre sumar ausencia de recursos e as «insoportables» listas de espera. Pontevedra exponse a sofrer un déficit hospitalario A de Pontevedra foi a terceira manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en marzo, tras encher as rúas de Monforte de Lemos e Vigo os días 14 e 1, respectivamente. A Federación de Construción, Madeira e Afíns de CCOO denuncia que a «represión sindical» que practica a dirección de Maderas del Noroeste, na comarca de Ferrol. No que vai de 2013, a empresa alegou causas obxectivas de tipo económico e produtivo nos oito despedimentos individuais que se realizaron, mesmo «agardando o tempo necesario» para evitar que se poida falar de despedimento colectivo. Con todo, CCOO fai notar que o cadro de persoal pasou, nun ano, dun cento de persoas a case sesenta. O sindicato tamén denuncia a empresa non aceptou reunirse co comité, nin tampouco a darlle información. CCOO destaca que entre as persoas despedidas está unha traballadora que só un día antes solicitara redución de xornada para coidar dun fillo menor de oito anos cunha minusvalía do 57%. Outra das persoas despedidas é Francisco Fabeiro, que foi delegado de CCOO, que xa fora despedido pola empresa en 2009, pero a xustiza condenara a empresa a readmitilo. 7 CCOO gaña as eleccións no Hostal dos Reis Católicos Desbloquear o convenio de téxtil-confección CCOO gañou as eleccións sindicais do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, que pertence á rede de Paradores do Estado. CCOO pasa a ser o primeiro sindicato, con catro membros no comité. A CUT pasou de seis a tres representantes, mentres que UGT e CIG só obtiveron un. CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras do hostal a confianza depositada na candidatura de Comisións, que valida o papel do sindicato no conflito dos paradores públicos. CCOO organizou o 20 de marzo unha concentración na Coruña, diante das oficinas da Confederación de Empresarios de Galicia, para esixir o desbloqueo do convenio de téxtil-confección. CCOO denuncia que a patronal do téxtil está a deixar pasar o tempo para que o convenio perda a vixencia, polo que a partir de xuño poderían aplicar a reforma laboral. Isto provocaría que o persoal se pase a rexer unicamente polo estatuto dos traballadores, co que empeorarían as súas condicións.

Número 37-2.ª quincena de marzo de 2013 Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO DANDO A CARA con Helena Gómez, presidenta de CONFAPA-Galicia «A Constitución garante o dereito á educación, que non pode ser un negocio» Presidenta de CONFAPA-Galicia desde mediados do 2012, Helena Gómez Vecino comezou a súa andaina como docente nun centro privado xa desaparecido, o Colexio Videlba de Montrove (Oleiros), onde foi delegada sindical de CCOO a partir de 1991. En 1995 pasou ao ensino público e ensinou Filosofía en moitos centros da provincia da Coruña. Xa no 2004, iniciouse no movemento asociativo de pais e nais. Como ve CONFAPA os sucesivos recortes no ensino público? Con moita preocupación. Empezaron hai anos no que se refire ao profesorado e ao aumento da ratio de alumnos por aula, mais nestes momentos o ensino público está a sufrir algo máis que recortes: pensemos na redución do transporte, na última decisión sobre comedores escolares... Faise para beneficiar a educación privada? É un feito a aposta do Goberno do PP polas empresas privadas de educación. Os concertos son cada vez maiores e iso vai en detrimento da escola pública. As familias non temos por que manter cos nosos impostos empresas de educación que segregan por sexo nin colexios relixiosos. A Constitución garante o dereito á educación, pero debe ser unha educación de todos e para todos. E unha educación laica. Que representa a LOMCE para o ensino público? Só en Galicia, recollemos máis de doce mil sinaturas contra o anteproxecto. Enviámosllas á CEAPA, que llas fará chegar ao Ministerio. Cremos nunha educación inclusiva, por motivos de xustiza. A lóxica da LOMCE é que, como hai diversos talentos, debe haber distintas traxectorias e un sistema que canalice os estudantes nas distintas traxectorias segundo os seus talentos. Este anteproxecto está a falarnos do RH do talento, pero a intelixencia tamén se adquire e aprende, non é algo estático, e se non axudamos a desenvolvela, cada vez o alumno terá menor capacidade de aprendizaxe. A educación infantil é determinante canto á adquisición de competencias, e non atopamos nin unha soa mención. A nova lei aparece, supostamente, para mellorar e evitar o abandono escolar, pero tamén moitas veces o sistema escolar é quen abandona os rapaces e rapazas. A segregación cara a unha formación profesional básica (FPB) parécenos un clarísímo exemplo. Sobre a relixión, apostamos por unha educación laica. Wert non se reúne coa comunidade educativa, pero si coa Conferencia Episcopal, e introduce valores sociais en primaria e valores éticos e culturais en secundaria, cando no primeiro borrador xa eliminara a ética de 4.º de ESO, e elimina educación para a cidadanía e os dereitos humanos. As ANPA e as familias deben participar nos consellos escolares, pero xa desde o comezo da elaboración do texto. Cremos firmemente que debe haber un deate social e público e un pacto social educativo. Que valoración fan dos catro anos de Jesús Vázquez como conselleiro de Educación? Moi negativa. O PP non cre nunha educación pública e está a poñer os medios para privatizar e favorecer os centros concertados. Subxace a idea de fomentar na cidadanía o concepto de «excelencia igual a pagar», cando todos sabemos que o ensino público conta cos mellores docentes. CONFAPA forma parte da Plataforma en Defensa do Ensino Público e da Alianza Social Galega. Hai relación entre a defensa do ensino público e unha saída xusta á crise? Esa crise, da que non somos culpables, non pode converternos en vítimas. A crise non pode nin debe ser desculpa para os ataques e os recortes na educación pública. Estase a perder unha xeración, e esta xeración actual tan ben preparada está marchando, sen posibilidade de retorno. Por outro lado, quero sinalar que as familias que levan aos seus fillos e fillas á escola concertada, no momento en que teñen que pagar, pasan aos IES. Como non imos defender o ensino público por riba de todo e esixir a retirada dos concertos? O PUNTO XE Perdoen que me repita Por X. Rodríguez Falaba hai dúas semanas sobre a importancia de «ser boa persoa», un concepto que máis ben debería ser un precepto. Acompañaba as miñas reflexións dalgúns exemplos, tirados do ámbito empresarial, nos que o de «ser boa persoa» brillaba pola súa ausencia. Perdoen que me repita, pero após ter coñecemento dun caso que se comenta nesta publicación, non puiden resistir a tentación a volver á carga. No ano 2009, a empresa Maderas del Noroeste despediu a Francisco Fabeiro, delegado de CCOO. A dirección apoiou a decisión en cuestións do máis peregrino. Tan pouco xeito tiñan que a xustiza non tivo ningunha dúbida: despedimento nulo e obriga de readmitir o afectado no seu posto de traballo. Os delegados e delegadas non poden ser obxecto de despedimento ata pasado un ano de cesaren nas súas funcións de representación. Non se sabe se por disimular ou porque cadrou así, pero a penas tres meses despois de finalizar ese período de garantías, a dirección de Maderas del Noroeste comunicoulle a Fabeiro que, outra volta, estaba despedido. A Federación da Construción, Madeira e Afíns de CCOO denuncia que se trata dun caso de represión sindical, de castigo a unha persoa que se significou na defensa dos dereitos dos seus compañeiros e compañeiras. Á falta dun Manual para ser boa persoa, hai quen podería escribir un funesto Manual do bo represor.